Volver á Portada

OOO

OAGINO, Manuel.

Delegado dos traballadores da fábrica de aserrar maderas de Ponteceso no Sindicato de Oficios Varios de Carballo, en outubro de 1931.

OBELLEIRO, Manuel

En febreiro de 1917 foi nomeado vogal da Sociedad de Carpinteros da Coruña.

OBELLEIRO GAMALLO, Manuel

En marzo de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” recollidos na administración do xornal.

OBELLEIRO PEÑA, Francisco.

Vocal 1º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en decembro de 1914. Secretario da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xulio, outubro, novembro e decembro de 1915, xaneiro, febreiro, abril, maio, xuño, agosto, setembro de 1916, e decembro de 1919.

OCAMPO.

En xaneiro de 1905 participou nun mitin contra a guerra ruso-japonesa no CES Germinal da Coruña.

OCAMPO, Daniel

En xaneiro de 1917 era presidente da Sociedade de Carpinteros da Coruña. En febreiro de 1917 foi nomeado presidente da Sociedad de Carpinteros da Coruña.

OCAMPO FERNÁNDEZ, Ramón

Detido en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899. Procesado en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

OCAMPO VARELA, Carlos

Capataza do taller de electricidad do Arsenal, morreu o 24 de febreiro de 1931.

OCHOA

En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos. En xaneiro de 1913 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Ferrol.

OCHOTORENA, Marina.

Compañeira de Francisco Iturralde. Profesora da sección de rapaces e rapazas na Escuela Racionalista de Ferrol no curso 1933-1394. Encargada da 1ª Sección en outubro de 1935.

OGANDO LAGE, Jesús.

Na comisión organizadora do Sindicato Agrario y de Oficios Varios de Berdoias-Dumbría en xuño de 1936.

OGEONADA, Felix

En febreiro de 1884 colabora económicamente con “Revista Social” desde A Coruña.

OJEA, Jacinto.

Mariñeiro, membro da comisión encargada do reparto dos subsidios na folga pesqueira de Bouzas en outubro de 1932.

OJEA, José.

Participa na reunión constituinte do SIP de Espasante en maio de 1936. Foi nomeado vocal da primeira xunta directiva.

OJO GONZÁLEZ, Manuel.

Detida en Ribeira en setembro de 1934 pola folga das conserveiras, impuxoselle unha multa de 1.000 pesetas.

OJEDA

Participa nun mitin en Santiago en xulio de 1904, pouco despois foi detido Manuel Constenla, que presidira o acto.

OLIVA

En decembro de 1892 participou nunha conferencia da Federación Coruñesa.

OLIVA, Eusebio.

En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908.

OLIVARES, José

En maio de 1903 José Olivares representou a oficios varios e carpinteiros da Coruña no Tercer Congreso da Federación Regional Española de Trabajadores..

OLIVEIRA, Antoinio de Jesús (?, 1909 – ?)

Anarcosindicalista portugués. Xulgado despois da guerra en Entrimo, por participar na resistencia ao golpe militar.

OLIVEIRA, Manuel.

Secretario do SOV de Noia na súa fundación, en maio de 1932.

OLIVEIRA, Tomás (*)

En marzo de 1914 colaboraba económicamente con “Fuerza Consciente” de San Francisco, desde Laredo-Texas.

OLIVEIRA POUSA, Antonio.

Afiliado á CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Condenado a reclusión perpetua en xulio de 1937.

OLIVER BARCELONA, Vicente “Valencia” (Villajoyosa – ?).

Mariñeiro, membro do SIP de Valencia, residente na Coruña, acusado de ser un dos organizadores da fuga do Monte de San Pedro, en marzo de 1937. Cando a policía foi a buscalo á súa casa, fuxiu despois dun tiroteo, con José Doldán Don. Reclamado pola fuga dos barcos “Esperanza”, “Lourdes” e os “Fragios” en xulio do 37.En xaneiro e marzo de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre” desde a Compañía de Ametralladoras do 236 Batallón, 69 Brigada Mixta.

OLMEDO VALONGO, Augusto.

Detido pola garda civil do posto de Cedeira en maio de 1935 xunto a Mario Rico e outros, por escándalo, ingresou no cárcere de Ortigueira.

OLVEIRA, Francisco.

Nunha lista de milicianos do Sindicato Único “La Progresión” de Erandio, que traballan no pesqueiro “Cántabro Nº 2”, en Euzkadi, no tempo da guerra civil. 28 anos. Da Pobra do Caramiñal. Fogoneiro.

OLVEIRA GARCÍA, Antonio.

Amnistiado na Coruña en decembro de 1922.

OLVEIRA RODRÍGUEZ, Alejandro.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Miliciano da 1ª Compañía do Batallón Malatesta. Da CNT.

OLLS, Enrique.

Acusado de ser un dos promotores da interrupción dun mitin socialista no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, en agosto de 1918.

ONS AGRA, Julio.

Veciño do Couto-Noia, e afiliado da CNT.

ORIA GARCÍA, Pedro

Mariñeiro de Punta Umbría, anarquista, tripulante do “Miguel de Cervantes”. Preso en Ferrol, fusilado na Punta do Martillo o 2 de xaneiro de 1941.

ORDAS, Damián

En outubro de 1932 foi nomeado secretario do Sindicato de Industria Ferroviaria da Coruña, de xeito condicional, pois non estaba presente na xuntanza.

ORDÓÑEZ, Manuela A.

Xulgada en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

ORDÓÑEZ, Francisca “Parraca”.

Xulgada en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

ORDÓÑEZ OTERO, Manuel.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias alistado no Batallón 263.

ORILLE OUTES, Eugenio (Ameixenda, 1911 – ?).

Xornaleiro, afiliado á CNT, evadido do Batallón 111 das tropas sublevadas á zona republicana.

ORLANDESA, Federico

En marzo de 1910 mantén correspondencia con “Tiera y Libertad” desde Vigo.

ORLANDO ARIAS, César.

Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xulio de 1908. Vicesecretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en setembro de 1909. Secretario Exterior en xaneiro de 1910. Delegado na FL da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en outubro de 1916.

ORTEGA, Diego

En xaneiro de 1934 asinanse as bases para a solución do conflicto dos camaeiros de Ferrol, proposta pola Delegación de Trabajo, asinando pola parte obreira Diego Ortega, Arturo Juiz, Antonio García e Francisco Nogales.

ORTEGA NOVO, Josefa.

Detida en xuño de 1921 con outras catro mulleres, acusadas do incendio dun almacén de Hijos de Nicasio Pérez no peirao de Curuxeiras de Ferrol, pola folga dos portuarios, quedaron en libertade en xulio.

OROBÓN FERNÁNDEZ, Valeriano.

Participa nun mitin monstruo no Teatro Rosalía da Coruña en outubro de 1933, polas seis horas para os traballadores da construcción e pola amnistía.

OROSA FRAGUELA, Antonio.

En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos. En xaneiro de 1913 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Ferrol. En febreiro de 1913 participou no mitin organizado polo Grupo “13 de Octubre” de Ferrol contra as leis de residencia e orden social de Argentina. En abril de 1913 informa da creación do grupo “Sin Fronteras” en Ferrol, dando o enderezo de Antonio Orosa en San Pedro, 99. En maio de 1913 mantiña correspondencia con “El Porvenir del Obrero” de Mahón. En decembro de 1918 Eduardo Collado comunica en “Tierra y Libertad” a formación do grupo anarquista “Ni esclavos ni amos” de Ferrol, coa correspondencia a nome de Antonio Orosa en Alonso López, 38. Detido en xulio de 1921 pola morte de Nicasio Pérez, a finais de mes o xuiz dictou o seu procesamento. En maio de 1923 o xulgado interesaba que a súa familia fora atendida nalgún centro benéfico por estar desamparados. Xulgado en decembro de 1924 pola morte de Nicasio Pérez. Estivo case catro anos preso. Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, expulsado en outubro de 1931 xunto a Carpio Fernández e Emilio Portela, acusado de querer pasar o Sindicato á UGT. Puxo unha querella contra Manuel Real Pérez, Francisco Salgado e Manuel Valcárcel Cancela, como directivos do Sindicato.

OROSA RUIBAL, Ramón (Viveiro, 1887)

En outubro de 1917 chegou a Coruña no “Alfonso XIII”, expulsado de Cuba por ter reclamado aos patróns panadeiros pola mala alimentación; natural de Viveiro, de 30 anos de idade.

ORRO, Luis.

Vocal 3º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en maio de 1906.

ORRO, Marcelino.

En xulio de 1931 organiza unha colecta polas víctimas dos sucesos do Convento de San José, na Coruña.

ORRO GONZÁLEZ, José (1912 – ?)

Veciño da rúa do Hospital, multado polo gobernador civil en abril de 1932, como consecuencia dos alborotos nun mitin radical-socialista na Coruña.

ORRO PAZOS, Filomena

Multada en xulio de 1937 con 50 pesetas de multa pola Delegación de Orden Público da Coruña, por facer manifestacións contrarias ao espíritu nacional, con motivo da morte do xeral Mola.

ORTEGA, Diego.

Vocal suplente do Tribunal Industrial de Ferrol en xulio de 1925.

ORTIZ

Neno de Ourense, morto nos incidentes de abril de 1932, “Tierra y Libertad” de Barcelona recollía unha foto súa.

ORTIZ FRANCO, Isidro.

Foi presidente do Sindicato de Empleados y Obreros Municipales da Coruña.

ORTOÑO, Roberto.

Participou nunha manifestación de mineiros de Lousame ao Concello de Noia en agosto de 1935.

OSEIRO, Manuel

Detido por coaccións a finais de outubro de 1894, ao reactivarse a folga dos canteiros na Coruña.

OSORIO

Participou no 1º Congreso Regional Galaico en Vigo en agosto de 1922 como delegado de Carpinteros de Ourense.

OSORIO, J.

Membro do Ateneo Libertario de Ourense en decembro de 1932. Presidiu un mitin no teatro Losada de Ourense en decembro de 1932. Presidiu un mitin de afirmación en Ourense en xulio de 1934.

OSORIO, José J.

En xuño de 1915 a Federación Anarquista Cántabra-Galaica informa dos seus progresos e de que Cesáreo Verdellón e José J. Osorio tentaban reconstituir o grupo “Humanidad Libre” de Ourense. En setembro de 1915 mantén correspondencia con “Los Refractarios” desde Ourense, como J.J.O.

OSUNA PÉREZ, Remigio.

En xaneiro de 1913 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Ferrol. En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”. Candidato da “Liga Popular” nas eleccións municipais de novembro de 1917 en Ferrol, fora militante anarquista. Non saliu elixido. En agosto de 1920 actuou como representante do Centro de Maestranza nun mitin pola folga dos estaleiros.

OTERO

Falou nun acto en Celas de Peiro, organizado polo Sindicato de Peones da Coruña, en novembro de 1931.

OTERO

Membro do Sindicato de Carga y Descarga “El Progreso Marítimo”, recuperandose dun accidente en abril de 1932.

OTERO

En xulio de 1934 foi elixido para integrar unha comisión do Ramo da Construcción polo Sindicato de Canteros encargada de visitar as obras para negociar cos patróns o pagamento dos subsidios.

OTERO

Nunha lista de militantes da CNT da Coruña asasiñados polos fascistas, feita polo Sindicato Nacional del Transporte Marítimo.

OTERO, A.

Paqueteiro de ¡Despertad! en Ferrol en novembro de 1928. Colabora económicamente con “¡Despertad!” de Vigo dende Ferrol en decembro de 1928.

OTERO, Ángel

Membro do Sindicato General de Trabajadores de Vilagarcía, foi votado para secretario xeral, ainda que non foi elexido, en outubro de 1931.

OTERO, Antonio.

Vocal da Asociación Tipográfica de A Coruña en xaneiro de 1924.

OTERO, B.

Colabora nunha suscrición de “El Luchador” desde Vilagarcía en abril de 1932.

OTERO, Domingo.

Militante do Sindicato “Luz y Fuerza” da Coruña, asinou un compromiso coa Asociación Patronal para manter servicios mínimos en caso de folga, en xaneiro de 1920.

OTERO, Eduardo

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

OTERO, Enrique.

Vocal 3º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en maio de 1923.

OTERO, Enrique

Nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Peones da Coruña para negociar co contratista das obras de varios tuneles do ferrocarril a Santiago a subida do xornal en setembro de 1931.

OTERO, Fernando.

Tesoureiro do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en abril de 1933.

OTERO, Hermenegildo.

Ferido cando o incendio no Convento dos Capuchinos da Coruña, fixose unha colecta para el en outubro de 1931.

OTERO, Joaquín

Aparece nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña conservada nos arquivos da policía; enderezo en Marconi, 1, baixo

OTERO, Joaquín.

Vocal do Partido Sindicalista de A Coruña en abril de 1936.

OTERO, José (*)

En xaneiro de 1898 asina un artigo en “La Protesta Humana” de Buenos Aires.

OTERO, José

Tesoureiro da Sociedad de Fogoneros Marítimos y Terrestres da Coruña en novembro de 1901.

OTERO, José (*)

En febreiro de 1927 chegou á Coruña o “Espagne” levando a tres deportados de Cuba: José Acebal, José Otero e Benjamín Martí.

OTERO, José.

Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende Vilagarcía.

OTERO, José

Aparece nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña conservada nos arquivos da policía.

OTERO, José.

Na comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios y Campesinos de Aranga en xuño de 1936.

OTERO, José

En outubro de 1937 participa nunha lista de donativos para “Galicia Libre” colectada entre a 39 Brigada, 154 Batallón, 1ª Compañía, Sector Pardo.

OTERO, José.

Colabora nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

OTERO, Luis.

Maquinista, membro da comisión encargada do reparto dos subsidios na folga pesqueira de Bouzas en outubro de 1932.

OTERO, Manuel

Aparece nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña conservada nos arquivos da policía; enderezo en Concepción Arenal, 1.

OTERO, Manuel.

Nomeado vicesecretario do Ateneo Cultural-recreativo Cariñense en maio de 1934. Detido en setembro de 1934 na folga pesqueira de Cariño.

OTERO, Manuel María

De Betanzos, expulsado de Cuba no “Alfonso XII” en xulio de 1919.

OTERO, Miguel

En novembro de 1938 “Galicia Libre” inclúe unha reportaxe de Miguel Otero como fundador da Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid..

OTERO, Pedro.

Membro da comisión organizadora da Sociedad de Pescadores y Oficios Varios de Mera “El Despertar de la Humanidad” en abril de 1918. Presidente da súa primeira xunta directiva, en maio de 1918. Asina unha peticion ao gobernador civil para a reapertura da sociedade, en xaneiro de 1922. Daquela era presidente da sociedade. Reelexido presidente en marzo de 1922.

OTERO, Ramón.

Acusado de formar parte dun grupo “soviético” da parroquia de Bealo-Boiro, que en xaneiro de 1923 desfixera un viveiro do crego da parroquia.

OTERO, Santiago.

Secretario da Sociedad de Carpinteros de Santiago en febreiro de 1925.

OTERO, Vicente.

Membro da comisión organizadora do Ateneo Cultural-recreativo Cariñense en xulio de 1933. Nomeado presidente na primeira xunta directiva.

OTERO, Vicente.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Cabo miliciano da 2ª Compañía do Batallón Malatesta. Afiliado á CNT. De Rianxo. 32 anos. Do “Avance Marino” de Trintxerpe. Fogoneiro da parella “Artaza”.

OTERO, Vicente

Faleceu en Ferrol en 1951 e “Acción Socialista” denominabao colaborador da resistencia galega. Era obreiro axustador no Arsenal, fora fundador da CNT e pertenceu antes da guerra ao Partido Republicano Progresista. Fora expulsado do Arsenal, e colaborou coa resistencia e cos guerrilleiros.

OTERO ÁLVAREZ, Bernardina

Aparece nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña conservada nos arquivos da policía; enderezo en Puerta Aires, 4, 2º. En decembro de 1931 foi elixida secretaria da Sección de Personal Femenino do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña. En setembro de 1934 foi nomeada tesoureira do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña; enderezo en Zapatería, 14.

OTERO ALVARIÑO, Antonio.

Vocal do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en abril de 1932. Foi presidente do Sindicato de Construcción Litográfica da Coruña en outubro de 1932 e outubro de 1933. Integrou unha comisión do sindicato en outubro de 1933.

OTERO ARMADA, Vicente.

En xulio de 1935 foi nomeado vicesecretario do SIP de Cariño. En xulio de 1936 foi nomeado concelleiro en Ortigueira, por Cariño.

OTERO BARRIO, Francisco.

Asina unha petición ao gobernador civil para a reapertura do local da Sociedad de Pescadores y Oficios Varios de Mera “El Despertar de la Humanidad” en xaneiro de 1922. Secretario da sociedad en marzo de 1922.

OTERO CALVO, Jesús.

Detido na folga xeral de decembro de 1933 na Coruña, cunha pistola.

OTERO CAMPOS, Blandina.

Vocal do Sindicato del Arte Textil “La Primera Coruñesa” da A Coruña en novembro de 1932. Presidenta do Sindicato del Arte Textil “La Primera Coruñesa” da A Coruña en xaneiro de 1933.

OTERO CAMPOS, Jesús.

Vicepresidente do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xulio de 1931. Nomeado vicepresidente do Sindicato de Peones en General da Coruña en agosto de 1931; residía en praza da Cormelana, 8. En xuño de 1934 discútese nunha asamblea do Sindicato as graves acusacións feitas por Jesús Otero contra todas as directivas do sindicato desde 1932, e especialmente contra Manuel Rey; a decisión do Sindicato foi a de quitarlle a voz e o voto por difamara á directiva.

OTERO CASTRO, Joaquín.

En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908. En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres. Detido por atentar contra un esquirol que saía de traballar da fábrica de calzados Senra, na Coruña, en novembro de 1917. En marzo de 1925 era presidente do Sindicato de Constructores Mecánicos de Calzado “El Pensamiento”.

OTERO GARCÍA, Claudio

Nunha listaxe de anarquistas españoles en Cuba feita por Amparo Sánchez Cobos. Procedente de Galiza, de 38 anos, casado, albanel.

OTERO GONZÁLEZ, María (Alariz-Ourense, 1904 – A Coruña, 10-07-1937).

Viuva dun fusilado polos militares na Coruña, acolleu na súa casa aos militantes anarquistas Fernando Caamaño, Carlos Míguez, Jesús Rodríguez, e os irmaos José e Rogelio González. Servíalles de enlace na súa comunicación con Antonio Fournerakis, nas tarefas de reorganización da FAI. O 10 de xulio de 1937 foron descubertos e no enfrontamento resultaron mortos varios dos militantes anarquistas e a propia María Otero.

OTERO JASPE, Antonio.

Secretario da Sección de Mozos de Hoteles do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en abril en xulio de 1933. Presidente en agosto de 1933, marzo de 1935 e xulio de 1936.

OTERO LEIRA, Aquilino.

Afiliado á CNT. Detido o 21 de xulio de 1936 no Concello de Ferrol.

OTERO LÓPEZ, Enrique.

Vocal da Sección de Mozos de Hoteles do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en setembro de 1934.

OTERO LÓPEZ, Luis.

Participa nunha suscripción en prol da “Revista Obrera” dende Vigo en xaneiro de 1929. Vicesecretario do SIP da Coruña. Detido o 23 de novembro de 1932, con ocasión da folga. Despois do golpe foi detido polo Delegado Local de Investigación de Vigo por proferir frases contra Franco e foi liberado despois de 15 días. Fuxido no bou “Tiburón” en agosto de 1938, pasou posteriormente a Barcelona, onde falou pola radio comentando a fuxida.

OTERO MARTÍNEZ, Avelino.

Mecánico de Ferrol. Membro da Logia Francisco Suárez. Grado 2º. Simbólico “Cobas”. Baixa por falta de pago en 1934. Afiliado á CNT. En xulio de 1937 foi detido por axentes da Comisaría de Ferrol por orde do xuiz do 8º corpo de exército, por pertencer a loxias masónicas da cidade; conducido ao castelo de San Felipe.

OTERO MÍGUEZ, Laureano (*)

En marzo de 1915 procesado polo xulgado de instrucción de Cienfuegos polo feito formar parte dun grupo de militantes libertarios que se tiña reunido na rúa de Montalvo en Cruces, para lanzar manifestos chamando á mobilización dos traballadores dos inxenios; foran detidos en febreiro de 1915 e se lles pedía unha pena de un ano e sete meses de prisión por conspiración para a sedición.

OTERO MOSQUERA, Agustín.

En marzo de 1935 representou á Sección de Cocineros Marítimos no Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña. Presidiu reunións do Sindicato en xulio e novembro de 1935.

OTERO MOSQUERA, Daniel.

Nomeado vicepresidente do Sindicato de Peones en General da Coruña o 21 de abril de 1931; residía en Cantera de Eirís. Preside unha xuntanza do Sindicato en abril de 1931. Vicepresidente do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña entre abril e xulio de 1931.

OTERO NAVARRO, Gumersindo.

Tesoureiro do Sindicato Único de Oficios Varios da CNT de Viveiro. Detido despois do golpe fascista, ainda que non foi procesado. Entrou no depósito de Viveiro o 17 de setembro de 1936 e saiu o 21 de novembro.

OTERO OIS, Eugenio (1909 – ?)

Aparece nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña conservada nos arquivos da policía; enderezo en Marconi, 1, baixo. Irmao de Joaquín Otero. En decembro de 1930, secretario do Sindicato de Constructores Mecánicos de Calzado da Coruña. Veciño da rúa Marconi, multado polo gobernador civil en abril de 1932, como consecuencia dos alborotos nun mitin radical-socialista na Coruña. Presidente do Sindicato de Constructores Mecánicos de Calzado “La Igualdad” da Coruña en xuño de 1932. Participou nunha reunión convocada por Villaverde antes do movemento de decembro de 1933.

OTERO OIS, Joaquín (1904 – ?)

En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Constructores Mecánicos de Calzado “La Igualdad” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. Foi secretario do Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña. Nomeado delegado á FLO do Sindicato de Constructores Mecánicos de Calzado da Coruña en abril de 1931. Vocal de Germinal en marzo de 1932. Veciño da rúa Marconi, multado polo gobernador civil en abril de 1932, como consecuencia dos alborotos nun mitin radical-socialista na Coruña. Participou nunha reunión convocada por Villaverde antes do movemento de decembro de 1933.

OTERO OTERO, Enrique.

Vocal 3º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xulio de 1922.

OTERO OTERO, Francisco (Ogrobe-Pontevedra, 1900 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

OTERO PARDO, M.

O 10 de outubro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

OTERO PELETEIRO, Eligio

En xaneiro de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

OTERO PENA, José

De 33 anos, do Muras-Lugo, foi expulsado de Cuba no “Órbita” en setembro de 1935.

OTERO PÉREZ, Paulino (Serantes-Pontevedra, 1909 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

OTERO PRIETO, Gerardo (Ferrol, 1903 – )

Natural de Ferrol, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 16 de febreiro de 1932 e foi liberado o 18 do mesmo mes.

OTERO RUMBO, José

Ou Otero García. Veciño de Orro, morto pos disparos da garda civil en Tarrío-Culleredo, nas eleccións de febreiro de 1936.

OTERO VEIGA, Juan

Procesado en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

OTERO VITRES, Marco Tulio (? – A Coruña, 07-11-1987)

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en San Andrés, Mueblería Barros. O 10 de febreiro de 1933, asinou o regulamento do Sindicato de Oficios Varios y Campesinos con sección cultural de Chan da Aldea, en Carnoedo-Sada. Participou nunha reunión convocada por Villaverde antes do movemento de decembro de 1933, facendo xestións diante dalgúns militantes para ver de aprazar o movemento. Integrouse no Partido Sindicalista. Traballando con Ángel Pestaña para a organización do Partido Sindicalista na Coruña en xuño de 1934. Vicesecretario do Partido Sindicalista de A Coruña en abril de 1936.

OUBIÑA, J.

Colabora nunha suscrición de “El Luchador” desde Vilagarcía en abril de 1932.

OUBIÑA, José G.

Participou na organización dunha reunión de antifascistas galegos na Casa de Galicia de Bilbao en febreiro de 1937, representando á CNT.

OUBIÑA, Manuel.

Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende Vilagarcía. En maio de 1930 é nomeado nunha pequena historia do sindicalismo en Vilagarcía.

OUBIÑA, Manuel.

Vocal da Asociación Tipográfica de Santiago en maio de 1924. Tesoureiro da Asociación Tipográfica de Santiago en novembro de 1932.

OUBIÑA GONZÁLEZ, Antonio.

Afiliado número 113 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias. Delegado da Segunda Sección do BON Galicia polos afiliados á CNT, en novembro de 1936. Morreu a comezos de 1937.

OURILLE, Manuel.

Acusado de formar parte dun grupo “soviético” da parroquia de Bealo-Boiro, que en xaneiro de 1923 desfixera un viveiro do crego da parroquia.

OUTEDO, José.

Vicesecretario do Sindicato de Obreros y Campesinos de la Comarca de Poio e Sanxenxo en xaneiro de 1933.

OUTEIRAL, Benigno (Boiro, 20-7-1899 – ?).

Militante da CNT dende 1935, no Sindicato de Valencia-Grao. Pide o reingreso na CNT en Inglaterra en xulio de 1945.

OUTEIRAL, Francisco

Aparece nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña conservada nos arquivos da policía; enderezo en Juan Flórez, 218, 2º.

OUTEIRAL, José.

Nunha lista de milicianos do Sindicato Único “La Progresión” de Erandio, que traballan no pesqueiro “Cántabro Nº 2”, en Euzkadi, no tempo da guerra civil. 44 anos. De Escarabote. Mariñeiro.

OUTEIRAL, José

En abril de 1938 participa nunha recadación de donativos a favor de “Galicia Libre” organizada por Miguel Vázquez Valiño en Girona. En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Girona.

OUTEIRAL OLVEIRA, Juan.

Nunha lista de militantes do Sindicato Único “La Progresión” de Erandio, que traballan en pesqueiros de Euzkadi no tempo da guerra civil. 39 anos. De Escarabote. Mariñeiro.

OUTEIRIÑO, Antonio F.

O 30 de setembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

OUTERELO ÁLVAREZ, Constantino

En outubro de 1937 participa nunha lista de donativos para “Galicia Libre”. En marzo de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” recollidos na administración do xornal.

OUTERELO PEREIRA, Antonio (Bueu, 1909 – ?).

Mariñeiro. Fuxido en outubro do 36 no vapor “Sagrado Corazón de Jesús” dende a Coruña a Xixón. En Asturias permaneceu embarcado até febreiro ou marzo do 37, que se incorporou ao Batallón 207. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 3ª Compañía. En xuño de 1937 estaba encargado do nomeamento de delegados na súa Compañía; foi relevado por José Fernández Moreda en xulio de 1937. Coa caída de Asturias fixerono prisioneiro e levarono ao campo de concentración de Camposancos. Dalí foi incorporado ao Batallón de Trabajadores 149. Condenado a cadena perpetua en abril de 1941. Na cadea da Coruña en maio de 1942, onde foi visitado por Honorato Martínez Fuster. Tesoureiro do Comité Regional na clandestinidade, fuxiu. En setembro de 1968 figura un Antonio Outerelo Pereiro entre os mortos no naufraxio do “2º Monte San Pedro”, cuxos restos apareceron en Cedeira; era o patrón do buque, veciño de Santa Lucía.

OUTES, Manuel.

Integrou unha comisión de obreiros que foi á Coruña a entrevistarse co capitán xeral, o gobernador e o presidente da Audiencia, para pedir a libertade dos detidos nunha folga, en abril de 1920.

OZÓN, Manuel

En abril de 1892 participa nunha suscrición de “El Corsario” polos anarquistas presos na rexión española.

Call Now ButtonChámanos