Volver á Portada

RRR

RABUÑAL, Consuelo.

Interveu en nome das cigarreiras da Coruña nun mitin contra o pistolerismo catalán, en maio de 1923.

RAIMÓNDEZ, José

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión de vixilancia.

RAIMÚNDEZ GARCÍA, Pascual

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Castiñeiras, 6, baixo. Vocal 1º do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en outubro e novembro de 1933.

RAIMÚNDEZ GONZÁLEZ, Bernardo

Secretario do Sindicato de Campesinos y Oficios Varios de Mondego-Sada, cando a súa fundación, en abril de 1933.

RAJOY RIVERA, Manuela.

Detida en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899. Librepensadora de Ferrol, enterrada civilmente en xulio de 1907.

RAJOY RIVEIRA, María

Procesada en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

RAMA, Antonio.

Vocal da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en abril de 1911.

RAMA, Antonio.

Vocal na primeira xunta directiva do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Neaño (Cabana) en abril de 1936.

RAMA, Enrique.

Presidente do Sindicato de Boteros da Coruña en agosto de 1921.

RAMA, José.

Asina unha petición das sociedades obreiras coruñesas ao concello en abri de 1911, pola desgravación dalgúns artigos de consumo, como presidente da Sociedad de Canteros.

RAMA, José.

Militante do Sindicato “Luz y Fuerza” da Coruña, asinou un compromiso coa Asociación Patronal para manter servicios mínimos en caso de folga, en xaneiro de 1920. Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos.

RAMA, José.

Organiza unha recadación de cartos para os folguistas da construcción en novembro de 1933, en Cambre.

RAMA, José (Esteiro-Muros 14-4-1898 – ?).

Mariñeiro, militante da CNT dende 1935, no Sindicato de Marinos de Erandio. Pide o reingreso na CNT en Inglaterra en xulio de 1945.

RAMA, Manuel.

En abril de 1918 foi elixido secretario da Sociedad de Obreros Municipales da Coruña.

RAMA, Olegario (1910 – ?).

Traballador de “El Noroeste”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

RAMA PAMPÍN, Marcelino.

Afiliado número 606 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RAMA PREGO, Ramón

Panadeiro, detido nunha fábrica de fariñas como consecuencia das mobilizacións que seguiron ao 1º de maio de 1890.

RAMA VEIGA, José.

Electricista detido na Coruña en agosto de 1920 na vaga represiva que seguíu ao asasinato dun policía e un cabo de seguridade.

RAMA VIDAL, Manuel.

Afiliado número 127 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RAMALLO BOEDO, José

Albalnel, en decembro de 1900 foi considerado pola policía como un dos promotores duns incidentes na praza de Lugo pola folga das obras do señor Reboredo.

RAMALLO GÓMEZ, Antonio.

Vocal da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en agosto de 1933.

RAMALLO RIVERO, José

Contador da Sección de Chavoleros y Mozos de Campo do SIP da Coruña en novembro de 1933.

RAMIL, Francisco Javier.

Dende La Habana, felicitaba en maio de 1895 á Asociación Tipográfica da Coruña polo seu terceiro aniversario, cun grupo de tipógrafos que participaran na súa fundación.

RAMÍREZ

De carpinteros, en xulio de 1934 participou nunha asemblea do Ramo da Construcción da Coruña polo tema dos subsidios de enfermidade e retiro obreiro.

RAMÍREZ, Lorenzo.

Participar nunha suscripción dende Vigo para os carpinteiros de Santiago en “Solidaridad Obrera” da Coruña en novembro de 1924.

RAMÍREZ GONZÁLEZ, Francisco

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Estrada de Circunvalación, 103, baixo.

RAMÓN

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión directiva da folga, polos tipógrafos.

RAMÓN, Félix.

Ao seu enderezo na Coruña dirixíase a correspondencia da Federación Local de JJ.LL. en setembro de 1934.

RAMÓN CACHEIRO, Rosalino.

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Muros. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

RAMOS, Andrés.

Foi secretario da Sección de Picadores de Calderas do SIP da Coruña en xuño de 1934.

RAMOS, Bruno.

De Barcelona, participou nun mitin en Santiago polos presos sociais, en febreiro de 1923.

RAMOS, Carlos.

Secretario da Asociación Tipográfica da Coruña de marzo a xuño de 1936.

RAMOS, Camilo.

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres. Participou nun mitin no “Circo Pardo Bazán” contra a carestía das subsistencias, en febreiro de 1915. Interveu nunha asemblea pública do Comité de Defensa Económico Social da Coruña en abril de 1915.

RAMOS, David.

Foi vocal da Sección de Pescadores a la Parte “La Humanidad Libre” do SIP da Coruña.

RAMOS, Enrique.

En setembro de 1930 representa á Agrupación de Sociedades y Sindicatos Obreros de Vigo no Pleno Regional celebrado na Coruña. Participa nunha asamblea pesqueira en Vigo en xulio de 1930 pola Agrupación de Sindicatos de Vigo. Presidente da Agrupación de Sociedades y Sindicatos Obreros de Vigo en setembro de 1930 e abril de 1931. Representou ao Sindicato de Carpinteros de Vigo no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

RAMOS, Francisco

Asina en “El Productor” un artigo titulado “Un viaje por Galicia” dende Lisboa, en novembro de 1888.

RAMOS, Germán.

Participou no acto que organizou “Germinal” en homenaxe a Emilio Zola, en outubro de 1902 e, ao mes seguinte, no homenaxe a Pi i Margall. Presidente da Asociación Tipográfica de A Coruña en febreiro de 1903. En xuño de 1903 participou nun mitin no Teatro Circo polos presos de Badajoz, La Línea, Cádiz, Jumilla, Almería e outras localidades. Interveu como orador no mitin anticlerical organizado pola Antorcha Galaica del Librepensamiento, en xuño de 1903. En xulio de 1903 foi elixido presidente da Sociedad de Tipógrafos da Coruña. Colabora en “Germinal” dende A Coruña en novembro de 1904. Integrou a comisión redactora do regulamento do Montepío de Tipógrafos y Similares de A Coruña en setembro de 1906. Participou no mitin anticlerical de decembro de 1906 no Teatro Circo da Coruña. En xulio de 1907 participou nun mitin do CES “Floreal” en Ferrol pedindo o indulto de Nakens, Mata e Ibarra. Presidente-Secretario do Montepío de Tipógrafos y Similares de A Coruña en xaneiro de 1909. Presidente da Asociación Tipográfica de A Coruña en decembro de 1909. Presidente da Asociación Tipográfica de A Coruña en febreiro de 1911.

RAMOS, Gumersindo

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Montiño, 37, 1º.

RAMOS, J.

Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Guísamo en maio de 1932.

RAMOS, José.

Foi vocal da Sección de Pescadores a la Parte “La Humanidad Libre” do SIP da Coruña.

RAMOS, Juan.

Vocal 2º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en maio de 1906.

RAMOS, Juan.

Nomeado tesoureiro na reunión organizadora da Sociedad “El Despertar del Obrero” de Sada en marzo de 1916.

RAMOS, Manuel.

Nomeado vocal na reunión organizadora da Sociedad “El Despertar del Obrero” de Sada en marzo de 1916.

RAMOS, Manuel.

Secretario do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña de xaneiro a novembro de 1933. Na comisión revisora do mesmo en outubro de 1934.

RAMOS, Manuel.

Membro da Sociedad de Canteros da Coruña en novembro de 1930, escribe en “Solidaridad Obrera”.

RAMOS, Manuel.

Sindicalista da zona de Outes, fuxiu con Maximino Martínez para coller os bous “Santa Eulalia” e “Santa Rosa” en xulio de 1936. Un pescador galego chamado Manuel Ramos figura como un dos mortos na guerra civil en Asturias.

RAMOS, Ramón.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RAMOS CALVETE, Francisco (1891 – ?).

Veciño de Ferrol. Albañil, afiliado á CNT de Ferrol. Moi activo no conflicto do cuarteis de “Sánchez Aguilera”, como secretario do Sindicato Único del Ramo de la Edificación; estivo procesado por inxurias ao presidente do Consello de Ministros e ao Ministro de Trabajo. Organizador dun movemento de 48 horas plantexado pola CNT e acusado da colocación de explosivos. Natural de Ferrol, veciño de Castañar, 81, baixo, Ferrol. Albanel, ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o día 6 de xuño. En xuño de 1933 gobernador civil decretou a súa libertade, despois de ser detidos por estar considerados incursos no delicto de folga sediciosa. Detido a finais de xaneiro de 1934 en Neda por participar nunha reunión clandestina, foi levado á Escollera. En rebeldía dende o golpe militar, presentouse ás autoridades en 1945, quedando en libertade. Ingresou no cárcere de Ferrol o 10 de abril de 1948 como detido e foi conducido á prisión da Coruña o 16 de abril de 1948.Complicado na causa 40/48 por agachar a un dos complicados, foi condenado a seis meses e un día de prisión menor en outubro de 1948.

RAMOS CARIDAD, José “Perillas”.

Acompañaba a Eduardo Martínez “Remosco” cando foi asasinado por estibadores da colla patronal da Coruña en agosto de 1920.

RAMOS ESCARIZ, Manuel.

Militante da CNT de Cariño. En novembro de 1935 foi nomeado vocal do SIP Cariño. Fuxido no “Arkale” do porto de Cariño nos primeiros días do levantamento militar. Participou nas xuntanzas preparatorias da creación da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, en representación do Sindicato de Industria Pesquera de Cariño, en outubro de 1936. Participou na fundación da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en novembro de 1936, como militante do Sindicato de Industria Pesquera de Cariño. No Batallón Asturias Núm. 19 (Antes Galicia) en xaneiro de 1937, ocupando o emprego de Cabo. En decembro de 1938 reclamado polo axudante de Mariña de Ortigueira, por rebelión militar.

RAMOS HERNÁNDEZ, Antonio.

Vocal 3º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en setembro de 1929. Vicesecretario do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño e xulio de 1931.

RAMOS IGLESIAS, David.

Buscado en xulio de 1920 na Coruña por estar implicado nos sucesos que derivaron na morte dun policía. Foi detido nos días posteriores ao atentado. En xulio de 1920 o xulgado dictou auto de procesamento e prisión contra del pola morte do vixilante do corpo de seguridade Tomás Antón; estaba en rebeldía. Xulgado en rebeldía en novembro de 1923.

RAMOS LONGUEIRA, Santiago.

Detido a finais de maio de 1933, acusado de participar na queima das igrexas de Sigrás e Anceis.

RAMOS LÓPEZ, Máximo.

Seu pai, contador de navío da Armada, morreu en maio de 1895. En 1906 vivía en Ferrol e colaboraba con caricaturas de personaxes ferroláns en “Coruña Moderna”. En setembro de 1911 faleceu na Coruña o seu irmao Gabriel Ramos, que chegara de Cuba para tentar repoñerse dunha enfermidade. En marzo de 1914 “¡Tierra!” de La Habana publicou un debuxo seu. En xulio de 1916 Wenceslao Fernández Flórez fai unha crítica de “Mientras llega la hora” en “El Noroeste”, calificando o romanticismo de Máximo Ramos de ácrata. Autor da portada dos números 7 e 8 da revista “Los Nuevos” en setembro de 1916; a portada do número 8 titúlase “Madre anarquía”. Nunha entrevista en “Vida Gallega” en xuño de 1922 sinala que nunca foi anarquista, aínda que lle gostan as cousas humildes e ten simpatía polos oprimidos. “El Correo de Galicia” o sinala como anarquista en maio de 1925.

RAMOS MARTÍNEZ, Antonio.

Foi vocal 1º da Sección de Pescadores a la Parte “La Humanidad Libre” do SIP da Coruña, en outubro de 1932.

RAMOS MARTÍNEZ, José (?-Lugo, 20-03-06 – ?).

Mariñeiro, da CNT, solteiro, fillo de José e Antonia, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en novembro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía. Afiliado número 151 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RAMOS MÉNDEZ, Antonio.

Afiliado número 369 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RAMOS ORDÓÑEZ, Ramón.

Afiliado número 315 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, combatindo en Asturias en “Dinamiteros” en xuño de 1937.

RAMOS PENA, Manuel.

Da Sociedad de Canteros de Ferrol, comenta en ¡Despertad! os problemas cos socialistas en setembro de 1930.

RAMOS PÉREZ, Francisco.

Afiliado número 156 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RAMOS PRADO, Gabriel.

Participou nunha asamblea obreira en Sada, polo tema do paro en abril de 1936, representando aos pescadores de Sada.

RAMOS PREGO, Manuel

Detido no marco das mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña por coaccións nunha tafona.

RAMOS ROMERO, Antonio

Da Coruña, expulsado de Cuba no “Reina María Cristina” en agosto de 1919.

RAMOS TAIBO, Julio (?-A Coruña, 09-11-11 – ?).

Carpinteiro, da CNT, solteiro, fillo de Manuel e Carmen, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en abril de 1937 e foi soldado na 1ª Compañía.

RAMOS VARELA, Antonio (Ferrol, 1903 – ?).

Escritor. Anarcosindicalista. Fillo dun militar. Veciño de Santiago dende os anos 20. Foi profesor de ciencias. En abril de 1927 foi nomeado mestre interino da escola de Vilatuxe-Lalín. Asina un artigo en ¡Despertad! en setembro de 1930, sobre “Anarquía y regionalismo”. En 1933 publicou o seu libro “Un suceso en los arrabales” (Santiago: Imprenta Nós, 1933) con capa de Carlos Maside. En novembro de 1933 participou na creación do Patronato das Misiones Pedagógicas en Compostela. Despois do golpe militar, foi acusado de integrar un grupo de homes armados en Santiago, xunto a Luis García Pazos, Cesáreo Briones e Cándido Sánchez. Despois estiveron agachados nas cercanías do Pedroso cinco ou seis días. Detido en decembro de 1936, nunha pensión, armado cunha pistola “Astra” e sesenta e oito balas. Ao ser detido quixo suicidarse cortandose cunha folla de afeitar as veas do brazo esquerdo, na Prevención de Seguridad. Condenado a pena de morte a finais de decembro de 1936. Foille conmutada pola de cadea perpetua. Saliu da cadea en marzo de 1943.

RAMOS VÁZQUEZ, Antonio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en praza de Lugo, 23, baixo.

RAMOS VÁZQUEZ, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en praza de Lugo, 23, baixo.

RANCAÑO, J.

Nomeado vocal do Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña en xuño de 1931.

RANCAÑO FREIRE, Manuel (?-Lugo, 16-08-1914 – ?).

Labrador, da CNT, solteiro, fillo de Rafael e Balbina, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en setembro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía. Afiliado número 439 (ou 527) da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RAÑA BOQUETE, Francisco (Cerceda? – 18-08-1936).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como panadeiro; enderezo en Travesía San Andrés, 7, 3º. Alcalde de barrio na parroquia de Lesta-Ordes en xulio de 1922. Vicepresidente do Sindicato de Panaderos “La Nueva Unión” da Coruña en 1936. Detido despois do golpe de estado e paseado o 13 de agosto. Julián Carballo o sinala nos interrogatorios como a quen lle deu a arma que tiña o 20 de xulio na Coruña.

RAÑÓ, Manuel.

En xuño de 1932 promovía unha suscripción a favor dos deportados entre os membros da Sociedad Agraria “Despertad Campesinos” de Cea. Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Vilagarcía en xulio de 1932. Representou ao Sindicato de Estibadores de Vilagarcía no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. En xuño de 1935 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Vilagarcía.

Paqueteiro de “Brazo y Cerebro” en Vilagarcía en setembro e novembro de 1935. En xaneiro de 1936 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Vilagarcía. Participou no mitin do 1º de maio de 1936 en Vilagarcía.

RAPOSO PENA, Manuel

Estivo no campo de Argelès.

RASILLA, Cándido.

Médico, deu unha conferencia para a Juventud Libertaria de Vigo en xulio de 1933.

RASO CASTELO, Victoriano.

Vicesecretario do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en xaneiro de 1936. Vicesecretario do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña entre xaneiro e xuño de 1936.

RATÓN LÓPEZ, Manuel.

Afiliado número 361 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RATÓN RÍO, Modesto.

Afiliado número 586 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RAVIÑA, Manuel

Tamén figura como Manuel Rabiña ou Ravilla. Foi presidente da Sección de Chalaneros do SIP da Coruña en agosto de 1932.

REA, Alfonso.

Camareiro, expulsado da Sociedad de Camareros de Pontevedra en setembro de 1931, xunto a Desiderio Comesaña.

REAL, José.

Vocal da Sociedad de Pescadores y Traineros “La Humanidad Libre” da Coruña en decembro de 1918.

REAL PÉREZ, Manuel (Ferrol, 08-04-1881 – ?).

Residente en Ferrol en 1885. Residente na rúa Alonso López de Ferrol en 1887. Presidente da Sociedad de Gabarreros de Ferrol, foi detido en novembro de 1915 por supostas ameazas de morte a varios comerciantes. En decembro de 1915 “Acción Libertaria” informa da súa detención a consecuencia da folga de descargadores e das protestas en Ferrol que levantou. En decembro de 1915 recibe cartos dunha suscripción polos presos de “Tierra y Libertad”. En outubro de 1921 estaba preso na cadea de Ferrol e os rumores de que el e outros presos sindicalistas ían ser deportados causou manifestacións de mulleres na cidade. Directivo do Sindicato de Transportes de Ferrol, Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela querellaronse contra el pola súa expulsión, en outubro de 1931. Preso na Escollera por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol. Detido polos sucesos de outubro, en decembro de 1934 foi trasladado desde San Felipe cara a Escollera.

REAL PRIETO, José

De 29 anos, do Barco de Valdeorras, foi expulsado de Cuba no “Órbita” en setembro de 1935.

REAL REY, Modesto.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

REBOIRO CORUJO, Francisco (O Incio-Lugo, ? – ?).

Avalado pola Agrupación Confederal Galaica en Asturias en agosto de 1937.

REBOLLAR, Dolores

Modista, en xuño de 1890 asinaba en “El Correo Gallego” unha carta de modistas e xastras de Ferrol pedindo a rebaixa da xornada de traballo; ao día seguinte desmentía que asinara o devandito comunicado.

REBOLLAR ÁLVAREZ, Constantino (*)

Probablemente asturiano. Ás veces sae como Constantino Villar Álvarez. Ingresou na Quinta Covadonga do Centro Asturiano de La Habana en maio de 1928. Natural de San Roque. Condenado a sesenta días por actividades subversivas en xaneiro de 1935. Expulsado de Cuba en maio de 1935 polas súas ideas disolventes, como peligroso comunista, tirouse da cuberta do trasatlántico francés “Mexique” e foi devorado polos tiburóns. As autoridades negaron que na súa detención amosara calquer indicio de loucura.

REBOLLEDO, Teófila (*)

Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana dende Rio Grande-Culebra, en xaneiro de 1912 protestando pola actitude de Manuel D. Rodríguez e as súas acusacións.

REBOLLO, Ángel

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Estrella, 47, baixo

REBOREDO, Benigno

En abril de 1917 Juan Martínez de la Graña informaba en “Cultura Obrera” da súa desaparición no afundimento do vapor americano “Healton”. Era natural de Santiago e membro da IWW.

REBOREDO CASTRO, Ricardo (1910 – ?).

Traballador da “Tipográfica Obrera”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

REBOREDO VILLAVERDE, José (1906 – ?).

Traballador da Imprenta Roel, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

REBORIDO, José

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Cordelería, 9, 1º

RECAREDO.

Membro do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña, integrante do grupo editor do boletín mensual do mesmo, en xaneiro de 1933.

RECIOL RECIOL, Manuel.

Vicecontador do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xulio de 1933.

RECLUS, Élisée

En xuño de 1903 o Grupo “Iconoclastas” de Ferrol tentaba participar na organización dunha xira de Malatesta, Kropotkine, Reclus, Tarrida e Malato. Estaba previsto que Reclus e Tarrida chegaran a Coruña entre o 24 e o 30 de agosto, de onde irían a Ferrol e Santigo; ademáis tamén se contaba con que viñeran Malato e Kropotkin.

RECOUSO, J.

Tesoureiro do Sindicato de Obreros y Empleados Municipales de A Coruña en novembro de 1935.

REDONDO, Alonso.

Vicepresidente da Sociedad de Empleados Administrativos del Resguardo de Consumos en novembro de 1919, cando a súa fundación.

REDONDO, Enrique

Membro do comité de folga dos camareiros da Coruña en xulio de 1935, foi detido e multado con 500 pesetas polo gobernador civil.

REDONDO, Gumersindo.

Vocal pola Sección de Labradores do Sindicato de Oficios Varios de Ponte do Porto.

REDONDO ARIAS, Jesús

Procesado despois da aparición do cadáver de Vicente Echevarría na península da Torre de Hércules o 18 de xaneiro de 1935; en febreiro de 1936 se dictou o sobreseimento provisional do sumario e se levantou a medida de prisión atenuada contra Jesús Redondo Arias,

REDONDO IRIBARRE, Ángel.

Obreiro coruñés, afiliado á CNT, asasinado en marzo de 1936. Residira por longo tempo en Francia, onde traballara no ferrocarril. Non estaba claro o motivo do seu asasinato, pois fora despedido ao reintegrarse á colla os represaliados readmitidos despois do trunfo da Fronte Popular.

REGA

O 1º de maio de 1893 estivo na mesa do mitin da praza de touros.

REGA, José.

En maio de 1918 foi elixido vicesecretario do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña.

REGA RODRÍGUEZ, Eduardo.

Elexido delegado na FLO do Sindicato de Metalúrgicos da Coruña en maio de 1931. Vicepresidente do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en xuño e xulio de 1932.

REGAL, Genaro.

Militante do Sindicato de Hojalateros da Coruña, integraba unha comisión para falar cos patróns en maio de 1931.

REGIDOR, Manuel.

Vicesecretario do Sindicato de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos de Vigo na súa primeira directiva provisional a finais de marzo de 1933.

REGO, E.

Ourensán, da CNT, participou na resistencia contra o golpe militar. Foi con Juan Mosquera a unha reunión co diputado Leonardo Carro e o ex-secretario do PC en Ourense, á que levaban un plan de operacións de resistencia, que non foi aceptado. Cerca de Piñor participou nunha acción contra un grupo de paseadores. Despois morreu.

REGO, José (*)

En novembro de 1929 morreu en Estados Unidos nun escape de gas; había pouco que tiña chegado desde Cuba.

REGO, José.

Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Ferrol, en xaneiro, marzo, abril e xuño de 1933. Vendía “El Pueblo Gallego” en Ferrol en setembro de 1933, en Sinforiano López, 188. Mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona en maio de 1935.

REGO, José.

En xuño de 1936, vocal da Agrupación Sindicalista de Arroxo-Lugo.

REGO ÁLVAREZ, Eduardo (Ourense, 04-10-13 – ?)

Electricista de Ourense. A garda civil informaba del que perseguira aos fascistas no tempo de Frente Popular, e foi detido en febreiro de 1936 por agresión a un garda municipal de Ourense, resultando ferido no enfrontamento. Sospeitaban del que cando golpe formou parte dun grupo que cortou a liña telegráfica na carreteira de Vilacastín a Vigo, e despois foron en automoveis aos pobos da provincia. En marzo de 1937 foi absolto.

REGO, Manuel (*)

Denuncia en “¡Tierra!” de La Habana os abusos na Finca “Stewart” en decembro de 1912.

REGO, Ramiro.

Delegado do Sindicato de Canteros, Marmolistas y Similares da Coruña nas obras da telefónica para o tema do retiro obreiro en abril de 1929.

REGO FREIRE, Ramón (Ferrol, 1906 – ?).

Natural e veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 16 de febreiro de 1932 e foi liberado o 22 do mesmo mes. Afiliado á CNT de Ferrol. Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Ferrol, en setembro de 1933. Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Ferrol en xulio de 1934. Despois do levantamento de outubro de 1934, increpou xunto a José Soler e Ramón Rego a un dos esquiroles, polo que foi denunciado e detido. Detido en novembro de 1934, pola colocación dunha bomba no Café Comercio. Natural de Ferrol, veciño de Insua, 8, 1º, Ferrol. Caldereiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 8 de decembro de 1934 por un delito de colocación de explosivos, e foi conducido á Coruña o 14 do mesmo mes. Morto en marzo de 1936, a consecuencia do encarceramento pola represión de outubro.

REGO GARCÍA, José.

Contador saliente do Centro Cultural Obrero de Corrubedo en xulio de 1932.

REGO LÓPEZ, José

Vogal suplente da Sociedad de Planchadores de La Habana en febreiro de 1908.

REGO MIRANDA, Andrés.

Foi nomeado Delegado de Mar na Asamblea da Agrupación Confederal Galaica no Cine Roxy de Xixón o 17 de xaneiro de 1937. Afiliado número 30 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

REGO SÁNCHEZ, Manuel.

Tesoureiro da Unión Petrolífera da Coruña en agosto de 1932.

REGUEIRA, Agustín.

Secretario da Sociedad de Estibadores Terrestres da Coruña en setembro de 1918. Membro dunha comisión revisora da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xulio de 1927.

REGUEIRA, Ángel.

Contador do Centro de Estudios Sociales “El Derecho Humano” de Mesoiro en agosto de 1934.

REGUEIRA, Antonio.

Militante do Sindicato de Hojalateros da Coruña, integraba unha comisión para falar cos patróns en maio de 1931.

REGUEIRA, Enrique

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Molinos (Monelos), 27, 1º.

REGUEIRA, Eugenio.

Vocal 1º da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en decembro de 1914.

REGUEIRA, Federico

Detido na Coruña en setembro de 1934.

REGUEIRA, Fernando.

Presidente do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en novembro de 1932.

REGUEIRA, Francisco.

En novembro de 1904 colabora no xornal “Germinal” da Coruña dende Vigo.

REGUEIRA, Francisco.

Tesoureiro da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en maio de 1923.

REGUEIRA, J.

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

REGUEIRA, Jesús (*)

En outubro de 1913 asina un telegrama de protesta pola condenda de Evaristo Vázquez e Eduardo Estévez.

REGUEIRA, Jesús.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

REGUEIRA, José.

Nomeado membro dunha comisión de mariñeiros para negociar a construcción do porto refuxio de Sada, en decembro de 1932.

REGUEIRA, Juan José.

Integra a comisión organizadora do Sindicato de Industria Pesquera de Espasante en abril de 1936.

REGUEIRA, Leonardo

Bibliotecario do Centro de Estudios Sociales “El Derecho Humano” de Mesoiro en agosto de 1934.

REGUEIRA, M.

En xulio de 1910 mantén correspondenica con “Tierra y Libertad” desde Vigo.

REGUEIRA, M.

Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Vigo en novembro de 1933.

REGUEIRA, Manuel.

Fai donativos a “Tierra y Libertad” desde Vigo, en xaneiro de 1905 e febreiro de 1908.

REGUEIRA, Manuel.

Asinou o regulamento de Solidaridad Obrera de Galicia en 1911.

REGUEIRA, Manuel

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Tranvías.

REGUEIRA, Marcelino

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Molinos (Monelos), 27, 1º.

REGUEIRA, P.

En maio de 1903 participa nunha suscripción para “¡Tierra!” dende Batabano.

REGUEIRA LEIRAS, Antonio.

Tesoureiro do Sindicato de Hojalateros da Coruña en maio de 1931.

REGUEIRA LORENZO, Marcelino.

Vocal 2º da Sociedad de Obreros Cocineros y Similares de la Provincia de A Coruña en febreiro de 1929.

REGUEIRA NO, José.

Vocal suplente da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en marzo de 1915.

REGUEIRA SÁNCHEZ, Manuel Martín.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de Profesiones Varias de Meirás en marzo de 1932, cando tivo lugar a súa fundación. Foi secretario na súa primeria xunta directiva. Chama á organización dos campesiños dende Sada en xuño de 1932, nas páxinas de “Solidaridad Obrera” da Coruña. Tesoureiro do Sindicato de Oficios Varios de Sada en xaneiro de 1933. Mitin en Carnoedo-Sada en xaneiro de 1933. Membro da comisión organizadora do Centro de Estudios Sociales “Generación Consciente” de Sada en novembro de 1933. Participou nunha asamblea obreira en Sada, polo tema do paro en abril de 1936, representando ao Sindicato de Sada.

REGUEIRA SANJURJO, Manuel

Participa na constitución da Junta de Defensa para solucionar o problema do paro obreiro en Sada, en representación do Sindicato de Oficios VArios, en abril de 1936.

REGUEIRO, Antonio.

Vocal do Sindicato de Pintores de Santiago en outubro de 1924.

REGUEIRO, Generoso.

Afiliado número 388 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 4ª Compañía.

REGUEIRO, Jesús (? – Perpignan, 07-10-78).

Militante anarcosindicalista galego. Representou a Constructores de Calzado de Compostela no Congreso Obrero de Vigo en agosto de 1922. Zapateiro cenetista de Santiago, colabora en “Solidaridad Obrera” da Coruña en xaneiro de 1933. Representou ao Sindicato de Constructores de Calzado de Santiago no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Asinou a ponencia sobre as obras do ferrocarril Zamora-Ourense-A Coruña no Pleno Regional de Santiago en febreiro de 1933. Participa en mitins en Cesures e Padrón a finais de marzo de 1933. Integrou a comisión organizadora do Partido Sindicalista en Compostela, en marzo de 1935. En maio de 1935 era vogal na directiva do Partido Sindicalista en Santiago. En setembro de 1935 separabase do Partido Sindicalista de Compostela, ao tempo que neste se propoñía a súa expulsión. Estivo loitando na guerra na fronte Norte e posteriormente pasou a Francia. No exilio traballou nas minas. Militou na FL de Perpignan e SIA até a súa morte en 1978.

REGUEIRO, José.

Integrou a comisión de obreiros coruñeses que fixeron xestións para erixir un monumento conmemorativo dos sucesos de maio de 1901, figurando como presidente da mesma.

REGUEIRO, Juan.

No Comité de Factoría da Unión Petrolífera da Coruña en agosto de 1931. Deixa o cargo en outubro do mesmo ano.

REGUEIRO, Luis.

Participa no mitin do 1º de maio de 1934 en Compostela.

REGUEIRO, M. (*)

Integrante do grupo “Bresci”, que en xulio de 1902 tentaban transformar en Centro de Estudios Sociales.

REGUEIRO, M. (*)

Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana en marzo de 1911.

REGUEIRO, M.

Paqueteiro do diario CNT de Madrid na Coruña, en xaneiro de 1933.

REGUEIRO, Manuel.

Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende Vilagarcía.

REGUEIRO, Manuel (*)

Asina un artigo en “El Dependiente” de La Habana en outubro de 1912.

REGUEIRO AMADO, Francisco.

Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en decembro de 1932.

REGUEIRO BARREIRO, Manuel.

Afiliado número 179 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

REGUERA FERRACES, Felipe.

Delegado de Mozos de Almacén e Peones na primeira xunta directiva do Sindicato de Oficios Varios de Carballo en xuño de 1931.

REIGOSA, Juan.

Militante do Sindicato General de Trabajadores de Vilanova de Arousa. Elexido tesoureiro-contador en decembro de 1931.

REIMÚNDEZ FEIJOO, Manuel (1912 – ?).

Traballador de “La Voz de Galicia”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

REIMÚNDEZ FEIJOO, Santiago

En novembro de 1931 foi nomeado contador do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en Progreso, 26.

REIGOSA, Benito (*)

En outubro de 1913 asina un telegrama de protesta pola condenda de Evaristo Vázquez e Eduardo Estévez.

REINOSO BECEIRO, Pablo (1913 – ?).

Anarquista ferrolán, no 1º de maio de 1936 integra o grupo de persoas que entra no Convento da Enseñanza a lle pon unha bandeira vermella no cimeiro. Citado no expediente policial de Mario Rico Cobas. Encargado de Modelos, interrogado en agosto de 1946 pola “Folga do aceite”.

REIRIS, Daniel.

Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende Vilagarcía.

REIRIS, Francisco.

Militante do Sindicato General de Trabajadores de Vilanova de Arousa. Elexido presidente en decembro de 1931. Colabora en “Solidaridad Obrera” da Coruña en abril de 1932.

REIRO, Francisco

En setembro de 1938 asina un artigo en “Galicia Libre” combatendo desde a 98 Brigada Mixta. Era de Carnota.

REJENJO ROMERO, Juan (?-A Coruña, 15-08-14 – ?).

Canteiro, da CNT, solteiro, fillo de José e Josefa, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía.

REMIRO, Agustín

En maio de 1940 Agustín Remiro e Eusebio López Laguarta “Coteno” repartiron manifestos da Alianza Democrática Española na Coruña. O 16 de xaneiro de 1940 estaba na Coruña e o 17 de xaneiro en Vigo para pasar a Portugal clandestinamente.

RENDA, Manuel.

Tamén sae como Manuel Rendo. Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende Vilagarcía. Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

RESURRECCION”

En xulio de 1928 asina un artigo en “Cultura Proletaria” desde A Coruña.

REPRESAS, Constantino

En agosto de 1915 asina unha carta do Grupo de Propaganda Social de Lisboa a “Acción Libertaria”.

RETES, Enrique

En xaneiro de 1883 foi denunciado en “Revista Social” como traidor á folga dos talleres de Flórez da Coruña.

REVERTER DOMÍNGUEZ, Adolfo.

Afiliado número 639 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

REVERTER DOMÍNGUEZ, Jesús (Bóveda-Lugo, ? – ?).

Avalado pola Agrupación Confederal Galaica en Asturias en setembro de 1937.

REY

En xaneiro de 1906 “El Obrero Peluquero” acusaba recibo da recepción de “El Despertar Gallego”, semanario redactado polos compañeiros Rey e Fernández.

REY.

Deportado a Ballanás despois da represión na Coruña en 1919.

REY.

Participa nunha reunión do Sindicato de Construcción da Coruña o 26 de abril de 1931.

REY

En xulio de 1934 foi elixido para integrar unha comisión do Ramo da Construcción polo Sindicato de Albañiles encargada de visitar as obras para negociar cos patróns o pagamento dos subsidios.

REY, A.

En novembro de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ferrol.

REY, A.

Nomeado vocal do Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña en xuño de 1931.

REY, Alfredo.

Preso no cárcere da Coruña en setembro de 1935, colabora nunha suscripción en apoio do diario “CNT”. Un dos presos do cárcere da Coruña libertado en febreiro de 1936 pola presión popular.

REY, Anastasio Pedro.

Vocal da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en marzo de 1915.

REY, Andrés

En xulio de 1904 asina un comunicado da Unión de Cocineros y Dependientes de Tampa, polo falecemento de Francisco Durán en La Habana, que fora fundador da Sociedad de Dependientes de Restaurants, Hoteles y Fondas.

REY, Andrés (*)

Vicepresidente da Unión de Cocineros y Dependientes de Tampa en xuño de 1913.

REY, Ángel

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

REY, Antonio

Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Ordes en outubro de 1932.

REY, Arturo

En decembro de 1915 recibe cartos dunha suscripción polos presos de “Tierra y Libertad”, en Ferrol.

REY, Avelino

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

REY, Carolina

En setembro de 1908 contribúe a unha suscripción polos presos sociais dende Ferrol.

REY, Cipriano

Participou no mitin celebrado no Circo Ferrolano de Ferrol o 15 de novembro de 1901, en protesta polos sucesos de maio de 1901 na Coruña.

REY, Delfín del

En xuño de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” desde Vigo.

REY, Dolores

Modista, en xuño de 1890 asinaba en “El Correo Gallego” unha carta de modistas e xastras de Ferrol pedindo a rebaixa da xornada de traballo; ao día seguinte desmentía que asinara o devandito comunicado.

REY, Domingo.

Nunha listaxe de donativos recibidios polo xornal “La Acción” da Coruña, despois de que cesara na súa publicación no número 3, por falta de apoio, en marzo de 1909.

REY, E.

En decembro de 1912 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Santiago.

REY, Enrique

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Progreso, 24, 1º.

REY, Enrique

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Travesía Montiño, B, 2º.

REY, Esteban.

Participou nun mitin da Unión Campesina en Tornos en marzo de 1910, no que se falou da necesidade de reorganización. Foi nomeado comisionado pola parroquia de Peruleiro.

REY, Francisca.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

REY, Florentino.

Afiliado número 427 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

REY, Fortunato.

En xuño de 1931 integra pola parte do elemento obreiro a ponencia encargada de estructurar as bases do futuro Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña. Mecánico da Fábrica de Tabacos da Coruña, en xuño de 1932 polemizaba con Manuel D. Rincón, despois da súa saída do Sindicato de Tabacos.

REY, Gervasio

Participa nunha suscrición de “El Corsario” para os presos de Cádiz en outubro de 1891.

REY, Inocencio

En setembro de 1927 “Cultura Proletaria” de New York publica unha necrolóxica súa, asinada por J.R. Sierra. Segundo a nota morrera de tuberculose e os seus restos descansaban en Ortigueira.

REY, J.

Colabora nunha suscrición de “El Luchador” desde Vilagarcía en abril de 1932.

REY, J. (*)

Asina un artigo en “Cultura Proletaria” de New York en abril de 1928, desde Cuba.

REY, José

En febreiro de 1903 formou parte da primeira directiva da Sociedad Coral “Unión y Libertad” da Coruña, como vogal.

REY, José (*)

En marzo de 1914 foi expulsado de Argentina e negóuselle a entrada en Montevideo, mais o presidente Batlle deu orde de que lle foran proporcionados os medios para desembarcar en Montevideo.

REY, José

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

REY, José.

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Compostela, 1, baixo, zapateiría. Presidente da Sociedad de Obreros Zapateros da Coruña en agosto de 1918. Delegado na FLO en setembro de 1918. Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos. Delegado na Regional do Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña en xulio de 1932.

REY, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Compostela, 1.

REY, José

Preside unha xuntanza do Sindicato de Peones da Coruña en abril de 1932.

REY, José

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

REY, José.

Tesoureiro da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en novembro de 1912. Vocal da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xuño de 1914.

REY, José María.

Participou no movemento de decembro de 1933, foi xulgado en consello de guerra e condenado a seis meses e un día de prisión. En setembro de 1934 no cárcere da Coruña, asinando unha carta aberta dos presos sociais á organización coruñesa. A maioría deles presos dende decembro de 1933.

REY, Juan

Vogal da Sociedad de Fogoneros Marítimos y Terrestres da Coruña en novembro de 1901.

REY, Juan.

No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Industria del Transporte da Coruña.

REY, Julio.

Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1931.

REY, Luis E.

En decembro de 1909 asina un artigo en “¡Tierra!” declarándose español renegado. En febreiro de 1911 estaba en La Habana. En outubro de 1913 “¡Tierra!” de La Habana reproduce un artigo seu publicado en “La Region Gallega” como “Dr. Yer”. O 13 de outubro de 1913 houbo un mitin da Asociación Galaica Pro Instrucción Racionalista “13 de Octubre” no Teatro Politeama, presidido por Luis E. Rey, no que participaron Manuel Martínez Pérez, Joaquín Lucena, Rafael García, Rodolfo González Pacheco, Ramón Pereira, Martínez Abelló (fillo), Miguel Lozano, Francisco Domenech, Dr. Blanco, Aquilino López e Abdón Rodríguez de “Galicia Gráfica”. Vicepresidente da Agrupación Galaica Pro Instrucción Racionalista “13 de octubre” na súa fundación, en decembro de 1913.

REY, M.

En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos.

REY, Manuel

Participa nunha suscrición de “El Corsario” para os presos de Cádiz en outubro de 1891.

REY, Manuel

En agosto de 1923 o mensual sociolóxico mexicano “Sagitario” incluía un artigo asinado por Manuel Rey escrito en Ourense.

REY, Manuel “Louis Raymond”

En decembro de 1916 participa na recaudación de fondos para a Biblioteca Libre de Philadelphia, PA, ligada aos IWW. En marzo de 1917 é un dos asinantes dun comunicado enviado a “Tierra y Libertad” por el Marine Transport Workers-IWW de Filadelfia a favor do emigrante en Cuba Benito Barreiro, acusado da morte dun patrón que non lle quixera pagar o seu salario. En marzo de 1917 asinaba un artigo en “Cultura Obrera” desde Filadelfia chamando a organizarse nas IWW. En abril de 1917 “Cultura Obrera” anuncia a súa dimisión do cargo de secretario da Local Nº 100. En setembro de 1917 asina unha carta a “Cultura Obrera” desde o cárcere de Erie County, Buffalo, New York; fora arrestado o 26 de xuño en Niagara Falls e pasara por cartro cárceres; dedicárase a facer propaganda da IWW, e xa fora arrestado xunto a 49 wobblies o 20 de maio. En agosto de 1918 foi xulgado xunto a numerosos líderes de los IWW e condenado a un ano de prisión en Leavenworth. En decembro de 1922 comunica a “Cultura Obrera” que lle fora conmutada a pena a condición de ser deportado: despois de tres meses de libertade provisional tería que presentarse en Ellis Island para a súa deportación; estaba condenado a 20 anos por ser secretario da local do Transporte Marítimo de Filadelfia; solicitaba axuda económica, pois só contaba cunha axuda da Workers Defence Union. Anarquista galego radicado en New Jersey. A súa compañeira Ellen White, militante anarquista, e a súa filla morreron en 1981.

REY, Manuel

En decembro de 1915 recibe cartos dunha suscripción polos presos de “Tierra y Libertad”, en Ferrol.

REY, Manuel.

Presidente da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en abril de 1918. Secretario en maio de 1918.

REY, Manuel.

Segundo vogal da Sociedad de Carpinteros de Santiago en febreiro de 1925.

REY, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía, figura con enderezo en Hércules, 17.

REY, Manuel.

Nunha ponencia do Pleno Regional de Vilagarcía en agosto de 1931. Elexido bibliotecario do Sindicato General de Trabajadores de Vilagarcía, en outubro de 1931. Representou aos Sindicatos de Electricistas e Panaderos de Vilagarcía no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

REY, Manuel.

Intervén nun mitin organizado por “La Antorcha del Porvenir” de Beade en xaneiro de 1932.

REY, Manuel.

Contador do Sindicato de Oficios Varios de Ponte do Porto.

REY, Marcelino.

Xoven libertario de Ferrol, fusilado nos primeiros días da sublevación, xunto a Barreiro, Mauriz, e un corneta de infantería de mariña.

REY, Paulino

Nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Peones en General da Coruña para o reparto de víveres en novembro de 1933.

REY, Pedro

Participa nunha suscrición de “El Corsario” para os presos de Cádiz en outubro de 1891.

REY, Rafael.

Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos.

REY, Ramón.

Dado de baixa do Sindicato de Sastres de Santiago en novembro de 1924, foi readmitido despois.

REY, Recaredo

En decembro de 1919 estaba entre os convocados por Enrique Taboada para rendir contas dos cartos recaudados para tentar voltar a publicar “El Corsario”.

REY, Salvador

Participou no mitin celebrado no Circo Ferrolano de Ferrol o 15 de novembro de 1901, en protesta polos sucesos de maio de 1901 na Coruña.

REY, Santiago.

Secretario exterior da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xuño de 1916 e febreiro de 1917; vicepresidente en marzo de 1923.

REY, Vicente.

En outubro de 1907 fixo un donativo ao xornal “Tierra y Libertad” desde Betanzos.

REY ABELEIRA, Francisco.

Vocal da Sección de Tranviarios do Sindicato Único del Transporte de Ferrol en abril de 1936.

REY ALÉN, Pedro

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT. Confinado

REY ALFARO, Bernardo (1899 – ?).

Traballador de “La Voz de Galicia”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

REY ARIAS, Francisco.

Secretario da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xuño, xulio, agosto, outubro e decembro de 1908, xaneiro de 1909. Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921.

REY BARBEITO, José

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América. En marzo de 1914 colaboraba económicamente con “Fuerza Consciente” de San Francisco.

REY BARREIRO, Santiago

En abril de 1930 foi nomeado vogal do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en Orzán, 42, 1º. En xaneiro de 1933 foi nomeado vicesecretario do Sindicato; enderezo en San Cristóbal-Martinete.

REY BERMÚDEZ, Dolores “La Melgacha”

Irmá de Pedro Rey Bermúdez. Acusada de animar aos resistentes cando a voadura do Ponte Novo de Betanzos, na carreteira de Betanzos-A Coruña, en xulio de 1936. Foi condenada a reclusión perpetua en agosto de 1937.

REY BERMÚDEZ, Pedro “El Moco”.

Acusado da voadura do Ponte Novo de Betanzos, na carreteira de Betanzos-A Coruña, en xulio de 1936. En abril de 1937 servindo no exército nacional na fronte de Madrid.

REY BRETAL.

Detido en Noia como suposto implicado na folga xeral de agosto de 1917.

REY CASTELO, Juan.

Tesoureiro do Sindicato de Industria del Transporte da Coruña en decembro de 1932.

REY FERNÁNDEZ, Lorenzo.

Afiliado número 192 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

REY FERREIRO, Eduardo (San Pedro de Nós-Oleiros, ? – ?).

Presidiu unha asemblea xeral do Ramo da Construcción no Salón Doré en agosto de 1933. En agosto de 1939 no campo de concentración de Barcarès, en Francia. O 15 de xulio de 1945 presidiu un acto público na sala de conferencias de Pantín-Belleus en París, como membro da CNT. En marzo de 1946 era Delegado Provisional do Comité de Relaciones da Confederación Regional Galaica no Departamento do Sena, e convocaba a unha xuntanza aos militantes da zona. Colabora dende Bagneres de Bigorre nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946. En outubro de 1947 participa no II Congreso do MLE-CNT en Francia, representando á FL de Aubervilliers.

REY FERREIRO, José María.

Xulgado en xaneiro de 1935 polo asalto ao cuartel da garda civil de Oleiros de decembro de 1933, foi condenado a seis meses e un día de cárcere; como xa cumplira a pena, foi libertado. Xulgado en xaneiro de 1935 en consello de guerra polo intento de asalto ao cuartel da garda civil de Oleiros, foi condenado a seis meses de reclusión.

REY GÓMEZ, Bienvenido.

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en García Prieto, M e C, 1º. Participa nunha reunión do Sindicato de Carpinteros da Coruña en decembro de 1928. Vocal do Sindicato de Carpinteros “La Emancipación” da Coruña para o primeiro semestre de 1929. Participa nunha reunión do Sindicato de Carpinteros “La emancipación” en agosto de 1929. Militante do Sindicato de Carpinteros da Coruña, no que foi vocal, delegado na Federación Local e ao que representou no Pleno de Vilagarcía. Delegado do Sindicato de Peones na FLO da Coruña en maio de 1931. Membro do Comité da FLO da Coruña antes de 1932. Membro do CES Germinal. Acusado de participar na tentativa de fuga na motora “Sisargas” dende A Coruña, en marzo do 37, e de axudar a agachar ao diputado socialista Rufilanchas. Permaneceu agachado até 1948, en que foi condenado a vinte anos de reclusión, conmutados por seis anos e un día.

REY GROVES, Diego.

Presidiu reunións do “Despertar Marítimo” en maio e agosto de 1930, e agosto e setembro de 1931. Presidente do Sindicato en xaneiro de 1932.

REY IGLESIAS, Concepción.

Foi vocal do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña, en maio de 1931 e tesoureira en marzo de 1932.

REY IGLESIAS, José

En xaneiro de 1933 foi nomeado vogal do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en Louza.

REY IGLESIAS, Juan (? – Ferrol, 15-09-1936)

Natural de Ferrol, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 8 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o 11 do mesmo mes. Preso no cárcere do Partido por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol. Nunha listaxe de persoas mortas en Ferrol por agresión á forza pública, elaborada pola Comisaría de Ferrol, morto o 15 de setembro de 1936; tiña 40 anos.

REY IGLESIAS, Severino.

Detido e liberado posteriormente na Coruña con motivo da folga xeral de setembro de 1911.

REY LAGO, Antonio.

Vocal 1º do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña de outubro de 1930 a abril de 1931.

REY LAGO, Domingo (A Coruña, 23-05-1891 – A Coruña, 11-07-1937).

Do Sindicato de Transportes da Coruña. Acusado de participar na tentativa de fuga na motora “Sisargas” dende A Coruña, en marzo do 37. Condenado a morte en maio, foi fusilado o once de xulio do 37.

REY LEMA, Ángel (Corcubión, 1908 – ?).

Mariñeiro. Vocal do SOV “La Igualdad” de Corcubión en 1936. Foi detido en novembro de 1936, mais posteriormente a causa foi sobreseida en xaneiro de 1937.

REY LÓPEZ, Antonio (?, 1887 – ?).

Membro da Sección de Enfermeros Marítimos do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en abril de 1928.

REY LÓPEZ, Eduardo.

Foi tesoureiro do Sindicato de Obreros de Salazones “El Porvenir Social” da Coruña, en xaneiro de 1932. Tesoureiro da Sección de Chavoleros y Mozos de Campo do SIP da Coruña en xaneiro de 1932. Vicesecretario da Sección de Chavoleros y Mozos de Campo do SIP da Coruña en novembro de 1933. Delegado á FLO da Sección de Chavoleros y Mozos de Campo en novembro de 1935.

REY LÓPEZ, Manuel.

En decembro de 1923 foi detido nunha xuntanza clandestina de varios panadeiros con Manuel Lurido, presidente da Federación Obrera de Vilagarcía.

REY LUACES, Andrés (Ferrol, 1894 – ?)

Natural de Serantes, veciño de Ferrandiz, 31, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o día 16 do mesmo mes. Preso no cárcere do Partido por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol.

REY MARZOA, Joaquín.

Vocal 3º do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en setembro de 1930. Delegado na FLO en agosto de 1931. Vocal en marzo de 1933.

REY MAURIZ, Marcelino (? – Ferrol, 15-08-36).

Executado en agosto de 1936, en virtude do artigo 4º do Bando de Guerra (tenencia de armas) en Ferrol.

REY MÉNDEZ, Emilio.

Na directiva da Unión Petrolífera da Coruña en xulio de 1934, cando a súa separación da FLO, foi nomeado secretario provisional cando se decidiu o reingreso, en agosto do mesmo ano.

REY MIGUEL, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como peón. Nomeado presidente do Sindicato de Peones en General da Coruña e delegado na FLO en xulio de 1931; residía en Monelos, 75, baixo. Presidente do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña de xulio a setembro de 1931. Delegado na FLO en xulio de 1931. En agosto de 1931 foi nomeado para integrar unha comisión para entrevistarse co alcalde. Fala nun acto do Sindicato de Peones da Coruña en Celas de Peiro en novembro de 1931. Nomeado presidente do Sindicato en xaneiro de 1932. Nomeado como delegado do Sindicato de Peones no Pleno Regional de Vilagarcía. Peón, vocal da FLO da Coruña en febreiro de 1932. Presidente en xaneiro e setembro de 1932. Nomeado en maio de 1932 para representar ao Sindicato de Peones no Pleno de Ferrol. Presidente do Sindicato de Peones da Coruña en setembro de 1932. Representou ao Sindicato de Peones da Coruña no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Vocal en marzo de 1933. Delegado no CR en marzo e xulio de 1933. Detido en xaneiro de 1934, acusado de coaccións na folga da construcción. En xuño de 1934 o Sindicato de Peones discute as denuncias presentadas por Jesús Otero contra as directivas do Sindicato desde 1932 e especialmente contra Manuel Rey, que se defende na asamblea; a decisión do sindicato foi quitar a voz e o voto a Jesús Otero, por difamar á directiva. Presidente en outubro de 1935, con domicilio en Monelos. Presidente do Sindicato de Peones da Coruña en decembro de 1935. Representou ao Sindicato de Peones da Coruña no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935.

REY MIGUEL, Miguel.

Vocal do Sindicato de Peones na FLO da Coruña en 1934.

REY MOSQUERA, Gerardo.

Obreiro coruñés falecido en agosto de 1925. No seu enterro estiveron presentes as directivas dos sindicatos da FLO.

REY MOSQUERA, Luis

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Ángel Senra ou Fábrica de Gaseosas.

REY N., SANTIAGO “Agapito” (Guillán-Vilagarcía, 28-04-14 – ?).

Maquinista. Afiliado ao Sindicato de Peones da CNT e tamén a Izquierda Republicana. Ingresou na Legión, como voluntario, cando a guerra. Autor de varios pequenos furtos á súa volta en Vilagarcía. Detido por facer varios atracos con Ramón Díaz Hermo ao longo de 1943. Condenando á pena de morte en decembro de 1944.

REY PANDELO, Antonio

Cuarto vogal do Sindicato de Campesinos y Oficios Varios de Mondego-Sada, cando a súa fundación, en abril de 1933.

REY PATIÑO, Arturo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Santa Lucía, 4, 1º.

REY PEDREIRA, Santiago.

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Fontán, 3, 6º esq. Arquitecto. Participa nun acto de presentación pública de Germinal no Teatro Rosalía de Castro, en novembro de 1931.

REY PÉREZ, Santiago (Santiago de Compostela, 1900 – )

Natural de Santiago de Compostela, veciño de A Graña-Ferrol. Zapateiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 19 de marzo de 1935 por un delito de tiroteo no castelo de San Felipe, e foi posto en libertade o 23 do mesmo mes. Detido en marzo de 1935, acusado de tirotear aos gardas do castelo de San Felipe.

REY REY, José (Lugo, 1917 – ?).

Albañil. Era vocal do Sindicato General de Trabajadores de Lugo e da Sección de Albañiles do mesmo en 1936. Detido o 24 de xulio de 1936 en Lugo. Foi posteriormente liberado, sen condena. Entrou no cárcere de Lugo o 24 de xulio de 1936 e saiu o 20 de setembro de 1936, en libertade..

REY REY, Manuel (1901 – ?).

Traballador de “El Ideal Gallego”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Preside unha reunión da Asociación Tipográfica en maio de 1934.

REY REY, Rogelio (1902 – ?).

Traballador de “El Ideal Gallego”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Vocal 1º da Asociación Tipográfica de A Coruña en marzo de 1929. Secretario da Asociación Tipográfica entre agosto de 1932 e marzo de 1933.

REY RIVAS, Carmen.

Detida en Ribeira en setembro de 1934 pola folga das conserveiras, impuxoselle unha multa de 1.000 pesetas.

REY RODRÍGUEZ, Ángel (Ferrol, 1915 – )

Natural de Ferrol, veciño da rúa do Sol, 25, Ferrol. Caldereiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 22 de decembro de 1933 por un delito de colocación de explosivos, e foi liberado o 23 do mesmo mes.

REY RODRÍGUEZ, Julio.

Contador da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xulio de 1922.

REY SÁNCHEZ, Antonio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Primero de Mayo.

REY SÁNCHEZ, Marina (1911 – ?).

Enlace nas tarefas de reorganización da FAI. Detida na caída dos grupos FAI, o 10-7-37. Compañeira de Julio Lores Taboada, anarquista fuxido dende o comezo do levantamento militar na Coruña. Foi condenada á pena de 12 anos en decembro de 1937.

REY SANTOS, Arturo .

Vocal 1º da Asociación Tipográfica de A Coruña en xaneiro de 1918. Traballador da Imprenta Lombardero, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Presidiu unha reunión da Asociación Tipográfica en abril de 1935.

REY SANTOS, Luis (1894 – ?).

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Falperra, 39, 2º. Delegado da Asociación Tipográfica de A Coruña na FLO en decembro de 1919. Vocal da Asociación Tipográfica da Coruña en febreiro de 1922. Vocal en xaneiro de 1924. Traballador da Imprenta Roel, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Nomeado vocal da Asociación Tipográfica no Comité Paritario en outubro de 1929. Delegado da Asociación Tipográfica nun Pleno en setembro de 1930. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Tipógrafos da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. Tipógrafo, membro do Comité da FLO da Coruña antes de febreiro de 1932. Delegado na FLO en setembro de 1932. Membro dunha comisión de negociación en xaneiro de 1933. Presidiu reunións da Asociación Tipográfica en maio, agosto, setembro e novembro de 1933. Vocal do Partido Sindicalista de A Coruña en abril de 1936.

REY SOUZA, Antonio

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Marcial del Adalid, 15, 1º.

REY SOUZA, Fernando

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Marcial del Adalid, 15, 1º.

REY SUÁREZ, Manuel.

Dirixente da Unión Campesina cara a 1908. Participou na I Asamblea Agraria de Monforte, representando ás seccións da Unión Campesina de Pastoriza, Suevos, Oseiro e Arteixo. Ainda que Manuel Martínez Pérez e as seccións que el representaba retiraronse da Asamble, Rey Suárez e Moreno Bello seguiron nel e participaron nos debates. En agosto de 1909 participa no mitin solidario da Coruña como delegado da Unión Campesina de Oseiro-Arteixo.

REY TURNES, Ezequiel.

O 1º de maio de 1915 houbo unha asamblea no Centro Obrero con discursos de varios traballadores, entre eles o director de “Solidaridad Obrera” Ezequiel Rey. Carpinteiro, participou nun mitin en Compostela en febreiro de 1917. Foi posto en libertade provisional en marzo de 1917. Directivo da Sociedad de Oficios y Profesiones Varias de Santiago, participou na folga xeral de agosto de 1917. Representou á Sociedad de Pintores y Albañiles, Sociedad de Carpinteros, Sociedad de Sastres, Sociedad de Camareros, Sociedad de Obreros en Hierros y Metales de Santiago no Congreso da Comedia de Madrid en 1919. Presidiu o mitin de Santiago en marzo de 1922 para pedir o restablecemento das garantías constitucionais. Representou ao Gremio de Zoqueros y Aserradores de Compostela no Congreso Obrero de Vigo en agosto de 1922. Participou nun mitin polos presos sociais en Santiago en febreiro de 1923. Nunha listaxe de militantes socorridos pola Sociedad de Carpinteros de Santiago en setembro de 1923. Asistiu ao Congreso fundacional da CRG en agosto de 1923, representando á Federación Local de Santiago Escribe en “Solidaridad Obrera” da Coruña en decembro de 1924, rebatindo a Villaverde. A comezos de 1925 foi designado director de “Solidaridad Obrera”, cando o Comité Regional pasou a residir en Santiago. En marzo de 1925, cando morreu unha irmá política súa, Pastora Seoane Fuentes, era director de “Solidaridad Obrera”. Representou a “Solidaridad Obrera”, do que era director, na reunión constituinte da Federación Marítima del Litoral Gallego, celebrada en Compostela en decembro de 1925. En agosto de 1928 “Cultura Proletaria” de New York informa da detención de Couceiro, Torreiro, Montes e outros na Coruña, Fandiño e Ezequiel Rey en Compostela e Villaverde en Vigo. En setembro de 1930 representa ao Comité da CRG no Pleno Regional celebrado na Coruña. Tesoureiro, e integrante da Comisión para o Estatuto do Centro Federal de Santiago, en xaneiro de 1933. En 1936 foi membro do Comité Central de Autonomía de Galicia, representando á Organización Comarcal Agraria. Detido gubernativo na Coruña en 1938, quedou en libertade en setembro.

REY VARELA, Ricardo.

Conserxe da Federación Local Obrera da Coruña, detido en xulio de 1920 na vaga represiva polos sucesos que derivaron na morte dun policía e un cabo de seguridade.

REY VEIRA, Francisco.

Foi vocal do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña, en abril de 1931. Vocal 1º en abril de 1935.

REY VELOSO, Joaquín.

Militante do SIP de Vigo en setembro de 1932. Detido en outubro de 1932, pola folga de Bouzas, ainda que se atopaba na Coruña.

REY VILLALBA, Jorge (*)

En decembro de 1917 publica un artigo en “Tierra y Libertad” desde Buenos Aires. Deportado de Argentina a finais de 1930. Asina un artigo en “El Luchador” dende Montevideo en febreiro de 1931.

REYES GONZÁLEZ, Filomena

Detida en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899. Procesada en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

RIAL, Ángel.

Albañil vigués, de 20 anos, explotoulle unha bomba que estaba confeccionando na Casa del Pueblo de Vigo, en xulio de 1923; quedou gravemente ferido.

RIAL, Ramón.

Nunha listaxe de militantes socorridos pola Sociedad de Carpinteros de Santiago en setembro de 1923.

RIAL CASTRO, Ramón.

Paqueteiro do Diario CNT de Madrid en Vilagarcía, en abril e xulio de 1933.

RIAL FERNÁNDEZ, Emilio (Cangas-Pontevedra, 1900 – ?).

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Cangas. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937; estivera afiliado á CNT.

RIAL IGLESIAS, Manuel

Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en febreiro de 1938. En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

RIAMONDE, JOSÉ

En maio de 1908 foi nomeado presidente do Centro Estradense Pro Enseñanza Laica de Buenos Aires.

RIAMONDE, Máximo

En maio de 1908 foi nomeado secretario do Centro Estradense Pro Enseñanza Laica de Buenos Aires.

RIART CHAO, José.

Vocal da Sociedad de Metalúrgicos de Santiago en decembro de 1924.

RIBALTA, Aurelio

En xaneiro de 1895 “La Idea Libre” publicaba o seu texto “El guarda y el perro”.

RIBAS, A.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

RIBAS, Agustín.

Abogado que defendeu a Vales e Costas en novembro de 1933 polas feridas a Paz Andrade.

RIBAS, J.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

RIBAS, José.

Bibliotecario do Ateneo Libertario Sindicalista de Vigo na súa fundación, en xulio de 1931.

RIBAS PÉREZ, Juan (A Coruña, 1901 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT.

RIBAS RIBAS, Juan Vicente (Ibiza, 1881 – ?).

Panadeiro. Implicado pola fuxida de Desiderio Comesaña Prado e outros dende Vigo a Portugal en decembro de 1937. Foi detido porque vivía na mesma pensión que outros dous dos fuxidos. Vivía en Vigo dende agosto de 1935, que chegou deportado da Argentina por peligroso anarquista. Á súa chegada a Vigo foi detido até setembro de 1935, data en que foi posto en libertade. A partir da victoria do Frente Popular reiniciou a súa actividade sindical, asistindo ás reunións da CNT nos locais da rúa Bajada a la Fuente.

RICO, Andrés.

Tesoureiro da Sociedad de Pescadores y Traineros “La Humanidad Libre” da Coruña en decembro de 1918.

RICO, Ángela

Vocal do Sindicato de Constructores Mecánicos de Calzado “La Igualdad” da Coruña en xuño de 1932.

RICO, Antonio.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

RICO, Eduardo.

Inscribiu civilmente ao seu fillo Floreal Progreso Rico García en xulio de 1907, en Ferrol.

RICO, Fernando.

Contador do Sindicato de Obreros en Hierros y Metales da Coruña en xulio de 1918.

RICO, Francisco.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

RICO, José.

Delegado do Sindicato de Tipógrafos na FLO da Coruña en decembro de 1931.

RICO, Juan.

Contador do Sindicato Único de Trabajadores de Neda pola Sección de Peones en febreiro de 1923.

RICO, Manuel.

Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en xaneiro de 1932.

RICO COBAS, Arsenio (Ferrol, 1908 – ?).

En 1935 vivía na praza de Ferrándiz, 17, 1º. Mecánico, vocal da agrupación do Partido Sindicalista en Ferrol, en abril de 1936. En maio de 1936 participou na representación en Sada da obra “Arriba los pobres del mundo” de J. Sánchez, co cuadro artístico da Juventud Socialista.

RICO COBAS, Mario (Ferrol, 17-04-1903 – Ferrol, 18-08-1936).

Caldereiro. Fillo de Julián e Josefa. Segundo Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas ferroláns de comezos de século. Dirixente da CNT en Ferrol. Vocal na directiva do “Arenas F.C.” de Ferrol en abril de 1921. Natural de Ferrol, veciño da rúa Sagasta, 140, en Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 10 de xuño de 1927 por un delito social e foi liberado o 25 do mesmo mes. Escribe no xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928 comentando o renacemento da CNT. Participa no mitin do 1º de maio de 1930 en Ferrol. En xulio de 1930 polemiza en ¡Despertad! con “El Hombre que ríe”. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Mozos de Comercio y Almacén de Ferrol no Pleno Regional celebrado na Coruña. Mitin sindicalista en Ferrol en outubro de 1930, xunto a Pestaña, Villaverde, Fandiño e Ángel Leal. En novembro de 1930, anuncia en “Solidaridad Obrera” da Coruña o seu apartamento temporal das tarefas sindicais, por discrepancias con outros compañeiros da localidade. Na noite do 14 de decembro de 1930 participou con Luís Abella nunha reunión cos socialistas Alfonso Quintana, Antonio Santamaría e Tomás Serantes no Real Café Bar, para falar sobre a intentona republicana. Participa nun mitin Pro-Amnistía no Teatro Jofre de Ferrol, o 5 de abril de 1931. A comezos de 1931 publica artigos na prensa anarcosindicalistas sobre o problema agrario na Galiza e mantén correspondencia con Ángel Pestaña. Representou ao Sindicato de Trabajadores de Construcción Naval, Sindicato de Transporte, Sección de Pescadores, Sindicato de Construcción, Sindicato de Empleados Municipales e Sindicato de Carpinteros Ebanistas de Ferrol no Congreso de 1931 en Madrid. En novembro de 1931 participa nunha asamblea no Teatro Jofre sobre os despidos na constructora e forma parte do grupo que tenta continuar coa publicación de “Cultura Proletaria”. Interveu nun mitin da CNT en San Juan de Piñeiro-Ferrol a finais de novembro de 1931. Mitins en Mugardos e Ferrol en xaneiro de 1932. Participou nun mitin de propaganda sindical no teatro Jofre de Ferrol en xaneiro de 1932. Ingresou no cárcere de Ferrol o 16 de febreiro de 1932 e foi liberado o 22 do mesmo mes. Ingresou no cárcere de Ferrol o 23 de abril de 1932 por un delito de sedición e foi liberado o 25 do mesmo mes. Detido en febreiro de 1932 por participar nunha folga xeral e novamente a finais de abril por asinar follas revolucionarias en relación cos despidos na Constructora Naval. En xira pola Costa da Morte en abril de 1932. Mitin en Vilagarcía en abril, con Villaverde e Moreno. Mitins en Cee e Corcubión xunto a José Villaverde e José Moreno. Interveu nunha asamblea mitin no Teatro Jofre de Ferrol sobre o problema do paro o 1º de maio de 1932. Detido por repartir follas clandestinas a comezos de maio de 1932. No cárcere de Ferrol en xuño de 1932, despois da folga en solidaridade coa constructora naval. A fins de xuño, viaxe de propaganda a Lugo (mitin no Teatro Principal con Villaverde), Monforte e O Saviñao. Mitin en Viveiro en xulio de 1932, con Claro J. Sendón. Mitin en Ferrol en agosto de 1932, xunto a Moreno, Prego, Villaverde e Pestaña. Mitin en Santiago en setembro, xunto a Villaverde, Moreno e Prego. En novembro de 1932 foi designado por un Pleno Regional de Sindicatos Metalúrgicos como delegado no Pleno Nacional de Sindicatos Metalúrgicos. En decembro de 1932, en Monforte, delegado pola CRG pola folga dos mineiros de Freixó. En decembro artigo en “Solidaridad Obrera” da Coruña contra o Estatuto Gallego. Participou nun mitin da CRG no Teatro Rosalía da Coruña en xaneiro de 1933 e pouco despois noutro en Ois-Betanzos. Mitin na FL de Sindicatos de Ferrol en xaneiro de 1933, sobre “Socialismo, comunismo y anarquismo”. Interveu nun mitin sindical no Salón Royalty de Sada en marzo de 1933. A comezos de marzo de 1933 foi xulgado na Coruña por excitación á sedición, pola impresión de follas con motivo dos despidos de Ferrol en abril de 1932; foi defendido por Manuel Iglesias Corral, e resultou absolto. Conferencia ás JJ.LL. de Mugardos e acto no Ponto-Xuvia en abril de 1933. Ingresou no cárcere de Ferrol o 15 de abril de 1933 por un delito de colocación de explosivos, e foi conducido do cárcere o 21 do mesmo mes. Natural de Ferrol, veciño da rúa de Sagasta, 140, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 26 de abril de 1933 por un delito de colocación de explosivos e foi conducido do cárcere o 3 de xulio. En maio de 1933 o gobernador civil telegrafiaba ao ministro de Gobernación comunicando que estaba á súa disposición no cárcere de Ferrol. Detido en abril e xulgado en xulio de 1933, na causa 395/33, pola Audiencia da Coruña xunto a Jesús Rodríguez, Ovidio Abeledo e Manuel Ardao, pola suposta colocación de explosivos en San Sadurniño. Pedironlle 22 anos de cárcere. Foi liberado, despois de tres meses, en xulio de 1933. Participou nun mitin Pro Amnistía en Sada en agosto de 1933. Interveu nun mitin pro-amnistía e de afirmación sindical no salón Cinema de Ferrol, a finais de outubro de 1933. Conferencia no Ateneo Ferrolano en novembro de 1933. Reclamado na “Gaceta” de 2 de enero e 21 de febreiro de 1934. En febreiro de 1934 un grupo afeccionado estreou a súa obra “Nueva Generación Libre”, a beneficio da Escuela Racionalista; a comezos de marzo a súa obra foi novamente representada, a beneficio dos presos. A comezos de abril de 1934, “Nueva Generación Libre” foi estreada tamén na Coruña. Caldereiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 15 de abril de 1934 por un delito de atentado, e foi liberado o 4 de maio de 1934. Detido novamente en abril de 1934. Presidiu unha asamblea convocada polo SGT de Ferrol a fins de agosto de 1934, polo tema dos despidos na Constructora. En outubro de 1934, foi denunciado como participante nunha reunión de militantes anarcosindicalistas que preparou o movemento de decembro de 1933. En novembro de 1934, procesado en Ferrol como complicado en incendio e atentado. Vivía na praza de Ferrándiz, 17, 1º. Procesado en 1934 pola súa suposta participación no tiroteamento dun grupo de gardas civís na Central Telefónica de Ferrol, foi absolto en xaneiro de 1935. Segundo algúns testigos, a realidade foi que fora dar unha conferencia á Telefónica con Miguel Teijeiro Pérez e Jesús Vizoso Embade. Detido pola garda civil do posto de Cedeira en maio de 1935, por escándalo, ingresou no cárcere de Ortigueira. En maio de 1935 foi nomeado membro secretario xeral do sindicato nunha xuntanza do SIP de Cariño. En xuño de 1935 estreou o seu drama “Contradicción”, escrito co coruñés Jorge Buendía. Natural de Ferrol, veciño da praza de Ferrándiz, 17, Ferrol. Caldereiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 20 de xulio de 1935 por un delito de inxurias e calumnias ao xulgado, e foi posto en libertade o 13 de agosto. En maio de 1936 era o director do Cuadro da Juventud Socialista de Ferrol que representou a obra “Arriba los pobres del mundo” de J. Sánchez en Sada. Participou nun mitin polo Estatuto en Pontevedra, en xuño de 1936, representando ao Partido Sindicalista. Interveu no mitin a prol do Estatuto de Autonomía de Galiza en Ferrol en xulio de 1936, representando ao Partido Sindicalista. Según a declaración de José Medín Pardo, Abella, Salgado e Rico repartiron armas antes do levantamento. Detido o 21 de xulio de 1936 no Concello de Ferrol, ao que entrou por ser membro do Partido Sindicalista. Foi acusado de ser un dos asinantes dunha listaxe de dereitistas distribuida nos días do golpe militar. Nunha listaxe de persoas mortas en Ferrol por agresión á forza pública, elaborada pola Comisaría de Ferrol, morto o 18 de agosto de 1936.

RICO CUETO, Francisco

Asina o regulamento da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en maio de 1900.

RICO IGLESIAS, Domingo.

Foi vicesecretario da Sección de Pescadores a la Parte “La Humanidad Libre” do SIP da Coruña, en outubro de 1932.

RICO IGLESIAS, Maximino.

Foi secretario da Sección de Pescadores a la Parte “La Humanidad Libre” do SIP da Coruña, en outubro e novembro de 1932, e marzo, xulio e agosto de 1933.

RICO MARIÑO, José

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Orzán, Ultramarinos Nutrición

RICO MÉNDEZ, Agustín

Veciño de Calvos-Arzúa, de 28 anos, detido pola garda civil como presunto autor da colocación dun petrdo nun desague da casa do crego, causando pequenos danos, en decembro de 1933.

RICO OTERO, Francisco (Mugardos, 1914 – )

Natural de Mugardos, veciño da rúa Arguelles, 7, baixo, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 8 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o 12 do mesmo mes.

RICO PORTO, Antonio (Cedeira, 1913 – )

Natural de Cedeira, veciño da rúa Castro, 26, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 8 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o 14 do mesmo mes. Natural de Cedeira, veciño de Castro, 26, Ferrol. Mariñeiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 30 de setembro de 1935 por un delito de tenencia ilícita de armas, foi conducido á Coruña o 17 de outubro.

RICO PREGO, José (1903 – ?).

Traballador da Imprenta Garcybarra, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. De San Pedro de Nós. Delegado na FLO en decembro de 1931 e secretario da Asociación Tipográfica de setembro a novembro de 1933.

RIESCO VIRAYO, Isidro.

Nomeado vicesecretario do Sindicato de Peones en General da Coruña o 21 de abril de 1931; residía en Parrote, 12, baixo. Vicesecretario do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña entre abril e xulio de 1931.

RIF IGLESIAS, Modesto

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Fábrica de Tabacos. En maio, xuño e xulio de 1936 era secretario do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña.

RIFÓN, José.

Contador do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en xaneiro de 1933.

RIGAL SÁEZ, Genaro.

Vocal do Sindicato de Hojalateros da Coruña en novembro de 1931.

RILO, Ángel.

En xulio de 1936, presidiu unha reunión da Sección de Conserveras do SIP da Coruña.

RILO, José María

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

RILO, Manuel Ignacio

En novembro de 1930, representa ao Sindicato de Peones da Coruña nunha reunión de delegados para constituir o Comité da CRG.

RILO LÓPEZ, Pedro.

Foi vicesecretario do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña, en agosto de 1930 e outubro de 1931. Delegado á Regional en outubro de 1930. En novembro de 1930, representa ao Sindicato de Carboneros nunha reunión de delegados para constituir o Comité da CRG. Secretario do Sindicato en abril de 1931, setembro, outubro e novembro de 1932 e xaneiro, febreiro e marzo de 1933. Contador do Sindicato en setembro de 1933 e delegado á FLO. Delegado á FLO en setembro de 1934. Vocal 1º e Delegado na FLO en abril de 1935. Secretario do Sindicato en marzo, agosto, setembro, novembro e decembro de 1935. Interveu na asamblea celebrada sobre o tema das alianzas obreiras na Coruña en decembro de 1935.En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

RILO RAPOSO, José.

Vocal do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en xuño de 1935.

RILO RODRÍGUEZ, Alejandro “El Hortelano”.

En xuño de 1918 foi denunciado por escándalo, ao negarse un médico a visitar ao seu fillo enfermo. Vocal da Sociedad de Estibadores Terrestres da Coruña en setembro de 1918. Detido pola súa suposta participación na agresión ao capitán do vapor “Grao”, en decembro de 1919. Detido en xulio de 1919 na Coruña. Deportado a Ballanás despois da represión na Coruña en 1919. En xulio de 1920 detiverono acusado de dispararlle ao fillo do propietario da fábrica de conservas Chas, cando voltaba dunha reunión da Patronal. Estibador folguista, denunciado en xulio de 1920 por exercer coaccións no café “La Marina” da Coruña. Deportado en Palencia, quebrantou o desterro, xunto a Jesús Arenas e David Díaz, en outubro de 1920. Liberado a finais de novembro de 1920, despois da solución do conflicto pesqueiro. Detido en outubro de 1922 por unha pelexa con Antonio Monasterio Nieto. Detido por unha riña en setembro de 1925.

RINCÓN, Luis.

Vocal do Sindicato de Empleados de Comercio, Oficina y Banca da Coruña en xulio de 1932.

RINCÓN, Manuel

Xastre, na segunda metade de maio de 1890 participou no mitin realizado no salón Curty de Vigo pola rebaixa da xornada laboral.

RÍO, Atilano del

Correspondente do xornal “Tierra y Libertad” en Vigo en setembro de 1907. Fai donativos a “Tierra y Libertad” desde Vigo, en febreiro e abril de 1908. Paqueteiro ou suscriptor de “Tierra y Libertad” en Vigo, que lle adebedaba cartos en xulio de 1908. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908. Envía donativo a “Tierra y Libertad” desde Vigo en outubro de 1908. Correspondente de “Solidaridad Obrera” de Barcelona en agosto de 1908. En setembro de 1908 correspondente de “Solidaridad Obrera” de Barcelona en Vigo. En decembro de 1908 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad”. En marzo, abril, xulio e outubro de 1910 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad”. En febreiro de 1911 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona. En abril de 1911 enviaba donativos a “Acción Libertaria” de Gijón, desde Vigo. En xaneiro de 1912 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” desde Vigo.

RÍO, Cipriano del

Probablemente sexa Cipriano del Río Pedrosa. Sindicalista da Ponte Nafonso, asasinado en Boisaca despois do golpe militar.

RÍO, Fernando del

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Orzán, 56, baixo.

RÍO, Francisco

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Santa Lucía, 39, 2º esq.

RÍO, Jaime del.

Secretario xeral do Sindicato Único Metalúrgico de Vigo en decembro de 1932.

RÍO, Jesús del.

Asina unha petición das sociedades obreiras coruñesas ao concello en abri de 1911, pola desgravación dalgúns artigos de consumo, como secretario da Sociedad de Repartidores de Periódicos. Presidente da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en decembro de 1917 e maio de 1918. Delegado na FLO en febreiro de 1918. Preside reunións en abril e maio de 1918. Presidente da Sociedad de Mozos de Almacén da Coruña en xulio de 1918. Dimite en novembro de 1918. Secretario da Sociedad de Empleados de Consumos “El Progreso” en decembro de 1918. Secretario da Sociedad de Empleados de Consumos “El Progreso” da Coruña en febreiro de 1919. Integrou o comité organizador da Federación de Empleados del Ramo de Consumos de Galicia, en decembro de 1919. Estivo en Ferrol contribuindo a formar a sociedade de empregados de consumos en decembro de 1919. En decembro de 1922 o Sindicato Único del Transporte Marítimo mandou unha comisión para tratar do seu despido co dono da fábrica de achicoria.

RÍO, Jesús del

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Orzán, 50, K. Calviño.

RÍO, Juan del

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Orzán, 56, baixo

RÍO, Manuel del

Vocal fundador da Asociación Tipográfica de A Coruña en maio de 1892.

RÍO, Manuel del (Ordes-A Coruña, 1900 – ?).

Camareiro domiciliado en París. Detido en novembro de 1924 pola súa participación na intentona anarquista de Vera de Bidasoa. Condenado a 12 anos no consello de guerra de 17 de febreiro de 1927.

RÍO, Manuel del

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Montiño, 2, baixo.

RÍO, Manuel del

Membro do comité de folga dos camareiros da Coruña en xulio de 1935, foi detido e multado con 500 pesetas polo gobernador civil.

RÍO, Ramón del.

Colabora nunha suscripción no xornal “Solidaridad Obrera” da Coruña, dende A Coruña, en outubro de 1924.

RÍO, Ricardo del

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Café Oriental. En xulio de 1931 o Centro de Estudios Sociales Germinal se sumou á protesta polos incidentes que seguiron ao incendio do convento dos Capuchinos, representado no mitin por Ricardo del Río.

RÍO CONCHADO, Ismael del.

Foi vocal do Sindicato de Salazoneras “El Porvenir Femenino” da Coruña, en xuño de 1931. Contador do Sindicato “El Porvenir Social” en novembro de 1933.

RÍO CONCHADO, Manuel del.

Foi secretario do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña, en agosto de 1930. Delegado do Sindicato de Carboneros na FLO da Coruña en maio de 1931. Presidiu unha reunión do sindicato en febreiro de 1932. Presidente do Sindicato en xaneiro e setembro de 1932. En maio de 1932 asina un artigo en “Solidaridad Obrera” da Coruña comentando a falta de reunións da Federación Nacional de Industria Pesquera. Secretario xeral do Sindicato General de Industria Pesquera da Coruña en outubro de 1932. Mitins en San Vicente de Vigo, Laracha e Elviña en decembro de 1932. Mitin en Carnoedo-Sada en xaneiro de 1933. Representou ao Sindicato de Carboneros da Coruña no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Participa nun mitin no Portillo a finais de marzo de 1933. Secretario de “El 1º de Mayo” en marzo de 1933 e delegado á Regional en abril do mesmo ano. En agosto de 1933 foi nomeado como delegado para o congreso da Industria a celebrar en Madrid no mes de outubro dese ano. Participa no Pleno da FNIP en outubro de 1933, representando ao Sindicato de Carboneros da Coruña, con 70 afiliados.

RÍO LAFUENTE, Ismael.

Tesoureiro do Sindicato de Conserveros da Coruña en xuño de 1935.

RÍO LÓPEZ, Manuel.

Foi delegado do Sindicato “El 1º de Mayo” do SIP da Coruña no Regional en marzo de 1932.

RÍO PARADA, Antonio del.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Miliciano. Da Pobra do Caramiñal. Da CNT.

RÍO TOMÉ, José del.

Tesoureiro do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” en setembro de 1930.

RÍO TOMÉ, Manuel del.

Vocal 2º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xaneiro de 1925. Secretario do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” en setembro de 1930, maio a xulio de 1931, abril a xuño de 1932. Vicesecretario en decembro de 1931.

RIOBÓ, Manuel.

Vocal da Asociación Tipográfica de A Coruña en febreiro de 1911.

RIOBÓ, Valeriano

En maio de 1934 participou nunha suscrición en Pontevedra do Ateneo de Divulgación Social, para atender aos gastos de traslado de fillos de folguistas de Zaragoza a Barcelona.

RIOBÓ CASTELO, Francisco.

Secretario do Sindicato de Hojalateros da Coruña en abril de 1935.

RIOBÓ GÓMEZ, Manuel.

Detido en abril de 1934, acusado da queima da igrexa de San Pedro de Nós.

RIOBÓO GÓMEZ, Juan.

En setembro de 1934 no cárcere da Coruña, asinando unha carta aberta dos presos sociais á organización coruñesa. A maioría deles presos dende decembro de 1933. Xulgado en xaneiro de 1935 polo asalto ao cuartel da garda civil de Oleiros de decembro de 1933, foi condenado a 2 anos de cárcere. Xulgado en xaneiro de 1935 en consello de guerra polo intento de asalto ao cuartel da garda civil de Oleiros, foi condenado a dous anos de reclusión. Chegou á Coruña en febreiro de 1936 nun grupo de amnistiados dende a prisión central de Burgos.

RIOBÓO PEDREIRA, Juan

A comezos de 1932 foi vocal do Ateneo de la Villa de Rutis.

RIOBÓO VERDILLO, José

Detido en xulio de 1919 na Coruña.

RIOJA, Manuel.

En marzo de 1918 foi elixido vicepresidente da Sociedad de Canteros da Coruña.

RIOLA MARTÍNEZ, Manuel

En xaneiro, marzo, maio de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”, desde a 98 Brigada 390 Batallón.

RÍOS, Andrés.

Asinou as bases de solución do conflicto pesqueiro do verán de 1924, en nome da Sección Pesquera do Sindicato Único del Transporte Marítimo y Terrestre da Coruña.

RÍOS, Andrés.

Vocal da Sociedad de Cocineros de A Coruña en abril de 1931.

RÍOS, Dionísio.

Paqueteiro ou suscriptor de “Tierra y Libertad” en Vigo, que lle adebedaba cartos en xulio de 1908.

RÍOS, Eugenio

Foi secretario da Sección de Chalaneros do SIP da Coruña en agosto de 1932 e delegado no Comité de Industria Pesquera en outubro do mesmo ano. Presidiu unha reunión da Sección de Chalaneros do SIP en novembro de 1933.

RÍOS, José.

Foi vocal da Sección de Pescadores a la Parte “La Humanidad Libre” do SIP da Coruña.

RÍOS, Juan.

Vocal da Sociedad de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en decembro de 1910. En xuño de 1918 foi elixido vocal da Sociedad de Cajonistas y Aserradores da Coruña.

RÍOS, Manuel.

Membro da comisión organizadora da Sociedad de Pescadores y Oficios Varios de Mera “El Despertar de la Humanidad” en abril de 1918. Foi vocal na súa primeira directiva, en maio de 1918.

RÍOS, Miguel (A Coruña, 1874 – ?).

Anarquista coruñés, expulsado da Argentina en decembro de 1902 no “Reina Cristina”, con Julio Camba, Adrián Trotiño e outros. O barco saiu de Buenos Aires o 30 de novembro de 1902; era solteiro, da Coruña, panadeiro.

RÍOS, Ricardo.

Membro da xunta administrativa da Sección “Despertar Marítimo” do SIP da Coruña en abril de 1933.

RÍOS AGUIAR, Ramón

Segundo Amparo Sánchez Cobos formou parte dun grupo de obreiros xulgados en 1919 por conspiración para a sedición, por ter repartido proclamas e incitar aos traballadores á folga. Dictouse orde de busca e captura contra el por non ser atopado no seu domicilio. Nunha listaxe de anarquistas españoles en Cuba feita por Amparo Sánchez Cobos. Procedente de Lugo, de 17 anos, solteiro, dependente.

RÍOS ÁLVAREZ, Ramón.

Vocal da Sección de Confiteros y Reposteros del Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en agosto de 1935.

RÍOS FRANCO, Francisco.

Tesoureiro do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” en xaneiro de 1933.

RÍOS LÓPEZ, José

Detido en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899.

RÍOS LÓPEZ, Jesús.

Afiliado número 213 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RÍOS MÍGUEZ, Armando.

Vicesecretario do Sindicato de Agricultores y Profesiones Varias de Golmar-Laracha en xuño de 1936.

RÍOS PÉREZ, Andrés.

Tesoureiro do Sindicato “El Despertar Marítimo” da Coruña en marzo de 1928.

RÍOS PÉREZ, Ricardo.

Nunha comisión do “Despertar Marítimo” da Coruña en xulio de 1935.

RIOS SANTIAGO, Manuel

Ingresou no cárcere de Ferrol o 23 de xulio de 1951 como detido e foi conducido á prisión da Coruña o 18 de setembro.

RIOSA, J.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

RIOSECO

En setembro e outubro de 1931 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ferrol.

RIPOLL, Juan Antonio.

Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos.

RISPOMONTI, Jacinto.

Revisor fundador da Asociación Tipográfica de A Coruña en maio de 1892.

RIVA, Julio Da

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión directiva da folga, polos guarnicioneiros.

RIVA OTERO, Antonio Da

Noutras ocasións figura como Antonio Darriba. Integrante da comisión organizadora do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos, en xuño de 1931; foi nomeado vicesecretario do Sindicato. Nunha ponencia no Pleno Regional de Vilagarcía, en agosto de 1931. Escribe en “Solidaridad Obrera” da Coruña, dende Betanzos, en setembro de 1931. Integrante da comisión organizadora da Federación Comarcal de Sindicatos Campesinos y Profesiones Varias de Betanzos en xaneiro de 1932. Nomeado secretario do SPV en decembro de 1931. Nomeado vocal 1º do SPV en xaneiro de 1932.

RIVADULLA

Nomeado por Luis Chamorro nun artigo publicado en “Cartagena Nueva” en agosto de 1937 como integrante dun grupo de detidos no mes anterior.

RIVADULLA, Enrique.

Secretario exterior da Sociedad de Pescadores y Oficios Varios de Mera “El Despertar de la Humanidad” en maio de 1918.

RIVADULLA, Federico.

Representou ao Sindicato de Boteros “La Unión del Puerto” e Sindicato de Mandaderas da Coruña no Congreso da Comedia de Madrid en 1919. Secretario do Sindicato de Boteros da Coruña en agosto de 1921. En outubro de 1931 era o secretario do Sindicato de Boteros “La Unión del Puerto”.

RIVADULLA, Manuel.

En marzo de 1905 foi nomeado vocal da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítimos “La Cosmopolita”, cando se constituiu.

RIVADULLA GÓMEZ, Santiago.

Presidente do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en setembro de 1935.

RIVADULLA MALLO, Generoso “Cachano” (Tállara-Lousame, 27-09-92 – A Coruña, 14-12-36).

Afiliado ao Sindicato Minero. En maio de 1933 protestou pola paralización das obras da estrada de Portobravo ó Confurco. Presidente do Sindicato Agrario y de Oficios Varios de Lousame en agosto de 1934, nesa data asinaba un acordo do Sindicato co contratista das obras da carreteira de Portobravo ao Confurco. Obreiro de Pousada-Tállara-Lousame, marchou cos mineiros de Lousame cara Santiago e A Coruña. Na cidade herculina, diante do avance das tropas do exército agachouse nun baixo da rúa Sinforiano López; foi detido o 28 de xulio. Foi xulgado na causa 740/36, condenado a morte e fusilado ao carón das murallas do cárcere da Coruña no amencer do 14 de decembro de 1936.

RIVADULLA RIVERO, Manuel.

Secretario do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en setembro de 1935.

RIVAS, Constantino.

Mariñeiro. Contador da segunda directiva do SIP de Espasante antes do levantamento militar. Detido e interrogado pola fuxida do pesqueiro “Ramón Galdo” en outubro do 36.

RIVAS, Francisco

En febreiro de 1883 recibía cartos para os folguistas de Flórez da Coruña, que levaban sete semanas en folga, en Huertas, 14, 2º. En xuño de 1883 asinaba unha carta en “Revista Social” comentando a tentativa de elevar a xornada polos patróns despois da folga de Flórez, como secretario do exterior da Sección (probablemente de Hierros y Metales). En febreiro de 1884 colabora económicamente con “Revista Social” desde A Coruña.

RIVAS, Francisco

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión de vixilancia.

RIVAS, Francisco.

Secretario da Sección de Empaque y Descarga e Buques Pesqueros do SIP da Coruña en marzo, abril, maio e xulio de 1936.

RIVAS, Francisco.

Depositario do Sindicato de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos de Vigo na súa primeira directiva provisional a finais de marzo de 1933.

RIVAS, Indalecio

O 29 de xuño de 1845 figura no número 11 de “El Porvenir” unha adhesión dos mozos lucenses Indalecio Rivas, Antonio R. Camba, José Felipe Pan e Juan J. Martínez.

RIVAS, José.

Participou nun mitin para pedir o abaratemento das subsistencias e unha amnistía, na praza de touros da Coruña en outubro de 1916.

RIVAS, José.

Membro dunha comisión revisora da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xulio de 1927.

RIVAS, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Pedra Furada, 45, baixo.

RIVAS, José.

Traballador da Constructora Naval de Ferrol, como calafateador. Recadaba cartos para a organización clandestina na década dos 40.

RIVAS, José.

Presidiu un acto organizado polo grupo “Mar y Tierra” de Cangas en abril de 1936.

RIVAS, José.

Integrou unha comisión do Sindicato de Canteros da Coruña para tratar do despido de Francisco Fontenla nas obras da Telefónica en agosto de 1929.

RIVAS, Juan.

Fai un donativo a “Tierra y Libertad” desde Vigo, en febreiro de 1908. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908.

RIVAS, M..

Escribe sobre a folga da construcción da Coruña no diario CNT en setembro de 1933.

RIVAS, Manuel

En decembro de 1932 era vicesecretario na nova xunta directiva do CES “Resplandor en el Abismo” da Silva.

RIVAS, Manuel.

Revisor de contas do Sindicato de Carga y Descarga “El Progreso Marítimo” da Coruña, en marzo de 1932.

RIVAS, Pedro

No mitin do 1º de maio de 1900 na Coruña participaron José García Freire, Evaristo Morán, Federico Brandariz e Pedro Rivas pola Sociedad de Carpinteros.

RIVAS, Ramón

En abril de 1913 participa desde A Coruña nunha sucrición en “Tierra y Libertad”.

RIVAS, Rogelio.

Afiliado ao Sindicato de Carboneros “El 1º de Mayo” da Coruña, en setembro de 1932.

RIVAS CAPELL, Enrique (1911 – ?).

Traballador da Imprenta Moret, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

RIVAS COMESAÑA, Amparo (Pontevedra, 1894 – ?).

Dona dun establecemento de bebidas en Vigo no que se gardaba unha multicopista da organización clandestina; no local, na carreteira de Pereiró, celebrabanse tamén reunións clandestinas. Alí celebrouse unha reunión para preparar a saída de Quintas de Vigo en 1946. Procesada na causa 156/47, pedironlle 3 anos e foi condenada a 3.

RIVAS COUCEIRO, Antonio.

Vicesecretario da Sociedad de Canteros de Santiago en setembro de 1924.

RIVAS FARIÑA, Ramón.

Veciño de Mugardos, cotizante da CNT cara a 1947.

RIVAS GUERRA, Florentino

Capitán, participa nunha suscrición feita na Sección de Dinamiteros da 98 Brigada, 389 Batallón, a favor de “Galicia Libre” en febreiro de 1938.

RIVAS IMPERIO, Genaro

Veciño da Coruña, detido en xuño de 1893 por ter relacións co anarquista Isidro Ibarra, que morrera en Madrid ao colocar unha bomba na rúa Serrano. En xuño de 1893 foi detido por ter axudado a Isidro Ibarra cando estivo na Coruña; Ibarra morreu pouco despois ao colocar un petardo na casa de Cánovas.

RIVAS LÓPEZ

Participou nun mitin na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901.

RIVAS LÓPEZ, Antonio

Segundo vogal do Sindicato de Campesinos y Oficios Varios de Mondego-Sada, cando a súa fundación, en abril de 1933.

RIVAS LORENZO, José.

Secretario da Sociedad de Canteros de Ferrol, en decembro de 1891 facía un chamamento en “El Corsario” a todalas sociedades de canteiros para asociarse na Federación de Canteros y oficios similares de España. Daba o enderezo da rúa María, 90, baixo.

RIVAS MAROÑO, Manuel (?-A Coruña, 15-03-14- ?).

Panadeiro, da CNT, solteiro, fillo de José e María, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na Plana Mayor da 1ª Compañía. Afiliado número 236 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RIVAS OTERO, Nemesio

En novembro de 1937 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

RIVAS PRESEDA, Manuel.

Detido a finais de maio de 1933, acusado de participar na queima das igrexas de Sigrás e Anceis.

RIVAS SANTALLA, Abelardo

A.R. Santella, membro do grupo “Juventud Libertaria” de Ferrol en outubro de 1913. En novembro de 1913 anunciase en “Tierra y Libertad” a creación do Grupo “Juventud Libertaria” en Ferrol, correspondencia a R. Santalla, Hospital, 19. En maio de 1914 asina un artigo en “La Protesta” desde Ferrol, dando conta dun mitin de protesta pola situación en Argentina patrocinado polos grupos “Juventud Libertaria”, “13 de Octubre” e “Sin Fronteras”. En novembro de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ferrol. Asina un chamamento en “Tierra y Libertad” de Barcelona en febreiro de 1916, dende Ferrol, para contactar con Julián López, José Fernández e Hipólito Figueroa, residentes en Buenos Aires dende 1913; o seu enderezo era Cruz, 11, Ferrol. En febreiro de 1915 asina unha subscripción para enxugar o déficit de “Solidaridad Obrera” de Barcelona. En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”; no mesmo número asina un artigo contra o alcoholismo. Segundo obreiro torpedista electricista da Armada, natural de Serantes, casado, morreu no Hospital de Marina de Cádiz en xuño de 1921.

RIVEIRA SUÁREZ, Antonio.

Detido en maio de 1933 en Santiago, pola súa participación na folga xeral.

RIVEIRO, J.

Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Cee, en setembro de 1932.

RIVEIRO, José.

Foi un dos creadores do Centro de Estudios Sociales Germinal da Coruña.

RIVEIRO, José

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Panaderas, Muebles.

RIVEIRO, José

En agosto de 1931 foi nomeado para integrar unha comisión do Sindicato de Peones da Coruña que iría entrevistarse cos obreiros das obras do ferrocarril a Santiago.

RIVEIRO, José.

En xulio de 1936 fixo unha exposición de pintura en “Germinal”.

RIVEIRO, Laureano.

Vocal do Sindicato de Oficios Varios de Sada en xaneiro de 1933.

RIVEIRO, Manuel.

Secretario da Asociación de Lanchas a Motor del Puerto de Vigo en xaneiro de 1936.

RIVEIRO, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Atocha Alta, 89.

RIVEIRO, Perfecto.

Elexido nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933 para integrar unha comisión revisora de contas.

RIVEIRO, Ramón (*)

Vogal do Centro Internacional de Cocineros de La Habana en xuño de 1913; nesas datas asina unha carta aos cocineiros en “El Dependiente”.

RIVEIRO FERNÁNDEZ, Antonio “Grilo”.

Un dos integrantes do grupo que asaltou o local da Falange de Vigo en febreiro de 1936, xunto a Quintas, Eulogio Fernández, Olegario Collazo, Robustiano Figuera, Leopoldo Comesaña e Ramón de la Torre Boullosa. En 1950 en ignorado paradoiro.

RIVEIRO GARCÍA, Manuel

Detido nunha tentativa de roubo dos xornais do concello de A Coruña na tarde do 31 de decembro de 1935, xunto a Amador Bermúdez Canosa. Era de Someso-Mesoiro, e non era da CNT, segundo Talache. Xulgado polo atraco ás cabaleirizas municipais da Coruña, en xuño de 1936.

RIVEIRO SUÁREZ, Juan.

Foi vicepresidente do Sindicato de Obreros de Salazones “El Porvenir Social” da Coruña, en agosto de 1931.

RIVEIRO SUÁREZ, Manuel.

Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921.

RIVERA, José

En maio de 1904 era secretario exterior da Sociedad de Carpinteros “La Emancipación” da Coruña.

RIVERA, Manuel

Vogal do Sindicato de Peones da Coruña en xaneiro de 1932.

RIVERA, Miguel.

Vocal do Sindicato de Obreros Municipales “La Aurora” da Coruña en xuño de 1931.

RIVERA COCIÑA, Plácido.

Alcalde pedáneo de Galdo. Un dos organizadores da expedición que foi para A Coruña dende Viveiro en xulio de 1936, chamando á xente a presentarse no local da CNT.

RIVERA COUSO, José.

Detido e liberado posteriormente na Coruña con motivo da folga xeral de setembro de 1911.

RIVERA HERVA, Manuel (Ferrol, 1918 – Pamplona, 22-05-1938).

Afiliado á CNT. En 1935 vivía na praza de Ferrándiz, 2. Detido o 7 de novembro de 1936. Preso en decembro de 1936 no Castelo de San Felipe foi xulgado e condenado a reclusión perpetua, por participar na resistencia ao golpe militar o día 20 de xulio, armado cun fusil e unha bomba na porta de Maestranza do Arsenal; na madrugada do día 21 de xulio foi visto nas cercanías do “Almirante Cervera” nun grupo de 18 persoas. Natural de Ferrol, veciño de Esteiro, 2, baixo, Ferrol. Electricista, ingresou no cárcere de Ferrol o 5 de xaneiro de 1937 sentenciado por delito de rebelión.Cumpría a súa condena na Fortaleza de San Cristóbal, en Pamplona, onde participou nunha fuga en maio de 1938 e foi asasinado. En outubro de 1941, a Comisión Central de Examen de Penas concedíalle a libertade condiconal, tres anos despois da súa morte.

RIVERA MAROTO, Pascual

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

RIVERA MÍGUEZ, Miguel (?-A Coruña, 20-10-14 – ?).

Labrador, da CNT, solteiro, fillo de Miguel e Carmen, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía.

RIVERA POZUELO, Valeriano.

Vocal do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en xuño de 1935.

RIVERA QUINTANA, Modesto (Galdo, 1909 – ?).

Veciño de Galdo, mineiro na Silvarrosa, afiliado á CNT. Integrou a expedición que foi para A Coruña. Procesado na causa 984/36 de Lugo.

RIVERA RIEIROS, José.

Membro da Comisión Organizadora do Sindicato de Industria Pesquera y Oficios Varios de O Barqueiro, en xuño de 1936.

RIVERO

En agosto de 1931 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ferrol.

RIVERO, Francisco

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

RIVERO, Francisco.

Nomeado vicepresidente na reunión organizadora da Sociedad “El Despertar del Obrero” de Sada en marzo de 1916.

RIVERO, J.

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

RIVERO, José

En setembro de 1891 participa nunha suscripción de “El Corsario” polos presos en Cádiz. En marzo de 1892 participaba nunha suscrición voluntaria de “El Corsario” a favor dos anarquistas presos na rexión española.

RIVERO, José

En decembro de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad”. Presidente da Sociedad de Carpinteros de A Coruña en xulio de 1915.

RIVERO, Modesto

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

RIVERO COUCE, José.

Vocal do xurado da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en marzo de 1915.

RIVERO MARTÍNEZ, Manuel.

Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xaneiro de 1932. Vicecontador do Sindicato de Peones da Coruña en setembro de 1932. Detido na Coruña en febreiro de 1934, acusado de tentar atentar contra un patrón do ramo da construcción. Vicesecretario do Sindicato de Peones da Coruña en decembro de 1935; domicilio en Atocha, 59. Secretario en xuño de 1936.

RIVERO MÍGUEZ, Miguel.

Afiliado número 213 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

ROA PIÑEIRO, Ramón (Muxía, 27-07-1915 – ?)

Fillo de Antonio e Juana. Segundo Nomes e Voces tiña unha causa aberta por deserción, por non presentarse a filas, pola que foi declarado fuxido en rebeldía. Mariñeiro embarcado no “Libertad”, posteriormente no “José Luis Díaz” e despois na Base Naval de Cartagena. Saiu coa Flota desde Cartagena en marzo de 1939. En Túnez casou con Isabel Casanova Molina o 18 de agosto de 1943. Coa independencia marchou a Marsella, onde faleceu.

ROAL ARCA, Ernesto.

Vocal do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en maio de 1931.

ROBIAL COOPEIRO, Emilio.

Detido en decembro de 1933.

ROBLEDO FERNÁNDEZ, Antonio

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en San Luis, F, 1º.

ROBLES, Carlos.

Detido en xaneiro de 1934, acusado de coaccións na folga da construcción da Coruña.

ROBLES, Juan

Participou no mitin celebrado no Circo Ferrolano de Ferrol o 15 de novembro de 1901, en protesta polos sucesos de maio de 1901 na Coruña.

ROBLES, Marcial.

Vocal-Tipógrafo do Montepío de Tipógrafos y Similares de A Coruña en marzo de 1909.

ROBLES GONZÁLEZ, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Hospital, 28, Hospicio. Detido gubernativo na Coruña en 1941, quedou en libertade en maio.

ROBLES LÓPEZ, Carlos (1902 – ?).

Traballador de “El Ideal Gallego”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

ROBLES MARTÍNEZ, Juan (1867 – ?).

Traballador de “El Ideal Gallego”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

ROCA, José.

Vicepresidente da Sociedad de Mozos de Almacén da Coruña en xulio de 1918.

ROCA, Julián.

Ou Julio. Vocal da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xaneiro de 1910 e decembro de 1913. Vocal 1º da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en novembro de 1919. Presidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en marzo e abril de 1923.

ROCA GANTES, Enrique (1919 – ?).

Socio do CES “Resplandor en el Abismo”, capturado na fuga do Monte de San Pedro, en marzo de 1937 e condenado a reclusión perpetua. En setembro de 1968 aparecía nunha praia de Cedeira os restos do naufraxio do “2º Monte San Pedro”, no que desapareceran o patrón Antonio Outerelo Pereira e o Enrique Roca Gantes, veciño de San Pedro de Visma.

ROCA GANTES, Julio (?-A Coruña, 08-09-14 – ?).

Tamén sae como Julián. A guerra colleuno en Asturias, onde loitou no Batallón “Galicia”. Pintor, solteiro, da CNT, fillo de Julián e Rita, ingresou como voluntario no BON “Galicia” a finais de setembro de 1936 e foi soldado nel. Miliciano do BON Galicia en novembro de 1936. Soldado, integrante da xunta económica do BON “Galicia” en abril de 1937. Afiliado número 101 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. En maio de 1942 foi contactado por Honorato Martínez Fuster.

ROCA ROCA, Ramón.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

ROCHA, Alfredo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

ROCHA, Antonio.

Vocal da Sociedad de Boteros “La Unión del Puerto” da Coruña en xaneiro de 1922.

ROCHA, Antonio

Preso na Coruña pola folga revolucionaria de maio de 1933.

ROCHA ARENAS, Leopoldo.

Cotizante da CNT en Compostela en 1947.

ROCHA FERREIRO, S.

Colabora nunha suscrición de “El Luchador” desde Vilagarcía en abril de 1932.

ROCHA GARCÍA, Emilio.

Secretario da Sección de Confiteros y Reposteros del Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en agosto de 1935.

ROCHA RATO, Antonio

En novembro de 1931 foi nomeado delegado no CR do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en Papagayo, 12, baixo. En maio de 1935 foi nomeado delegado do Sindicato de Pintores na Comisión de Retiro Obrero; enderezo en Campo de Marte, 36. Nomeado presidente do Sindicato en abril de 1936.

ROCHA ROCHA, Antonio

En marzo de 1928 foi nomeado vogal do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en Campo Volante, 36.

RODAL, José

Membro da xunta xeral de Planchadores de La Habana en agosto de 1905.

RODAL, José.

Representou á “Alianza Marinera” de Cangas no Pleno de Sindicatos da Federación Regional Galaica de Obreros de la Industria Pesquera y sus Derivadas, en setembro de 1935.

RODAL CORREA, Bienvenido M. (Bouzas, 1888 – ?).

Afiliado á CNT de Bouzas. Mariñeiro do pesqueiro “Nuevo Celta” de Vigo, que fuxiu en outubro de 1938.

RODAL FONTÁN, Plácido (Coi-Vigo, 1902 – ?).

Antes da guerra afiliado á CNT. En outubro de 1938 era mariñeiro do “Soledad Yáñez”, fuxido a Brest. Dende Francia voltou á Galiza, sen ir á zona republicana.

RODAL GIRÁLDEZ, Fernando.

Vocal de “La Alianza Marinera” de Cangas en xaneiro de 1932.

RODAL GIRÁLDEZ, Sergio.

Vocal de “La Alianza Marinera” de Cangas en xaneiro de 1932.

RODAL LANZÓS, Rafael

Carpinteiro de Tui, en xulio de 1920 ingresou no cárcere polo conflicto da Panadería Reguladora.

RODAL RODAL, Camilo.

Vicepresidente de “La Alianza Marinera” de Cangas en xaneiro de 1932.

RODAS, Manuel.

Militante da CNT de Guillarei, falecido en febreiro de 1936, a consecuencia das feridas padecidas nunha pelexa e á desatención médica.

RODELLIDO CARBALLO, Manuel”Rodilla” (A Coruña, 1905 – ?).

Zapateiro. Nomeado vicepresidente do Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña en xuño de 1931. Foi un dos organizadores da tentativa de fuga do boniteiro “Explorador”. Condenado a pena de morte en novembro de 1937, logo conmutada.

RODEMACHER, Carlos.

Secretario do Sindicato de Obreros del Mar “La Esperanza” de Santa Cruz de Liáns en febreiro de 1932.

RODIÑO, Manuel.

Membro da xunta administrativa da Sección “Despertar Marítimo” do SIP da Coruña en abril de 1933.

RODIÑO FERNÁNDEZ, Marcelino.

Afiliado número 666 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODO, A.

En marzo de 1927 publicaba un artigo en “Cultura Proletaria” de New York, desde Bayonne, N.J., titulado “Gallegos y galleguizadores”, onde decía que era galego e estaba contra os rexionalismos.

RODRÍGUEZ, A.

En febreiro de 1915 asina unha subscripción dende Ferrol para enxugar o déficit de “Solidaridad Obrera” de Barcelona.

RODRÍGUEZ, Abdón (*)

O 13 de outubro de 1913 houbo un mitin da Asociación Galaica Pro Instrucción Racionalista “13 de Octubre” no Teatro Politeama, presidido por Luis E. Rey, no que participaron Manuel Martínez Pérez, Joaquín Lucena, Rafael García, Rodolfo González Pacheco, Ramón Pereira, Martínez Abelló (fillo), Miguel Lozano, Francisco Domenech, Dr. Blanco, Aquilino López e Abdón Rodríguez de “Galicia Gráfica”..

RODRÍGUEZ, Agapito.

Tesoureiro da Sección de Confiteros do Sindicato Único del Ramo de Alimentación de Vigo en marzo de 1936.

RODRÍGUEZ, Agustín.

Tipógrafo, participou nun mitin en Compostela en febreiro de 1917.

RODRÍGUEZ, Alberto.

Afiliado número 212 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ, Alejandro (*)

Secretario do Comité pro-Aldamas de New York en novembro de 1912; en abril de 1913 “¡Tierra!” de La Habana reproducía unha nota súa publicada en “Cultura Obrera” de New York.

RODRÍGUEZ, Alfredo.

Vicesecretario do Sindicato de Pintores de Santiago en outubro de 1924.

RODRÍGUEZ, Alfredo.

Afiliado á CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Condenado a quince anos de cárcere en xulio de 1937.

RODRÍGUEZ, Andrés (*)

En xaneiro de 1914 asina un artigo en “Regeneración” de Los Ángeles sobre a situación en Cuba.

RODRÍGUEZ, Andrés (? – New York, 27-08-1912)

Asasinado pola policía de New York no transcurso dunha folga xeral de transportes, dun disparo nas costas, en setembro de 1912. Como consecuencia dos enfrontamentos morreu tamén un policía e foi condenado por elo a morte Alejandro Aldamas. O seu enterro partiu da sede da comisión de folga. En febreiro de 1914 Genaro Pazos escribía un artigo en “Fuerza Consciente” de San Francisco, reivindicando a loita da Unión do transporte marítimo e lembrando ao morte de Andrés Rodríguez. En agosto de 1914 Frank R. López lembraba o seu asasinato en “¡Tierra!” de La Habana.

RODRÍGUEZ, Andrés

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

RODRÍGUEZ, Andrés (*)

En marzo de 1931 foi expulsado de Cuba no “Manuel Arnús”. En abril de 1931 o Comité Pro Presos de Cádiz comunicaba a “El Luchador” a súa chegada nun grupo de deportados de Cuba, permanecendo no cárcere agardando o seu traslado á cidade da Coruña.

RODRÍGUEZ, Andrés.

O 31 de marzo de 1933 foi nomeado vocal do Sindicato de Alimentación da Coruña.

RODRÍGUEZ, Andrés.

Na comisión organizadora do Ateneo Libertario “Generación Consciente” en maio de 1936.

RODRÍGUEZ, Ángel.

Vicepresidente da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xaneiro de 1925.

RODRÍGUEZ, Ángel.

Representou ao Sindicato de Pintores de Santiago no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

RODRÍGUEZ, Ángel.

Nomeado delegado de taller do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en xuño de 1931, cando tivo lugar a súa reorganización.

RODRÍGUEZ, Antonio

Antonia Fontanillas lembraba que nas fotografías de Durruti en México figuraba un Antonio Rodríguez, no que tiña anotado “gallego”; pensa que pode que fora o compañeiro da muller que acompañou a Durruti no asalto á fábrica “La Carolina”, chamada Herminia, de Veracruz.

RODRÍGUEZ, Antonio (*)

Deportado de Argentina a finais de 1930.

RODRÍGUEZ, Antonio.

Na comisión organizadora do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Ézaro-Dumbría en xuño de 1936.

RODRÍGUEZ, Antonio.

Presidente da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en decembro de 1918.

RODRÍGUEZ, Antonio.

Membro dunha Comisión do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en novembro de 1932.Tesoureiro do Sindicato en xaneiro de 1933.

RODRÍGUEZ, Antonio.

Detido en Padrón, acusado da colocación dunha bomba na casa dun cacique da localidade, e despois trasladado ao cárcere da Coruña, en abril de 1933.

RODRÍGUEZ, Antonio.

Deportado da Argentina na Galiza. Critica en “Solidaridad Obrera” da Coruña a Jesús Lago Barbeito en agosto de 1933.

RODRÍGUEZ, Antonio.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias alistado no Batallón 263.

RODRÍGUEZ, Antonio.

Sindicalista de Tui, deixou a vila en agosto de 1934, levando a ferramenta da barbeiría onde traballaba, según denunciaba o xornal “La Tribuna”.

RODRÍGUEZ, Antonio.

Participou nun mitin da CNT en Cabovilaño en marzo de 1936.

RODRÍGUEZ, Antonio

Nomeado secretario da Sección do Transporte do Sindicato General de Trabajadores de Riveira o 16 de abril de 1936.

RODRÍGUEZ, Arturo.

Vicesecretario do Sindicato de Metalúrgicos da Coruña en xuño de 1932.

RODRÍGUEZ, Arturo

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Gaiteira, 11, baixo.

RODRÍGUEZ, Aurelio.

Fuxido de Verín en Portugal, que pasou a zona republicana xunto a Carlos Santirso. Segundo este, en 1940 estaba no cárcere de Ourense.

RODRÍGUEZ, Aurora (*)

Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana en setembro de 1911, dende Real Campiña. Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana en febreiro de 1912, dende Real Campiña. En febreiro de 1912 se facía un chamamento á participación das mulleres no Congreso Obrero, nomeando a Aurora Rodríguez, de Real Campiña, entre outras. En agosto de 1912 trasladou o seu domicilio a Camaya-Santa Clara, co seu compañeiro Manuel García.

RODRÍGUEZ, Aurora (*)

En outubro de 1911 recibiu cartos recaudados para as familias dos obreiros expulsados; na listaxe figuraba como Aurora Rodríguez de Sola. En febreiro de 1912 se facía un chamamento á participación das mulleres no Congreso Obrero, nomeando a Aurora Rodríguez de Sola, de Esperanza, entre outras.

RODRÍGUEZ, Aurora (A Coruña, 1893? – Mastic Beach, L.I., 23-11-1974) (*)

Da Coruña, o seu home José Rodríguez fora fundador das Sociedades Hispanas Confederadas no Bronx.

RODRÍGUEZ, Avelino

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Birloque (Martinete)

RODRÍGUEZ, B.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

RODRÍGUEZ, Baldomero

Detido en Lugo no movemento revolucionario de decembro de 1933, ingresado no cárcere a disposición do gobernador civil.

RODRÍGUEZ, Bernardo

En xaneiro de 1883 foi denunciado en “Revista Social” como traidor á folga dos talleres de Flórez da Coruña.

RODRÍGUEZ, Bonifacio.

Afiliado número 210 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ, C.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

RODRÍGUEZ, Candida.

Veciña de Pazos de Rei-Tui, asasinada en novembro de 1922 nos sucesos de Sobredo.

RODRÍGUEZ, Carmen.

Vocal da Sociedad de Cigarreras “La Nueva Aurora” da Coruña en decembro de 1918, cando tivo lugar a súa fundación. Vocal da Sociedad “Nueva Aurora” en xaneiro de 1922.

RODRÍGUEZ, Cesáreo

Pertenceu á CNT, era mozo de fonda e sereno en 1932. Despois foi a Barcelona. En 1936 atopabase na Coruña de permiso como soldado e combatiu co exército nacional até pasarse a zona republicana en xulio de 1937. Serviu en Automovilismo e estaba facendo un curso de piloto en San Javier (Murcia) cando rematou a guerra, sendo condeado a 12 anos de cárcere. Acusado de ser xefe de célula do PC en 1946.

RODRÍGUEZ, Eduardo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Pazo, 3, 1º.

RODRÍGUEZ, Eladio.

Maquinista, membro da comisión encargada do reparto dos subsidios na folga pesqueira de Bouzas en outubro de 1932.

RODRÍGUEZ, Eugenia.

Vocal do Sindicato de Trabajadores del Ramo del Vestir de Vigo en xulio de 1931.

RODRÍGUEZ, Eugenio.

Delegado provisional da Agrupación Confederal Galaica en Asturias na Plana Mayor da 3ª Compañía do BON 219, en abril de 1937. Afiliado número 248 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ, Emilio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura coa anotación “sanidad”.

RODRÍGUEZ, Federico.

Estudiante. Un dos redactores do xornal vigués “La Propaganda”, xunto a Ricardo Mella, en 1881. En abril de 1882 “Revista Social” informaba de que F. Rodríguez, membro do consello de redacción de “La Propaganda” fora condenado a 3 anos, 6 meses e 21 días de prisión correccional, 500 pesetas de multa, por un artículo que o xulgado de primeira instancia consideraba escarnecía o dogma da relixión católica. En maio de 1882 “Revista Social” informa de que o sumario foi elevado á Audiencia da Coruña. En novembro de 1882 “El Hijo del Trabajo” e “Revista Social” informaban de que o amigo Federico Rodríguez fora absolto pola Audiencia da Coruña nuha causa por escarnecemento dos dogmas da relixión católica.

RODRÍGUEZ, Fernando.

Vicesecretario da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en abril de 1916.

RODRÍGUEZ, Fernando.

Militante do Sindicato de Transporte Marítimo (Sección de Boteros y Lancheros), asina unha carta de protesta da FL de Vigo pola presencia de Manuel Rodríguez Careu no Pleno Nacional do Transporte Marítimo. Representou ao Sindicato de Boteros de Vigo no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Presidiu unha reunión da Asociación de Lanchas a Motor del Puerto de Vigo en xaneiro de 1936.

RODRÍGUEZ, Florencio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Tánger, 17, 2º esq.

RODRÍGUEZ, Francisco.

Participou nun mitin en Meicende en febreiro de 1905.

RODRÍGUEZ, Francisco

No verán de 1910 chegou a A Coruña dende Buenos Aires, padecendo unha enfermidade do fígado. Foi levado ao Hospital de Santiago mais non foi operado por non ser católico.

RODRÍGUEZ, Francisco

En novembro de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ferrol.

RODRÍGUEZ, Francisco (*)

Panadeiro, deportado de Argentina a finais de 1930.

RODRÍGUEZ, Francisco

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Juan Flórez, Fábrica de Gaseosas.

RODRÍGUEZ, Francisco

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Muro, Sección Camionetas.

RODRÍGUEZ, Francisco.

Un dos organizadores do grupo “Unión Anarquista” de Vilanova de Valdeorras, en marzo de 1935.

RODRÍGUEZ, Francisco.

Denuncia no Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña a existencia de intrusismo profesional, en novembro de 1931.

RODRÍGUEZ, Francisco.

Entre os organizadores da Sociedad de Oficios Varios de Cee, en setembro de 1931.

RODRÍGUEZ, Francisco

De Malpica, “Galicia Libre” publica en marzo de 1938 unha entrevista con el, como evadido polo frente de Zaragoza. Salira o 29 de xuño da Coruña para Teruel. Na zona leal servía na Flota Republicana.

RODRÍGUEZ, G.

Dende Ferrol participa nunha suscripción polas vítimas de Rio Tinto en “El Productor” en xulio de 1888.

RODRÍGUEZ, G.

En xuño de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Betanzos.

RODRÍGUEZ, Gaspar.

Revisor fundador da Asociación Tipográfica de A Coruña en maio de 1892.

RODRÍGUEZ, Germán.

Nunha comisión do “Despertar Marítimo” da Coruña en agosto de 1931.

RODRÍGUEZ, Gervasio

En setembro de 1911 enviaba dende Guamo-Cuba un paquete de libros, folletos e xornais a Luis Prado, en Fradelo-Viana do Bolo, e o paquete era aberto diante de 300 veciños da localidade.

RODRÍGUEZ, Guillermo.

Vicesecretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en agosto de 1912. Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xulio, agosto e decembro de 1913, xaneiro, maio e xuño de 1914. Presidiu unha reunión da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xulio de 1914. En abril de 1915 foi condenado pola sociedade a pagar uns cartos que estafara á sociedade. Vicepresidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en novembro de 1919.

RODRÍGUEZ, Gumersindo (*)

En xuño de 1903 era secretario dos panadeiros de Guanabacoa.

RODRÍGUEZ, Gumersindo (*)

En xulio de 1914 asina unha crítica teatral en “¡Tierra!” de La Habana.

RODRÍGUEZ, Gumersindo “Santiaguiño”.

Presidente do gremio de panadeiros de Tui, en xulio de 1920 ingresou no cárcere polo conflicto da Panadería Reguladora. Presidente da Federación Obrera de Tui, detido en xuño de 1921, por inxurias á garda civil. Participou no 1º Congreso Regional Galaico en Vigo en agosto de 1922 como delegado da Federación de Trabajadores de Tui. Detido en Tui en novembro de 1922, como presidente do Comité de Folga. Procesado por coacción, decretouse a súa libertade baixo fianza a comezos de decembro de 1922. Secretario xeral da Federación Local Obrera de Tui en outubro de 1924. Presidente da Sección del Ramo de la Alimentación da Federación de Trabajadores de Tui en novembro de 1924. Mitin en Tui xunto a Pestaña e Villaverde en setembro de 1930. Participou no mitin do 1º de maio de 1931 en Tui. Representou á Federación Obrera de Tui no Congreso da CNT en xuño de 1931 en Madrid. Mitins en Tui e Tomiño, con Villaverde, Moreno e López, en outubro de 1931. Nunha reunión das Comarcales Campesinas e de Oficios Varios en Sada, en novembro de 1931, foi nomeado delegado dos agrarios ao Pleno de Madrid, no que tomou parte. Intervén nun mitin organizado por “La Antorcha del Porvenir” de Beade en xaneiro de 1932. Nos mitins de Tui e A Garda o 1º de maio de 1932. En xuño de 1932 de unha conferencia na Agrupación Cultural “El Libro” de Moledo-Sárdoma. A fins do mes de xuño de 1932 estaba no cárcere de Tui xunto a outros seis militantes da Federación Obrera; foron liberados a mediados de agosto. Mitin no Tamberlick en Vigo xunto a Eduardo Collado, José Láuzara e Avelino Gonzalez en xulio de 1932. Estaba previsto que intervira nun mitin da Federación de Trabajadores de Tui y sus contornos, no Teatro Principal de Tui, en abril de 1933, mais foi suspendido. A finais de abril de 1933 foi nomeado delegado da Federación de Trabajadores de Tui ao Congreso Nacional mais non aceptou; estaba previsto que intervira no mitin do 1º de maio. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, foi conducido a Pontevedra; a final de maio ainda estaba detido. En xuño de 1933 escribe varios artigos para “Tribuna” dende o cárcere de Tui. Detido en decembro de 1933, xunto a Enrique Jaso (fillo), acusado de delito de sedición por ter intentado sublevar á tripulación do cañoneiro “Cabo Fradera”; foron conducidos a Ferrol.

RODRÍGUEZ, Herminio

En setembro de 1927 se publica un artigo en “Cultura Proletaria” onde se solicita axuda para Herminio Rodríguez, que chegara paralítico a Vigo, o meteran no cárcere, o levaran para Ourense e alí lle quitaran a roupa e os cartos, ficando na miseria.

RODRÍGUEZ, Horacio.

Un dos fundadores do Sindicato General de Trabajadores de Lugo, en outubro de 1931.

RODRÍGUEZ, Ignacio “Opestado”

En xaneiro de 1883 foi denunciado en “Revista Social” como traidor á folga dos talleres de Flórez da Coruña.

RODRÍGUEZ, Ignacio

Secretario Exterior do Sindicato de Peones da Coruña en setembro de 1932.

RODRÍGUEZ, Isidro

En novembro de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Ferrol.

RODRÍGUEZ, J.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

RODRÍGUEZ, J.

En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos.

RODRÍGUEZ, Jerónimo.

Detido en Goián a finais de maio de 1933, pola súa suposta implicación na folga xeral, foi trasladado a Tui e liberado no mesmo día.

RODRÍGUEZ, Jerónimo.

Deportado de Argentina a finais de 1930; foi un dos primeiros deportados e a súa muller e fillos foron presos. O 31 de outubro de 1930, chegou a Vigo expulsado da Argentina, permanecendo algún tempo no cárcere da localidade. En outubro de 1933, como secretario en funcións da Unión de Chauffeurse de Buenos Aires, sae en defensa de Jesús Lago Barbeito. Ilocalizable nos anos da dictadura argentina.

RODRÍGUEZ, Jesús.

Vocal da Sociedad de Obreros Zapateros da Coruña en agosto de 1918.

RODRÍGUEZ, Jesús “Chucho” (Ares, 1917 – A Coruña, 10-7-37).

Con Carlos Míguez e Antonio Chamorro, estaba agachado na vivenda da “Corales”, até que foron descubertos, en xuño de 1937. Despois pasou a agacharse na vivenda de María Otero; cando esta foi asaltada, morreu no enfrontamento.

RODRÍGUEZ, Joaquín.

Paqueteiro do diario CNT de Madrid en A Guarda, en decembro de 1932, xaneiro, marzo, abril, xuño e xulio de 1933 e outubro de 1934. Detido pola folga xeral de A Guarda en maio de 1933, estivo detido catro días.

RODRÍGUEZ, Joaquín

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Estrada da Pasaxe, F, baixo.

RODRÍGUEZ , Joaquín

Falou no derradeiro acto do Ateneo de la Villa de Rutis, en xulio de 1936, como presidente da Sociedad Cultural dos Castros.

RODRÍGUEZ, José

En xuño de 1890 era presidente da comisión de folga organizada polas movilizacións universais pola rebaixa da xornada de traballo en Ferrol.

RODRÍGUEZ, José

Detido o 26 de maio de 1891 na Coruña, a consecuencia da folga do 1º de maio.

RODRÍGUEZ, José

En xuño de 1906 fai un donativo en “Tierra y Libertad”, desde Vigo.

RODRÍGUEZ, José.

Despedido da Sociedad Española de Construcción Naval en novembro de 1910, o que motivou unha longa folga dos forxadores. A Sociedad de Forjadores y Ayudantes enviou un comunicado a “Tierra y Libertad” explicando o incidente fora do estaleiro de José Rodríguez con Comesaña.

RODRÍGUEZ, José

En febreiro de 1915 era secretario da Sociedad de Marineros, Fogoneros, Patrones y Habilitados “El Despertar Marítimo” de A Coruña.

RODRÍGUEZ, José

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

RODRÍGUEZ, José.

En decembro de 1918 participa desde Ferrol nunha suscripción de “Tierra y Libertad” para unha excursión de propaganda anarquista.

RODRÍGUEZ, José.

Do Sindicato de Industria Naval de Ferrol, a cargo dunha suscripción polos folguistas da construcción da Coruña en decembro de 1933.

RODRÍGUEZ, José.

Vicepresidente do Sindicato de Pintores de Santiago en outubro de 1924.

RODRÍGUEZ, José

Expulsado de Cuba no machadato.

RODRÍGUEZ, José.

Detido pola garda civil do posto de Cedeira en maio de 1935 xunto a Mario Rico e outros, por escándalo, ingresou no cárcere de Ortigueira.

RODRÍGUEZ, José.

Presidiu unha reunión da Sección de Chalaneros do SIP da Coruña en febreiro de 1933. Foi presidente do Sindicato de Chalaneros da Coruña en novembro de 1933.

RODRÍGUEZ, José.

Membro da xunta administrativa da Sección “Despertar Marítimo” do SIP da Coruña en abril de 1933.

RODRÍGUEZ, José.

Nunha listaxe de militantes socorridos pola Sociedad de Carpinteros de Santiago en setembro de 1923.

RODRÍGUEZ, José.

Sospeitoso de participar no movemento de decembro de 1933 en Bertoa-Laracha, non foi detido.

RODRÍGUEZ, José (*)

En novembro de 1974 faleceu a súa esposa, a coruñesa Aurora Rodríguez en Mastic Beach, L.I.. El era fundador das Sociedades Hispanas Confederadas no Bronx e actor.

RODRÍGUEZ, José Antonio

En setembro de 1934 foron detidos en Cariño a consecuencia de incidentes na folga, acusados de coacción e sabotaxe, Manuel Novo Lozano, Desiderio Breijo Díaz, Modesto Senra Martínez, José Antono Rodríguez e Guillermo Novo González.

RODRÍGUEZ, José Benito

En febreiro de 1914 asina un artigo sobre o ensino racionalista en “Fuerza Consciente” de San Francisco. Era secretario da Sucursal de San Francisco da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América. En marzo de 1914 contesta en “Fuerza Consciente” ás críticas que lle fixeran por asinar o artigo no número anterior.

RODRÍGUEZ, José María.

Vocal da Sociedad de Obreros Zapateros da Coruña en agosto de 1918.

RODRÍGUEZ, José María

En xuño de 1931 integra pola parte do persoal administrativo a ponencia encargada de estructurar as bases do futuro Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña.

RODRÍGUEZ, Josefa

Os compañeiros Josefa Rodríguez Juan Pesqueira de Vigo inscribiron ao seu fillo Palmiro en decembro de 1905.

RODRÍGUEZ, Juan Joaquín (*)

Anarquista español, en novembro de 1919 informábase da súa próxima deportación desde Rio de Janeiro.

RODRÍGUEZ, Julio “Chupito”.

Expulsado da Sección de Músicos do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en abril de 1933.

RODRÍGUEZ, Justo

Tesoureiro da Agrupación Galaica Pro Instrucción Racionalista “13 de octubre” na súa fundación, en decembro de 1913.

RODRÍGUEZ, Justo

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América; nese mesmo número asinaba un artigo sobre as loitas da Unión do transporte marítimo. Asina un artigo en “Fuerza Consciente” en marzo de 1914.

RODRÍGUEZ, Justo.

Nomeado secretario na reunión organizadora da Sociedad “El Despertar del Obrero” de Sada en marzo de 1916.

RODRÍGUEZ, Leopoldo.

Contador do Sindicato del Arte Textil “La Primera Coruñesa” da A Coruña en novembro de 1932.

RODRÍGUEZ, Lino

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Estrella, 47.

RODRÍGUEZ, Lisardo.

Afiliado número 166 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ, Luís.

Vicesecretario da Sociedad de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en decembro de 1910.

RODRÍGUEZ, Luis.

En xuño de 1936, vocal da Agrupación Sindicalista de Arroxo-Lugo.

RODRÍGUEZ, Luis.

Colabora dende Bagneres de Bigorre nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

RODRÍGUEZ, M..

Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Carril, en abril de 1933.

RODRÍGUEZ, M.D. (*)

Expulsado de Buenos Aires en xaneiro de 1908, asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana dende Tenerife.

RODRÍGUEZ, Manuel (1866 – ?).

Detido o 26 de maio de 1891 na Coruña, a consecuencia da folga do 1º de maio. Detido na folga de maio de 1891 na Coruña, foi liberado en xuño.

RODRÍGUEZ, Manuel

En agosto de 1909 participa no mitin solidario da Coruña como delegado e concelleiro solidario da Unión Campesina de Visma-Oza.

RODRÍGUEZ, Manuel.

Contador da Asociación Tipográfica de A Coruña en marzo de 1916. Tesoureiro en xaneiro de 1918.

RODRÍGUEZ, Manuel.

Secretario da Sociedad Agraria de Lóuzara-Samos, foi acusado do asasinato do crego José Couso en xuño de 1925.

RODRÍGUEZ, Manuel (*)

Portuario, deportado de Argentina a finais de 1930.

RODRÍGUEZ, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Argudín Bolivar, 30.

RODRÍGUEZ, Manuel

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en San Amaro, 1, baixo.

RODRÍGUEZ, Manuel

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Herrería, 14, 2º.

RODRÍGUEZ, Manuel.

Mariñeiro cenetista de Viveiro, viaxou a Rusia a comezos de novembro de 1932, ao recoller un premio de “Mundo Obrero” que a conserveira Cecilia Fuentes non puido efectuar.

RODRÍGUEZ, Manuel.

Presidiu unha reunión da Sección de Empaque y Descarga e Buques Pesqueros do SIP da Coruña en abril de 1936.

RODRÍGUEZ, Manuel.

Presidiu unha reunión do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en novembro de 1933.

RODRÍGUEZ, Manuel.

Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en xulio e agosto de 1934.

RODRÍGUEZ, Manuel.

Detido pola folga xeral de decembro de 1933 en Tui, acusado de desacato á autoridade.

RODRÍGUEZ, Manuel.

Membro do Comité do Sindicato Único de Construcción da Coruña en xulio de 1936, por Canteros.

RODRÍGUEZ, Manuel

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

RODRÍGUEZ, Marcial

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

RODRÍGUEZ, María.

Ao seu enderezo dirixíase a correspondencia da FAI na Coruña, en 1934.

RODRÍGUEZ, Mariano.

Militante do Sindicato de Barberos da Coruña, expulsado en maio de 1932 por difamador.

RODRÍGUEZ, Maximino

En febreiro de 1915 participa nun mitin antiguerreiro no Teatro Romea de Ferrol, polo Partido Republicano.

RODRÍGUEZ, Melchor.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios de Noia y su Comarca en maio de 1932. Vocal da directiva do SOV de Noia na súa fundación, en maio de 1932.

RODRÍGUEZ, Miguel

Nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Peones en General da Coruña que en xuño de 1931 ía entrevistarse cos traballadores dos fuertes para convencelos de ingresar no Sindicato. Contador do Sindicato de Peones da Coruña en setembro de 1932.

RODRÍGUEZ, Pedro.

Militante madrileño da Federación Nacional de Industria Ferroviaria, fixo unha xira por Galiza en marzo e abril de 1932, xunto a Julián Martínez.

Falou en Vigo (a comezos de marzo), Vilagarcía, Santiago, Pontevedra e Monforte. En marzo de 1932 interviron Pedro Rodríguez e Julián Martínez en Vigo e Vilagarcía polo Comité da FNIF.

Cultura Ferroviaria. Madrid, 10-04-32.

RODRÍGUEZ, Pilar.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

RODRÍGUEZ, R.

Nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Constructores Mecánicos de Calzado da Coruña, e contador do mesmo, en abril de 1931.

RODRÍGUEZ, Rafael

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Orzán, 60, baixo.

RODRÍGUEZ, Raimundo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

RODRÍGUEZ, Ramón.

Nomeado presidente do Sindicato Ferroviario da Coruña, cando foi fundado, a finais de maio de 1931.

RODRÍGUEZ, Ramón.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ, Ricardo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

RODRÍGUEZ, Ricardo

Veciño de Meicende. Membro da comisión organizadora do Centro de Estudios Sociais “Resplandor Más Alla de la Aurora” de Suevos-Arteixo en outubro de 1933.

RODRÍGUEZ, Romualdo.

Contador da Sociedad de Empleados Administrativos del Resguardo de Consumos en novembro de 1919, cando a súa fundación.

RODRÍGUEZ, Santiago

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

RODRÍGUEZ, Sebastián.

Participou nun mitin organizado polo Sindicato de Agricultores “La Unión Campesina” de Beade en xaneiro de 1936.

RODRÍGUEZ, Secundino

Nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Peones en General de A Coruña para entrevistarse co alcalde en xulio de 1931.

RODRÍGUEZ, Serapio.

Vocal da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en outubro de 1919.

RODRÍGUEZ, Servando.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ, Sofía.

Seudónimo de Basilisa ÁLVAREZ GONZÁLEZ, “Corales”.

RODRÍGUEZ, Toribio.

Vicesecretario da Sociedad de Sastres de Santiago en decembro de 1924. Presidente do Sindicato de Sastres de Santiago en marzo de 1932.

RODRÍGUEZ, Valentín

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

RODRÍGUEZ, Venancio.

Secretario do Sindicato de Obreros “Luz y Fuerza” da Coruña en decembro de 1919. Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos.

RODRÍGUEZ, Vicente.

Vicepresidente do Sindicato de Obreros en Hierros y Metales da Coruña en xulio de 1918.

RODRÍGUEZ, Vicente

En febreiro de 1914 era tesoureiro da Sucursal de San Francisco da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

RODRÍGUEZ, Vicente

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, Abelardo.

Vocal da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en novembro de 1933.

RODRÍGUEZ ÁLVAREZ, Ramón (?-Ourense, 11-03-11 – ?).

Ou Germán. Mozo de almacén, da CNT, solteiro, fillo de Emilia, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en febreiro de 1937 e foi soldado na 1ª Compañía.

RODRÍGUEZ ALEMÁN, José “Parrochiña” (Sada, 1865 – A Coruña, 23-08-20).

Morto na Coruña en agosto de 1920 nun enfrontamento entre os estibadores da colla nova e os da colla vella.

RODRÍGUEZ AMANDI, Ramón.

Ou Domínguez Amandi. Detido en novembro de 1922 pola colocación dunha bomba na redacción do xornal “La Integridad” de Tui. Foi liberado sen cargos.

RODRÍGUEZ ARIAS, Benigno (?-A Coruña, 26-12-14 – ?).

Pintor, da CNT, solteiro, fillo de Arturo e Pilar, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía.

RODRÍGUEZ ARTEAGA, Gregorio.

Membro dunha comisión do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña en xaneiro de 1930. Novamente nunha comisión en maio do mesmo ano. Foi vocal 3º do mesmo en agosto de 1930.

RODRÍGUEZ ASTRAY, Andrés.

Vocal do Sindicato da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación en marzo de 1933. Tesoureiro da Sección en xuño de 1934.

RODRÍGUEZ BARAJA, Matías (Castromiño-Valladolid, ? – ?)

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía. Ou Barajas. Fillo de Dionísio e Isabel. Organiza unha reunión da Asociación Tipográfica da Coruña, en maio de 1932, para organizar aos tipógrafos parados. En decembro de 1932 asinaba un artigo en “El Luchador” co título “Datos para la historia de un proceso sindical en Galicia”. Membro da comisión organizadora do Ateneo Libertario “Nueva Era” da Coruña en outubro de 1933. En novembro de 1952 a súa compañeira Mercedes Franqueira Costa tramitou un expediente de falecemento, en ignorado paradoiro desde o 10 de agosto de 1936.

RODRÍGUEZ BARBA, Amador (1880 – ?).

Traballador da Imprenta Lorman, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

RODRÍGUEZ BARÉS, Manuel.

Ou Rodríguez Baños. Xulgado en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

RODRÍGUEZ BARROS, José.

Nunha lista de galegos que traballan en pesqueiros de Euzkadi no tempo da guerra civil. 24 anos. No vapor “Eugenio”.

RODRÍGUEZ BERMÚDEZ, Manuel.

A comezos de 1932 foi vocal do Ateneo de la Villa de Rutis.

RODRÍGUEZ BLANCO, José.

Tesoureiro do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en outubro de 1933.

RODRÍGUEZ BLANCO, José (?, 1911 – ?).

Detido en xaneiro de 1934, acusado de coaccións e reunión clandestina. Do Sindicato de Camareros de Ferrol. Levarono á Escollera por non haber sitio na prisión de Ferrol.

RODRÍGUEZ BLANCO, Manuel (?-A Coruña, 14-11-14 – ?).

Labrador, da CNT, solteiro, fillo de José e María, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en novembro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía. Afiliado número 280 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ BLANCO, Pedro (?-A Coruña, 02-10-14 – ?).

Labrador, da CNT, solteiro, fillo de José e María, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía.

RODRÍGUEZ BOUZA, Dolores

Vocal 1ª do Sindicato de Empacadoras da Coruña en xulio de 1935.

RODRÍGUEZ BRÍOS, Castor.

Noutro lado sae como Domínguez Bríos. Vicesecretario da Flota Pesquera do SGT de Vigo en decembro de 1930. Representou á Sección Varia de Vigo no Pleno Regional de Vilagarcía en agosto de 1931. Detido en setembro de 1932, acusado da colocación dunha bomba no domicilio dun armador de Bouzas. Patrón de cabotaxe, membro da comisión encargada do reparto dos subsidios na folga pesqueira de Bouzas en outubro de 1932. Asina o acordo que resolveu a folga pesqueira de Bouzas en decembro de 1932. Actúa de presidente nunha reunión do Sindicato de Industria Pesquera de Vigo-Bouzas “Mar y Tierra” en xaneiro de 1936.

RODRÍGUEZ BUDIÑO, Salustiano (A Coruña, ? – ?).

En agosto 1932 foi vocal da Sección de Chalaneros do SIP da Coruña. Mariñeiro fuxido da Coruña no “Mascota en setembro de 1937. Absolto en marzo de 1940.

RODRÍGUEZ DEL BUSTO, Francisco

En xulio de 1885 “Revista Social” da conta da celebración do Certamen Socialista de Reus, e de que o traballo de Francisco Rodríguez del Busto, de Lugo, obtivo un accesit.

RODRÍGUEZ CAJARAVILLE, Manuel.

Vicepresidente da Sociedad de Peluqueros de Santiago en febreiro de 1925.

RODRÍGUEZ CAMBÓN, Antonio

En xaneiro de 1936 foi detido cando pretendía emigrar con documentación falsa, que lle fora facilitada polo falsificador Jesús Rodríguez Iglesias, por intermediación de Manuel Hermida Pardo; fora deportado desde Buenos Aires como indeseable. En xuño de 1936 formou parte do Comité Local de Autonomía de Galicia, e foi designado para participar en mitins, charlas e conferencias pola zona.

RODRÍGUEZ CAMPELO, Fernando.

Convoca unha reunión e participa nunha ponencia do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en setembro de 1931.

RODRÍGUEZ CAMPOS, Daniel.

Afiliado número 466 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ CANDAL, Francisco.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de la Industria del Transporte de A Coruña y su Radio en marzo de 1932. Asina as bases de solución dun conflicto da Federación de Transporte da Coruña en novembro de 1932.

RODRÍGUEZ CANDELA, Valentín (1878 – ).

Integrante da Asociación Tipográfica da Coruña, sen traballo en marzo de 1928.

RODRÍGUEZ CAREU, Manuel “El Chato”.

Desautorizado pola Sociedad de Marineros de Bouzas nunha asamblea pesqueira en Vigo en xulio de 1930. Asina as bases de arreglo do conflicto de Bouzas en setembro de 1932. A súa casa foi rexistrada en outubro de 1932, no transcurso da folga da Industria Pesquera. Representa a 450 afiliados do Sindicato de Transporte Marítimo (Sección de Máquinas, Cubierta y Fonda) de Vigo no Pleno Nacional do Transporte Marítimo; ainda que a súa credencial foi posta en cuestión finalmente foi aceptada. O Comité da FL de Vigo protestou posteriormente a súa admisión, decindo tamén que non era traballador, senón taberneiro, e que acostumaba a asitir a plenos e reunións sindicais.

RODRÍGUEZ CARRANZA, Sebastián.

Detido na folga xeral de decembro de 1933 en Marín.

RODRÍGUEZ CARROZAS, Luis

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Castelar, Despacho Central. En marzo de 1932 foi nomeado tesoureiro do Sindicato de Industria Ferroviaria da Coruña; tiña domicilio en Buenavista, 29.

RODRÍGUEZ CASAL, José.

Vocal 3º do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en abril de 1933.

RODRÍGUEZ CASANOVA, Agustín.

Afiliado á CNT, detido en febreiro de 1934 por disparar contra uns fascistas en Entrimo-Ferreiros. Xulgado en outubro de 1934.

RODRÍGUEZ CASTELAO, Alfonso Daniel

En decembro de 1937, xaneiro, febreiro, marzo de 1938 “Galicia Libre” publica estampas súas de “Atila en Galicia”. En marzo, abril, maio, xuño, xulio, agosto de 1938 “Galicia Libre” publica estampas súas de “Galicia Martir”.

RODRÍGUEZ CASTELEIRO, Francisco.

Veciño de Caranza-Ferrol, cotizante da CNT cara a 1947.

RODRÍGUEZ CASTRO, José (?-Ourense, 15-11-14 – ?).

Fotógrafo, da CNT, solteiro, fillo de Gumersindo e Florinda, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía. Afiliado número 213 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ CASTRO, Manuel (Lugo, 1912 – 27-07-1937)

Ebanista. Vocal do Ateneo Libertario “Humanidad Libre” de Lugo en maio de 1935. Ingresou no cárcere de Lugo o 24 de novembro de 1936, foi xulgado na causa 1198/36 e condenado a pena de morte, sendo executado o 27 de xulio de 1937.

RODRÍGUEZ CHAO, Manuel (Gondriz, 1899 – ?).

Secretario dunha sociedade agraria de Lózara-Samos acusado do asasinato do crego José Couso Osorio en maio de 1925. Xulgado en setembro de 1925.

RODRÍGUEZ CONCHADO, Daniel.

Contador do Sindicato “El Despertar Marítimo” da Coruña en marzo de 1928.

RODRÍGUEZ CORBEIRA, Ángela.

Foi unha das detidas na Coruña en xaneiro de 1920, por protestar contra as deportacións de militantes sindicais da cidade.

RODRÍGUEZ CORCHADO, Antonio.

Vicesecretario do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en xulio de 1932.

RODRÍGUEZ COSTA, Ramón.

Afiliado á CNT. Detido o 21 de xulio de 1936 no Concello de Ferrol.

RODRÍGUEZ COUCE, María “Menava”

Procesada en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

RODRÍGUEZ DÍAZ, Roberto (1905 – ?).

Traballador da Imprenta Roel, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Tesoureiro da Asociación Tipográfica en maio de 1931. Contador en xuño de 1935. Preside unha reunión da Asociación Tipográfica en outubro de 1935.

RODRÍGUEZ DOLDÁN, Emilio “Xanetas”.

Secretario do Sindicato de Obreros Municipales “La Aurora” da Coruña en xuño de 1931. Representou ao Sindicato de Obreros Municipales da Coruña no Congreso de 1931 en Madrid. Representou ao Sindicato de Obreros Municipales da Coruña no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Vicepresidente do Sindicato de Empleados y Obreros Municipales en xulio de 1934. Nomeado por Luis Chamorro nun artigo publicado en “Cartagena Nueva” en agosto de 1937 como integrante dun grupo de caídos no mes anterior. En xuño de 1938 Andrés Seijas relata en “Galicia Libre” a fuxida do Portiño e comenta a morte de Emilio Rodríguez Doldán.

RODRÍGUEZ DOLDÁN, José “Chanetas”.

Estibador, detido en decembro de 1919 na Coruña, acusado dunha agresión a Francisco Hervada.

RODRÍGUEZ DOLDÁN, Juan Antonio “Chanetas”.

Estibador folguista, denunciado en xulio de 1920 por exercer coaccións no café “La Marina” da Coruña. Detido en Venta de Baños en outubro de 1920, por quebrar o desterro ao que estaba condenado.

RODRÍGUEZ DOMÍNGUEZ, Valentín (?-Ourense, 12-12-14- ?).

Pescador, da CNT, solteiro, fillo de Ambrosio e Nicolasa, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en novembro de 1936 e foi soldado na Sección Mixta. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ DORADO, Manuel.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias afiliado á Federación de Grupos de Xixón.

RODRÍGUEZ DOVAL, Ramón.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un aramio de espiño no monte Aloia.

RODRÍGUEZ EIRAS, Francisco.

Debido a un error na instrucción das causas xudicias contra os irmaos Rodríguez Eiras, creouse un novo irmao chamado Francisco, que ás veces ten datos de José María e outras de Secundino. Mariñeiro, acusado de ser un dos organizadores da fuga do Monte de San pedro, en marzo de 1937. Fogoneiro da parella número 10 de Mardomingo. Delegado do “Despertar Marítimo”. Fuxiu no “Constante Veiga Nº 4” en xuño do 37. En xulio do 1937 estaba no cárcere provincial.

RODRÍGUEZ EIRAS, Jesús.

Seguramente sexa José María. Afiliado número 358 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ EIRAS, José María “Cotexo” (Carril-Vilagarcía, 21-8-02 – ?).

Fogoneiro. Afiliado ao Ateneo Popular e directivo do Sindicato de Oficios Varios da CNT. Detido en Vilagarcía en varias ocasións en 1932, en xaneiro por posesión dunha pistola con sete cápsulas sen ter licancia, despois dende a folga polo subsidio de maternidade até novembro. Activo na serrería de Juan Gil, en Carril. Detido nunha folga, ocupouselle unha pistola. Acusado de tomar parte na colocación dunha bomba na casa de Juan Gil en abril de 1933. Afiliado ao Ateneo de Divulgación Social de Vilagarcía. Vocal da Sección de Fogoneros no Sindicato de Flota Pesquera “El Despertar Marítimo” da Coruña en decembro de 1935. Ao producirse o golpe militar estaba embarcado no “Pedro Herrero” de Mardomingo no Gran Sol, regresando coa flota até A Coruña; ao chegar a terra o 22 de xulio, participou na resistencia. Detido o 29 de xulio de 1936 e posteriormente liberado, en xaneiro de 1937. Era o encargado de apoderarse dos barcos na fuxida do porto de San Pedro, en 1937. Finalmente fuxiu no vapor “Constante Veiga Nº 4” en xuño de 1937 até Francia e despois a Barcelona. En setembro e outubro de 1937 figura en listas de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”. En xaneiro de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”, na 69 Brigada Mixta, onde se encarga dunha lista de contribucións. En marzo de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” recollida na Compañía de Ametralladoras do 236 Batallón, 69 Brigada Mixta. Loitou no exército republicano dende o 18 de maio de 1938 até o 25 de marzo de 1939. “Galicia Libre” reproduciu en maio de 1938 o relato da súa fuxida, tomado de “L’Ouest Eclaire” de 6 de xuño de 1937. Foi soldado e Delegado-Comisario da Compañía de Ametralladoras do Primer Batallón da 82 Brigada de Montaña do exército republicano. Combatiu nos pobos de Libros, Villel e Cubla, en Teruel. Ferido en Cubla o 2 de xulio de 1938. En abril foi detido en Villajoyosa, na carreteira de Valencia a Alicante. Estivo preso no castelo de Santa Bárbara de Alicante. Foi xulgado en novembro de 1941, sendo condenado á pena de morte, logo conmutada. Comezou a cumprir condena na Prisión Provincial de Pontevedra, até marzo de 1942 que foi destinado á Prisión Central de Santa Isabel. En libertade condicional en febreiro de 1944. Ao salir en libertade estivo traballando no campo en Loureiro-Trabanca-Sardiñeira, e despois de marzo de 1944 nas minas de wolfram de Silleda. Entre abril e maio de 1944 mantivo correspondencia con Ramón Díaz Hermo, semella que de carácter orgánico; cando estaba en Silleda compartía vivenda con el e traballaba de vixiante nas minas de Carboeiro. En xuño de 1944 ingresa novamente na cadea de Santa Isabel, acusado de atraco a man armada, polo que se lle seguiu consello de guerra en Compostela, do que resultou absolto; fora detido cando a garda civil rexistrou a habitación onde se hospedaban Ramón Díaz Hermo e el, por querer agachar unha pistola. Foi absolto en decembro de 1944. En 1946 axudou a José Luis Quintas levandoo dende Vilagarcía até Noia, para poñerse en contacto con Miguel Santelices. En 1947 estaba traballando nun aserradeiro da “FINSA” en Vilagarcía, onde participou nos traballos de reorganización da CNT, tentando crear o sindicato na zona. Detido o 1 de marzo de 1947, ocuparonselle diversos exemplares de prensa clandestina (“Fraternidad: Órgano Comité Nacional Enlace CNT-UGT” e “Cultura Ferroviaria”) e foi torturado durante seis días consecutivos. Procesado na causa 156/47, pedironlle 20 anos e condenado a 3 anos. Pola causa da axuda a Quintas foi condenado a seis meses de prisión. Comezou a cumprir a condena o 8 de novembro de 1950. Comezou a extinguir condena en xulio de 1951. Liberado definitivamente en xuño de 1952.

RODRÍGUEZ EIRAS, Secundino “Cotexo” (Carril-Vilagarcía, 8-9-05 – ?).

Fogoneiro afiliado ao “Despertar Marítimo”. En xuño de 1936 enterrou civilmente ao seu fillo Lito en Carril. Despois de estar polos montes na zona de Vilagarcía, chegou á Coruña en febreiro de 1937 para traballar nunha parella de Mardomingo, e foi detido o 1º de xulio, xunto a Juan García Durán e Lino Carrión Castilla, cando agardaban para fuxir nun pesqueiro. Condenado a pena de morte en outubro do 37, logo conmutada. En 1942 ainda estaba na cadea da Coruña. Posteriormente participou nos traballos de reorganización da CNT, actuando como delegado sindical na FL da Coruña. Procesado na causa 156/47, pedironlle 2 anos e foi condenado a 3.

RODRÍGUEZ EIRAS, Ramón.

Irmao de Secundino, José e Francisco, reclamado en 1937.

RODRÍGUEZ ESTÉVEZ, Julio “Herrero del Condado”

Participou na fuxida de Desiderio Comesaña Prado e outros dende Vigo a Portugal en decembro de 1937. Acompañoulles até a fronteira mesma. Xulgado en febreiro do 38, foi condenado a doce anos e un día de cárcere.

RODRÍGUEZ EXTREMADURA, José.

Cotizante da CNT en Compostela en 1947.

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Agustín.

Directivo da Sociedad de Tipógrafos de Santiago, participou na folga xeral de agosto de 1917.

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Dolores

Detida en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899.

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Francisco.

Afiliado número 289 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. Militante das JJ.LL. e miliciano da 2ª Compañía do BON 219.

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Gerardo.

Un dos organizadores do grupo “Unión Anarquista” de Vilanova de Valdeorras, en marzo de 1935.

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Jesús.

Contador do Centro Cultural Obrero de Corrubedo en xulio de 1932.

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, M.

En outubro de 1937 participa nunha lista de donativos para “Galicia Libre”.

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Manuel.

Afiliado número 198 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ, Miguel.

Vicesecretario do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña de outubro de 1930 a abril de 1931. Contador do Sindicato en xaneiro e setembro de 1932; domicilio en Juan Castro Mosquera, 40.

RODRÍGUEZ FIDALGO, Basilio (?-Ourense, 15-06-14 – ?).

Labrador, da CNT, solteiro, fillo de Cándido e Alejandrina, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na Sección Mixta. Afiliado número 393 (ou 582) da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ FIGUEIREDO, Manuel Daniel “Intransigente” “Zourgidor”

Asina como M.D. Rodríguez o “Intransigente”. En maio e xulio de 1910 asina artigos en “Tierra y Libertad” como “Intransigente” desde Panamá. En setembro, outubro, novembro, decembro de 1910 colabora con “Tierra y Libertad” desde Cristóbal Colón-Panamá. En xaneiro de 1911 asina unha correspondencia desde Panamá en “Tierra y Libertad”. En febreiro de 1911 Enrique Taboada denuncia en “Tierra y Libertad” os cargos que fixo contra el M.D. Rodríguez. En febreiro de 1911 asina unha correspondencia desde Panamá en “Tierra y Libertad”. En marzo, xuño, xulio de 1911 colabora en “Tierra y Libertad”. En marzo de 1911 “Tierra y Libertad recolle unha denuncia sobre Juan Chacón Uceda, asinada por varios grupos anarquistas, entre eles “Los Egoistas”, asinado por “Intransigente”, B. Pérez e J.R. Mares. En abril de 1911 asina un artigo en “Acción Libertaria” de Gijón, desde Gatún-Panamá, adherindo o “Comité contra la tiranía Argentina”, figurando no pe de firma “expulsado o 23 de novembro de 1907”. En maio de 1911 asina como “Intransigente” un comunicado da Federación de Agrupaciones Libres del Itsmo de Panamá en “Tierra y Libertad”, pedindo a baixa da suscrición de “El Motín”, “El Socialista” e “El Látigo”. “Regeneración” faise eco das críticas de M.D. Rodríguez á revolución mexicana en setembro de 1911 nun artigo de Ricardo Flores Magón titulado “Los obstruccionistas”. Fundador do Grupo “Los Egoistas” de Gatún, Canal Zone, en agosto de 1910 e de “El Único” de Colón en setembro de 1911. En novembro de 1911 denuncia como confidente a Enrique Taboada en “El Único” de Colón-Panamá, e pouco despois publica unha crítica contra Ricardo Flores Magón. En novembro de 1911 “Regeneración” publica un artigo de Enrique Taboada Chás en que se suma ás críticas de Ricardo Flores Magón contra M.D. Rodríguez, denunciando a actividade de Rodríguez en na folga xeral de Rosario de Santa Fé en 1908. Teófila Rebolledo asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana dende Rio Grande-Culebra, en xaneiro de 1912 protestando pola actitude de Manuel D. Rodríguez e as súas acusacións. En marzo de 1912 “El Único” recolle unha polémica de M.D. Roríguez con “¡Tierra!” de La Habana; para desmentir as críticas recibidas inclúe algúns datos biográficos, como a súa detención en Argentina, a súa expulsión no “Cittá di Milano” (citando “La Protesta” de 23-12-1907); en abril continúa ofrecendo datos como a súa participación na folga xeral de Rosario e o seu paso por Brasil e Tenerife en decembro de 1907. En xuño de 1912 “El Único” anuncia a publicación dun folleto número 2 da Biblioteca “El Único” da Federación Individualista Internacional, titulado “¿Soy libre? y Contra esa táctica” de “Intransigente” M.D. Rodríguez. Nunha listaxe de deportados desde Argentina publicada en “Tierra y Libertad” en maio de 1913. En agosto de 1913 “Acción Libertaria” publicaba un comunicado de J. Lóuzara en nome da Federación de Agrupaciones de Panamá, exhortando a M.D. Rodríguez “Intransigente” a poñerse en contacto se quería seguir mantendo a calidade de compañeiro. En agosto de 1913 foi detido pola garda civil de Lamas-Cea-Ourense, reclamado pola alcaldía, como prófugo dende 1897. Estivera emigrado exercendo de fotógrafo en Cuba, Méjico, Argentina, sendo expulsado destes dous últimos países. Foronlle encontrados varios xornais libertarios, algúns deles (“Acción Libertaria”) fora dirixido por el. En setembro de 1925 incendiouse unha casa-palleiro súa en Lamas-Cea.

RODRÍGUEZ FIGUEIRIDO, Enrique (Pobra do Caramiñal, 1902 – ?).

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Pobra do Caramiñal. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937; fora afiliado á UGT.

RODRÍGUEZ FONTENLA, José

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Caballeros, 80, baixo.

RODRÍGUEZ GAITEIRO, Manuel.

Afiliado número 484 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ GARCÍA, Antonio.

Despois do movemento de outubro de 1934 acompañou a José Fernández Rodríguez cando visitou a José Losada, que lle entregou unha carta para os carrileiros da bisbarra de Verín.

RODRÍGUEZ GARCÍA, Jaime.

Representou ao Sindicato de Metalúrgicos e Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña no Congreso de 1931 en Madrid. Presidente do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en xuño de 1934. Asina un chamamento aos metalúrxicos en “Solidaridad” en febreiro de 1936. Presidente do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” da Coruña, en marzo e abril de 1936.

RODRÍGUEZ GARCÍA, José.

Fuxido de Pazos-Verín en Portugal, que pasou a zona republicana xunto a Carlos Santirso. Segundo este, en 1940 estaba na súa casa, inútil dunha perna.

RODRÍGUEZ GARCÍA, José

Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en outubro de 1938.

RODRÍGUEZ GARCÍA, Manuel

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Sánchez Bregua, Café “Asturias”.

RODRÍGUEZ GARRIDO, Casimiro.

Nunha lista de militantes do Sindicato Único “La Progresión” de Erandio, que traballan en pesqueiros de Euzkadi no tempo da guerra civil. 38 anos. De Bouzas. Fogoneiro.

RODRÍGUEZ GÓMEZ, Ignacio.

Nomeado secretario do Sindicato de Peones en General da Coruña o 21 de abril de 1931; residía en Juan Flórez, 214, 1º. Secretario do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña entre abril e xulio de 1931. Secretario do Exterior en setembro de 1932.

RODRÍGUEZ GÓMEZ, Manuel.

Afiliado número 537 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ GÓMEZ, Manuel (San Ribasel-Ourense, 1907 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

RODRÍGUEZ GÓMEZ, Rosendo (1906 – ?).

Traballador da Imprenta Nós, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. En decembro de 1935 declarou como xerente da Imprenta Obrera, en relación coa publicación dun artigo denunciado por inxurias ao exército en “Solidaridad”; tiña 30 anos, era tipógrafo, casado e residía na rúa 1º de Mayo, 34, baixo. Contacto dos reorganizadores da FAI coruñesa coa organización de Ferrol. Estaba agachado na Coruña e marchou para Ferrol con esa misión, pasando a vivir na bisbarra desta cidade.

RODRÍGUEZ GÓMEZ, Tomás.

Secretario da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en decembro de 1923. Tesoureiro da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xulio de 1927. Contador en outubro de 1927 e abril de 1928.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Antonio.

Afiliado número 182 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Fernando.

Vocal da Sociedad de Cocineros y Camareros da Coruña en xaneiro de 1922. Vocal 2º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1922.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Javier (Resaparajo-Ourense, 1891 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Manuel.

Organizador da tentativa de fuxida na trainera “Tres Hermanos”, que comprou para fuxir con ela en xulio de 1938.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Manuel (Vigo, 17-9-38)

Metalúrxico. Participou na organización do “Frente Democrático Juvenil” en Vigo, por iniciativa de Víctor Francisco Cáceres, nunha reunión celebrada no Meixoeiro en abril de 1960, coa presencia de Augusto Docampo Soto e Jaime Garrido Vila. Participou no reparto de follas clandestinas o 7 de maio de 1962, animando aos traballadores vigueses a adherirse á folga dos mineiros asturianos e novamente o 8 de xuño do mesmo ano. Detido o 6 de agosto de 1962 en Vigo. Foi condenado a catro anos de prisión.

RODRÍGUEZ GONZÁLEZ, Manuel.

Afiliado número 485 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ GUERRA, Amador

Participou en nome do Sindicato Agrario no mitin da Federación Local de Sociedades Obreras na praza de touros da Coruña en protesta pola actuación das forzas da orde no incendio do convento dos Capuchinos, en xulio de 1931.

RODRÍGUEZ GUILLÉN, Juan “Juan Sopas”

Implicado no levantamento de Casas Viejas, despois fuxiu coa axuda da CNT de Cádiz cara a Galiza. Chegou ao porto de La Gudina [sic] e traballou de camareiro na Galiza por mais dun ano.

RODRÍGUEZ IGLESIAS, Bernardino.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un aramio de espiño no monte Aloia.

RODRÍGUEZ IGLESIAS, Jesús

En xaneiro de 1936 Antonio Rodríguez Cambón foi detido cando pretendía emigrar con documentación falsa, que lle fora facilitada polo falsificador Jesús Rodríguez Iglesias, por intermediación de Manuel Hermida Pardo; tiña 40 anos e era veciño de Mantelería, 3, terceiro.

RODRÍGUEZ IGLESIAS, Joaquín.

Vocal da Sección de Cocineros, Cocineras y Similares do Sindicato de Industria da Alimentación da Coruña en febreiro de 1930. Tesoureiro en abril de 1935.

RODRÍGUEZ IGLESIAS, Juan

Un dos responsabeis da Biblioteca “La Internacional” da Coruña en xuño de 1913.

RODRÍGUEZ INCÓGNITO, Manuel

Arredor do 26 de maio de 1891 estaban detidos Domingo Fuentes Gómez, Eduardo Comparada, Manuel Rodríguez Incognito, José Núñez Vila, José Iglesias Leira, Lucindo Gacía Barro, Juan Antonio Ferrreño, Eduardo Paredes Rodríguez, Fernando Zapata Fandiño e Diego Fernández Incógnito.

RODRÍGUEZ JASPE, Manuel.

Representou ao Sindicato deCanteros da Coruña no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935.

RODRÍGUEZ DE JESÚS, Antonio

Detido en marzo de 1935 como presunto autor do incendio da igrexa de Brión.

RODRÍGUEZ LAGO, Manuel “Rubio” “Roxo de Viveiro” (Vieiro-Viveiro, 28-09-13 – ?).

Mineiro afiliado á CNT. Representou ao Sindicato General de Trabajadores de Viveiro no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935. Integrante dunha das primeiras partidas armadas que sairon de Viveiro cara A Coruña en xulio de 1936. Ás tres da mañán do día 21 de xulio, os mineiros de Viveiro ao seu mando chegaron a Coruña. Julián Carballo o sinala nos interrogatorios como un dos mineiros de Viveiro que queimou a casa de Linares Rivas. Foi procesado, ainda que estaba fuxido. Fuxiu de Cariño xunto a outros 38 antifascistas e chegou a Saint Nazaire o 25 de xulio de 1936, pasando a fronteira española o 1º de agosto. Ao chegar a Euzkadi residiu en Trintxerpe e alistouse nas Milicias Antifascistas da CNT en Guipuzkoa. Acreditado nesas datas polo Comité de Defensa Confederal de Guipúzkoa e “Avance Marino” como militante dos Cuadros de Defensa Confederal e da FAI de Trintxerpe. O 25 de agosto de 1936 partiu desde Pasajes a Xixón para incorporarse a unha columna. Integrouse no BON Galicia. En setembro de 1936 estaba acreditado pola FIJL de Xixón. Secretario xeral da Sección de CNT no BON Galicia en novembro de 1936. Participa na Asamblea da Agrupación Confederal Galaica no Cine Roxy de Xixón o 17 de xaneiro de 1937. No Comité da Agrupación Confederal Galaica en febreiro de 1937. Asiste a unha reunión do Comité da Agrupación Confederal Galaica e dos Delegados do BON Galicia, en Oviedo, en febreiro de 1937, pola 2ª Compañía. Procesado na Causa 903/36.

RODRÍGUEZ LAGO, Maximino.

Afiliado número 377 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ LEIROS, Ángel.

Ou Leiro. Presidente do Sindicato Único de Camouco-Ares, detido por reunión clandestina en xaneiro de 1921, foi liberado a mediados de febreiro.

RODRÍGUEZ LÓPEZ, Alfredo.

Afiliado número 131 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ LÓPEZ, Jose (1899 – ?).

Traballador de “El Ideal Gallego”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Vicesecretario da Asociación Tipográfica en xuño de 1935.

RODRÍGUEZ LÓPEZ, José.

Afiliado número 386 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ LORENZO, Constantino

De Monforte, expulsado de Cuba no “Alfonso XII” en xulio de 1919.

RODRÍGUEZ LOSADA

Autor do proxecto da Casa Sindical da Coruña.

RODRÍGUEZ LOSADA, Manuel.

Detido en xaneiro de 1934, acusado dunha agresión na folga da construcción da Coruña.

RODRÍGUEZ MACEIRAS, Florencio.

Vocal do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en xaneiro de 1933. Delegado do Sindicato na FLO en xuño de 1934.

RODRÍGUEZ MANTEIGA, Ricardo.

Vocal do Sindicato de Hojalateros en setembro de 1932. Presidente Interino en decembro de 1932. Presidente do Sindicato de Hojalateros da Coruña en xaneiro de 1933. Delegado do Sindicato de Hojalateros da Coruña na FLO en marzo de 1932 e abril e decembro de 1935.

RODRÍGUEZ MARTA, José.

Contador do Sindicato de Profesiones Varias de Cabovilaño en agosto de 1934.

RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, Ángel.

Militante da Regional Centro da CNT, participou nun mitin no Teatro Losada de Ourense en decembro de 1932.

RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, José.

En abril de 1899 enviou un exemplar do seu libro “Los desastres y la regeneración de España” ao xornal anarquista de La Habana “El Nuevo Ideal”.; en maio de 1899 “El Nuevo Ideal” publicou unha reseña do libro. En xuño de 1900 comezaba a publicarse na Coruña o xornal “El Esclavo”, baixo a dirección de Jerónimo Guillemette. En agosto de 1901 Jerónimo Guillemette, que fora condenado pola audiencia da Coruña ao destierro pola querela de David Pardo Reguera, Joaquín Aller Auge e Miguel Parrilla Baamonde, publicou un comunicado en “La Voz de Galicia” decindo que el era o director do xornal, mais que o fundador fora José Rodríguez Martínez e o artigo fora enviado por Daniel Pérez Vizcaíno, de Lugo. En decembro de 1902 participa nunha velada en “Germinal” de homenaxe a Pi i Margall. Participou no mitin anticlerical de decembro de 1906 no Teatro Circo da Coruña. Participou no mitin pro-amnistía celebrado na praza de touros da Coruña en decembro de 1917.

RODRÍGUEZ MARTÍNEZ, Santos.

Foi tesoureiro do Sindicato de Obreros de Salazones “El Porvenir Social” da Coruña, en outubro de 1931. Vicesecretario en xuño de 1934.

RODRÍGUEZ MATOS, Manuel (Vilaboa, 23-03-1895 – ?).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía. Destacado membro da CNT coruñesa, afiliado ao Sindicato de Peones, organizador de sociedades agrarias en Culleredo e comarca, e prolífico conferenciante. Disertou sobre a misión dos Ateneos Populares no Ateneo de la Villa de Rutis en outubro de 1931. Pouco tempo despois, falou no Burgo-Culleredo nun acto organizado polo Centro Cultural do Burgo, en novembro de 1931, sobre o divorcio, e tamén en Celas de Peiro e Ordes, actos organizado polo Sindicato de Peones da Coruña. En 1931 participou en charlas internas de orientación sindical no Sindicato de Peones sobre “Educación sindical” (en novembro), Sindicato de Electricistas e Sindicato de Constructores Mecánicos de Calzado. En outubro de 1931 na comisión revisora de contas do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña. Charlas no Sindicato de Gasistas y Electricistas sobre os sindicatos de industria, en outubro de 1931, e sobre socialismo e sindicalismo, en decembro de 1931. Charla de orientación sindical no Sindicato de Metalúrgicos en novembro de 1931. Estaba previsto que intervira nun mitin no Rosalía en decembro de 1931, mais ao final non o fixo. Posteriormente, en 1932, foi presidente do Ateneo Cultural de San Roque de Afora. En xaneiro de 1932 deu unha charla aos membros da Sociedad de Trabajadores en Carbones, Sales y Minerales “El 1º de Mayo”, para que abriran as súas portas a traballadores doustros gremios, pola crise de traballo. Delegado do Sindicato de Peones no Comité Regional e na FLO da Coruña en xaneiro de 1932. En febreiro de 1932 o Sindicato de Peones acordou que Manuel Rodríguez Matos fora a Ordes para respostar á petición dos peóns dauqela localidade. Delegado do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña na FLO en abril de 1932. En abril de 1932 aprobouse o regulamento da Bolsa de Traballo do Sindiato de Peones proposta por Rodríguez Matos. En abril de 1932 Manuel Rodríguez Matos participou nun acto de propaganda agraria no Salón Prego da Grela, falando de “Emancipación agrícola y aspectos de cultura social”; foi presentado por Jaime Álvarez. Nomeado en maio de 1932 para representar ao Sindicato de Peones no Pleno de Ferrol. En xulio de 1932 participou nun acto de confraternidade con outras entidades culturais coruñesas e tamén pronunciou unha conferencia no Ateneo Cultural de San Roque de Afora sobre o matrimonio civil. Secretario do Sindicato de Peones en setembro de 1932. En setembro de 1933 nova conferencia no CES Resplandor en el Abismo. Nun mitin da Asociación de Inquilinos a comezos de xuño de 1934. Interveu nunha xuntanza do Sindicato de Peones da Coruña en marzo de 1935, sobre o subsidio de enfermidade e retiro obreiro. En 1936 falou na Sociedad Deportiva de los Castros sobre a ética no deporte.

RODRÍGUEZ MONTOTO, José.

Contador da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en decembro de 1913. Vocal da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xaneiro de 1915; vicepresidente en decembro de 1915 e xuño de 1916; secretario exterior en novembro de 1919.

RODRÍGUEZ MORENO, Manuel.

En abril de 1930 ingresa no Sindicato de Trabajadores en Sales, Carbones y Minerales “El 1º de Mayo” da Coruña.

RODRÍGUEZ MORET, Manuel.

Secretario da Asociación Tipográfica de A Coruña en novembro e decembro de 1908, xaneiro, marzo, abril, maio, setembro, novembro e decembro de 1909, xaneiro de 1910, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xulio, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro de 1911. Asina unha petición das sociedades obreiras coruñesas ao concello en abri de 1911, pola desgravación dalgúns artigos de consumo, como secretario da Asociación Tipográfica. Secretario da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en abril de 1911. Tesoureiro da Asociación Tipográfica en xaneiro de 1913. En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres. Secretario da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en marzo de 1915. Tesoureiro da Asociación Tipográfica en marzo de 1916. Tesoureiro da Asociación Tipográfica da Coruña en febreiro de 1922.

RODRÍGUEZ NAVEIRA, Esildo.

Afiliado número 364 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ NAYEIRO, José (Ourense, 1900 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á UGT.

RODRÍGUEZ NIEBLA, Antonio (A Graña-Ferrol, 1907 – )

Detido en marzo de 1935 como presunto autor do incendio da igrexa de Brión. Natural de A Graña-Ferrol, veciño de Jaime Vera, 38, A Graña-Ferrol. Ferreiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 19 de outubro de 1935 por un delito de tenencia ilícita de armas, foi conducido á Coruña o 16 de decembro. Liberado despois das eleccións de febreiro de 1936 coa victoria da Fronte Popular.

RODRÍGUEZ NIETO, Basilio (Salamanca, 1891 – )

Natural de Salamanca, veciño da rúa San Carlos, 40, 2º, en Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 16 de xuño de 1927 por un delito social e foi liberado o 28 do mesmo mes.

RODRÍGUEZ NOVAS, Francisco.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. De Bueu. 39 anos. Afiliado á CNT.

RODRÍGUEZ ORGA, Emilio.

Afiliado á CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Condenado a quince anos de cárcere en xulio de 1937.

RODRÍGUEZ OTERO, José (Ferrol, 1894 – )

Natural de Ferrol, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 16 de febreiro de 1932 e foi liberado o 22 do mesmo mes. Ingresou no cárcere de Ferrol o 8 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o 19 do mesmo mes.

RODRÍGUEZ OTERO, Manuel “El confitero de la Gloria”

Confiteiro de 35 anos, veciño da rúa Calvo Sotelo, 70, reclamado na causa de mariña 44/1937, fuxido dende o golpe militar, foi detido en Ferrol a inicios de febreiro de 1940.

RODRÍGUEZ PAJÓN, Francisco.

En maio de 1935 foi nomeado membro da comisión revisora de contas nunha xuntanza do SIP de Cariño.

RODRÍGUEZ PAZO, José.

Afiliado número 71 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, combatindo en Asturias na Juventud Libertaria en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ PENA, Ramón (?-A Coruña, 14-09-14 – ?).

Zapateiro, da CNT, solteiro, fillo de Joaquín e Gumersinda, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en setembro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía.

RODRÍGUEZ PÉREZ, Antonio.

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Ourense. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

RODRÍGUEZ PÉREZ, Francisco.

Tesoureiro do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en xuño de 1935.

RODRÍGUEZ PÉREZ, Jesús (Neda, 1904 – ?).

Carpinteiro. Secretario do Sindicato Único del Ramo de la Edificación, presidente do Sindicato de Carpinteros y Ebanistas, secretario da Federación de Sindicatos Únicos. Natural de Neda, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 18 de abril de 1933 por un delito de colocación de explosivos, e foi conducido do cárcere o 3 de xulio. Mitin no Ponto-Xuvia en abril de 1933. Detido o 18 de maio de 1933, acusado da colocación de explosivos en San Sadurniño. En maio de 1933 o gobernador civil telegrafiaba ao ministro de Gobernación comunicando que estaba á súa disposición no cárcere de Ferrol. Xulgado en xulio de 1933 pola Audiencia da Coruña xunto a Ovidio Abeledo, Mario Rico e Manuel Ardao, pola suposta colocación de explosivos en San Sadurniño. Pedironlle 22 anos de cárcere. Foi liberado despois de tres meses de cárcere, en xulio de 1933. Detido a finais de xaneiro de 1934 en Neda por participar nunha reunión clandestina, foi levado á Escollera. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Edifición, Sindicato de Ramo del Vestido, Sindicato de Ramo de Higiene, Unión Marítima de Ferrol e Sindicato de Oficios Varios de Limodre. Natural do Neda, veciño de San Pedro, 101. Carpinteiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 29 de novembro de 1936 por orde do Delegado de Orde Pública. Detido por un ano despois do levantamento militar, pasou 16 meses nun Batallón de Castigo. Militante da CNT clandestina en Ferrol, ocupou o cargo de secretario do Comité da F.L. até que tivo que abandonar a cidade cara a Marín. Presentouse en Vigo en agosto do 47. Procesado na causa 156/47, pedironlle 20 anos e foi condenado a 12.

RODRÍGUEZ PÉREZ, Justo.

Membro da comisión organizadora da Sociedad “El Despertar del Obrero” de Sada en febreiro de 1916. En novembro de 1917 Ángel López Vidal e Justo Rodríguez Pérez foron proclamados concelleiros en Sada pola Conjunción Libertaria e Sociedad de Pescadores. Membro da comisión organizadora da Sociedad “El Despertar de los Trabajadores del Mar” de Sada en outubro de 1919; foi nomeado presidente da súa primeira xunta directiva.

RODRÍGUEZ PLANAS, José.

Antes da guerra foi delegado da CNT nun pesqueiro de Mugardos. En outubro de 1938 era mariñeiro do “Soledad Yáñez”, fuxido a Brest. Dende Francia voltou á Galiza, sen ir á zona republicana.

RODRÍGUEZ PORTUGAL, José

Asina o regulamento do Sindicato Único de Sanidad de Santiago de Compostela en nome da comisión organizadora, en setembro de 1931.

RODRÍGUEZ POTENTE, Manuel

Vocal da Sección de Mozos de Hoteles do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en outubro de 1933.

RODRÍGUEZ QUEIJO, Rafael.

Vocal por Sancristobo do Sindicato de Agricultores y Profesiones Varias de Golmar-Laracha en xuño de 1936.

RODRÍGUEZ QUINTELA, Francisco.

De Cee, expulsado de Cuba no “Alfonso XII” en xulio de 1919. Veciño de Gures, detido en decembro de 1933 pola garda civil de Cee, acusado de participar na tentativa anarcosindicalista de decembro cortando as liñas telefónicas.

RODRÍGUEZ RAMOS, Eulogio (1904 – ?).

Traballador de “El Ideal Gallego”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

RODRÍGUEZ REY, Jacinto.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias afiliado á Federación de Grupos de Xixón. Estaba na Academia Superior de Guerra de Santoña en xulio de 1937 e mantiña correspondencia con Enrique Vicente Mesa.

RODRÍGUEZ REY, José.

Afiliado número 357 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ RIAL, Belarmino (Prigue-Nigrán, 07-06-1900 – ?).

Afiliado Sindicato de Marineros de Bayona, mariñeiro do “Rafael del Palacio” de Vigo, fuxido da Coruña en setembro de 1938.

RODRÍGUEZ RIAL, Gabriel.

Ao seu enderezo en Pontevedra dirixíase a correspondencia do CR da FAI, a comezos de 1933.

RODRÍGUEZ RÍOS, Manuel.

Delegado á FLO e de Trabajo do Comité do SIP da Coruña en setembro de 1934. Nunha comisión do “Despertar Marítimo” da Coruña en xulio de 1935.

RODRÍGUEZ RIVAS, Rosendo

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Cordelería, 58, 2º

RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Aquilino.

De Barras de Miño-Ourense, Tenente do BON Galicia en 1937.

RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Emilio (*)

En xulio de 1914 pedía novas do seu irmao Manuel Rodríguez Rodríguez, da Coruña, que en 1907 era sereno en Jatibonico. Emilio vivía en La Habana.

RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Joaquín (A Guarda, 20-03-1902 – ?).

Carpinteiro. Socio da Federación Obrera da Guarda dende 1933, ocupando nela o cargo de vocal, segundo as súas declaracións na causa 613/34. Detido en novembro de 1934 e ingresado na Prisión do Partido de Tui, acusado da colocación de explosivos na igrexa parroquial de A Guarda e na fábrica de cerámica das Cachadas, na parroquia de Salcidos, propiedade de José Antonio Lomba Camiña. A causa foi sobreseida en decembro de 1934.

RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, José (Serantes-Ourense, 1913 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Juan “derecha”.

Detido en abril de 1910 pola súa participación nos disturbios dos portuarios coruñeses en solidaridade cos folguistas de Xixón. Foi acusado da morte dun carreteiro esquirol. En novembro de 1910 participa nun plante de presos no cárcere da Coruña, e tres presos (entre eles “Derecha”) redactaron un escrito dirixido ao presidente da Audiencia queixándose do proceder dos funcionarios. En maio de 1911 participou nun plante de presos no cárcere da Coruña, xunto a Antonio Porto Casal, Enrique Berjano e o “Rojo de Monelos”. Nunha reunión da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” da Coruña en maio de 1914 se comenta unha carta do director do presidio de San Miguel de los Reyes contestando a unha petición do sindicato polo penado Juan Rodríguez Rodríguez. Representa á Sociedad de de Estibadores “El Progreso Marítimo” e Sociedad de Gabarreros “La Unión”, da Coruña, e Sociedad de Cargadores y Descargadores del Puerto, Sociedad de Plomeros, Sociedad de Forjadores y Ayudantes, de Ferrol, no Congreso da Comedia en 1919. Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos. Secretario da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xaneiro de 1928, xaneiro e marzo de 1930. Delegado do Sindicato “Progreso Marítimo” na FLO da Coruña en maio de 1931. Preside unha reunión do Sindicato, na que se decide a fusión co Sindicato “El 1º de Enero”, en maio de 1931. Representou ao Sindicato de Oficios del Puerto da Coruña no Congreso de 1931 en Madrid. Estibador, membro do Comité da FLO da Coruña antes de febreiro de 1932. Nomeado delegado na comisión administrativa Pro Casa Sindical en xaneiro de 1933.

RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Juan

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Castiñeiras de Arriba, 86, 1º.

RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Juan.

Afiliado número 477 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ ROMERO, Justo.

Afiliado número 612 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RODRÍGUEZ SALGADO, Eusebio.

Militante do Sindicato de la Construcción y el Campo de Punxín-Ourense ao constituirse en novembro de 1933.

RODRÍGUEZ SALGADO, Manuel (*)

Extremista español expulsado da Argentina en abril de 1936.

RODRÍGUEZ SERANTES, Santiago

Elixido secretario do Sindicato de Peones da Coruña en abril de 1935; enderezo en Falperra, 50, 3º.

RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ, Manuel (*)

En xulio de 1914 o seu irmao Emilio Rodríguez Rodríguez, da Coruña, pedía novas del, que en 1907 era sereno en Jatibonico.

RODRÍGUEZ SÁNCHEZ, Julio (1903 – ?).

Traballador de “El Noroeste”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

RODRÍGUEZ SANTIAGO, José (Serantes-Ferrol, 1913 – ?).

Chapista. Pertenceu antes da guerra ao Sindicato da Construcción da CNT de Ferrol. Detido en xulio de 1946 pola “Folga do aceite”. Foi condenado a 2 anos de cárcere.

RODRÍGUEZ SEROLES, Santiago.

Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xulio de 1933. Secretario en abril, maio e agosto de 1935.

RODRÍGUEZ SILVA, Carlos.

Fuxido de Pazos-Verín en Portugal, que pasou a zona republicana xunto a Carlos Santirso. Segundo este, en 1940 estaba no cárcere de Ourense.

RODRÍGUEZ SILVELA, Luís.

Detido e liberado posteriormente na Coruña con motivo da folga xeral de setembro de 1911.

RODRÍGUEZ TABOADA, Joaquín.

Vocal 1º da Sociedad de Obreros Cocineros y Similares de la Provincia de A Coruña en febreiro de 1929.

RODRÍGUEZ TAJUELO, Manuel

Detido en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899.

RODRÍGUEZ TEJERO, Manuel (Ferrol, 1910 – ?).

Mariñeiro do “Cabo San Agustín”, afiliado á CNT, preso no campo de concentración de Karaganda en 1948.

RODRÍGUEZ TOMÉ, Ramón.

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Agra do Orzán, T, baixo ou San Andrés, 166 b. Detido o 8 de setembro de 1932 na Coruña por intentar colocar unha bomba na panadería de Fortunato Martínez na rúa da Torre.

RODRÍGUEZ TORRENTE, Juana.

Xulgada en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

RODRÍGUEZ TORRES, Toribio (O Incio, 1909 – Lugo, 12-05-1937)

Labrador do Inicio. Afiliado á CNT. Entrou no cárcere de Lugo o 18 de outubro de 1936 e saiu o 11 de maio de 1937, sendo executado ao día seguinte. Fora condenado a morte na causa 636/36. Segundo algunhas fontes estaba domiciliado en Ribas de Sil.

RODRÍGUEZ VARELA, Eduardo.

Afiliado número 538 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. Militante das JJ.LL. Galaicas no Norte na Compañía de Ametralladoras do BON “Galicia”.

RODRÍGUEZ VARELA, Francisco

Faleceu en outubro de 1910 en Oza despois de non ser tratado no Hospital de Santiago, por negarse a confesarse.

RODRÍGUEZ VARELA, Ramón “Varela”, “Curuxás” (Vilodriz-Toques, 01-08-05 – Vilamor-Toques, 3-5-67).

Nacera no Concello de Toques. Casou con Marcelina Costa en San Xiao do Camiño. En xulio de 1926 foi detido en Palas de Rei por unha pelexa. Despois de facer o servicio militar foi para Lousame. Participou nunha manifestación de mineiros de Lousame ao Concello de Noia en agosto de 1935. Integrou o grupo de mineiros que se congregou en Noia na noite do 18 ao 19 de xulio, dende a súa casa alugada na aldea de Silvarredonda. Na Coruña, conseguiu chegar até a rúa de Riego de Agua, onde tivo un enfrontamento cun soldado que lle disparaba dende unha fiestra. Mineiro de Lousame, afiliado á CNT, fugado en ignorado paradeiro despois do golpe militar. Membro do Sindicato Minero de Lousame, procesado en rebeldía polos incidentes de Noia. Agachouse nun principio nos montes do Confurco e nos elevados cumios orientais do concello de Lousame. Reclamado por un xulgado de Noia en febreiro de 1937. O 14 de abril de 1937 asaltou a mina de San Finx-Lousame, roubando os xornais da mesma, armado cunha pistola. Ao marchar deu uns vivas á República e ao comunismo libertario e tirou cara o monte, onde o agardaban dous homes, cos que colocou unha bandeira. O roubo foi de 6.899 pesetas. Citado por Miguel Vázquez Valiño como un dos integrantes dos grupos libertarios no monte na zona de Lousame e Noia, en febreiro de 1938. Tempo despois foi para a súa zona natal, actuando na guerrilla polas zonas de Palas de Rei, Curtis, Melide, Arzúa e Mesía. En 1941 foi cercado nunha casa duns familiares seus, perto de Lugo, mais Ramón conseguiu burlar o cerco matando ao oficial da garda civil que comandaba as forzas. En 1945 foi acusado da morte dun cabo da garda civil en Palas de Rei. Acusado do asasinato do cura de Meire-Melide, Juan Penido Fernández, en outubro de 1945. En 1947 interveu no atraco a un terrateniente e confidente e Palas de Rei. En 1948 ainda se lle veu armado de rifle e bombas de man no Alto Ulla. Acusado do atraco a Avelino Cebreiro Castro, en Leboreiro-Melide, en abril de 1951. Dende 1953 non houbo novas súas e a garda civil perdeu a súa pista por completo. Morto en Vilamor en maio do ano 1967, de morte natural, cando tiña sobre os 60 anos.

RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, Antonio “Cabanas”

Militante da CNT de Cariño. Fuxido no “Arkale” do porto de Cariño nos primeiros días do levantamento militar. Despois de chegar a Saint Nazaire separouse dos demáis con Baldomero Lage, marchando a traballar na vendimia en Bourdeos, até sete meses despois que foron deportados polas autoridades francesas dende Marseille até Valencia. En Levante incorporaronse ao Batallón Nº 14 da 4ª Brigada, sen entrar en combate. En decembro de 1938 reclamado polo axudante de Mariña de Ortigueira, por rebelión militar.

RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, Enrique.

En novembro de 1935 foi nomeado vocal do SIP de Cariño.

RODRÍGUEZ VÁZQUEZ, Julio “Chevrolet” (Beade-Ourense, 1905 – ?).

Viaxante, na Coruña en 1936, condeado a reclusión perpetua por rebelión militar, participou nos traballos de reorganización da CNT, deixando a súa casa para facer reunións. Procesado na causa 156/47, pedironlle 7 anos e foi condenado a 3.

RODRÍGUEZ VEIRAS, Federico.

Detido o 8 de setembro de 1932 na Coruña por intentar colocar unha bomba na panadería de Fortunato Martínez na rúa da Torre.

RODRÍGUEZ VENTUREIRA, Joaquín (? – A Coruña, 06-10-1927)

En marzo de 1922 o concello da Coruña autorizaba a instalar un posto de xornais na praza de Ourense. En outubro de 1927 falecía Joaquín Rodríguez Ventureira, propietario do kiosco da praza de Ourense “Escuela Germinal”. En marzo de 1932 discutiuse nunha xuntanza do Centro de Estudios Sociales Germinal a situación do Kiosco da praza de Ourense. Leuse unha carta de Joaquín Rodríguez Ventureira (militante da Federación e socio de “Germinal”), datada o 10 de marzo de 1922, dirixida á Federación Local Obreira, onde facía constar que o devandito kiosco fora costeado polos sindicatos ao seu favor para poder gañarse a vida malia estar inútil para o traballo, comprometéndose a vender nel só prensa e libros de ideas avanzadas, deixando á súa morte o posto a “Germinal”. Despois da súa morte herdouno a súa nai sen que os sindicatos puideran reclamar a propiedade, e na altura vendíanse prensa e folletos sicalípticos. Nomeuse unha comisión para ir falar coa nai de Joaquín Rodríguez Ventureira.

RODRÍGUEZ VIDAL, José “Muxicas” (A Coruña, 1885 – ?).

Mariñeiro fuxido da Coruña no “Mascota en setembro de 1937. Estivera afiliado ao “Despertar Marítimo”. Absolto en marzo de 1940.

RODRÍGUEZ VILA, Ángel.

Vocal da Sociedad de Cocineros y Camareros da Coruña en xaneiro de 1922. Vocal 3º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1922.

RODRÍGUEZ VILLAR, Alfonso.

Detido a finais de novembro de 1932 en Vigo, pola aparición de armas e explosivos nun taller mecánico da súa propiedade. En febreiro de 1933 asinando unha suscripción nun grupo de presos sociais do cárcere de Vigo. En xuño de 1933 xulgado con César Rosas e outros dous cenetistas vigueses por suposta posesión de explosivos. Resultaron absoltos.

RODRÍGUEZ VILLAR, José (*)

En outubro de 1933 penaba unha cadea perpetua na Isla de Pinos e “¡Tierra!” de La Habana pedía a súa libertad.

RODRÍGUEZ ZAPATA, Antonio.

Abogado de dous campesiños de Corrubedo detidos entre marzo e maio de 1933, até que foron libertados. Abogado defensor de cinco militantes da CNT de Monforte xulgados en novembro de 1933 e finalmente libertados.

ROEL, Agustín.

Tesoureiro do Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña en xulio de 1932.

ROEL, F.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Lugo en decembro de 1935.

ROEL, J.

En setembro de 1892 asinou unha protesta publicada en “El Corsario” contra os manexos dos republicanos para tentar impedir a publicación dun manifesto anti-electoral na Coruña. En outubro de 1892 colabora cunha suscripción a favor de “El Corsario”.

ROEL, José.

Vocal da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en marzo de 1915.

ROEL, Manuel

En febreiro de 1903 formou parte da primeira directiva da Sociedad Coral “Unión y Libertad” da Coruña, como secretario.

ROEL, Manuel.

Paqueteiro ou suscriptor de “Tierra y Libertad” na Coruña, que lle adebedaba cartos en xulio de 1908.

ROEL, Manuel

Vicepresidente da Sociedad de Pescadores y Traineros “La Humanidad Libre” da Coruña en decembro de 1918.

ROEL, Nicolás

Anuncia un donativo mensual ao xornal “¡Tierra!” de La Habana en abril de 1905.

ROEL CASTRO, José.

En 1930 foi Presidente da Federación Nacional de Empleados y Obreros del Petróleo, constituida na Coruña en xaneiro do mesmo ano. Logo dun viaxe á URSS como traballador da flota petroleira publicou un artigo crítico coa Unión Soviética, asinando como presidente do Comité da Flota; este artigo foi lembrado nun artigo de Miguel Jiménez sobre a rexional galaica en “Solidaridad Obrera” de París en setembro de 1954.

ROEL COSTA, José.

Na Directiva do Comité de Factoría da Unión Petrolifera en abril, maio e decembro de 1931, e febreiro de 1932. Comisionado a Lugo en agosto de 1931. Presidiu unha reunión da Unión Petrolífera en xaneiro de 1932.

ROEL LÓPEZ, Aurora Libertad.

En xaneiro de 1905 foi inscrita polos seus pais Manuel S. Roel e Benita López Fuentes, na Coruña.

ROIBAL.

Amigo de “Roque” Gantes, establecido en Ferrol nos anos 40, implicado na reorganización clandestina da CNT.

ROIBAL, J.

Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Tui en novembro de 1932.

ROIBAL, José

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Independencia, 40, 1º.

ROIBAL, M.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

ROIBAL CONEY, Emilio.

Vendedor de xornais, detido a comezos de decembro de 1933 xunto a Jacínto Méndez Esporrín e outros, por dar gritos subversivos.

ROIBAL LISTA, José

Ou Ruibal. Socio da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xulio de 1915. Membro da Comisión Revisora da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1916. Vocal 1º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xulio de 1922. Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” en outubro de 1927 e abril de 1928. Membro dunha comisión revisora de contas da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en marzo de 1930. Vicesecretario en setembro de 1930.

ROIBAL REY, José.

Vocal 3º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xulio de 1927.

ROIBAL SILVA, Ramón.

Contador do Sindicato de Canteros da Coruña en maio de 1929.

ROIBAL VILLAVERDE, Enrique.

Vicecontador do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en maio e agosto de 1935.

ROIG RAMÓN, José (*)

En febreiro de 1931 foi detido en Camagüey, acusado de querer voar varios centrais azucareiros. Foi decretada a súa expulsión, que tivo lugar a inicios de marzo no “Manuel Arnús”.

ROJO, Francisco.

Nomeado vocal do Sindicato de Hojalateros da Coruña en maio de 1931.

ROJO, María

Participa nunha suscrición de “El Corsario” para os presos de Cádiz en outubro de 1891.

ROJO FAJARDO, Alfredo

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

ROJO LEIRO, M.

Vicepresidente do Sindicato de Obreros Municipales “La Aurora” da Coruña en xuño de 1931.

ROJO MORÁN, Ángel (Ferrol, 1906 – )

Natural de Villamal-León, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 16 de febreiro de 1932 e foi liberado o 20 do mesmo mes.

ROJO VALLEJO, Manuel

Foi tesoureiro da Sección de Pescadores a la Parte “La Humanidad Libre” do SIP da Coruña. Tesoureiro do Sindicato de Carga y Descarga “El Progreso Marítimo” da Coruña, en decembro de 1931 e marzo de 1932.

ROLDÁN, Enrique.

Ou Rondán. Vicepresidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en febreiro de 1913. Presidente da Sociedad de Obreros Municipales da Coruña en setembro de 1918. Presidente da Unión de Obreros Municipales da Coruña en outubro de 1919.

ROMALDE, Tomás.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

ROMÁN, Fernando

En outubro de 1934 “Tierra y Libertad” de Barcelona solicítalle o seu enderezo.

ROMÁN, José

Albañil, na segunda metade de maio de 1890 participou no mitin realizado no salón Curty de Vigo pola rebaixa da xornada laboral.

ROMÁN DEVESA, Manuel.

Afiliado número 272 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

ROMÁN NEGREIRA, Luis.

Traballador da Imprenta Roel, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

ROMÁN RODRÍGUEZ, Fernando (Vigo, 17-11-12 – ?).

Mecánico, recollía cotizacións da CNT viguesa en Barreras. Procesado na causa 156/47, pedironlle 7 anos e foi condenado a 1 ano de prisión.

ROMANÍ CACHEIRAS, Rosalino (Esteiro-A Coruña, 1893 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT.

ROMASANTA, Félix (*)

Sometido a un proceso en novembro de 1912, tiña aberta unha suscrición en “¡Tierra!” de La Habana.

ROMAY, Benito.

Secretario xeral do Sindicato de Obreros y Campesinos de la Comarca de Poio e Sanxenxo en xaneiro de 1933. Representou ao Sindicato de Campesinos de Poio e Sanxenxo no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

ROMAY MATO, Eduardo (Lugo, 1913 – ?).

Albañil de Lugo. Contador do Ateneo Libertario “Humanidad Libre” en maio de 1935. Secretario do Sindicato General de Trabajadores de Lugo e da súa Sección de Albañiles en 1936. Contador do Ateneo Libertario “Humanidad Libre” en maio de 1936. Foi procesado e condenado despois do golpe militar. Entrou na cadea de Lugo o 18 de xaneiro de 1937 e saiu o 23 de agosto de 1940, en prisión atenuada. Fora condenado a cadea perpetua na causa 1198/36. Foi castigado por intercambiar notas coa muller, presuntamente para poñerse de acordo nas declaracións.

ROMAY PEGO, Elisardo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

ROMEO

En xulio, novembro de 1898 asina artigos en “La Protesta Humana” desde Gijón, como “Oemor”.

ROMEO, Liberto Palmiro.

Fillo de Constancio Romeo, inscrito civilmente en abril de 1905.

ROMEO LASARTE, Constancio (Zaragoza, ? – ?).

En setembro de 1883 exercía de corresponsal de “La Autonomía” de Sevilla en Barcelona. Conferencia no Centro del Ramo de Ebanistería de Barcelona sobre “¿Es compatible la autoridad con la libertad?” en xuño de 1887. Anarquista, foi un dos iniciadores da “Antorcha Galaica del Librepensamiento” a finais do século XIX. En agosto de 1901 participou nun mitin en Elda, en protesta polos sucesos da Coruña (era profesor laico en Alicante). En outubro de 1901 leuse unha poesía súa en Gijón. En xuño de 1903 voltaba a residir en Alicante, onde estableceu un colexio. En agosto de 1903 colabora en “Tierra y Libertad” desde Alicante; nesa altura polemizaba en “Tierra y Libertad” con “El Obrero Moderno” de Murcia. En xuño de 1904 foi proposto por Alicante e Elda como delegado ao Congreso Antimilitarista de Amsterdam. Ainda que era valenciano, afincouse na Coruña como mestre racionalista e dirixiu a escola laica da Antorcha Galaica del Librepensamiento. A chegada de Romeo e a súa compañeira contribuiu á aparición de escolas libertarias na Coruña. Doutor en ciencias, pronunciou unha conferencia sobre “Quimica estelar” no Circo de Artesanos da Coruña en decembro de 1904. En abril de 1905 inscribiu civilmente ao seu fillo Liberto Palmiro en Alicante. Participou no mitin do 1º de maio de 1906 no Teatro Circo da Coruña. Participou no mitin anticlerical de decembro de 1906 no Teatro Circo da Coruña. Participa nun mitin anticlerical en Betanzos o 23 de decembro de 1906. En 1907 retou a Pablo Iglesias para que mantivera unha polémica con el, por intermedio de Heraclio Botana, que finalmente non foi aceptada. Si que aceptou despois Isidoro Acevedo, director do xornal “La Lucha de Clases” de Bilbao, mais Romeo non quixo polemizar con outro que non fora Iglesias. Tempo antes, en Játiva si que se realizara aquela polémica entre Romeo e Pablo Iglesias. Posteriormente, cando estaba de mestre laico en Alicante, tamén retou a Verdes Montenegro, que non aceptou. En xulio de 9107 participou nun mitin en Ferrol do CES “Floreal” pedindo o indulto de Nakens, Mata e Ibarra. En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908. En abril de 1909 participou nun banquete no día do xoves santo, que a prensa católica calificou de profanación. En maio de 1909 presidiu un mitin para pedir a liberdade dos presos de Alcalá del Valle. Detido e deportado a Fonsagrada en setembro de 1909, a súa escola foi clausurada. Foi detido nos inicios de setembro de 1909 e chegou a Lugo conducido pola garda civil o 2 de setembro; despois de pasar polo Goberno Civil levarono ao cárcere para ser levado o día 5 a Fonsagrada. Esta medida respondía a ordes do Ministerio de Gobernación. Segundo a prensa chegara dende Alicante cara A Coruña para un 1º de maio e quedou na cidade ao cargo da escola das sociedades obreiras. En outubro de 1909, cando estaba deportado en A Fonsagrada, beneficiouse do levantamento da suspensión de garantías constitucionais e a escola voltou a abrir. En outubro de 1909 “El Eco de Galicia” protestaba da reapertura da Escola Laica, que se produciu polos seus profesores Juan Matiu e Constancio Romeo a instancias do presidente da Antorcha Galaica del Librepensamiento, o concelleiro José Arias Díaz, ao levantarse a suspensión das garantías constitucionais..Tomou parte nun mitin polo levantamento da suspensión das garantías constitucionais en outubro de 1909. En xaneiro de 1910, mitin pedindo a liberdade dos presos da semana tráxica barcelonesa. Mitin pedindo a ampliación do indulto, en abril de 1910, na Coruña. En decembro de 1910 asina artigos en “Acción Libertaria” de Gijón. Denunciado pola prensa católica en marzo de 1911 polo feito de que nin Romeo nin os seus discípulos se descubriron ao tocar o himno nacional no acto da festa do árbol na Coruña. Interveu nun mitin no “Circo Pardo Bazán” da Coruña en maio de 1911. Interveu nun mitin no “Circo Pardo Bazán” da Coruña en xuño de 1911 en solidaridade cos revolucionarios mexicanos e arxentinos, organizado pola Federación Sindical Solidaridad Obrera. Participou no mitin do 1º de maio de 1912 en Compostela. En setembro e outubro de 1912 colabora en “El Libertario” de Gijón. En decembro de 1912 desprazouse a Madrid para participar no mitin pola amnistía. En xaneiro de 1913 presidiu o mitin sindicalista pro-amnistía que tivo lugar no salón teatro “Lo Rat Penat” de Madrid. Participou nun mitin anticlerical no Teatro Circo Emilia Pardo Bazán da Coruña en marzo de 1913. En marzo de 1913 “¡Tierra!” de La Habana reproducía un artigo seu saído orixinalmente en “La Voz del Obrero”. En abril de 1913 enviaba unha carta a Octave Jahn pedíndolle acuse de recibo do envío do folleto “Disertación Científico Social”; a carta ia nunha folla con membrete da Escuela Integral para Niñas, ensino racionalista en Orzán, 42, segundo. “El Eco de Galicia” acusabao de promover as pitadas a Juan de la Cierva na súa visita á Coruña en abri de 1913; tamén se dixo que acompañaba a José Creo de Liste cando este atirou unha pedra ao Hotel de Francia. En setembro de 1913 deu unha conferencia no local de “La Emancipación” sobre socialismo e sindicalismo, en contestación a unha conferencia pronunciada no Casino Republicano polo socialista Tomás Álvarez Angulo, con quen non lle permitiron establecer controversia. En outubro de 1913 ao constituirse a Agrupación Galaica Pro Instrucción Racionalista “13 de Octubre” en La Habana, acordou sufragar o déficit da escola integral de Romeo. En outubro de 1913 pediu controversia nun mitin de Tomás Álvarez Angulo no Casino Republicano da Coruña, que non lle foi concedido, polo que en días posteriores organizouse unha conferencia para rebatir as súas afirmacións. En xuño de 1914 participou nun mitin no Teatro Circo da Coruña pedindo a libertade dos presos sociais. En xulio de 1914 publica en “Tierra y Libertad” un artigo sobre o Congreso Anarquista Internacional de Londres, propoñendo que Vascongadas, Asturias e Galicia estean representadas por un delegado; en setembro envía outro novo artigo sobre o asunto. En xulio de 1914 presidiu unha conferencia de Rodolfo González Pacheco, organizada polo CES “Germinal” no Casino Republicano da Coruña, e pouco despois outra no “Centro Castellano”. En agosto de 1914 “La Protesta” recollía unha correspondencia de Constancio Romeo facendo a crónica das conferencias de Rodolgo González Pacheco, seis en Ferrol e unha na Coruña no Casino Republicano. En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres. Asina unha nota en “Tierra y Libertad” en decembro de 1914 lamentando a morte de Anselmo Lorenzo, a quen califica como vello amigo. Vocal do xurado da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en marzo de 1915. López Bouza lembra en marzo de 1915 que a Comisión Pro-Escuela Moderna de Ferrol organizou unha conferencia de Constancio Romeo. A finais de marzo de 1915 asina unha necrolóxica de Tarrida del Marmol, a quen coñecera en 1882, en “Cultura Libertaria”. . En marzo de 1915 no xornal “La Voz de Campesino” lembraban as súas controversias cos socialistas, en Xátiva en 1892 con Pablo Iglesias ou en Alicante en 1904 con Valeriano García. Participou no especial de “Tierra y Libertad” dedicado a Anselmo Lorenzo en marzo de 1915. En abril de 1915 foi designado delegado pola Federación Anarquista Cántabra. En maio de 1915 representou ao Ateneo Sindicalista de Ronda, Grupos “Juventud en Marcha” e “Ni Dios ni Amo” da Coruña, Comité de Propaganda Social de Lisboa, “Antorcha Galaica del Librepensamiento” da Coruña, e Federación Anarquista Cántabra no Congreso da Paz. En xuño de 1915 a Federación Anarquista Cántabra Galaica estivo represenetada por Romeo no Congreso da Paz, e indica que Romeo é integrante da Federación. En setembro de 1915 o Comité da Federación Anarquista Cántabra-Galaica envía un comunicado desde San Sebastián lembrando o acordo tomado en Ferrol a proposta de Constancio Romeo de crear unha Asociación Internacional Anarquista e reitera a proposición. En marzo de 1916 a revista “Los Nuevos” contaba con colaboracións súas para publicar. En agosto de 1916 o Grupo “Ni Dios Ni Amo” desminte que perdera a confianza en Romeo, diante dunhas acusacións en “La Voz del Obrero”. Participou nun mitin para pedir o abaratemento das subsistencias e unha amnistía, na praza de touros da Coruña en outubro de 1916. Procesado despois da folga de 1917. Jaime Aragó lembraba en “Nueva Humanidad” de Barcelona unha visita á escola libre graduada de Romeo na Coruña, onde 150 alumno se mantiñan en calma mentres Aragó falaba con Romeo; nesa visita Romeo comentoulle que nunha ocasión o visitara unha comsión de oito persoas, da Comisión Municipal de Cultura, o Inspector Provincial de Primeiro Ensino e o Director General de Instrucción Pública, que lle fixeron preguntas aos seus alumnos e logo deronlle o segundo premio, pois o primeiro estaba destinado a escolas oficiais. Morreu en decembro de 1917 e “La Voz de Galicia” lamentou a sua morte. En decembro de 1918 “Tierra y Libertad” se facía eco da súa morte, dando o pésame á súa compañeira Dolores López e aos seus fillos Acracia e Liberto. A sociedad de carpinteros da Coruña acordou aportar 5 pesetas mensuais á escola mantida pola súa viuva en febreiro de 1918.

ROMERO, A.

Contador do Sindicato de Empleados y Obreros Municipales da Coruña en xulio de 1934 e novembro de 1935.

ROMERO, Ángel.

Vicesecretario da Asociación de Trabajadores da Coruña, convoca unha xuntanza o 8 de outubro de 1882.

ROMERO, Antonio

Nos números 1 a 5 de “El Porvenir”, entre o 3 de febreiro e o 20 de marzo de 1845, deu á luz o seu artigo “Pasado, presente y porvenir de la poesía”. “El Porvenir” de 12 de febreiro de 1845 e o do 23 de febreiro de 1845 conteñen artigos seus; neste número tamén publica unha resposta ao comentario de Ramón de la Sagra sobre o artigo “Nuestra bandera literaria” de Antolín Faraldo, no suplemento da revista. O 20 de marzo de 1845 publicou en “El Porvenir” o artigo titulado “Omniscio”. O 25 de maio de 1845 publicou en “El Porvenir” o seu artigo “El Poeta”. “El Porvenir” do 2 de agosto de 1845 contén un artigo seu. En setembro de 1845 “El Eco del Comercio” publicou unha protesta asinada por Faraldo, Rúa e Romero pola suspensión de “El Porvenir”.

ROMERO, Antonio.

Cotizante da CNT en Xuvia cara a 1947. Integrante do grupo sindical de Embarcaciones Menores do Ponto, fuxiu.

ROMERO, Antonio (Viveiro-Lugo, 1903 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á UGT.

ROMERO, Benito.

Vocal 2º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xuño e novembro de 1909. Secretario do Montepío da sociedade en marzo e maio de 1910. Vocal da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en febreiro de 1912. Vicepresidente da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xaneiro de 1930. Vicepresidente do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” de A Coruña en marzo de 1930.

ROMERO, Eliseo.

Delegado cobrador da Sección de Peones Auxiliares de Obras Públicas do Sindicato de Oficios Varios da Coruña, en xaneiro de 1933.

ROMERO, Francisco.

Afiliado á CNT de Ferrol antes da guerra civil. Investigado pola “Folga do aceite”. Traballaba como electricista no Taller Nº 1.

ROMERO, José.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios de Noia y su Comarca en maio de 1932. Vicesecretario do SOV de Noia na súa fundación, en maio de 1932.

ROMERO, José.

Pescador e militante anarquista, natural de Borio, estaba traballando no porto de Pasajes no momento de producirse o golpe militar. Combateu na fronte norte até a caída deste, cando conseguiu fuxir a Francia. Ao iniciarse a invasión alemá en maio de 1940 uniuse ao maquis, e ao reatar a II Guerra Mundial escribiu desde Marsella á súa irmá en Argentina, quen o reclamou e chegou a Buenos Aires en 1950.

ROMERO, José

En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Barcelona..

ROMERO, Manuel

En febreiro de 1903 participou pola sociedade de Confeccionadores de Cuchillos nun mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña.

ROMERO, Manuel “Oleiro”.

Fuxido nos bous “Santa Eulalia” e “Santa Rosa”, cara a Bilbao, dende Muros e Noia. Segundo testemuñas, morreu no combate contra as tropas nacionais no frente norte.

ROMERO, Manuel.

Colabora dende Saint Pierre Quilbignon nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

ROMERO, Manuel

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

ROMERO, Ramón (Esteiro-Muros 5-1-18 – ?).

Mariñeiro, militante da CNT dende 1933, no SIP da Coruña. Pide o reingreso na CNT en Inglaterra en xulio de 1945.

ROMERO, Roque.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

ROMERO, Tomás.

Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende Vilagarcía.

ROMERO, Valentín.

Delegado cobrador do Sindicato “El Despertar Marítimo” da Coruña en agosto e setembro de 1931.

ROMERO BIU, Mnauel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Ramón y Cajal, 10, 2º.

ROMERO FERNÁNDEZ, Fidel (Muros-A Coruña, 1910 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; estivera afiliado á CNT.

ROMERO FREIRE, Manuel

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

ROMERO GÓMEZ, Manuel.

Miñeiro de Aldeagrande, participou na expedición que saiu de Lousame e Noia cara a Coruña para tentar defender a República. Foi de volta cara a Noia con outros catro compañeiros, camiñando polos montes.

ROMERO MENÉNDEZ, José (Ferrol, 1892 – )

Natural de Ferrol, veciño do Inferniño, en Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de marzo de 1933 por un delito de atentado, e foi liberado o 16 do mesmo mes.

ROMERO PAZÓ, Víctor “Zorrilla”.

Fuxido detido no seu agocho en abril de 1939; fora o autor de varios atracos en complicidade con José Alonso “Berzas” e Roberto Fernández Álvarez “Severo”. Atopouselle unha bandeira da FAI e outra comunista, así como uns gráficos referentes á FAI, CNT e PC, da súa autoría. Foi condenado á pena de morte.

ROMERO PÉREZ, Francisco (Corrubedo, 1909 – ?).

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en abril de 1937. Casado con María Maneiro Álvarez.

ROMERO PIÑEIRO, José.

Presidente da “Solidaridad Marinera” de Moaña, participou en mitins electorais en Tirán, Meira, Domaio e Moaña, en abril de 1931, xunto a representantes socialistas e republicanos. Asina unha protesta en “El Pueblo Gallego” polos sucesos da proclamación da República e a morte de Cándida Lago, en abril de 1931. Asina unhas bases en nome da “Solidaridad Marinera” de Moaña en abril de 1931. Alcalde de Moaña, interveu nun mitin en Bueu en outubro de 1931. Participa nun mitin en Moaña en marzo de 1935.

ROMERO PONCE, José.

Afiliado á CNT de Vilavella-A Mezquita, participou na resistencia contra o golpe militar.

ROMERO QUIÑONES, Ubaldo

En decembro de 1906 publicou un libro titulado “Redención económica” na Tipografía de “La Lucha” de Vigo.

ROMERO RAMOS, Fermín (Mugardos, 1919 – ?).

Ferreiro. Militante anarquista de Mugardos. Investigado pola “Folga do aceite” en agosto de 1946.

ROMERO RAMOS, Maximino (Mugardos, 08-05-1912 – ?).

Armador, veciño de Meha-Rilo-Mugardos. Detido a finais de xaneiro de 1934 en Neda por participar nunha reunión clandestina, foi levado á Escollera. O gobernador civil impuxolle unha multa de 1000 pesetas en agosto de 1934, pola súa suposta participación na queima da igrexa de Mugardos. Representou ao Sindicato de Industria Naval de Ferrol no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935. Participou nunha ponencia sobre escolas racionalistas do Congreso da CRG de Ourense en decembro de 1935. A finais de marzo de 1936 as Juventudes Libertarias de Ferrol organizaron un mitin no Palacio del Baile do Alto do Castaño, no que falaron Manuel Fernández, Maximino Romero e Luis Abella. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato General de Ferrol e Sindicato de Oficios Varios de Mugardos. Mitin en Mugardos en maio de 1936. Mitin en Vilagarcía en maio de 1936. En xulio de 1936 tentou entrar no Arsenal e ao ser rexeitado, refuxiouse nunha casa con José Silva e Miguel Pena Ares, comunistas, na que fixeron frente ás forzas sublevadas. Fugado de Ferrol en maio do 39 nas parellas “Teresita” e “Carmiña”. Mecánico, fillo de José e Celestina, figuraba como membro do GTE 129 y 148 en Bouches du Rhône o 22 de maio de 1940. En outubro de 1955 presentou un acto de Ramón Liarte organizado pola FL. de Marsella, en calidade de secretario da FL de La Ciotat.

ROMERO REBÓN, Carlos “Córcholis” (Cervás-Ares, 24-03-1915 – Hartheim-Alemania, 09-02-1942)

Alumno do Instituto de Ferrol, foi chamado para presentarse nel en abril de 1936. En agosto de 1936 escribe artigos en “La Tierra” de Cartagena, desde o acoirazado “Jaime I”. En outubro de 1936 concedeuselle a continuidade no servicio por tres anos, no Jaime I, desde a data 21 de setembro de 1936. En setembro de 1937 pronunciou unha conferencia en Cartagena sobre “Arte revolucionario”, organizada pola Asociación Nacional de Cultura de las Fuerzas Armadas-Sección de Cartagena. En outubro de 1937 colabora con “Galicia Libre” como “Córcholis”. En novembro de 1937 colabora en “Galicia Libre” como “Córcholis”, como corresponsal en Cartagena. En decembro de 1937 asina un artigo en “Galicia Libre” sobre a represión en Ourense. En xaneiro de 1938 colabora en “Galicia Libre” como “Córcholis”. En febreiro de 1938 asina un artigo en galego en “Galicia Libre” como “Córcholis”. En febreiro de 1938 asina un artigo en “Cartagena Nueva”. En marzo de 1938 colabora en “Galicia Libre” como “Córcholis”, e publícase unha charla que pronunciou ante os micrófonos da Flota Republicana en Cartagena, na emisión dedicada á Galicia Martir. En abril de 1938 colabora en “Galicia Libre” como corresponsal en Cartagena. En xuño de 1938 publica o artigo “”Olladuras por fora e por dentro”, en galego, en “Galicia Libre”. En xuño de 1938 comezou a publicar “Mi cuaderno de apuntes” en “Cartagena Nueva” en forma de serial, con polo menos 23 entregas até o 11 de xulio de 1938. En xulio de 1938 asina artigos en “Cartagena Nueva”, un deles como “Córcholis”. En agosto de 1938 asina artigos en “Cartagena Nueva”. Segundo Enrique Barrera, era fillo de Luis Romero Ortiz e Isolina Rebón Montero, e vivían en A Louseira, aínda que despois foron para San Felipe; foi enviado a Hartheim en febreiro de 1942 e morreu alí nun experimento médico. Segundo Nomes e Voces, preso en Moosburg, deportado a Mauthausen en agosto de 1940 e logo traslado a Gusen en xaneiro de 1941.

ROMERO SEGADE, Manuel

En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Valencia.

ROMERO TUBÍO, José “O Pombeiro” (Cerquides, 3-10-1897 – Porto do Son, 16-9-36).

Tamén sae como Tobío. Labrego na súa xuventude, despois foi fragueiro. Percorría as parroquias da bisbarra serrando piñeiros. Casou en 1922 con Xoana Martínez Blanco. De Cerquides a parella marchou cara a Cruido e, posteriormente, “O Pombeiro” marchou a Cuba. Retornado da emigración cubana en 1928, con novas ideas políticas. Á súa volta de Cuba comezou a traballar como capataz nas obras de varias estradas. Presidente do Comité Agrario y de Oficios Varios de Cruido-Lousame, na súa fundación, en xaneiro de 1933. En marzo de 1933 foi elixido presidente do Sindicato Agrario y de Oficios Varios de Lousame. En marzo de 1933 protestou pola paralización das estradas das carreteiras de Portobravo ó Confurco. Dirixiu as protestas da folga dos mineiros en maio de 1933. En agosto de 1934 asinaba un acta de avenencia do Sindicato co contratista da carreteira de Portobravo ao Confurco. Tomou parte tamén na folga da canteira de Castro, na que se extraía a pedra para as obras da carreteira de Noia a Santiago. Fundou tamén en Cruido un Comité Republicano Federal, e fixo varias campañas electorais. Denunciado en agosto de 1935 por un altercado nunha manifestación da Juventud Católica. Foi para A Coruña cos mineiros de Lousame e Noia. Veu de volta polos montes xunto a outros catro mineiros. Despois estivo agachado polos montes da zona. Quixo marchar cara a América, mais foi detido en Vilagarcía. Paseado pola Falange de Lousame e Noia en setembro de 1936, preto do cemiterio de San Vicente de Noal-Porto do Son.

ROMEU VECINO, Aquilino (Celanova, 1913 – A Coruña, 16-11-1996).

Afiliado número 146 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, combatindo en Asturias no Parque de Artillería en xuño de 1937. Membro da CNT da Coruña na clandestinidade, fuxiu. Morreu en novembro de 1996 na Coruña.

ROMO.

Militante ferroviario de Ourense, sancionado en outubro de 1934.

ROS, Ginés

En maio de 1915 tomou parte no Congreso da Paz de Ferrol, representando á Federación de Sociedades Obreras de La Unión y Cartagena.

ROSA PASCUAL, Emilio

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en C. da Palloza, Fábrica Herrero Hernández.

ROSALES

Muller integrante da Sociedad de Conserveras de Marín, relatou como foran botadas da Federación Obrera no Congreso Regional Galaico de agosto de 1922.

ROSALES, Florentino.

Representou a Ferrol, na reunión constituinte da Federación Marítima del Litoral Gallego, celebrada en Compostela en decembro de 1925.

ROSALES, Progreso

Asina artigos en “¡Tierra!” de La Habana en agosto e setembro de 1910, desde A Coruña.

ROSALES JUNTURIS, Florentino (A Coruña, 1901 – A Coruña, 6-10-36).

Tamén sae como Sunturis. Metalúrxico de Fonte Culler afiliado ao Sindicato de Metalúrgicos da Coruña. En setembro de 1928 e marzo e xuño de 1929 asina artigos no xornal “¡Despertad!” de Vigo. De Metalúrgicos, participa nunha asamblea no Cine Doré da Coruña en novembro de 1928, para tratar das indemnizacións por accidentes de traballo. Delegado do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña ao Pleno Nacional en novembro de 1932. Participa nun mitin no Portillo a finais de marzo de 1933. Integra unha comisión do Sindicato Metalúrgico da Coruña para o estudio dos temas do Congreso Nacional da Industria Metalúrgica, en abril de 1933. Impuxeronlle unha multa de 20.000 pesetas como dirixente do movemento revolucionario de decembro de 1933. En xuño de 1934 foi nomeado secretario do Sindicato de Metalúrgicos. Secretario interino do Sindicato en marzo de 1935. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Metalúrgicos da Coruña. Detido despois do levantamento militar, por enfrentarse ás forzas do exército na calle de Fernández Latorre. Condenado á pena de morte en xuizo sumarísimo, foi executado o 6 de outubro de 1936.

ROSAS BERMÚDEZ, César (Nerva-Huelva, 1903 – O Toural-Teis-Lavadores, 03-04-39).

Chófer. En xuño de 1932 foi posto a disposición da autoridade xudicial de Vigo, por lanzar unha folla chamando ao paro. Membro do Comité Internacional Pro-Presos y Perseguidos de Vigo en agosto de 1932. Membro do Comité da FL de Vigo en setembro e outubro de 1932. Asina unha carta aberta da FL de Vigo a “El Luchador” polas súas críticas á CRG, en novembro de 1932; neste mesmo mes foi denunciado e detido por tenencia ilícita de armas e explosivos. Detido a finais de novembro de 1932 en Vigo, pola aparición de armas e explosivos nun taller mecánico. Secretario da FL CNT de Vigo, detido en decembro de 1932, pola aparición dun depósito de armas. Tivo unha reunión cunha comisión de traballadores da Guarda, que estaban en folga na cerámica del Salcidos e a policía sospeitaba que fora el quen lles dera os explosivos que se utilizaron contra a devandita fábrica e a igrexa parroquial da Guarda en novembro de 1934. En marzo de 1933 asina un artigo en “Solidaridad Obrera” da Coruña dende o cárcere de Pontevedra. En abril de 1933 no cárcere de Pontevedra. Foi xulgado en xuño de 1933 e absolto, con outros tres cenetistas vigueses. Participa nun mitin da FL de Vigo representando á Juventud Libertaria e nun acto pro-amnistía, organizado polo SIP en Chapela, en representación das JJLL, en xulio de 1933. Tamén participa nun acto organizado pola asociación cultural “La Antorcha del Porvenir” de Beade, en xulio de 1933. En agosto de 1934 a disposición do xuiz de instrucción de Vigo polo plantexamento dunha folga de taxis. En novembro de 1934 detido como promotor do movemento de outubro. En abril de 1935 a policía sospeitaba que no seu coche se traficaba con armas e dinamita. En abril de 1936, secretario do SOV Vigo. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Oficios Varios de Vigo. Membro da comisión reorganizadora dos choferes de alquiler de Vigo, en maio de 1936. Fixo frente ao exército en xulio de 1936, sospeitandose que interveu na requisa de armas na armería “La Cosmopolita”. Suicididouse en abril de 1939, xunto a Antonio Iglesias González, ao ser cercado pola garda civil.

ROSENDE, Francisco.

Contador do Sindicato de Estibadores “Colla Nueva” de A Coruña en marzo de 1930.

ROSENDE, Manuel.

Representou ao Sindicato de Oficios Varios de Paradela no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

ROSENDE CALVO, Enrique (A Coruña, 1911 – ?).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Sánchez Bregua, Café “Asturias”. Camareiro, detido en xulio de 1936. No mes de agosto foi condenado a cadena perpetua, ingresando no cárcere de Pamplona en xaneiro de 1937. En 1940 a condena foille conmutada pola de 3 anos e nove meses. A súa nai, Josefa Calvo Cortés participou nas tarefas de reorganización da FAI clandestina.

ROSENDE CALVO, José “Negro” (A Coruña, 1913 – ?)

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Torre, M-R, baixo. Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía. Xulgado en marzo de 1936 por tentativa de incendio no convento dos pais Redentoristas; fillo de Enrique e Josefa, 23 anos, natural da parroquia de San Jorge da Coruña, e veciño carreteira da Torre, letra L-M da Coruña. Irmao de Enrique. Xulgado a inicios de abril de 1936 polo tribunal de urxencia pola tentativa de incendio do convento dos pais redentoristas. Morto no Castro de Elviña nun enfrontamento coa garda civil, xunto a Uxío Carré e outros dous, a finais de agosto de 1936. A súa nai, Josefa Calvo Cortés participou nas tarefas de reorganización da FAI clandestina.

ROSENDE HUERTA, Enrique.

Sae tamén como Rosende Puertas. Vocal da Sociedad de Cocineros y Camareros da Coruña en xaneiro de 1922. Vocal 1º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1922; vicepresidente en xulio de 1922. Presidente da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xulio de 1929. Vicepresidente do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” en setembro de 1930, decembro de 1931 e agosto de 1934. Presidente en xulio de 1934. Pai dos anarquistas Enrique e José Rosende Calvo, e compañeiro de Josefa Calvo Cortés.

ROSENDO, Ángel.

Ingresa no Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” en novembro de 1933. Vocal do Sindicato de Carga y Descarga “El Progreso Marítimo” da Coruña, en marzo de 1932.

ROSENDO, Manuel.

Delegado do Sindicato de Canteros, Marmolistas y Similares da Coruña nas obras do municipio para o tema do retiro obreiro en abril de 1929.

ROSQUILLAS MAGRIÑÁ, Jaime

Do Comité Nacional da CNT, participou nun mitin en Ferrol en xaneiro de 1932. Participou nun mitin de propaganda sindical no teatro Jofre de Ferrol en xaneiro de 1932. Conferencias en Ferrol en Carpinteros y Ebanistas, e no Ramo de la Edificación. Detido a finais de mes en Ferrol por negarse a abandonar a poboación no prazo fixado pola autoridade gubernativa; liberado dous días despois, coa condición de abandonar a cidade.

ROUCO, Antonio

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Adelaida Muro, 37, 3º centro.

ROUCO, Rafael

En xuño de 1893 Rafael Rouco e Concepción Pedroso inscribían no rexistro civil de Sestao ao seu fillo Cosmopolita Progreso.

ROUCO, Román (*)

Segundo Amparo Sánchez Cobos en 1917 foi nomeado secretario xeral do Sindicato de los Obreros de la Industria del Chocolate, Galleticas, Confituras y demás Similares.

ROUCO BUELA, Juana

En setembro de 1909 “La Protesta” comunica a aparición en Montevideo do xornal feminista e anarquista “La Nueva Senda”, dirixindo a correspondencia a Juana Rouco Buela, en Reconquista, 20, Banda Oriental. En xulio de 1910 Joaquín Hucha conta nun artigo como o goberno uruguaio decretou a súa detención polas súas protestas pola morte de Ferrer. “Regeneración” faise eco dun comunicado da FORA en febreiro de 1912 en que comenta a expulsión de Juana Rouco Buela. Nunha listaxe de deportados desde Argentina en maio de 1913. Asina un artigo en “Tierra y Libertad” de Barcelona en febreiro de 1916, dende Rio de Janeiro. En decembro de 1922 “La Protesta” de Lima publica un artigo seu sobre a “Unión Feminista Nacional”. En maio de 1924 “La Protesta” de Lima fai unha reseña do seu folleto “Mis proclamas” editado pola “Editorial Lux” de Santiago de Chile.

ROULE, Juan

En febreiro de 1921 asina un artigo en “Solidaridad Obrera” de Vigo, dende Vigo. En novembro de 1927 e outubro de 1928, abril, maio de 1929, asina artigos en “Cultura Proletaria” de New York desde Vigo.

ROVIRA, Pastora.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

ROZAS, José.

Afiliado número 199 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

RÚA

O 31 de outubro de 1931 o comisario xefe do Corpo de Vigilancia da Coruña comunicaba ao gobernador civil da Coruña os traballos de organización da FNIF, denunciando as promesas incumpridas de aumento de salarios; destacaban na propaganda Jacinto Méndez, José Calderón e Francisco Llerena, empregados nas oficinas, e o factor de pequena velocidade Rúa.

RÚA, F.

En maio de 1908 facía un donativo a “Tierra y Libertad” desde Vigo.

RÚA, José

Presidente da Sociedad de Canteros “El Trabajo”, en outubro de 1904 polemiza en “La Voz de Galicia” con Benito Cadavid, a quen a sociedade esixe o pagamento dos cotas atrasadas para reingresar na sociedade.

RÚA FIGUEROA, José

No número de “El Porvenir” de 23 de febreiro de 1845 asina un artigo con Antolín Faraldo; neste número tamén publica unha resposta ao comentario de Ramón de la Sagra sobre o artigo “Nuestra bandera literaria” de Antolín Faraldo, no suplemento da revista. No número 4, de 20 de marzo de 1845 publica un artigo en “El Porvenir”. En “El Porvenir” de 23 de abril de 1845 comeza a súa serie de artigos baixo o título de “Filosofía social”. O 29 de xuño de 1845 inserta no número 11 de “El Porvenir” unha poesía.

RÚA LAGO, Manuel (Moaña, 1903 – ?).

Fogoneiro habilitado, fuxido da Coruña no “Mascota en setembro de 1937. Estivera afiliado ao “Despertar Marítimo”. En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Valencia. Condenado a 14 anos de prisión en marzo de 1940.

RÚA LOSADA, Manuel (A Coruña, 15-12-1905 – A Coruña, 11-07-1937).

Do Sindicato de Tranviarios da Coruña. Estibador, detido en xulio de 1920 por folga ilegal. Detido en xulio de 1920 na Coruña na vaga represiva polos sucesos que derivaron na morte dun policía e un cabo de seguridade. En abril do 31 delegado do Sindicato de Tranviarios na Federación Local. En outubro de 1933 era o secretario do seu sindicato. Novamente detido en 1933 por sabotaxes con ocasión da folga de decembro. Acusado de participar na tentativa de fuga na motora “Sisargas” dende A Coruña, en marzo do 37. Condenado a morte en maio, foi fusilado o once de xulio do 37.

RUALGO, Manuel.

Asina unha nota como presidente dun dos Sindicatos del Ramo de la Piel, Madera y Obras del Puerto de Vigo, en conflicto coa Federación Local, en marzo de 1932, ao tentar facer unha conferencia pola súa conta.

RUANO, Victoria.

Bibliotecaria do Sindicato de Obreros y Campesinos de la Comarca de Poio e Sanxenxo en xaneiro de 1933.

RUANO SANJURJO, Xenaro.

A súa comedia “Contrabando en el alma” foi interpretada no festival benéfico a favor da familia de Llerena o 2 de decembro de 1935, no Teatro “Rosalía de Castro”. O 2 de decembro de 1935 a Federación Local Obrera organizou unha Gran Velada Artístico Teatral a beneficio da viuda e fillas de Llerena coa representación de “Contrabando en el alma” de Genaro Ruano Sanjurjo, polo Cuadro “Apolo”, “Trato a cegas”, a Agrupación Artístico-Musical “Albeniz”, a Sección de Profesores de Orquesta, a Agrupación de Músicos e Milagritos García.

RUANOVA MALLO, M.

O 20 de setembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

RUBIALES, José

En decembro de 1937 publícase unha entrevista súa en “Galicia Libre”, como evadido do campo faccioso.

RUBIANES, Jesús

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

RUBIANES, José.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

RUBIDO, José.

Socio do Ateneo Cultural-recreativo Cariñense en maio de 1934.

RUBIDO FRAGUELA, Antonio.

En abril de 1935 formou parte do grupo de militantes do SIP de Cariño que pediu autorización para celebrar un mitin pro amnistía o 1º de maio. En maio de 1935 foi nomeado vocal do SIP de Cariño.

RUBIÑAS, Francisco.

Representou aos mariñeiros de Redondela na asamblea contra a desvalorización da sardiña, en abril de 1936.

RUEDA, Juan.

Participa nunha suscripción dende Vigo para os carpinteiros de Santiago en “Solidaridad Obrera” da Coruña en novembro de 1924.

RUFO, Antonio María.

Panadeiro coruñés, de 43 anos, detido en febreiro de 1932 por repartir follas clandestinas na Coruña.

RUIBAL

Participou no 1º Congreso Regional Galaico en Vigo en agosto de 1922 como delegado do Sindicato de Transportes da Coruña.

RUIBAL, José

Detido por coaccións a finais de outubro de 1894, ao reactivarse a folga dos canteiros na Coruña.

RUIBAL, José

Membro do comité de folga dos camareiros da Coruña en xulio de 1935, foi detido e multado con 500 pesetas polo gobernador civil.

RUIBAL, Enrique.

En xuño de 1918 foi elixido bibliotecario da Sociedad de Pescadores “La Humanidad Libre” da Coruña. Contador da Sociedad de Pescadores y Traineros “La Humanidad Libre” da Coruña en decembro de 1918.

RUIBAL, Manuel

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Avenida J. Lombardero, Taller Real.

RUIBAL, Ramón.

Comisionado para facer un inventario da biblioteca do Sindicato de Canteros y Similares da Coruña en outubro de 1928.

RUIBAL REY, Alfredo.

Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. Preside unha reunión do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña en xuño de 1933 e outra en setembro de 1935. Delegado polo Sindicato ao Pleno do Comité de Obreros Porturarios del Litoral Cantábrico en abril de 1936.

RUIBAL VILLAVERDE, Enrique

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como peón. Elixido contador do Sindicato de Peones da Coruña en agosto de 1934. Vicecontador do Sindicato de Peones da Coruña en maio de 1935; enderezo en Hospital, 14.

RUIZ

En setembro de 1931 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde A Coruña.

RUIZ, Emiliano.

Anuncia dende Monforte a creación dun Sindicato afecto á CNT en xuño de 1932.

RUIZ, Enrique

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como peón.

RUIZ, Francisco

En abril de 1882 era corresponsal de “La Propaganda” en Madrid.

RUIZ, M.

Paqueteiro de “Brazo y Cerebro” en Ourense en marzo de 1936.

RUIZ, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

RUIZ, R.

Dende Ferrol asina un manifesto anarquista lembrando aos mártires de Chicago o 11 de novembro de 1888.

RUIZ BREGUAS, Ermitas.

Obreira folguista detida en xulio de 1922 por promover escándalo e desobedecer aos gardas na fábrica de trapos e metais da Coruña

RUIZ GARCÍA, Francisco (Viveiro, 1903 – ?).

Mariñeiro do “Cabo San Agustín”, afiliado á CNT, preso no campo de concentración de Karaganda en 1948, morreu alí.

RUIZ LAGO, Diego

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Federico Tapia, 18, baixo.

RUIZ DE PINEDO, Ángel

Asina o regulamento do Sindicato Único de Sanidad de Santiago de Compostela en nome da comisión organizadora, en setembro de 1931.

RUIZ VÁZQUEZ, Enrique.

Vicesecretario do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xulio de 1933. Contador do Sindicato de Peones en febreiro de 1936; enderezo en Cristales, 5.

RUMA ROIG, Francisco.

Mineiro das minas de Lousame, participou nunha comisión que negociou co gobernador civil unha solución a unha folga, en novembro de 1919.

RUMBO, Reinaldo.

En setembro de 1934 no cárcere da Coruña, asinando unha carta aberta dos presos sociais á organización coruñesa. A maioría deles presos dende decembro de 1933. Xulgado en xaneiro de 1935 polo asalto ao cuartel da garda civil de Oleiros de decembro de 1933, foi condenado a seis meses e un día de cárcere.

RUMBO LAFUENTE, Generoso.

Afiliado a Izquierda Republicana, domiciliado en Travesía de Vera, 16, 2º. Militante do Sindicato da Construcción da Coruña. Detido en 1933. Acusado de participar na tentativa de fuga na motora “Sisargas” dende A Coruña, en marzo do 37. Condenado a vinte anos de cárcere en maio do 37. Un fillo seu foi executado.

RUMBO NO, Juan.

Vogal do Centro de Estudios Sociales “Hacia el Progreso” de San Cristóbal das Viñas en abril de 1933. Vocal do Sindicato de Albañiles na FLO da Coruña en 1934. En xulio de 1934 asina unha comunicación dunha asamblea do Ramo da Construcción; nesa xuntanza foi elixido para integrar unha comisión do Ramo da Construcción polo Sindicato de Albañiles encargada de visitar as obras para negociar cos patróns o pagamento dos subsidios.. Xulgado en consello de guerra en outubro de 1934 na Coruña, por rebelión e uso de armas sen licencia.

RUMBO PONTE, José

Ou Porto. Detido no marco das mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña por coaccións nunha tafona. Panadeiro, detido nunha fábrica de fariñas como consecuencia das mobilizacións que seguiron ao 1º de maio de 1890.

RUMBO SENRA, Salustio.

Foi secretario do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña, en outubro de 1931.

RUMBO SOUTO, Enrique.

Militante do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en setembro de 1933.

RUPPEU, Enrique

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Torre, 45, 1º.

RUZO, Antonio

Participa nunha suscrición de “El Corsario” para os presos de Cádiz.

RUZO, José

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

Call Now ButtonChámanos