Volver á Portada

LLL

L. REY, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

LABADIE, Luis (1908 – ?).

Traballador de “El Noroeste”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Vocal 2º da Asociación Tipográfica en xuño de 1935.

LABANDEIRA, Ramiro

En decembro de 1922 presidiu o mitin organizado na praza de touros da Coruña pola Federación Local Obrera en protesta polos sucesos de Guillarei.

LABORA, Julio

En febreiro de 1917 foi nomeado vicesecretario da Sociedad de Aserradores da Coruña.

LABRADOR, Higinio.

Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908. En agosto de 1908 publicaba un artigo en “Tierra y Libertad” co título “Pro Anarquía”.

LACOMBA, Antonio

Actúa como secretario nunha asamblea do SIP da Coruña en xulio de 1936.

LACRAMPE, Eugenio

Nomeado tesoureiro da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” en xaneiro de 1919; tiña domicilio en Curro, 34..

LADO, J.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935.

LADO, José.

Secretario do Sindicato de Panaderos “La Unión” de A Coruña en marzo de 1923.

LADO, José.

Na comisión organizadora do Sindicato de Pescadores y Oficios Varios de Pindo-Carnota en xuño de 1936.

LADO, Francisco.

Membro da xunta administrativa da Sección “Despertar Marítimo” do SIP da Coruña en abril de 1933. Preside unha reunión do Sindicato no mesmo mes. Vocal da Sección de Marineros no Sindicato de Flota Pesquera “El Despertar Marítimo” da Coruña en decembro de 1935, cando traballaba no vapor “María Esperanza”. Preside unha reunión do SIP da Coruña en xulio de 1936. Asina un artigo titulado “El valor de las mujeres gallegas” en “Galicia Libre” en outubro de 1938, lembrando a súa fuxida un 25 de xuño cara a Brest.

LADO, Victorio (*)

Portuario, deportado de Argentina a finais de 1930.

LADO CARIDAD, Francisco

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Campo da Leña, 47, baixa.

LADO CARIDAD, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Varela Silvari, 2, 1º ou Vioño, 3; tamén en Franja, 30, 1º.

LADO PÉREZ, Benedicto.

Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Cee en novembro de 1933. Veciño de Cee, detido en decembro de 1933 pola garda civil de Cee, acusado de participar na tentativa anarcosindicalista de decembro cortando as liñas telefónicas.

LAENCINA VEIGA, José

Ou Lancina. Ou Vega. Detido en xulio de 1919 na Coruña. Deportado a Ballanás despois da represión na Coruña en 1919. En xulio de 1920 o xulgado dictou auto de procesamento contra el pola morte do vixilante do corpo de policía Tomás Antón; estaba en rebeldía.

LAFUENTE

Na primeira directiva da Federación Comarcal de Campesinos, en San Pedro de Nós, en xulio de 1932.

LAFUENTE, José “GENERAL”

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión directiva da folga, polos mariñeiros. Un dos líderes obreiros da folga xeral do 1º de maio de 1890 na Coruña, segundo “El Correo Gallego”.

LAFUENTE, José.

Membro da Comisión Organizadora do Sindicato de Industria Pesquera y Oficios Varios de O Barqueiro, en xuño de 1936.

LAFUENTE, M.

Participa nunha suscripción a favor do xornal “El Productor” dende Ferrol en xaneiro de 1888.

LAFUENTE, Manuel.

En maio de 1918 foi elixido secretario da Sociedad de Tablajeros da Coruña.

LAFUENTE, Manuel (*)

En marzo de 1927 mantiña correspondencia con “Cultura Proletaria” de New York, desde South.

LAFUENTE NAVEIRA, Juan

En maio de 1931 foi nomeado secretario do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en Silva de Arriba, 1, 1º.

LAFUENTE NAVEIRA, Luis (1919 – A Coruña, 9-10-37).

Carpinteiro da Silva, afiliado á CNT. Co levantamento militar enterrou varios libros do “Resplandor en el Abismo”. Detido na fuga do Monte de San Pedro, en marzo de 1937, foi condenado a morte e executado o 9 de outubro de 1937.

LAGARES, José.

Tesoureiro do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xaneiro de 1932.

LAGE, Juan.

Na comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios “Mar y Tierra” de Escarabote-Boiro en xuño de 1936.

LAGE BALDOMIR, Enrique (A Coruña, 06-04-1912 – ?)

Xulgado en novembro de 1935 despois de ser detido detrás do Asilo,no Orzán, troquelando moedas de 10 céntimos coas inscripcións “CNT”, “FAI”, “FIJL”, “Pueblo rebelate”, “Libertad”; de 23 anos, solteiro, fillo de Pedro Lage Varela e Pilar Baldomir Galán, barbeiro, domiciliado en Monelos, 23, baixo; en abril de 1936 se lle aplica a Lei de Amnistía e se declara extinguida a súa responsabilidade penal.

LAGE DAPENA, Carmen “La Gayola” (Betanzos, 1898 – ?)

Acusada da voadura do Ponte Novo de Betanzos, na carreteira de Betanzos-A Coruña, en xulio de 1936. En abril de 1937 en ignorado paradeiro, fugado dende o comezo do movemento.

LAGE GALDO, José María (Espasante, 1913 – ?).

Mariñeiro. Integra a comisión organizadora do Sindicato de Industria Pesquera de Espasante en abril de 1936. Presidente na primeira directiva do SIP de Espasante en maio de 1936. Detido e interrogado pola fuxida do pesqueiro “Ramón Galdo” en outubro do 36.

LAGE SÁNCHEZ, Manuel (Outeiro de Rei, ? – Lugo, 29-06-37).

Zoqueiro ou camareiro, segundo outras fontes industrial, executado despois do levantamento fascista, o 29 de xuño de 1937, con 53 anos. Acusado de rebelión militar, fuxira da Coruña o 20 de xulio refuxiandose en Candai-Outeiro de Rei, onde fixo propaganda contra o réxime. Tiña antecedentes anarcosindicalistas. Vencellado á CNT. Xulgado na causa 630/37 por rebelión. Ingresara no cárcere de Lugo o 15 de agosto de 1936, despois sai en libertade e foi encarcerado novamente.

LAGE TEIJEIRO, Baldomero.

Militante da CNT de Cariño. Detido en setembro de 1934 na folga pesqueira de Cariño. En novembro de 1935 foi nomeado vocal do SIP de Cariño. Fuxido no “Arkale” do porto de Cariño nos primeiros días do levantamento militar. Despois de chegar a Saint Nazaire separouse dos demáis con Antonio Rodríguez Vázquez, marchando a traballar na vendimia en Bourdeos, até sete meses despois que foron deportados polas autoridades francesas dende Marseille até Valencia. En Levante incorporaronse ao Batallón Nº 14 da 4ª Brigada, sen entrar en combate. Destinado ao Ejército do Centro, en Madrid, foi detido polos comunistas con motivo do levantamento do Coronel Casado. Ao caer Madrid presentouse e foi posto en libertade provisional e pouco despois chegou a Cariño nun camión. En decembro de 1938 reclamado polo axudante de Mariña de Ortigueira, por rebelión militar.

LAGE VARELA, Ramón (?, 1888 – ?).

Membro da Sección de Enfermeros Marítimos do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en abril de 1928.

LAGO.

Participa nun mitin en Caión en abril de 1936.

LAGO, Castor.

Mariñeiro folguista de Vigo, foi detido en outubro de 1903 pola agresión a varios esquirois.

LAGO, Generosa.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

LAGO, J.

En novembro de 1925 fai un donativo para a publicación do “Ideario” de Ricardo Mella.

LAGO, M. (*)

Integrante do grupo “Bresci”, que en xulio de 1902 tentaban transformar en Centro de Estudios Sociales.

LAGO, Perfecto.

Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende A Coruña. Vocal do Sindicato de Carpinteros “La Emancipación” da Coruña para o primeiro semestre de 1929. Contador interino do Sindicato de Carpinteros “La Emancipación” da Coruña en abril de 1929. En novembro de 1930, representa ao Sindicato de Carpinteros da Coruña nunha reunión de delegados para constituir o Comité da CRG, sendo nomeado tesoureiro do mesmo. Na Comisión Revisora do Ramo de Construcción na folga do sector en decembro de 1933.

LAGO, Victorio.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LAGO ALLER, Ramón.

Habilitado do BON Galicia en febreiro de 1937.

LAGO BARBEITO, Jesús “Rabioso”.

Detido a finais de abril de 1917 cando chegaba procedente de La Habana por estar reclamado por estafa; fuxiu nos xulgados e chegou ao porto, onde colleu unha chalana para fuxir cara a Bouzas, foi finalmente detido en Alcabre pola garda civil. Os malos tratos que lle infrinxiron motivaron protestas nas manifestacións do 1º de maio en Vigo que remataron cunha manifestación diante do cuartel da garda civil. Camareiro marítimo, en maio de 1928 asina unha carta ao Inspector de Emigración de Vigo no xornal ¡Despertad!, na que protesta por unha sanción que lle impuxo baixo a acusación de embarcar polizóns no vapor “Sierra Ventana”, cara a Arxentina. Presidente da Sociedad de Lancheros y Boteros de Vigo en xulio de 1930. En 1931 tivo contacto con Abad de Santillán cando este desembarcou en Vigo. Detido en Bouzas polo sarxento Rodríguez antes de 1933. En xulio de 1933 a FL de Vigo e o Comité Pro Presos din que está fora da organización e ten unhas condicións pésimas. En agosto de 1933 Antonio Rodríguez, Manuel Hermida e Julio Cernudas, deportados da Argentina o critican en “Solidaridad Obrera” da Coruña por lucrarse cos cartos que envía da Argentina a Unión de Chauffeurs. En outubro de 1933 Jerónimo rodríguez, secretario da Unión de Chauffeurs de Buenos Aires avala a súa conducta diante das críticas; na súa casa en Vigo refuxiáronse militantes anarquistas deportados da Argentina. Posto ao marxe do movemento por varios grupos libertarios da provincia pontevedresa en outubro de 1934. En outubro de 1934 a Agrupación “Brazo y Cerebro” de Vigo comunica en “Tierra y Libertad” de Barcelona que unha xuntanza de grupos anarquistas de Vigo e bisbarra retirou a confianza a Jesús Lago Barbeito. En xaneiro de 1936 solicita en “Tierra y Libertad” unha xuntanza de compañeiros e grupos para reconsiderar a resolución que tomaran sobre el na súa ausencia.

LAGO CARIDAD, José.

Detido en novembro de 1920 polo petardo colocado no forno de Canalejo; foi posto en libertade sen cargos.

LAGO COMESAÑA, Eduardo.

Secretario da Sección de Chavoleros y Mozos de Campo do SIP da Coruña en setembro de 1934.

LAGO DÍAZ, Jesús (Cedeira, 1905 – Ferrol, 31-05-49).

Zapateiro. Evadido das filas franquistas na fronte asturiana en 1936, no sector de Biedes. O 21 de febreiro de 1937 nun ataque da unidade republicana na que loitaba ao “Pico del Arca”, resultou ferido no brazo dereito. Novamente ferido na fronte de Santander. Coa caída de Asturias en outubro do 37 Lago estaba no Hospital “Patronato Militar Número 2” de Xixón, mais poido iro ao porto do Musel e embarcar nun pesqueiro o 21 de outubro. A embarcación foi apresada polo Cervera, levada a Ribadeo e os seus ocupantes foron enviados a diversos campos de concentración, indo Jesús Lago para o de Camposancos. Evadido do campo de concentración, logrou chegar camiñando até Cedeira, onde se agachou. A súa vida de escapado levouno á actividade guerrilleira, facendo de enlace de guerrilleiros até o ponto de verse implicado na morte do tenente José Torres Santiso. Nunha redada de campesiños da zona de Cedeira, foi detido pola garda civil na súa casa en Sisalde-Esteiro, xunto aos seus irmaos Andrés e Eusebio. No cuartel da garda civil de Ferrol deulle un botellazo a un garda e foi abatido por varios disparos en 1949. O seu cadáver foi abandonado no cemiterio de Catabois.

LAGO FARIÑA, Manuel.

Expulsado de Argentina no “Reina Cristina”, o barco saiu de Buenos Aires o 30 de novembro de 1902; era solteiro, de Pontevedra, panadeiro.Trasladado a inicios de xaneiro de 1903 dende Barcelona cara A Coruña, con Ricardo Alfonsín e Bernardo Bargo, tamén expulsados de Argentina. Un deles era da Coruña, outro de Noia e outro de Ames. Foi detido no inicio de 1903 en Barcelona, reclamado polas autoridades de Lugo. En xaneiro de 1903 foi levado da Coruña para Santiago a disposición do xefe da zona de recrutamente, con Bernardo Bargo.

LAGO FERNÁNDEZ, Victoriano

Foi vocal 2º da Sección de Pescadores a la Parte “La Humanidad Libre” do SIP da Coruña, en outubro de 1932. Presidiu unha reunión da “Humanidad Libre” en novembro de 1932.

LAGO FONTEBOA, José.

Vicesecretario da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en decembro de 1915.

LAGO LAGO, Fernando.

Fundidor, afiliado ao Sindicato Único Metalúrgico. Secretario da sección de Oficios Varios en decembro de 1930. Metalúrxico, membro da comisión encargada do reparto dos subsidios na folga pesqueira de Bouzas en outubro de 1932. Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Vigo, en febreiro e abril de 1933. Detido a comezos de agosto de 1933, acusado de intervir nas explosións na Casa del Pueblo de Vigo e nunha Gabarra de Barreras. Secretario do Comité Local da CNT de Vigo en 1936. Participou na barricada do Calvario, opoñéndose aos que querían saquear o chalet de Núñez. Detido, xulgado e condenado a morte, foi executado ao carón de Jesús Fervenza, Jesús Vilariño e José Fandiño.

LAGO LORENZO, Enrique.

Comisionado pola Sección de Cocineros Cocineras y Similares do Sindicato de Industria da Alimentación da Coruña a Santiago en maio de 1930 e novamente noutra comisión en novembro do mesmo ano. En setembro fora vicesecretario da Sección. Presidente da Sección de Cocineros, en abril de 1931 e xuño de 1932.

LAGO LORENZO, Eulogio (Soutomaior-Pontevedra, 1912 – ?).

Natural de Soutomaior-Pontevedra, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 21 de maio de 1932 por un delito de lesións e atentado, e foi liberado o 25 do mesmo mes.Foi testigo da agresión do concelleiro socialista Manuel Morgado ao militante do Sindicato de Transportes Andrés Porto Franco, en abril de 1933. Preso na Escollera por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol. Detido en xaneiro de 1934, acusado de coaccións e reunión clandestina. Do Sindicato de Camareros de Ferrol. Levarono á Escollera por non haber sitio na prisión de Ferrol.

LAGO LORENZO, Moisés (Soutomaior-Pontevedra, 20-06-1900 – ).

Cociñeiro. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Camareros, Cocineros y Similares “La Paz” de Ferrol no Pleno Regional celebrado na Coruña. Mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona en novembro de 1930, desde Ferrol. Representou ao Sindicato de Camareros y Similares, e Sindicato de Peluqueros y Barberos de Ferrol no Congreso de 1931 en Madrid. Natural de Soutomaior-Pontevedra, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 16 de febreiro de 1932 e foi liberado o 22 do mesmo mes. Ingresou no cárcere de Ferrol o 25 de maio de 1932 por un delito de folga e paro ilegais, e foi liberado o 26 de xuño. Representou aos Sindicatos de Camareros e Dependientes de Ultramarinos de Ferrol no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Militante destacado da CNT en Ferrol. Era xefe de cociña no hotel “Ideal Room”. Detido horas antes do comezo da folga xeral de maio de 1933. Natural de Ferrol, veciño da rúa Magdalena, 12, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 8 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o 5 de xuño. Preso no cárcere do Partido por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol; posto en libertade a comezos de xuño. En xuño de 1933 gobernador civil decretou a súa libertade, despois de ser detidos por estar considerados incursos no delicto de folga sediciosa. Natural de Soutomaior-Pontevedra, veciño de Magdalena, 12, Ferrol. Cociñeiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 26 de agosto de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o 29 do mesmo mes. Detido a finais de agosto de 1933, por 72 horas, a consecuencia da folga de camareiros. Natural de Soutomaior-Pontevedra, veciño de Ferrol. Cociñeiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 12 de decembro de 1933 por un delito de folga ilegal e coacción, e foi liberado o 18 de febreiro de 1934. Detido na folga xeral de decembro de 1933 en Ferrol, foi ingresado no cárcere do partido. Da CNT de Ferrol, conducido cara A Coruña en febreiro de 1934, para ser xulgado polo Tribunal de Urxencia. Xulgado pola Audiencia da Coruña por actuación clandestina de sindicatos en 1934, a causa foi sobresida en xulio dese ano. En outubro de 1934, foi denunciado como participante nunha reunión de militantes anarcosindicalistas que preparou o movemento de decembro de 1933; foi detido por elo. Paqueteiro de “Solidaridad” en xaneiro e febreiro de 1936. Acusado de participar na agresión a tres tenentes de Artillería nos días do levantamento militar. Publicaronse requisitorias en xaneiro de 1937. Cociñeiro, estivo no campo de Argelès, de onde saiu o 4 de decembro de 1939 para a 127 compañía de traballadores.

LAGO PORTELA, Ramón

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en praza Pontevedra, Almacén Ínsua e Vizoso. Detido gubernativo na Coruña en 1938, quedou en libertade en xaneiro.

LAGO REY, José.

Contador do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en outubro de 1933.

LAGO REY, Gabriel.

Estibador, detido en abril de 1910 pola súa participación nos disturbios dos portuarios coruñeses en solidaridade cos folguistas de Xixón.

LAGO TEJERO, Jesús.

Foi vocal do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña, en outubro de 1931.

LAGO VEIGA, Cándida (1906 – ?).

Compañeira do mariñeiro cenetista Cándido Giráldez Coloret. Asasiñada o 13 de abril de 1931 en Moaña, o seu asasiñato quedou impune.

LAGOA, Enrique.

Adica un poema ao militante coruñés Antonio Soto, con ocasión do seu pasamento en xulio de 1891.

LAGOA, Enrique.

En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Camareros Marítimos “La Cosmopolita” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña.

LAGOA, José

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

LAGOA, Juan

Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en outubro de 1938.

LAGOA, Ramón.

Presidiu unha reunión do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en maio de 1934.

LAGOA VALIÑO, Enrique.

Integra unha comisión do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en maio de 1928. Delegado a un Pleno en maio de 1935.

LAIGLESIA, Jesús

Anarquista detido en Silleda en maio de 1900, atopouselle unha bomba. Resistiuse disparando aos gardas, dando unha das balas nun fusil dun garda.

LAIÑO, Francisco.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

LAIÑO LOJO, José (Cures-Boiro, 1899 – Canle das Estibadas-Cabaleriza-Fruime-Lousame, 14-10-1936).

Nalgún lugar sae como Lariño. Estivera emigrado en Argentina. Era membro da CNT e fora a Coruña cos mineiros. Voltara despois de varios días de camiñar polo monte. Falanxistas de Lousame, Noia e Boiro asasinaro no lugar de Cabaleriza-Fruime, en outubro de 1936.

LAMARCA, Matías

En setembro de 1892 asinou unha protesta publicada en “El Corsario” contra os manexos dos republicanos para tentar impedir a publicación dun manifesto anti-electoral na Coruña. En outubro de 1892 participa nunha suscripción a favor de “El Corsario”.

LAMARCA MOLINA, José (1865 – ?).

Carpinteiro. Xulgado en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo. Fai un donativo a “Tierra y Libertad” desde Vigo, en xaneiro de 1905.

LAMAS, A.

Encargouse da dirección do xornal “El Corsario” en decembro de 1891. Pode ser Juan Antelo Lamas. En xaneiro de 1892 asina artigos en “El Corsario”.

LAMAS, Antonio

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

LAMAS, Antonio.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

LAMAS, Antonio

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

LAMAS, Francisco.

Afiliado número 69 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LAMAS, Manuel

De Ferrol, cumpría condena de 22 anos no Penal de San Cristóbal de Pamplona en setembro de 1935.

LAMAS, Rafael.

Nomeado secretario do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en xuño de 1931, cando tivo lugar a súa reorganización. En agosto e novembro de 1931 e marzo, xuño, agosto, setembro de 1932 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde A Coruña. En xaneiro de 1933 comunicaba en “Tierra y Libertad” o seu cambio de dirección a García Hernández, 133. Paqueteiro do diario CNT de Madrid na Coruña, en xaneiro, febreiro, abril e setembro de 1933, e setembro e outubro de 1934. En maio de 1934 vendíanse no kiosco de Rafael Lamas en San Andrés, fronte á mueblería A. Barro, as entradas do concerto da Orquesta Filarmónica Coruñesa organizada pola comisión pro Casa Sindical. Responsable do grupo anarquista “Los Solidarios” da Coruña, creado no verán de 1934. En xuño de 1934 anuncia en “Tierra y Libertad” de Barcelona a decisión dun grupo de libertarios da Coruña de publicar “Brazo y Cerebro”, dando o seu enderezo en García Hernández, 123. Recibe a correspondencia do grupo editor de “Brazo y Cerebro” en xuño de 1934, e serve pedidos e subscripcións.

LAMAS, Víctor.

Camareiro, expulsado da Sociedad de Camareros de Pontevedra en setembro de 1931, xunto a Desiderio Comesaña.

LAMELA, Federico.

Obreiro de Vimianzo, ingresado no sanatorio de Conxo polo seu pai despois de pasar polo cárcere da Coruña. Escribe denunciando a situación no manicomio de Conxo para o diario CNT en outubro de 1933.

LAMELA POLO, Juan (1905 – ?).

Traballador da Imprenta Roel, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

LAMELA RODRÍGUEZ, Alejandro (Xove-Lugo, 27-11-1910 – Toulouse, 15-03-1991).

Lucense. Metalúrxico, ingresou no campo de Argelès o 3 dde xulio de 1940 e saiu o 22 de xaneiro de 1941 para o GTE 412. En outubro de 1947 participa no II Congreso do MLE-CNT en Francia, representando ás FL de Clermont-Ferrand, gerzat, St. Ours Les Roches, Pontaumur, Chatelguyon, La Combella, Billan e St. Eloy Les Mines. Foi secretario xeral do Secretariado Intercontinental da CNT despois de desempeñar cargos importantes no seu propio núcleo, residindo en Clermont-Ferrand. Alí foi animador e responsable do boletín das JJLL, até 1960. Conferencia na Bolsa de Trabajo de Marsella en febreiro de 1968. Delegado da CNT na Alianza Sindical Española (ASE) nalgún momento entre 1968 e 1970. Participou nunha “Jornada Confederal” no Palais de la Mutualité de París, o 20 de abril de 1975, representando á CNT. Secretario xeral do Comité Nacional do MLE no Exilio de 1975 a 1977.

LAMELAS MARTÍNEZ, Modesto “Bicho” (Espasante, 08-08-16 – ?).

Mariñeiro. Participou na resistencia ao levantamento militar. Fuxiu de Espasante no pesqueiro “Ramón Galdo” en outubro do 36. Participou na fundación da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en novembro de 1936, como militante do Sindicato de Industria Pesquera de Espasante. No Batallón Asturias Núm. 19 (Antes Galicia) en xaneiro de 1937. Detido en 1937, coa caída de Asturias, quedou preso no Cerillero. Condenado a reclusión perpetua en agosto do 38.

LAMPÓN, Andrés (? – La Plata-Córdoba-Argentina, 15-12-1959)

Natural de Galicia, militou na FORA e colaborou na fundación de sociedades de resistencia en Buenos Aires e Córdoba. Era un dos poucos supervivintes da represión en Santa Cruz en 1921. Estaba retirado da militancia activa.

LANCINA, José.

Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos.

LANCINA MENÉNDEZ, Andrés.

Presidente da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xulio de 1927.

LANCINA VEIRA, Juan

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

LANDEIRA, M.

En setembro de 1913 colabora economicamente con “¡Tierra!” desde La Habana..

LANDEIRA GÓMEZ, Adolfo

En agosto de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre” como integrante da Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid.

LANDOS, A.

En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos.

LANDROVE, Adolfo

Colabora económicamente con “Galicia Libre” desde Cartagena en decembro de 1937. Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en febreiro de 1938. Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en outubro de 1938.

LANDROVE, Alfonso

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

LANTES FERNÁNDEZ, Manuel (1905 – ?).

Vicesecretario do Sindicato de Empleados de Comercio, Oficina y Banca da Coruña en xulio de 1932. Tesoureiro do Sindicato de Dependientes de Comercio da Coruña, despois estableceuse como industrial. Cotizaba cartos a Ricardo Martín para o sostemento de militantes agachados. Foi detido na caída de Brandariz e Baella, e condenado a vinte anos de cárcere.

LANTES PARDO, Antonio.

Delegado de turnos da Sección de Empaque y Descarga e Buques Pesqueros do SIP da Coruña en maio de 1935.

LAPIDO LAMAS, Pedro.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Atocha Alta, 105 G, 2º. Vocal do Sindicato de Hojalateros da Coruña en xaneiro de 1933. Presidente do Sindicato de Hojalateros da Coruña en outubro de 1935.

LATORRA, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Primero Mayo, 28, 1º.

LATORRE, Tomás

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Progreso, 8, baixo.

LARACHA, Josefa.

Cigarreira da “Nueva Aurora”, agredida por obreiras da “Unión Tabacalera” en novembro de 1919.

LAREO MOAS,José (1872 – ?).

Carpinteiro. Xulgado en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

LASÍN, Ildefonso.

Chegou de Catalunya para intervir no Congreso da Paz de Ferrol a finais de abril de 1915.

LASO, Florián.

Afiliado número 30 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LASTRA, Consuelo

Xastra, en xuño de 1890 asinaba en “El Correo Gallego” unha carta de modistas e xastras de Ferrol pedindo a rebaixa da xornada de traballo.

LATA LOURES, Andrés (Ferrol, 1914 – )

Natural de Ferrol, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 21 de maio de 1932 por un delito de lesións e atentado, e foi liberado o 25 do mesmo mes.

LAUREIRO RIEL, Ángel.

Alta na F.L. de Metz-Moselle no segundo semestre de 1949. Viña de España, e estivera afiliado ao Sindicato de Construcción de Vigo.

LAURO GARCÍA, Felipe.

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Noia. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

LÁUZARA GARCÍA, José.

Detido en xulio de 1921, acusado de celebrar reunións clandestinas na casa que compartía coa súa muller Herminia Moraño na Coruña, nalgunha das cais intervira Manuel Montes.Falou nun mitin de afirmación da CRG no Teatro Linares Rivas da Coruña en outubro de 1931. Intervén nun mitin organizado polo Sindicato de Peones da Coruña en Ordes e un mitin en Betanzos, en novembro de 1931. Fala nun mitin no Rosalía, xunto a Moreno e Villaverde e noutro en Eirís en decembro de 1931. Mitins no Teatro Principal de Pontevera, Ogrobe e Ferrol en xaneiro de 1932. En xaneiro de 1932 participaban José Moreno Torres, pola FLO, José Láuzara García, por Oficios Varios, Jacinto Méndez, Francisco Llerena e Miguel Navarro, pola Federación Ferroviaria, e Francisco Durán, ferroviario nun mitin do Sindicato de Industria Ferroviaria no Rosalía de Castro en protesta contra as manifestacións do Ministro de Obras Públicas contra a clase. Participou nun mitin sindical no teatro Jofre en xaneiro de 1932; tamén nunha conferencia na Federación de Sindicatows de Ferrol. Mitin no Tamberlick en Vigo xunto a Eduardo Collado, Gumersindo Rodríguez e Avelino Gonzalez en xulio de 1932. Participa nun mitin da CRG na Coruña en xaneiro de 1933 e aos poucos días noutro en Meirás. Participa nun mitin en Borroa a finais de marzo e noutro en Ordes en abril de 1933. Nun mitin da Asociación de Inquilinos a comezos de xuño de 1934.

LÁUZARA SANTIAGO, Jesús (Noia, 1914 – ?).

Zapateiro. Cabo do desaparecido Regimiento de Simancas. Cabo do BON Galicia en decembro de 1936, foi procesado por un xulgado militar en Xixón.

LAVADORES RODRÍGUEZ, Laureano.

Nunha lista de galegos que traballan en pesqueiros de Euzkadi no tempo da guerra civil. 19 anos. Fogoneiro do vapor “Eugenio”.

LAVANDEIRA.

Falou polos estucadores no mitin pedindo o indulto do cabo Sánchez Barros, na praza de touros da Coruña, en agosto de 1923.

LAVANDEIRA, Ramiro

De albañiles, en xulio de 1934 participou nunha asemblea do Ramo da Construcción polo tema dos subsidios de enfermidade e retiro obreiro.

LAVANDEIRA, Ricardo.

Militante sindicalista, traballador dos estaleiros de Barcón, en Xubia. Buscado pola policía en xuño de 1920 acusado de ferir a un militante socialista nunha liorta, en Ferrol.

LAVANDEIRA PÉREZ, Jesús “Ladrillo”, “Dapena” (Vilariño-Vilasantar, 06-04-1906 – ?).

Militante da CNT de Betanzos, da que foi presidente en 1935. Cando o golpe de estado participou no desarme do crego Eliseo Barro e andivo pola parroquia de Coirós recollendo armas. Detido o 30 de agosto de 1945 en Mondoi, ingresou no cárcere de Betanzos e posteriormente levarono ao da Coruña. Segundo confesou á garda civil tivera algún trato superficial con Foucellas e Manuel Torres, ainda que as autorideades sospeitaban que estivo con “Foucellas” cometendo diversos atracos en Betanzos, Curtis e Vilasantar. Despois separouse da partida de “Foucellas” e tiña unha partida na que estaban tamén Manuel Naveira Barallobre “Liso”, José Pedreira Valeiro “Casagrande”, Constantino Redondo López e Manuel Bermúdez N. Sometido a consello de guerra en setembro de 1946, foi condenado a 20 anos de cárcere. Cumpliu a condena no Dueso-Santoña. Liberado en outubro de 1953

LAVANDERA, R.

Paqueteiro ou suscriptor de “Tierra y Libertad” en Vigo, que lle adebedaba cartos en xulio de 1908.

LAVANDERA FERNÁNDEZ, Ramiro.

Membro do Comité de Obreros Parados en xaneiro de 1932.

LAYA, Manuel

Nun mitin celebrado na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901 leuse unha carte del entre outros presos do cuartel de Alfonso XII.

LEA GARCÍA, Ramón (? – A Coruña, 11-07-37).

Secretario da Sociedad de Obreras y Obreros de la Fábrica de Cerillas de A Coruña en xaneiro de 1917. En xaneiro de 1918 a Sociedad de Cerilleras negociaba a súa readmisión na fábrica de cerillas da Coruña. Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Moreno Barcia, 41; tamén en Muro (Sección Camionetas). Chófer, militante do Sindicato de Transportes. Acusado de participar na tentativa de fuga na motora “Sisargas” dende A Coruña, en marzo do 37. Condenado a morte en maio do 37.

LEA SANDAL, Jesús.

Vocal da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en novembro de 1933.

LEAL, Ángel.

Ebanista. Dona cartos a “Tierra y Libertad” dende Ferrol en xaneiro de 1905. En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos. En xaneiro de 1913 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Ferrol. En febreiro de 1913 participou no mitin organizado polo Grupo “13 de Octubre” de Ferrol contra as leis de residencia e orden social de Argentina. En febreiro de 1915 asina unha subscripción para enxugar o déficit de “Solidaridad Obrera” de Barcelona. En febreiro de 1915 participa nun mitin antiguerreiro no Teatro Romea de Ferrol. En decembro de 1915 “Acción Libertaria” informa das protestas en Ferrol polas detencións a consecuencia da folga de descargadores e da súa participación nun mitin o 25 de novembro. Vivía no barrio de Canido. Participa no mitin do 1º de maio de 1930 en Ferrol. Mitin pro presos en Ferrol en setembro de 1930. Mitin sindicalista en Ferrol en outubro de 1930, xunto a Villaverde, Fandiño, Rico e Pestaña. En agosto de 1931 interven nun mitin de afirmación sindical no Teatro Jofre de Ferrol. Interveu nunha asamblea mitin no Teatro Jofre de Ferrol sobre o problema do paro en maio de 1932. Interveu nun mitin pro-amnistía e de afirmación sindical no salón Cinema de Ferrol, a finais de outubro de 1933.

LEAL, Manuel.

Cotizante da CNT en Xuvia cara a 1947, integrante do grupo sindical de Embarcaciones Menores do Ponto, fuxido.

LEAL, Modesto

En novembro de 1905 asina un comunicado dos tabaqueiros de Tampa.

LEAL LÓPEZ, Rogelio (?, 1899 – ?).

Veciño de Piñeiros-Narón. Armador. No exilio usou o nome de Miguel Fernández. Nomeado membro do Comité Regional Galaico de la Metalurgía y Siderurgia, establecido en Ferrol, en marzo de 1933. Detido a finais de xaneiro de 1934 en Neda por participar nunha reunión clandestina, foi levado á Escollera. Detido o 4 de xuño de 1934, acusado da colocación de explosivos na vivenda de Mr. Roberts, en Narón. Trasladado dende a Escollera a Coruña o 28 de xuño, foi liberado a comezos de xulio, ao quedar sobreseida a causa. Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Ferrol en novembro de 1935.Representou ao Sindicato de Industria Naval de Ferrol no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935. Secretario do CR FAI en abril de 1936. Vencellado ao Comité da CRG no exilio, en Toulouse, en 1945. Colabora dende Saint Pierre Quilbignon nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946. “Roque” Gantes daba noticias súas a Vázquez Valiño no verán de 1947.

LEAL LEAL, Joaquín (ou Roberto) (Narón, 1898 – )

Natural de Narón, veciño do Val-Narón. Ingresou no cárcere de Ferrol o 10 de xuño de 1932 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o 11 de xuño.

LEAL TENREIRO, Juan

Metalúrxico, estivo no campo de concentración de Argelès até o 17 de novembro de 1939. Colabora dende Saint Pierre Quilbignon nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo e para soster ao Secretariado da CRG, en agosto de 1946.

LEDO, Manuel (*)

Empregado da Quinta “La Benéfica” do Centro Gallego, ameazado por posicionarse a favor dun empregado que fora despedido por non saudar a un superior.

LEDO LIMIA, José (Gaspar-Baños de Molgas-Ourense, 30-08-1900 – Ourense, 25-05-77).

Militante anarcosindicalista ourensán. Cara a 1915 emigrou a Rio de Janeiro cuns tios seus, pasando despois a Argentina, Chile, Uruguay e Perú. De volta en Vigo, foi detido e alistado forzosamente para combatir na guerra de África. Entre 1921 e 1925 no exército en Marruecos, como artilleiro, desenvolvéndose por Ceuta, Tetuán, Larache e Melilla. Cara a 1925, nova emigración a La Habana. En 1926 estivo en México, pasando pouco tempo despois a Seraton-Pensylvania, onde coñeceu ao médico naturista e militante anarquista Antonio Guede Quintas; deportado polo seu traballo de propaganda contra a execución de Sacco y Vanzetti. En Madrid traballa na creación do Ateneo de Divulgación Social, nos tempos da dictadura de Primo de Rivera e posteriormente embarca como mariño mercante da Compañía Trasatlántica, de Barcelona. Como tal, exerceu de correo entre os xornais “La Protesta” e “Tierra y Libertad” e colaborou no paso de polizóns de América a Europa e viceversa. En Madrid militou no Sindicato Gastronómico. En 1934 foi condenado á pena de morte, conmutada pola de 30 anos, saindo en libertade en febreiro de 1936. En marzo de 1935 escribíalle a Campio Carpio desde o cárcere Modelo de Madrid, galería 542; pedíalle que lle escribira á súa compañeira Julia. Nos primeiros meses da guerra civil ocupou o cargo de Delegado Sindical da CNT na “Columna Gallega” que loitaba na fronte de Madrid. En novembro de 1937 asinaba un artigo en “Galicia Libre” sobre Fosco Falaschi Pellegrini e posteriormente outros sobre Martín Rodo e Antonio Guede Quintas. Na necrolóxica de Antonio Guede lembraba que era como el natural de Gaspar-Baños de Molgas; tamén que en 1924 Antonio Guede pagoulle a viaxe a Estados Unidos a José Ledo e outros dezaseis galegos. Os últimos tempos da guerra civil pasounos en Barcelona, formando parte do Servicio de Investigación Militar (SIM). Coa caída de Catalunya pasou a Francia por Camprodon, sendo internado sucesivamente en Argelés, Barcarés, Saint-Cyprien e Arles-sur-Tech. Pasou a fronteira o 5 de marzo de 1939 por Camprodon, e foi separado de Julia. En marzo de 1939 escribía a Campio Carpio desde Argeles-sur-mer; estaba na 22 grupo de asalto, 87 compañía, campo 8 de Argeles-sur-mer. Reclutado tamén para as compañías de traballadores extranxeiros, no departamento de Deux-Sevres. Mentres, a súa compañeira Julia residía en Orleans. En 1940 chegou a Santo Domingo e posteriormente, en 1962, pasou a México por Veracruz. Tentara marchar á colonia organizada por John dos Passos en Ecuador, mais non foi aceptado. En 1965 entrou clandestinamente en Portugal, mais tivo que sair, perseguido, novamente a México. Nos anos 70, viviu coa súa compañeria Julia entre México, A Coruña e finalmente Ourense, sen atopar acougo pola incomprensión da súa familia galega. Morreu nun asilo de ancianos. Incansable na súa relación epistolar, estivo en contacto con militantes da talla de Paul Reclús, Guerra Junqueiro, Odón de Buen, e moitos outros, a maioría militantes libertarios galegos como el.

LEDO LIMIA, Fernando (Paderne, ? – ?).

Irmao de José Ledo Limia. Era concelleiro socialista de Ourense en 1936. Estivo agachado dende 1936 até 1945, cando se entregou.

LEDO LIMIA, Marcelino.

Detido o 24 de xulio de 1936 en Lugo. Era directivo da Federación Nacional de Empleados y Obreros de Patróleos.

LEGAZPI MOSQUERA, Dositeo (1911 – ?)

Veciño de Río de Quintas, multado polo gobernador civil en abril de 1932, como consecuencia dos alborotos nun mitin radical-socialista na Coruña.

LEIRA, Leonor

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Papagayo, 4.

LEIRA CARPENTE, Antonio (Pontedeume, 1912 – ?).

Mariñeiro do “Cabo San Agustín”, afiliado á CNT, preso no campo de concentración de Karaganda en 1948. Devolto a España, en 1954, xunto aos repatriados da División Azul.

LEIRA PORTELA, Ricardo.

Vicesecretario do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en novembro de 1932.

LEIRAS BUJÁN, Antonio.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Avenida J. Lombardero, baixo, frente ao 24. Secretario do Sindicato de Hojalateros da Coruña de outubro de 1935 a marzo de 1936.

LEIRO, Juan.

Delegado da Sección de Enfermeros Marítimos do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña na FLO, en xaneiro de 1922.

LEIRO, Manuel

En outubro de 1937 participa nunha lista de donativos para “Galicia Libre” colectada entre a 39 Brigada, 154 Batallón, 1ª Compañía, Sector Pardo.

LEIRO ANIDO, Luis.

Contador da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en maio de 1906. Cobrador do muelle da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xuño de 1908. Tesoureiro da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xulio de 1910.

LEIRO LORENZO, Juan.

Segundo Manuel Fernández, un dos principais responsabeis do quincenario libertario coruñés “Acción”, cara a 1908. En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona, e foi dictado o seu procesamento por pegar un pasquín libertario. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908. En outubro de 1908 no grupo iniciador do xornal “La Acción”, que comezaría a publicarse a inicios de novembro. Membro do grupo editor do xornal “La Acción” da Coruña, asina unha carta comentando que o xornal cesa a súa publicación no número 3, por falta de apoio, en marzo de 1909. En novembro de 1917 José Ribera, de Lleida, quería contactar con el.

LEITES, Adolfo.

En maio de 1936, vicepresidente do Sindicato de Pontecesures, afin ao Partido Sindicalista.

LEJIDO, Gregorio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en San Andrés, 16-18, baixo.

LEMA, Elisa.

Tesoureira da Sociedad de Obreras del Macelo da Coruña en agosto de 1918.

LEMA GÓMEZ, Jesús (1904 – ?).

Traballador de “El Ideal Gallego”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Contador da Asociación Tipográfica en maio de 1931.

LEMIÑA.

Mitin en Porto do Son en maio de 1936. De Porto do Son. Estivo detido con José Maneiro Teira no cárcere do Espírito Santo-Noia; posteriormente foron liberados e marcharon nun barco cara a Asturias, máis alí foron detidos.

LEMUS PÉREZ, José.

Secretario xeral do Sindicato de Oficios Varios de Ponte do Porto.

LEMUS RIVAS, Federico.

Presidiu unha reunión da Sección de Empaque y Descarga e Buques Pesqueros do SIP da Coruña en marzo de 1936.

LENCE, Diego

En outubro de 1895 “La Idea Libre” publica o seu texto “¿Qué hace la ciencia?”, procedente de “Del derecho a la vida” (unha das partes de “Apuntes sociológicos”), e en novembro publica “Monólogo burgués”. En novembro de 1895 “La Idea Libre” fai unha reseña de “Apuntes sociológicos” de Diego Lence, que foi publicado pola Biblioteca Ácrata de Barcelona, pola negativa de dúas imprentas de Galicia a editar o traballo. En decembro de 1895 “La Idea Libre” informa de que “Ciencia Social” publica no seu terceiro número o traballo “Aspectos económicos de la cuestión social” de Lence. En xaneiro de 1896 “La Idea Libre” mantén correspondencia con D.L. de Vigo arredor dun orixinal extraviado.En novembro de 1913 figura en “Acción Libertaria” un artigo titulado “El ‘compañero’ Dios: sofismas religiosos”, asinado como D.L. Tierra y Libertad” publica o seu texto titulado “Monólogo burgués” en maio de 1918.

LENCE, M.

En novembro de 1925 figura nunha lista que “Faro de Vigo” publica das persoas que van adquirir o “Ideario” de Ricardo Mella.

LENCINA MENÉNDEZ, Andrés

Detido en agosto de 1920 na Coruña na vaga represiva polos sucesos que derivaron na morte dun policía e un cabo de seguridade, acusado de agredir a un obreiro da colla nova. Ingresou no cárcere a disposición do gobernador civil.

LENCINA VEIGA, José.

Buscado en xulio de 1920 na Coruña por estar implicado nos sucesos que derivaron na morte dun policía. Foi detido nos días posteriores. Xulgado en rebeldía en novembro de 1923.

LENDOIRO, Félix.

Integrou a comisión de obreiros coruñeses que fixeron xestións para erixir un monumento conmemorativo dos sucesos de maio de 1901, figurando como tesoureiro da mesma.

LENDOIRO GARCÍA, José

En marzo de 1928 foi nomeado vogal do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en San Roque de Afora, 10.

LENDOIRO RIVAS, Jesús.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Molinos, 17, baixo. Foi presidente do Sindicato de Empleados y Obreros Municipales da Coruña. Vocal do Sindicato de Obreros y Empleados Municipales de A Coruña en novembro de 1935.

LEMOS, José M. (*)

Nunha listaxe de individuos sospeitosos de ser militantes anarquistas e ameazados de expulsión de Argentina en febreiro de 1903.

LEMOS PAIS, Rogelio (Riveira-A Coruña, 1908 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

LEMOS SOLIÑO, Anselmo.

Vocal de “La Alianza Marinera” de Cangas en marzo de 1933.

LEMUS RIVAS, Julio.

Contador do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en setembro de 1930. Presidiu reunións do Sindicato en marzo e novembro de 1933.

LENS, Antonio.

Envía unha tarxeta de adhesión ao mitin Pro-Amnistía do Teatro Rosalía, o 29 de marzo de 1931.

LEÓN, Leonardo

En xaneiro de 1922 publica un artigo no xornal “¡¡¡Tierra!!!”como integrante do grupo “Mata Cuervos”, aparentemente da Coruña.

LEÓN, Lisardo de

En agosto de 1913 Lisardo de León mantiña correspondencia con “Acción Libertaria” desde Parada de Ventosa-Muiños.

LEÓN ENCISO, Ventura

Profesor da escola laica da Coruña, da unha conferencia alí a inicios de xuño de 1890. En xulio de 1891 membros do grupo redactor de “El Corsario” asistiron aos exámenes de fin de curso, abertos cunhas palabras do profesor Ventura León Enciso. En agosto de 1891 anúnciase en “El Corsario” a reanudación das clases da escola laica en setembro, podendo os pais matricular aos seus fillos dirixíndose a Ventura León Enciso, en Orzán, 22, principal. En setembro de 1891 “El Corsario” anunciaba as clases para adultos nos locais da escola laica en Orzán, 88, a cargo de Ventura León Enciso. En xulio de 1892 tiña a cargo os exames da escola laica.

LEÓN JORDÁN, Luis “Capitán Centellas”

En maio de 1938 “Galicia Libre” publica un artigo sobre el (con fotografía), capitán na 138 Brigada, natural de Vigo.

LESTA, Francisco.

Vocal da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en decembro de 1917. Secretario da Sociedad de Empleados de Consumos da Coruña en novembro de 1919.

LESTA MEIS, María

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderez en canteira de Eirís, 1º.

LESTAYO, Manuel (*)

En agosto de 1913 era secretario do exterior do Sindicato Obrero de Ciego de Ávila.

LESTEGÁS, Francisco (*)

En agosto de 1913 foi secretario dunha xuntanza do Centro Internacional de Cocineros de La Habana.

LESTÓN

En marzo de 1936 “Avance Marino” informa de que foi nomeado membro dunha comisión revisora en representación dos maquinistas.

LESTÓN, Ramón

En xaneiro de 1936 publicaba un artigo no “Avance Marino”.

LESTÓN ROMERO, Antonio.

Fogoneiro, traballador da Colla do Sindicato Pesquero de Xixón, compoñente do grupo “Actividad” da FAI en 1937. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias na primaveira de 1937. En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Valencia.

LESTÓN ROMERO, Francisco (?-A Coruña, 06-03-10- ?).

Mariñeiro, da CNT, casado, fillo de Felipe e Ramona, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en setembro de 1936 e foi soldado nel. Afiliado número 100 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LESTÓN ROMERO, Melquíades (Porto do Son, 1905 – ?).

De Porto do Son. Representa ao Personal de Cubierta do Sindicato de Derivados de la Pesca de Xixón no Pleno Nacional da FNIP de 12 de outubro de 1933. Representa aos Sindicatos de Industria Pesquera de Xixón e Candás no Congreso da FNIP de Zaragoza en maio de 1936. Mitin en Porto do Son en maio de 1936. Un dos fundadores da Agrupación de Gallegos Libertarios en Asturias a comezos de 1937. Foi nomeado Delegado de Mar e de Propaganda Escrita na Asamblea da Agrupación Confederal Galaica no Cine Roxy de Xixón o 17 de xaneiro de 1937. No Batallón “Galicia”, compoñente do grupo “Actividad” da FAI de Xixón en 1937. Asiste a unha reunión do Comité da Agrupación Confederal Galaica en febreiro de 1937, como contador do mesmo. A partir de febreiro de 1937 asume tamén as funcións de tesoureiro, pola reestructuración da Agrupación ao pasar Penido, Moreno e Carballo a ocupar cargos no BON Galicia. Delegado de Flota Mayor no Comité de Industrias Pesqueras en Xixón. Comisionado a Candás polo secretario do SIP de Xixón para salvar a vida dun armador e do seu fillo, que ían ser detidos e fusilados. A comezos de novembro de 1937 en Barcelona, onde participa nunha reunión de militantes da CNT de Asturias, para tratar o tema da caída do frente norte. Secretario de cultura da Agrupación de Gallegos Libertarios de Valencia en marzo de 1938. En agosto de 1938, “Galicia Libre” informa (con fotografía) que era secretario do Comité Central da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios, en Valencia; no mesmo número publica un artigo desde Valencia. En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Valencia. En novembro de 1938 abre o segundo Congreso da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. Preso no penal de San Miguel de los Reyes, alí dirixiu o boletín “CNT”, até a súa saída en libertade, en decembro de 1945. Morreu en Túnez.

LESTÓN ROMERO, Ramón.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias afiliado á Federación de Grupos de Xixón.

LEVOL

Participou no mitin anarquista realizado na Coruña en lembranza dos mártires de Chicago, en setembro de 1893.

LIBERATA”

O 20 de setembro de 1937 asina unha poesía no primeiro número de “Galicia Libre”; nos seguintes números tamén contribúe con poesías.

LICES TURIÑO, Eladio

En decembro de 1937 e xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, agosto (con fotografía), setembro, outubro, novembro, decembro de 1938 asina narracións en “Galicia Libre”.

LIMA, Custodio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

LIMA PÉREZ, Lino (Vigo, 14-12-1911 – ?).

Fresador, participou nos traballos de reorganización da CNT en Vigo, como cotizante. Procesado na causa 156/47, pedironlle 1 ano de cárcere e foi condenado a 1 ano e 6 meses.

LINARES DÍAZ, Antonio.

Afiliado número 381 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, combatindo en Asturias no 3ª B. Pesada en xuño de 1937.

LINARES DIÉGUEZ, Antoniio.

Maquinista naval, natural de Chantada. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias de marzo a maio de 1937.

LINARES PARADA, Luis.

Vocal do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en abril de 1934.

LINARES RIVAS, Maximiliano

En decembro de 1884 defendeu a Antonio Seoane Mantiñán e “La Lucha Obrera” no xuizo por inxurias a Enrique Zargüeta.

LINES VALEIRO, Julio.

Vocal da Sociedad de Peluqueros de Santiago en febreiro de 1925.

LIÑARES, Jesús.

Vocal do Sindicato de Obreros Panaderos da Coruña para o ano 1929.

LIÑARES SANTOS, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en San Andrés, 134.

LIÑEIRA FRAGA, Delfino (? – A Coruña, 11-07-1937).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Kiosco Villaverde; tamén en estrada da Pasaxe, I, 5º esq. Do Sindicato de Tranviarios da Coruña. En maio do 31 tesoureiro do Sindicato de Tranviarios. Colaborou nunha suscripción para os folguistas da Telefónica en outubro de 1931. En abril do 32, delegado do Sindicato. Preso na Coruña pola folga revolucionaria de maio de 1933. En outubro de 1933 era o secretario do seu sindicato. Detido en maio do 1933 por folga ilegal. Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935. Acusado de participar na tentativa de fuga na motora “Sisargas” dende A Coruña, en marzo do 37. Condenado a morte en maio, foi fusilado o once de xulio do 37.

LIÑEIRA GARCÍA, Manuel.

Detido en Ferrol en maio de 1921, no transcurso da folga do porto, acusado de coaccións. Foi liberado aos poucos días.

LISTA CARDALGO, Jesús.

Vocal de Patronos na xunta directiva do “Despertar Marítimo” en setembro de 1934.

LISTA PASTORIZA, Manuel (*)

En abril de 1917 avisábaselle de que tiña correspondencia no local da Unión en New Orleans.

LISTE, Antonio.

Sospeitoso de participar no movemento de decembro de 1933 en Bertoa-Laracha, non foi detido.

LISTE ARANGÜENA, Serafín.

Dende Compostela, relacionase co Comité Nacional das FIJL, en marzo de 1933. En xuño de 1934 era secretario do Sindicato de Metalúrgicos de Santiago y sus Contornos, que mantivo un conflicto co patrono Juan Franco da Fábrica de Fundición. En agosto de 1934 comenta en “Solidaridad Obrera” da Coruña o conflicto da fábrica de fundición en Santiago.

LIZANO

En marzo de 1914 participou nun mitin polos presos políticos e sociais organizado polo Ateneo Obrero Sindicalista de Ferrol.

LLANES SANZ, Eladio

Detido en outubro de 1934 nunha reunión clandestina na taberna “Padre Benito” da Rúa Nova de Compostela. Sospeitoso de participar tamén no movemento de decembro de 1933.

LLANO COTROFE, Marcelino (Ferrol, 1912 – Kasserine-Tunez, 22-04-1945)

En marzo de 1922 estaba na escola de Caranza e colaboraba nunha suscripción para os nenos rusos. En agosto de 1930 foi admitido ao examen da convocatoria de aprendices maquinistas; tiña o seu domicilio en Calle Nueva de Caranza, 47. Ingresou no corpo de maquinistas en outubro de 1931. En novembro de 1931 foi nomeado alumno maquinista e o chamaron para presentarse na Academia de Ingenieros y Maquinistas. Destinado a facer prácticas nos buques da Escuadra en xaneiro de 1934. En marzo de 1936 foi pasaportado para Cartagena, destinado aos buques en construcción, era terceiro maquinista. Era militante da CNT e resistiu á sublevación no “Libertad”. Segundo os irmaos Moreno, era dirixente do Comité Revolucionario do “Libertad”, anarquista destacado. En novembro de 1937 foi ascendido de terceiro maquinista a tenente. En xuño de 1939 tiña enviado unha foto á súa nai desde o campo de refuxiados de Mehri-Jebbes. En Outubro de 1980 foille concedida unha pensión á súa viuva Isabel Navarro Jiménez; previamente, en febreiro de 1980 se tiña disposto o pase de Marcelino Llano á situación de “retirado”, aos únicos efectos do sinalamento da pensión da súa viuva.

LLEDÓ MARTÍNEZ, Francisco.

En abril de 1916 era secretario do Sindicato Obrero de Carga y Descarga del Puerto de Cartagena “La Igualdad”. En abril de 1917 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” desde Cartagena. Esperantista da Graña-Ferrol, en 1929 e 1935. Electricista. En xuño, xulio, agosto, setembro, novembro e decembro de 1931 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde A Graña. En febreiro, marzo, abril, agosto, novembro e decembro de 1932 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” desde A Graña. En marzo de 1933 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” desde A Graña.

LLERENA QUESADA, Francisco (?, 1900 – ?)

Vasco, chegou ao final da década dos vinte destinado pola Compañía del Norte de Ferrocarriles para a que traballaba. Nun principio estivo afiliado ao Sindicato Nacional Ferroviario (U.G.T.) mais posteriormente crea con Calderón e Jacinto Méndez o Sindicato de Industria Ferroviaria da CNT. En maio de 1931 solicita autorización para a celebración dunha xuntanza de ferroviarios para constituir o Sindicato de Industria; tiña domicilio en Cubela, 14. Nomeado secretario do Sindicato Ferroviario da Coruña, cando foi fundado, a finais de maio de 1931. En outubro de 1931 era secretario do Sindicato de Industria Ferroviaria. O 31 de outubro de 1931 o comisario xefe do Corpo de Vigilancia da Coruña comunicaba ao gobernador civil da Coruña os traballos de organización da FNIF, denunciando as promesas incumpridas de aumento de salarios; destacaban na propaganda Jacinto Méndez, José Calderón e Francisco Llerena, empregados nas oficinas, e o factor de pequena velocidade Rúa. Secretario da Subsección Coruña da Federación Nacional Ferroviaria en novembro de 1931. Foi un dos novos cadros que desprazaron a Villaverde do Comité Regional. En xaneiro de 1932 era secretario do Sindicato de Industria Ferroviaria. En xaneiro de 1932 participaban José Moreno Torres, pola FLO, José Láuzara García, por Oficios Varios, Jacinto Méndez, Francisco Llerena e Miguel Navarro, pola Federación Ferroviaria, e Francisco Durán, ferroviario nun mitin do Sindicato de Industria Ferroviaria no Rosalía de Castro en protesta contra as manifestacións do Ministro de Obras Públicas contra a clase. Vocal de Germinal en marzo de 1932. Cese reglamentario no posto de secretario do Sindicato Ferroviario en maio de 1932, nesta data integra unha comisión para estudar a orde do día do Pleno Regional de Ferrol. Mitin en Arteixo en xaneiro de 1933, organizado polo CES “Resplandor en el Abismo” da Silva. En decembro de 1933 participou na intentona insurreccional tentando asaltar o cuartel da garda civil de Oleiros, no que resultou morto. Encabezaba un grupo de 60 a 65 homes que asaltaron a casa-cuartel de Oleiros. Estaba casado con Esther Macías e tiña dúas fillas. En xuño de 1935 o xornal “Solidaridad” pedía unha foto súa aos seus lectores. Jacinto Méndez fixo en “Solidaridad” unha emocionada lembranza de Llerena, ano e medio despois da súa morte, en xulio de 1935. Ernesto Santiso escribe dende o cárcere da Coruña un artigo polo homenaxe a Llerena, en xulio de 1935. En decembro de 1935, a FLO da Coruña organizou unha velada en beneficio da familia de Llerena, coa agrupación artística “Albéniz” e a obra de Xenaro Ruano “Contrabando en el alma”. En decembro de 1935, no Pleno Regional de Ourense, fixeronse contas dos cartos recadados para a súa familia, que ascenderon a 2138,50 pesetas. O 2 de decembro de 1935 celebrouse un festival benéfico a favor da súa familia, no Teatro “Rosalía de Castro”. O 2 de decembro de 1935 a Federación Local Obrera organizou unha Gran Velada Artístico Teatral a beneficio da viuda e fillas de Llerena coa representación de “Contrabando en el alma” de Genaro Ruano Sanjurjo, polo Cuadro “Apolo”, “Trato a cegas”, a Agrupación Artístico-Musical “Albeniz”, a Sección de Profesores de Orquesta, a Agrupación de Músicos e Milagritos García.

LLOBET ISIDRO, Mariano

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Voluntario. Cabo da Compañía de Ametralladoras do Batallón Disciplinario de Euzkadi. Da CNT.

LLORET, Gaspar.

Asiste a unha reunión do Comité da Agrupación Confederal Galaica e dos Delegados do BON Galicia, en Oviedo, en febreiro de 1937, pola 3ª Compañía.

LOBATO, José.

En maio de 1936, vicesecretario do Sindicato de Pontecesures, afin ao Partido Sindicalista.

LOBEIRO LEMOS, Genoveva

Detida en setembro de 1922 por agredir a unha afiliada ao Sindicato Único del Transporte Marítimo da Coruña que abandonara o sindicato.

LOBO BEN, José “ José de Chinas” (? – ?).

Directivo da CNT de Cariño. Participou na recollida de armas os días do golpe militar. Procesado en 1937. Absolto en abril de 1938.

LOBO PÉREZ, José.

Detido pola garda civil do posto de Cedeira en maio de 1935 xunto a Mario Rico e outros, por escándalo, ingresou no cárcere de Ortigueira.

LOBO RODRÍGUEZ, José “Pedro Lobo” (? – ?).

Afiliado á CNT de Cariño, Delegado do Sindicato no vapor “Leopoldo”. Participou na recollida de armas os días do golpe militar. Procesado en 1937. Absolto en abril de 1938.

LODEIRO, Antonio.

Socio da Asociación Tipográfica da Coruña, parado en outubro de 1934.

LODEIRO, Genoveva.

En xulio de 1935 era unha das empacadores en folga na Coruña que recibía axuda da FLO.

LODEIRO, José.

Membro da comisión revisora da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xuño de 1908; tesoureiro en xuño e novembro de 1909. Sustituido como revisador de contas da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” da Coruña en maio de 1914. Secretario en decembro de 1914, e xaneiro de 1915. Vicepresidente en xulio de 1915 e febreiro de 1916.

LODEIRO, José (*)

En marzo de 1914 colaboraba económicamente con “Fuerza Consciente” de San Francisco.

LODEIRO OTERO, Manuel “Ferreirolo” (1904 – ?).

Mariñeiro, irmao de Primitiva Lodeiro, afiliado á CNT, implicado na tentativa de fuga do boniteiro “Explorador” da Coruña, coa misión de levar aos fuxidos até o pesqueiro. Condenado a doce anos e un día, rebaixados a tres, en novembro de 1937. Condenado a 3 anos de cárcere en novembro de 1937.

LODEIRO OTERO, Primitiva (1913 – ?).

Noiva do anarquista Antonio Torres López, o tivo agachado na súa casa das Xuvias, onde foi detido. Condenada a doce anos e un día, en novembro de 1937. Condenada a 12 anos de cárcere en novembro de 1937.

LOIS, Delfina.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

LOIS MANSO, Isidoro (*)

Asina un chamamento contra as expulsións en “¡Tierra!” de La Habana en outubro de 1911. Asina unha poesía en “¡Tierra!” dende Remedios en marzo de 1912. Asina artigos en “¡Tierra!” de La Habana en xuño, xulio, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro de 1912, e febreiro, marzo, abril de 1913. En outubro de 1912 participou nunha velada polo terceiro cabodano da morte de Ferrer. Asina unha carta aberta a Dionísio García en decembro de 1912. En abril de 1913 asinaba un artigo en “Regeneración”. En agosto de 1913 “¡Tierra!” informa de que foi procesado con Sebastián Aguiar por varios artigos publicados no xornal; tiña 25 anos. En agosto de 1913 colabora en “¡Tierra!” dende Remedios. En agosto de 1913 fíxose cargo da recaudación de cartos para a revolución mexicana en Cuba. En setembro de 1913 anunciaba a publicación do periódico semanal “Fiat Lux” en Remedios. Colabora en “¡Tierra!” de la Habana en 1913 e 1914, desde Remedios. Foi procesado por varios artigos escritos en “¡Tierra!” e despois dun xuizo celebrado en decembro de 1913 condenado a 60 días de prisión; desapareceu do seu domicilio en Remedios e a causa foi suspendida; en marzo de 1927 se acolleu á Ley de Amnistía. En 1913 marchara de Remedios e colaboraba co grupo “Acción Directa” de Manzanillo. En febreiro de 1914 participa nun acto do Ateneo Obrero de La Habana. En marzo de 1914 asina artigos en “El Dependiente”. “Regeneración” informaba da próxima publicación por anarquistas de La Habana da publicación “Fiat Lux”, na que Isidoro Lois estaba na redacción. En maio de 1914 participa nunha xira de propaganda en Cienfuegos. En 1914 publicaba o xornal “El Rebelde” en Remedios. En outubro de 1915 “El Dependiente” informaba de que tiña participado no periódico “Fraternidad” de Boston. Investigado en setembro de 1928, cando era secretario de xulgado en Zulueta, acusado de ácrata e comunista; tiña colaborado en “¡Tierra!” e en Remedios fundara dous xornais anarquistas chamados “Gedeón” e “Claridades”, onde escribía co pseudónimo de Silo Mosa. Foi condenado a seis anos de reclusión e a pena foi confirmada polo supremo en febreiro de 1933.

LOJO, José María (A Coruña, ? – ?).

Panadeiro, militante da CNT dende 1932. Despois da guerra en Inglaterra, na 361 Compañía.

LOJO, Venancio.

Mariñeiro, do Sindicato Pesquero, compoñente do grupo “Actividad” da FAI de Xixón en 1937.

LOJO SANTOS, Francisco (Noia-A Coruña, 1908 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; estivera afiliado á CNT.

LOMBARDÍA, Jesús.

Vocal do Sindicato de Carga y Descarga “El Progreso Marítimo” da Coruña, en marzo de 1932.

LONGO CENDÓN, Juan.

Contador da Sección de Cocineros do Sindicato de Alimentación da Coruña en maio de 1933. Vocal do Sindicato de Cocineros na FLO da Coruña en agosto de 1934. Presidente da Sección en abril de 1935.

LONGO GOIRIZ, José.

Ou José Longo García (ou Goril). Un dos fundadores do Sindicato de Obreros Manipuladores de Pescado Fresco de A Coruña en novembro de 1930. Membro dunha comisión do Sindicato de Empacadores en novembro de 1930. Foi tesoureiro do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña, en maio de 1931. En xulio de 1935 era un dos empacadores en folga na Coruña que recibía axuda da FLO. Delegado da Sección no Comité Regional en xaneiro de 1936.

LONGO LÓPEZ, Manuel (A Coruña, 1922 – ?).

Obreiro auxiliar no Parque de Maestranza e Artillería da Coruña. Implicado na recadación de cartos para a CNT clandestina dende outubro de 1946. Foi detido en febreiro de 1947. Condenado a un ano e seis meses de prisión.

LONGO RODRÍGUEZ, José.

Foi tesoureiro do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña, en novembro de 1930.

LONGUEIRA.

Nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Albañiles da Coruña para facer propaganda polas aldeas en pro da folga xeral, en abril de 1933.

LONGUEIRA.

Interveu na asamblea celebrada na Coruña para debatir as alianzas obreiras, en decembro de 1935.

LONGUEIRA, B.

En xuño de 1936 escribe en “Brazo y Cerebro”.

LONGUEIRA, Benito (1880 – ?).

Carpinteiro compostelán, veciño do Carmen de Abaixo, detido en xaneiro de 1918. Acusabano dun incendio nunha vivenda ao carón da do presidente da Patronal compostelá, Miguel Pazos, que daquela tiña en folga aos carpinteiros do seu obradoiro

LONGUEIRA, Francisco.

Membro da segunda Comisión Gestora da Casa Sindical polo Sindicato de Metalúrgicos, en 1915. Participou no 1º Congreso Regional Galaico en Vigo en agosto de 1922 representando ao Sindicato de Metalúrgicos da Coruña. Falou polos metalúrxicos no mitin pedindo o indulto do cabo Sánchez Barros, na praza de touros da Coruña, en agosto de 1923. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Metalúrgicos da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. En xulio de 1931 a Antorcha participou no mitin de protesta polos incidentes que seguiron ao incendio do convento dos Capuchinos. Metalúrxico, vocal da FLO da Coruña en febreiro de 1932. Presidente do Sindicato de Metalúrgicos en xulio de 1932. Integra unha comisión do Sindicato Metalúrgico da Coruña para o estudio dos temas do Congreso Nacional da Industria Metalúrgica, en abril de 1933. Asina as bases entre o Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña e a patronal en setembro de 1934. Presidiu varias reunións da Sección de Salazoneras do SIP en setembro e outubro de 1934. Preside unha reunión do Sindicato de Metalúrgicos en maio de 1935. En xuño de 1938 Andrés Seijas relata en “Galicia Libre” a fuxida do Portiño e comenta a sorte de Manuel e José Longueira, fillos do metalúrxico Francisco Longueira.

LONGUEIRA, Luis.

Delegado de Fábrica da Unión Industrial do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en xaneiro de 1936.

LONGUEIRA, José.

De Metalúrgicos, participa nunha asamblea no Cine Doré da Coruña en novembro de 1928, para tratar das indemnizacións por accidentes de traballo. Participa nunha reunión do Sindicato de Metalúrgicos en decembro de 1928. Presidente dos Metalúrgicos.

LONGUEIRA, José

En xuño de 1938 Andrés Seijas relata en “Galicia Libre” a fuxida do Portiño e comenta a sorte de Manuel e José Longueira, fillos do metalúrxico Francisco Longueira.

LONGUEIRA, M.

Membro do Comité do Sindicato Único de Construcción da Coruña en xulio de 1936, por Albañiles.

LONGUEIRA, M. M.

En xuño de 1936 escribe en “Brazo y Cerebro”.

LONGUEIRA, Manuel.

Vicesecretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en maio de 1915.

LONGUEIRA, Manuel.

Presidente da Sociedad de Pescadores y Traineros “La Humanidad Libre” da Coruña en decembro de 1918.

LONGUEIRA, Manuel.

Directivo do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en xuño de 1934.

LONGUEIRA, Manuel

En xuño de 1938 Andrés Seijas relata en “Galicia Libre” a fuxida do Portiño e comenta a sorte de Manuel e José Longueira, fillos do metalúrxico Francisco Longueira.

LONGUEIRA, S.

Elexido vocal do Sindicato de Metalúrgicos da Coruña en maio de 1931.

LONGUEIRA BERMÚDEZ, Guillermo.

Detido na Coruña en xaneiro de 1934, xunto ao seu irmao José e Arturo Meirás, por extremistas.

LONGUEIRA BERMÚDEZ, José (1909 – ?).

Pintor, veciño de Labañou. Detido en xaneiro de 1934, co seu irmao Guillermo e Arturo Meirás, por extremistas. Detido en outubro de 1934. En novembro de 1935 foi elixido presidente do Sindicato de Pintores da Coruña; tiña enderezo en Agra do Orzán, 10, 1º. Presidente e vice-presidente do Sindicato de Pintores da Coruña. Un irmao fusilado. Implicado na tentativa de fuga no “Explorador” en agosto de 1937. Condenado a pena de morte en novembro de 1937.

LONGUEIRA BERMÚDEZ, Tomás.

Metalúrxico de 18 anos, fillo de Francisco e Mercedes, con domicilio na Agra do Orzán, letra C, resultou ferido grave o 12 de decembro de 1933; nunha refriega coa garda de asalto, ficando hospitalizado. Participou no movemento de decembro de 1933 en Elviña e foi procesado.Detido na folga xeral de decembro de 1933 na Coruña, despois de que unha bala lle atravesara o peito no asalto á gasoliñeira de San Pedro de Nós.

LONGUEIRA DÍAZ, Manuel

Acusado do asasinato Antonio Dorado Rios na Silva en xaneiro de 1934. Foi posto en libertade por falta de probas.

LONGUEIRA DÍAZ, Plácido.

Despedido por Tomás Fábregas en setembro de 1930. Vicesecretario do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en maio de 1931. Bibliotecario en xulio de 1934.

LONGUEIRA DOMÍNGUEZ, José

En xuño de 1934 foi nomeado vicepresidente do Sindicato de Pintores da Coruña; tiña enderezo en Agra do Orzán, Avenida do Observatorio, 10.

LONGUEIRA GARCÍA, Lisardo “Ferrenchín”

Participou no movemento de decembro de 1933 en Cambre.

LONGUEIRA PITA, Plácido.

Membro do Comité da FLO da Coruña en agosto de 1935.

LOPERENA, Gabriel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Miguel Servet, 1-3, 3º.

LÓPEZ.

Irmaos de Cariño, propietarios dunha conserveira, que recibiron a Federica Montseny con ocasión da súa viaxe en decembro de 1935. El era retornado da emigración en Estados Unidos.

LÓPEZ.

Correspondente de “La Revista Blanca”, estivo con Federica Montseny en Ourense en decembro de 1935.

LÓPEZ, a.

Delegado da Sociedad de Zapateros de A Coruña, lamenta o falecemento do integrante da sociedade Antonio González en decembro de 1902.

LÓPEZ, A.

Mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona en novembro de 1930 e xulio de 1931, desde A Coruña.

LÓPEZ, A.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Lugo en decembro de 1935.

LÓPEZ, Abelardo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Canteira de Eirís, 1º.

LÓPEZ, Alfonso (1897 – ?).

Traballador de “El Noroeste”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

LÓPEZ, Andrés

En febreiro de 1915 era vogal da Sociedad de Marineros, Fogoneros, Patrones y Habilitados “El Despertar Marítimo” de A Coruña.

LÓPEZ, Ángel.

Membro dunha comisión da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en marzo de 1918.

LÓPEZ, Antonia.

Vocal da Sociedad de Cigarreras “La Nueva Aurora” da Coruña en decembro de 1918, cando tivo lugar a súa fundación.

LÓPEZ, Antonio

En febreiro de 1903 participou pola sociedade de Zapateros nun mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña.

LÓPEZ, Antonio

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

LÓPEZ, Antonio (*)

En xaneiro de 1918 foi embarcado cara a Santos no “Ititinga”, deportado pola policia de São Paulo.

LÓPEZ, Antonio

En decembro de 1918 asina un comunicado como Delegado da Federación de Obreros de la Navegación y del Transporte interpelando aos deputados sobre as axudas ás vítimas dos submarinos.

LÓPEZ, Antonio.

Polo Sindicato de Hojalateros na Comisión Revisora do Ramo de Construcción da Coruña na folga do sector en decembro de 1933.

LÓPEZ, Antonio.

Representou ao Sindicato de Albañiles y Pintores de Vilagarcía no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

LÓPEZ, Antonio

Asina un artigo en “El Luchador” desde Ourense en abril de 1932, comentando o paro xeral polo problema do ferrocarril.

LÓPEZ, Aquilino

Convocado a unha xuntanza no xornal “¡Tierra!” en decembro de 1903. Na mesa do mitin do 1º de maio de 1905 en La Habana. En maio de1905 asina un comunicado en “¡Tierra!” como secretario da Sociedad de Dependientes de Café. Na mesa dunha asamblea do Gremio de Dependientes de Café de La Habana en xuño de 1905. Polemiza con Luciano Soto de “Vida Natural” de La Habana no xornal “¡Tierra!” en decembro de 1905 e febreiro de 1906. Administrador de “El Dependiente” en xulio de 1911. “Regeneración” critica a Aquilino López polas súas relaci´pons con M.D. Rodríguez e os artigos publicados en “Via Libre” sobre a revolución mexicana en setembro de 1911. En outubro de 1913 participou nun mitin do comité Pro-Vázquez-Estévez en La Habana. O 13 de outubro de 1913 houbo un mitin da Asociación Galaica Pro Instrucción Racionalista “13 de Octubre” no Teatro Politeama, presidido por Luis E. Rey, no que participaron Manuel Martínez Pérez, Joaquín Lucena, Rafael García, Rodolfo González Pacheco, Ramón Pereira, Martínez Abelló (fillo), Miguel Lozano, Francisco Domenech, Dr. Blanco, Aquilino López e Abdón Rodríguez de “Galicia Gráfica”. En xaneiro de 1912 asina un artigo en “El Dependiente” de La Habana; naquela altura era o administrador do xornal. En marzo e xulio de 1912 asina un artigo en “El Dependiente” de La Habana. En setembro de 1912 asina un artigo en “El Dependiente” de La Habana. En setembro de 1913 asina un artigo en “El Dependiente”. Participou no acto de celebración do décimo aniversario da Sociedad de Cocineros y Dependientes de Restaurants de Tampa, o 8 de outubro de 1913; era administrador de “El Dependiente” de La Habana. En novembro de 1913 asina un artigo en “El Dependiente” de La Habana. En novembro de 1913 participa na excursión de propaganda da Juventud Sindicalista, por la Unión de Dependientes de Café; fai tamén un relato dunha viaxe a Tampa, que continúa en xaneiro de 1914. En xaneiro de 1914 participa no primeiro acto do Ateneo Obrero. En febreiro de 1914 continúa facendo en “El Dependiente” o relato da súa viaxe a Tampa. Participa nunha velada no Centro Obrero organizada pola Unión de Dependientes de Cafés en maio de 1914. En xuño de 1914 asina en “El Dependiente” unha comunicación dirixida ao grupo “El Despertar” de Tampa. En setembro de 1914 escribe en “El Dependiente”. En marzo de 1915 “El Dependiente” publicaba unha reseña da Asamblea Nacional celebrada o 26 de julio de 1914 no Centro Asturiano e na que tiña participado Aquilino López en representación de “El Dependiente”. En abril de 1915 recollía cartos na administración de “El Dependiente” para o Comité Pro Víctimas de la Represión en la Zafra. En novembro de 1915 critica fortemente a Gerardo Castro por un asunto de diñeiro e dunhas manifestacións de Castro nunha xuntanza da Sociedad de Dependientes.

LÓPEZ, Aurelio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Olmos, Bar La Oficina.

LÓPEZ, Avelino

Tierra y Libertad” publicou en xuño de 1918 un anuncio polo que se lle pedía que Andrés Martínez que en 1916 estaba en Buenos Aires, contactara con el en Meira-Pena (Lugo).

LÓPEZ, Avelino

En marzo de 1928 asinaba un comunicado protestando pola paralización das fábricas de madeira de Tui, en nome dunha comisión nomeada para reclamar a execución dalgunhas obras.

LÓPEZ, Avelino.

Participou nunha tentativa de vengar a morte do militantes “protestista” Macías en Uruguay. Deportado de Argentina a finais de 1930. O 31 de outubro de 1930, chegou a Vigo expulsado da Argentina, permanecendo algún tempo no cárcere da localidade. En setembro de 1931 fai un chamamento en “Solidaridad Obrera” da Coruña, por Gayoso, Ares e Montero, dende Montevideo.

LÓPEZ, Arturo.

Vocal da Asociación Tipográfica de A Coruña en febreiro de 1903.

LÓPEZ, Benigno.

Membro da Comisión Organizadora do Sindicato de Industria Pesquera y Oficios Varios de O Barqueiro, en xuño de 1936.

LÓPEZ, Carlos.

Vocal 2º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en novembro de 1919.

LÓPEZ, Carmen.

Detida na Coruña en xaneiro de 1898 a resultas dunha manifestación.

LÓPEZ, Constantino (*)

Nunha lista de deportados de Argentina publicada en maio de 1913 en “Tierra y Libertad”.

LÓPEZ, Cosme (*)

Nunha listaxe de individuos sospeitosos de ser militantes anarquistas e ameazados de expulsión de Argentina en febreiro de 1903. En agosto de 1903 denuncia un accidente de traballo en “La Protesta Humana”.

LÓPEZ, Crisanto.

Na comisión organizadora do Sindicato de Campesinos y Oficios Varios de Celas-Culleredo en xuño de 1936.

LÓPEZ, Daniel.

Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en outubro de 1908. Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en novembro de 1908. Vicepresidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xaneiro de 1912. Vicepresidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en agosto de 1912. Vicepresidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en febreiro de 1913. Tesoureiro da Sociedad de Pintores en xaneiro e maio de 1915. Presidente en xuño de 1916.

LÓPEZ, Demetrio.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

LÓPEZ, Dolores

Segundo “Tierra y Libertad” era a compañeira de Constancio Romeo cando morreu, en decembro de 1917

LÓPEZ, Dolores.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

LÓPEZ, Domingo

Nun mitin celebrado na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901 leuse unha carte del entre outros presos do cuartel de Alfonso XII.

LÓPEZ, Domingo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

LÓPEZ, E.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935.

LÓPEZ, Edelmiro.

Vocal do Partido Sindicalista de A Coruña en abril de 1936. Edelmiro López Ramos, vicepresidente do Club del Mar de San Amaro en xuño de 1936.

LÓPEZ, Eduardo.

Na comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios de Leiro-Miño en xuño de 1936.

LÓPEZ, Eduardo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Independencia, 8; tamén en Adelaida Muro, 35, 2º.

LÓPEZ, Eduardo.

Ao seu enderezo na Coruña dirixíase a correspondencia das JJ.LL. da Coruña en xulio de 1934.

LÓPEZ, Eduardo

Membro da comisión organizadora do Ateneo Libertario “Nueva Era” da Coruña en outubro de 1933.

LÓPEZ, Elvira

En xuño de 1910 “Tierra y Libertad” informaba do nacemento de Armonía, filla de Elvira López e Ricardo Vázquez, en Santa María de Oza; tivera xa un fillo chamado Progreso, que fora enterrado civilmente e despois tiveron outro rapaz ao que tamén chamaron Progreso.

LÓPEZ, Emilio.

Detido en decembro de 1919 na Coruña, acusado de coaccións e ameazas a un obreiro panadeiro.

LÓPEZ, Emilio.

Afiliado número 196 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ, Enrique (? – Hyères, 1980).

Ebanista galego, emigrado na Argentina. Veu a loitar na guerra civil e posteriormente pasou a Francia. Entregado polo goberno de Vichy aos alemáns, a piques estivo de morrer. No exilio militou na FL de Hyères.

LÓPEZ, Enrique.

Vicesecretario da Asociación Tipográfica de Santiago en novembro de 1932.

LÓPEZ, Esteban.

Participou como representante obreiro na Comisión para el estudio de la situación de la clase obrera de Ferrol en setembro de 1884.

LÓPEZ, Esteban (*)

O Comité Pro-Presos y Deportados Sociales de São Paulo publica en outubro de 1926 unha circular dando conta da morte pola represión de José Fernández Varela e Nicolás Paradas, desterrados para Oiapoque, e da expulsión de Esteban López e Antonio Vaz, entre outros feitos represivos.

LÓPEZ, Eusebio

Ou Lopeu. Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como barrendeiro.

LÓPEZ, Felipe.

Tesoureiro da Sociedad de Mozos de Almacén da Coruña en xulio de 1918. Presidente da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en outubro de 1919.

LÓPEZ, Fermín “Estanquero”

En xaneiro de 1883 foi denunciado en “Revista Social” como traidor á folga dos talleres de Flórez da Coruña.

LÓPEZ, Fernando.

Vogal primeiro do Centro de Estudios Sociales “El Derecho Humano” de Mesoiro en agosto de 1934.

LÓPEZ, Flavio.

Nomeado contador do Ateneo Cultural-recreativo Cariñense en maio de 1934.

LÓPEZ, Florencio Joaquín

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en praza de Galicia, Cooperativa de Funcionarios.

LÓPEZ, Francisco

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Trocadero.

LÓPEZ, Francisco.

Nomeado secretario do Sindicato de Espectáculos Públicos da Coruña en novembro de 1931.

LÓPEZ, Francisco.

Vocal do Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña en xulio de 1932.

LÓPEZ, Francisco.

Contador da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en novembro de 1919. Delegado na FLO da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en decembro de 1919.

LÓPEZ, Gervasio.

Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xuño de 1936.

LÓPEZ, Guillermo.

Ferido no peito en xulio de 1936, cando un grupo de mozos libertarios tentaron recuperar algunhas armas nun muiño da Barcala, no Burgo, antes do golpe militar. Segundo Manuel Fernández en maio de 1942 foi un dos militantes da CNT coruñesa cos que contactou para tentar a reorganización, mais Guillermo López considerouse gastado e non brindou a súa colaboración.

LÓPEZ, Higinio.

Afiliado á CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Condenado a quince anos de cárcere en xulio de 1937.

LÓPEZ, Ignacio.

No Comité de Factoría da Unión Petrolífera da Coruña en decembro de 1931. Preside reunión da Unión Petrolífera na que se decide a separación da FLO, en xulio de 1934, e forma parte da directiva do sindicato en agosto do mesmo ano.

LÓPEZ, J.

En setembro de 1892 asinou unha protesta publicada en “El Corsario” contra os manexos dos republicanos para tentar impedir a publicación dun manifesto anti-electoral na Coruña.

LÓPEZ, Jesús.

Delegado de Albañiles na primeira xunta directiva do Sindicato de Oficios Varios de Carballo en xuño de 1931.

LÓPEZ, Jesús.

Revisor de contas do Sindicato de Carga y Descarga “El Progreso Marítimo” da Coruña, en marzo de 1932. Membro do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña, en folga en xuño de 1933. Estibador da “plantilla fixa”, que apoiaba a folga dos “suplentes” en xuño de 1933.

LÓPEZ, Jesús

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Perillana, 9-11, 2º; tamén en Factoría Campsa.

LÓPEZ, Joaquín

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

LÓPEZ, Joaquín.

Traballador de “La Papelera Gallega”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

LÓPEZ, José

Chauffeur, deportado de Argentina a finais de 1930.

LÓPEZ, José

Representou a Curtidores de Compostela no Congreso Obrero de Vigo en agosto de 1922.

LÓPEZ, José.

Vicesecretario da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xuño de 1908. Vicepresidente da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en setembro de 1912.

LÓPEZ, José.

Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en agosto de 1909. En setembro foi condenado polo Goberno Civil a unha multa de 10 pesetas por celebrar unha asemblea o día anterior á data autorizada. Contador da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en setembro de 1909.

LÓPEZ, José

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

LÓPEZ, José.

Detido por atentar contra un esquirol que saía de traballar da fábrica de calzados Senra, na Coruña, en novembro de 1917.

LÓPEZ, José

Afiliado á CNT, en agosto de 1935 declarou como testigo da acusación no xuizo contra Nicasio Pérez Rodríguez polo asasinato de Antonio Guntín.

LÓPEZ, José.

Xunto a Miguel Sangenís, contactou en 1947 con Juan Castiñeiras, Leopoldo Fraguela, Arturo Moreno, Manuel Vázquez Sampayo e Manuel Gantes, para tentar reconstituir a CNT na Coruña; traballaba en contacto con Nicolás Muñiz Alonso e Germán Horcajada Manzanares. Coñecera a Juan Castiñeiras nos anos 1930 a 1933.

LÓPEZ, José.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Cesures en xuño de 1936.

LÓPEZ, José.

Daba clases de esperanto no Sindicato de Obreros del Ramo de la Edificación de Bayona y sus Contornos en novembro de 1932. Tomou parte co seu irmao no mitin do 1º de maio de 1934 en Sabarís. Dende Sabarís-Val Miñor comenta un mitin republicano radical en xuño de 1932 e a problemática dun forno de cal da localidade en agosto de 1934. Daba clases de esperanto na Agrupación Cultural “Francisco Ferrer” en novembro de 1935. Paqueteiro de “Solidaridad” en Sabarís en xuño de 1936. Secretario da Agrupación Cultural “Francisco Ferrer” de Sabarís en xuño de 1936.

LÓPEZ, José.

Expulsado do Sindicato del Ramo del Vestido da Coruña en xulio de 1932.

LÓPEZ, José.

Nomeado vicepresidente do Sindicato de Hojalateros da Coruña en maio de 1931.

LÓPEZ, José.

Asiste a unha reunión do Comité da Agrupación Confederal Galaica e dos Delegados do BON Galicia, en Oviedo, en febreiro de 1937, pola 3ª Compañía.

LÓPEZ, José.

Militante de Camariñas, maltratado polo alcalde de Camariñas en agosto de 1932. Era vocal do SOV de Camariñas en xuño de 1936.

LÓPEZ, Josefa.

Presidenta da Sociedad de Cigarreras “La Nueva Aurora” da Coruña en decembro de 1918, cando tivo lugar a súa fundación. Representou á Sociedad de Obreras Cigarreras “La Nueva Aurora” da Coruña no Congreso da Comedia de Madrid en 1919. Na sesión final ocupou un posto na mesa. Ao remate do Congreso a CNT enviou unha circular a todas sociedades, asinada por Josefa López, para tentar evitar unha folga de tabaqueiras, por responder aos intereses de Severino Chacón.

LÓPEZ, Josefa.

En xulio de 1935 era unha das empacadores en folga na Coruña que recibía axuda da FLO.

LÓPEZ, Juan.

Militante coruñés, que en maio de 1891 inscribía civilmente ao seu fillo cos nomes de Giordano Bruno. En agosto de 1892 “El Corsario” informaba da morte do seu fillo, enterrado civilmente o 23 de agosto.

LÓPEZ, Juan

En marzo e abril de 1892 participaba nunha suscrición voluntaria de “El Corsario” a favor dos anarquistas presos na rexión española. En novembro de 1892 colaboraba no especial de “El Corsario” dedicado aos mártires de Chicago.

LÓPEZ, Juan

En febreiro de 1893 pide a través de “El Corsario” que as sociedades de ferros e metais escriban a Orzán, 100.

LÓPEZ, Juan

Vicepresidente da Sociedad de Doradores de A Coruña, foi detido en novembro de 1894 por exercer coaccións sobre obreiros que querían voltar ao traballo. A finais de novembro de 1894 presentou a súa renuncia ao cargo.

LÓPEZ, Juan

Participou no mitin celebrado no Circo Ferrolano de Ferrol o 15 de novembro de 1901, en protesta polos sucesos de maio de 1901 na Coruña.

LÓPEZ, Juan

En novembro de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ourense.

LÓPEZ, Juan.

Participa na reunión organizadora da Sociedad “El Despertar del Obrero” de Sada en marzo de 1916. Contador da Sociedad de Pescadores y Oficios Varios de Mera “El Despertar de la Humanidad” en maio de 1918.

LÓPEZ, Juan.

Representou á Sociedad de Estibadores Terrestres “La Armonía” da Coruña no Congreso da Comedia de Madrid en 1919.

LÓPEZ, Juan.

Participa nunha suscripción dende Vigo para os carpinteiros de Santiago en “Solidaridad Obrera” da Coruña en novembro de 1924.

LÓPEZ, Juan.

Conferencias de orientación sindical na Coruña e mitins en Moaña e no Teatro Tamberlick de Vigo en setembro de 1931. Conferencia no Ideal Cinema de Vigo en setembro de 1931. Mitins en Ourense, Verín, Guillarei, Tui e Tomiño con Villaverde e Moreno, en outubro de 1931. En solitario o fixo na Sociedad de Agricultores de Randulfe, en Guillarei e Tui por dúas veces. Falou nun mitin de afirmación da CRG no Teatro Linares Rivas da Coruña en outubro de 1931. En novembro de 1931 participa nun mitin en Verín, a partires do cal o Sindicato de Oficios Varios deixa a UGT e vencellase á CNT.

LÓPEZ, Juan.

Suspendido de militancia por un mes no Sindicato de Obreros y Empleados Municipales en maio de 1936.

LÓPEZ, Juana

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Independencia, 38, baixo.

LÓPEZ, Julián

Abelardo Rivas asina un chamamento en “Tierra y Libertad” de Barcelona en febreiro de 1916, dende Ferrol, para contactar con Julián López,José Fernández e Hipólito Figueroa, residentes en Buenos Aires dende 1913.

LÓPEZ, Julio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en praza de Ponteveda, 23, 2º dta.

LÓPEZ, Julio (Entrebolla-Lugo, 02-05-1904 – Bourdeos, 10-09-90).

Dende moi novo en Barcelona, onde comezou a militar no Sindicato do Transporte (Ferroviarios). No período da guerra en Barcelona, traballando na Industria Ferroviaria en mans obreiras. Militante do SOV de Bourdeos e de SIA até a súa morte.

LÓPEZ, L.

Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en maio de 1933.

LÓPEZ, Laura.

Colabora en “Solidaridad Obrera” da Coruña pedindo a reapertura dos sindicatos en xulio de 1933. Intervén nun mitin en Melide en outubro de 1933, en representación do grupo “Vanguardia Femenina” da Coruña. Vocal do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña no CR da CRG en xuño de 1934. Colabora no xornal “Brazo y Cerebro” en outubro de 1935, sobre temas femininos.

LÓPEZ, Luis

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Ventorrillo, 3, 1º.

LÓPEZ, Luis.

En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Metalúrgicos da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña.

LÓPEZ, Luis.

Camareiro, expulsado da Sociedad de Camareros de Pontevedra en setembro de 1931, xunto a Desiderio Comesaña.

LÓPEZ, Manuel

En maio de 1928 “Cultura Proletaria” de New York informaba do seu falecemento no Hospital de Mackeesport e comentaba que era natural da provincia da Coruña; a información era do Centro Instructivo de Blate Station, PA.

LÓPEZ, Manuel.

No Comité de Factoría da Unión Petrolífera da Coruña en decembro de 1931.

LÓPEZ, Manuel.

Na Comisión Revisora do Ramo de Construcción na folga do sector en decembro de 1933.

LÓPEZ, Manuel.

Paqueteiro do Diario CNT de Madrid en Vilamaior-Lugo en xulio de 1933.

LÓPEZ, Manuel

Tesoureiro do Ateneo Libertario “Nueva Era” da Coruña, á súa fundación, en novembro de 1933.

LÓPEZ, Manuela.

En xulio de 1935 era unha das empacadores en folga na Coruña que recibía axuda da FLO.

LÓPEZ, Mario.

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Muros. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

LÓPEZ, Martín (*)

Portuario, deportado de Argentina a finais de 1930.

LÓPEZ, Mateos.

En xuño de 1918 foi elixido vocal da Sociedad de Barberos “La Fraternal” da Coruña.

LÓPEZ, Maximino

En xuño de 1913 “¡Tierra!” de La Habana recolle a petición de Maximino López de que “Regeneración” lle envíe dous exemplares á rúa La Peña, Monforte. En xulio de 1913 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona. En agosto de 1913 asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana desde Monforte comentando a problemática dunha mina de ferro de Firmeza. En abril de 1914 asinaba un artigo en “¡Tierra!” de La Habana dedicado a Manuel Formoso, de Monforte de Lemos.

LÓPEZ, Nicolás.

Nomeado secretario na primeira xunta directiva do Ateneo Cultural-recreativo Cariñense, en agosto de 1933. Secretario en funcións en maio de 1934.

LÓPEZ, Pablo.

Interveu nun mitin da CNT en San Juan de Piñeiro-Ferrol a finais de novembro de 1931.

LÓPEZ, Pablo.

Preso no cárcere da Coruña en setembro de 1935, colabora nunha suscripción en apoio do diario “CNT”. Un dos presos do cárcere da Coruña libertado en febreiro de 1936 pola presión popular.

LÓPEZ, Pedro

En decembro de 1915 recibe cartos dunha suscripción polos presos de “Tierra y Libertad”, en Ferrol.

LÓPEZ, Pedro

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Fernández Latorre, 33, 2º.

LÓPEZ, Rafael Pedro (*)

Anarquista español, en novembro de 1919 informábase da súa próxima deportación. Español, mecánico, de 44 anos, integrou un grupo de 23 anarquistas expulsados de Brasil en novembro de 1919 con destino a Lisboa e Vigo no “Benevente”.

LÓPEZ, Ramón

En xuño de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” desde Vigo.

LÓPEZ, Ricardo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Fernández Latorre, 30, 2º.

LÓPEZ, Ricardo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Juan Castro Mosquera, 40, baixo.

LÓPEZ, Ricardo

Vogal do Ateneo Libertario “Nueva Era” da Coruña, á súa fundación, en novembro de 1933.

LÓPEZ, Rogelio.

Deportado de Argentina a finais de 1930. Integraba un grupo de deportados da Argentina e Uruguay, asentados na Coruña, que desexaban o contacto con outros deportados, en xaneiro de 1936.

LÓPEZ, S.

En xuño de 1934 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Lugo.

LÓPEZ, Santos.

Secretario do Sindicato de Hojalateros da Coruña de marzo a xulio de 1936.

LÓPEZ, Sergio.

Nomeado vicesecretario do Sindicato de Espectáculos Públicos da Coruña en novembro de 1931.

LÓPEZ, Severino.

Acusado da colocación dunha bomba nas cercanías da comisaría de policía da Coruña en maio de 1933. Absolto en agosto de 1933.

LÓPEZ, Tomasa

En abril de 1910 participou nunha suscripción par apagar a viaxe con destino a España dende Cuba a Plácido Bouza por estar enfermo e sen recursos, organizada por Francisco Villamisar e Francisco Barral.

LÓPEZ, Valentín

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

LÓPEZ, Venancio

Vogal da Sociedad de Carpinteros de A Coruña en xulio de 1915.

LÓPEZ ABALDE, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Francisco Mariño, 12, 1º esq.

LÓPEZ ABALDE, Manuel.

En maio de 1932 foi nomeado secretario do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en J. Lombardero, 5, 4º. En xaneiro de 1933 foi nomeado novamente vicesecretario do Sindicato.

LÓPEZ ACEA, Maximino.

Detido en xaneiro de 1934 en Irixoa, reclamado pola queima da igrexa de Churío.

LÓPEZ ACEA, Obdulio.

Detido en xaneiro de 1934 en Irixoa, reclamado pola queima da igrexa de Churío.

LÓPEZ AGRA, Vicenta.

Vocal da Sociedad de Cigarreras “La Nueva Aurora” da Coruña en decembro de 1918, cando tivo lugar a súa fundación. Vocal da Sociedad “Nueva Aurora” en xaneiro de 1922.

LÓPEZ AGRIÑO, Aurelio.

Militante do SIP de Vigo en setembro de 1932. Detido en outubro de 1932, pola folga de Bouzas, ainda que se atopaba na Coruña.

LÓPEZ ALLEGUE, Felipe

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Castelar, 4, 1º.

LÓPEZ ALONSO, Juan.

Secretario da Sociedad de Curtidores de Santiago en marzo de 1925.

LÓPEZ ARES, Ernesto

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Comandante Fontanes, 3, 1º dta.

LÓPEZ AZA, Manuel.

Antes do levantamento de outubro de 1934 en Ferrol, Francisco Salgado gardou nunha cadra súa un lote de bombas.

LÓPEZ AZA, Pedro

Detido pola folga da pá en Ferrol en decembro de 1913, foi posto en libertade ao rematar a folga.

LÓPEZ ALVEDRO, Luis (1912 – ?).

Panadeiro. Afiliado ao Sindicato de Panaderos da Coruña. En 1931 e 1932 foi secretario do Sindicato. En outubro de 1934 foi vicesecretario do mesmo. Detido en abril de 1933 por dar vivas á anarquía. Membro da comisión organizadora do Ateneo Libertario “Nueva Era” da Coruña en outubro de 1933. Detido en xulio de 1937 por recoller cotizacións entre os panadeiros para algúns fuxidos. Foi absolto en decembro de 1937. Detido gubernativo na Coruña en 1940, quedou en libertade.

LÓPEZ AMADO, Faustino (1892 – ?).

Secretario da Asociación Tipográfica de A Coruña en marzo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro de 1913, xaneiro de 1914. Vocal 2º da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Traballaba no “Ideal Gallego”.

LÓPEZ ARES, Ernesto.

Nomeado contador do Sindicato Ferroviario da Coruña, cando foi fundado, a finais de maio de 1931.

LÓPEZ ARMADA, Andrés (Souto-A Coruña, 1917 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; estivera afiliado á UGT.

LÓPEZ ARMADA, Cipriano.

Garda Municipal e militante da CNT. Detido en setembro de 1934 na folga pesqueira de Cariño. Fuxido en xulio de 1936 do porto de Cariño no vapor “Arkale”. Compañeiro de Sara Mandiá. En decembro de 1938 reclamado polo axudante de Mariña de Ortigueira, por rebelión militar. En 1950 atopábase en Francia.

LÓPEZ AZA, Manuel.

Con motivo da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931, do Sindicato de Transportes de Ferrol, testifica a insolvencia dos acusados.

LÓPEZ BAJO, José.

Tesoureiro do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en outubro de 1933.

LÓPEZ BARBEITO, Antonio.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Avenida Tánger, 20, 2º. Vocal 3º do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en novembro de 1933 e directivo en xuño de 1934. Delegado na Regional en marzo de 1936.

LÓPEZ BARBEITO, Manuel.

Aparece nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña conservada nos arquivos da policía; enderezo en Fernández Latorre, 47, baixo. Colabora en “Solidaridad Obrera” da Coruña en agosto de 1934, en nome da Asociación General de Porteros y Porteras de La Coruña.

LÓPEZ BAREZ, Andrés.

Membro da comisión organizadora do Ateneo Cultural-recreativo Cariñense en xulio de 1933. Nomeado vocal na súa primeira xunta directiva, até a súa dimisión en maio de 1934.

LÓPEZ DE BARREIRO, Dolores.

Colaboración en “Solidaridad Obrera” da Coruña dende Vilagarcía en outubro de 1933.

LÓPEZ BARREIRO, Emilio.

Foi delegado do Sindicato Carboneros “El 1º de Mayo” da Coruña, en outubro de 1930. Delegado do Sindicato á CRG en setembro de 1934. Secretario do Sindicato en abril de 1936.

LÓPEZ BELLO, Ricardo.

Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921.

LÓPEZ BELLO, Samuel.

Mariñeiro detido na Coruña en agosto de 1920 por unha suposta tentativa de agresión a varios gardas de seguridade.

LÓPEZ BELLÓN, Lisardo “Lisardo da Malladora”.

Presidiu unha reunión do “Despertar Marítimo” en abril de 1935. Mariñeiro afiliado ao “Despertar Marítimo”, enlace dos fuxidos, implicado na tentativa de fuga no “Explorador” en agosto do 37.

LÓPEZ BEREA, Nemesio (1901 – ?).

Traballador de “La Voz de Galicia”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Vocal da Asociación Tipográfica en maio de 1931.

LÓPEZ BLANCO, José (? – Monte Galán-A Coruña, 28-08-1936)

Panadeiro, veciño de Castiñeiro, 7, Monelos, de 21 anos. Morto no Castro de Elviña nun enfrontamento coa garda civil, xunto a Uxío Carré e outros dous, a finais de agosto de 1936.

LÓPEZ BLANCO, Juan.

Delegado da Sección de Chavoleros y Mozos de Campo do SIP da Coruña ao Comité de Industria en xuño de 1934.

LÓPEZ BORRAJO, Miguel.

Afiliado número 247 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ BOUZA, José Tobías (Ferrol, 19-02-1890 – 08-09-1936).

Segundo Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas ferroláns de comezos de século. Expulsado da Argentina. Cando estaba preso en Buenos Aires, un compañeiro seu, Pedro García foi levarlle algo de roupa e foi detido tamén, o 2 de otubro de 1911. O decreto de expulsión da Argentina foi do 10 de outubro de 1911, e foi embarcado no vapor Gotha con destino a Barcelona o 19 de outubro de 1911. En novembro de 1911 asina un comunicado en “Tierra y Libertad”, como expulsado da Argentina. En decembro de 1911 “La Protesta” comunicaba que lle tiña entregado o importe de varias listas de suscrición, como expulsado do país. En maio de 1912 Antonio Reyes, de La Linea de La Concepción quería contactar con López Bouza e outros deportados de Argentina. En xuño de 1912 e febreiro de 1913 escribe en “La Protesta” de Buenos Aires como deportado da Argentina. No grupo editor do xornal “Cultura Libertaria” de Ferrol, cara a 1913. Colaborador do xornal “El Látigo” de Baracaldo, en 1913. En febreiro de 1913 participou no mitin organizado polo Grupo “13 de Octubre” de Ferrol contra as leis de residencia e orden social de Argentina e enviou a crónica a “La Protesta”. En febreiro de 1913 asina en “Tierra y Libertad” o artigo “Un socialista tartufo”, contra un artigo publicado por G. Pérez en “Justicia Social” de Reus. Nunha listaxe de deportados desde Argentina publicada en maio de 1913 en “Tierra y Libertad”. En novembro de 1913 envia un artigo a “¡Tierra!” de La Habana, comentando a iniciativa de facer unha escola racionalista en Ferrol publicada en “La Batalla Sindicalista”. Intervén nun mitin en solidaridade cos traballadores ferroláns na Coruña, en decembro de 1913. Detido como membro da comisión de folga, acusado de sedición e desacato á autoridade. Detido pola folga da pá en Ferrol en decembro de 1913, foi posto en libertade ao rematar a folga. En xaneiro de 1914 os plomeiros da SECN declararon a folga en protesta polo seu despido, mais a folga só durou dous días e non conseguiu a súa readmisión. En febreiro de 1914 tiña aberto un sumario por sedición. “Tierra y Libertad” publica un aviso en febreiro de 1914 de que a prensa anarquista e sindicalista que se enviaba a Miguel D’Lom pasase a enviarse a José López Bouza en Taxonera, 4, baixo. En marzo de 1914 participou (e enviou a crónica a “Tierra y Libertad”) no mitin polos presos políticos e sociais organizado polo Ateneo Obrero Sindicalista. En abril de 1914 tentaba contactar con Antonio Reyes en Casablanca. Asina un artigo en “Tierra y Libertad” en xuño de 1914. En xuño de 1914 participou nun mitin polos presos na Coruña, en representación do Ateneo Obrero Sindicalista e grupos anarquistas de Ferrol. En xulio de 1914 reseñou unha conferencia de Rodolfo González Pacheco na Coruña. En xulio de 1914 recolle en “La Protesta” a estancia de González Pacheco en Ferrol. En novembro de 1914 declarou como testigo no proceso contra Miguel D’Lom. En novembro de 1914 envía donativo a “Tierra y Libertad”. En xaneiro de 1915 anunciase a publicación da segunda época de “Cultura Libertaria” para o 1 de marzo de 1915; a periodicidade sería decenal e o enderezo era José López Bouza, Taxonera, 4, Ferrol. En febreiro de 1915 representou ao Grupo Anarquista “Acción” nun mitin antiguerreiro no Teatro Romea de Ferrol. En febreiro de 1915 comenta en “Tierra y Libertad” o mitin de Domingo Germinal en Ferrol. En marzo de 1915 asina a convocatoria do Congreso da Paz en “Tierra y Libertad”, en nome do Ateneo Obrero Sindicalista. Participou no especial de “Tierra y Libertad” dedicado a Anselmo Lorenzo en marzo de 1915. En marzo de 1915 asina artigos en “Cultura Libertaria” como “Flor Roja” e outro como López Bouza, sobre a iniciativa para facer unha escola racionalista en Ferrol. No Congreso da Paz representou ao xornal “La Voz del Cantero” de Madrid. Foi un dos asinantes dunha protesta en nome da Comisión Organizadora do Congreso da Paz de Ferrol pola suspensión do mesmo e a expulsión dos delegados extranxeiros. Representou ao xornal “La Voz del Cantero” no Congreso da Paz. Foi quen fixo o discurso inaugural do Congreso en nome da Comisión Organizadora. En maio de 1915 asina un escrito protestando en “El Porvenir del Obrero” contra a suspensión do Congreso da Paz, en nome da Comisión Organizadora. En maio de 1915 publica o conto “El Triunfo” en “Solidaridad Obrera” de Barcelona. Asina un artigo sobre o Congreso da Paz no xornal lisboeta “Germinal”, como secretario correspondente da Asociacion Internacional dos Sindicatos Obreros, en maio de 1915. A fins de maio de 1915 “Solidaridad Obrera” de Barcelona anuncia que a semana anterior sairon en libertade provisional Carbó e López Bouza. “Tierra y Libertad” e “El Obrero Moderno” de Igualada publicaron os estatutos e regulamento da nova internacional creada no Congreso da Paz, que tiña o seu enderezo en Canalejas, 166, a nome de José López Bouza. En xuño de 1915 “Tierra y Libertad” comunica que enviou ao xornal as fotografías que se lle encargaran. En xuño de 1915 a Federación Cántabra-Galaica informa dos seus progresos e que tentaran contactar con José López Bouza en Ferrol. Segundo as contas do Congreso, percibíu dúas pesetas por gastos dunha viaxe a Coruña. En agosto de 1915 solicitaba en “Tierra y Libertad” que a prensa anarquista enviase exemplares ao Comité Central da Asociación Internacional de Trabajadores. En setembro de 1915 “El Porvenir del Obrero” lembraba o déficit do Congreso da Paz e chamaba a colaborar dirixíndose a López Bouza en Merced, 7. En setembro de 1915 asina a adhesión do Comité da Asociación Internacional de Traballadores e diversas sociedades de Ferrol ao Congreso da Paz de Rio de Janeiro. En outubro de 1915 foi sinalado en “El Porvenir del Obrero” como apoiante da postura de “Reivindicación” de Sabadell e “Regeneración de Los Ángeles. En decembro de 1915 “Acción Libertaria” informa da súa detención a consecuencia da folga de descargadores e das protestas en Ferrol que levantou. En decembro de 1915 “Tierra y Libertad” informa da liberación de Miguel D’Lom, José López Bouza a Antonio Porto. En xaneiro de 1916 pasa a corresponsalía de prensa libertaria que tiña en Ferrol a Miguel D’Lom. En marzo de 1916 tiña previsto facer unha serie de mitins en A Coruña, Ferrol e Betanzos, denunciando a persecución a Miguel D’Lom. En marzo de 1916 “Tierra y Libertad” de Barcelona comenta a chegada de varias notas de Ferrol, algunhas asinadas por sindicatos nas que se critica a José López Bouza; coméntase que algunhas expresións de López Bouza puideron molestar ao Ateno Obrero Sindicalista. En abril de 1916 sinalouse o seu xuízo por sedición para o 15 de xuño de 1916, defendido por Casares Quiroga. Xulgado con Eusebio C. Carbó na Coruña en xuño de 1916, o xuizo estaba fixado para o día 15. Finalmente foron absoltos tanto López Bouza como Eusebio Carbó. En xuño de 1916 colaborou nunha rifa organizada polo grupo “Los Iguales” de Madrid a beneficio do xornal “El hombre libre”. En xuño de 1916 o Centro Obrero Sindicalista de Ferrol, o Ateneo Obrero Sindicalista Sección Varia, a Sociedad de Cargadores e Descargadores, o Sindicato de Armadores de Construcción Naval, a Sociedad de Montadores y Ajustadores Mecánicos e a Sociead de Marineros y Fogoneros Marítimos y Terrestres publicaron un comunicado exonerando a José López Bouza dos cargos que se fixeron contra el en “La Unión Marítima” número 35. Casou en decembro de 1916 con Asunción Fernández Trotiño. En abril de 1917 un grupo de militantes que tiñan colaborado económicamente co proxecto da escola racionalista de Ferrol, establecidos en La Línea, se dirixen aos promotores da escola, e en especial a López Bouza, para que envíe os cartos a La Línea para a escola que pretendían facer a cargo de Eusebio C. Carbó. En novembro de 1918 participou na iniciativa de organizar unha homenaxe aos Aliados, como director do xornal “El Pueblo”. Comezou a traballar como interventor de arbitrios en xaneiro de 1922. En marzo de 1922 era secretario do Centro Republicano de Ferrol. Contador da Asociación Instructiva y Benéfica de Empleados y Obreros Municipales en novembro de 1923. Dende xuño de 1923 pasou a traballar na oficiña de consumos e o 5 de abril de 1926 pasou ao negociado de augas. En xaneiro de 1927 e febreiro de 1929 era vicepresidente da Asociación Benéfica e Instructiva de Empleados Municipales. Secretario do Partido Republicano de Ferrol en marzo de 1930. Presidente da Juventud Republicana en marzo de 1931. En xuño de 1931 foi nomeado gobernador civil de Ourense. En agosto de 1931 publicouse o seu nomeamento como gobernador civil de Lugo; substituía a Varela Radío, implicado nas reclamacións polas actas de Lugo; dimitiu do seu cargo en xulio de 1932. En abril de 1935 colabora no número especial do xornal “Revolución” polo cabodano da proclamación da República. En marzo de 1936 foi nomeado presidente da Deputación da Coruña. En abril de 1936 “La Calle” chamaba a súa atención sobre problemas existentes na Deputación. Particicipou no mitin do Estatuto en Vigo en xuño de 1936. Nunha listaxe de persoas mortas en Ferrol por agresión á forza pública, elaborada pola Comisaría de Ferrol, morto o 30 de agosto de 1936. En novembro de 1984 o concello de Ferrol acordou darlle o seu nome a unha rúa do barrio de Caranza.

LÓPEZ BRAÑAS, Luis (A Coruña, 1908 – ?).

Ou Braña. Pintor. En novembro de 1931 foi nomeado delegado na FLO do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en Cristales, 3, 1º. Delegado do Sindicato de Pintores na FLO da Coruña en decembro de 1931. En maio de 1932 foi nomeado contador do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña. Contador do Sindicato de Pintores dende maio de 1932 até 1934. En setembro de 1933, detido pola colocación dunha bomba na casa “Charry”. En xaneiro de 1934, detido pola folga revolucionaria. En maio de 1935 foi nomeado delegado da administrativa do Sindicato de Pintores; enderezo en Santa Margarita, 36. Representou ao Sindicato de Pintores da Coruña no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935. En marzo de 1936 foi nomeado delegado do Sindicato de Pintores no Ramo da Construcción; enderezo en Patio de Cristales, 3, 1º. Detido despois do levantamento militar.

LÓPEZ BUDEN, Eduardo.

Profesor, republicano federal, foi un dos iniciadores da “Antorcha Galaica del Librepensamiento” a finais do século XIX. Colaboraba nunha suscripción a favor de Villalonga, preso no Dueso, en Solidaridad Obrera da Coruña en outubro de 1924 e escribía a favor do mestre de Malpica Francisco Domingo Egido.

LÓPEZ BUENO, José (?, 1888 – ?).

Membro da directiva da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítmos “La Cosmopolita” da Coruña en febreiro de 1922. Membro da Sección de Enfermeros Marítimos do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en abril de 1928.

LÓPEZ CABADO, Jesús (Friol, 1901 – A Coruña, 9-3-38).

Presidente do Sindicato de Camareros da Coruña en marzo de 1936. Recollía cotizacións no Bar “La Oficina” para xente fuxida. Foi detido na caída de Brandariz, Baella e Ángel Fernández. Condenado a morte, foi executado o 9 de marzo de 1938.

LÓPEZ CAGIAO, José.

Cobrador do Sindicato de Mozos de Comercio y Similares de Ferrol en setembro de 1935.

LÓPEZ CALVO, Jesús

Por colaborar co comité de folga dos camareiros foi multado con 250 pesetas polo gobernador civil da Coruña en xulio de 1935.

LÓPEZ CALVO, José “Guapo”.

Cotizante da CNT en Compostela en 1947.

LÓPEZ CAMEÁN, Antonio.

Contador do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en xuño de 1934. Presidente en maio e xuño de 1935.

LÓPEZ CANDO, Ramón.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ CARBALLO, Manuel (Villobas-Lugo, 1895 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

LÓPEZ CASAL, Francisco

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Cordonería, 2, baixo.

LÓPEZ CASTELO, Emilio (1878 – ?).

Presidente accidental da Asociación Tipográfica de A Coruña en febreiro de 1911. Traballador de “El Ideal Gallego”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

LÓPEZ CASTIÑEIRAS, Antonio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Hospital, 28.

LÓPEZ CASTIÑEIRAS, José.

Vicepresidente do Sindicato de Hojalateros da Coruña en maio de 1931.

LÓPEZ CASTRO, Pedro (Irixoa, 1909 – ?).

Membro da Sociedad de Carpinteros y Ebanistas de Ferrol, membro da comisión revisora en febreiro de 1931. En outubro do mesmo ano foi nomeado vicesecretario 1º da sociedade e en marzo de 1932, secretario. Membro da Liga Racionalista. Secretario xeral do Ramo de Edificación da CNT, asinou as bases de solución do conflicto de abril de 1936. En agosto de 1936 foi detido na Escollera durante menos dun mes e despois liberado. Movilizado no exército “nacional”, participou en operacións na zona de Lérida. Participou nos traballos de reorganización clandestina da CNT, como vocal do Comité da F.L. de Ferrol e tentando formar un grupo no sector da construcción. Foi detido en marzo de 1947. Procesado na causa 156/47, pedironlle 15 anos e foi condenado a 5.

LÓPEZ CORGO, Benito (?, 1883 – ?).

Membro da Sección de Enfermeros Marítimos do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en abril de 1928.

LÓPEZ CORDAL, Ángel.

Estibador, detido en xulio de 1920 na Coruña na vaga represiva polos sucesos que derivaron na morte dun policía e un cabo de seguridade.

LÓPEZ COUCE, Francisco “Sastre de Cela” (Irixoa, 1888 – ?)

Acusado da voadura do Ponte Novo de Betanzos, na carreteira de Betanzos-A Coruña, en xulio de 1936. En abril de 1937 nunha bandeira do Tercio na fronte de Madrid, co emprego de Brigada. En decembro de 1947 foi condenado a 20 anos de reclusión, conmutados por tres anos de prisión.

LÓPEZ DÍAZ, Antonio.

Delegado do Sindicato de Hojalateros da Coruña no Pleno de Ferrol en xulio de 1932. Presidente do Sindicato de Hojalateros en setembro de 1932.

LÓPEZ DÍAZ, Rosendo “Conejo” (Piñeiros-Narón, 1900 – ?).

Chapista. Pertenceu antes da guerra ao Sindicato da Industria Naval (Sección Calderería) da CNT de Ferrol, do que foi vocal en agosto de 1931. Detido en xulio de 1946 pola “Folga do aceite”. Foi xulgado e absolto.

LÓPEZ DOPICO, Manuel.

Vicesecretario do Sindicato de Mozos de Comercio y Similares de Ferrol en setembro de 1935.

LÓPEZ DORIGA, Enrique.

Afiliado número 580 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ DURÁN, Enrique.

Afiliado á CNT de Viveiro; en setembro de 1932 denunciouse que sufrira coaccións por afiliados á CNT, mais el negouno.

LÓPEZ ESPAÑÓN, Juan.

En setembro de 1892 asinou unha protesta publicada en “El Corsario” contra os manexos dos republicanos para tentar impedir a publicación dun manifesto anti-electoral na Coruña. Participou nun mitin na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901. Secretario da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xuño de 1911. Presidente de “Germinal” en outubro de 1909, foi detido con José Creo Liste, aínda que el quedou en libertade. En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres. Deportado a Ballanás despois da represión na Coruña en 1919. Detido en xulio de 1919 na Coruña, foi deportado. Director de “Solidaridad” da Coruña en maio de 1920, publicou un artigo no que falaba da policía, polo que foi xulgado en decembro de 1922. En xaneiro de 1923 foi xulgado pedironlle un ano e oito meses pola publicación dun artigo en “La Voz del Obrero”. O fiscal retirou a acusación no xuizo; foi defendido por Casares Quiroga. Secretario accidental do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en maio de 1931. En xulio de 1934 hospitalizado en Santiago.

LÓPEZ FARALDO, Antonio.

Contador da Asociación Tipográfica de A Coruña en xaneiro de 1924. Traballador da Imprenta Garcybarra, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

LÓPEZ FERNÁNDEZ, Jesús.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 213.

LÓPEZ FERNÁNDEZ, José

En maio de 1932 foi nomeado vicesecretario do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en Piedra Longa, 24.

LÓPEZ FERNÁNDEZ, José.

Afiliado número 604 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ FERNÁNDEZ, Manuel

En decembro de 1924 chegaba ao porto da Coruña e desembarcaba seis expulsados de La Habana, entre eles Manuel López Martínez, da Coruña, José Fernández, de Lalín, e Juan Manuel Pardo Vázquez, de Lugo.

LÓPEZ FERNÁNDEZ, Pedro “Da Pixarola” (Viveiro, ? – ?)

Zapateiro de Viveiro,vencellado á CNT, xulgado por rebelión na causa 903/36, en rebeldía.

LÓPEZ FERRADAS, Víctor.

Afiliado á “Defensa Pesquera” de Beluso, mariñeiro do “Rafael del Palacio” de Vigo, fuxido da Coruña en setembro de 1938.

LÓPEZ FERREIRO, Antonio (Viveiro-Lugo, 1906 – ?).

Albañil, afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Bakunin” en febreiro de 1937; fora afiliado á CNT.

LÓPEZ FERREIRO, Emilio.

Delegado do Sindicato “El 1º de Mayo” en outubro de 1930. Foi vicesecretario do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña, en abril de 1931. Presidente do Sindicato e delegado na FNIP en marzo de 1932. Vocal do Sindicato de Carboneros na FLO da Coruña en 1934. Secretario do Sindicato e delegado na Regional en abril de 1935. Secretario do Sindicato e delegado na Regional en marzo de 1936.

LÓPEZ FERREIRO, Juan.

Detido por sospeitoso de colocar unha bomba no depósito de augas da Coruña, o 28 de outubro de 1933, non se lle puido probar nada. Tiña 19 anos.

LÓPEZ FIDALGO, Francisco.

Testificou no xuizo pola morte de Nicasio Pérez, en decembro de 1924.

LÓPEZ FIDALGO, Nicasio (Ferrol, 1902 – Ferrol, 06-09-36).

De Ferrol. Xulgado en decembro de 1924 pola morte de Nicasio Pérez, foi condenado á pena de reclusión perpetua. En xaneiro de 1925 o corresponsal na Coruña de “Cultura Obrera” comenta a súa condena no xuizo polo atentado contra Nicasio Pérez. En outubro de 1928, detido no penal do Dueso, acusaba recibo de cartos para os presos enfermos. Detido no penal do Dueso, rumoréase que se ía apartar da CNT, como Shum, en abril de 1931. Dende A Coruña xiranse 300 pesetas para a volta de Shum e Nicasio López aos seus fogares. Participa nunha liorta en Esteiro en novembro de 1933. En outubro de 1934, foi denunciado como participante nunha reunión de militantes anarcosindicalistas que preparou o movemento de decembro de 1933. Natural de Ferrol, veciño da rúa Mendizabal, 4, Ferrol. Retacador, ingresou no cárcere de Ferrol o 22 de xaneiro de 1935 por un delito de incendio frustrado, foi conducido á Coruña o 14 de febreiro. Paqueteiro de “Brazo y Cerebro” en Ferrol en setembro e novembro de 1935. Asasiñado despois do levantamento militar, paseado polas forzas do capitán Pagola. Nunha listaxe de persoas mortas en Ferrol por agresión á forza pública, elaborada pola Comisaría de Ferrol, morto o 6 de setembro de 1936.

LÓPEZ FILGUEIRA, Antonio.

Vocal do Ramo de Edificación da CNT de Ferrol, asinou as bases de solución do conflicto de abril de 1936.

LÓPEZ FRAGA, Ignacio (1905 – ).

Integrante da Asociación Tipográfica da Coruña, sen traballo en marzo de 1928.

LÓPEZ FUENTES, Benita.

En xaneiro de 1905 inscribiu a unha fillo súa co nome de Aurora Libertad Roel López, na Coruña.

LÓPEZ GARCÍA, Alfredo.

A comezos de 1932 foi vocal do Ateneo de la Villa de Rutis.

LÓPEZ GARCÍA, Benito.

Secretario e bibliotecario do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en xuño e xulio de 1936.

LÓPEZ GARCÍA, Francisco “Frank López”, “Frank R. López”, “José Marinero”, “Alberto Martín” (?-A Coruña, 15-08-1885 – ?)

En agosto de 1911 colabora económicamente cos rebeldes mexicanos en “Cultura Proletaria” desde Boston. En agosto de 1913 asinaba desde Boston unha protesta polo encarceramento de Evaristo Vázquez. En xaneiro de 1914 envía un comunicado do grupo “Rebelión” desde Boston. En febreiro de 1914 colaboraba económicamente con “Fuerza Consciente” de San Francisco, desde Boston. En agosto de 1914 lembraba en “’¡Tierra!” a morte de Andrés Rodríguez e a prisión de Alejandro Aldamas; no mesmo número daba conta dunha posible liberación de Aldamas. En decembro de 1914, como “Frank López”, preguntaba a “La Voz del Obrero” en “Tierra y Libertad” se lle chegara unha cantidade que enviara desde Boston. En xulio de 1915 asinaba en “Tierra y Libertad” unha comunicación do grupo “Fraternidad” de Boston como Frank R. López, onde desculpaba ao grupo por estar dous meses inactivos e anunciaba a próxima publicación dun xornal antimilitarista. En agosto de 1915 recibía a correspondencia do grupo “Fraternidad” de Boston ao nome de Frank R. López; asina un artigo en agosto de 1915 en “Acción Libertaria” de Gijón. En xaneiro de 1916 asina un artigo titulado “Del feudo yanki: un crimen más” en “Tierra y Libertad”, como José Marinero. En febreiro de 1917 asina un artigo en “Tierra y Libertad” de Barcelona como José Marinero, desde New York. En maio de 1918 “Tierra y Libertad” emprende unha campaña de recollida de cartos para axudar aos membros do Grupo “Fraternidad” de Boston, asaltado polas forzas da orde e que o seu encargado da correspondencia Frank López fora detido e lle pedían 5000 pesos para sair en libertade. En decembro de 1918 estaba na illa de Ellis, pendente do habeas corpus, pois fora ordenada a súa deportación; era secretario tesoureiro do Grupo de Anarquistas Filosóficos; era carpinteiro, vivía en East Dedham-Mass. e vivía coa súa muller. En agosto de 1921 asina un comunicado desde Boston como “José Marinero” en “Solidaridad” de Veracruz. Asina varios chamamentos ao boicot aos productos españois en nome do “Grupo Revolucionario” de Boston e como representante do Comité Pro-Presos de Cataluña, en protesta polos asasinatos do Sindicato Libre. O seu enderezo era en Battery Street. Foi secretario do Sacco-Vanzetti Defense Commitee en novembro de 1921. En xulio de 1923 e maio de 1924 mantén correspondencia desde Boston con “La Protesta” de Lima. En xuño de 1925 asina un comunicado en “¡Tierra!” de La Habana, desde Ellis Island, onde agardaba a ser deportado. No Pleno de Grupos Anarquistas e Individualidades celebrado en Blair Station, PA. o 19 de maio de 1929, foi duramente criticado pola súa xestión tentando levar “Cultura Proletaria” a Detroit e negarse a rendir contas. En maio de 1962 asinaba como Alberto Martín un comunicado en “Tierra y Libertad” de México en nome do Comité Pro-Presos de New York.

LÓPEZ GARCÍA, José.

Afiliado número 304 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ GARRIDO, José “El Andaluz” (Linares-Jaen, ? – ?).

Secretario do Sindicato Minero de Lousame, tomou parte na marcha sobre Santiago e A Coruña. Procesado en rebeldía polos incidentes de Noia.

LÓPEZ GESTAL, Abelardo (1897 – ?).

O 13 de xuño de 1931 un grupo de traballadores solicita autorización para unha xuntanza para tentar constituir un sindicato; asinaban o escrito Abelardo López e Manuel D. Rincón. En setembro de 1932 foi nomeado membro dunha comisión de mecánicos do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña. Membro do Sindicato “Nueva Aurora” de cigarreiras e cigarreiros da Coruña, participou nun movemento de protesta en decembro de 1932. En abril de 1933 era secretario do Sindicato de Industria del Tabaco Paqueteiro do Diario CNT de Madrid na Coruña en xuño de 1933. En xulio de 1935 era secretario do Sindicato de Industria del Tabaco. Mecánico da Fábrica de Tabacos, axudou económicamente a Antonio Fournerakis despois do levantamento militar e fixo de enlace para el. Foi condenado á pena de 12 anos en decembro de 1937.

LÓPEZ GÓMEZ, Ramón.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ GONZÁLEZ, José.

Integrante da comisión organizadora do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos, en xuño de 1931; foi nomeado vocal no seu primeiro comité. Vicepresidente do SPV de Betanzos en xaneiro de 1933.

LÓPEZ GONZÁLEZ, José (A Coruña, 19-3-16 – ?).

Mariñeiro do “Cabo San Agustín”, afiliado á CNT, preso no campo de concentración de Karaganda en 1948.

LÓPEZ GUTIÉRREZ, Ubaldo (Colombres-Oviedo, 1907 – ?).

Tamén sae como Waldo. Participou na fuxida de Desiderio Comesaña Prado e outros dende Vigo a Portugal en decembro de 1937. Vivía en Vigo dendeagosto de 1935, cando chegara expulsado de Argentina, por ser sindicalista de acción. Xulgado en febreiro do 38, foi absolto.

LÓPEZ INSUA, Antonio (Noia-A Coruña, 1910 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; estivera afiliado á UGT.

LÓPEZ ITURRALDE, José A..

Representa aos Sindicatos de Industria Pesquera de Cudillero, Xixón e Candás no Congreso da FNIP de Zaragoza en maio de 1936. Participa nun mitin en Moaña en 1936. Asturiano, era secretario do SIP Xixón en xulio de 1936 cando, no III Congreso da FNIP foi designado Secretario do Comité da Federación Nacional de Industria Pesquera, con residencia en Vigo (obtivo o apoio de 25 delegacións).

LÓPEZ LA VILLA, Ángel.

Estibador, detido en xulio de 1920 na Coruña na vaga represiva polos sucesos que derivaron na morte dun policía e un cabo de seguridade.

LÓPEZ LAGUARTA, Eusebio “Coteno”

En maio de 1940 Agustín Remiro e Eusebio López Laguarta “Coteno” repartiron manifestos da Alianza Democrática Española na Coruña.

LÓPEZ LAMAS, Bernardo (Narón, 1907 – )

Natural de Narón, veciño de Narón. Ingresou no cárcere de Ferrol o 22 de maio de 1932 por un delito de coacción en folga ilegal, e foi liberado o 1 de xuño.

LÓPEZ LAMAS, Manuel (Viñao-Punxín, 02-02-1916 – ?).

Militante da CNT de Punxín. Antes da guerra traballando na construcción do ferrocarril Zamora-Ourense, en Requejo, dende setembro de 1935. Durante a guerra en zona republicana, á que pasou por Portugal. Presentouse en abril de 1939. Condenado en maio de 1943 a vinte anos de reclusión. En setembro de 1948, residente en Viñao, pedía o indulto da pena principal.

LÓPEZ LANZA

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

LÓPEZ LEDO, Fernando (Chantada, 1890 – ?).

Expulsado de Cuba por sospeitoso, chegou a Coruña embarcado no “Reina María Cristina” en xuño de 1918.

LÓPEZ LÓPEZ, Aquilino

Segundo Amparo Sánchez Cobos era lucense, naturalizado cubano, e foi organizador do grupo e revista naturista “Pro-Vida” en La Habana na altura de 1912; abriu un restaurante vegetariano en La Habana. A comezos de 1918 foron investigadas as súas reunións con Hilario Alonso; os dous foran integrantes da Asociación de Dependientes de Cafés até 1915, e estaban vinculados a grupos de Estados Unidos que formaban parte da IWW. Foron xulgados en marzo de 1918 e declarados culpables mais non foron expulsados por estar naturalizados cubanos. Nunha listaxe de anarquistas españoles en Cuba feita por Amparo Sánchez Cobos. Procedente de Lugo, de 35 anos, casado, dependente.

LÓPEZ LÓPEZ, Avelino (*)

Detido en Barcelona en abril de 1933 como anarquista posiblemente implicado en atentados terroristas.

LÓPEZ LÓPEZ, Avelino.

Afiliado número 431 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ LÓPEZ, Emilio.

Tesoureiro do Comité Regional da Unión Petrolífera en xulio de 1932.

LÓPEZ LÓPEZ, Gumersindo.

Xulgado a comezos de agosto de 1933, acusado de intervir nas explosións na Comisaría de Policía da Coruña.

LÓPEZ LÓPEZ, Jesús.

Afiliado número 226 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ LÓPEZ, Manuel

Secretario da Confederación Obrera, expulsado de Cuba no machadato.

LÓPEZ LÓPEZ, Manuel.

Asiste ao Pleno celebrado en Madrid nos últimos días de febreiro de 1939, como secretario do Sub-Comité Nacional da CNT. Ao final da guerra, estivo no muelle do porto de Alicante, tentando sair nalgún barco. Fugouse de Albatera con avais falsificados. Participa no Comité Nacional da CNT en 1940. Morre no sanatorio de Valdelatas en 1941.

LÓPEZ LÓPEZ, Manuel.

Contador da Sociedad de Cocineros y Camareros da Coruña en xaneiro de 1922. Contador da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1922.

LÓPEZ LÓPEZ, Maximino.

Membro da comisión redactora dos estatutos dun montepío da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en abril de 1915. Nomeado Contador da Sociedad en decembro de 1915.

LÓPEZ LÓPEZ, Máximo “Monforte” (*)

Anarquista español que en 1913 era capataz nas minas de Firmeza e en 1914 estaba traballando nunha finca en Oriente.

LÓPEZ LÓPEZ, Ramón “Pego” (Xuvia-Narón, 6-10-1899 – ?).

Operario de calefactos de ferrona Constructora Naval, afiliado á CNT dende 1931. Participou nos traballos de reorganización da CNT tentando formar un grupo de Embarcaciones menores do Ponto. Foi detido en marzo de 1947. Procesado na causa 156/47, pedironlle 7 anos e foi condenado a 3.

LÓPEZ LOUSAME, Abelardo “Xanfariña” (Noia-A Coruña, 1903 – ?)

Estudiante de Noia, fugado dende Muros a Bilbao. Membro do Sindicato Minero de Lousame, procesado en rebeldía polos incidentes de Noia. Reclamado por un xulgado de Noia en febreiro de 1937. Soldado da 2º Compañía do Batallón Nº 30 “Celta” da CNT, en maio de 1937. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937. Conseguiu pasar a Francia e despois emigrou a Argentina.

LÓPEZ LUIS, José “Saluto” (? – Sabarís, Santa Cristina da Ramallosa, Baiona, 13-10-1936)

Chauffeur, estivo en contacto con Diego Abad de Santillán e foi o que propuxo a idea de Santillán de instaurar os colectivos no marco da crise económica de 1928. Despois disto vendeu o seu coche e foi vivir a Galiza, onde montou unha colonia, até que foi asasinado despois do golpe militar. En decembro de 1935 e febreiro, maio de 1936 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Sabarís.

LÓPEZ MANTEIGA, Francisco.

Delegado da Sección de Chavoleros y Mozos de Campo do SIP á Casa Sindical da Coruña en xuño de 1934. Tesoureiro da Sección de Chavoleros do SIP da Coruña en setembro e outubro de 1935.

LÓPEZ MANTIÑÁN, Fernando (Rutis-Culleredo, 13-02-1909 – ?).

Carpinteiro, afiliado á CNT. Foi detido tras o golpe militar e liberado ao pouco tempo. Capturado na fuga do Monte de San pedro, en marzo de 1937, foi condenado a reclusión perpetua, ainda que despois lle foi rebaixada, cumprindo tres anos na prisión provincial da Coruña. Na cadea coincidiu con Juan García Durán e Félix Álvarez Arganzúa, cos que formaría ao sair o primeiro Comité da F.L. da Coruña, do que foi secretario. Participou nunha reunión no Centro Deportivo de Santa Lucía, na que repartiu selos de cotización. Foi tamén contador e vocal do primeiro Comité Regional. Fuxido da Coruña, saliu para Cádiz, onde embarcou cara a Tánger, permanecendo alí catro anos. Despois foi para San Luis, no Senegal, por dous anos, até que embarcou para Australia. En febreiro de 1969 volta a Galiza por Tui, sendo detido e posteriormente posto en libertade provisional. Fixou a súa residencia na Coruña.

LÓPEZ MARCELINO, Víctor

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Hospital, 26.

LÓPEZ MARCO, José.

Secretario do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Sardiñeiro-Fisterra cando a súa fundación, en maio de 1936.

LÓPEZ MARTÍNEZ, José.

Doutor, inspector de sanidade, deu unha conferencia organizada “Germinal” no Kiosko Alfonso de A Coruña en marzo de 1936, sobre “Evolución de las enfermedades venéreas”.

LÓPEZ MARTÍNEZ, Juan.

Nunha lista de milicianos do Sindicato Único “La Progresión” de Erandio, que traballan no pesqueiro “Ramón Franco”, en Euzkadi, no tempo da guerra civil. 38 anos. De Riveira. Mariñeiro.

LÓPEZ MARTÍNEZ, Vicenta.

Xulgada en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

LÓPEZ MÉNDEZ, Manuel (1899 – ?).

Traballador de “La Voz de Galicia”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Vicepresidente da Asociación Tipográfica en xuño de 1935.

LÓPEZ MONTEAGUDO, Luis

Detido o 22 de outubro de 1931 na Coruña por facer saltar as caixas terminais de Telefónica. En novembro de 1931 o gobernador civil da Coruña telegrafiou ao ministro de Gobernación dándolle conta da detención de Luis López Monteagudo, Arturo Iglesias Barbeito e Antonio López (fillo do folguista José Torres) por curtar liñas telefónicas; eran repartidores e menores de idade.

LÓPEZ MONTENEGRO, José

En xulio de 1891 lembraba en “El Productor” a súa adolescencia na Coruña, cursando humanidades e notariado.

LÓPEZ N., Cipriano

Detido en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899.

LÓPEZ NAVEIRA, Emilio.

En marzo de 1936, vocal da Sección de Conserveras do SIP da Coruña.

LÓPEZ NÚÑEZ, Julio.

Afiliado número 327 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ OROSA, José (Xermade-Lugo, 1915 – ?).

Labrador. Facendo o servicio militar no cuartel de Simancas cando o golpe de estado. Ingreso no BON Galicia en outubro de 1936, até que foi ferido en abril de 1937 e dado por inútil pola perda de visión nun ollo e a amputación dun dedo. A ACG informaba del en xulio de 1937.

LÓPEZ OUTEIRAL, Manuel (Corrubedo, 1910 – ?).

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Escarabote. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

LÓPEZ PEREA, Antonio.

Capitán da mariña mercante, deu unha conferencia no local social da Sociedad “El Despertar Marítimo” da Coruña en xaneiro de 1918, sobre o ensino da pesca e da náutica.

LÓPEZ PANTÍN, Manuel (Cornide-Narón – ?).

Cotizante da CNT en Xuvia cara a 1947. Membro do grupo sindical de Embarcaciones Menores do Ponto, fuxido.

LÓPEZ PARDO, Juan

Nunha listaxe de anarquistas españoles en Cuba feita por Amparo Sánchez Cobos. Procedente de Galiza, de 23 anos, solteiro, carpinteiro.

LÓPEZ PEINCEIRAS, Demetrio (Barallobre, 1908 – )

Natural de Barallobre, veciño da rúa Espíritu Santo, 6, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 8 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o 12 do mesmo mes.

LÓPEZ PENEDO, José “Liberto López” (Paredes de Cidade, ?-07-1915 – 04-02-1950)

O 12 de xulio de 1947 participou nun atentado contra o confidente Eliseo Melis. O 9 de marzo de 1949 foi acosado na rúa General Sanjurjo de La Torrasa de L’Hospitalet, onde estaba con José Sabaté. Ferido, foi detido, condenado a morte e fusilado o 4 de febreiro de 1950. En decembro de 1949 “Cultura Proletaria” de New York tiña anunciado a súa condena a morte o 10 de novembro de 1949; estaba acusado da morte do secretario das xuventudes falanxistas e dous axentes da orde. O enlace Quintana lembraba á súa viuva e as súas dúas fillas. Segundo Quintana, López era quen redactaba os escritos políticos e as octavillas; Quico Sabaté dáballe unha idea e José López a escribía. Executado o 4 de febreiro de 1950.

LÓPEZ DEL PALACIO, Rafael David Antonio “Filósofo da Selva” (Santiago, 12-05-1916 – ?)

Naceu en Santiago en maio de 1916.

LÓPEZ PÉREZ, Carmelo (Cesantes-Redondela, 16-07-06 – ?).

Antes da guerra afiliado á CNT de Bouzas. En outubro de 1938 era mariñeiro do “Magdalena Vinaches”, fuxido a Brest. Ao contrario que a maioría dos tripulantes, non voltou á Galiza, senon que foi para Barcelona, ingresando en Infantería de Mariña. Pasou toda a guerra en Barcelona e coa caída da capital catalana foi para un campo de concentración en Francia. Cinco meses despois entrou en Catalunya sendo levado ao campo de concentración das Carmelitas. Despois foi para Redondela.

LÓPEZ PÉREZ, Jesús.

Vocal provisional da Unión Petrolífera da Coruña en agosto de 1934, cando se decidiu o reingreso da mesma na FLO.

LÓPEZ PIÑEIRO, José “Valla Pequeña”.

Acompañaba a Antonio Guntín cando foi asasinado por Nicasio Pérez, en xulio de 1935.

LÓPEZ PIÑEIRO, Luis (Ferrol, 1897 – ?).

Remachador. Detido a finais de xaneiro de 1934 en Neda por participar nunha reunión clandestina, foi levado á Escollera.

LÓPEZ PIÑÓN, Francisco

Detido en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899. Procesado en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

LÓPEZ POSSE, Francisco (1886 – ?).

Revisor da Asociación Tipográfica de A Coruña en novembro de 1909. Vocal 2º da Asociación Tipográfica de A Coruña en marzo de 1916. Traballador de “La Voz de Galicia”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Forma parte dunha comisión da Asociación Tipográfica en maio de 1933.

LÓPEZ PROVENZA, Enrique.

Foi secretario do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en outubro de 1927.

LÓPEZ PULIDO, Enrique.

Afiliado número 239 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ QUINTIANS, Manuel (?, 1879 – ?).

Veciño da Pedra, detido en setembro de 1934, por apedrear un coche da garda civil.

LÓPEZ RAMOS, Edelmiro

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en praza de Maria Pita, concello, estadística.

LÓPEZ REY, Manuel.

Mariñeiro de Pontedeume detido por exercer coaccións contra obreiros da industria pesqueira en Ferrol, quedou en libertade en outubro de 1920.

LÓPEZ RIBAS

En xuño de 1914 participou nun mitin da campaña polos presos na Coruña.

LÓPEZ RIVAS, José.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Linares Rivas, 4, baixo. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña.

LÓPEZ RODRÍGUEZ, Antonio.

Un dos secretarios do Ateneo Libertario “Humanidad Libre” de Lugo en maio de 1935 e maio de 1936.

LÓPEZ RODRÍGUEZ, Castor (Castrelo de Miño-Ourense, ? – ?).

Militante do Sindicato de Campesinos de Ourense desde 1935, afiliado á Agrupación Confederal Galaica en Asturias en agosto de 1937.

LÓPEZ RODRÍGUEZ, Catalina.

Veciña de Neda, procesada por coacción e daños con ocasión da folga textil de Xuvia en maio de 1923.

LÓPEZ RODRÍGUEZ, Estrella.

Vendedora de peixe da Coruña, en xulio de 1925 integrou unha comisión que negociou co alcalde o tema dos impostos do peixe e da carne.

LÓPEZ RODRÍGUEZ, José (?, 1912 – ?).

Linterneiro, xulgado en Consello de Guerra pola súa militancia anarquista na Coruña. A causa foi sobreseída.

LÓPEZ RODRÍGUEZ, Luis (?, 1901 – ?).

Follalateiro, veciño de A Moura. Detido na Coruña en febreiro de 1934, acusado de atentar contra o patrono da construcción Julio Rodríguez Blanco.

LÓPEZ RODRÍGUEZ, Manuel “Pixin” (Cariño, 25-2-12 – ?).

Mariñeiro, afiliado á CNT dende 1932. Vivía en Cariño e alí participou na resistencia. Despois do golpe foi para Espasante co seu irmao Alfredo. Fuxiu de Espasante no pesqueiro “Ramón Galdo” en outubro do 36. Participou na fundación da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en novembro de 1936, como militante do Sindicato de Industria Pesquera de Cariño. En marzo de 1937 incorporouse ao Batallón 208 “Victor”, que operaba na Trecha. En abril foi destinado a Bilbao, onde permaneceu até a caída da cidade. Trasladado a Xixón, por unha ferida, a caida de Asturias o colleu hospitalizado; tentou fuxir no vapor “Gaviota” máis foi detido nel en outubro do 37. En decembro 1937, no campo de concentración de Camposancos. Foi condenado a pena de morte en agosto do 38.

LÓPEZ RODRÍGUEZ, Manuel Alfredo “Pixin” (Cariño, 19-08-04 – ?).

Mariñeiro. Fuxiu de Espasante no pesqueiro “Ramón Galdo” en outubro do 36. En Xaneiro de 1937 afiliado á Agrupación Confederal Galaica en Asturias. En 1937, ferido e hospitalizado en Xixón. Asiste a unha reunión do Comité da Agrupación Confederal Galaica e dos Delegados do BON Galicia, en Oviedo, en febreiro de 1937, pola 3ª Compañía.

LÓPEZ RODRÍGUEZ, Manuel (?-Lugo, 12-04-14 – ?).

Labrador, da CNT, solteiro, fillo de Rafael e Balbina, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía. Afiliado número 16 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ RODRÍGUEZ, Manuel.

Detido pola garda civil do posto de Cedeira en maio de 1935 xunto a Mario Rico e outros, por escándalo, ingresou no cárcere de Ortigueira.

LÓPEZ ROEL, Juan (1910 – ?).

Traballador de “El Noroeste”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

LÓPEZ ROIBÁS, Manuel.

Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xulio e setembro de 1931. Nomeado vogal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xulio de 1931; residía en Cordelería, 60, 2º. Tesoureiro do Sindicato en xulio de 1933.

LÓPEZ ROMAY, Darío.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ ROSAY, Ricardo.

Delegado do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña na FLO en setembro de 1935; domicilio en Juan Castro Mosquera, 48.

LÓPEZ RUMBO, Juan.

Mariñeiro folguista, detido en xulio de 1920 na Coruña por estar implicado nos sucesos que derivaron na morte dun policía. En xulio de 1920 o xulgado dictou auto de procesamento contra el pola morte do vixilante do corpo de policía Tomás Antón; estaba no cárcere, onde lle foi notificado o procesamento. Xulgado en maio de 1923 por atentado. Xulgado novamente polo mesmo delito en novembro de 1923. Pedíanlle catro anos, mais o fiscal retirou a acusación.

LÓPEZ SALORIO, Antonio “El Goro” (Betanzos, 1911 – ?)

Acusado da voadura do Ponte Novo de Betanzos, na carreteira de Betanzos-A Coruña, en xulio de 1936. En abril de 1937 en ignorado paradeiro, fugado dende o comezo do movemento.

LÓPEZ SALUSTIO, José.

Mitin no Centro de Estudios Sociales “La Libertad” de Bembrive, en abril de 1936, polos campesiños de Vigo.

LÓPEZ SÁNDEZ, Víctor

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Florida, 37, baixo.

LÓPEZ SÁNCHEZ, Domingo

En novembro de 1935 foi detido na rúa Panaderas por colocación de carteis; tiña 26 anos, era colchoneiro, solteiro, fillo de Celestino e Manuela, domicilio en Castelar, 14, 2º.

LÓPEZ SÁNCHEZ, Hilario (Celeiro, 21-9-06 – Saint Chely-Francia, 27-10-1993).

Mariñeiro de Celeiro, en 1921 afiliase á CNT. Logo vai a Cuba fuxindo do servizo militar. Vogal da Asociación de Dependientes de La Habana en xuño de 1927. Cando volta, na Dictadura de Primo de Rivera, faino cara a Candás (Asturies), onde coñece á súa compañeira Rita Felisa González. En Asturias participa na revolución de outubro do 34 e despois na loita contra os militares en xulio de 1936. No frente de Bilbao é ferido nunha perna e despois participa na defensa de Xixón. En 1937 ingresa na FAI e consegue fuxir por mar cando cae a fronte norte. En Barcelona colle o mando dun buque explorador, hundido polos alemáns; cando cae Catalunya fuxe novamente por mar cara a Francia, pasando polos campos de concentración de Béziers, Argelès, Barcarès, Chateauroux, separado da súa familia. Despois pasa a traballar a Lozère, Rabastens e finalmente nunha fábrica siderúrgica de Saint Chély d’Apcher, participando nas actividades da Comarcal de l’Heralut, Gard y Lozère da CNT no exilio.

LÓPEZ SÁNCHEZ, Jesús.

Foi vicesecretario do Sindicato de Estibadores “El 1º de Enero” da Coruña, en abril de 1931.

LÓPEZ SÁNCHEZ, José “Picado” (Viveiro, 1901 – ?)

Mariñeiro de Viveiro. Presidente do Sindicato de Pescadores de Celeiro da CNT. Ingresou no cárcere de Lugo o 17 de maio de 1939, foi xulgado nas causas 984/36 e 1020/36, condenado a cadea perpetua e saiu o 9 de xulio de 1941 en prisión atenuada.

LÓPEZ SANCOSMEDE, José.

Afiliado número 331 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LÓPEZ SANJURJO, Felipe

Tesoureiro da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en novembro de 1933.

LÓPEZ SANTALLA, Cipriano.

Afiliado á CNT. Detido o 21 de xulio de 1936 no Concello de Ferrol.

LÓPEZ SEGADE, José (A Coruña, 29-06-1875 – La Habana, 23-08-1905).

En 1899 vivía na Coruña, na rúa Orillamar, 19, era aprendiz de caixista; en 1894 vivía no Caleixón de García, 2, era tipógrafo. Dende La Habana, felicitaba en maio de 1895 á Asociación Tipográfica da Coruña polo seu terceiro aniversario, cun grupo de tipógrafos que participaran na súa fundación. Asina un artigo en “El Porvenir del Obrero” de Mahón en abril de 1903, sobre o alcoholismo. En novembro de 1903 formou parte dun Comité de Propaganda en La Habana. Convocado a unha xuntanza no xornal “¡Tierra!” en decembro de 1903. En xaneiro e marzo de 1904 convocado xuntanzas na redacción de “¡Tierra!”. Morreu en agosto de 1905, de tisis, no Hospital número 1. Fora membro da redacción de “’¡Tierra!” e despois fundara “Germinal”.

LÓPEZ SEIJO, Manuel (Pontedeume, 1901 – )

Natural de Pontedeume, veciño de Pontedeume. Industrial, ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de abril de 1935 por un delito de fabricación de explosivos, e foi conducido á Coruña o 10 de maio.

LÓPEZ SEOANE, Luis.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de la Construcción y Litografía de A Coruña en marzo de 1932. Tesoureiro do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en abril de 1932. Cuestionado polo Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña, por un desfalco, en marzo de 1933.

LÓPEZ SEOANE, Manuel.

Afiliado número 627 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LOPEZ SEOANE, Manuel

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

LÓPEZ SERANTES, Juan.

Vocal do Sindicato de Mozos de Comercio y Similares de Ferrol en setembro de 1935.

LÓPEZ SERRANO, Carmen.

Xulgada en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

LÓPEZ SOTO, Félix

Antigo deportado nos campos nazis, de Ferrol, en xulio de 1948 Joaquín Castiñeira tentaba contactar con el a través do xornal “Solidaridad Obrera.

LÓPEZ VALCÁRCEL, Jesús

Tenente da Segunda Compañía do Batallón “Celta” 30º Euzkadi 6º CNT.

LÓPEZ VALEIRO, Enrique.

Camareiro marítimo da Coruña, resultou ferido por disparos de revolver nun enfrontamento cun estibador da “colla patronal” no bar “La Mina”, en setembro de 1921.

LÓPEZ VARELA, Carmen

En xaneiro de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

LÓPEZ VÁZQUEZ, Antonio

En setembro de 1909 obtivo unha acta de concelleiro en Santa María de Oza pola Unión Campesina.

LÓPEZ VÁZQUEZ, Pedro.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 2ª Compañía.

LÓPEZ VEIGA, Marcelino (Serantes, 1907 – ?)

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931. Detido a consecuencia do movemento de decembro de 1933, declarou que varios militantes anarquistas de Ferrol se reuniran para preparar o movemento.Natural de Serantes, veciño da rúa da Estrela, 59, Ferrol. Mariñeiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 31 de marzo de 1935 por un delito de danos e lesións, e foi posto en libertade o 3 de abril.

LÓPEZ VEIRA, Manuel (A Coruña, 08-05-14 – ?).

Xulgado en Consello de Guerra, por ser receptor dunha acreditación das JJ.LL. da Coruña, cando estaba no exército. A causa foi sobreseída.

LÓPEZ VEIRAS, Luis.

Contador do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en setembro de 1935.

LÓPEZ VIDAL, Ángel

En novembro de 1917 Ángel López Vidal e Justo Rodríguez Pérez foron proclamados concelleiros en Sada pola Conjunción Libertaria e Sociedad de Pescadores.

LÓPEZ VIGO, José

Participa nunha suscirición na Batería Naval Antiaérea Número 1 de Almería, en abril de 1938.

LÓPEZ VILA, Armando.

Militante da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación, implicado nas feridas de Manuel Mejuto por disparos de arma de fuego, probablemente fortuitos, en abril de 1935.

LÓPEZ VILAR, Jovino

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en San Agustín, 9, 1º.

LÓPEZ VILARIÑO, José María.

Vocal da Sección de Tranviarios do Sindicato Único del Transporte de Ferrol en abril de 1936.

LÓPEZ VILELA, José (*)

Vogal da Sociedad de Peones y Similares “La Mundial” de La Habana en xulio de 1912.

LOREDO MARTÍNEZ, Antonio

De familia adiñeirada na Galiza, segundo Juan Ferrer, paisano e amigo da infancia de Emiliano Iglesias. Colabora en “Tierra y Libertad” de Barcelona en maio, xuño e xulio de 1909. Colabora en “Tierra y Libertad” de Barcelona en maio de 1909. En xaneiro de 1910 figuraba nunha listaxe de presos en Barcelona polos sucesos da Semana Tráxica, publicada por “¡Tierra!” de La Habana. En febreiro de 1910 colabora en “Tierra y Libertad” desde o cárcere de Barcelona. A finais de febreiro de 1910 quedou en libertade. En marzo e abril de 1910 colabora en “Tierra y Libertad”. Participa nun mitin en Tarrasa defendendo o ensino racionalista e outros en San Martín del Clot e Villafranca en marzo de 1910. O 20 de abril de 1910 “Tierra y Libertad” informaba da súa detencion. En maio de 1919 asina un artigo en “Tierra y Libertad” desde Las Palmas, a bordo do “Barcelona”, onde fora desterrado, pasando por Valencia, Almería, Málaga e Cádiz. En xulio de 1910 Joaquín Hucha fala del nun artigo publicado en “Tierra y Libertad”, comentando que residiu uns días en Montevideo e despois foi detido e deportado a Buenos Aires, onde estivo no cárcere. Asina un artigo en “Solidaridad Obrera” de Barcelona sobre a represión na Argentina en agosto de 1910. En setembro, outubro, novembro de 1910 escribe artigos en “Tierra y Libertad” desde París, un deles sobre “La anarquía en el Brasil”. En novembro de 1910 colabora con “Tierra y Libertad”. En xaneiro de 1911 asinaba un artigo en “Tierra y Libertad” de Barcelona, recollido por “Acción Libertaria” de Gijón. En xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xulio de 1911 asina artigos en “Tierra y Libertad”. Conferencia en Vilanova i Geltrú en xulio de 1911. En agosto de 1911 un numeroso grupo de sociedades obreiras de Barcelona protestaron pola súa deportación á Argentina no vapor “León XIII”, o 3 de agosto de 1911, polo inspector Antonio Tressols. En agosto de 1911 “Tierra y Libertad” informa do paso de Loredo e Gilimón por Málaga, como expulsados. Devolto por cuarta vez a raiz do Congreso celebrado pola CNT en 1911 no Palacio de Bellas Artes de Barcelona. En decembro de 1911 asina unha carta en “Tierra y Libertad” desde Montevideo. Nunha lista de deportados desde Argentina publicada en maio de 1913 por “Tierra y Libertad”. En agosto de 1913 publica un artigo en “Regeneración”. En setembro de 1913 asina un artigo en “Tierra y Libertad”. En xaneiro, febreiro, abril, maio, xulio, agosto de 1914 colabora en “Tierra y Libertad” de Barcelona. Participa nun acto público en Mataró en febreiro de 1914. Mitin en Vilasar de Dalt e conferencia no Centro de Cultura Racional de Sans en febreiro de 1914. Controversia co tradicionalista Roger de Lluria en Mataró en marzo de 1914. Conferencia no Ateneo de Cultura da Barceloneta en abril de 1914. En setembro de 1914 “Tierra y Libertad” pide información sobre o seu paradoiro. En febreiro de 1915 entregouse a Antonio Loredo o resultado dunha colecta feita na sesión de controversia do Ateneo Racionalista de Sans o 31 de xaneiro, por estar enfermo e carecer de medios para a súa curación. En abril de 1915 foi nomeado como delegado ao Congreso da Paz polos campesiños de Jerez de La Frontera; nesa altura pronunciou unha conferencia no local dos electricistas de Barcelona. A mediados de abril de 1915 chegou a Ferrol como delegado de Catalunya para o Congreso da Paz. En maio de 1915 tomou parte no Congreso da Paz de Ferrol, representando a “Solidaridad Obrera”, Sindicatos y Federación Catalana, Sociedades de Elda, Federación Local de Zaragoza, e Agricultores de Jerez de la Frontera. Segundo as contas do Congreso a organización pagoulle a fonda desde o nove ao 23 de abril, e 30 pesetas en concepto de xornais. En xulio de 1915 colabora en “Tierra y Libertad”. En agosto de 1915 o Grupo de Propaganda Social de Lisboa escribía a “Acción Libertaria” para tomar contacto con Loredo. En agosto de 1915 colaboraba en “Tierra y Libertad”. En setembro de 1915 o Grupo de Propaganda Social de Lisboa solicitaba a súa participación nunha publicación especial dedicada a Ferrer; pouco despois, “Tierra y Libertad” publicou o seu artigo “El culto a los muertos”, dedicado ao Comité Español de Propaganda Social de Lisboa; en outubro de 1915 Santos Bubiera, de Lisboa, enviou o artigo “No es idolatría” dedicado a Loredo. En outubro de 1915 estivo en Mahón para unha velada organizada pola Sociedad de Obreros Zapateros. En xaneiro de 1916 “Acción Libertaria” anuncia a publicación en Elda de “Guerra Social”, cuxos redactores son Antonio Loredo e Eusebio Carbó. En marzo de 1916 publicaba un artigo en “Tierra y Libertad” dende Logroño. A finais de marzo de 1916 “Tierra y Libertad” publicaba a nova da súa morte, ás 22 horas do día 25 de marzo de 1916, en Logroño. Levaba tempo doente e morreu despois de ser levado a Logroño ao desfalecer antes de dar un mitin en Navarrete; a necrolóxica di que fora expulsado de Argentina e que tomara parte nos acontecementos de xulio de 1909, polo que foi expulsado de España; fundou en Elda “Guerra Social” e foi colaborador de “Tierra y Libertad”. Dende “Tierra y Libertad” xa tiñan comunicado con Mella para avisarlle do estado de saúde de Antonio Loredo e que avisara ao seu irmao.

LORENZO

O 11 de novembro de 1891 a Sociedad de Canteros de Ferrol organizou unha velada necrolóxica en honor aos mártires de Chicago, coa participación de Lorenzo, Villaverde, Bueno e Fernández.

LORENZO

En marzo de 1914 participou xunto ao seu fillo nun mitin polos presos políticos e sociais organizado polo Ateneo Obrero Sindicalista de Ferrol.

LORENZO

En febreiro de 1915 participa nun mitin antiguerreiro no Teatro Romea de Ferrol.

LORENZO, Alfredo.

Nunha listaxe de militantes socorridos pola Sociedad de Carpinteros de Santiago en setembro de 1923.

LORENZO, Atanasio.

Elexido secretario xeral do Sindicato General de Trabajadores de Vilagarcía, en outubro de 1931.

LORENZO, Baldomero.

Secretario da Sección del Ramo de la Alimentacion da Federación Obrera de Tui en novembro de 1924.

LORENZO, Eduardo

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

LORENZO, Emilio.

Asina o acordo que resolveu a folga pesqueira de Bouzas en decembro de 1932. Membro da Comisión Revisora do Sindicato de Industria Pesquera de Vigo da recadación de cartos enviados por outros Sindicatos, en decembro de 1932.

LORENZO, Eugenio

Vogal da Sociedad de Fogoneros Marítimos y Terrestres da Coruña en novembro de 1901.

LORENZO, F.

O 10 de outubro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

LORENZO, Francisco

No mitin do 1º de maio de 1900 na Coruña participaron Marcial Lores, José María Castro, Vicente Vázquez, Francisco Vázquez e Francisco Lorenzo pola Sociedad de Tipógrafos.

LORENZO, Francisco.

En decembro de 1906 e febreiro, abril e novembro de 1907, e maio de 1908 envia donativos a “Tierra y Libertad” desde Vigo. Paqueteiro ou suscriptor de “Tierra y Libertad” en Vigo, que lle adebedaba cartos en xulio de 1908. En outubro de 1908 envía un donativo a “Tierra y Libertad” desde Vigo. En marzo de 1910 mantén correspondencia con “Tiera y Libertad” desde Vigo. En xulio de 1912 Juan Domínguez tentaba comunicar con el desde Ferrol.

LORENZO, J.P.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

LORENZO, Joaquín.

Vicesecretario da Sección de Cocineros do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en abril de 1935.

LORENZO, José

O 30 de maio de 1890 participou na asemblea preparatoria das movilizacións universais pola rebaixa da xornada de traballo no teatro Romea de Ferrol.En agosto de 1894 “La Idea Libre” daba conta da edición da memoria da Sociedad de Canteros de Ferrol e de que a comisión que o redactou estaba integrada por Manuel Eirín, José Lorenzo e Juan Eitor.

LORENZO, José

En febreiro de 1915 tomou parte nun mitin antiguerreiro no Teatro Romea.

LORENZO, José.

Acusado de formar parte dun grupo “soviético” da parroquia de Bealo-Boiro, que en xaneiro de 1923 desfixera un viveiro do crego da parroquia.

LORENZO, José

En marzo de 1903 participou na mesa dun mitin da Maestranza no Circo Ferrolano para xestionar créditos para rematar os traballos en curso.

LORENZO, José.

Participa na reunión constituinte do SIP de Espasante en maio de 1936. Foi nomeado vocal da primeira xunta directiva.

LORENZO, José “Ribeiro”

En setembro de 1938 a Agrupación de Gallegos Libertarios de Valencia tentaba contactar con José Concón “da Abelleira” e José Lorenzo “Ribeiro” da Coruña en “Galicia Libre”.

LORENZO, M.

Colabora nunha suscrición de “El Luchador” desde Vilagarcía en abril de 1932.

LORENZO, Manuel (*)

Detido por repartir impresos de convocatoria do Congreso de Cruces, en 1912.

LORENZO, Manuel.

Afiliado número 650 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LORENZO, Manuel Jesús.

Vocal da Junta Consultiva de Navegación, de Vigo, asina un artigo en ¡Despertad! en novembro de 1928, sobre o tema dos fogoneiros habilitados.

LORENZO, Vicente

En febreiro de 1917 foi nomeado vogal da Sociedad de Aserradores da Coruña.

LORENZO ANGUEIRA, José María.

Militante cenetista nas minas de San Finx-Lousame, ingresou voluntario na Falange de Asturias, por medo ás represalias.

LORENZO ARAUJO, Leopoldo (Teis-Vigo, 6-7-08 – ?).

Electricista, recadou cotizacións para a CNT clandestina en Vigo, nos talleres de Vulcano. Procesado na causa 156/47, pedironlle 7 anos e foi condenado a 3.

LORENZO ASPERILLA, Anselmo

En xaneiro de 1913 “Tierra y Libertad” publica o artigo “Contra la ignorancia”, que Anselmo Lorenzo escribiu a petición do Centro Obrero de Cultura de Ferrol.

LORENZO BERMÚDEZ, Benigno.

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Marín. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

LORENZO CARRO, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Castrillón, 5, baixo.

LORENZO DÍEZ, Antonio.

Presidente e un dos fundadores do Sindicato de Personal de Teléfonos da Coruña en xuño de 1931.

LORENZO FERNÁNDEZ, Juan.

Cotizante da CNT en Compostela en 1947.

LORENZO FRAIZ, José

O 20 de setembro de 1937 publicou un artigo no primeiro número de “Galicia Libre” e participou nunha lista de donativos para o xornal. O 30 de setembro participou nunha listaxe de donativos para “Galicia Libre”. En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid. En agosto de 1938 colabora en “Galicia Libre”.

LORENZO GARCÍA, Felipe (Noia-A Coruña, 1895 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) en 1937; fora afiliado á CNT.

LORENZO GÓMEZ, José.

Presidente da CNT en Vilacoba, foi testigo de cómo os mineiros de Lousame derrubaban a ponte de Vilachán. Foi detido días despois por ese motivo e levado ao cárcere de Padrón. Despois de sair da cadea foi para Portugal, onde estivo seis meses.

LORENZO LEMOS, José.

Vocal de “La Alianza Marinera” de Cangas en xaneiro de 1932.

LORENZO LESTA, Ramona.

En novembro de 1919 a Sociedad de Operarias de las Fábricas de Conservas y Salazón de Pescado designou a Ramona Lorenzo para representala no Congreso da CNT e elixiu de presidente a Manuel Suárez. Vocal do Sindicato “El Porvenir Social” da Coruña en novembro de 1933. Na comisión revisora de contas da Sección de Salazoneras do SIP en agosto de 1934. Vocal da Sección de Conserveras do SIP en marzo de 1936. Falecida o 10 de novembro de 1968, aos 84 anos de idade.

LORENZO LOUZÁN, Aurora.

Foi vocal do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña, en novembro de 1930.

LORENZO MALDE, Juan (Santa Cecilia-Narón, 1912 – ?).

Natural de Santa Cecilia-Narón, veciño de Santa Cecilia-Narón. Moldeador, ingresou no cárcere de Ferrol o 5 de outubro de 1934 por un delito de colocación de explosivos, e foi conducido á Coruña o 24 de outubro. De Santa Cecilia, sospeitoso en outubro de 1934 de estar implicado na colocación dunha bomba no Café Comercio de Ferrol. Detido en novembro de 1934, polo tema da bomba no Café Comercio. En abril de 1950 a Federación Local de Rousillon dirixíase á Regional Galaica para tentar contactar con Luis Beceiro e Juan Lorenzo Malde.

LORENZO MUÑOZ, Antonio.

Ou Antonio Lorenzo Muñiz. Foi secretario do Sindicato de Empacadoras da Coruña. Foi vocal do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña, en marzo de 1932 e secretario en maio do mesmo ano. Secretario do Sindicato en setembro de 1933 e até xulio de 1934. Representa a 150 afiliados da Sección de Empacadoras no Pleno da FNIP en outubro de 1933. Secretario da Sección de Empacadoras en xuño de 1935. Presidiu unha reunión do Sindicato de Empacadoras en maio de 1936.

LORENZO RAÑÓ, M. (*)

Suplente na xunta administrativa da Asociación Obrera de Socorros Mutuos de Buenos Aires.

LORENZO RODRÍGUEZ, Germán

Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en febreiro de 1938. En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”. Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en outubro de 1938.

LORENZO ROMERO, Antonio.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 4ª Compañía.

LORENZO SÁNCHEZ, Donato.

De Blancos-Ourense. Deportado de La Habana en decembro de 1919, quedou detido na Coruña.

LORENZO SANTIAGO, F.

Fai un chamamento as xóvenes libertarios de Santiago para ingresar nas JJLL en “Solidaridad Obrera” da Coruña en setembro de 1934.

LORENZO VARELA, Basilio.

Mariñeiro, natural da Vigo. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en Xaneiro a setembro de 1937.

LORENZO VILA, Alfredo (Porto do Son, ? – Hyères, 13-08-77).

Militante libertario galego, morto no exilio na “Maison de Retraite” de Hyères.

LORES, Emilio.

Deu unha conferencia no Centro de Estudios Sociales Germinal en outubro de 1918, sobre “Fisiología e higiene del estómago”.

LORES, J.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935.

LORES, Roberto

Nunha comisión do Gremio de Dependientes de La Habana en novembro de 1906.

LORES, Sebastiana de.

Participa nun mitin en Vilagarcía en maio de 1935, en nome do Ateneo Libertario de Pontevedra. Mitin en Vilagarcía en xuño de 1935 xunto a Claro J. Sendón. Mitin antifascista en La Concha de Arosa, en setembro de 1935. Mitin en Vilagarcía en outubro de 1935.

LORES GARCÍA, Marcial “M. Serol” (1870 – ?).

Asina un artigo en “El Corsario” en novembro de 1892, como M.L. Asina artigos en “El Corsario” en maio de 1893 como M. Serol. Dirixiu o xornal “El Corsario” na súa segunda etapa, entre 1893 e 1896, xunto a José Sanjurjo. En agosto de 1895 mantiña correspondencia con “La Idea Libre”. Tipógrafo coruñés, que publicou en 1896 o folleto titulado “Consecuencias del Estado”. Actuou como secretario no mitin do 1º de maio de 1900 na Coruña, onde tamén falou en nome da Sociedad de Tipógrafos. En xaneiro de 1901 “La Protesta Humana” publica o seu artigo “El Estado”. En setembro de 1902 asina en “La Protesta Humana” o artigo “El hombre y el estado”. En novembro de 1902 participou nun mitin en “Germinal” en prol do amor libre, xunto a Sanjurjo e Cebrián. En decembro de 1902 participa nunha velada en “Germinal” de homenaxe a Pi i Margall. En 1903 recibía a correspondencia do grupo promotor de “Tierra y Libertad” diario na Coruña. En febreiro de 1903 formaba parte da nova directiva do Centro de Estudios Sociales “Germinal”, como presidente. En xuño de 1903 participou nun mitin no Teatro Circo polos presos de Badajoz, La Línea, Cádiz, Jumilla, Almería e outras localidades. Interveu no mitin de conmemoración dos sucesos de maio, en 1904; nestas datas era presidente da “Antorcha Galaica del Librepensamiento”. En setembro de 1904 quizo polemizar con Lerroux na súa visita a A Coruña, mais non se lle permitiu facelo; o feito foi denunciado por “El Porvenir del Obrero” de Mahón. Colabora no xornal “Germinal” de A Coruña en decembro de 1904. Participou nun mitin en Meicende en febreiro de 1905. En abril de 1905 deu unha conferencia en Betanzos, sobre o 1º de maio e a finais deste mes o Kiosko “El Sol” publicoulle o seu folleto “Creencia y ciencia”. En decembro de 1905 o xornal “El Libertario” pídelle que envie o seu enderezo, para enviarlle os libros do concurso no que resultara premiado. En 1906 estaba a venta o seu folleto “Creencia y ciencia”. Participou no mitin do 1º de maio de 1906 no Teatro Circo da Coruña. En xuño de 1906 gañou dous accesits no Concurso Sociolóxico de “El Libertario” de La Habana. Integrou a comisión redactora do regulamento do Montepío de Tipógrafos y Similares de A Coruña en setembro de 1906. Asina artigos en “¡Tierra!” de La Habana en setembro, novembro e decembro de 1906 e xaneiro de 1907. Participou no mitin anticlerical de decembro de 1906 no Teatro Circo da Coruña. Participou no mitin de Betanzos da excursión de propaganda A Coruña-Betanzos en xaneiro de 1907. En abril de 1907 chegou a La Habana para traballar no seu oficio de tipógrafo. O 27 de abril de 1907 estaba en La Habana, e asistiu a unha conferencia de Abelardo Saavedra; ao día seguinte, despois dun mitin en Guanabacoa, os dous foron detidos; segundo Amparo Sánchez Cobos, presentou un documento asinado polo capitán do “Allemania”, o vapor no que tiña chegado, certificando que pagara a pasaxe traballando como asistente de cociña no traxecto; pola contra, o consul cubano en A Coruña comunicara ao departamento de Estado que o pasaxe lle fora pagado polas autoridades españolas. Asina artigos en “¡Tierra!” de La Habana dende o Vivac de La Habana a finais de maio de 1907; foi posto en libertade o 30 de maio despois de 34 días en prision. Asina artigos en “¡Tierra!” de La Habana en xuño e setembro de 1907. En maio de 1908 asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana. Formou parte da comisión que levou a controversia entre o libertario Rafael García e o socialista Esteban Fernández Temprano na Coruña, en febreiro de 1909. Foi secretario do mesmo en marzo e novembro de 1909. Colaborou no xornal “La Cuña”, voceiro da Federación de Obreros de la Madera, editado na Coruña entre 1908 e 1909. Tesoureiro da Asociación Tipográfica de A Coruña en febreiro de 1910. En decembro de 1910 foi defendido das críticas de Enrique Taboada en “¡Tierra!” de La Habana. Vocal da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en abril de 1911. Traballador de “El Noroeste”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

Buena Semilla. Barcelona, 01-04-1906.

LORES TABOADA, Emilio (?, 1896 – A Coruña, 17-11-1966)

En outubro de 1927 o concello da Coruña autorizou a Emilio Lores Taboada para instalar un kiosco de periódicos na praza de Santa Catalina, que foi chamado “Kiosco del Reloj”. Traballador de “La Papelera Gallega”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Presidente da Asociación Tipográfica en decembro de 1931. En xaneiro de 1933 integrou unha comisión para negociacións e presidiu unha reunión da Asociación Tipográfica. En maio de 1934 vendíanse no kiosco de Emilio Lores en Panaderas as entradas do concerto da Orquesta Filarmónica Coruñesa organizada pola comisión pro Casa Sindical. Morreu en novembro de 1966; na esquela saía como ex-encargado de “La Papelera Gallega”, de 70 anos.

LORES TABOADA, Julio.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Progreso, 24, 1º; tamen en López Buden, 23, baixo. Traballador de “La Papelera Gallega”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Vicesecretario do Ateneo Libertario “Nueva Era” da Coruña, á súa fundación, en novembro de 1933. Secretario accidental da Asociación Tipográfica en setembro e outubro de 1934, e secretario en abril de 1935. Traballador de “La Papelera Gallega” da Coruña, contador do Comité da CRG en xulio de 1936. Fuxido dende os primeiros días do golpe de estado, estivo agachado algún tempo na vivenda de María Otero, xunto a José González e Fernando Caamaño. A súa compañeira Marina Rey Sánchez fixo de enlace nas tarefas de reorganización da FAI.

LORES TABOADA, Marcial

Traballador de “El Orzán”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

LOSADA

En marzo de 1936 “Avance Marino” informa de que foi nomeado membro dunha comisión revisora en representación dos fogoneiros.

LOSADA, Carmen

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

LOSADA, Jesús (*)

Publica unha serie de artigos en “La Verdad” de Tandil sobre individualismo y anarquismo en 1925. En novembro de 1927 asina un artigo en “La Verdad” de Tandil sobre o asalto ao Hospital Rawson.

LOSADA, José (*)

Preso en agosto de 1912 como dirixente da folga dos Docks de Santos, o avogado Demetrio Justo Seahra desprazouse para tratar da súa causa.

LOSADA, José

Lavador, deportado de Argentina a finais de 1930.

LOSADA, Manuel

Vicepresidente do Sindicato Ferroviario da Coruña en maio de 1932.

LOSADA, Manuel

Delegado pola Sección de Culleredo da Federación Comarcal Campesina de A Coruña, ao Pleno Regional de Ferrol, en agosto de 1932.

LOSADA, Pepita (*)

En setembro de 1946 tentaba contactar con Nicolás Anido, de Mugardos, a través “Cultura Proletaria” de New York; o enderezo de contacto era SIA de New York.

LOSADA, Pilar.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

LOSADA, Vicente

Secretario da Sociedad de Carpinteros de A Coruña en xulio de 1915.

LOSADA ÁLVAREZ, José (*)

En setembro de 1912 Ricardo Vidal padeceu un accidente de traballo en Manzanillo, ingresou na “Sala de Pensión” do Hospital Civil de Manzanillo que pagaba o “Centro Gallego” do que era socio, e José Losada Álvarez denunciou a falta de atención que padecera, ademáis das trabas para visitalo.

LOSADA ÁLVAREZ, Manuel (*)

En agosto de 1913 era delegado de dependentes do Sindicato Obrero de Ciego de Ávila.

LOSADA BOUDAY, Manuel

En abril de 1932 foi nomeado vicepresidente do Sindicato de Industria Ferroviaria da Coruña; tiña domicilio en Estrada do Pasaxe, 17, 3º.

LOSADA DALAMA, José “Sastriño” (San Pedro de Oroño-Riós-A Veiga das Meás-Vilardevós, 13-05-1893 – ?).

Segundo www.retirada.org, nacido o 18-08-1905 en A Veiga. Mitin en A Gudiña en setembro de 1931. Despois de novembro de 1931, secretario do Sindicato Único de Trabajadores de Verín. Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Verín, en xulio de 1933. En novembro de 1933 informa no diario CNT da campaña abstencionista realizada en Verín. A finais de abril de 1934 José Losada e Carlos Santiso tiveron un enfrontamento con José Taboada, que pegaba cartaces anunciadores do Congreso das Juventudes de Acción Popular; José Losada foi detido e Carlos Santirso, que agredira a Taboada, fuxiu. Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Verín en xulio de 1934, comenta a detención de Amil, Moreno e Chao, cando ían dar un mitin alí. Na cadea despois do movemento de outubro de 1934, pasou cartas a Luis Bazal e José Fernández Rodríguez dirixidas aos carrileiros da bisbarra. A garda civil sospeitaba del e das súas relacións con extremistas portugueses. Condenado a 1 ano e 2 meses de cárcere en marzo de 1935. Xastre, estivo en Argelès desde o 15 de agosto de 1940 até o 14 de xuño de 1941, en que foi para a zona ocupada. Fai unha crónica dos actos de propaganda en Verín en xuño de 1936. O secretariado da CRG no Exilio interesabase polo seu paradeiro en agosto de 1946.

LOSADA LOSADA, Basilio (Escairón, 15-08-1931 – ?)

Carpinteiro. Desembarcou en Brasil o 3 de febreiro de 1961 procedente do vapor “Santa María” e fixouse en Quartel do Derby-Recife.

LOSADA NOGUEIRA, José (*)

A el diríxese a correspondencia do Grupo “Acción Directa” de Campechuela-Oriente en maio de 1913. En outubro de 1913 quería contactar con dosu compañeiros a través de “¡Tierra!”. En marzo de 1914 anunciaba a creación do grupo “Sin Dios, sin patria y sin raza” en Bayamo. En abril de 1914 recollía unha suscrición para “¡Tierra!” en Candonga. En maio de 1914 estaba en Gibara.

LOSADA NOVO, Guillermo (Ferrol, 1898 – ).

Natural de Ferrol, veciñode San Nicolás, 31, baixo, en Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 23 de decembro de 1930 por un delito de roubo, foi liberado o 20 de abril de 1931, ao ser indultado. Preso na Escollera por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol. Natural de Cariño-Ortigueira, veciño da rúa San Nicolás, 31, baixo, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 17 de decembro de 1933 por un delito de folga revolucionaria, e foi conducido á Coruña o 18 de febreiro de 1934. Da CNT de Ferrol, conducido cara A Coruña en febreiro de 1934, para ser xulgado polo Tribunal de Urxencia. Según a declaración de José Medín Pardo, Salgado entregoulle dúas pistolas antes do levantamento de 1934 en Ferrol, unha das cais pasoulla a Losada. Foi acusado tamén de ir a recoller bombas á casa de Estanislao González, por encargo de Salgado. Levou as bombas á casa de Salgado e posteriormente á de José Fernández e Nicasio Pardo. En outubro de 1934, foi denunciado como participante nunha reunión de militantes anarcosindicalistas que preparou o movemento de decembro de 1933. Natural de Ferrol, veciño da rúa de San Nicolás, 31, Ferrol. Xornaleiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de abril de 1935 por un delito de fabricación de explosivos, e foi conducido á Coruña o 10 de maio. En abril de 1935 pasou cun grupo de implicados na fabricación e tenencia de explosivos da xurisdicción militar á civil, sendo trasladados do castelo de San Felipe ao cárcere de Ferrol. Compareceu diante do tribunal de urxencia da Coruña a comezos de maio de 1935. Preso no cárcere da Coruña en setembro de 1935, colabora nunha suscripción en apoio do diario “CNT”.

LOSADA PALLARES, Vicente (San Xoan de Cela-O Corgo-Lugo, 1852 – ?)

Detido en Caldas de Reis en outubro de 1897, como sospeitoso de anarquismo. Era natural da provincia de Lugo e tiña 35 anos. Estivera uns días en Pontevedra para traballar na liña ferroviaria a Carril e deixara sen pagar a pensión.

LOSADA QUIROGA, Jaime.

Vocal 2º da Sociedad de Obreros Cocineros y Similares de la Provincia de A Coruña en setembro de 1928.

LOSADA SEXTO, Manuel.

Presidente do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña e Delegado no CR en outubro de 1933.

LOSMOZOS, Valentín.

Militante da FNIF. Na Galiza no verán de 1932, interveu nun mitin ferroviario na Coruña o 14 de agosto, con Moreno, Villaverde e Pestaña. En agosto de 1932 o Sindicato de Industria Ferroviaria da Coruña comunicou a celebaración dunha conferencia de Valentín Losmozos no seu local sindical. Na semán seguinte deu unha conferencia no Centro Obrero.

Cultura Ferroviaria. Madrid, 01-11-32.

LOUREDA, Jesús

Vicepresidente da Sociedad de Carpinteros de A Coruña en xulio de 1915.

LOUREDA, Carlos

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Cordelería.

LOUREDA DÍAZ, Carlos (A Coruña, 1911 – ?).

Militante do Sindicato de Pintores da Coruña dende 1925 a 1936. Afiliado número 564 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

LOUREDA DÍAZ, Carlos

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

LOUREDA DÍAZ, Eduardo.

Vocal 2º da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xulio de 1927.

LOUREDA VÁZQUEZ, Benedicto (?, 1912 – ?).

Ferido no asalto ao convento dos Capuchinos da Coruña en xulio de 1931.

LOUREIRO

O 11 de novembro de 1890 interveu na velada organizada pola Federación Obrera de Ferrol en conmemoración dos mártires de Chicago.

LOUREIRO (*)

Envolto polas autoridades nun complot en decembro de 1911 en Tandil, “La Acción Obrera” daba conta da súa liberación.

LOUREIRO (A Garda, 1913 – ?).

Chofer, militante do Sindicato de T.M. de Tarragona, dende marzo de 1933. Pide o ingreso no Movimiento Libertario en Inglaterra en 1945.

LOUREIRO N., Juan.

Foi vocal do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña, en abril de 1931.

LOUREIRO NEIRA, Luis (Santiago, 1910 – ?).

Militante do Sindicato de Carpinteros da CNT compostelá antes da guerra civil. Movilizado en 1938, loitou en diversos frentes. Foi detido en febreiro de 1945 na caída da organización do PC en Santiago en Vigo.

LOUREIRO VEGA, Teodoro

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

LOURIDO (*)

En xaneiro de 1909 chegaba a Santos a nova da súa deportación, transmitida polo coronel Ramón Falcón, xefe da policía de Buenos Aires; era deportado con destino a España.

LOURIDO (*)

Nunha lista de deportados de Argentina publicada en maio de 1913 en “Tierra y Libertad”.

LOURIDO, Baltasar (*)

Dirixente da Sociedad Obrera de Río Gallegos na folga da Patagonia.

LOURIDO ARRIBÍ, Jesús.

Denuncia a actividade da UGT nas obras da carreteira a Punta Candieira de Cedeira nas páxinas de “Solidaridad Obrera” da Coruña en xaneiro de 1933.

LOURIDO GONZÁLEZ, Manuel.

Segundo Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas de Vilagarcía de comezos de século. Anunciábase o desexo de establecer contacto con Ramón Magariños e Manuel Lourido, poñéndose en contacto con “Tierra y Libertad” en maio de 1910. En decembro de 1910 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” desde Vilagarcía. Intervén nun mitin obreiro en Vilagarcía en abril de 1916. Participou nunha ponencia na primeira sesión e presidiu a segunda sesión do Congreso Obrero de Vigo, en agosto de 1922, como delegado do Sindicato de Aserradores de Vilagarcía. Asinou un comunicado dos delegados ao Congreso Obrero de Vigo en agosto de 1922, a favor dos traballadores postais en conflicto. Falou no mitin de protesta organizado pola FLO da Coruña polos sucesos de Sobredo, en decembro de 1922. Participou nun mitin en pro dos presos sociais no teatro Tamberlick de Vigo en marzo de 1923, organizado pola CNT. Presidente da Federación Obrera Local de Vilagarcía en maio de 1923. En decembro de 1923 foi detido nunha xuntanza clandestina con varios panadeiros e foi conducido a Pontevedra; era o presidente da Federación Obrera.

LOURIDO IGLESIAS, Francisco (Redonda-Corcubión, 1891 – ?).

Xornaleiro. Vocal do SOV “La Igualdad” de Corcubión en 1936. Foi detido en novembro de 1936, mais posteriormente a causa foi sobreseida en xaneiro de 1937.

LOURO, Antonio (*)

En xulio de 1895 “La Idea Libre” informa da participación de José Paz, Manuel Antelo e Antonio Louro no mitin pola folga de panadeiros de Madrid.

LOUSA Y LOUSA, Arturo (1880 – ?).

Traballador da Imprenta Roel, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

LOUSAN CALVETE, Francisco.

Detido a finais de maio de 1933, acusado de participar na queima das igrexas de Sigrás e Anceis.

LOUZA, María.

Detida en agosto de 1922 por coaccionar ás obreiras que ían traballar na fábrica de trapos e metais da Coruña

LOUZÁN, José.

Integrante da comisión organizadora do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Sardiñeiro-Fisterra en maio de 1936.

LOUZÁN BEIRO, Jesús.

Presidente do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Sardiñeiro-Fisterra cando a súa fundación, en maio de 1936.

LOUZÁN CAAMAÑO, Aurelio..

Vogal do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Sardiñeiro-Fisterra cando a súa fundación, en maio de 1936.

LÓUZARA DE ANDRES, Jesús Rodolfo “Rolf Lone” (24-04-1888 – Steubenville-Ohio, 04-02-1973).

Aínda que nalgunhas fontes figura como José, o seu nome de pila era Jesús Rodolfo. Militante de orixe lucense; en ocasións sae como Lauzara. De profesión mariñeiro, estivo emigrado en Cuba e acabou afincándose en USA, onde participou na defensa de Sacco e Vanzetti e foi animador do grupo libertario “Iconoclastas”; con este grupo realizou unha famosa enquista internacional, publicada logo nun volume. En novembro de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Culebra-Panamá. En xaneiro de 1912 asina un artigo como Jesús Lóuzara de Andrés en “Tierra y Libertad”, desde Culebra-Panamá. En febreiro de 1912 colabora en “El Único” de Colón-Panamá, como integrante do Grupo “Los Invencibles”. En abril de 1912 participa nun mitin da Federación de Agrupaciones de Panamá e colabora en “Tierra y Libertad” desde Culebra. En maio de 1912 colabora en “El Único”. En outubro de 1912 “El Libertario” recolle a súa intervención nun mitin da Federación Individualista Internacional en Gatún. En xaneiro de 1913 participa nun mitin da Federación de Agrupaciones del Itsmo de Panamá. En abril de 1913 colabora en “El Libertario” desde Culebra-Panamá. Na véspera do 1º de maio de 1913 falou nun mitin organizado no seu local pola Federación Anarquista de Panamá. En xuño de 1913 “Acción Libertaria” informa da súa participación nun mitin da Federación de Agrupaciones del itsmo en Panamá. En xulio de 1913 asina un comunicado do Grupo “Los Invencibles” de Culebra-Canal Zone-Panamá. En agosto de 1913 asina en “Acción Libertaria” un chamado da Federación de Agrupaciones para que M.D. Rodríguez se poña en contacto coa Federación e un artigo sobre a revolución en México. En setembro e outubro de 1913 asina comunicados do Grupo “Los Imvencibles” desde Culebra. En outubro de 1913 asina un artigo en “Acción Libertaria” polemizando con “La Estrella de Panamá”. En novembro de 1913 asina artigo en “Acción Libertaria” desde Culebra e participa nun mitin en Balboa. En novembro de 1913 é un dos asinantes dun comunicado da Federación Individualista Internacional. En febreiro de 1914 asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana desde Akron-Ohio. En marzo de 1914 colaboraba económicamente el publicaba un artigo en “Fuerza Consciente” de San Francisco, desde Akron-Ohio, como J. Rodolfo Lóuzara. En maio de 1914 continuaba en Akron-Ohio. En febreiro de 1915 encabezaba unha suscripación para “Acción Libertaria” dende Steubenville-Ohio. En agosto de 1917 colabora económicamente con “Germinal” de Tampico. En decembro de 1922 colabora en “Cultura Obrera” de New York. En xuño de 1925 asinaba un artigo en “¡Tierra!” de La Habana sobre neomalthusianismo. Colabora en “Cultura Proletaria” de New York en maio, outubro, novembro de 1927. En setembro de 1927 axuda económicamente a “Cultura Proletaria” desde Steubenville. En xaneiro e febreiro de 1928 anuncia a aparición da “Revista Única”, editada por “La Protesta” de Buenos Aires. En febreiro, xulio e agosto, setembro (sobre os IWW), outubro, novembro de 1928 colabora en “Cultura Proletaria” de New York. En outubro de 1928 asina un artigo en “¡Despertad!” sobre a enquisa da “Revista Única”. En xaneiro, febreiro, marzo, abril, agosto, setembro, outubro, novembro de 1929 asina artigos en “Cultura Proletaria” de New York. Participa como membro do Grupo “Iconoclastas” de Steubenville no Pleno de Grupos Anarquistas e Individualidades celebrado en Blair Station, PA. o 19 de maio de 1929. Publica un artigo en “Tierra y Libertad” de Barcelona en marzo de 1931, desde Estados Unidos. Publica artigos en “Tierra y Libertad” de Barcelona en agosto e novembro de 1931, abril, xulio de 1932. En agosto de 1932 a súa compañeira estivo en Barcelona e mantivo contacto con “Tierra y Libertad”; en setembro de 1932 publicou unha necrolóxica de José Prat en “Tierra y Libertad” de Barcelona onde lembraba a visita que lle fixera recentemente a súa compañeira. En novembro e decembro de 1932 colabora en “Tierra y Libertad” de Barcelona. En marzo, abril, setembro de 1933 colabora con “Tierra y Libertad” de Barcelona. En xulio de 1933 figura como un dos asinantes nunha carta aberta do grupo “Los Iconoclastas” de Steubenville, publicada en “Tierra y Libertad”. En xuño de 1934 participa nun mitin sobre España en Canton-Ohio, coa súa compañeira Mercedes Fernández. En xuño, setembro de 1934 colabora en “Tierra y Libertad” de Barcelona. En xuño, xulio de 1935 colabora en “Tierra y Libertad” de Barcelona. Colabora en “Brazo y Cerebro” en outubro de 1935. Mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” en febreiro de 1936. En decembro de 1957 o “Suplemento Literario de Solidarida Obrera” número 48 publicaba o artigo titulado “Impresión y deducciones acerca de una visita efectuada al domicilio de nuestros compañeros Lóuzara y Mercedes”.

LOVEIRA, Carlos (*)

Mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” en novembro de 1910, desde Camagüey. Participa nun acto de propaganda en Sagua o 27 de maio de 1911 e noutro en Isabela la Sagua o 28 de maio. En agosto de 1911 foi detido en Sagua pola colocación de dous petardos. En novembro e decembro de 1911 colabora en “El Dependiente”; en decembro se defende dunhas acusacións publicadas en “¡Tierra!” e se considera propagandista da causa anarquista. En marzo de 1912 formaba parte do Comité de Librepensadores de Sagua La Grande. En marzo de 1913 era corresponsal de “El Dependiente” en Sagua la Grande. En abril de 1914 asina artigos en “El Dependiente” un deles sobre Tampa, escrito desde Mérida de Yucatán-México. En abril e agosto de 1915 asina artigos en “El Dependiente”.

LOZA SABÍN, José

Fogoneiro condenado a cadea perpetua. En novembro de 1913 a sentencia á pena de morte foi revogada polo tribunal supremo e a causa volveu ao estado de sumario. Foi xulgado en xuño de 1915 pola morte do contramaestre do vapor “Gaviota” nunha discusión. En xulio de 1915 reanudábase en Ferrol a campaña polo seu indulto, pois estaba novamente condenado a morte. Condenado a cadea perpetua. En maio de 1916 ordenouse que fora trasladado das prisións do Arsenal de Ferrol á corbeta “Nautilus” e despois ao penal de Cuatro Torres de C, por estar gravemente doente. A sua nai e a súa esposa pedían axuda para ir a Madrid a suplicar á Reina o indulto do sentenciado.

LOZANO, Antonio

En maio de 1915 tomou parte no Congreso da Paz de Ferrol, representando ao Grupo Anarquista “Los Iguales” de Madrid.

LOZANO DÍAZ, José Antonio.

En maio de 1935 foi nomeado vocal do SIP de Cariño. Detido gubernativo na Coruña en 1938, foi conducido a un Batallón de Trabajadores en abril.

LOZANO NOVOA, Germán.

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Ourense. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

LOZANO NOVOA, Juan (Belesar-Ourense, 1905 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) en 1937; fora afiliado á UGT.

LÓZARA

En maio de 1933 o gobernador civil telegrafiaba ao ministro de Gobernación comunicandolle que estaban detidos en Ferrol Martín Sampedro e Lózara (chegado de Zaragoza), dirixentes do movimento.

LUACES SAAVEDRA, José (*)

En abril de 1914 era vogal da Unión de Rezagadores de La Habana.

LUBIÁN, Gerardo (*)

Sendo un neno, participa nunha velada no Centro de Estudios Sociales del Cerro de La Habana en outubro de 1911.

LUCES MARTÍNEZ, José (Muros, 1919 – ?).

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xulio de 1937. Dependente de comercio. Miliciano do BON de Infantería Nº 231 (antes 3º Regimiento “Máximo Gorki”). Seus pais vivían en Vilasobroso-Mondariz. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente a un grupo do Batallón 231. En decembro de 1938 “Galicia Libre” inclúe unha información sobre a morte de Maximino Martínez, proporcionada por José Luces Martínez, que fora apresado na caída de Asturias e despois se pasou á zona republicana, prestando servicios na 5ª División.

LUELMO DÍAZ, Adoración “Dora Vázquez” (Madrid, 15-09-1915 – ?).

En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Girona. Compañeira de Miguel Vázquez Valiño. Madrileña, filla dun técnico de telefónica e fuxida da zona nacional. En 1949 adicábase á recollida de libros dende Toulouse para a súa venta e o posterior envío de cartos ao interior. O 15 de outubro de 1950 desembarcou en Brasil, procedente de Toulouse, no “Campana”.

LUGRÍS, José.

Vocal da Sociedad de Pescadores y Oficios Varios de Mera “El Despertar de la Humanidad” en maio de 1918.

LUGRÍS, Juan.

Secretario da Sociedad de Pescadores y Oficios Varios de Mera “El Despertar de la Humanidad” en maio de 1918.

LUGRÍS, Manuel.

Vocal da Sociedad de Pescadores y Oficios Varios de Mera “El Despertar de la Humanidad” en maio de 1918.

LUGRÍS, Rosendo

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

LUSTRES

En setembro de 1891 participa nunha suscripción de “El Corsario” polos presos en Cádiz. Asina como “Un zapatero descalzo”.

LUSTRES RIVAS, Manuel

Asina un artigo en “Acción Libertaria” de Gijón en xaneiro de 1911.

Call Now ButtonChámanos