Reclamación de horas extras obrigatorias da CNT fronte a Servicios Auxiliares Sanitarios de Urgencias S.L.

  • A empresa Servicios Auxiliares Sanitarios de Urgencias S.L. (SASU) non abona as horas de presencia dos seus traballadores, que teñen obriga de realizalas
  • A CNT demanda que esas horas son horas efectivas de traballo e deben ser consideradas dentro da xornada laboral dos traballadores e traballadoras e inclúense no seu calendario laboral anual
  • A práctica vén sendo habitual dentro do sector e supón un recorte importante dos dereitos da clase traballadora así como unha considerable disminución na súa retribución anual

A CNT comeza un novo conflito con SASU polo pagamento das horas extraordinarias dos traballadores e traballadoras do servizo de Ambulancias da zona da Coruña. A empresa, para aforrar unha importante suma económica, reduce o pagamento ao considerar que o tempo que os traballadores e traballadoras se atopan na base esperando aos servizos de Emerxencias son horas de presencia en lugar de contabilizar ese tempo como horas efectivas de traballo que deben engadirse ao cómputo anual. Deste xeito, o persoal de Emerxencias realiza entre 300 e 350 horas extraordinarias anuais que non son abonadas ou que se abonan cunha cuantía inferior ao que corresponde legalmente.

A empresa alega que estas horas de presencia computan como tempo de traballo non efectivo. Con todo, os traballadores e traballadoras do servizo deben atoparse “en todo momento presente físicamente na base de operacións durante o desempeño de ditas horas” e, ademais de atoparse físicamente no posto de traballo, deben “estar a disposición do servizo con carácter inmediato segundo reclamen a súa actuación“. Isto non permite que o persoal desenvolva outras tarefas da súa vida ao estar totalmente vinculados coa súa actividade laboral.

Esta práctica vén sendo habitual dentro do sector do transporte sanitario en todo o territorio galego. Así, traballadores e traballadoras dun servizo tan esencial como este contan cunha enorme precariedade ao non poder organizar a súa vida coas horas de traballo reguladas pola normativa pertinente. A CNT inicia unha reclamación para que toda a clase traballadora do sector poda comenzar a reclamar esta situación e que os servizos de Ambulancias dentro da Galiza podan prestar un servizo público coas garantías que merece a poboación.

Call Now ButtonChámanos