Nova sentenza favorable á CNT fronte ao Concello de Castro Caldelas

  • O Concello de Castro Caldelas sofre un novo revés nos Xulgados fronte ao sindicato CNT
  • As reclamacións en materia de antigüidade, incremento salarial e horas extras son estimadas polo Xulgado nº1 de Ourense
  • Deste xeito, o Concello continúa perdendo xuízos fronte á sección sindical do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) da CNT

Tras os conflitos en materia de seguridade e saúde durante o periodo de Emerxencia Sanitaria e a sentenza favorable en materia de fixeza, a CNT continúa denunciando os incumprimentos nos que incurre o Concello de Castro Caldelas co persoal público do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES). Nesta ocasión, o Xulgado nº 1 do Social de Ourense volve a dar a razón ao sindicato condenando ao Concello ao abono das cantidades correspondentes á antigüidade, incremento salarial e horas extraordinarias dos traballadores e traballadoras demandantes. Como vén sendo habitual en empresas e Administración, o Concello de Castro Caldelas pretendía que o seu persoal traballara máis horas por unha cantidade inferior á recoñecida pola lexislación. O sector público non está exento de incumprimentos e dende o sindicato estamos a comprobar como as tácticas utilizadas non varían moito coas do sector privado.

A administración local excedía na organización do traballo as 1665 horas anuais determinadas na Ley de Orzamentos do Estado para os traballadores públicos. Deste xeito, os traballadores e traballadoras do equipo de protección acumulaban ao longo do ano máis de 150 horas extraordinarias de media por traballador ou traballadora. O persoal continúa reclamando o cumprimento da normativa en distintos ámbitos para que os habitantes do entorno podan dispoñer duns servizos públicos de calidade e garantía fronte a novas situacións de Emerxencias que poidan acontecer.

Call Now ButtonChámanos