Teimas Desenvolvemento S.L. recoñece a improcedencia do despedimento tras a denuncia da CNT

  • A empresa despediu ao traballador de forma improcedente sen abonar as cantidades perceptivas
  • Tras uns meses na empresa, superado xa o periodo de proba, a compañía alegou falta de adaptación ao posto de traballo
  • A CNT denunciou unha situación claramente ilegal e conseguiu unha nova victoria sindical sen sequera chegar ao xuízo

A empresa Teimas Desenvolvemento S.L. recoñece en acordo ante o Xulgado que o despedimento do afiliado á CNT foi improcedente. Tras a superación do período de proba, a empresa alegou “falta de adaptación ás condicións técnicas do posto”. Esta xustificación resultou totalmente falsa e contraria á lexislación. A empresa pretendía non abonar as cantidades referentes ao despedimento improcedente. Tras a denuncia do sindicato, a empresa deberá abonar as cantidades adebedadas ao traballador polo despedimento improcedente realizado.

Fronte a situacións de abuso, como a cometida nesta situación, dende o sindicato lembramos a toda a clase traballadora que as causas do despedimento están tipificadas no Estatuto dos Traballadores e que deben quedar perfectamente acreditadas pola empresa cando se produza un despedimento.

Call Now ButtonChámanos