Adiante com a Massa Crítica em bici!!

A Massa Crítica é um movimento internacional de base ciclista, que reivindica um planeta mais habitável por menos contaminado, utilizando a bicicleta como meio de transporte alternativo aos carros e a dependência do petróleo. Escolheu-se a data do 22 de Setembro “Dia internacional sem carros” para fazermos uma manifestação ciclista em Compostela da Massa Crítica da Galiza, aliás de dia de convívio, reinvindicamos uma cidade menos contaminada e portanto mais apta para viver.

Seguir lendo Adiante com a Massa Crítica em bici!!

A terceira vai a vencida ?, ou como acabar com o fascismo em Cercedo

Num acto íntimo e emotivo, reunimo-nos mais uma vez na Ponte do Barco em Pedre (Cerdedo), companheiros e companheiras da associação Verbo Xido, de outros colectivos e da CNT para realizar um acto de desagrávio, recolocando a placa ao monumento em memória dos companheiros vilmente assassinados o 13 de Agosto de 1936, Francisco Arca Valiñas e Secundino Burgallo Iglesias do Sindicato de Canteiros que a CNT tinha em Cerdedo (Ponte-Vedra), que os fascistas ou seus descendentes, roubaram mais uma vez.

Seguir lendo A terceira vai a vencida ?, ou como acabar com o fascismo em Cercedo

A CNT denuncia á empresa REPASA.

O delegado da Sección Sindical na empresa REPASA, de Tarragona, denunciou en decembro de 2006 várias irregularidades acontecidas na empresa REPASA, Remolcadores de Puerto y Altura S.A., que amosan claramente a vulneración de várias normas en matéria de seguridade marítima, como a saida ao mar de remolcadores sen o correspondente despacho da Capitanía Marítima de Tarragona ou a prestación de servizos por parte dos remolcadores sen contar coa tripulación mínima necesaria, poñendo en perigo claro e grave tanto o desenvolvemento normal do porto de Tarragona como a vida e saude das tripulacións.

Seguir lendo A CNT denuncia á empresa REPASA.

Homenaxe aos compañeiros asasinados do Batallón “Galicia”

O dia 11 de agosto, compañeir@s da CNT dos sindicatos de Lugo e Ayer (Asturies), personabamo-nos no alto do Acebo para presenciar a exumacion dos compañeiros do Batallon “GALICIA” e posteriormente facer unha pequena homenaxe. En dita fosa apareceron 7 corpos e sabe-se que hai otra máis un pouco máis abaixo, na que se pensa que hai outros 5 corpos máis, así como outra no cemitério de Grandas.

Seguir lendo Homenaxe aos compañeiros asasinados do Batallón “Galicia”

A situación nas cafetarias de Vigo “Barraca”, “Pequeña Barraca” e “La Mezcla”

O dono destes tres negócios foi “progresando” a base de aforro de custes: os custes de pagar o traballo alleo para o enriquecemento próprio. Pasiño a pasiño, este parásito foi abrindo cafetarias. Obviamente, non traballa; pero non só iso, xa que nen xestiona, dado que toda este labor queda en mans de encargados con salário de auxiliar de camareiro e dunha xestoria cúmplice deste chucha-sangues.

Seguir lendo A situación nas cafetarias de Vigo “Barraca”, “Pequeña Barraca” e “La Mezcla”

Cafetaria R&H: co noso traballo amasas a tua fortuna

A situación do sector da hostelaria Compostela é nefasta. A explotación laboral e económica non ten cancelas e todos os dias hai un empresário ruin que non quere pagar o que en xustiza lle corresponde aos traballadores e traballadoras. Contratos lixo, inexisténcia de contratos, horas extras sen pagar, nóminas ou partes de nóminas abonadas en negro… son situacións habituais na hostelaria Compostela, son o dia a dia do sector, son as queixas que chegan ao noso sindicato.

Seguir lendo Cafetaria R&H: co noso traballo amasas a tua fortuna
Call Now ButtonChámanos