Volver á Portada

SSS

S. Rey, José

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

S. VÁZQUEZ, Venancio

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Adelaida Muro, 22, 3º esq.

SÁ, José.

Delegado do Sindicato de Canteros, Marmolistas y Similares da Coruña nas obras do municipio para o tema do retiro obreiro en abril de 1929.

SAAVEDRA

Citado por Miguel Vázquez Valiño como un dos integrantes dos grupos libertarios no monte na zona de Lousame e Noia, en febreiro de 1938.

SAAVEDRA, A.

Nunha listaxe de persoas que colaboraron económicamente co xornal “La Acción” de A Coruña en marzo de 1909.

SAAVEDRA, Abelardo

Participou na velada do 1º de maio de 1905 no Teatro Circo da Coruña.

SAAVEDRA, Ángel.

En abril de 1917 asinaba unha carta en “El Ideal Gallego” en nome da Sociedad de Estibadores “La Armonía”. En marzo de 1918 foi elixido secretario da Sociedad de Estibadores “La Armonía” da Coruña.

SAAVEDRA, Emilio (*)

Detido e levado á Inspección de Vigo para filialo e retratalo en xaneiro de 1914, ao chegar expulsado de Argentina no vapor “Asturias”.

SAAVEDRA, José María.

Vicesecretario da Asociación Tipográfica de A Coruña en xulio, setembro, novembro e decembro de 1909. Vocal en febreiro de 1912 e xaneiro de 1913. Traballador da Imprenta Garcybarra, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

SAAVEDRA, José.

Participa nun mitin en Escarabote en abril de 1936, como presidente do Sindicato Minero de San Finx. Mitin en Porto do Son en maio de 1936.

SAAVEDRA, Manuel.

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Avenida Tánger, 35, 1º. En maio de 1918 foi elixido presidente do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña. Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos. Detido en agosto de 1920 na Coruña. Integrou unha comisión nomeada na FLO para negociar coa Asociación Patronal o conflicto dos estibadores da Coruña, en novembro de 1920. En novembro de 1920 formou parte na comisión formada na xuntanza na Federacíón Local Obrera para tratar da fusión da sociedades de Estibadores “La Armonía” e “El Progreso”.

SAAVEDRA, Manuel.

Nunha comisión negociadora do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en febreiro de 1933.

SAAVEDRA, Manuel.

Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en decembro de 1931.

SAAVEDRA, Rosendo.

Contador da Sociedad de Carpinteros de Santiago en marzo de 1924.

SAAVEDRA, Vicente

En decembro de 1892 morreu a súa compañeira, que foi enterrada no cemiterio civil da Coruña.

SAAVEDRA ARIAS, Carlos.

Vicesecretario do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en xaneiro de 1932; vocal en marzo de 1933.

SAAVEDRA CATALÁN, Antonio “Pilarillos”

En xaneiro de 1883 foi denunciado en “Revista Social” como traidor á folga dos talleres de Flórez da Coruña.

SAAVEDRA CORDAL, Manuel.

Vicepresidente da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xuño de 1908. En marzo de 1918 foi elixido presidente da Sociedad de Estibadores “La Armonía” da Coruña. En xulio de 1920 presidiu unha reunión da Sociedad de Estibadores “La Armonía”. Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921.

SAAVEDRA LAGO, Félix

En xaneiro de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre” desde a Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena.

SAAVEDRA LODEIRO, Manuel.

Estibador, detido en xulio de 1919, procesado por atentado. Detido en agosto de 1920 na Coruña na vaga represiva polos sucesos que derivaron na morte dun policía e un cabo de seguridade.

SAAVEDRA SANDE, José.

Detido en setembro de 1922 por agredir a un estibador da colla da Asociación Patronal na Coruña.

SAAVEDRA SANDE, Sara.

Foi vocal do Sindicato del Arte Textil “La Primera Coruñesa” da A Coruña.

SABACHIE, Luis

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Panaderas, 17, 1º.

SABARÍS, Teodoro

Participante nunha tertulia en A Guarda, onde Juan Noya o lembraba como un dos máis agnósticos; combatera nas barricadas con Fermín Salvoechea, alcalde de Cádiz.

SABARIT, Jesús

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Riego de Agua, Telégrafos.

SABATER CID, Federico (Barcelona, 1911 – ?).

Participou na fuxida de Desiderio Comesaña Prado e outros dende Vigo a Portugal en decembro de 1937. Vivía en Vigo dende xuño de 1936, onde era viaxante.

SACO, Joaquín.

Participa nunha suscrición de “El Luchador” desde Monforte en marzo de 1932. Paqueteiro do Diario CNT de Madrid en Monforte en xulio e setembro de 1933.

SABIO, José maría

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en praza da Constitución, 1, 2º.

SABIO, R.

Suscriptor no Burgo-Culleredo do xornal anarquista coruñés “El Corsario” en 1893.

SABIO BLANCO, Timoteo.

Tamén sae como Sabino. Vocal do Sindicato da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación en setembro de 1933. Secretario en novembro de 1933 e contador en xuño de 1934.

SABIO COSTA, Salvador “Franelas”.

Reclamado pola fuxida no “Esperanza”, “Lourdes” e os “Fragios” en xulio do 37.

SABIO LARROSA, Arturo (Bilbao, 1890 – ).

Natural de Bilbao, veciño do Muiño de Vento en Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 10 de xuño de 1927 por un delito social e foi liberado o 24 do mesmo mes. Membro do Comité de Obreros Parados en xaneiro de 1932. Militante comunista na II República na Coruña. Segundo Santidrián podería ser un nome suposto de José Silva Martínez. Participou no movemento de decembro de 1933 en A Silva e foi procesado.

SAEZ GARCÍA, Ramón

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

SAGRA PÉRIZ, Ramón de la (A Coruña, 8-4-1798 – Neuchatel-Suiza, 25-5-1871).

No seu primeiro número “El Porvenir” de Santiago reivindica as ideas de reforma carcelaria de Ramón de la Sagra. Como suplemento ao número terceiro de “El Porvenir”, de 23 de febreiro de 1845, publicouse unha carta de Ramón de la Sagra arredor do artigo “Nuestra bandera literaria” de Antolín Faraldo. ”La Esperanza” de Madrid critica no seu número de 11 de marzo de 1845 a “El Porvenir” e a Ramón de la Sagra. No número 6 de “El Porvenir” de 31 de marzo de 1845, anúnciase a recepción dunha carta de Ramón de la Sagra, desde Málaga, sobre os comuncados do diario absolutista “La Esperanza” arredora do artigo “Nuestra bandera literaria”; a carta publicouse no 7 de 11 de abril de 1845. En maio de 1845 “El Ecio del Comercio” informaba de que os animadores de “El Porvenir” tentaban facer en Santiago unha escola socialista na liña de Ramón de la Sagra. No número 11 de “El Porvenir” de 29 de xuño de 1845, infórmase da saída de Ramón de la Sagra de Madrid para o extranxeiro, e coméntase unha carta súa na que comenta que as doutrinas do xornal sorprenderon aos seus amigos de París e Bruselas. Vladimiro Muñoz publica unha cronoloxía de Ramón de la Sagra en “Reconstruir”. En maio de 1974 Eugenio Fernández Granell escribiu en “España Libre” de New York un artigo sobre Ramón de la Sagra como fundador do primeiro xornal anarquista.

SALAS Y QUIROGA, José María

En maio de 1850 a Audiencia Territorial de Madrid viu a denuncia pola publicación do folleto “Sistema social de Luis Blanc, espuesto por él mismo, bajo el título de: Catecismo de los Socialistas”, defendido por José María de Salas y Quiroga.

SALAVERRI, Raimundo

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Santa Catalina, 27.

SALES, Felipe.

Vocal do Sindicato de Obreros en Hierros y Metales da Coruña en xulio de 1918.

SALES, Guillermo.

En marzo de 1918 foi elixido presidente da Sociedad de Barberos y Peluqueros “La Fraternal” da Coruña.

SALETA, Manuel (*)

En marzo de 1917 denunciaba en “Cultura Obrera” desde Barcelona que foran abandonados por un barco da “Fabre Line” en Marsella.

SALETA DOLDÁN, José María (Corme, 1876 – ?).

Patrón de Cabotaje, fuxido da Coruña no “Mascota en setembro de 1937. Estivera afiliado ao “Despertar Marítimo”. Absolto en marzo de 1940.

SALETA SOUTO, José

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

SALETA VARELA, Francisco

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

SALGADO.

Participou na representación de “O Fidalgo” en Compostela, como integrante do Cadro “Brisas Futuras”, en xaneiro de 1918.

SALGADO, Adelino

En agosto de 1913 Adelino Salgado mantiña correspondencia con “Acción Libertaria” desde San Lourenzo-Porqueira.

SALGADO, E.

Paqueteiro de “Solidaridad” en Ourense en xulio de 1936.

SALGADO, Fernando.

Bibliotecario do Ateneo Libertario Sindicalista de Vigo na súa fundación, en xulio de 1931. En decembro de 1931 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Vigo. En xaneiro, xulio, outubro de 1932 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Vigo. Corresponsal da prensa obreira e anarquista en Vigo en abril de 1932. En outubro de 1932 “El Luchador” denuncia que este xornal foi prohibido pola Federación Local e o Centro de Estudios Sociales de Vigo, ameazando ao corresponsal Fernando Salgado (directivo do Centro de Estudios Sociales) con expulsalo da organización; pouco despois aclara que a decisión non foi tomada pola Federación Local, senón polo seu secretario xeral. En xuño de 1934 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Vigo.

SALGADO, Francisco.

Colabora económicamente dende Vigo para a publicación do diario CNT de Madrid en 1932.

SALGADO, Francisco (Pontedeume, 08-05-1887 – ?).

En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos. En xaneiro de 1913 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Ferrol. Activista libertario vencellado á Sociedad de Marineros Pescadores “La Unión” de Pontedeume en 1914 e até a guerra civil ao obreirismo en Ferrolterra. Representou á Sociedad de Pescadores “El Despertar de la Humanidad” de Mera e Unión de Pescadores de Pontedeume no Congreso da Comedia de Madrid en 1919. Directivo do Sindicato de Transportes de Ferrol, Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela querellaronse contra el pola súa expulsión, en outubro de 1931. Natural de Pontedeume, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 16 de febreiro de 1932 e foi liberado o 22 do mesmo mes. O 16 de febreiro de 1932, detido, a disposición do gobernador civil. Representou ao Sindicato de Transporte de Ferrol e Unión Marítima de Fene no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Detido o 17 de outubro de 1934, con 40 bombas. Seguía preso en decembro de 1934. Según a declaración de José Medín Pardo, Salgado entregoulle dúas pistolas antes do levantamento de 1934 en Ferrol; foi testigo dos malos tratos a José Medín Pardo polo cabo Torres no cuartel da garda civil e denunciou que a el tamén lle pegaron. Trasladado ao cárcere da Coruña en xaneiro de 1935, a causa da Audiencia foi sobreseida e quedou a do militar. Natural de Pontedeume, veciño da rúa do Carmen, 12, Ferrol. Mariñeiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de abril de 1935 por un delito de fabricación de explosivos, e foi conducido á Coruña o 10 de maio. En abril de 1935 pasou cun grupo de implicados na fabricación e tenencia de explosivos da xurisdicción militar á civil, sendo trasladados do castelo de San Felipe ao cárcere de Ferrol. Compareceu diante do tribunal de urxencia da Coruña a comezos de maio de 1935. Preso no cárcere da Coruña en setembro de 1935, colabora nunha suscripción en apoio do diario “CNT”. Representou aos Sindicatos de Transporte Marítimo y Terrestre, Edificación, Peluqueros de Ferrol e Pescadores de Pontedeume no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935. Participou nunha ponencia do Congreso da CRG de Ourense en decembro de 1935. Representou aos Sindicatos de Industria Pesquera de Ferrol e Ares no Congreso da FNIP de Zaragoza en maio de 1936. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Transportes, Sindicato de Alimentación de Ferrol e Sindicato de Pescadores de Ares.

SALGADO, Norberto

En xuño de 1938 a Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid reorganizou o seu comité e nomeou tesoureiro contador a Norberto Salgado, de Ourense.

SALGADO, Pedro.

Vocal 3º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en decembro de 1914.

SALGADO, Pedro.

Vicesecretario do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en xaneiro de 1933.

SALGADO BUGÍA, Enrique (1889 – ?).

Vocal 1º da Asociación Tipográfica de A Coruña en novembro de 1909. Vicesecretario en febreiro e novembro de 1911, e xaneiro e maio de 1913. Delegado da Asociación en xuño de 1916. Traballador da Imprenta “Zincke Hnos.”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Membro dunha comisión de negociación da Asociación Tipográfica en xuño de 1931.

SALGADO GONZÁLEZ, José (A Coruña, 1916 – ?).

Chofer mecánico, pertencente ao Movimiento Libertario, en agosto de 1940 en Inglaterra.

SALGADO MOREIRA, Manuel (A Coruña, 1899 – Charing Cros-Inglaterra, 15-5-67).

Levou o Comité Pro-Presos da Regional Centro da CNT dende 1918 a 1920, xunto a Pedro Falomir. Ocupou diversos cargos de responsabilidade na CNT madrileña até 1923 e foi detido por elo en varias ocasións. A súa familia tiña unha panadería na que traballou a miudo. Integrou un grupo anarquista que por algún tempo editou o xornal “El Libertario”. Xa na II República participou activamente na folga da telefónica. En xulio de 1936, ocupando o cargo de secretario do Ateneo de Puente de Toledo, participou na resistencia contra o intento de golpe de estado en Madrid. Pasadas as primeiras tres semáns, foi designado Delegado de Defensa da Regional Centro, xunto a Antonio Rodríguez e Eduardo Val. En novembro de 1936 era jefe de Servicios Especiales, e posteriormente, en 1939 tamén o sería; neste cargo desempeñouse con humanidade, en contraste co sinistro S.I.M. posterior. Foi ferido no bombardeo no que morreu Pedro Orobón Fernández. Posteriormente tivo un accidente de autoóvil. Interveu nos primeiros contactos conspirativos do golpe antinegrinista do coronel Casado, entrevistandose persoalmente con este último en febreiro de 1939. Participa nun pleno da CNT en Madrid a finais de febreiro de 1939, sendo elexido membro do Comité Regional de Defensa. En marzo de 1939 actúa como dirixente do golpe do coronel Casado, en representación da CNT. Foi detido por tropas comunistas o 9 de marzo mais, liberado posteriormente, participa na organización da evacuación de Madrid e Levante. O día 27 de marzo voa con Casado dende Madrid a Valencia e dende Gandía consegue escapar no cruceiro inglés “Galatea”. Segundo outras fontes marchou no Buque Hospital “Maine” dende o porto de Gandía. En abril de 1939 era xa membro da Comisión de Relaciones do Movimiento Libertario Exiliado en Inglaterra. En agosto de 1939, membro da Delegación en Londres do Consejo General del Movimiento Libertario. Axente de seguros, pertencente ao Movimiento Libertario, en agosto de 1940 en Inglaterra. O seu fillo estivo con el en Levante ao final da guerra.

SALGUEIRO.

Integrou unha ponencia do Sindicato de Industria del Transporte da Coruña en agosto de 1933.

SALGUEIRO, Jesús.

Socio do Ateneo Cultural-recreativo Cariñense en maio de 1934.

SALGUEIRO, José (*)

Faleceu en novembro de 1913 en La Habana. Era “nevero” nos “Helados de París” e fora fundador do Gremio de Dependientes de Café de La Habana en 1903. Denominan ao seu irmao Francisco Salgueiro como “el primer maestro helador de Cuba”.

SALGUEIRO, Ramón

En xuño de 1931 integra pola parte do persoal administrativo a ponencia encargada de estructurar as bases do futuro Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña.

SALIDO BECEIRO, José (1892 – ?).

Operario do taller de maquinaria do estaleiro, detido en novembro de 1922 por unha suposta participación na morte do presidente da patronal Nicasio Pérez. Xulgado en rebeldía en decembro de 1924, polo asasinato do presidente da patronal ferrolá, Nicasio Pérez.

SALLÁN ABELLÁN, Gabriel (Corrubedo-A Coruña, 1903 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; estivera afiliado á CNT.

SALOLAIRA, Demetrio A.

Dende Ferrol fai unha proposta en “Solidaridad Obrera” da Coruña para a publicación dunha folla divulgadora, en outubro de 1931.

SALORIO.

Integrou unha comisión do Sindicato de Industria del Transporte da Coruña en xulio de 1934.

SALORIO, Antonia.

Germinal” de A Coruña recollía en novembro de 1904 o anuncio do nacemento da súa filla Armelina Paradela Salorio. Inscribe civilmente á súa filla Armelina, que tivo co seu compañeiro Manuel Paradela, na Coruña, en decembro de 1904.

SALORIO, José

Tesoureiro da Sociedad de Planchadores de La Habana en febreiro de 1908.

SALORIO, Manuel.

Colabora nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

SALORIO DÍAZ, José.

Detido en abril de 1934, en Fontán-Sada, por atoparlle armas sen licencia na súa casa. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. Contador do Grupo Gijón das JJ.LL. Galaicas en el Norte en xulio de 1937. Miliciano do BON “Galicia” en agosto de 1937. Participou nunha reunión das Juventudes Libertarias Galaicas en agosto de 1937, quedando integrado na redacción do proxectado Boletín, encargandose da información de guerra. Evacuado de Asturias en setembro de 1937, por inútil de guerra, foi comisionado polo Comité Regional Galaico en el Norte das FIJL para crear organizacións libertarias galegas en Levante. Delegado pola Agrupación Confederal Galaica en Asturias á zona de Levante en setembro de 1937. Apoiado na súa misión orgánica polas JJ.LL. Galaicas en el Norte. En novembro de 1937 asina un artigo en “Galicia Libre” dedicado aos combatentes galaicos no norte. En decembro de 1937 asina un artigo en “Galicia Libre” en nome da Agrupación de Gallegos Libertarios de Valencia. En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Valencia.

SALORIO DÍAZ, Fernando.

Foi secretario do Sindicato de Obreros de Salazones “El Porvenir Social” da Coruña, en agosto de 1931. Despedido como mecánico da “Pesquera del Norte” en setembro de 1931.

SALTO, José.

Vocal 1º da Asociación Tipográfica de A Coruña en setembro de 1909.

SALTO N., Federico.

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Compostela, 1, baixo, zapatería. Foi presidente do Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña. Presidente do Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña en xulio de 1932.

SALVADOR, H.

En xulio de 1910 mantén correspondenica con “Tierra y Libertad” desde Vigo.

SALVADORES, Tomás.

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Caballeros, J, 1º. Presidente da Sociedad “Unión de Obreros Municipales” da Coruña en decembro de 1918.

SALVANDE, Eugenio.

Ou Salvandi, ou Salvarde. Representante da Sociedad de Carpinteros de Santiago ao Congreso Obrero de Vigo en agosto de 1922, representando a 230 asociados.

SAMBADE, Severino

De Dumbría, expulsado de Cuba no “Alfonso XII” en xulio de 1919.

SAMPAYO, Vicente.

Vocal do Sindicato de Obreros y Campesinos de la Comarca de Poio e Sanxenxo en xaneiro de 1933.

SAMPEDRO, Alfredo

Socio do Ateneo Cultural-recreativo Cariñense en maio de 1934.

SAMPEDRO, José

En marzo de 1936 “Avance Marino” informa de que foi nomeado vogal do Sindicato de Flota Pesquera.

SAMPEDRO FERNÁNDEZ, Alejandro (1895 – ?).

Vocal da Asociación Tipográfica da Coruña en febreiro de 1922. Traballador da Imprenta “Zincke Hnos.”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Vicepresidente en decembro de 1931.

SAMPEDRO LÁZARO, Martín.

Preso no cárcere do Partido por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol.

SAMPEDRO RAMOS, J.

En abril de 1936 asina un artigo en “Avance Marino” desde Pasaia.

SAMPEDRO RAMOS, José.

Afiliado número 380 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, combatindo en Asturias na Juventud Libertaria en xuño de 1937. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 213. Convocado a un pleno de militantes da JJ.LL. Galaicas no Norte en agosto de 1937. Delegado polo seu Grupo no Batallón 213 en setembro de 1937. En xulio de 1938 “Galicia Libre” informaba da súa morte, cando era tenente da 107 Brigada Mixta.

SAN COSMET, Ramón.

Vocal 2º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en decembro de 1923.

SAN ISIDRO LOUSAS, Sergio Ramón (Viveiro, 1910 – ?)

Albañil de Viveiro. Vicepresidente do Sindicato Único de Oficios Varios da CNT. Integrou a expedición que foi para A Coruña dende Viveiro en xulio de 1936. Procesado despois do golpe fascista. Ingresou no cárcere de Lugo o 30 de novembro de 1936, foi procesado na causa 976/36 por rebelión, condenado a cadea perpetua e saiu en prisión atenuada o 27 de xulio de 1940.

SAN JOSÉ, José.

Nomeado secretario do Comité Regional Galaico de la Metalurgía y Siderurgia, establecido en Ferrol, en marzo de 1933.

SAN JOSÉ, José.

Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en agosto de 1934.

SAN JOSÉ COLLADO, Antonio.

Secretario do Sindicato de Hojalateros da Coruña de setembro a decembro de 1932.

SAN LUIS, Ramón

Membro da xunta administrativa da Sección “Despertar Marítimo” do SIP da Coruña en abril de 1933.

SAN PEDRO LÁZARO, Martín (Villa del Prado-Madrid, 1903 – ?)

Natural de Villa del Prado-Madrid, veciño accidental en Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o día 9 de xuño.

SAN PREDO GARCÍA, Mónica.

Vicepresidenta do Sindicato de Trabajadores del Ramo del Vestir de Vigo en xulio de 1931.

SÁNCHEZ.

Falou polos camareiros no mitin pedindo o indulto do cabo Sánchez Barros, na praza de touros da Coruña, en agosto de 1923.

SÁNCHEZ.

De Enfermeros Marítimos, participa nunha asamblea no Cine Doré da Coruña en novembro de 1928, para tratar das indemnizacións por accidentes de traballo.

SÁNCHEZ, A.

Fai un donativo para “Acción Libertaria” de Gijón desde Ferrol en decembro de 1910. En xulio de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Ferrol. En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos.

SÁNCHEZ, Alejandro

Participa nunha suscrición de “El Corsario” para os presos de Cádiz en outubro de 1891.

SÁNCHEZ, Andrés.

Revisor de contas da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en decembro de 1918.

SÁNCHEZ, Antonio

Nun mitin celebrado na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901 leuse unha carte del entre outros presos do cuartel de Alfonso XII.

SÁNCHEZ, Antonio.

Presidente do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Xanceda-Mesía, en xuño de 1936.

SÁNCHEZ, Benigno

Vicesecretario da Agrupación Galaica Pro Instrucción Racionalista “13 de octubre” na súa fundación, en decembro de 1913.

SÁNCHEZ, Bernardino

Participa nunha suscrición de “El Corsario” para os presos de Cádiz en outubro de 1891. Colabora en “El Corsario” dende A Coruña en novembro de 1891. No seu número de 24 de xaneiro de 1892 “El Corsario” informa que Bernardino Sánchez se fixo cargo da direción do xornal. Asina un artigo en “El Corsario” en xaneiro de 1892 como B.S. En maio de 1892 “El Corsario” informa que Bernardino Sánchez ten un taller de follalatería en Garas, 16 e pide aos amigos do xornal que lle fagan encargos. En novembro de 1892 colaborou no especial de “El Corsario” dedicado aos mártires de Chicago. En febreiro de 1893 asina un artigo en “El Corsario” como B.S.

SÁNCHEZ, Cayo.

Secretario da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en novembro de 1919.

SÁNCHEZ, Cipriano.

Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en setembro de 1932.

SÁNCHEZ, E.

En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos.

SÁNCHEZ, Emilio.

Presidiu unha reunión do Sindicato de Carboneros “El 1º de Mayo” da Coruña, en xulio de 1931.

SÁNCHEZ, Esteban.

Nomeado vocal do Sindicato de Constructores Mecánicos de Calzado da Coruña en abril de 1931.

SÁNCHEZ, F.

En xulio de 1910 mantén correspondenica con “Tierra y Libertad” desde Vigo. En abril de 1911 enviaba donativos a “Acción Libertaria” de Gijón, desde Vigo.

SÁNCHEZ, Federico (*)

Presidente da Unión de Barberos e director de “Germinal”, participou no mitin do 1º de maio de 1919 en La Habana. Perruqueiro, suicidouse na Quinta de Dependientes, segundo publicaba “¡Tierra!” de La Habana en marzo de 1934.

SÁNCHEZ, Federico (? – ?, 08-04-1928).

En xulio de 1912 comunica a “Tierra y Libertad” desde Vigo o envío de cartos a “La Voz del Obrero” e “Cultura Libertaria”. En outubro de 1914 tenta manter correspondencia con José Paz a través “Tierra y Libertad” desde Vigo. Perruqueiro compostelán que tivo unha perruquería en Vigo. Estivo algún tempo na Argentina e despois voltou a Vigo En 1921 foi detido xunto a Villaverde como encubridores no asasinato do presidente da patronal madrileña. Unha vez en libertade, padeceu un ataque que o deixou paralítico de medio corpo. Participa nunha suscripción dende Vigo para os carpinteiros de Santiago en “Solidaridad Obrera” da Coruña en novembro de 1924. Suicidouse en abril de 1928. Un ano despois ¡Despertad! lembrabao nun artigo.

SAAVEDRA, Emilio (*)

En novembro de 1925 fai un donativo de 10 pesetas para a publicación do “Ideario” de Ricardo Mella.

SÁNCHEZ, Francisco.

Vicesecretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en novembro de 1912. Contador da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en maio de 1915.

SÁNCHEZ, Francisco.

Presidente da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en decembro de 1917. Revisor de contas en decembro de 1918.

SÁNCHEZ, Francisco.

Vicepresidente da Sociedad “La Constancia” da Coruña en agosto de 1918.

SÁNCHEZ, Francisco.

Afiliado número 169 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SÁNCHEZ, Francisco

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

SÁNCHEZ, Gabriel.

Participou nunha representación do cadro “Brisas Futuras” polo 1º de maio de 1916, en Compostela. En novembro de 1916 tomou parte nunha velada de “Brisas Futuras” a favor das familias das vítimas de Nebra.

SÁNCHEZ, Jesús (*)

En setembro de 1912 asina en “Diario Español” un artigo protestando pola ameaza de deportación aos supostos dirixentes da folga dos Docks de Santos.

SÁNCHEZ, Jesús

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

SÁNCHEZ, Jesús

En maio de 1915 tomou parte no Congreso da Paz de Ferrol, representando aos Ferroviarios de Barcelona (Sección Norte).

SÁNCHEZ, José.

Tesoureiro da Asociación Tipográfica de A Coruña en decembro de 1909. Vocal en febreiro de 1911 e febreiro de 1912 e xaneiro de 1913.

SÁNCHEZ, José.

Tesoureiro da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en marzo de 1915.

SÁNCHEZ, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Socorro, 19, 1º.

SÁNCHEZ, José.

Colabora dende Bagneres de Bigorre nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

SÁNCHEZ, José.

Membro da comisión organizadora do Centro de Estudios Sociais “Resplandor Más Alla de la Aurora” de Suevos-Arteixo en outubro de 1933.

SÁNCHEZ, José

En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Barcelona.

SÁNCHEZ, Julio.

Nomeado delegado á FLO do Sindicato de Espectáculos Públicos da Coruña en novembro de 1931.

SÁNCHEZ, Leopoldo.

Militante do Sindicato “Luz y Fuerza” da Coruña, asinou un compromiso coa Asociación Patronal para manter servicios mínimos en caso de folga, en xaneiro de 1920.

SÁNCHEZ, Manuel

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Independencia, 9.

SÁNCHEZ, Manuel.

Na comisión organizadora do Sindicato de Pescadores y Oficios Varios de Pindo-Carnota en xuño de 1936.

SÁNCHEZ, Manuel.

Secretario da Sociedad de Carpinteros “La Emancipación”, detido acusado de participar na morte do patrón coruñés Miguel Ortiz, en outubro de 1906.

SÁNCHEZ, Manuel

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Juana de Vega, 5, 5º.

SÁNCHEZ, Manuel.

O 31 de marzo de 1933 foi nomeado tesoureiro do Sindicato de Alimentación da Coruña. Contador da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en marzo de 1933.

SÁNCHEZ, Manuel.

Vicepresidente do Sindicato General de Trabajadores de Lugo, en outubro de 1931.

SÁNCHEZ, Manuel (Corrubedo-A Coruña, 1909 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT.

SÁNCHEZ, Manuel

Membro da comisión organizadora do Ateneo Libertario “Nueva Era” da Coruña en outubro de 1933.

SÁNCHEZ, Marcelino.

Secretario do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña.

SÁNCHEZ, Marcelino

En setembro de 1932 foi nomeado membro dunha comisión revisora de contas do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña.

SÁNCHEZ, Mauro.

Obreiro coruñés, de 34 anos, asasinado nunha manifestación pola folga dos consumeiros en maio de 1901.

SÁNCHEZ, Pura.

Socia do Sindicato del Arte Textil “La Primera Coruñesa” da A Coruña en setembro de 1931.

SÁNCHEZ, R.

En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos.

SÁNCHEZ, Ramón.

Representou ao Sindicato de Obreros de las Fábricas y Talleres de Gas y Electricidad “Luz y Fuerza”, á Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares, Sociedad de Obreras y Obreros Sastres “La Progresiva”, e Sección Tranviaria da Coruña no Congreso da Comedia de Madrid en 1919. Militante do Sindicato “Luz y Fuerza” da Coruña, asinou un compromiso coa Asociación Patronal para manter servicios mínimos en caso de folga, en xaneiro de 1920. Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos.

SÁNCHEZ, Ramón.

Embarcou como enfermeiro no Vapor “Arlanza” en abril de 1928. Nunha comisión a Madrid do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en outubro de 1931.

SÁNCHEZ, Ramón

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Socorro, 19, 2º.

SÁNCHEZ, Ramón.

Detido en febreiro de 1934, acusado de ser un dos autores da explosión dunha bomba nunha fábrica de curtidos en Furelos-A Coruña. Era presidente do SOV da CNT.

SÁNCHEZ, Ricardo.

Secretario da Sociedad de Barberos y Peluqueros da Coruña en marzo de 1922.

SÁNCHEZ, S.

En febreiro de 1915 asina unha subscripción dende Ferrol para enxugar o déficit de “Solidaridad Obrera” de Barcelona.

SÁNCHEZ, Silvestre.

Nomeado vocal do Sindicato de Espectáculos Públicos da Coruña en novembro de 1931.

SÁNCHEZ, Sixto

Contador do Ateneo Libertario “Nueva Era” da Coruña, á súa fundación, en novembro de 1933.

SÁNCHEZ BARRAL, José

Nomeado vogal do Sindicato de Peones en General da Coruña o 21 de abril de 1931; residía en Elviña, 32. Vocal 3º do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña entre abril e xulio de 1931.

SÁNCHEZ BARROS, José.

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Avenida J. Lombardero, 152, baixo. Militar con graduación de cabo, natural de Santiago do Burgo, foi condenado a morte por participar na sublevación no porto de Málaga das tropas que debían embarcar para Marrocos. A CRG convocou un paro xeral e fixo un mitin en 1923 para pedir o indulto, no que falaron Arenas, Crecente, García Lago e Emilio González López. Foille concedido o indulto. En setembro de 1923 o maiordomo maior do Palacio e os ministros de Guerra e Marina comunicaron á súa nai Antonia Barros Pedreira o indulto.

SÁNCHEZ CASTRO, Benigno.

Foi vocal 2º do Sindicato de Cargadores y Descargadores del Muelle “El 1º de enero” da Coruña, en febreiro de 1930. Vocal 2º do Sindicato de Estibadores “Colla Nueva” de A Coruña en marzo de 1930. Despois pasou da plantilla de estibadores suplentes á de eventuales (colla vella). Contador do Sindicato de Carga y Descarga “El Progreso Marítimo” da Coruña, en marzo de 1932. Nomeado delegado na comisión Pro Casa Sindical polos Estibadores en xaneiro de 1933.

SÁNCHEZ CATOIRA, Fernando.

Tamén sae como Fernándo Sánchez Cortón. Membro dunha comisión do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña en xaneiro de 1930. Foi tesoureiro do mesmo en agosto de 1930.

SÁNCHEZ CHICHARRO, Niceto

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en San Agustín, 12, 1º.

SÁNCHEZ COMAS, Paulino (*)

En novembro de 1913 “Tierra y Libertad” pide aos compañeiros da Coruña que se está alí se comunique con Juan María, no Centro Obrero de Barcelona.

SÁNCHEZ COUTO, Antonio

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Santo Tomás, 52, baixo.

SÁNCHEZ FRAGA, Antonio

En decembro de 1923 foi detido nunha xuntanza clandestina de varios panadeiros con Manuel Lurido, presidente da Federación Obrera de Vilagarcía.

SÁNCHEZ FREIRE.

Participa nunha reunión do Sindicato de Carpinteros da Coruña en decembro de 1928.

SÁNCHEZ GARCÍA, José.

Vocal da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en decembro de 1917. Tesoureiro en outubro de 1919.

SÁNCHEZ GÓMEZ, Rosa.

Foi vocal do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña, en marzo de 1932.

SÁNCHEZ GONZÁLEZ, Elías.

Estibador detido na Coruña en agosto de 1920 na vaga represiva que seguíu ao asasinato dun policía e un cabo de seguridade.

SÁNCHEZ GONZÁLEZ, José

Nunha listaxe de anarquistas españoles en Cuba feita por Amparo Sánchez Cobos. Procedente de Galiza, de 26 anos, casado, xornaleiro.

SÁNCHEZ IGLESIAS, Leandro.

Acolleu a José Neira e aos irmaos José e Ceferino Fernández Formoso na súa casa de Freires-Ortigueira, onde foron cercados en agosto de 1939.

SÁNCHEZ LÓPEZ, Perfecto.

Vicepresidente da “Alianza Marinera” de Teis en maio de 1931.

SÁNCHEZ LORENZO, Francisco.

Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en outubro de 1935. Vocal 1º do Sindicato de Peones da Coruña en decembro de 1935.

SÁNCHEZ MALLO, Enrique

Detido pola folga da pá en Ferrol en decembro de 1913, foi posto en libertade ao rematar a folga.

SÁNCHEZ MANTIÑÁN, Pura

Contadora do Sindicato de Empacadoras da Coruña en xulio de 1935.

SÁNCHEZ MARTÍNEZ, Claudio

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

SÁNCHEZ MARTÍNEZ, Jesús “Coruña” (A Coruña, 1901 – Xixón, 05-05-38).

Delegado de Flota Menor no Comité de Industrias Pesqueras en Xixón. Ao parecer, era representante do Pósito. Xulgado en consello de guerra e despois executado.

SÁNCHEZ MATA, José.

Secretario do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en marzo de 1934.

SÁNCHEZ MAURIZ, Luis.

Delegado da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña no CR en agosto de 1933. Vocal do Sindicato de Industria de la Alimentación na FLO da Coruña en 1934.

SÁNCHEZ MÉNDEZ, José (Pasajes-Guipuzkoa, 1912 – ?).

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Pasajes. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937; fora afiliado á UGT.

SÁNCHEZ MONTES, Elena.

Vocal do Sindicato del Arte Textil “La Primera Coruñesa” da A Coruña en novembro de 1932.

SÁNCHEZ MORENO, ángel.

Noutras fontes sae como Sánchez Alonso. Detido en maio de 1921 co seu irmao Argimiro, acusado de tirar pedras a un tenente da garda civil no peirao de Curuxeiras de Ferrol, pola folga dos portuarios. Foi liberado, mentres que o seu irmao quedou na cadea.

SÁNCHEZ MORENO, Argimiro (?, 1891 – ?) .

Noutras fontes sae como Sánchez alonso. Detido en maio de 1921 co seu irmao Ángel, acusado de tirar pedras a un tenente da garda civil no peirao de Curuxeiras de Ferrol, pola folga dos portuarios. Retornara de Cuba (segundo outras fontes de New York) había pouco tempo. Foi xulgado en consello de guerra a comezos de decembro de 1921. Testificou no xuizo pola morte de Nicasio Pérez, en decembro de 1924.

SÁNCHEZ NAYA, José.

Vocal do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en outubro de 1933.

SÁNCHEZ NIETO, José

En agosto de 1928 asina un artigo en “Cultura Proletaria” desde Vigo.

SÁNCHEZ OTERO, José.

Foi presidente do Sindicato de Peluqueros da Coruña.

SÁNCHEZ PATIÑO, Joaquín (Boiro, ? – ?).

Obreiro e carpinteiro afiliado á CNT en Boiro. Nos primeiros tempos do golpe fascista, agachado nos montes do Barbanza. Despois preso en Boiro, Noia e Santiago. Saiu do cárcere gracias ás xestións dun tío seu. Consegue sair nun barco cara a Uruguai. En Montevideo reclama á súa familia. Pola súa implicación no movemento montoneiro uruguaio, tivo que fuxir de novo, cara a Estados Unidos.

SÁNCHEZ PÉREZ, José.

Traballador de “El Orzán”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

SÁNCHEZ PONTE, Manuel.

Tesoureiro do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en xuño de 1935.

SÁNCHEZ PUENTES, Luis.

Traballador de “El Orzán”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

SÁNCHEZ RODRÍGUEZ, Alejandro.

Detido en outubro de 1934 nunha reunión clandestina na taberna “Padre Benito” da Rúa Nova de Compostela. Absolto en decembro de 1934.

SÁNCHEZ RODRÍGUEZ, Ángel.

Vocal da Sociedad de Peluqueros de Santiago en febreiro de 1925.

SÁNCHEZ RODRÍGUEZ, Cándido.

En xulio de 1931 secretario do Sindicato de Metalúrgicos de Santiago. Nunha reunión de Directivas en Compostela en setembro de 1931, foi nomeado corresponsal administrativo e informativo. En marzo de 1934 era presidente do Sindicato de Metalúrgicos de Santiago y sus Contornos, intervindo no conflicto co patrono Juan Franco, que rematou cun petardo neste establecemento. Tanto el como o seu irmao Alejandro estiveron detidos pola posesión de follas clandestinas en 1934. Integrou o comité local formado en Compostela diante do levantamento fascista. Despois do golpe militar, foi acusado de integrar un grupo de homes armados en Santiago, xunto a Luis García Pazos, Antonio Ramos Varela e Cesáreo Briones. Pertenceu ao Ateneo Libertario. Estivo agachado no monte primeiro e na súa casa despois. En xaneiro de 1938 foi condenado a morte.

SÁNCHEZ ROEL, Manuel

En febreiro de 1903 participou pola Sociedad Coral Obrera “Unión y Libertad” nun mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña.

SÁNCHEZ ROSA, José.

Participou no mitin do 1º de maio de 1906 no Teatro Circo da Coruña. Asistiu ao Congreso da Paz de Ferrol en 1915 como representante xenérico das organizacións anarquistas andaluzas. En maio de 1915 tomou parte no Congreso da Paz de Ferrol, representando a sociedades obreiras de Andalucía.

SÁNCHEZ ROEL, Manuel.

En xaneiro de 1905 inscribiu a unha fillo súa co nome de Aurora Libertad Roel López, na Coruña. En xaneiro de 1905 participou nun mitin contra a guerra ruso-japonesa no CES Germinal da Coruña. Interveu nun mitin no “Circo Pardo Bazán” da Coruña en maio de 1911; segundo a prensa católica fora vendedor de prensa e lotería.

SÁNCHEZ RUIZ, José.

Contador do Sindicato de Tranviarios da Coruña en maio de 1930.

SÁNCHEZ SÁNCHEZ, Rosalino.

Bibliotecario do Sindicato de Campesinos y Oficios Varios de Mondego-Sada, cando a súa fundación, en abril de 1933.

SÁNCHEZ SANDE, Manuel

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en San Agustín, 6, baixo.

SÁNCHEZ SANMARTÍN, María.

Militante da CNT de Ferrol. Detida en xuño de 1937 nunha vivenda na que estaba agachado Nicasio González Díaz e varios militantes comunistas. Condenado a 15 anos de prisión en agosto de 1937.

SÁNCHEZ SANTOS, Enrique

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Torre, E, 1º.

SÁNCHEZ SOTO, Antonio.

Traballador de “La Papelera Gallega”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Estaba no paro en outubro de 1934. Presidiu unha reunión da Asociación Tipográfica en abril de 1935.

SÁNCHEZ TRIÑANES, José.

Vicesecretario do Club del Mar de San Amaro, en xuño de 1936. Militante do Ramo de Agua da Coruña. Reclamado pola fuga dos barcos “Esperanza”, “Lourdes” e os “Fragios” en xulio do 37. En La Rochelle xa no tempo da ocupación alemana. Dos primeiros militantes da FL de La Rochelle coa derrota dos alemanes. Segundo J. Vergara, participou nun intento de atentar contra Franco con Vergara e outros dous militantes galegos, Vázquez Valiño e Antonio Martínez. Colabora dende Saint Pierre Quilbignon nunha suscripción da CRG no Exilio para axuda aos gastos do Secretariado da CRG e por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946. Participou nas actividades da CRG no exilio, dende Bagneres de La Rochelle (Francia), en 1946. En outubro de 1947 representa ás FL de La Rochelle e Saintes, e á Regional Nº 12 no II Congreso do MLE-CNT en Francia. En outubro de 1947 actúa como Delegado da Agrupación de Milicias Gallegas (Delegación de Armamentos en Francia), enviándolle a Campio Carpio unha credencial do enlace desta organización na Galiza. Na secretaría do Comité Regional en La Rochelle entre 1948 e 1949. A súa compañeira Carmiña foi buscalo a Francia e voltou a Galiza; ao parecer foi detido na fronteira.

SÁNCHEZ TRIÑANES, Roberto.

Secretario do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en diversas ocasións dende outubro de 1931 até abril de 1936..

SÁNCHEZ VALIÑO, Ramón (?, 1892 – ?).

Electricista despedido da Fábrica de Gas e Electricidad, foi detido en marzo de 1920 por unha agresión a un dos obreiros que ocuparon os postos dos despedidos. Membro da Sección de Enfermeros Marítimos do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en abril de 1928. En marzo de 1931 escribe en “Solidaridad Obrera” da Coruña defendendo a súa inocencia por un atentado a Sueiras, inspector da Fábrica de Electricidad, polo que estivo detido e foi absolto polo tribunal, ainda que o xornal “El Orzán” o acusaba do mesmo.

SÁNCHEZ VARELA, Severiano (?, 1902 – ?).

Detido gubernativamente en outubro de 1934, en Verín, xunto a José Losada e José Perdiz. Ferreiro anarquista, acusado de participar nunha tentativa de evasión de presos do cárcere de Verín en decembro de 1934.

SÁNCHEZ VÁZQUEZ, José (Pantón, 1898 – ?)

En marzo de 1932 foi nomeado presidente do Sindicato de Industria Ferroviaria da Coruña; tiña domicilio en Caballeros, 84. Ferroviario en Monforte, presidente do Sindicato Ferroviario da Coruña da CNT en 1932, ingresou no cárcere de Monforte o 11 de agosto de 1936, foi procesado por rebelión na causa 1249/36, sobreseida e saiu o 22 de xaneiro de 1937.

SÁNCHEZ VICENTE, Joaquín.

Afiliado á CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Detido no cárcere de Viana, escapou cara a Portugal, ainda que foi devolto pola policía portuguesa. En febreiro de 1938 foi condenado a 15 anos de cárcere.

SÁNCHEZ VICENTE, Manuel.

Afiliado á CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Condenado a quince anos de cárcere en xulio de 1937.

SANCHO, Ruperto.

Actúa de secretario nunha reunión da Asociación Tipográfica da Coruña en setembro de 1932.

SANDE

En xaneiro de 1913 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Ferrol.

SANDE, Arturo.

Secretario segundo do Centro de Estudios Sociales “El Derecho Humano” de Mesoiro en agosto de 1934.

SANDE, Carmen.

Participou na representación de “O Fidalgo” en Compostela, como integrante do Cadro “Brisas Futuras”, en xaneiro de 1918.

SANDE, D.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935.

SANDE, Domingo.

Vogal do Centro de Estudios Sociales “Hacia el Progreso” de San Cristóbal das Viñas en abril de 1933.

SANDE, Dolores.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

SANDE, María.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

SANDE, Francisco

En xuño de 1883 o secretario da Sección “El Porvenir de Obreros Sastres” da Coruña convocaba unha xuntanza na Casa do Consulado.

SANDE, Juan

En agosto de 1909 participa no mitin solidario da Coruña como delegado da Unión Campesina da Grela-Oza.

SANDE CAMPOS, Amando (Espasante, 26-07-16 – ?).

Mariñeiro. Participa na reunión constituinte do SIP de Espasante en maio de 1936. Foi nomeado vocal da primeira xunta directiva. Fuxiu de Espasante no pesqueiro “Ramón Galdo” en outubro do 36. Participou na fundación da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en novembro de 1936, como contador do Sindicato de Industria Pesquera de Espasante.

SANDE CERQUEIRA, Manuel.

Membro do Sindicato de Albañiles y Ayudantes en particular da Coruña, reingresa no Sindicato abonando unha indemnización pola súa actuación no conflicto dos fortes de San Pedro. Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935.

SANDE GARCÍA, Victoriano.

Agredido en febreiro de 1914, cando ía en compañía de José Creo Liste.

SANDE GONZÁLEZ, Elías.

Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921.

SANDE LÓPEZ, Emilio (Ferrol, 1908 – ?).

Chapista, afiliado á CNT en Ferrol, antes da guerra tivo cargos directivos nela. Detido o 12 de xaneiro de 1948 por ser un dos que acolleu ao infiltrado da policía Pablo Alejos e por facer de enlace entre guerrilleiros. Ingresou no cárcere de Ferrol o 19 de xaneiro de 1948 como detido e foi conducido á prisión da Coruña o 29 de xaneiro de 1948. Foi condenado a catro anos de prisión menor en outubro de 1948.

SANDE MARTÍNEZ, Domingo

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como panadeiro; domicilio en Camposa, 10, 1º, duplicado.

SANDE VÁZQUEZ, Domingo

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Camposa, 10, 1º, duplicado.

SANDINO, Maruja

En novembro de 1938 asina en “Galicia Libre” un artigo sobre “El trabajo y la mujer”.

SANDRA, Joaquín

En maio de 1904 era vicesecretario da Sociedad de Carpinteros “La Emancipación” da Coruña.

SANGENÍS SABATER, Miguel “Miguel Santelices” (Barcelona, 1902 – ?).

Asina artigos en “Avance Marino” en marzo e abril de 1936. Axente de publicidade. Chegou a Santiago en xuño de 1936, estando suxeito a presentación periódica por orde da Delegación de Orden Público, adicándose ao ensino. Na década dos 40 traballaba de capataz nas minas de San Finx, levando a FL de Noia e o enlace co Comité Nacional, chegando a facer varios viaxes a Francia. Presidiu varios plenos clandestinos. Cando Félix Álvarez Arganzúa fuxiu do cuartel da garda civil da Coruña, foi axudado por Sangenís, que lle atopou un refuxio en Noia. En 1946 axudou a José Luis Quintas, a quen tivo agachado até xaneiro de 1947, que o levou a Compostela xunto a Manuel Fandiño. En 1947 estivo na Coruña con José López, tentando reartellar a Federación Local. Fuxido, en maio de 1947 estaba en Santiago onde tentou reartellar a FL con Manuel Torres Picón. En xulio estaba en Madrid, colaborando co Comité Nacional, apoiando a reorganización da CNT na Galiza. Posteriormente pasou a Francia

SANGUINEDO, Luís.

Secretario do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en agosto de 1918.

SANIGAIORO, Juan.

Nunha lista de milicianos do Sindicato Único “La Progresión” de Erandio, que traballan no pesqueiro “Cántabro Nº 2”, en Euzkadi, no tempo da guerra civil. 23 anos. De Pobra do Caramiñal. Fogoneiro.

SANJORGE, Gabriel.

Representou a Marín, na reunión constituinte da Federación Marítima del Litoral Gallego, celebrada en Compostela en decembro de 1925.

SANJUAN, C.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Lugo en decembro de 1935.

SANJUAN COLLAZO, Antonio.

Follalateiro, foi membro do Comité da FLO da Coruña.

SANJUAN FERNANDEZ, Juan.

Un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos. Presidente do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en abril de 1933.

SANJURJO, Alberto

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

SANJURJO, Francisco (*)

Colabora económicamente con “Cultura Proletaria” de New York en setembro de 1910.

SANJURJO, Juan.

Vocal do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en xaneiro de 1936.

SANJURJO, Manuel (*)

En febreiro de 1914 colaboraba económicamente con “Fuerza Consciente” de San Francisco, desde La Habana.

SANJURJO, Santiago

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como obreiro municipal.

SANJURJO FERNÁNDEZ, Florencio (Sedes-Narón, 1911 – )

Natural de Sedes-Narón, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 14 de xuño de 1932 por un delito de folga, e foi liberado o 28 de xuño.

SANJURJO FERNÁNDEZ, José (Sedes-Narón, 1901 – )

Natural de Sedes-Narón, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 14 de xuño de 1932 por un delito de folga, e foi liberado o 15 de xuño. Natural de Sedes-Narón, veciño da praza de Ferrandiz, 44, Ferrol. Xornaleiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 14 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o día 15 do mesmo mes.

SANJURJO FERNÁNDEZ, Severino (Viveiro, 1901 – ?)

Mariñeiro de Viveiro. Vogal do Sindicato de Pescadores da CNT. Procesado despois do golpe fascista. Ingresou no cárcere de Lugo o 25 de maio de 1939, procesado por rebelión na causa 903/36, foi condenado a cadea perpetua e saiu en prisión atenuada o 20 de agosto de 1940.

SANJURJO GÓMEZ, Raul (? – Almeiras, 03-02-1969)

Inscrito no rexistro civil en marzo de 1903. Era fillo de Juana Gómez e José Sanjurjo. Fillo de José Sanjurjo Rodríguez, xefe de administración do corpo técnico de correos, faleceu en febreiro de 1969 en Almeiras, aos 65 anos.

SANJURJO LÓPEZ, Juan.

Vocal do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en xaneiro de 1936.

SANJURJO LÓPEZ, Julio (A Coruña, 1894 – ?).

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía. Fogoneiro. En xuño de 1918 foi elixido secretario do exterior da Sociedad de Pescadores “La Humanidad Libre” da Coruña. Denunciado por coacción o 17 de xuño de 1924. Asinou as bases de solución do conflicto pesqueiro do verán de 1924, en nome da Sección Pesquera do Sindicato Único del Transporte Marítimo y Terrestre da Coruña. Representou ao “Despertar Marítimo” na reunión constituinte da Federación Marítima del Litoral Gallego, celebrada en Compostela en decembro de 1925. O 30 de agosto de 1926 fixoselle un rexistro domiciliario, ingresando no cárcere a disposición do D.G. de Seguridad, sendo posto en libertade o 5 de decembro. Nese ano foi presidente do “Despertar Marítimo”. A finais da década dos 20 participou nun intento de achegamento entre a Sección Pesquera da Coruña e a de Vigo, mais foi frustrada por Manuel Rodríguez Careu. Delegado da Flota Pesquera no Pleno Regional de Vilagarcía o 9 de agosto de 1931. Vocal do comité da FNIP en novembro de 1931, polo “Despertar Marítimo”. Nunha asemblea do “Despertar” en 1932 foi cuestionado por algún dos seus membros, ao parecer por rencillas personais. Secretario do “Despertar Marítimo” en abril e novembro de 1933. Representa ao “Despertar Marítimo” da Coruña no Pleno Nacional da FNIP de 12 de outubro de 1933, con 700 afiliados. Membro da xunta administrativa da Sección “Despertar Marítimo” do SIP da Coruña en abril de 1933. Nomeado delegado do “Despertar Marítimo” para o Congreso Nacional da Industria Pesquera en Madrid en outubro de 1933. O 29 de decembro de 1933 foi multado con 20.000 pesetas polo Ministerio de Gobernación por tomar parte no movemento revolucionario. Delegado a un Pleno en Vigo en abril de 1934. En xuño de 1934 foi detido por coacción e o 17 de xulio de 1934 foi denunciado por reunión clandestina. Secretario do “Despertar Marítimo” en setembro de 1934. Denunciado por Domingo Serrano por malversación de fondos do Sindicato “Despertar Marítimo”, en setembro de 1934. O 12 de novembro de 1934 reclamado en busca e captura polo Juzgado Militar Permanente de la 8ª Región. Representou ao “Despertar Marítimo”, Empacadoras deBous, Chavoleros y Mozos de Campo, e Salazones y Conservas da Coruña no Pleno de Sindicatos da Federación Regional Galaica de Obreros de la Industria Pesquera y sus Derivadas, en setembro de 1935. En outubro de 1935 participa nunha xuntanza da FRIP en relación co conflicto do transporte de pescado A Coruña-Madrid. En decembro de 1935, partidario dunha solución negociada ao conflicto polos despidos na parella de pesqueiros “Mascota” e “Mascotita”. En abril de 1936, unha asamblea do “Despertar Marítimo” adícase a xulgar a súa conducta cando era Delegado do Sindicato.Agachado dende xulio de 1936. O seu irmao Santiago Sanjurjo López foi asasinado en agosto do 37. Implicado no intento de fuga no boniteiro “Explorador” en agosto do 37. Sospeitoso de organizar a fuga do “Mascota” en setembro de 1937. O 23 de setembro dese ano marchou a Brest nunha embarcación comprada, con outros mariñeiros. Dalí foi a Barcelona e traballou como fogoneiro no barco tanque da CAMPSA “Zorroza”, no que marchou a Marsella ao caer Catalunya. Colaborou no xornal “Galicia Libre” co seudónimo de “Anatalio”. Detido o 27 de novembro de 1941 cando tentaba entrar pola fronteira da Junquera; foi ferido por un disparo da garda civil. Condenado o 23 de febreiro de 1943 a 20 anos de reclusión, conmutada por 8 anos. Sospeitoso de organizar a fuga do “Mascota” en setembro de 1937.

SANJURJO LÓPEZ, Santiago (1898 – A Coruña, 31-07-1937).

Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en abril de 1932, e delegado do mesmo na F.L. en setembro de 1932; enderezo en Travesía do Monte, 6. Neste ano foi detido por ameazas e coaccións nunha folga. Elixido delegado do Sindicato de Peones na Federación Local en agosto de 1934. Novamente detido en 1933 por participar na folga revolucionaria e en 1934 por alteración da orde pública nun mitin e reunión clandestina. En outubro de 1934 remite un escrito sobre as eleccións ao diario CNT de Madrid. Delegado do Sindicato na F.L. en 1934. Preside xuntanzas do Sindicato de Peones en xulio de 1936. Irmao de Julio Sanjurjo López. Detido o 31 de xulio de 1937, foi paseado xunto a Rogelio González. En novembro de 1937 “Galicia Libre” noticia a caída de Santiago Sanjurjo, do Sindicato de Peones.

SANJURJO RODRÍGUEZ, José (? – O Castelo-Sada, 28-02-1946).

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Panaderas, 41, 2º. En setembro de 1892 asinou unha protesta publicada en “El Corsario” contra os manexos dos republicanos para tentar impedir a publicación dun manifesto anti-electoral na Coruña. O 11 de novembro de 1892 participou no acto de conmemoración dos mártires de Chicago organizado pola Federación Obrera da Coruña e colaborou no especial de “El Corsario”. Dirixiu o xornal “El Corsario” na súa segunda etapa, entre 1893 e 1896, xunto a Marcial Lores. En maio, xulio, agosto de 1894 mantiña correspondencia con “La Idea Libre” desde A Coruña. En maio de 1895 comunica a “La Idea Libre” a inscrición da súa filla Armonía Social; a súa nai era Juana Gómez. Anarquista, foi un dos iniciadores da “Antorcha Galaica del Librepensamiento” a finais do século XIX. En decembro de 1897 “La Protesta Humana” publicaba unha nota de Urania en que lle pedía que lle escribira. Xastre coruñés, representou ao anarquismo galego no III Certamen Socialista Libertario, celebrado en La Plata (Argentina), en maio de 1898; presentou traballos para os temas “La niñez en la sociedad futura” e “Táctica y medios de hacer fructífera propaganda anarquista entre las masas trabajadoras apesar de las leyes especiale que la prohiben”. En maio de 1898 mantiña correspondencia con “El Rebelde” de Buenos Aires e intercambiaba publicacións co grúpo “Los Ácratas” de Buenos Aires. En maio e agosto de 1899 ten correspondencia con “El Nuevo Ideal” de La Habana. En agosto de 1900 “El Despertar” de New York incluía un relato de vintecinco presos de Montjuich que foron deportados por vía marítima e pasaron por Vigo e A Coruña, onde viron a Ricardo Mella e a José Sanjurjo, respectivamente. Na altura de 1900-1901, mantiña correspondencia con Francisco Ferrer i Guardia, pois figura na súa axenda, con enderezo en Franja, 43. Foi encarcerado como presidente da sociedade de resistencia dos xastres, despois dos incidentes da folga de consumeiros de 1901; a súa figura foi desacreditada polo xornal “El Socialista”. “La Protesta” de La Línea da o seu enderezo en Franja, 82, 2º para envíos de cartos aos obreiros coruñeses presos; Sanjurjo lle faría chegar os cartos. En novembro de 1901 “La Protesta” de La Línea agradece a José Sanjurjo o envío das súas crónicas, mais lamenta non poder publicalas por chegar con moito atraso. En novembro de 1902, nun acto en “Germinal”, en prol do amor libre, con Cebrián e Lores. En marzo de 1903 Sanjurjo e a súa compañeira Juana Gómez inscriibiron ao seu fillo Raul no rexistro civil. En marzo de 1903 deixaba as súas accións da Cooperativa Obrera á Antorcha Galaica del Librepensamiento para a creación dunha escola de nenas. Asina un chamamento dende A Coruña en “El Porvenir del Obrero” de Mahón e “El Productor” de Barcelona en xuño de 1903, en nome dun grupo de militantes que traballan pola publicación de “Tierra y Libertad” como diario. En agosto de 1903 fixo unha crítica de “A Ponte” de Lugrís Freire en “Tierra y Libertad” de Madrid. En xaneiro de 1904 asina unha crónica da Coruña en “El Rebelde”. En maio de 1904, Marcial Lores leu un discurso de José Sanjurjo, no acto en conmemoración dos sucesos de maio de 1901. En abril de 1902 foi entrevistado por “La Voz de Galicia” sobre a xornada de oito horas. En agosto de 1903 colaboraba en “Tierra y Libertad” de Madrid. Cara a decembro de 1904 estaba en prensa o seu folleto “Aclaraciones”, editado en febreiro de 1905 pola Biblioteca “El Sol” e anunciado desde as páxinas de “Tierra y Libertad” e “El Porvenir del Obrero”. En xaneiro de 1905 colabora no quincenario coruñés “Germinal”. En 1906 ainda estaba a venta o seu folleto “Aclaraciones”. En abril de 1906 a Biblioteca “Germinal” publicou o seu opúsculo “Dios, ¿qué es?” en contestación a outro do mesmo título que publicara a mesma biblioteca. En xaneiro de 1907, “Tierra y Libertad” anunciaba que se poñía novamente á venta o seu folleto “Dios ¿Qué es?”. En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908. En maio de 1912 no xornal “¡Tierra!” de La Habana figura como autor do folleto “Dios ¿qué es?”. En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres. Vocal do Comité de Defensa Económico-Social da Coruña en febreiro de 1915. Presidente da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en marzo de 1915. En marzo de 1918 pide axuda á Sociedad de Pintores para a escola de Luisa Elizalde. Secretario da Sociedad de Sastres da Coruña en outubro de 1919. Industrial, participa nun acto de presentación pública de Germinal no Teatro Rosalía de Castro, en novembro de 1931. O 28 de febreiro de 1946 faleceu na súa casa do Castelo, en Sada, aos 79 anos.

SANJURJO SUÁREZ, Carlota.

Presidenta do Sindicato del Arte Textil “La Primera Coruñesa” da A Coruña entre maio de 1931 e novembro de 1932.

SANMAMED, Pablo.

Presidente da Sociedad de Carpinteros de Santiago cando tivo lugar a súa fundación, en novembro de 1894.

SANMARTÍN, Francisco.

En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Joyeros y Plateros de Santiago no Pleno Regional celebrado na Coruña.

SANMARTÍN, J.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

SANMARTÍN, José

Detido na folga de canteiros da praza de María Pita da Coruña en xulio de 1894.

SANMARTÍN, Jovita.

Dirixiu a fuxida no bou “Santa Eulalia” dende Muros en xulio de 1936. En agosto de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre” nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Girona.

SANMARTÍN IGLESIAS, Francisco.

Presidente da Sociedad de Metalúrgicos de Santiago en decembro de 1924.

SANMARTÍN MANTEIGA, Andrés

Capitán da Primeira Compañía do Batallón “Celta” 30º Euzkadi 6º CNT.

SANMARTÍN MIRANDA, Manuel.

Elexido secretario de actas do Sindicato General de Trabajadores de Vilagarcía, en outubro de 1931.

SANMIGUEL, José.

En maio de 1936, vocal do Sindicato de Pontecesures, afin ao Partido Sindicalista.

SANMIGUEL, Manuel

En maio de 1936, membro do Comité de Parados de Pontecesures, afin ao Partido Sindicalista.

SANTABALLA, J.

Participa nunha suscripción do xornal “¡Tierra!” dende La Habana.

SANTALLA MÉNDEZ, Genoveva

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Estrella, 40, baixo.

SANTAMARÍA

En xaneiro de 1938 escribe un artigo en “Galicia Libre” co título “Cómo vive la juventud gallega ante el terror fascista”. En febreiro de 1938 colabora en “Galicia Libre”.

SANTAMARÍA, Enrique

En abril de 1938 participa nunha recadación de donativos a favor de “Galicia Libre” organizada por Miguel Vázquez Valiño en Girona. En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Girona.

SANTAMARÍA RODRÍGUEZ, Basilio.

Afiliado número 175 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SANTANA GRAÑA, Rosa

Detida en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899.

SANTARÉN ABELEDO, Bernardo

Mariñeiro de 42 anos, natural de Miño, veciño de Pomantes, xulgado en Asturias e condenado a 20 anos de prisión. Detido gubernativo na Coruña en 1938, conducido a Gijón en abril..

SANTAS DAQUINTA, Ramón

En outubro de 1938 Ramón Santas Daquinta tentaba contactar a través de “Galicia Libre” con José Abadía Quintas, de Pereira da Rabeda-Ourense, pedíndolle que contactara con el na Agrupación de Gallegos Libertarios de Barcelona.

SANTELLA, A.R..

Membro do grupo “Juventud Libertaria” de Ferrol en outubro de 1913.

SANTIAGO, Antonio.

Presidiu reunións da Asociación Tipográfica da Coruña dende setembro de 1932 a marzo de 1933. Representou á Asociación Tipográfica da Coruña no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

SANTIAGO, José.

Nunha comisión do “Despertar Marítimo” da Coruña en agosto de 1931.

SANTIAGO, José

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en San Andrés, 190, barbeiría.

SANTIAGO, José.

Afiliado número 456 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SANTIAGO, José (A Coruña, 1910 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

SANTIAGO, Juan.

Secretario da Sociedad de Boteros “La Unión del Puerto” da Coruña en xaneiro de 1922.

SANTIAGO, Silvio.

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Olmos, 6, 2º. En abril de 1932 o Sindicato de Dependientes y Mozos de Comercio organizou un mitin no Teatro “Rosalía de Castro” coa participación de Ángel Fernández, Silvio Santiago, Manuel Mejuto, Luis Conde, polo Sindicato e José Moreno e José Villaverde pola Confederación Regional Galaica.

Participou nunha reunión convocada por Villaverde antes do movemento de decembro de 1933, facendo xestións diante dalgúns militantes por ver de aprazar o movemento. Ángel Pestaña tentaba captalo para o seu Partido Sindicalista en abril de 1934. Segundo Manuel Fernández, integrouse no Partido Sindicalista. Correspondente de “El Sindicalista” na Coruña en maio de 1936. En setembro do 38, na Habana, tentaba comunicarse con José Prego en Barcelona. En 1956 acusado de situarse no bando franquista entre os grupos enfrentados na colonia galega de Caracas. Ao chegar Juan Noya a Caracas involucrouse no conflicto entre o Centro Gallego e o Lar Galego, acusando a Silvio Santiago de estar en colaboración co embaixador franquista para impedir a fusión e de aducir que o Lar Galego era un nido de comunistas.

SANTIAGO CORNELLO, Amadeo (?, 1903 – ?).

Ou Amadeo Santiago Fernelle (ou Camello), ou Cerdillo, ou Cernello. Un dos fundadores do Sindicato de Obreros Manipuladores de Pescado Fresco de A Coruña en novembro de 1930. Nunha comisión do Sindicato de Empacadores en novembro de 1930. Foi secretario do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña, en maio e xuño de 1931 e presidente en marzo de 1932. Vocal do comité da FNIP na Coruña polos Empacadores en novembro de 1931. Asina un comunicado das empacadoras condenando un incendo nun almacén da rúa Concepción Arenal en agosto de 1932. Cuestionado en outubro de 1932 polo seu sindicato. En marzo de 1935 a Sección de Empacadoras nomeao delegado para entrevistarse cos patronos do transporte.

SANTIAGO CUEVAS, José (A Coruña, 1910 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT.

SANTIAGO FREIRE, José.

Condenado a dez anos de prisión por un consello de guerra en outubro de 1924, polo delito de reparto de follas impresas incitando á rebelión.

SANTIAGO FREIRE, Bernardo.

En xulio de 1935 foi nomeado vocal do SIP de Cariño.

SANTIAGO GONZÁLEZ, Benito.

Foi vicesecretario do Sindicato de Salazoneras “El Porvenir Femenino” da Coruña, en xuño de 1931.

SANTIAGO LAVIZ, José.

Vocal 1º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xuño de 1908. Vocal 4º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xulio de 1910.

SANTIAGO PANTÍN, Alejandro.

Afiliado á CNT. Detido o 21 de xulio de 1936 no Concello de Ferrol.

SANTIAGO PEREIRA, Raimundo (Placeres-Pontevedra, 1897 – ?).

Mariñeiro, detido en agosto de 1937 por estar implicado na tentativa de fuga do boniteiro “Explorador”, do que era tripulante. Absolto en novembro de 1937.

SANTIAGO RODRÍGUEZ, José (?, 1910 – ?).

Veciño da Pedra, detido en setembro de 1934, por apedrear un coche da garda civil.

SANTIAGO ROMERO, Adolfo (Pobra do Caramiñal-A Coruña, 1917 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT.

SANTIAGO TEMPRANO, José “Henares” (A Coruña, 1916 – ?).

Afiliado áo Sindicato de Carpinteros da CNT en 1936. Acusado de participar na tentativa de fuga na motora “Sisargas” dende A Coruña, en marzo do 37. Condenado a reclusión perpetua en maio do 37. Saliu en libertade en 1941. En setembro de 1942 foi detido por actividades clandestinas comunistas. Liberado en marzo de 1943. En marzo de 1944 foi novamente detido e liberado en 1945. En 1946 pasou á guerrilla na partida de Manuel Ponte Pedreira. Detido novamente en xulio de 1947 en Huesca e condenado a 20 anos de cárcere.

SANTIAGO VÁZQUEZ, Esteban.

Detido e liberado posteriormente na Coruña con motivo da folga xeral de setembro de 1911.

SANTÍN LÓPEZ, Manuel (Montaña de Agre-Lugo, 1917 – ? ).

Xornaleiro. Residente en Barcelona. Acolleu a Abelardo Gutiérrez Alba en Barcelona en setembro de 1947.

SANTIÑO, Manuel.

Vocal da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en decembro de 1918.

SANTIRSO RODRÍGUEZ, Carlos (Rasela-Verín, 1909 – ?).

Albanel. A finais de abril de 1934 José Losada e Carlos Santiso tiveron un enfrontamento con José Taboada, que pegaba cartaces anunciadores do Congreso das Juventudes de Acción Popular; José Losada foi detido e Carlos Santirso, que agredira a Taboada, fuxiu. Mantivo contactos con Luis Bazal, en outubro de 1934, despois de que este visitara a José Losada. Foi secretario da CNT de Verín. Mitins en varias parroquias de Verín en xuño de 1936. Cando o golpe, internouse en Portugal xunto a Alberto Suárez (da Veiga das Meás). Foi a Tarragona e despois a Madrid, onde combatiu na Columna Del Rosal. Detido en Madrid, estivo no Campo de Concentración de Vallecas. En 1940 residía en Madrid. Foi condenado a reclusión perpetua, conmutada pola de 12 anos, en marzo de 1942. En 1952 estaba en ignorado paradeiro.

SANTISO, Dolores

Cerilleira, compañeira de Manuel Cameán, inscribiu civilmente ás súas fillas Libertad e Humanidad en maio de 1902.

SANTISO, Francisco.

Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en agosto de 1934. Por colaborar co comité de folga dos camareiros foi multado con 250 pesetas polo gobernador civil da Coruña en xulio de 1935.

SANTISO BOGA, José.

Detido por atentar contra un esquirol que saía de traballar da fábrica de calzados Senra, na Coruña, en novembro de 1917.

SANTISO RODRÍGUEZ, Ernesto (A Coruña, 1905 – ?).

Residente en Vilaboa, despois de casar coa cigarreira Mercedes Martínez Seijas en abril de 1928. Traballador da CAMPSA, en 1930 foi vicepresidente da Federación Nacional de Empleados y Obreros del Petróleo, constituida na Coruña en xaneiro do mesmo ano. Presidiu unha reunión da Unión Petrolífera en abril de 1931. Tesoureiro do Comité de Factoría da Unión Petrolífera en agosto de 1931. Foi vicepresidente na primeira xunta directiva do Ateneo de la Villa de Rutis en xulio de 1931. Presentou unha conferencia de Manuel Rodríguez Matos no Ateneo en outubro de 1931 e outra do director do grupo escolar coruñés “Curros Enríquez”, Albino Núñez, en maio de 1936. En marzo de 1932 dirixía a Rolda do Ateneo. Vocal da Unión Petrolífera en agosto de 1932. En setembro de 1932 asiste ao Congreso da Federación Nacional de la Industria del Petroleo, celebrado en Madrid. Mitins de propaganda entre os petroleiros de Lugo e Vigo, con Eduardo Blanco. Representou aos Sindicatos de Petroleros da Coruña e Vigo no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Logo dun viaxe á URSS como traballador da flota petroleira publicou un artigo crítico coa Unión Soviética, asinando como secretario do Comité da Flota; este artigo foi lembrado nun artigo de Miguel Jiménez sobre a rexional galaica en “Solidaridad Obrera” de París en setembro de 1954. Paqueteiro do Diario CNT de Madrid na Coruña en setembro de 1933. Interven nun mitin de afirmación sindical en Lugo a finais de outubro de 1933. En novembro de 1933 intervén nun acto no CES Luz y Vida de Elviña. Delegado no CR da CRG pola Unión Petrolífera en novembro de 1933. Encarcerado a resultas do movemento insurreccional de decembro de 1933, e o alcalde de Culleredo, Electo Carballo intercedeu por el diante de Niceto Alcalá Zamora. Participou no movemento de decembro de 1933, foi xulgado en consello de guerra e condenado a 26 anos de prisión. Vocal do Sindicato de Petroleros na FLO da Coruña en 1934. Xulgado en xaneiro de 1935 en consello de guerra polo intento de asalto ao cuartel da garda civil de Oleiros, foi condenado a 26 anos de reclusión.En xaneiro de 1935 foi condenado á pena de 26 anos de prisión, ao ser considerado promotor do asalto ao cuartel da garda civil de Oleiros. En xulio de 1935 lembraba a Llerena nas páxinas de “Solidaridad”. En agosto de 1935 escribía dende o cárcere da Coruña a “Solidaridad”. Logo de moitos meses no cárcere da Coruña, foi trasladado á do Dueso. Colabora co xornal “Brazo y Cerebro” dende o cárcere, escribindo sobre temas sexuais. En febreiro de 1936 asina en nome da CNT un comunicado dos presos da UGT e da CNT chamando a que a amnistía chegue tamén aos presos comúns Chegou á Coruña en febreiro de 1936 nun grupo de amnistiados dende a prisión de Pamplona (segundo outras fontes Santiso viña do Penal do Dueso), sendo recibido nunha manfiestación na estación de ferrocarril o primeiro de marzo na Coruña por unha chea de obreiros, falando dende o balcón da casa do concello da Coruña. En Vilaboa tamén foi recibido triunfalmente, voltando a presidir o Ateneo de la Villa de Rutis. Fala o 26 de abril de 1936 en San Pedro de Nós. Participou no derradeiro acto do Ateneo, en xulio de 1936. Falou no mitin da praza de touros da Coruña o 18 de xulio de 1936. Logo do triunfo da sublevación, pasase á Falange e en outubro de 1936 fala dende o antigo Ateneo como Delegado da CONS. Alistase na legión e morre o 10 de abril de 1937 sendo Falangista do 2º Tercio de Cádiz.

SANTISO GARCÍA, Manuel (A Coruña, 1927 – ?).

Foi detido por participar nas agresións ao industrial Wenceslao Añón e ao exportador de peixe Joaquín Villagra Fernández, xunto a Manuel Montes Babío, a comezos de 1948. En outubro de 1948 foi condenado a tres anos e tres meses de cárcere.

SANTODOMINGO, Augusto.

Vocal 1º da Asociación Tipográfica de A Coruña en marzo de 1916. Traballador da Imprenta Garcybarra, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

SANTOMÉ, Manuel (Marín-Pontevedra, 1902 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

SANTOMÉ IGLESIAS, Agustín.

Mariñeiro, natural de Bueu. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xaneiro de 1937.

SANTOS, Antonio.

Colabora dende Bagneres de Bigorre nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

SANTOS, Emilio

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en C. da Palloza, 9, baixo.

SANTOS, Francisco.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

SANTOS, Gumersindo.

Socio da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en abril de 1915.

SANTOS, J.

En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos.

SANTOS, Joaquín

Xastre, na segunda metade de maio de 1890 participou no mitin realizado no salón Curty de Vigo pola rebaixa da xornada laboral.

SANTOS, Joaquín

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

SANTOS, José.

Membro da Comisión Revisora da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1916.

SANTOS, José

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

SANTOS, José.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

SANTOS, José.

Vocal do Sindicato de Carboneros “El 1º de Mayo” da Coruña, en marzo de 1932.

SANTOS, José.

Fogoneiro, miliciano no Batallón de Onofre, compoñente do grupo “Actividad” da FAI de Xixón en 1937.

SANTOS, Juan

En marzo de 1911 “Tierra y Libertad informa da inscrición civil de José Ovidio, fillo dos compañeiros Carmen Pouso e Juan Santos. Presidiu un mitin no Centro Obrero de Ferrol en xulio de 1912, para promover a creación dunha escola racionalista. En xaneiro de 1913 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Ferrol.

SANTOS, Melchor José

Nun mitin celebrado na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901 leuse unha carte del entre outros presos do cuartel de Alfonso XII.

SANTOS ARES, José (Dodro-Laiño-A Coruña, 1906 – ?).

Motorista. Solteiro. Xunto a Gayoso e Montero, foi detido nunha protesta contra a recén instaurada dictadura argentina, mentres Macías lograba escapar. Condenado a morte en xaneiro de 1931 por un tribunal militar, a pena foille conmutada pouco antes de que se cumplira a sentencia. Estaban acusados de participar nun tiroteo no que resultaron feridos dous policías, o 6 de decembro de 1930. O 8 de maio de 1931 foi embarcado nun grupo de presos sociais que desde Buenos Aires foron levados no transporte “Chaco” con destino á Tierra de Fuego. En setembro de 1931, estaban condenados a morte.Foron condenados a morte, ainda que posteriormente se lle conmutou a pena pola de reclusión perpetua.

SANTOS AYALA, Emilio

Nomeado presidente do Sindicato de Peones en General da Coruña en xulio de 1933.

SANTOS BALLESTEROS, Juan.

Secretario da Sección de Cocineros, Cocineras y Similares do Sindicato de Industria da Alimentación da Coruña en abril e maio de 1932.

SANTOS CAMPELO, Victoriano (Bouzas-Vigo, 1893 – ?).

Mariñeiro afiliado ao “Despertar Marítimo”, en xulio de 1937 foi detido acusado de levar unha pistola, en agosto do mesmo ano viuse implicado na tentativa de fuga do boniteiro “Explorador”, do que era tripulante. Condenado a 20 anos de cárcere en novembro de 1937.

SANTOS CAROU, José.

Afiliado número 614 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 4ª Compañía.

SANTOS CHOUZA, Francisco

En marzo de 1936 “Avance Marino” informaba dun conflicto porque a compañía de seguros lle daba de alta sen estar curado..

SANTOS FOLGAR, Luis de los (Zaragoza, 1913 – )

Natural de Zaragoza, veciño da rúa Hortaleza, 116, Madrid. Ingresou no cárcere de Ferrol o 10 de decembro de 1932 por un delito de atentado, e foi liberado o 13 do mesmo mes.

SANTOS GARCÍA, Juan

En xuño de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Redondela.

SANTOS GARCÍA, Manuel.

Afiliado número 102 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SANTOS GÓMEZ, Andrés (Barallobre-Fene, 28-3-10 – ?).

Natural de Barallobre-Fene, veciño de Limodre-Fene. Mecánico, ingresou no cárcere de Ferrol o 7 de abril de 1937 por orde do Comandante Militar da Praza. Mecánico, detido no cárcere de Ferrol e despois no Castelo de San Felipe, foi condeando a pena de morte, conmutada por 30 anos e despois por 6. Participou nos traballos de reorganización da CNT en Ferrol, recollendo cotizacións en ASTANO. Foi detido en marzo de 1947. Procesado na causa 156/47, pedironlle 7 anos e foi condenado a 3.

SANTOS LÁZARO, Manuel.

Delegado da Sección de Mozos de Hoteles do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en marzo de 1933. Vocal da Sección de Mozos de Hoteles do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en outubro de 1933. Delegado na FLO en abril e outubro de 1933. Vocal do Sindicato de Mozos de Hotel na FLO da Coruña en 1934.

SANTOS LÓPEZ, José “Asturiano” (Tremañes-Xixón-Asturias, 1-6-1905 – ?).

Lancheiro, affiliado á CNT dende 1931, ocupou o cargo de secretario do Sindicato de Embarcaciones Menores do Ponto-Narón. Membro da Liga Racionalista. Empregado, traballador no taller de chapa fina da Constructora Naval, dende o comezo da guerra civil. Interrogado en xulio de 1946 pola súa implicación na “Folga do aceite”. Participou nos traballos de reorganización da CNT en Xuvia, formando un grupo de Oficios Varios. Foi detido en marzo de 1947. Procesado na causa 156/47, pedironlle 7 anos e foi condenado a 3.

SANTOS MANEIRO, José.

Vocal de Fogoneros na xunta directiva do “Despertar Marítimo” en setembro de 1934.

SANTOS MARTÍNEZ, Juan.

Secretario da Sociedad de Pintores da Coruña, condenado en 1902, despois da folga dos consumeiros de maio de 1901, a 6 anos de cárcere. En outubro de 1901 “El Productor” de Barcelona comentaba que fora levado a cumplir a condena de seis anos a Ortigueira.

SANTOS NEIRA, Alfonso (*)

En abril de 1923 asina un artigo en “El Libertario” de Buenos Aires.

SANTOS PALLEIRO, Juan.

Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xaneiro, febreiro, maio, xuño e outubro de 1910. Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xaneiro de 1912. Vicesecretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en decembro de 1914. Presidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xulio de 1915, tesoureiro en xuño de 1916. Tesoureiro da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en febreiro de 1917. Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en outubro e novembro de 1917 e febreiro e marzo de 1918. Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en novembro de 1917; tiña o domicilio en Santa Margarita, 154.

SANTOS RÍOS, Juan

Amigo de Álvaro Cunqueiro, falase del nun artigo publicado en “Finisterre” en abril de 1946. Situao na Carrasqueira, en Bueu. Di que foi militante da CNT e fala del como “habaneiro”.

SANTOS RODRÍGUEZ, Laureano.

Foi vicepresidente do Sindicato de Obreros de Salazones “El Porvenir Social” da Coruña, en outubro de 1931 e presidente do Sindicato de Obreros de Salazones “El Porvenir Social” da Coruña, en abril e novembro de 1932. Vicesepresidente en outubro de 1931. Delegado do Sindicato de Salazoneras na FLO en xaneiro de 1933. Delegado do Sindicato de Conserveros da Coruña á Regional en xuño de 1935.

SANTOS SÁNCHEZ, Enrique (1910 – ?)

Veciño da Avenida de Hércules, multado polo gobernador civil en abril de 1932, como consecuencia dos alborotos nun mitin radical-socialista na Coruña.

SANTOS VARELA, Emilio.

Nunha lista de galegos que traballan en pesqueiros de Euzkadi no tempo da guerra civil. 25 anos. Do vapor “Eugenio”.

SANVICENTE, Martina.

En marzo de 1905 inscribiu civilmente á súa filla Armonía Espada Sanvicente.

SANZ

Colabora ao longo de 1931 no xornal “Solidaridad Obrera” da Coruña.

SANZ, José.

En xuño de 1918 foi elixido secretario da Sociedad de Barberos “La Fraternal” da Coruña.

SANZ, Julio.

Profesor de fisiología e hixiene na Escuela Racionalista de Ferrol no curso 1933-1394.

SANZ, Justo

Detido en Lugo no movemento revolucionario de decembro de 1933, ingresado no cárcere a disposición do gobernador civil.

SANZ, Rodrigo.

Tesoureiro da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en abril de 1911.

SANZ OTERO, Ángel.

Foi contador do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña, en xulio de 1931. Secretario da Sección de Picadores de Calderas do SIP da Coruña en xuño de 1934.

SANZ OTERO, José

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Real, 90, 1º

SANZ OTERO, Luis.

Foi vocal da Sección de Picadores do SIP da Coruña en decembro de 1932. Vocal en xaneiro de 1933, e delegado da Sección á FLO. Secretario da Sección de Picadores de Calderas do SIP da Coruña en xuño de 1934.

SAR, Antonio.

Na comisión organizadora da Sociedad de Obreros en Hierros y Metales “La Reforma” da Coruña en setembro de 1900.

SARDINA, Alfonso.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

SARDINA, Francisco.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

SARDINA, Rosario

En maio de 1912 Pastor Fernández e Rosario Sardina inscribiron civilmente á súa filla Acracia. En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos.

SARDINA MONTERO, José “Juan Rotemón” (Ferrol, ? – ?).

Vello loitador obreiro de Corcubión, oriundo de Ferrol. Denunciado ao xuiz de Cambre por escandalo e insultos á garda civil, en febreiro de 1912. En xuño de 1913 foi detido por bigamia en Corcubión, ao casarse en Santa María de Oza con Teresa Pequeño Fernández, que xa estaba casada. Activo protagonista na organización dunha folga en reclamación de aumento de xornal na fábrica de carburos de Cee en 1913, e inveterado promotor de organizacións sindicais na dictadura de Primo de Rivera. Impulsor da constitución, a mediados de 1931, do SOV “La Igualdad” de Corcubión. Detido con ocasión dunha folga en 1932, como autor duns pasquíns contra a forza pública e as autoridades municipais. En novembro de 1935, o Sindicato de Oficios Varios “La Igualdad” de Corcubión denunciabao diante do xornal “Cultura Proletaria”, por falsificación de recibos, reclutar esquirosis en 1933 para a Compañía General de Carbones, e a creación da sociedade amarela “El derecho a la vida”; por todo elo fora expulsado do sindicato en 1932. Despois da guerra civil foi detido e pasou unha longa tempada na cadea.

SARDIÑA, Avelina.

Vocal da Sociedad de Sastres da Coruña en outubro de 1919.

SARNOF, Lilly “Ellen White”

Compañeira de Manuel Rey “Louis Raymond”, mantivo correspondencia con Ricardo Flores Magón cando estivo no cárece nos Estados Unidos.

SARRIA BLANCO, Isabelino (Ourense, 1869 – ?)

De Ourense, expulsado de Cuba no “Reina María Cristina” en xuño de 1918. Expulsado de Cuba en abril de 1920 no “Alfonso XIII”, era a segunda vez que era expulsado.

SARRÓN, Antonio.

Afiliado número 454 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SAS, Tomás.

Vocal do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en decembro de 1931.

SAYÁN REIRÍS, Antonio (Corrubedo-A Coruña, 1903 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

SAYÁN RODRÍGUEZ, Manuel.

Afiliado número 548 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SAYANES, Antonio B.

Asina o acordo que resolveu a folga pesqueira de Bouzas en decembro de 1932. Colaborador do xornal “Mar y Tierra”. Detido en Vigo en xaneiro de 1933, acusado de ferir cunha arma branca ao animador da sociedad de esquiroles. Comenta en “Solidaridad Obrera” da Coruña a folga pesqueira de Vigo en febreiro de 1933. En febreiro de 1933 asinando unha suscripción nun grupo de presos sociais do cárcere de Vigo. En xuño de 1933 Vicente Vales e Emilio Costas envían unha colaboración a “Tierra y Libertad” de Barcelona, pedindo a realización dunha campaña de propaganda anarquista, e dando o onderezo de Antonio Sayanes en Herrería, 39, 2º, Vigo.

SAYAR ORELLÁN, Manuel(Corrubedo, 1906 – Illa de San Simón, 05-12-37 )

Mariñeiro. Representou ao Sindicato de la Industria Pesquera de Marín no Pleno de Sindicatos da Federación Regional Galaica de Obreros de la Industria Pesquera y sus Derivadas, en setembro de 1935. Despois do golpe militar fugouse de Marín, chegando a Corrubedo nunha embarcación e participando na resistencia nesta bisbarra. Preso en San Simón, os responsabeis do cárcere declararon que se evadira o 5 de decembro de 1936, con Antonio Pousada Pérez e Antonio Martínez Montes, e aparecera afogado o 17 de decembro.

SEARA PERNA, Jesús.

Contador do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en xulio de 1932. Membro da Comisión Revisora do mesmo en outubro de 1934.

SEBANE, Camilo.

Vocal da Sección de Picadores do SIP da Coruña en xaneiro de 1933.

SEBASTIÁN MEDINA, Fulgencio.

Secretario e un dos fundadores do Sindicato de Personal de Teléfonos da Coruña en xuño de 1931.

SECO GUTIÉRREZ, Faustino

En xaneiro de 1912 foi xulgado polo discurso pronunciado en agosto de 1910 en Ferrol nun mitin organizado polo Centro de Maestranza no cabodano da semana tráxica; defendeuno Casares Quiroga e o fiscal retirou a acusación; os outros oradores do mitin foran xulgados anteriormente, mentres Seco estaba en rebeldía. Recibe cartos como preso social na Coruña en xaneiro e febreiro de 1912 a través de “Tierra y Libertad”. En maio de 1912 nunha listaxe de presos sociais en “Tierra y Libertad”, como Faustino Lao. En maio de 1912 “Tierra y Libertad” indicaba que os cartos dirixidos a Faustino Seco foran devoltos, por non encontrarse na cadea.

SEDES, Ramón

Participa nunha suscrición feita na Batería Naval de Almería a favor de “Galicia Libre” en febreiro e abril de 1938.

SEGADE, Elías

En outubro de 1908 formou parte da xunta directiva da Sociedad de Ebanistas de Santiago, como vogal.

SEGADE, José.

Secretario da Asociación Tipográfica de Santiago en novembro de 1932.

SEGADE, José.

Fogoneiro, traballador do vapor “Pen-March”, compoñente do grupo “Actividad” da FAI de Xixón en 1937.

SEGADE CALO, Leonardo.

Nunha lista de militantes do Sindicato Único “La Progresión” de Erandio, que traballan en pesqueiros de Euzkadi no tempo da guerra civil. 30 anos. Fogoneiro. De Porto do Son.

SEGADE MACEIRAS, José

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT. Perigoso.

SEGADE REGUEIRA, Manuel

En xuño de 1935 foi nomeado presidente do Sindicato de Pintores da Coruña; tiña enderezo en Bens, 56.

SEGADE SUÁREZ, Socorro.

Obreira folguista detida en xulio de 1922 por agredir a unha recadeira da fábrica de trapos e metais da Coruña

SEGADE TARACIDO, Domingo “Jamparrina” (A Coruña, 10-9-16 – ?).

Captado por Argimiro Seijas para integrar a CNT na clandestinidade. Procesado na causa 156/47, pedironlle 3 anos e foi condenado a 2.

SEGADE ZAS, Juan

Participou nun mitin da Unión Campesina en Tornos en marzo de 1910, no que se falou da necesidade de reorganización. Foi nomeado comisionado pola parroquia de Bens.

SEGARES IGLESIAS, Manuel.

Presidente da Sociedad de Sastres de Santiago en decembro de 1924.

SEGUR, Isidro.

Ou Sagur. Contador do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xuño de 1936.

SEIJA, M.

En xuño de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Betanzos.

SEIJAS

En decembro de 1902 publica un artigo en “La Emancipación” de A Coruña.

SEIJAS, Francisco.

Vocal da Asociación Tipográfica de A Coruña en xaneiro de 1924.

SEIJAS, M.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Lugo en decembro de 1935.

SEIJAS, M..

Interveu nun acto no CES El Resplandor en el Abismo, da Silva, xunto a Moreno e Rodríguez Matos, en setembro de 1933.

SEIJAS, Marcelino.

Nomeado vocal do Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña en xuño de 1931. Vicesecretario do Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña en xulio de 1932.

SEIJAS, Manuel.

Vocal da Sociedad de Inquilinos da Coruña en abril de 1915.

SEIJAS, Manuel.

Detido en xulio de 1920 na Coruña por estar implicado nos sucesos que derivaron na morte dun policía.

SEIJAS, Ricardo.

Solidaridad” recolle un artigo seu sobre a Alianza Revolucionaria en abril de 1936.

SEIJAS DÍAZ, Argimiro (A Coruña, 09-06-1917 – ?)

Follalateiro, despois vidirieiro, afiliado á CNT e membro do Centro “Resplandor en el abismo” da Silva. O 21 de xuño de 1935 detido como autor dun sabotaxe contra un carro da Panadería Vázquez. O 20 de xaneiro de 1936 reclamado polo xulgado militar, foi detido o 28 do mesmo mes. O 20 de xulio de 1936 foi a Betanzos nun coche, cun tal “Traidurías” e despois estivo na Coruña nos grupos de resistentes. Detido o 21 de agosto de 1936, por suposta oposición ao levantamento militar. Préstase a colaborar coa “Brigada de Servicios Especiales” da garda civil como confidente e é liberado o 25 de agosto. Entregoulles unha pistola prometendo levarlles máis armas e facilitar a localización doutros militantes de esquerda, mais non voltou. Os seus irmaos Marcelino, loitando na fronte, e Fernando, agachado. Fugado cara a Francia no pesqueiro secuestrado “Sagrado Corazón de Jesús” o 20 de setembro de 1936, xunto a outros 15 militantes da CNT e Juventudes Libertarias, que chegaron a Bayona para entrar despois a Bilbao. Participou nas xuntanzas preparatorias da creación da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, en representación do Sindicato de Construcción da Coruña, Sección de Hojalateros, en outubro de 1936. Participou na fundación da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en novembro de 1936, como militante da Sección de Hojalateros do Sindicato de Construcción de A Coruña. Traballou en Xixón nun taller controlado pola CNT até o mes de novembro, no que ingresou como miliciano voluntario, servindo como ordenandza dun Brigada; no mes de abril do 37 foi destinado ao Batallón 8º de Asturias, marchando a Bizkaia. Chegou ao grado de Sarxento. Presentado o 22 de maio de 1937 en Bernagoitia (Bizkaia), coa caída da fronte Norte, ofreceuse novamente para proporcionar datos de militantes da CNT agachados na Coruña. Estivo no Batallón de Traballadores Nº 3 e despois no cárcere da Coruña. Foi sentenciado o 10 de xulio de 1939 á pena de morte, conmutada pola de reclusión perpetua, que cumple na Prisión Provincial da Coruña. Liberado en prisión atenuada en xaneiro de 1943, o 25 de febreiro de 1943 queda na situación de liberdade condicional con desterro. Cara ao verán de 1946 actúa de enlace de José Pedreira de la Iglesia “Queimarán”, con militantes da CNT, que lle dan acollida e apoio; por este motivo foi detido en marzo de 1947, pedironlle 20 anos de prisión e foi condenado a 15 anos, cumplindo condena na Colonia Penitenciaria do Dueso.

SEIJAS DÍAZ, Fernando.

Vocal do Sindicato de Hojalateros da Coruña en outubro de 1935.

SEIJAS DÍAZ, Marcelino (A Coruña, 12-7-13 – ?).

Empregado dos Arbitrios Municipais na Coruña, acolleu a guerrilleiros do grupo de Pedreira por mediación do seu irmao Argimiro, gardandolle ademáis unha minerva. Procesado na causa 156/47 por dar refuxio a José Pedreira e outros guerrilleiros, pedironlle 3 anos e foi condenado a esa pena.

SEIJAS GONZÁLEZ, Francisco (1883 – ).

Integrante da Asociación Tipográfica da Coruña, sen traballo en marzo de 1928.

SEIJAS LEIRA, José.

Vocal do Sindicato General de Trabajadores de Lugo e vicesecretario da Sección de Albañiles do mesmo en 1936.

SEIJAS MOURE, Daniel (Pradeda-Lugo, ? – ?).

Emigrado nos USA, militou no anarquismo e coñeceu a grandes figuras libertarias americanas. En outubro de 1925 “La Antorcha” publicaba o sumario do número 2 de “Culmine”, cun artigo de Daniel Seijas Moure: “La base de ogni societta”. En tempos da dictadura, de volta na súa Pradeda natal, traballando no campo e mantendo correspondencia cunha chea de militantes libertarios de todo o mundo.

SEIJAS SALGADO, Andrés (A Coruña, 20-07-1904 – ?).

Fillo de Manuel Seijas Mañana e Ángela Salgado González. Casou con Pilar Ares Rivas en novembro de 1924. Metalúrxico da Silva. Vocal 1º do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en xulio de 1930. Elexido presidente do Sindicato de Metalúrgicos da Coruña en maio de 1931; en xuño de 1934, era vicesecretario do mesmo. Secretario entre xulio e outubro de 1934. Secretario novamente en xuño de 1935 e entre abril e xulio de 1936. Implicado na fuga do Monte de San pedro, en marzo de 1937, conseguiu fuxir da redada. Vicesecretario da Agrupación de Gallegos Libertarios de Valencia en marzo de 1938. En abril de 1938 celebrouse en Madrid o pleno de Agrupaciones de Gallegos Libertarios, ao que acudiu Andrés Seijas como delegado da Agrupación de Cartagena. En xuño de 1938 asina un artigo en “Galicia Libre”, comentando a fuxida do Portiño. En agosto de 1938 asina un artigo en “Galicia Libre” como corresponsal en Cartagena, contando a súa evasión da Coruña o 4 de xulio de 1937. En agosto de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre” nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena. En novembro de 1938 o Congreso da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios decidiu considerar difamador e pedir a expulsión de Edmundo García polas falsedades contra Andrés Seijas e Manuel Pita. O 5 de setembro de 1947 entrou en Brasil, procedente do aeroporto de París-Orly, residindo na Embaixada de Venezuela. Tiña pasaporte de Argel. Era soldador.

SEIJIDO, Fernando.

Afiliado número 335 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SEIJIDO LÓPEZ, Serafín.

Detido en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899. Foi declarado rebelde, por non ter comparecido, no proceso seguido polos sucesos de Ferrol na protesta da maestranza de 23 de setembro de 1899, en Ferrol.

SEIJO, Francisco.

En setembro de 1934 no cárcere da Coruña, asinando unha carta aberta dos presos sociais á organización coruñesa. A maioría deles presos dende decembro de 1933. Xulgado en xaneiro de 1935 polo asalto ao cuartel da garda civil de Oleiros de decembro de 1933, foi condenado a seis meses e un día de cárcere. Xulgado en xaneiro de 1935 en consello de guerra polo intento de asalto ao cuartel da garda civil de Oleiros, foi condenado a seis meses de reclusión.

SEIJO, Juan José “Borralla” (1907 – ?).

Membro destacado da CNT de Vigo. Fuxido no pesqueiro “Nuevo Celta” de Vigo, en outubro de 1938.

SEIJO LÓPEZ, José.

Segundo presidente do Centro Cultural Obrero de Corrubedo en xulio de 1932.

SEIJO LÓPEZ, Rodrigo

En xuño de 1938 asina un artigo en “Galicia Libre”, desde Valencia

SEIJO MARTÍNEZ, María del Pilar

En xuño de 1928 asina un artigo en “Cultura Proletaria” de New York, titulado “Ser anarquista”; en novembro de 1928 asina outro artigo titulado “A la mujer” desde Camagüey. En abril de 1929 asina en “Cultura Proletaria” un artigo titulado “Ahorro y economía”. En xuño de 1929 asina un artigo en “Cultura Proletaria” titulado “A la mujer”. En febreiro de 1931 foi detida en Camagüey, cos seus dous fillos; acusada de terrorista que planeaba a voadura de varios centrais azucareiros para facer caer ao goberno de Machado; cos outros presos foi levada a La Habana, e encarcelada co seu compañeiro José Guitián e os seus fillos José e Enrique no Castillo del Príncipe; era considerda o eixo da conspiración. Foi decretada a súa expulsión, que tivo lugar en marzo de 1931 no “Manuel Arnús”. En marzo de 1931 viaxaron cara España dende La Habana no “Manuel Arnús”, pasando por New York. En abril de 1931 o Comité Pro Presos de Cádiz comunicaba a “El Luchador” a súa chegada nun grupo de deportados de Cuba, cos seus dous fillos; mentres o seu compañeiro José Guitián e outros tres permanecían no cárcere, ela ficou en libertade. Expulsada de Cuba no machadato, co seu home e dous fillos. Colabora en “Solidaridad Obrera” da Coruña en xulio de 1933 cun artigo adicado á muller. En febreiro de 1933 participaba nunha comida co seu home José Guitián en O Pino, onde era mestra nacional.

SELAS CID, Antonio

En xaneiro de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

SENDÓN, J.

Corresponsal de “¡Despertad!” de Vigo en Jamaica en outubro de 1928. Colabora en “Cultura Proletaria” de New York en maio, outubro, novembro de 1927. Asina un artigo en “Cultura Porletaria” desde New York en xulio de 1928. En xaneiro de 1929 pronuncia unha conferencia polas seis horas no Centro Internacional de New York. En febreiro de 1929 pronuncia unha conferencia sobre “Los anarquistas y la organización” no Centro Internacional de New York. En xaneiro de 1929 José Villaverde lle dedica un artigo en “Cultura Proletaria” de New York. En febreiro de 1929 publica artigos en “Cultura Proletaria” de New York. Administrador de “Cultura Proletaria” en maio de 1929.

SENDÓN, Josefa

Compañeira de Florindo Gayoso, asina un artigo en “El Luchador” desde Buenos Aires en outubro de 1931 comentando a súa condena a morte.

SENDÓN, Juan R.

En outubro de 1932 asina un artigo en “El Luchador” desde Louro-Muros, reivindicando o amor libre, dedicado “A mi hermano C.J.S.”.

SENDÓN LAMELA, Claro José “Clarín Libertario”(? – New York, 03-12-1937).

En xulio de 1918 aparece en “Vida Libre” de Tampico un artigo asinado por “Clarín Libertario”. En novembro de 1927 asina un artigo en “Cultura Proletaria” de New York desde Bayonne, N.J. como “Clarín Libertario”. En 1927 pasou por San Sebastián, levando algo de cartos. En xaneiro de 1928 “Cultura Proletaria” publicaba un artigo seu, como “Clarín Libertario” e datado en Galicia o 22 de decembro de 1927. En abril de 1928 asina un artigo en “Cultura Proletaria” de New York, asinado como “Clarín Libertario” en Muros o 11 de xaneiro de 1928. Asina artigo en “Cultura Proletaria” en setembro, novembro (comentando a primeira velada do Centro Internacional) de 1928, desde New York, como “Clarín Libertario”. Encabeza unha lista de donativos para “¡Despertad!” en New York, en novembro de 1928; polas mesmas datas colabora no xornal dende New York. En xaneiro de 1929 asina artigos en “Cultura Proletaria” comentando unha velada en Bayonne, N.J. En maio de 1929 asina artigos en “Cultura Proletaria” de New York como “Clarín Libertario”. Participa no Pleno de Grupos Anarquistas e Indivualidades celebrado en Blair Station PA o 19 de maio de 1929, como membro do “Comité Pro Presos y Perseguidos por Cuestiones Sociales”. En xulio, agosto, setembro (desde Blair Station), novembro e decembro de 1929 asina artigos en “Cultura Proletaria”. En outubro de 1929 asina unha “Crónica de Norteamérica” en “¡Despertad!”. En decembro de 1929 participa na constitución do grupo anarquista “Floreal”, adherido á Federación de Grupos Anarquistas de Lengua Castellana en Estados Unidos. Colabora en ¡Despertad! de Vigo en abril de 1930. Colabora na nova xeira de “Solidaridad Obrera” da Coruña dende a súa reaparición en novembro de 1930, escribindo dende New York. En setembro de 1931 participa nun mitin de protesta contra a dictadura arxentina en Estados Unidos, falando en español en nome de “Cultura Proletaria”. En novembro de 1931 asina un artigo en “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde New York, como “Hablando CLARO”. En xuño de 1932 faino xa dende Vigo, comentando a folga xeral por solidaridad con Ferrol. Foi un dos novos cadros que desprazaron a Villaverde do Comité Regional, segundo Manuel Fernández. Mitins en Vigo e Viveiro en xulio de 1932, o último xunto a Mario Rico. Mitin en Porto do Son en agosto de 1932, xunto a Villaverde e Pestaña. Mitin en Marín en decembro de 1932. Participa nun mitin da CRG no Teatro Rosalía da Coruña en xaneiro de 1933 e por esas datas tamén unha xira de propaganda por Sanxenxo e Poio, pola conta do Sindicato de Industria Pesquera de Marín. Representa ao SOV Noia no Pleno da CRG de Santiago, de febreiro de 1933, sendo nomeado director de “Solidaridad Obrera”. Interveu nun mitin sindical no Salón Royalty de Sada en marzo de 1933. Mitins na Coruña (no Linares Rivas) e Betanzos en marzo de 1933, xunto a José María Martínez, despois en Monforte e Lugo, xa en abril. Participa nun mitin en Mondego a finais de marzo de 1933, outro en Cambre a comezos de abril e outro en Ordes a finais do mesmo mes. Nestas datas era director do xornal “Solidaridad Obrera”. Conferencia no Centro Cultural de San Roque de Afora en abril de 1933. Participa nun mitin de protesta en Paiosaco en abril de 1933. Representa ao Comité Pro Presos Regional Galaico no mitin monstruo celebrado na Plaza de Toros Monumental de Madrid en abril de 1933 e novamente no mitin nacional de xulio de 1933. Interven nun mitin do Comité Pro Presos no Teatro Rosalía da Coruña a comezos de xulio de 1933. Participou nun mitin Pro Amnistía en Sada en agosto de 1933. Dende agosto de 1933, membro da redacción do Diario CNT, chamando aos sindicatos galegos para que manden as súas novas ao xornal. En setembro de 1933 participa nun mitin pro-presos na Monumental de Barcelona. Conferencia no Ateneo Libertario de Puente de Segovia, en Madrid e tamén en Talavera de la Reina, en outubro de 1933. En novembro de 1933 en Cádiz. Mitin en novembro de 1933 en León. Participa nun mitin pro-amnistía en abril de 1934, na praza de touros da Coruña. A partir de agosto de 1934, en San Finx. Mitins en Vilagarcía en maio e xuño de 1935. Mitin en Vilagarcía en outubro de 1935, representando ao Ateneo Popular. Mitin en Noia en novembro de 1935, organizado polo Sindicato Minero de Lousame e a FRIP. Colabora en “Solidaridad” de A Coruña en novembro de 1935. Recibiu a Federica Montseny na Coruña cando chegou para a súa xira. Mitins en Betanzos, Ferrol, Cariño, A Coruña, con Federica Montseny. Mitin en Corcubión en decembro de 1935. Interveu no mitin celebrado o 8 de decembro de 1935 no “Rosalía de Castro” da Coruña. Mitin en Ferrol xunto a Federica Montseny en decembro de 1935. Interveu no mitin inaugural do Pleno da CRG en Ourense en decembro de 1935; alí foi proposto por unha delegación como Director de “Solidaridad” e por dúas como secretario do Comité Regional. En xaneiro de 1936 en San Fins, cun proceso aberto polas intervencións no mitin de Ourense. Mitins en Viveiro en febreiro e Riveira e Porto do Son en marzo de 1936. Mitins en Vilagarcía e Carril en marzo e abril de 1936. Conferencia en Cornazo, mitins en Carril, Bamio e Escarabote en abril de 1936. Mitins en Noia e Cruceiro de Roo en maio de 1936. En maio de 1936 foi proposto como secretario xeral da FNIP, obtendo o apoio de 14 delegacións. Participa nun mitin en Huelva o 12 de xulio de 1936, xunto a Arturo Parera, Francisco Arín e María Durán. Co golpe de estado fuxiu de Huelva nunha pequena embarcación pesqueira coa que chegou a Casablanca e dalí foi para Valencia. Asina un documento unitario CNT-UGT en nome da Confederación Regional de Levante en novembro de 1936. En xaneiro de 1937 estaba no Comité Nacional da CNT. En agosto de 1937 “Cartagena Nueva” noticiaba a súa marcha a México con Juan López e Serafín Aliaga. “Cartagena Nueva” informaba da súa morte a inicios de decembro de 1937 e di que era membro do Comité Nacional da CNT; tamén publicou un artigo na súa lembranza asinado por M.P. Cordón, que estivera con el na redacción de CNT en agosto de 1933. Morreu en New York, en viaxe de propaganda, despois de pasar por México, a finais de 1937. O 10 de decembro de 1937 “Galicia Libre” publica un artigo sobre el cunha foto e unha semblanza biográfica; o 20 de decembro publica outra lembranza, asinada por Manuel Pita Armada. En xaneiro de 1938 “Galicia Libre” publicou unha lembranza de Sendón, asinada por Miguel Vázquez Valiño, onde se sinala que foi un creador do Sindicato Minero de Lousame con Enrique Fernández.

SENÉN, Fernando.

Delegado da Sociedad de Zapateros da Coruña na FLO en setembro de 1918.

SENÉN REBOLLO, Dositeo.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SENÉN VÁZQUEZ, Fernando.

Natural de Franza-Mugardos. Presidente do Sindicato Único de Fene (segundo outras fontes de Neda), detido por reunión clandestina en xaneiro de 1921, foi liberado a mediados de febreiro.

SENOSIAIN GOGA, Germán Ramón (?-Paraguay, 1898 – ?).

Anarquista con domicilio na Coruña, detido por ser sospeitoso de lanzar líquido corrosivo contra un camión do peixe en Quintanar, a seis kilómetros de Ourense, en setembro de 1933.

SENRA, Ángel

En marzo de 1903 deixaba as súas accións da Cooperativa Obrera á Antorcha Galaica del Librepensamiento para a creación dunha escola de nenas.

SENRA FERNÁNDEZ, Enrique.

Afiliado número 299 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, combatindo en Asturias en xuño de 1937.

SENRA FERNÁNDEZ, Francisco (Arteixo-A Coruña, ? – ?).

Militante do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña dende 1932, afiliado á Agrupación Confederal Galaica en Asturias en agosto de 1937. Militante das JJ.LL. Galaicas no Norte na Compañía de Ametralladoras do BON “Galicia”.

SENRA MARTÍNEZ, Modesto (? – Ferrol, 06-09-36).

En setembro de 1934 foron detidos en Cariño a consecuencia de incidentes na folga, acusados de coacción e sabotaxe, Manuel Novo Lozano, Desiderio Breijo Díaz, Modesto Senra Martínez, José Antono Rodríguez e Guillermo Novo González. Nunha listaxe de persoas mortas en Ferrol por agresión á forza pública, elaborada pola Comisaría de Ferrol, morto o 6 de setembro de 1936.

SEOANE

O 11 de novembro de 1892 participou no acto de conmemoración dos mártires de Chicago organizado pola Federación Obrera da Coruña, como presidente.

SEOANE

Participou no mitin anarquista realizado na Coruña en lembranza dos mártires de Chicago, en setembro de 1893. En outubro de 1894 foi nomeado integrante dunha comisión designada nun mitin dos canteiros folguistas da Coruña no Cico Coruñés, para ir entrevistarse cos canteiros portugueses.

SEOANE, Antonio

En marzo de 1883 o secretario da Asociación de Trabajadores de A Coruña, Antonio Seoane, convocaba unha xuntanza. En setembro de 1883 convocaba unha xuntanza da Federación Obrera, da que era secretario.

SEOANE, Antonio

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Caballeros, 80, baixo.

SEOANE, Camilo.

Foi vocal da Sección de Picadores do SIP da Coruña en decembro de 1932.

SEOANE, Cándido

Participou nun mitin na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901.

SEOANE, Cándido.

Encarcelado en 1933 por dous meses, por culpa do cacique de Santa Marta de Ortigueira, con outro obreiro da vila.

SEOANE, D.

Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Teixeiro en xulio de 1934. Paqueteiro de “Solidaridad” en Teixeiro en maio de 1936.

SEOANE, Domingo

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

SEOANE, Gonzalo (*)

Secretario de Finanzas da Unión de Cocineros y Dependientes de Tampa en xuño de 1913.

SEOANE, Jesús.

Nomeado secretario do Sindicato Único de Neda en marzo de 1921. Era ao tempo vocal da Sección de Tejedoras e Hiladoras do Sindicato. Reelexido en marzo de 1922.

SEOANE, José.

Na comisión organizadora da Sociedad de Obreros en Hierros y Metales “La Reforma” da Coruña en setembro de 1900.

SEOANE, José.

Vicesecretario da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xulio de 1915 e febreiro e maio de 1916.

SEOANE, José.

Nunha listaxe de militantes socorridos pola Sociedad de Carpinteros de Santiago en setembro de 1923.

SEOANE, Juan.

Vocal 3º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xuño de 1908.

SEOANE, Juan

En setembro de 1915 o grupo “Juventud en Marcha” de A Coruña informa que a correspondencia que se enviaba a Manuel Paradela pase a enviarse a Juan Seoane, en Peruleiro, Bocelos, 29, A Coruña.

SEOANE, Juan.

Afiliado número 306 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SEOANE, Lisardo.

Vicesecretario da Sociedad de Empleados Administrativos del Resguardo de Consumos en novembro de 1919, cando a súa fundación.

SEOANE, Manuel “Paquete”

En xaneiro de 1883 foi denunciado en “Revista Social” como traidor á folga dos talleres de Flórez da Coruña.

SEOANE, Manuel.

No cárcere de Santiago en maio de 1942, foi visitado por Honorato Martínez Fuster, por indicación das sobriñas de Julián Carballo, Josefina e Pepa.

SEOANE, Plácido

En marzo de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” recollidos na administración do xornal.

SEOANE, Ramón.

En febreiro de 1903 participou pola sociedade de Zapateros nun mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña. En xaneiro de 1905 inscribiu a un fillo seu co nome de Acracio Seoane Díaz, na Coruña. Presidente da Sociedad de Zapateros da Coruña en 1906, o seu corpo apareceu ao carón do patrón Miguel Ortiz cando este foi morto. En decembro de 1906, “Tierra y Libertad” publicaba un artigo no que se contaba a solución da folga na que ocorreron os feitos da súa morte. En xaneiro de 1907, “Tierra y Libertad” faciase eco da liberación de José Canosa, que fora acusado da morte de Ortiz e Seoane.

SEOANE, Roberto

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Juan Flórez, Taller Souza.

SEOANE, Santos “Tato”

En xaneiro de 1883 foi denunciado en “Revista Social” como traidor á folga dos talleres de Flórez da Coruña.

SEOANE, Tomás

En novembro de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ferrol. En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

SEOANE, Vicente.

Vocal da Sociedad de Mozos de Almacén da Coruña en xulio de 1918.

SEOANE AMORÍN, Castor

Tenente da Terceira Compañía do Batallón “Celta” 30º Euzkadi 6º CNT.

SEOANE BROCOS, Luis (Oínes-Arzúa, ? – ?)

Pai de Luis Seoane, segundo o seu fillo era un vello anarquista, desenganado nos anos finais da súa vida, mais fiel aos seus principios. Emigrou a Argentina en 1878. Primeiro foi vendedor de sardinas, despois comerciante case toda a súa vida. En 1916 retornou a Galiza cos seus fillos.Residiu en A Coruña, Arca e Santiago.

SEOANE CASAJÚS, Juan.

Membro dunha comisión do Sindicato de Estibadores “El 1º de Enero” da Coruña, foi vicepresidente do mesmo en abril de 1931. Elexido vocal do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña despois da súa fusión co Sindicato “El 1º de Enero”, en maio de 1931. Nomeado vocal de “El Progreso Marítimo” en xuño de 1931.

SEOANE DÍAZ, Acracio “El Cándido”.

O quincenario “Germinal” da conta da súa inscripción no rexistro civil en xaneiro de 1905, fillo de Ramón Seoane e Consuelo Díaz. Cumpliu quince días de arresto gubernativo por faltas contra a moral, en febreiro de 1922. Contador do Comité do SIP da Coruña en setembro de 1934. Refuxiado no monte de Elviña nos primeiros días do golpe de estado.

SEOANE FERREÑO, Roberto (1895 – ?).

Chapista, militante do Sindicato de Metalúrgicos da Coruña. Delegado do Sindicato de Hojalateros na FLO da Coruña en maio de 1931. Presidente do Sindicato de Hojalateros da Coruña en outubro de 1931 e Delegado na FLO en novembro. Representou ao Sindicato de Hojalateros da Coruña no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Vocal do Sindicato de Hojalateros en outubro de 1935. Nos anos da guerra cotizaba para o sostemento de Ángel Fernández, a traveso de Ricardo Martín. Detido coa caída destes, foi condenado a 15 anos de reclusión.

SEOANE GERPE.

Participou nun mitin no “Circo Pardo Bazán” contra a carestía das subsistencias, en febreiro de 1915.

SEOANE GONZÁLEZ, Luis.

Vicepresidente da Sociedad de Curtidores de Santiago en marzo de 1925.

SEOANE LÓPEZ, Luis

En agosto de 1935 actuou como acusación particular no xuizo contra Nicasio Pérez Rodríguez polo asasinato de Antonio Gundín Dapena, pedindo 10 anos e un día de prisión menor.

SEOANE LÓPEZ, Pedro (? – Ferrol, 15-08-36).

Executado en agosto de 1936, en virtude do artigo 4º do Bando de Guerra (tenencia de armas) en Ferrol.

SEOANE LÓPEZ, Plácido

En novembro de 1937 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

SEOANE MANTIÑÁN, Antonio

En decembro de 1884 Maximiliano Linares Rivas defendeu a Antonio Seoane Mantiñán, director de “La Lucha Obrera” no xuizo por inxurias a Enrique Zargüeta; resultou absolto.

SEOANE N., Esteban

Contador do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Ponteceso-Cabana, na súa fundación, o 2 de maio de 1936.

SEOANE PAZ, José.

Delegado da Sección de Carboneros “El 1º de Mayo” do SIP da Coruña ao Pleno da Regional, en setembro de 1935.

SEOANE PUENTE, Gerardo.

Xulgada en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

SEOANE REY, Bautista

En maio de 1935 era bibliotecario na directiva do Partido Sindicalista en Santiago.

SEOANE SANTOS, Manuel

Agricultor, de 26 anos, fillo de José e Manuela, natural e veciño de Carracedo, foi detido por levar á casa de socorro de Santa Lucía a José Fernández Sánchez o 12 de decembro de 1933; sospeitoso da refriega coa garda de asalto.

SEOANE SUÁREZ, José

Detido no marco das mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña por coaccións nunha tafona.

SEOANE TEIJEIRO, Gonzalo (? – Ferrol, 15-08-36).

Executado en agosto de 1936, en virtude do artigo 4º do Bando de Guerra (tenencia de armas) en Ferrol.

SEOANE VÁZQUEZ, José.

Vocal 3º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xulio de 1910. Presidente da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en setembro de 1912.

SEQUEIRO VELO, Francisco

En agosto de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre” nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena. Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en outubro de 1938.

SERAFÍN BOUZA, Leonardo (?-A Coruña, 25-05-14 – ?).

Labrador, da CNT, solteiro, fillo de Dolores, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía. Afiliado número 165 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SERÁNS, Andrés “Gallego” (Palmeira-A Coruña, 1900 – Ugine-Savoie, 26-09-66).

Antes da guerra civil residía en Barcelona, militando no Ramo de Transporte. No exilio militou na FL de Ugine.

SERANTES, Jesús.

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía, como Jesús ou Luis; enderezo en San Juan, 22. Xulgado en xaneiro de 1935 polo asalto ao cuartel da garda civil de Oleiros de decembro de 1933, foi condenado a 4 anos de cárcere. Chegou á Coruña en febreiro de 1936 nun grupo de amnistiados dende a prisión central de Burgos.

SERANTES, José.

Na comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios “Mar y Tierra” de Escarabote-Boiro en xuño de 1936.

SERANTES, Juan Antonio

Detido en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899.

SERANTES, Palmira.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

SERANTES, Ramón.

Presidente da Sociedad Agraria de Pravio (Cambre) na súa fundación en abril de 1932.

SERANTES GARCÍA, Manuel.

Ao seu enderezo no Café “Puerto Rico” da rúa Olmos, dirixíase a correspondencia da Federación Local de GGAA da Coruña, en 1934.

SERANTES GÓMEZ, Jesús

Xulgado en xaneiro de 1935 en consello de guerra polo intento de asalto ao cuartel da garda civil de Oleiros, foi condenado a catro anos de reclusión.

SERRANO, Antonio.

Foi vocal da Sección de Pescadores a la Parte “La Humanidad Libre” do SIP da Coruña.

SERRANO, Manuel.

Nunha comisión do “Despertar Marítimo” da Coruña en agosto de 1931.

SERRANO, Ricardo

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

SERRANO, Santos.

Tesoureiro do Sindicato de Obreros en Hierros y Metales da Coruña en xulio de 1918.

SERRANO ÍNSUA, Adolfo.

Vocal do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña decembro de 1932 e xaneiro de 1936. Vocal do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en xaneiro de 1936.

SERRANO ÍNSUA, Domingo (1899 – ?).

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Castiñeiras de Abaixo, 14, 3º. Mariñeiro, en agosto de 1921 foi detido polo reparto de follas clandestinas. En marzo de 1928 foi nomeado vocal do “Despertar Marítimo”. En novembro de 1930, asina unha rectificación en “Solidaridad Obrera” pola súa actuación nunha asamblea da Sección Pesquera de Vigo. Presidiu unha reunión do “Despertar Marítimo” en setembro de 1933. En setembro de 1934 denunciou a Julio Sanjurjo como malversador de fondos do Sindicato “Despertar Marítimo”. Membro do Ateneo Libertario “Nueva Era”. En 1937 Delegado da C.O.N.S., foi un dos implicados na tentativa de fuga do boniteiro “Explorador”, no que traballaba, en agosto do 37. Absolto en novembro de 1937.

SERRANO ÍNSUA, Felipe.

Membro da directiva do “Despertar Marítimo”, polos patróns, en decembro de 1935. Daquela traballaba no vapor “Mascotita”.

SERRANO ÍNSUA, Juan (A Coruña, 1905 – ?).

Xulgado en xuño de 1923 por hurto. Mariñeiro afiliado ao “Despertar Marítimo”, foi un dos organizadores da tentativa de fuga do boniteiro “Explorador”, no que traballaba, en agosto do 37. Condenado a pena de morte en novembro de 1937, logo conmutada.

SERRANO PUCH, Carlos (1899 – ?).

Traballador de “El Ideal Gallego”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Secretario accidental da Asociación Tipográfica en xulio e agosto de 1933.

SERRANO SOLER, José “Valencia” (Águilas-Murcia, 1887 – ?).

Mariñeiro fuxido da Coruña no “Mascota en setembro de 1937. Estivera afiliado ao “Despertar Marítimo”. Absolto en marzo de 1940.

SERRAPIO, Santiago.

Segundo Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas coruñeses de comezos de século. En febreiro de 1903 participou pola sociedade de Carpinteros nun mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña. En 1905 foi secretario do comité federal da Federación Regional cando se trasladou á Coruña. En xaneiro de 1904 os compañeiros Serrapio e Bermúdez inscribiron ao seu fillo Darwin. En xulio de 1905 asinaba como secretario da Oficina Regional da Federación Regional Española un manifesto no que se comunicaba o traslado a Coruña da secretaría por acordo do Congreso celebrado en Madrid entre os días 16 e 19 de maio de 1905. En xulio de 1905 a oficina instalouse na Coruña, na rúa do Orzán, 25, 1º, sendo o secretario Santiago Serrapio. En setembro de 1905 asinaba unha comunicación da Federación Regional en “¡Tierra!” de La Habana; nesas datas a Federación secundaba unha proposta da Federación Obrera Argentina para facer un Congreso Internacional. En novembro de 1905 asinaba unha comunicación da Oficina da FRE en “El Hambriento” de Lima. Secretario de Exterior da Sociedad de Carpinteros “La Emancipación”, detido acusado de participar na morte do patrón coruñés Miguel Ortiz, en outubro de 1906. Un dos asinantes dunha proposta de mitin de controversia con Pablo Iglesias por parte do Grupo de Solidaridad Internacional da Coruña en novembro de 1907. En novembro de 1907 asina unha carta publicada en “Tierra y Libertad” remitindo unha comunicación que a FOA dirixira á extinta FRE. En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908. Feriuse gravemente ao caer dunha escada cando estaba limpando o retablo da igrexa de San Jorge, en agosto de 1911. Vocal da Asociación de Empleados Municipales de A Coruña (sen adscripcion coñecida) en xuño de 1931. Testifica en febreiro de 1937 na causa seguida contra dous bombeiros por fabricación de bombas no Parque de Bomberos da Coruña.

SERVÁNDEZ MOSQUERA, José.

Afiliado número 342 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SESTAYOS, Juan.

Vocal dos Estibadores de Viveiro en abril de 1932.

SIEIRA BRAGE, Benito

En xaneiro emarzo de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”, na 98 Brigada, 390 Batallón, 2ª Compañía.

SIEIRA MARTÍNEZ, Casiano.

Contador da Sociedad de Canteros de Santiago en setembro de 1924.

SIEIRA PAZ, Rodolfo.

Miliciano do BON Galicia en novembro de 1936.

SIERRA, Antonio

En outubro de 1891 “El Corsario” informa de que padeceu queimaduras nunha fábrica de calzado do Cantón Grande, e os compañeiros de oficio iniciaron unha suscrición para el.

SIERRA, Manuel.

Afiliado á CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Condenado a doce anos e un día de cárcere en xulio de 1937.

SIERRA, Pedro.

Ía participar no Congreso da Paz de Ferrol en representación das sociedades obreiras de Xixón. En maio de 1915 tomou parte no Congreso da Paz de Ferrol, representando á Federación de Sociedades Obreras de Gijón e “Acción Libertaria”.

SIERRA, Salustiano.

Interveu nun mitin no “Circo Pardo Bazán” da Coruña en maio de 1911. En xuño de 1911 foi nomeado secretario xeral 3º da recén fundada Federación Sindical “Solidaridad Obrera” de Galicia, establecida na Coruña. Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xaneiro de 1912. Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en agosto de 1912.

Acción Libertaria. Xixón, 16-06-1911.

SIERRA DOMÍNGUEZ, Daniel (Basauri-Bizkaia, 1914 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) en 1937; fora afiliado á CNT.

SILANDEIRA LEMONA, José

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Rentería. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en 1937.

SILVA, Andrés

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Peruleiro, 81.

SILVA, Aquilino.

Delegado na Imprenta Obrera do Sindicato de Canteros y Similares da Coruña en outubro de 1928.

SILVA, Celestino (*)

Secretaria da Escuela Racionalista de La Habana en novembro de 1910.

SILVA, Eduardo Da “Coriño”

Panadeiro de Tui, portugués, en xulio de 1920 ingresou no cárcere polo conflicto da Panadería Reguladora. Panadeiro portugués, ingresou no cárcere do partido a finais de agosto de 1920.

SILVA, Juan Da.

Detido en Goián a finais de maio de 1933, pola súa suposta implicación na folga xeral, foi trasladado a Tui e liberado no mesmo día.

SILVA, Leopoldo

La Propaganda” despedíao en decembro de 1881, cando marchaba de Vigo para Cádiz, definindoo como xoven ilustrado.

SILVA, M.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

SILVA, M.

En febreiro de 1915 asina unha subscripción para enxugar o déficit de “Solidaridad Obrera” de Barcelona.

SILVA, Manuel.

En xuño de 1918 foi elixido vicesecretario da Sociedad de Cajonistas y Aserradores da Coruña.

SILVA, Manuel.

Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” en setembro de 1930.

SILVA, Maximino.

Afiliado á Federación Obrera, foi detido pola folga xeral de A Guarda en maio de 1933, estando detido catro días. Segundo Juan Noya, despois do golpe militar foi detido e non foi asasinado pois colaborou coa garda civil delatando aos seus antigos compañeiros.

SILVA, Máximo L. (*)

Envía un artigo a “¡Rebelion!” de Regla-La Habana en outubro de 1909, desde Montevideo. Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana en setembro de 1910, desde Montevideo. Asina unha poesía en “¡Tierra!” de La Habana en xaneiro de 1911, dende Montevideo. Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana en febreiro de 1912.

SILVA, Serafín (*)

Secretario de Actas e Correspondencia da Unión de Cocineros y Dependientes de Tampa en xuño de 1913.

SILVA CUEVAS, María.

Militante da CNT de Ferrol. Detida en xuño de 1937 nunha vivenda na que estaba agachado Nicasio González Díaz e varios militantes comunistas, entre os que estaba o seu irmao José Silva Fernández. Condenado a reclusión perpetua en agosto de 1937.

SILVA GONZÁLEZ, Serafín.

Secretario do Sindicato de Auxiliares de Mozos de Almacenes de Carbón, Sal y Similares de Vigo en setembro de 1932.

SILVA MARTÍNEZ, José.

Presidente da Sociedad de Canteros de Santiago. Baixo a súa presidencia o sindicato pasou da UGT á CNT. Representou a Canteros de Compostela no Congreso Obrero de Vigo e actuou de secretario na segunda sesión, en agosto de 1922. Participou nun mitin en Santiago polos presos sociais, en febreiro de 1923. Secretario da Sociedad de Canteros de Santiago en setembro de 1924.

SILVA MOREIRA, Manuel (*)

En xulio de 1915 o Sindicato de Constructores Navales de Puerto Real preguntaba polo seu paradoiro en “Tierra y Libertad”; estivera en Sagua la Grande, no Ingenio Alfonso.

SILVA SALGADO, Anselmo.

Asina un artigo dirixido aos Planchadores de La Habana en “¡Tierra!” de La Habana, desde Bejucal, en outubro de 1905. O 1 de febreiro de 1906 chega a Coruña dende La Habana enfermo para tentar restablecerse da súa enfermidade. En maio de 1906 chegou a Cuba, case restablecido da súa enfermidade despois de pasar un tempo tomando os baños en Ferreira do Valadouro; trouxo douscentos exemplares do folleto titulado “Dios ¿qué es?”. En xuño de 1906 publicou en “¡Tierra!” de La Habana un artigo sobre a súa estancia na Coruña. A finais de xuño a Sociedad de Planchadores de La Habana comentaba que o compañeiro Silva fora apoiado pola sociedade para facer a súa viaxe a Coruña. Asina artigos en “¡Tierra!” de La Habana en xuño e outubro de 1906. En novembro de 1906 participou no acto de lembranza dos mártires de Chicago en La Habana. Asina un artigo en “Tierra y Libertad” sobre a situación de Cuba en febreiro de 1907, titulado “Lo que esperaba, lo que vi y lo que veo”. En maio de 1907 o Grupo 4 de Mayo Protector de Tierra y Libertad decidiu facer 4.000 copias dun folleto seu titulado “En Marte y Belona” a beneficio do xornal. Participa nun mitin en Managua en xuño de 1907. Asina un artigos en “Tierra y Libertad” en agosto de 1907 e agosto de 1908. Asina un artigo en “¡Rebelión!” de Regla en abril de 1909. En xulio de 1912 asina un artigo desde Camagüey en “El Dependiente” de La Habana. Denunciado en “¡Tierra!” de La Habana en agosto de 1913, cando foi nomeado secretario exterior do Sindicato Obrero de Ciego de Ávila. Asina un artigo en “El Dependiente” en outubro de 1913 desde Camagüey. Asina un artigo en “El Dependiente” en novembro de 1913. En xaneiro de 1914 asina un artigo en “El Dependiente” desde o cárcere de Morón. En xaneiro de 1914 “Regeneración” informa de que foi condenado con noventa días de arresto por inxurias ao fiscal da audiencia de Camagüey.

SILVA TORRES, José (1896 – ?).

Zapateiro. En abril de 1922 casou con Evangelina Vilariño Pérez na Coruña. Nomeado vicesecretario do Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña en xuño de 1931. Comunista?. Detido en 1937 por participar na edición dun manifesto da FAI.

SILVA VELAY, Leopoldo.

Secretario do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en febreiro de 1930. Preside unha reunión da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en maio de 1930.

SILVA VILASUSO, Marcelino

En 1897 vivía en Ferrol, no Campón,8, co seu pai Manuel Silva Moreira e a súa nai Dolores Vilasuso González, e as súas irmás. En 1900 continuaba vivindo no mesmo domicilio. En abril de 1917 amosa a súa conformidade cun comunicado dun grupo de militantes que tiñan colaborado económicamente co proxecto da escola racionalista de Ferrol, establecidos en La Línea, se dirixen aos promotores da escola, e en especial a López Bouza, para que envíe os cartos a La Línea para a escola que pretendían facer a cargo de Eusebio C. Carbó. En decembro de 1917 está entre os asinantes dunha protesta en “Tierra y Libertad” pola actitude autoritaria do socialista que presidiu o mitin de Cádiz, impedindo falar a Miguel D’Lom. En abril de 1920 participaba nunha xuntanza dos carreiros e cargadores en Cádiz, posicionándose a favor de que os operarios despedidos do estaleiro puideran traballar no muelle e nos carros. En maio de 1921 enviaba unha carta aberta ao Gobernador Civil de Córdoba no xornal “La Voz”, dende o cárcere de Córdoba, protestando de formar parte dunha condución de presos ordenada polo Gobernador Civil de Cádiz. Suposto organizador do atraco ao tren de Pueblo Nuevo en 1922. En setembro de 1922 participou no asalto á empresa de ferrocarriles, en que morre un vixilante e un obreiro; roubaron 150.000 pesetas que puideron ser entregados ao secretario do Comité Pro-Presos Francisco Arin. Marcelino Silva (portugués para Paco Ignacio Taibo II) foi detido o 7 de setembro. Nas dilixencias posteriores figuraba que Marcelino Silva era empregado da Compañía de M.Z.A., e el explicou aos outros cómo e cando era transportado o diñeiro, nunhas xuntanzas que tiveran no bar do Tio “Ché”, na Barceloneta; ademáis proporcionou a varios deles vales para viaxar no tren. En abril de 1931 “El Luchador” saudaba a visita de Marcelino Silva entre outros presos excarcelados do Penal de Figueras polo indulto outorgado polo goberno da II República.

SILVEIRA, Mateo

Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana, titulado “¡Viva la anarquía!”, en marzo de 1906.

SILVEIRA, Ramón

Ou Silveyra. En marzo de 1923 a prensa brasileira preguntábase polo seu paradoiro, despois de evadirse da Penitenciaría Argentina. O xornal de Montevideo “El Trabajo” publicaba un chamamento pola súa libertade en abril de 1923. En abril de 1923 “El Libertario” de Buenos Aires lembraba a súa fuxida da Penitenciaría Nacional, onde cumpría 26 anos de cárcere, e indicaba que probablemente fora detido por culpa dalgún confidente. En maio de 1923 “El Libertario” incluía unha reportaxe do 1º de maio en Montevideo, onde unha das reivindicacións era “Libertad de Ramón Silveira o huelga general”; pouco despois indicaba que os delegados comunistas votaran en contra da folga xeral en favor de Silveira. En xuño de 1923 tivo lugar a folga xeral por Silveira en Argentina. En novembro de 1927 a prensa brasileira informaba do asalto ao Hotel Rawson de Buenos Aires e sinalaba como un dos responsables a Roscigna, que tiña cooperado na evasión de Silveyra.

SILVEIRA, Vicente (*)

En abril de 1914 “¡Tierra!” de La habana da a noticia do nacemento da súa filla Flor. No mesmo número sae unha poesía súa.

SILVEIRA CORREA, Juan (Beade-Pontevedra, 05-02-1906 – ?).

Carpinteiro, era depositario do Comité da FL de Vigo na clandestinidade. Na súa casa de Beade estivo Quintas até agosto de 1936. Axudou a Quintas a conseguir unha documentación a nombre de Clemente Cabaleiro cara a 1946. Despois colaborou en sacalo de Vigo e levalo cara a Pontevedra en 1946. Fuxiu. En 1950 estaba en Francia. Carpinteiro. Desembarcou en Brasil o 15 de outubro de 1950 do vapor “Campana”, procedente de Port Bou.

SILVEIRA TRAPOTE, Manuel.

Contador do Sindicato de Oficios Varios de Carballo en marzo de 1932.

SILVESTRE, Manuel.

Vicepresidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en novembro de 1912. Vocal 1º da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xulio de 1913. Contador da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en decembro de 1914. Vicepresidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en maio de 1915 e outubro de 1916; delegado na Casa Sindical en novembro de 1916. Vocal 1º en outubro de 1917. Vogal da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en novembro de 1917; tiña o domicilio en Marconi, 19. Secretario en 1923.

SILVESTRE SÁNCHEZ, Joaquín (?, 1916 – ?).

Detido na Coruña en xulio de 1934, por merodear por un polvorín. Ocupouselle un carnet da CNT.

SILVESTRE SANZ, Jesusa.

Foi unha das detidas na Coruña en xaneiro de 1920, por protestar contra as deportacións de militantes sindicais da cidade.

SILVOSA, Salustiano.

Delegado do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña na FLO en outubro de 1933.

SIMÓN, Jesús

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Montiño, 92, baixo.

SIMÓN, José.

Afiliado número 158 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SIMÓN TORRECILLA, Ángel

Vogal 2º do Sindicato de Pintores da Coruña en novembro de 1930; tiña o enderezo en Progreso, 22. Presidente do Sindicato de Pintores en novembro de 1931; enderezo en Campo de Artillería, 7. Nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Pintores para falar co patrono José Rey, sobre o despedimento de Julio Fanego. Presidiu unha xuntanza do Sindicato de Pintores en xaneiro de 1932.

SIMÓN TORRECILLA, Fabián

Vocal 1º da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xuño de 1916 e marzo de 1923. En abril de 1930 foi nomeado tesoureiro do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en Progreso, 22. Tesoureiro do Sindicato de Pintores da Coruña en novembro de 1930. Tesoureiro do Sindicato de Pintores en maio de 1931. Secretario do Sindicato de Pintoreas en novembro e decembro de 1931, despois tesoureiro. Polo Sindicato de Pintores na Comisión Revisora do Ramo de Construcción da Coruña na folga do sector en decembro de 1933. Nomeado delegado do Sindicato de Pintores na Imprenta Obrera en agosto de 1935.

SINES, Manuel

En outubro de 1908 formou parte da xunta directiva da Sociedad de Ebanistas de Santiago, como contador.

SIÑEIRAS, Enrique

En xaneiro de 1900 foi un dos asinantes dun escrito do Gremio de Rezagadores de La Habana en “El Nuevo Ideal”.

SINBEZAROS PÉREZ, José.

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Mugardos. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en 1937.

SISO, José.

Tesoureiro da Sociedad de Pescadores y Oficios Varios de Mera “El Despertar de la Humanidad” en xaneiro e marzo de 1922 e outubro de 1923.

SISO LONGUEIRA, Andrés

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

SISTO MOURO, Santiago.

Directivo da Sociedad de Peluqueros de Santiago, participou na folga xeral de agosto de 1917.

SIXTO, José.

Participa na reunión constituinte do Sindicato Único de Trabajadores de Neda, en xulio de 1920. Foi nomeado presidente na primeira xunta directiva.

SIXTO, Juan.

Participa no grupo organizador do Sindicato Único de Trabajadores de Neda, en xuño de 1920.

SIXTO AMENEIRO, Alfonso.

Camareiro do manicomio de Conxo e militante do Sindicato de Camareros y Empleados del sanatorio de Conxo, asasinado en maio de 1932, no transcurso do conflicto. Tiña 35 anos, vivía en Feanes e deixou 8 fillos. Estaba na taberna da Viuda de Vilas, no Camiño Novo, e houbo unha discusión sobre a folga de transportes, na que Sixto se envolveu. Os animos caldearonse e sairon ao Campo de San José, onde Sixte recibiu un golpe na cabeza e un disparo, a consecuencia do cal morreu. Eran sospeitosos o industrial Plácido Castelo e un dos seus empregados, chamado Zaragallo.

SIXTO GONZÁLEZ, Pedro.

Militante do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña, cuestionado por disgregar o Sindicato de Tranviarios e pertencer ao PSOE, en agosto de 1931.

SOAVE, ÁNGELO (*)

Anarquista, en abril de 1920 informábase de aceptación do seu hábeas corpus e posta en libertade, que estaba preso e a pique de ser expulsado de Brasil.

SOENGAS SOMOZA, Manuel.

Detido en abril de 1934, pola colocación de carteis subversivos na Coruña.

SOLÁ PEROJO, José.

Mitin en A Gudiña xunto a José Losada e Dalmacio Bragado en setembro de 1931.

SOLAR, Juan.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 213.

SOLER ROJAS, José (Cartagena, 1895 – )

Afiliado á CNT de Ferrol. Natural de Cartagena, veciño de Santa Mariña, Ferrol. Mariñeiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi entregado o mesmo día para ir á Escollera. Preso no cárcere do Partido por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol. Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Ferrol, en setembro de 1933. Natural de Cartagena, veciño de Santa Mariña do Villar-Serantes. Mariñeiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 15 de decembro de 1933 por un delito de colocación de explosivos, e foi conducido o 18 de febreiro para ir á Coruña. Detido na folga xeral de decembro de 1933 en Ferrol, foi ingresado no cárcere do partido. Da CNT de Ferrol, conducido cara A Coruña en febreiro de 1934, para ser xulgado polo Tribunal de Urxencia. Despois do levantamento de outubro de 1934, increpou xunto a Cesar Bazo e Ramón Rego a un dos esquiroles, polo que foi denunciado e detido. Ingreso no cárcere de Ferrol o 10 de febreiro de 1938 o foi conducido a Arriondas ao Batallón de trabajadores Nº 90 o 9 de setembro de 1938. Detido gubernativo na Coruña en 1938, destinado a un Batallón de Trabajadores.. Detido o 26 de febreiro de 1943 como gubernativo, foi conducido ao Castelo de San Felipe o 10 de marzo de 1943.

SOLIÑA, Antonio.

Detido en setembro de 1932, acusado da colocación dunha bomba no domicilio dun armador de Bouzas.

SOLIÑO ACUÑA, Luis.

Vicesecretario de “La Alianza Marinera” de Cangas en xaneiro de 1932.

SOLÍS CORBEIRA, Marcelino (Laraxe,1891 – ?).

Veciño de Torre-Laraxe. Detido a finais de xaneiro de 1934 en Neda por participar nunha reunión clandestina, foi levado á Escollera. Posto en libertade a comezos de febreiro.

SOLÍS PIÑEIRO, Enrique.

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Concepción Arenal, 1 e 2, 2º dta. Membro da comisión organizadora da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en maio de 1904. Presidente en maio e novembro de 1909, abril, maio, setembro de 1910. Tesoureiro da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en febreiro de 1912. En setembro de 1912 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde A Coruña. En setembro de 1914 tentaba conseguir o contacto de Enrique Berjano a través de “Tierra y Libertad”. En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres. Presidente en xulio de 1915 e febreiro e setembro de 1916. En maio de 1918 foi elixido tesoureiro do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña. Tesoureiro da Sociedad de Obreros de la Fábrica de Conservas da Coruña en setembro de 1918. En decembro de 1918 asina un comunicado como Delegado da Federación de Obreros de la Navegación y del Transporte interpelando aos deputados sobre as axudas ás vítimas dos submarinos. En xulio de 1920 foi deportado da Coruña a pe, conducido pola garda civil. Integrou unha comisión nomeada na FLO para negociar coa Asociación Patronal o conflicto dos estibadores da Coruña, en novembro de 1920. En novembro de 1920 formou parte na comisión formada na xuntanza na Federacíón Local Obrera para tratar da fusión da sociedades de Estibadores “La Armonía” e “El Progreso”.

SOLLA

Canteiro, en novembro de 1904 foi reclamado polo xuiz de Vilalba, pola súa participación na folga do Tato, oito anos antes.

SOLLA, Manuel

En maio de 1934 participou nunha suscrición en Pontevedra do Ateneo de Divulgación Social, para atender aos gastos de traslado de fillos de folguistas de Zaragoza a Barcelona.

SOLLA, Nicolás

En setembro de 1882 o xornal “El Hijo del Trabajo” de Pontevedra daba a nova da súa morta, despois de longa enfermidade.

SOLLA LÓPEZ, Antonio.

Vocal da Sección de Camareros no Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en abril de 1934.

SOLLA LÓPEZ, José

En abril de 1936 foi elixido vogal do Sindicato de Pintores da Coruña.

SOLLEIRO RIVERA, Humberto (? – Vigo, 30-10-1936)

Militante pacifista, unido a Urania Mella, filla de Ricardo Mella. Do PCE e directivo do Ateneo Cultural Deportivo Obrero de Lavadores. Asasinado en 1936.

SOMERO, Santiago

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Riego de Agua, Taquilla Rosalía Castro.

SOMESO, Eduardo

Participou no mitin celebrado no Circo Ferrolano de Ferrol o 15 de novembro de 1901, en protesta polos sucesos de maio de 1901 na Coruña.

SOMESO, Francisco

Participou nun mitin na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901. Da Sociedad de Hierros y Metales, compañeiro de Josefa Bao, enterrou civilmente á súa filla Amparo en maio de 1902. En febreiro de 1903 participou nun mitin na praza de touros da Coruña pola Sociedad de Hierros y Metales. En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

SOMESO BAO, Germinal

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Monelos, 24, 2º.

SOMESO PATIÑO, Francisco.

Detido en abril de 1910 pola súa participación nos disturbios dos portuarios coruñeses en solidaridade cos folguistas de Xixón. Presidente da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xulio de 1910. Participou nunha asamblea na Coruña, con motivo da folga xeral de setembro de 1911.

SOMORROSTRO, Ovidio

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

SOMOZA

O 1º de maio de 1893 presidiu a mesa do mitin da praza de touros.

SOMOZA ARADAS, José (1892 – ?).

Vocal 3º da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Traballaba en “La Voz de Galicia”. Preside unha reunión da Asociación Tipográfica en setembro de 1932.

SOMOZA REBOLLIDO, Felipe.

Xulgado en febreiro de 1935 por atentado á garda civil en Boiro en 1933, despois das eleccións.

SOMOZA REBOLLIDO, Juan.

Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Boiro en setembro de 1932. Xulgado en febreiro de 1935 por atentado á garda civil en Boiro en 1933, despois das eleccións.

SÓÑORA, Ramiro.

Participou nunha manifestación de mineiros de Lousame ao Concello de Noia en agosto de 1935.

SOÑORA COUCEIRO, Enrique “El Chofer” (Betanzos, 1914 – ?)

Acusado da voadura do Ponte Novo de Betanzos, na carreteira de Betanzos-A Coruña, en xulio de 1936. O falangista Arturo Filgueiras acusouno de preparar un tubo para meter os explosivos. En abril de 1937 en ignorado paradeiro, fugado dende o comezo do movemento.

SÓÑORA ONS, José.

Vocal do Sindicato Agrario y Oficios Varios de Cruido-Lousame, en xuño de 1936.

SORIA, Francisco.

Delegado da Asociación Tipográfica da Coruña na FLO en setembro de 1932.

SORIA, José

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Cordelería, 19 b.

SORIA REY, Antonio (1903 – ?).

Traballador da Imprenta “Zincke Hnos.”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Vocal 2º da Asociación Tipográfica de A Coruña en marzo de 1929. Contador da Asociación Tipográfica en decembro de 1931.

SORIA REY, Enrique (1895- ?).

Vocal 2º da Asociación Tipográfica de A Coruña en xaneiro de 1918. Traballador de “El Noroeste”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

SORIA REY, Fernando (1910 – ?).

Traballador da Imprenta Moret, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

SORIANO, J.G.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935.

SOTELO, Luis

En novembro de 1937 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

SOTELO COSTAS, Manuel.

Vocal de “La Alianza Marinera” de Cangas en xaneiro de 1932.

SOTO

Anarquista da Coruña, polemizou con Pablo Iglesias no mitin do Circo Coruñés en febreiro de 1892.

SOTO, Bernardino

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

SOTO, Gregorio.

Detido en abril de 1934, pola colocación de carteis subversivos na Coruña.

SOTO, José.

Participou na fundación da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en novembro de 1936, como militante do Sindicato de Industria Pesquera de Bouzas.

SOTO, Julio

En marzo de 1945 asina en Francia un documento de adhesión á UNE, en nome da Agrupación de Cenetistas de UNE; entrou a formar parte como secretario de propaganda no Comité do Frente Liberador Gallego en Francia.

SOTO, Manuel.

Vocal 4º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xulio de 1927.

SOTO, Ramón G.

Secretario da Federación Obrera Local de Vilagarcía en maio de 1923.

SOTO AMADO, Luis (1893 – ?).

Bibliotecario da Asociación Tipográfica de A Coruña en decembro de 1909. Secretario en marzo, abril, xuño, agosto, setembro, novembro e decembro de 1916, xaneiro, marzo, maio, xuño e decembro de 1917, xaneiro e marzo de 1918. Vicepresidente en xaneiro de 1924. Vicepresidente da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Traballaba no “Ideal Gallego”. Presidente da Asociación Tipográfica de A Coruña en marzo de 1929. Presidente da Asociación Tipográfica da Coruña en abril de 1929. Delegado no CR da CRG en decembro de 1931. Presidiu reunións da Asociación Tipográfica ao longo dos anos 1930, 1931 e 1934. Integrou comisións de negociación en xuño de 1931 e xaneiro de 1933.

SOTO ARENA, Marcelino (Marín, 1895 – ?).

Mariñeiro, afincado na Coruña, afiliado ao “Despertar marítimo”. Reclamado pola fuxida no “Esperanza”, “Lourdes” e os “Fragios”, en xulio do 37.

SOTO ARES, Fernando (?, 1901 – ?).

Acusado de participar nunha agresión a un segundo capataz da “colla nova” da Coruña en xaneiro de 1921.

SOTO CANALEJO, Antonio.

Seu pai, Antonio Soto Moreira, morreu no combate naval de Santiago de Cuba, sendo Contramaestre do “Oquendo”, cando Antonio Soto tiña 16 meses de idade e o seu irmao Francisco tres anos. A súa nai foi vivir a Santiago. Segundo Abad de Santillán, morreu en Punta Arenas en 1969.

SOTO CÉSAR, Manuel

En decembro de 1923 foi detido nunha xuntanza clandestina de varios panadeiros con Manuel Lourido, presidente da Federación Obrera de Vilagarcía.

SOTO FREIRIA, José.

Afiliado número 515 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SOTO GÓMEZ, Cándido “Soto de Cillero” (Viveiro, ? – ?)

Mariñeiro de Viveiro. Directivo do Sindicato de Obreros Pescadores de Celeiro. Procesado despois do golpe fascista na causa 1020/36, ainda que estaba fuxido. Morto en acción da guerrilla antifranquista.

SOTO LORENZO, José

Secretario do Sindicato de Hojalateros da Coruña de abril a outubro de 1935.

SOTO RODRÍGUEZ, Antonio (? – A Coruña, 02-07-1891).

Militante coruñés, falecido en xulio de 1891. O seu enterro foi unha manifestación de dúas mil persoas. No xornal sae dedicada a el unha poesía de Enrique Lagoa.

SOTO RODRÍGUEZ, Gumersindo (escarasedo-Ourense, 1907 – ?).

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Ourense. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

SOTO SANMARTÍN, Manuel.

Asiste a unha reunión do Comité da Agrupación Confederal Galaica e dos Delegados do BON Galicia, en Oviedo, en febreiro de 1937, pola 3ª Compañía. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en abril de 1937. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias afiliado á Federación de Grupos de Xixón.

SOTO PENSADO, Miguel (1910 – ?).

Mariñeiro, afiliado á CNT, evadido do Batallón 56 das tropas sublevadas á zona republicana.

SOUBANOVA, ricardo.

Vicesecretario do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en outubro de 1934.

SOUSA, Félix.

Vocal 3º do Sindicato de Peones da Coruña en decembro de 1935.

SOUSA, Manuel Joaquim de (Lisboa, 26-11-1885 – 27-2-1944).

Obreiro zapateiro. Representante da 2ª Secçao da Uniao Operária Nacional (Porto) no Congreso da Paz de Ferrol en abril de 1915. Participou na transformación da UON na CGT, saindo elexido secretario xeral da mesma no Congreso de Coimbra. Director dos xornais “A Batalha” e “A Comuna”. Considerado o pai da idea de formar unha federación de anarquistas portugueses e españois, coa celebración do Congreso Anarquista de Marsella en maio de 1926.

SOUSA, Sara.

Foi cobradora da Sección de Chavoleros y Mozos de Campo do SIP da Coruña en maio de 1932.

SOUSA CASTRO, Isolina Celeste (?-Portugal, 1906 – ?).

Noutras fontes figura como Pousa ou Isolina Celeste Laura Castro. Compañeira de José Adán Rivas. Despois dos sucesos de Tui en xuño de 1932, na folga en solidaridade con Ferrol, participa na preparación dunha manifestación contra a represión, xunto a Josefa Prado. As dúas foron detidas e Isolina foi entregada ás autoridades portuguesas días despois. Detido na folga xeral de decembro de 1933 en Pontevedra, nunha casa da rúa Oliva, na que se atoparon documentos e folletos; por esta causa foi expulsada a Portugal. Uniuse civilmente a José Adán Rivas en xuño de 1934.

SOUSA FERRO, Antonio

En novembro de 1937 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

SOUTO.

En xaneiro de 1905 participou nun mitin contra a guerra ruso-japonesa no CES Germinal da Coruña.

SOUTO.

De Pintores, participa nunha asamblea no Cine Doré da Coruña en novembro de 1928, para tratar das indemnizacións por accidentes de traballo.

SOUTO, A.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

SOUTO, Antonio.

Militante do Sindicato de Peones, nomeado conserxe do local do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en xuño de 1935.

SOUTO, Arturo.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

SOUTO, Domingo

En xaneiro de 1936 publicaba un artigo no “Avance Marino”.

SOUTO, E. (*)

En marzo de 1917 asinaba un artigo en “Cultura Obrera” de New York desde Boston, como E. Otuso.

SOUTO, Emilio.

Secretario do Comité de Defensa Económico-Social da Coruña en febreiro de 1915. Vocal da Sociedad de Inquilinos da Coruña en abril de 1915.

SOUTO, Emilio.

Militante do Sindicato de Carpinteros da Coruña, escribe en “Solidaridad Obrera” da Coruña en maio de 1932. Asina un chamamento aos carpinteiros en “Solidaridad” en marzo de 1936.

SOUTO, Francisco

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

SOUTO, Gerardo

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como carpinteiro. Detido na Coruña en setembro de 1934.

SOUTO, José.

Militante do Sindicato de Hojalateros da Coruña, integraba unha comisión para falar cos patróns en maio de 1931; ao tempo, foi nomeado vicesecretario do Sindicato.

SOUTO, José.

Dado de baixa do Sindicato de Sastres de Santiago en novembro de 1924. Membro do Sindicato de Sastres de Santiago y sus Contornos cara a 1934.

SOUTO, Juan.

Vocal da Sociedad de Pescadores y Oficios Varios de Mera “El Despertar de la Humanidad” en maio de 1918.

SOUTO, Juan.

Nunha comisión da Sección de Chavoleros y Mozos de Campo do SIP da Coruña en decembro de 1932.

SOUTO, Juan.

Vocal da Sociedad de Cocineros de A Coruña en abril de 1931.

SOUTO, Luis.

Vocal do Sindicato General de Trabajadores de Lugo, en outubro de 1931.

SOUTO, M.

Delegado da Sociedad de Zapateros de A Coruña, lamenta o falecemento do integrante da sociedade Antonio González en decembro de 1902.

SOUTO, Manuel.

Vocal da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en abril de 1911.

SOUTO, Manuel.

Vocal da Sociedad de Hierros y Metales “La Reforma” da Coruña en decembro de 1918.

SOUTO, Manuel

Nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Peones en General da Coruña que en xuño de 1931 ía entrevistarse cos traballadores dos fuertes para convencelos de ingresar no Sindicato.

SOUTO, Manuel.

Nunha lista de milicianos do Sindicato Único “La Progresión” de Erandio, que traballan no pesqueiro “Cántabro Nº 2”, en Euzkadi, no tempo da guerra civil. 41 anos. De Escarabote. Mariñeiro.

SOUTO, Máximo (A Guarda, 1887 – ?).

Cargador en Vigo, foi detido pola explosión dunha bomba en xaneiro de 1923, na rúa do Hospital de Vigo, coincidindo coa presenza de personalidades que desempeñaran cargos en Barcelona.

SOUTO, Perfecto.

Tesoureiro do Sindicato de Camareros Marítimos da Coruña en xuño de 1929.

SOUTO, Ramón

Detido en setembro de 1934 na Coruña despois dun atentado contra unha panadería.

SOUTO, Ricardo.

Tesoureiro da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en agosto de 1933.

SOUTO, Ricardo.

Vogal cuarto do Centro de Estudios Sociales “El Derecho Humano” de Mesoiro en agosto de 1934.

SOUTO ALVEDRO, Pura.

Na comisión revisora de contas da Sección de Salazoneras do SIP en agosto de 1934. En marzo de 1936, vocal da Sección de Conserveras do SIP da Coruña.

SOUTO CANDAL, Andrés

En abril de 1930 foi nomeado vogal do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en San Ignacio, 5.

SOUTO CANDAL, Antonio (A Coruña, 1891 – ?).

Pintor. Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en decembro de 1913 e xuño de 1914. Presidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xulio de 1914; foi secretario até decembro e despois foi nomeado membro da comisión revisora da sociedade. Secretario da Sociedad de Pintores en decembro de 1915 e xaneiro de 1919. Secretario en outubro de 1919. Presidente en xaneiro de 1923. En marzo de 1928 foi nomeado presidente do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; enderezo en Santa Margarita, 5. Vicepresidente do Sindicato en agosto de 1928. Presidiu unha reunión da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en agosto de 1928. Secretario do Sindicato de Pintores da Coruña en abril de 1929. Vicepresidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en outubro de 1929. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. Contador do Sindicato de Pintores da Coruña en 1931. Contador do Sindicato de Pintores en maio de 1931; enderezo en José Lombardero, 5. En xuño de 1931 Antonio Souto, do Sindicato de Pintores da Coruña, comunicaba a “El Luchador” que o sindicato desexaba comunicarse con outros sindicatos do mesmo oficio, dirixindo a correspondencia a Manuel Arizmendi, secretario do exterior. En maio do 32, delegado deste sindicato ao Pleno de Ferrol. En xaneiro de 1933 vicepresidente do Sindicato; enderezo na Agra do Orzán. Contador do Ramo de Construcción na folga do sector en decembro de 1933. En agosto de 1935, conserxe do local de Cordelería, 32. En 1936 foi nomeado conserxe do local de Cordelería, 32. Detido despois do levantamento militar, pola aparición de armas no local.

SOUTO CANDAL, Luis (A Coruña, 1895 – ?).

Pintor. Vocal 1º en xaneiro de 1923 e Vocal 2º da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en marzo de 1923. En agosto de 1928 foi nomeado vogal do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en Huertas, 37. A disposición da Audiencia por pertencer ao Comité de Folga do Ramo da Construcción, por folga ilegal, en xaneiro de 1934. Detido despois do levantamento militar.

SOUTO CANDEIRA, J.

Estudiante de medicina, deu unha conferencia no CES Germinal en decembro de 1932.

SOUTO CASAL, Perfecto

Detido en novembro de 1894 por pelexarse con outro obreiro por unha discusión sobre a folga de douradores da Coruña.

SOUTO CASTRO, Antonio “Barrexas”

Afiliado á CNT. Implicado na requisa de armas na zona de Noia, xunto a David Mariño, José Maneiro e Ignacio Freire. Detido no cárcere da Coruña. A súa causa foi sobreseida.

SOUTO FERNÁNDEZ, Antonio

Contador da Sección de Empaque y Descarga do SIP en abril de 1935. Vicesecretario da Sección de Chavoleros do SIP da Coruña en setembro e outubro de 1935.

SOUTO FERNÁNDEZ, Saladina.

Vocal 2ª do Sindicato de Empacadoras da Coruña en xulio de 1935.

SOUTO GAGO, Eduardo

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Buenavista, 5, C, 2º dta.

SOUTO GAGO, Ricardo.

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Buenavista, 5, C, 2º dta. Presidiu unha reunión do “Despertar Marítimo” en abril de 1936.

SOUTO GARCÍA, Emilio.

En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908.

SOUTO GARCÍA, Manuel

Da Coruña, expulsado de Cuba no “Reina María Cristina” en agosto de 1919.

SOUTO MEIZOSO, J.

Contador do Ramo de Construcción na folga do sector en decembro de 1933.

SOUTO MORALES, José.

Vicesecretario do Sindicato de Hojalateros da Coruña en maio de 1931.

SOUTO NEIRA, Luis (?, 1910 – Albeiros-Cospeito, 26-08-1936).

Albañil. Dirixente anarquista de Lugo. Foi paseado despois do golpe militar. Vogal do Sindicato General de Trabajadores da CNT de Lugo. Executado irregularmente o 26 de agosto de 1936 en Albeiros-Cospeito, con outros dous. Tiña 26 anos.

SOUTO NEIRA, Juan.

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Corme. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en 1937.

SOUTO PÉREZ, Jesús

Detido en xaneiro de 1934 na Coruña por posuir follas con conceptos subversivos e “Tierra y Libertad”.

SOUTO RAMOS, Félix.

En marzo de 1905 foi nomeado secretario da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítimos “La Cosmopolita”, cando se constituiu.

SOUTO RAYMÚNDEZ, Perfecto.

Secretario da Sección de Mozos de Hoteles do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en marzo de 1935.

SOUTO REY, Manuel.

Vicesecretario da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en decembro de 1923. Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en outubro de 1927 e abril de 1928. Delegado do Sindicato de Camareros Terrestres na FLO da Coruña en decembro de 1931. Contador en decembro de 1932.

SOUTO SANTIAGO, Antonio.

Vicesecretario do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en marzo de 1934.

SOUTO SEOANE, Manuel

Xornaleiro, de 19 anos, fillo de Vicente e Carmen, natural de Castro de Elviña e veciño de Carracedo, foi detido por levar á casa de socorro de Santa Lucía a José Fernández Sánchez o 12 de decembro de 1933; sospeitoso da refriega coa garda de asalto.

SOUTO SOUTO, José

Mariñeiro de Labañou, de 19 anos, desaparecido do domicilio dos seus pais, o gobernador ordeou a súa busca e detención. En outubro de 1938 Víctor Souto tentaba contactar por medio de “Galicia Libre” co seu irmao José Souto Souto, pedíndo que se dirixira á Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid ou á 94 Brigada, 11 Batallón, 1ª Compañía, Base 8º C, Número 10.

SOUTO SOUTO, José V.

Afiliado á Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid, en outubro de 1938 participa nunha suscrición a prol de “Galicia Libre”.

SOUTO SOUTO, Víctor

En outubro de 1938 Víctor Souto tentaba contactar por medio de “Galicia Libre” co seu irmao José Souto Souto, pedíndo que se dirixira á Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid ou á 94 Brigada, 11 Batallón, 1ª Compañía, Base 8º C, Número 10.

SOUTULLO, Fermín.

Nunha lista de milicianos do Sindicato Único “La Progresión” de Erandio, que traballan no pesqueiro “Cántabro Nº 2”, en Euzkadi, no tempo da guerra civil. 26 anos. De Redondela. Mariñeiro.

SOUZA, Alfredo

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Linares Rivas, 21, 1º.

SUÁREZ, Alberto.

Militante do Sindicato de Hojalateros da Coruña, integraba unha comisión para falar cos patróns en maio de 1931 e ao tempo era nomeado contador do Sindicato.

SUÁREZ, Alberto.

Detido en Veiga das Meás-Vilardevós en decembro de 1934, por posesión de explosivos.

SUÁREZ, Andrés

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Olmos, Barbería H. Continental.

SUÁREZ, Antonio “Porroa”

En xaneiro de 1883 foi denunciado en “Revista Social” como traidor á folga dos talleres de Flórez da Coruña.

SUÁREZ, Antonio.

En xuño de 1918 foi elixido vicesecretario da Sociedad de Pescadores “La Humanidad Libre” da Coruña. Foi vicesecretario da Sección de Pescadores a la Parte “La Humanidad Libre” do SIP da Coruña. Secretario da Sociedad de Pescadores y Traineros “La Humanidad Libre” da Coruña en decembro de 1918. Directivo do Sindicato de Pescadores “La Humanidad Libre” de A Coruña, xulgado a finais de marzo de 1923 por boicotear ao que fora presidente do Sindicato, Manuel Valiño, e declararlle o boicot. Foron absoltos. Delegado de Transporte Marítimo na Coruña, fuxido o 5 de xaneiro de 1937, cara a Xixón. Despois marchou a Bilbao.

SUÁREZ, Antonio

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Travesía de Vera, 15, 4º.

SUÁREZ, Antonio.

Colabora dende Bagneres de Bigorre nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

SUÁREZ, Arturo.

O Pleno da CRG de Ourense en decembro de 1935 envioulle un saúdo para os presos da Prisión Central de Burgos.

SUÁREZ, Aurelio.

Asina unha petición das sociedades obreiras coruñesas ao concello en abri de 1911, pola desgravación dalgúns artigos de consumo, como presidente da Sociedad de Peones y Albañiles.

SUÁREZ, E.

Presidiu un mitin en xuño de 1931 na praza de touros da Coruña, despois do cal tiveron lugar disturbios e a queima do convento dos capuchinos.

SUÁREZ, Eduardo.

Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos.

SUÁREZ, Eduardo.

En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Barberos y Peluqueros “La Fraternal” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. En novembro de 1930, representa ao Sindicato de Barberos y Peluqueros da Coruña nunha reunión de delegados para constituir o Comité da CRG, sendo nomeado vicesecretario do C.R. Participou nun mitin en Sada en maio de 1931. Representou ao Sindicato de Barberos da Coruña no Congreso de 1931 en Madrid. En xulio de 1931 un Enrique Suárez do Sindicato de Barberos presidiu o mitin de protesta polos incidentes que seguiron ao incendio do convento dos Capuchinos.

SUÁREZ, Enrique.

Do Sindicato de Barberos, presidiu o mitin da Federación Local de Sociedades Obreras na praza de touros da Coruña despois do incendio do convento dos Capuchinos, en xulio de 1931.

SUÁREZ, Evaristo.

Vocal do Sindicato de Obreros en Hierros y Metales da Coruña en xulio de 1918.

SUÁREZ, Fernando

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Franja, 26, 2º.

SUÁREZ, Francisco(*)

Federico Urales asina un chamamento en “El Porvenir del Obrero” de Mahón en xuño de 1903, expoñendo a condena de Francisco Suárez en Madrid, anciano acusado da entrega de cartuchos de dinamita a Gabriel López; foi condenado a sete anos de presidio.

SUÁREZ, Francisco

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

SUÁREZ, Francisco

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; de Peones.

SUÁREZ, Francisco

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Juan Flórez, Fábrica de Gaseosas.

SUÁREZ, Generoso

Vocal do Sindicato de Panaderos “La Unión” de A Coruña en marzo de 1923.

SUÁREZ, Guillermo

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en San Vicente, B, 1º.

SUÁREZ, Jesús (*)

En febreiro de 1913 preso en Montevideo, acusado da explosión dunha bomba nun hotel e dunha posible implicación no atentado ao Dr. Falcón. Lustrador de mobeis, fora deportado de Argentina e retornara alí. Despois estivo en España, Brasil e Montevideo.

SUÁREZ, Jesús.

Colabora dende Saint Pierre Quilbignon nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

SUÁREZ, José

En xaneiro de 1917 foi nomeado contador da Comisión Central da Federación Nacional de Sociedades Obreras del Ramo de Elaborar Madera de España.

SUÁREZ, José.

Contador do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en agosto de 1918.

SUÁREZ, José

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

SUÁREZ, José.

Participa nun mitin en Mondego a finais de marzo de 1933. Participa nun mitin en Melide en outubro de 1933.

SUÁREZ, José.

Participa no mitin do 1º de maio de 1934 en Compostela.

SUÁREZ, José A.

Participa na reunión organizadora da Sociedad “El Despertar del Obrero” de Sada en marzo de 1916. Foi designado vocal da mesma.

SUÁREZ, José María.

Segundo Manuel Fernández foi un dos que fuxiron da Coruña en 1936 nun barco pesqueiro, cara a Xixón.

SUÁREZ, José Ramón.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios de Noia y su Comarca en maio de 1932. Tesoureiro do SOV de Noia na súa fundación, en maio de 1932.

SUÁREZ, José Ramón.

Carpinteiro. Asistiu ao Congreso fundacional da CRG en agosto de 1923, representando á Federación Local da Coruña. Asina un artigo en ¡Despertad! en setembro de 1928. De Carpinteros, participa nunha asamblea no Cine Doré da Coruña en novembro de 1928, para tratar das indemnizacións por accidentes de traballo. Participa nunha reunión do Sindicato de Carpinteros da Coruña en decembro de 1928. Vicepresidente do Sindicato de Carpinteros “La Emancipación” da Coruña para o primeiro semestre de 1929. En xuño de 1929 asina unha carta do Sindicato de Carpinteros “La Emancipación” sobre a posición dos sindicatos da Coruña diante da “Ciudad Satélite”. Preside unha reunión de “La Emancipación” en agosto de 1929. Participa nun mitin pro amnistía en Santiago en xulio de 1930. Mitin pro presos en Ferrol en setembro de 1930. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Carpinteros “La Emancipación” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. Participou nun mitin no Linares Rivas da Coruña, xunto a Pestaña, Villaverde, Fandiño e Casares Quiroga, en setembro de 1930, como secretario da Federación Local Obrera. A finais de setembro de 1930 presentou a Ángel Pestaña nunha conferencia no salón Doré da Coruña. Secretario da C.R.G. en novembro de 1930. Intervén nun mitin Pro-amnistía no Teatro Rosalía da Coruña, o 29 de marzo de 1931. Participa nun mitin Pro-Amnistía no Teatro Jofre de Ferrol, o 5 de abril de 1931. O 14 de abril arenga ás masas no mitin da explanada do recheo, pola proclamación da República. A cargo da CRG en maio de 1931, na Coruña. Representou ao Sindicato de Carpinteros da Coruña no Congreso de 1931 en Madrid. Presenta a dimisión como secretario da CRG no Pleno Regional de Vilagarcía en agosto de 1931.

SUÁREZ, Juan

Afiliado número 213 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SUÁREZ, Juan

En maio de 1936 anuncia a súa constitución o Comité Internacional de Defensa Anarquista en “Tierra y Libertad” de Barcelona, a correspondencia dirixiríase a Juan Suárez (Cebollino, 203, 1º, Vigo) e os valores a Gerardo Pereira (Barrio Casal, 48, Lavadores).

SUÁREZ, Juan G.

No verán de 1938 era secretario da Agrupación de Gallegos Libertarios de Valencia.

SUÁREZ, Julián

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Fernández Latorre, Fielato

SUÁREZ, Laureano

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Estrada da Pasaxe, 9, 1º. Delegado do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña na Asamblea de Electricistas de Santiago en novembro de 1931.

SUÁREZ, Manuel

Participou nun mitin na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901. Participou nun mitin na Coruña polo tema do peso do peixe nos fielatos en febreiro de 1903, actuando como secretario. En febreiro de 1903 evitouse a folga xeral na Coruña polo ofrecemento das autoridades de liberar a Diego Fernández e Manuel Suárez. Asina un chamamento en “El Porvenir del Obrero” de Mahón e “El Productor” de Barcelona en maio de 1903, como secretario exterior dos tripulantes de traiñas en folga. En xuño de 1903 comunicaba a liberación dos once folguistas presos. En xulio de 1903 asina outro chamamento como secretario do exterior da Comisión Permanente pola Libertade dos Obreiros Presos. En agosto de 1903 asina un artigo en “Tierra y Libertad” de Madrid sobre as caixas de resistencia. En agosto de 1910 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad”. En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

SUÁREZ, Manuel

Participou na velada do 1º de maio de 1905 no Teatro Circo da Coruña, pola sociedad de Camareros.

SUÁREZ, Manuel.

Secretario exterior da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xuño e novembro de 1909, en xulio de 1910 e febreiro de 1912. En xaneiro de 1910 participou nun mitin na Coruña pedindo a libertade dos presos da semána tráxica barcelonesa. Participou nun mitin pola “Defensa de los derechos de ciudadanía” no Teatro Circo de A Coruña en setembro de 1913. Vicepresidente da Sociedad de Socorros Mútuos “Hercúlea”, da Coruña, en febreiro de 1915. En maio de 1915 tomou parte no Congreso da Paz de Ferrol, representando ás Sociedades Obreras da Coruña. Presidente da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en setembro de 1916. Participou nun mitin para pedir o abaratemento das subsistencias e unha amnistía, na praza de touros da Coruña en outubro de 1916. En marzo de 1918 foi elixido vicepresidente da Sociedad de Estibadores “La Armonía” da Coruña. Asinou as bases de solución do conflicto pesqueiro do verán de 1924, en nome da Sección Pesquera do Sindicato Único del Transporte Marítimo y Terrestre da Coruña.

SUÁREZ, Manuel.

En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908.

SUÁREZ, Manuel.

En marzo de 1905 foi nomeado vicepresidente da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítimos “La Cosmopolita”, cando se constituiu.

SUÁREZ, Manuel

En decembro de 1918 participa desde Ferrol nunha suscripción de “Tierra y Libertad” para unha excursión de propaganda anarquista.

SUÁREZ, Manuel

Da Coruña, tiñase ausentado para La Habana en 1916 e en xaneiro de 1919 Antolín Gaspar Martínez quería contactar con el.

SUÁREZ, Manuel

En novembro de 1919 a Sociedad de Operarias de las Fábricas de Conservas y Salazón de Pescado designou a Ramona Lorenzo para representala no Congreso da CNT e elixiu de presidente a Manuel Suárez.

SUÁREZ, Manuel.

Vocal do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en decembro de 1931.

SUÁREZ, Manuel.

Peón, expulsado do Sindicato Minero y Profesiones Varias de Lousame-Noia, en setembro de 1935, por conspirar contra o Sindicato.

SUÁREZ, Manuela.

Traballadora da fábrica de tecidos de Molezún, na Coruña, pasou a outra sociedade obreira e a “Unión Textil” declarou a folga, en decembro de 1918.

SUÁREZ, Marcelino

En abril de 1938 participa nunha recadación de donativos a favor de “Galicia Libre” organizada por Miguel Vázquez Valiño en Girona.

SUÁREZ, Pilar.

Militante libertaria de Vilagarcía na primaveira de 1933.

SUÁREZ, Pilar.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

SUÁREZ, R.

Paqueteiro ou suscriptor de “Tierra y Libertad” en Santa María de Oza, que lle adebedaba cartos en xulio de 1908.

SUÁREZ, Ramón

Vocal do Sindicato de Empleados de Comercio, Oficina y Banca da Coruña en xulio de 1932.

SUÁREZ, Rogelio (*)

Solicita información en “¡Tierra!” de La Habana sobre a morte accidental de Pedro Mosquera.

SUÁREZ, S.

Colabora nunha suscrición de “El Luchador” desde Vilagarcía en abril de 1932.

SUÁREZ ABELEIRA, Manuel (A Coruña, 1896 – ?).

Fogoneiro do bou pesqueiro “Tiburón”, acusado de ser organizador da súa fuga cara a Saint Nazaire en agosto de 1938. Ao parecer pensaba facer a fuga no “Xit-Ona” mais atopou máis facilidades no “Tiburón” polo que finalmente foi este o elexido. En agosto de 1939 no campo de concentración de Bezièrs, en Francia.

SUÁREZ AGUIAR, Manuel.

Tripulante de traiñeiras, procesado en setembro de 1903 por negarse a xurar nun xuizo. Vocal da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en marzo de 1915.

SUÁREZ ALONSO, Guillermo (Vilalba-Lugo, 1907 – ?)

Panadeiro, residente en San Pedro de Nós. Detido o 7 de novembro de 1931 na Coruña cando tentaba sabotear as liñas telefónicas. En xaneiro de 1935 foi detido en A Ermida-Celas-Culleredo, despois de estar fuxido dende 1934; atoparonlle armas e planos, e acusou de darllos aos falecidos Francisco Llerena e José María Martínez. En xaneiro de 1935 Emilio Novás foi detido cunha pistola e inicialmente, no cuartel da garda civil, declaro que lle fora entregada por Guillermo Suárez; éste foi interrogado e negou que lle dera a arma. Preso no cárcere da Coruña en setembro de 1935, colabora nunha suscripción en apoio do diario “CNT”. Condenado a 7 anos e 21 días, foi amnistiado en febreiro de 1936. Un dos presos do cárcere da Coruña libertado en febreiro de 1936 pola presión popular. Panadeiro da Coruña, refuxiado no monte dos Chans nos primeiros días do golpe de estado.

SUÁREZ ALONSO, José

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

SUÁREZ ÁLVAREZ, Arturo.

Paqueteiro do Diario CNT de Madrid en Veiga-Verín en agosto de 1933. Detido en Veiga das Meás-Vilardevós en decembro de 1934, por posesión de explosivos.

SUÁREZ BLANCO, José

Detido en xulio de 1919 na Coruña, foi deportado.

SUÁREZ BLANCO, Ramón (Malpica, ? – ?).

Mariñeiro, afiliado á CNT, evadido da Compañía de Ametralladoras do Batallón 55 das tropas sublevadas á zona republicana. Nunha lista de refuxiados de Malpica en Francia, publicada por “España Democrática” en xulio de 1939. En agosto de 1939 no campo de concentración de Argelès sur Mer.

SUÁREZ CABANAS, Francisco

Obreiro municipal do concello da Coruña, de 39 anos, e cinco fillos, asasinado en xulio de 1936 cando gardaba unhas obras inmediatas á cidade xardín.

SUÁREZ CASTRO, José.

Integrante da comisión organizadora do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos, en xuño de 1931; foi nomeado vocal no seu primeiro comité.

SUÁREZ CRESPO, Ramón.

Colabora en “El Corsario” dende Vilagarcía en outubro de 1891, escribindo sobre a situación da clase traballadora en Vilagarcía e sobre a instrucción obreira.

SUÁREZ DAVAS, José.

Anarquista de Santiago, o goberno arxentino pedía unha relación dos seus antecedentes políticos en xaneiro de 1904.

SUÁREZ DUQUE, José “Celso Dolet” (? – A Coruña, 17-9-23)

Segundo Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas coruñeses de comezos de século. Carpinteiro. En 1894 vivía na rúa Torreiro co seus pais e un irmao. Presentou para a súa aprobación o regulamento da Sociedad de Obreros Carpinteros “La Emancipación” da Coruña en maio de 1895. En 1899 vivía na rúa da Torre da Coruña coa súa esposa Lucía Frade Presedo. En 1899 figuraba como transeunte no padrón municipal de Ferrol, na rúa María, 35. En decembro de 1900 foi considerado pola policía como un dos promotores duns incidentes na praza de Lugo pola folga das obras do señor Reboredo. Interveu nun mitin de solidaridade cos traballadores coruñeses, celebrado en Madrid no verán de 1901. Participou nun mitin na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901. En novembro de 1901 criticou as correspondencias que o xornal “El Socialista” publicou sobre os sucesos de maio, polo que os socialistas aceptaron un mitin de controversia. En febreiro de 1902 asina un artigo en “El Productor” de Barcelona sobre a situación da Coruña. Participou nunha velada necrolóxica en honor a Zola en Langreo en novembro de 1902; nesas datas estaba prevista a súa participación nun mitin anticlerical en La Felguera. En decembro de 1902 publica un artigo en “La Emancipación” de A Coruña. En novembro de 1904 colabora no xornal “Germinal” da Coruña. En xaneiro de 1905 anuncia a súa marcha da Coruña, da que xa estivo ausente anteriormente por tres anos. En febreiro de 1905 presidiu un mitin en Xixón, no Teatro Jovellanos; nesa altura formou parte da redacción de “Tiempos Nuevos”. Asina artigos en “El Productor” de Barcelona en xulio e novembro de 1905. Asina un escrito en ”El Productor” en nome do grupo promotor dun xornal anarquista en Xixón; a correspondencia dirixíase ao seu nome en Mariano Pola, 20, baixo. En agosto de 1905 colaboraba en “Buena Semilla” de Barcelona. En outubro de 1905 asina artigos en “El Productor” de Barcelona. En xuño de 1906 os compañeiros de Gijón comunican a “El Porvenir del Obrero” a detención de Suárez Duque pola garda civil, reclamado polo capitán xeral de Madrid, por palabras pronunciadas nun mitin cinco anos antes; advertían dos problemas de saúde de Suárez Duque e o risco da súa condución a Madrid. En agosto de 1906 dase conta en “El Porvenir del Obrero” da súa liberación. Marchou a Francia cara a 1906, ao ser acusado da morte do presidente da Asociación Patronal Miguel Muñoz Ortiz, pola folga da construcción; viviu alí até 1920, baixo o nome de Celso Dolet. En maio de 1907 publica un artigo en “Tierra y Libertad” de Barcelona, baixo o título “Algo sobre la decadencia del anarquismo en España”, e fai unha continuación do mesmo en xuño de 1907. Artigos en “Tierra y Libertad” de Barcelona en xulio e agosto de 1907. Antes viviu tamén en Xixón, onde colaborou nos xornais “Solidaridad Obrera” e “Tiempos Nuevos”. En xulio de 1910 asina un manifesto dos anarquistas españoles en París respondendo a unha denuncia de Miguel V. Moreno. En novembro e decembro de 1910 asina artigos en “Acción Libertaria” de Gijón, desde París. En marzo de 1911 “Tierra y Libertad” recolle información sobre a denuncia de “Acción Libertaria” polo artigo de Suárez Duque “¿Reflexiones? Quizá ¿Observaciones? No”. En agosto de 1911 o grupo editor de “Acción Libertaria” comenta a súa reaparición en Vigo e que o seu director José Machargo estaba cumprindo dous meses de arresto na Carcel Modelo por un artigo de José Suárez Duque. En agosto de 1912 era un dos asinantes dun manifesto de protesta contra a deportación de Alemania de Maximino Sánchez Carvajal. En marzo de 1913 a Biblioteca “La Internacional” comentaba a próxima publicación de “La muerte de un partido” de José Suárez Duque. En marzo de 1913 o Grupo Editor “Cultura Libertaria” da Coruña anunciaba a publicación dun novo volume da Biblioteca “La Internacional” baixo o título “La muerte de un partido” de José Suárez Duque, compañeiro residente en París; reciben os pedidos en Torre, 42, baixo. En maio de 1913 “Tierra y Libertad” comenta a excursión de propaganda promovida por “La Voz del Obrero” de A Coruña e comenta que foi proposta por Celso Dolet. A Biblioteca “La Internacional” da Coruña publicou un folleto seu co título de “La muerte de un partido” en xulio de 1913. En setembro de 1913 asegurábase que asistiría ao Congreso de Londres representando a Coruña. No outono de 1913 estivo en Londres no Congreso Sindicalista Internacional convocado pola Liga de Educación Sindicalista Londinense, e visitou a Kropotkin acompañado de Fernando Tarrida e outros militantes españois e arxentinos; representaba aos obreiros da Coruña. En outubro de 1913 publicou un artigo “Autour du Congrès Syndicaliste de Londres” en “Les Temps Nouveaux”, que foi contestado por Jean Knockaert nun número posterior da publicación francesa. En decembro de 1913 asinaba un artigo en “El Porvenir del Obrero” de Mahón, sobre os acordos do Congreso de Londres. En febreiro de 1915 asina un artigo en “Solidaridad Obrera” de Barcelona pola paz. En agosto de 1915 “Acción Libertaria” de Gijón comenta unha polémica con Celso Dolet. Delegado do Sindicato de Carpinteros da Coruña, foi nomeado para presidir a primeira sesión do 1º Congreso Regional Galaico celebrado en Vigo en agosto de 1922. Presidiu un mitin en Santiago polos presos sociais, en febreiro de 1923. Na asamblea da Confederación Regional Galaica de abril de 1923 en Santiago foi confirmado nos cargos de secretario da CRG e director de “Solidaridad Obrera” da Coruña. Presidiu un mitin contra o pistolerismo catalán en maio de 1923, na Coruña. Foi o primeiro secretario da CRG, en agosto de 1923, segundo Manuel Fernández. Non presidiu o mitin da CRG contra a condena a morte do cabo Sánchez Barros, unha semán despois da constitución da CRG, por atoparse enfermo; morreu ao mes do seu nomeamento, en setembro de 1923. Era director de “Solidaridad Obrera”.

SUÁREZ FERNÁNDEZ, Peregrina.

Detida en Paramos-Tui en novembro de 1922, por impedir a chegada de productos ao mercado na folga agraria.

SUÁREZ FERREIRO, Marcial.

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Juan Flórez, 176, 4º dta. Presidente do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” e delegado á FLOen marzo de 1932. Membro do Comité da FLO da Coruña en setembro de 1932. Preside unha reunión do Sindicato en xaneiro de 1933. Membro da Comisión do Sindicato de Estibadores en xuño de 1933. Secretario do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” en xulio, setembro, novembro de 1935 e de febreiro a xulio de 1936.

SUÁREZ GARCÍA, Amadeo.

Vicesecretario do Comité Regional da Unión Petrolífera en xulio de 1932. Membro do Comité de Factoría da Unión Petrolífera da Coruña en maio de 1936.

SUÁREZ GÓMEZ, Ricardo.

Vocal 2º do Sindicato “El Despertar Marítimo” da Coruña en marzo de 1928. Presidindo unha reunión do “Despertar Marítimo” en novembro de 1930. En maio de 1932, delegado ao Pleno Regional de Ferrol. Vocal da Sección de Maquinistas no Sindicato de Flota Pesquera “El Despertar Marítimo” da Coruña en decembro de 1935.

SUÁREZ HERMIDA, José.

Vocal do Sindicato de Oficios Varios na FLO da Coruña en 1934. Interviu nunha reunión da Sección de Empacadoras do SIP da Coruña en maio de 1935. Cadro experimentado nos sindicatos pesqueiros, foi enviado dende A Coruña a Cariño para exercer como liberado do SIP. En xulio de 1935 convocou unha xuntanza do SIP de Cariño. En xulio de 1935 escribía en “Solidaridad” sobre a situación social en Cariño. Nomeado secretario xeral do SIP Cariño o 8 de xulio de 1935. Representou ao ao Sindicato de Industra Pesquera de Cariño no Pleno de Sindicatos da Federación Regional Galaica de Obreros de la Industria Pesquera y sus Derivadas, en setembro de 1935. En outubro de 1935 participou nunha xuntanza da FRIP en relación co conflicto do transporte de pescado A Coruña-Madrid. Participou no mitin de Cariño xunto a Federica Montseny en decembro de 1935. Representou ao Sindicato de Industria Pesquera de Cariño no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935. Participou na ponencia sobre a situación do voceiro “Solidaridad” do Congreso da CRG de Ourense en decembro de 1935. En febreiro de 1936 asina un artigo en “Solidaridad” protestando pola continuación da clausura do Ateneo Cultural Recreativo Cariñense. Mitin en Espasante en abril e en Cariño o 1º de maio de 1936. Participa na reunión constituinte do SIP de Espasante en maio de 1936. Secretario do Sindicato de Industria Pesquera de Cariño, acusado do roubo de explosivos en casa dun contratista, en xulio do 36. Acusado de dirixir a fuxida no vapor “Arkale”. En xulio de 1937 reclamado polo sumario 65/36, do xulgado de Ortigueira, por roubo de carbón do vapor “Melchuca” e roubo do vapor “Arkale”. En decembro de 1938 reclamado polo axudante de Mariña de Ortigueira, por rebelión militar.

SUÁREZ IGLESIAS, Teresa.

Xulgada en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

SUÁREZ MANTEIGA, José.

Participou na fundación do Sindicato de Profesiones Varias de Piadela (Betanzos) en xuño de 1936.

SUÁREZ MARANTES, Pilar (1916 – ?).

Modista, noiva de Antonio Fournerakis, axudoulle mentres estivo agachado. Foi absolta en decembro de 1937.

SUÁREZ MARTÍNEZ, Ángel

En setembro de 1909 obtivo unha acta de concelleiro en Santa María de Oza pola Unión Campesina.

SUÁREZ MARTÍNEZ, Francisco

En abril de 1936 foi elixido secretario do Sindicato de Pintores da Coruña; tiña enderezo en Meicende.

SUÁREZ MORANTE, Enrique

En xulio de 1934 foi elixido para integrar unha comisión do Ramo da Construcción polo Sindicato de Pintores encargada de visitar as obras para negociar cos patróns o pagamento dos subsidios. Na altura foi nomeado secretario do Sindicato e Delegado na FLO; tiña enderezo en Silva de Arriba, 2. Detido en xulio de 1935 como presunto autor da explosión de dous artefactos nos cafés Derby e Alcazar o 9 de xuño de 1935, no marco da folga de camareiros da Coruña; era solteiro, pintor, de 21 anos, veciño de Independencia, 10.

SUÁREZ NÚÑEZ, Francisco.

Afiliado número 114 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SUÁREZ PATIÑO, Francisco.

Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en agosto de 1935.

SUÁREZ PATIÑO, José (*)

En maio de 1914 era vicesecretario da Sociedad de Dependientes de Restaurants, Hoteles y Fondas de La Habana e embarcaba con dirección a España.

SUÁREZ PEIXOTO, J.

O 30 de setembro e o 10 de outubro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

SUÁREZ PICALLO.

Participou nun mitin en Sada en maio de 1931.

SUÁREZ PICALLO, Juan Antonio.

Secretario do Centro Cultural Obrero de Sada en xaneiro de 1931. Entre os fundadores dun grupo galeguista en sada en novembro de 1932. Asina un escrito en nome do Sindicato de Profesiones Varias de Meirás en abril de 1936. Participou en varios mitins pola campaña do Frente Popular en febreiro de 1936 en Sada, Soñeiro, Carnoedo, e Mondego, como secretario do Frente Popular en Sada. En febreiro de 1936 tivo lugar unha manifestación de 2000 persoas en Sada, para celebrar a victoria das esquerdas nas eleccións; no mitin tomaron parte José Monzo e Juan A. Suárez Picallo. En marzo de 1936, designado secretario xeral do Frente Popular de Sada. En abril de 1936 interveu nunha asamblea de organizacións obreiras de Sada, polo Frente Popular; foi nomeado secretario xeral da comisión que se formou. Participa na constitución da Junta de Defensa para solucionar o problema do paro obreiro en Sada, en representación do Frente Popular, en abril de 1936. Presidíu un acto da Junta Local do Paro de Sada en maio de 1936. Integrou o Comité Local da campaña do Estatuto en xuño de 1936.

SUÁREZ PICALLO, Ramón

Defendeu a Manuel Riveiro García e Amador Bermúdez Canosa, acusados do atraco ás cabaleirizas municipais da Coruña en xuño de 1936.

SUÁREZ PONTE, Agustín.

Vicepresidente do Sindicato de Campesinos y Oficios Varios de Mondego-Sada, cando a súa fundación, en abril de 1933.

SUÁREZ POSSE, Feliciano

Secretario do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Ponteceso-Cabana, na súa fundación, o 2 de maio de 1936.

SUÁREZ PRIETO, José

Vocal do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña en setembro de 1933.

SUÁREZ RICO, Aurelia.

Detida en xuño de 1921 con outras catro mulleres, acusadas do incendio dun almacén de Hijos de Nicasio Pérez no peirao de Curuxeiras de Ferrol, pola folga dos portuarios, quedaron en libertade en xulio.

SUÁREZ RODRÍGUEZ, Enrique “Celta”.

Foi secretario do Sindicato de Carbones da Coruña, presidindo varias reunións do mesmo en marzo, abril, maio, xulio e agosto de 1930. Presidente do Sindicato “El 1º de Mayo” en agosto de 1930. Acusado de sustraer cartos do Sindicato en outubro de 1930. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Trabajadores en Carbones y Minerales “El 1º de Mayo” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. Novamente presidente do Sindicato en abril de 1931. Nesta data propuxo ao seu Sindicato que se dirixiran ao Alcalde da cidade para pedirlle o cambio do nome dalgunhas: Mártires de Carral, Mártires de Chicago, Salvador Seguí, Ángel Pestaña e 1º de Mayo. Delegado na Federación Regional en maio de 1931. A FLO pediu en outubro de 1931 ao seu sindicato que designase outro Delegado na Local por consideralo pouco solvente. Delegado do Sindicato na FLO en novembro de 1931, marzo e maio de 1932. Delegado ao pleno de Vigo en xulio de 1932. Secretario do Sindicato en setembro de 1933 e delegado á Regional. Secretario xeral do Comité do SIP da Coruña en xulio, agosto e setembro de 1934, pola Sección de Carboneros. Secretario do Sindicato de Industria Pesquera en xulio, agosto e setembro de 1934.

SUÁREZ ROMERO, Manuel.

Vicepresidente do Sindicato “El Despertar Marítimo” da Coruña en marzo de 1928. Presidiu unha reunión do Sindicato en abril de 1930. Delegado ao Pleno Regional en agosto de 1930. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Metalúrgicos da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. Preside reunións do Sindicato en maio e agosto de 1931, xaneiro de 1932 e unha chea delas até decembro de 1935. Nunha comisión do “Despertar Marítimo” da Coruña en xulio de 1935.

SUÁREZ SANMARTÍN, Constantino (Santiago, 1901 – ?).

Carpinteiro, militante da CNT clandestina en Santiago, participan na tentativa de reorganizar a FL despois da caída de marzo de 1947. Procesado na causa 156/47, pedironlle 6 anos e foi condenado a 3 anos.

SUÁREZ SANTIAGO, David (Malpica, ? – ?).

Mariñeiro, afiliado á CNT, evadido da Compañía de Ametralladoras do Batallón 55 das tropas sublevadas á zona republicana. Nunha lista de refuxiados de Malpica en Francia, publicada por “España Democrática” en xulio de 1939. En agosto de 1939 no campo de concentración de Argelès sur Mer.

SUÁREZ SEOANE, José

Panadeiro, detido nunha fábrica de fariñas como consecuencia das mobilizacións que seguiron ao 1º de maio de 1890.

SUÁREZ SEOANE, José.

Afiliado ao Sindicato de Carpinteros da Coruña, despedido en xulio de 1933 por reclamar a totalidade do seu salario.

SUÁREZ SILVA, Manuel.

Afiliado número 395 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SUÁREZ SOMESO, Manuel.

Vicepresidente do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en xuño de 1934.

SUÁREZ SUÁREZ, Manuel.

Afiliado número 173 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

SUÁREZ TOJA, Antonio.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 1ª Compañía.

SUÁREZ VÁZQUEZ, José.

Nalgunha ocasión figura como José Suárez Mayo. Foi contador do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña, en agosto de 1930 e presidente en outubro de 1931. Delegado do traballo no porto en maio de 1931. Delegado do Sindicato ao Comité Regional en outubro de 1931 e presidente do Sindicato. Presidente do Sindicato “El Progreso Marítimo” en marzo de 1932. Vocal do Sindicato en setembro de 1932 e Delegado no Sindicato de Industria. Contador en marzo de 1933. Tesoureiro do Sindicato en setembro de 1933. Secretario en xuño de 1934. Contador en abril de 1935.

SUÁREZ VÁZQUEZ, José María.

Vicesecretario da Sección da Unión Petrolífera da Coruña en agosto de 1931.

SUÁREZ VEGA, Juan (Muros-A Coruña, 1915 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

SUÁREZ VILLAS, Alberto.

Contador do Sindicato de Hojalateros en maio de 1931. Secretario do Sindicato de Hojalateros da Coruña en abril de 1935.

SUAZO, José

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión directiva da folga, polos canteiros.

SUBIELA, Bernardo.

Interveu nunha asemblea pública do Comité de Defensa Económico Social da Coruña en abril de 1915. Comisionado polo Sindicato de Cocineros y Camareros Marítimos para ir a Madrid a negociar co Consejo de Emigración, en maio de 1922.

SUEIRAS, José.

Vocal do Sindicato Único de Empleados y Obreros Municipales de Ferrol, en maio de 1936.

SUEIRAS CORTÉS, Eduardo

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Orzán, 199.

SUEIRO

Entre setembro e novembro de 1911, o Centro de Sociedades Obreras de Vigo estivo representado polo seu presidente, Sueiro, na Junta de Defensa.

SUEIRO, José

No mitin do 1º de maio de 1900 na Coruña participaron Andrés Pérez e José Sueiro pola Sociedad de Canteros.

SUEIRO LÓPEZ, Antonio

Nomeado vicesecretario do Sindicato de Peones en General de A Coruña en agosto de 1931; residía en Sinagoga, 7, baixo.

SUERO BERENGUER, Antonio.

Vocal 2º do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en xuño de 1934.

SUERO BERENGUER, Miguel.

Delegado do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña na Casa Sindical en xuño de 1934.

SUEVOS, Vicente.

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres. Boteiro. Detido en xulio de 1920 na Coruña por estar implicado nos sucesos que derivaron na morte dun cabo de seguridade.

SUEVOS LAGO, Vicente.

Secretario da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xulio de 1927.

SUEVOS NAYA, José.

Detido e liberado posteriormente na Coruña con motivo da folga xeral de setembro de 1911.

SUTIL FERNÁNDEZ, Manrique.

Foi presidente do Sindicato de Metalúrgicos da Coruña. Presidente do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en novembro de 1933. Preside reunións do sindicato en abril e maio de 1934.

Call Now ButtonChámanos