Guía fixeza no Consorcio Galego de Igualdade e Benestar

Este 25 de xaneiro tivo lugar a charla informativa sobre as posibilidades de fixeza para o persoal do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.


charla online de fixeza no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar está xa dispoñible na canle de youtube de CNT Galiza (https://youtu.be/DXCHpX9dCdM) e repasou as distintas casuísticas que se dan para reclamación de fixeza do persoal público temporal en fraude e abuso de temporalidade así como as vindeiras mobilizacións plantexadas dende a sección sindical da CNT no Consorcio.


Estas casuísticas, así como as nosas liñas de traballo e recomendacións, están recollidas na “Guia de fixeza no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar de CNT” onde se detallan as posibilidades de fixeza para o persoal temporal do Consorcio en situación de fraude de lei afectados polo proceso de consolidación.

Nos vindeiros días, anunciaremos o calendario de convocatorias organizadas polas traballadoras e traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.


Para ver o teu caso concreto ou resolver as túas cuestións non dubides en contactarnos. Atópanos en cnt.gal


    
        

Descarga a Guía fixeza no Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar da CNT.

Call Now ButtonChámanos