Os bombeiros de Pontevedra responden á Concelleira de Persoal por chamalos “machirulos”

A Sección Sindical da CNT do Concello de Pontevedra lanza unha campaña de repulsa polas desafortunadas declaracións públicas de Carme Fouces, Concelleira de Persoal. Ante as reclamacións do Corpo de bombeiros de que se respecten os seus dereitos en materia de conciliación a Concelleira declarou que son uns “machirulos” e incluso afirmou, ante a solicitude do permiso de lactación, que a ver se eles ían a dar a teta.