VITÓRIA NA CAFETERÍA “RECA II”

O luns 12 de Marzo, a empresa aviña-se a recoñecer monetariamente que o traballador Yago Pino, afiliado a este sindicato, fora contratado en fraude de lei.

Yago estaba contratado por meio dun contrato a tempo parcial de 6 meses desde o mes de Setembro. A realidade era outra moi distinta: a sua relación laboral comezó no mes de Xullo, e até Setembro non estivo de alta na T.G.S.S.; o seu horário laboral era como mínimo de 10 horas, chegando a traballar 12 e 13 horas seguidas, incluidos festivos.

Seguir lendo VITÓRIA NA CAFETERÍA “RECA II”

Solidariedade en Barcelona coa despedida en Pizza Móvil

O venres 18 de marzo concentraron-se unha dúcia de compañeir@s de CNT-Barcelona, no Pizza Movil de c/Sardenya con Travessera de Gràcia.

No piquete despregou-se unha faixa enfrente do establecemento, e repartiron-se centos de panfletos alusivos ao despido da delegada de CNT en Compostela, e pedindo o boicot á cadea en solidariedade coa situación de indefensión na que deixaron á traballadora. Buzoneou-se o bairro, arredor da pizzaria, así como os coches aparcados nos arredores.

Entre as escenas destacabeis da xornada, a de várias veciñas que decidiron non comprar no establecemento dando meia volta amosando así o rechazo a Pizza Movil por non respeitar os direitos d@s suas traballador@s.

Prévio ao piquete, entrou unha delegación de CNT a informar á plantilla do conflicto que mantemos coa cadea; pedindo por unha parte desculpas anticipadas polo malestar que lles puideramos ocasionar, e por outro lado ofrecendo o apoio do sindicato aos posibeis problemas que puideran ter.

Desde CNT seguiremos difundindo a campaña de boicot a Pizza Movil en todo o Estado, e que xa está tendo unha boa acollida pol@s veciñ@s e traballador@s. Mentres esta empresa siga pisoteando os direitos d@s suas traballador@s, e -sobretodo- até que non readmitan inmediatamente á delegada sindical de CNT en Compostela, a anarcosindical seguirá boicotando á empresa.

Seguir lendo Solidariedade en Barcelona coa despedida en Pizza Móvil

VICTORIA EN LA CAFETERÍA “RECA II”

El lunes 12 de marzo, la empresa se avenía a reconocer monetariamente que el trabajador Yago Pino, afiliado a este sindicato, había sido contratado en fraude de ley.
Yago estaba contratado por medio de un contrato a tiempo parcial de 6 meses desde el mes de septiembre. La realidad era otra muy distinta: su relación laboral comenzó en el mes de julio, y hasta septiembre no estuvo de alta en la T.G.S.S.; su horario laboral era como mínimo de 10 horas, llegando a trabajar 12 y 13 horas seguidas, incluidos festivos.

Seguir lendo VICTORIA EN LA CAFETERÍA “RECA II”

Homenaxe no Portiño

Con notable asisténcia de público e moita emotividade celebrou-se no peirao do Portiño (A Coruña) a homenaxe ás vítimas do fracasado intento de fuga organizado polo sindicato da CNT “O despertar marítimo”.

Falaron Eliseo Fernández, historiador e membro da CNT de Ferrol, quen repasou as circunstáncias e tráxicas consecuéncias deste intento de fuga, Xurxo Souto, ex-cantante dos Diplomáticos de Monte Alto, e o escritor Manuel Rivas, asi como membros da Comisión pola Recuperación da Memória Histórica, organizadora do acto. Polo medio interpretaron-se várias pezas musicais, entre as que A Las Barricadas.
Portiño1

Seguir lendo Homenaxe no Portiño

Proceso de Boloña ?, non grazas

Pontevedra. Tue, 2007-03-13 18:48.

Nos últimos tempos, nas faculdades escoilta-se falar moito do plano de Boloña ou do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

Este novo plano para a educación pretende homologar as titulacións a nível europeo, aumentar o número de clases práticas e adecuar as ensinanzas ao mercado laboral, entre outras cousas. Pero non todo é tan bonito como o pintan nas faculdades. Mediante este plano pretende-se renovar todo o sistema de ensino universitáario, empiorando-o aínda máis do que xa está.

Seguir lendo Proceso de Boloña ?, non grazas

Nova concentración pola readmisión da despedida en Pizza Móvil

Onte, mércores, a CNT de Compostela volvemos concentrar-nos ás portas do establecemento que a empresa Pizza Móvil ten na compostelá Rua de Orfas. DEsde a CNT estamos reclamando a readmisión da nosa compañeira M.C., despedida desta empresa de xeito fulminante logo de legalizar-se a sección sindical da CNT na empresa e ser elexida como delegada sindical.

Seguir lendo Nova concentración pola readmisión da despedida en Pizza Móvil

Concentracións en Ourense en solidariedade cos despedidos en Mercadona

O pasado mes de Febreiro o núcleo confederal da CNT de Ourense realizou duas concentracións nos supermercados que a empresa Mercadona posue nesta localidade. Eran as sete da tarde do xoves 8 de Febreiro cando cun espíritu combativo armados con máis de 600 panfletos, pegatinas e pancarta os compañeiros da CNT nos plantamos diante da porta do Mercadona das Lagoas. Aos cinco minutos xa se respiraba un ambiente tenso entre os encargaduchos do super, dispostos teléfono en man a realizar chamadas etéreas que se supuñan abortarían a lexítima protesta en solidariedade cos compañeir@s represaliados por esta empresa.Mentres tanto, @s traballador@s eran informados sobre o conflito e @s usuari@s chamad@s ao boicot desta maquiavélica empresa que xa obstenta o triste record de ter máis de 50 sentenzas desfavorabeis por acoso e despido discriminatório e soportar a folga máis longa que actualmente se esta a desenvolver no Estado Español. Máis de unha hora despois nos retiramos da zona non sen antes deixar empapelado de pasquíns e pegatinas informativas sobre o conflito, as ruas colindantes a este monstro da explotación laboral.

Seguir lendo Concentracións en Ourense en solidariedade cos despedidos en Mercadona

¿Proceso de Bolonia?, non gracias

Nos últimos tempos, nas facultades escoltase falar moito do plan de Bolonia ou do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

Este novo plan para a educación pretende homologar as titulaciones a nivel europeo,
aumentar o número de clases prácticas e adecuar os ensinos ao mercado laboral, entre outras cousas. Pero non todo é tan bonito como o pintan nas facultades. Mediante este plan preténdese renovar todo o sistema de ensino universitario, empeorándoo aínda máis do que está.

Seguir lendo ¿Proceso de Bolonia?, non gracias
Call Now ButtonChámanos