Volver á Portada

FFF

FÁBREGAS FERNÁNDEZ, Ramón (?, 1923 – ?).

Neno de oito anos ferido no asalto ao convento dos Capuchinos da Coruña en xulio de 1931.

FACAL

En marzo de 1936 “Avance Marino” informa de que foi nomeado membro dunha comisión revisora en representación dos patróns.

FACAL COUSILLAS, E.

En marzo de 1936 publica un artigo en “Avance Marino” baixo o título “Carta a un patrón”.

FACAL RÚA, Avelino.

Afiliado número 428 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

FACHAL, Ángel.

En abril de 1930 ingresa no Sindicato de Trabajadores en Sales, Carbones y Minerales “El 1º de Mayo” da Coruña.

FACHAL, Carlos.

Interveu nunha asamblea mitin no Teatro Jofre de Ferrol sobre o problema do paro en maio de 1932.

FACHAL, Lino

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Fernández Latorre, 15, baixo, barbería.

FADRIQUE, Marcelino.

Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos.

FAGIN, Domingo

En xuño de 1900 era tesoureiro da Sociedad de Planchadores de La Habana.

FAGINAS, Ramón.

En xaneiro de 1917 foi nomeado secretario auxiliar da Comisión Central da Federación Nacional de Sociedades Obreras del Ramo de Elaborar Madera de España. En novembro de 1919 a Sociedad de Carpinteros “La Emancipación” designou a Ramón Faginas para representala no Congreso da CNT. Representou á Sociedad de Carpinteros “La Emancipación”, Sociedad de Constructores de Carruajes, Sociedad de Canteros “El Trabajo”, Sociedad de Pintores “La Lealtad”, Sociedad de Cajonistas y Aserradores “La Libertad, da Coruña, e Sociedad de Carpinteros, de Outres, no Congreso da Comedia de Madrid en 1919.

FAGINAS MACEIRAS, Juan.

Un dos fundadores do Sindicato de Cargadores y Descargadores del Muelle “El 1º de Enero” da Coruña en xaneiro de 1930. Nomeado membro dunha comisión do Sindicato en marzo de 1930.

FAGINAS SÁNCHEZ, Manuel.

Detido o 26 de maio de 1891 na Coruña, a consecuencia da folga do 1º de maio. Detido na folga de maio de 1891 na Coruña, por coacción a un canteiro na Marina; foi liberado en xuño. O xuizo estaba fixado para o 6 de febreiro de 1893, na sala do criminal, e ía ser defendido polo licenciado Pardo Laborde y Brandón. En febreiro de 1893 foron absoltos os xulgados pola folga do 1º de maio de 1891.

FAJARDO, Abelardo.

Secretario do xurado da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en marzo de 1915.

FAJARDO, Fernando.

Secretario da Sección de Mozos de Hoteles do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en xulio e agosto de 1933. Presidente en setembro de 1934. Secretario en xuño e xulio de 1936.

FAJARDO FAJARDO, Luis

Tenente da Segunda Compañía do Batallón “Celta” 30º Euzkadi 6º CNT.

FAJARDO QUINTELA, Emilio.

Presidente da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xulio de 1918. Presidiu unha xuntanza da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” en xaneiro de 1919. Seguía de presidente en febreiro de 1919. Membro da directiva da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítmos “La Cosmopolita” da Coruña en febreiro de 1922. Comisionado polo Sindicato de Cocineros y Camareros Marítimos para ir a Madrid a negociar co Consejo de Emigración, en maio de 1922. Vicesecretario da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1925. Por colaborar co comité de folga dos camareiros foi multado con 250 pesetas polo gobernador civil da Coruña en xulio de 1935.

FAJARDO FAJARDO, Luis.

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Coruña. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

FAJARDO PITA, Pedro (? – A Coruña, 19-08-1936)

Irmao de Petra Fajardo Lojo. Foi asasinado despois do golpe de estado, o 19 de agosto de 1936. Era veciño da rúa do Orzán. Segundo algunha fonte era membro do Socorro Rojo Internacional.

FAJARDO PITA, Petra (A Coruña, 1913 – ?).

Rogelio González encargoulle en xulio de 1937 que mecanografiase un manifesto da FAI, que ella lle encargou ao trotskista madrileño Justo Galán. Foi condenado á reclusión perpetua en decembro de 1937.

FAJARDO LOJO, Primo (Boiro-A Coruña, 1908 – ?).

Mariñeiro afiliado á CNT. Foi capturado no intento de evasión do porto de San Pedro. Condenado a reclusión perpetua.

FALCÓN DEIBE, Francisco.

Vocal 4º do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en febreiro de 1933. Presidiu reunións do Sindicato en setembro de 1933.

FALCÓN LAGO, Manuela.

Veciña de Neda, procesada por coacción e daños con ocasión da folga textil de Xuvia en maio de 1923.

FALOMIR, Pedro.

Militante da Federación Nacional de Industria Ferroviaria, veu á Galiza en decembro de 1932, facendo mitins en Pontevedra e Santiago. Estaba previsto que fixera mitins o 14 de decembro en Pontevedra, o 15 en Ourense, o 16 en Monforte, o 17 en Vigo, o 18 en A Coruña e o 19 en Vilagarcía e Santiago.

FANDINGO GONZÁLEZ, Guzmán.

Vicesecretario do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en marzo de 1936.

FANDIÑO (*)

Nunha lista de deportados de Argentina publicada en maio de 1913 en “Tierra y Libertad”.

FANDIÑO

Multado en decembro de 1933 por ter escondido a Manuel Amil Barcia. Era taberneiro no cruceiro do Sar.

FANDIÑO, Eugenio.

Detido en xulio de 1920 na Coruña na vaga represiva polos sucesos que derivaron na morte dun policía e un cabo de seguridade.

FANDIÑO, Francisco.

En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908.

FANDIÑO, José.

Presidiu unha reunión do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en novembro de 1933.

FANDIÑO, José.

Preside unha reunión do Sindicato de Mozos de Comercio y Similares de Ferrol en setembro de 1935.

FANDIÑO, Manuel Serafín “Alejandro Alba”, “Alejandro Silvetti” (Santiago, 1889 – ?).

Militante sindical e periodista. Emigrou a Argentina en 1905 vencellandose aos obreiros alpargateiros, oficio que practicou. Repesentou aos alpargateiros no consello directivo da Federación de Obreros del Calzado e, a raiz do atentado mortal contra o xefe de policía Ramón Falcón, en Buenos Aires, foi deportado a España, ainda que conseguiu desembarcar en Santos (Brasil), onde formou parte dun grupo anarquista co nome de Alejandro Alba. En febreiro de 1909 estaba entre os asinantes dunha suscripción recollida por Juan Basora en Mar del Plata. En 1911 trasladouse a Montevideo co oficio de ebanista e alí colaborou na organización do seu gremio e na creación da Federación Obrera Regional Uruguaya. En setembro de 1915 pide a “Acción Libertaria” que “Los Refractarios” lle envie exemplares a Rio de Janeiro. En outubro de 1915 levaba en Rio ded Janeiro “A internacional”, axencia de libros, xornais e revistas, xunto a Vieites e Rodrígues. A partir de 1915, co seudónimo de Alejandro Silvetti está en Buenos Aires, despregando unha grande actividade, como secretario do sindicato de ebanistas e director do seu periódico gremial. En 1922, ao constituirse a Unión Sindical Argentina e a Confederación Obrera, foi nomeado vicesecretario e director do seu voceiro até 1935. Nesta data toma parte na Conferencia Internacional del Trabajo celebrada en Ginebra, como membro da delegación argentina. Foi tamén membro da Asociación de Trabajadores del Estado e colaborou con asiduidade en publicacións uruguaias, brasileiras e argentinas, como “La Protesta”, “La Battaglia”, “Bandera Roja”, “Solidaridad”, “El Trabajo”, “El Anarquista”, “La Rebelión”, etc. En 1943 apartouse das actividades sindicais.

FANDIÑO BERNÁRDEZ, Leonardo.

Vocal de “La Alianza Marinera” de Cangas en marzo de 1933.

FANDIÑO BOLADO, Manuel.

En ocasións sae citado como Balado. Nomeado secretario do Sindicato de Hojalateros da Coruña en maio de 1931. Secretario do Sindicato de Hojalateros da Coruña de maio a novembro de 1931. Delegado do Sindicato de Hojalateros da Coruña na FLO en novembro de 1931. Colaborador de “Solidaridad Obrera”, asina unha columna baixo o título de “Soldaduras” en marzo de 1932. Dimite como Delegado na FLO en marzo de 1932. Mitin en Carballo en febreiro de 1933. Dimite como secretario do Sindicato en novembro de 1933. Participou nas ponencias sobre reorganización da CRG e a situación do voceiro “Solidaridad” do Congreso da CRG de Ourense en decembro de 1935.

Delegado no CR e no Congreso de Ourense en decembro de 1935. Representou ao Sindicato de Hojalateros da Coruña no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935; alí declarou que xa non pertencía ao Partido Sindicalista.

FANDIÑO CRESPO, Vicente

En decembro de 1923 foi detido nunha xuntanza clandestina de varios panadeiros con Manuel Lurido, presidente da Federación Obrera de Vilagarcía.

FANDIÑO EIROA, Antonio.

Vocal de “La Alianza Marinera” de Cangas en marzo de 1933.

FANDIÑO RICART, Alfonso.

Secretario do grupo xuvenil “Juventud Libertaria” de Santiago no momento da súa creación, en marzo de 1930. Procesado en xuño de 1936 pola agresión a un Brigada do Reximento de Infantería Zaragoza Nº 30. Cando o golpe de estado, encabezou unha comisión de traballadores de Santiago que chegou a Noia o 20 de xulio, como secretario da CNT de Santiago. Despois de ir cara a Compostela e A Coruña, estaba de volta en Noia o 22 de xuño, permanecendo alí até o 25, data na que saiu cara a Bilbao nos vapores “Santa Eulalia” e “Santa Rosa”. Participou na fundación da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en novembro de 1936, como presidente do Sindicato de Pintores de Santiago. Participa na Asamblea da Agrupación Confederal Galaica no Cine Roxy de Xixón o 17 de xaneiro de 1937. Asiste a unha reunión do Comité da Agrupación Confederal Galaica e dos Delegados do BON Galicia, en Oviedo, en febreiro de 1937, polo Comité da Agrupación. Secretario xeral da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en maio de 1937. Secretario xeral da Agrupación Confederal Galaica, compoñente do grupo “Actividad” da FAI de Xixón en 1937. En xulio de 1937, era o secretario da Agrupación Confederal Galaica en Asturias. A comezos de novembro de 1937 en Barcelona, onde participa nunha reunión de militantes da CNT de Asturias, para tratar o tema da caída do frente norte. Posteriormente estivo en Valencia. Secretario da Agrupación de Gallegos Libertarios de Valencia en marzo de 1938. En abril de 1938 celebrouse en Madrid o pleno de Agrupaciones de Gallegos Libertarios,e Alfonso Fandiño foi nomeado como primeiro e único secretario da Federación de Agrupaciones de Gallegos Libertarios. En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Valencia.

FANDIÑO RICART, Antonio (Santiago, 28-3-10 – ?).

Minervista, irmao de Manuel. Contador da Asociación Tipográfica de Santiago en novembro de 1932. Representou ao Sindicato de Tipógrafos de Santiago no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Desempeñou o cargo de tesoureiro contador no Comité da F.L. de Santiago na clandestinidade. Procesado na causa 156/47, pedironlle 20 anos e foi condenado a 5.

FANDIÑO RICART, Coralia (? – Compostela, 18-02-1983)

Morreu en febreiro de 1982 en Compostela. Vivía na rúa do Espíritu Santo.

FANDIÑO RICART, Magdalena

En setembro de 1994 “La Voz de Galicia” publicaba unha entrevista a Magdalena Fandiño Ricart, irmá de Manuel, Alfonso e as “Marías”. Tiña 88 anos de idade.

FANDIÑO RICART, Manuel (Santiago, 21-1-1896 – ?).

Pintor. Segundo Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas composteláns de comezos de século. Aos 15 anos comezou a súa actividade no movemento anarcosindicalista galego. Era da quinta de 1917. Directivo da Sociedad de Pintores de Santiago, participou na folga xeral de agosto de 1917. Integrante da agrupación teatral “Brisas Futuras” de Compostela, participou nunha velada do mesmo en febreiro de 1919. En nome da agrupación artística “Brisas Futuras” asina unha carta ao director do xornal “El Noticiero Gallego” apoiando a homenaxe ao escultor Julio Antonio, en febreiro de 1919. Militante da CNT dende 1921. Representou a Pintores y Albañiles de Compostela no Congreso Obrero de Vigo en agosto de 1922. Asistiu ao Congreso fundacional da CRG en agosto de 1923, representando á Federación Local de Santiago. Presidente do Sindicato de Pintores e secretario da Sociedad de Obreros Panaderos de Santiago en outubro de 1924. Escribe en “Solidaridad Obrera” da Coruña en decembro de 1924, rebatindo a Villaverde. A comezos de xaneiro de 1925 foi designado secretario da CRG cando o Comité Regional pasou a Santiago, cargo que ocupou até 1930. Participou na reunión constituinte da Federación Marítima del Litoral Gallego en decembro de 1925, en Compostela, como secretario da CRG. En febreiro de 1926 presentou como secretario do comité da Confederación Regional Galaica unha solicitude para celebrar unha conferencia nacional na Coruña en abril de 1926, co obxectivo de reorganizar a CNT dentro da legalidade; daquela vivía no Campo da Angustia, 10, en Compostela; estaba conceptuado polas autoridades como sindicalista dos máis perigosos da rexión. A súa solicitude foi denegada polo gobernador civil, e a decisión foi ratificada polo ministro de Gobernación. Detido en 1928. A mediados de 1928 foi a Santiago para entrevistarse con el Rafael Vidiella. En agosto de 1928 “Cultura Proletaria” de New York informa da detención de Couceiro, Torreiro, Montes e outros na Coruña, Fandiño e Ezequiel Rey en Compostela e Villaverde en Vigo. En outubro de 1928 convocaba un Pleno da CRG na Coruña para o 23 de novembro, como secretario da CRG. En outubro de 1928 o gobernador civil da Coruña denegou a solicitude que lle fixera para facer un pleno rexional no local de Cordelería da Coruña nos días 25 e 26 de outubro. Recibiu tamén as visitas de Amalio Quílez e Eusebio Carbó. En xuño de 1929 asina unha carta en ¡Despertad! en nome do Comité Regional contestando a algúns sindicatos que cuestionaron ao CR. Foi presidente do Sindicato de Pintores e posteriormente do SIP de Vigo. Participa no mitin do 1º de maio de 1930 en Compostela. Secretario da CRG en xulio de 1930. Participa nunha asamblea pesqueira en Vigo en xulio de 1930 pola CRG. En setembro de 1930 representa ao Comité da CRG no Pleno Regional celebrado na Coruña. Presidiu mitins no Tamberlick vigués xunto a Pestaña, Casares Quiroga e Villaverde, e no Linares Rivas da Coruña con José Ramón Suárez, Casares Quiroga, Villaverde e Pestaña, en setembro de 1930. Interveu nun mitin de afirmación sindical en Ferrol en outubro de 1930, como secretario da CRG. En marzo de 1931 anuncia en “Solidaridad Obrera” da Coruña a súa intención de facer unha historia do movemento obreiro na Galiza. Participa nun mitin Pro-Amnistía no Teatro Rosalía, o 29 de marzo de 1931, tomando actas do mesmo. Preside o mitin do 1º de maio de 1931 en Tui. De Santiago, participa nun mitin no “Ideal Cinema” de Vigo, para informar da folga pesqueira en maio de 1931. Participa nunha asamble de mariñeiros no “Ideal Cinema” de Vigo, para informar da folga pesqueira a finais de maio de 1931. Mitin en Moaña en setembro de 1931. Mitin no Teatro Tamberlick de Vigo en setembro de 1931. Secretario da Federación Regional, interveu nun mitin en Bueu en outubro de 1931. En novembro de 1931 “Faro de Vigo” publica un comunicado da Federación Regional de Industria Pesquera sobre o naufraxio de Cangas; o secretario do Comité era Manuel Fandiño e o contador Vicente Vales, no enderzo da rúa San Francisco, 35, baixo. Dende 1931 a 1936 foi secretario da FRIP, en Vigo primeiro e logo en Marín, actuando como liberado da organización. Preside mitin de afirmación sindical en Ferrol en xaneiro de 1932. En abril de 1932 participou na Conferencia Regional de Sindicatos Pesqueros, e foi designado para sustituir a Villaverde na dirección de “Mar y Tierra”, ainda que xa o facía accidentalmente. A finais de abril de 1932 estaba en Compostela organizando unha serie de mitins en Baiona, Panxón, A Guarda, Camariñas, Riveira e outros portos. Polo 1º de maio de 1932 participou en mitins en Cangas e Moaña e tamén nun mitin celebrado por militantes de Ferrol en Sada, como representante da Regional. En xuño de 1932 participa nunha asamblea pesqueira en Vigo. En outubro de 1932 falou nunha asamblea de mariñeiros de Riveira e Corrubedo, pola folga pesqueira de Bouzas; posteriormente falou noutra asamblea en Noia. Asamblea de orientación en Marín en xaneiro de 1933. Representou á Federación Regional de Industria Pesquera no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Interveu nun conflicto en Vilalonga-Pontevedra en marzo de 1933. Participa nun mitin en Meirás-Sada en xaneiro de 1933. Participa nun acto pro-amnistía, organizado polo SIP en Chapela, en xulio de 1933. Participa no Pleno da FNIP en outubro de 1933, representando a “La Alianza Marinera” de Cangas, “Solidaridad Marinera” de Moaña, “El Adelanto Marinero” de Bueu, “La Alianza Marinera” de Chapela, Centro de Marineros de Cesantes, Sindicato de Pescadores “Protección Obrera” de Porto do Son e Sindicato de Pescadores “El Despertar del Valle” de Panxón. En abril de 1934 manobra para conseguir que as autoridades permitan o funcionamento do sindicato “Solidaridad Marinera” de Moaña, cambiandolle o nome polo de “Fraternidad Marinera”. Participa nun mitin pro-amnistía en abril de 1934, na praza de touros da Coruña. A súa filla Marina, dun ano, morreu a finais de maio de 1934. En agosto de 1934 desprazase a Riveira para intervir no conflito sostido alí. Representou á Federación Regional de Industria Pesquera no Pleno de Sindicatos da Federación Regional Galaica de Obreros de la Industria Pesquera y sus Derivadas, en setembro de 1935. Mitin en Noia en novembro de 1935, organizado polo Sindicato Minero de Lousame e a FRIP. Representou ao Sindicato de Industria Pesquera de Vigo, Industria Pesquera de Marín e Federación Regional de Industra Pesquera no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935; alí foi proposto por unha delegación como Director de “Solidaridad” e por outra como secretario do Comité Regional. No Pleno de Ourense levou unha proposta da Federación Regional de Industria Pesquera, favorable ás Alianzas Obreras. Participou na ponencia sobre alianzas obreiras do Congreso da CRG de Ourense en decembro de 1935. Participou nun mitin organizado polo Sindicato de Agricultores “La Unión Campesina” de Beade en xaneiro de 1936. Mitins en Viveiro, Cangas, Moaña e A Guarda en febreiro de 1936, e Riveira e Aldán en marzo de 1936. En abril de 1936 era secretario da FRIP. Foi proposto como secretario xeral da FNIP no Congreso celebrado en Zaragoza en maio de 1936, onde obtivo o apoi de tres delegacións. Ao comenzo da guerra era secretario do SIP de Marín. Procesado na causa 141/36, na que foi absolto. En 1942 retoma a súa actividade. A finais de 1945 fixose cargo da secretaría do Comité da CRG en Compostela. Agachado até novembro de 1945, en que se presentou ás autoridades, en Vigo, segundo algunhas fontes. Acusado de celebrar plenos clandestinos na súa casa e formar parte do Comité da F.L. de Santiago. Era tamén enlace co Comité Nacional. En xaneiro de 1947 axudou a agacharse en Compostela a José Luis Quintas Figueroa. Detido en abril de 1949, agachado nunha trampa baixo as escaleiras da súa casa e ingresado na cadea de Vigo. En xuño de 1949 foi condenado a 12 anos de prisión maior, que pasou a cumplir na Colonia Penitenciaria de El Dueso. En setembro de 1952 saliu en libertade condicional. Colaborou no libro de Manuel Buenacasa “El movimiento obrero español. Historia y crítica. 1886-1926”, cun capítulo adicado a Galiza.

FANEGO CALVO, José (Viveiro, ? – ?)

Chófer de Viveiro, ingresou no cárcere de Lugo o 7 de agosto de 1936. Estivo tamén no cárcere de Monforte e saiu en libertade o 22 de xulio de 1939. Estaba como preso gubernativo, comprendido na causa 412/36, que foi sobreseida. Vencellado á CNT.

FANEGO MALLO, Julio.

Ou Mella. Pintor, de 17 anos, en decembro de 1931 o Sindicato de Pintores da Coruña discutiu o seu despedimento polo patrón José Rey. Tiñase negado a pintar fachadas, traballo reservado aos maiores de 18 anos. Participou no movemento de decembro de 1933 en A Silva e foi procesado. En xuño de 1934 foi nomeado vicesecretario do Sindicato de Pintores da Coruña; tiña enderezo en San José, 28, baixo.

FARALDO, A.

En xuño de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Betanzos.

FARALDO, Antolín

En xuño de 1842 publico o artigo “La libertad como pensamiento político y literario” en “El Recreo Compostelano”. En xulio de 1842 publico o artigo “El cristianismo en su forma social” en “El Recreo Compostelano”. En decembro de 1842 publico o artigo “Nuestras conviccionesl” en “El Recreo Compostelano”. Na edición de “El Porvenir” de 29 de xuño de 1845 figura como Director-redactor da publicación.En setembro de 1845 “El Eco del Comercio” publicou unha protesta asinada por Faraldo, Rúa e Romero pola suspensión de “El Porvenir”.

FARALDO, Antonio.

Vocal da Asociación Tipográfica de A Coruña en febreiro de 1911.

FARALDO, Jacobo (*)

Directivo da Unión 14.139 de Cocineros y Dependientes de Restaurants de Key West en outubro de 1912.

FARALDO ALFONSO, Antonio.

Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xaneiro de 1923. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. Nomeado presidente do Sindicato de Pintores da Coruña en novembro de 1930; enderezo en Silva, 46, baixo. Participa nunha reunión do Sindicato de Construcción o 26 de abril de 1931. Vicepresidente do Sindicato de Pintores e delegado no CR en maio de 1931. Nomeado delegado do Sindicato de Pintores no Pleno de Ferrol en xulio de 1932.

FARALDO DÍAZ, Juan

En xulio de 1892 foi detido na Coruña por ameazar con voar o Café Continental se lle querían facer pagar a comida; declarábase anarquista. Era de Paderne. En xulio de 1892 “El Corsario” polemizaba con “La Voz de Galicia” sobre se Juan Faraldo era ou non anarquista.

FARIÑA, César.

En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Pintores, Albañiles y Similares de Santiago no Pleno Regional celebrado na Coruña. Representou ao Sindicato de Albañiles de Santiago no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. En outubro de 1933 asinou as bases que resolveron a folga do Sindicato de Camareros de Conxo, como presidente do mesmo.

FARIÑA, Eduardo

Pintor ferrolán, presidiu o mitin celebrado no Circo Ferrolano de Ferrol o 15 de novembro de 1901, en protesta polos sucesos de maio de 1901 na Coruña.

FARIÑA, José (*)

En setembro de 1901 Manuel Pego publica unha carta en “La Protesta Humana” dirixida a José Fariña, que o invitara a soster unha discusión nas columnas do xornal socialista “El Trabajo”.

FARIÑA, José

En febreiro de 1903 formou parte da primeira directiva da Sociedad Coral “Unión y Libertad” da Coruña, como vogal.

FARIÑA, Severino.

Secretario do Sindicato de Canteros y Similares da Coruña en outubro de 1928.

FARIÑA BARREIRO, Andrés (Abegondo-A Coruña, 1897 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

FARIÑA FARIÑA, Luciano.

Secretario da Sección de Mozos de Hoteles do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en xulio e agosto de 1933.

FARIÑA FERNÁNDEZ, José.

Vocal do Sindicato da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación en xuño de 1934.

FARIÑA IGLESIAS, Rogelio.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Travesía de Vera, 11, 1º. Contador do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en decembro de 1932.

FARIÑA LOUSA, Celestino.

Detido a finais de maio de 1933, acusado de participar na queima das igrexas de Sigrás e Anceis.

FARIÑAS, Andrés.

En marzo de 1907 na súa casa recibía os envios Manuel Varela, correspondente de prensa libertaria en Betanzos.

FARIÑAS, Antonia.

Vocal do Sindicato de Trabajadores del Ramo del Vestir de Vigo en xulio de 1931.

FARIÑAS, Eduardo

En febreiro de 1903 participou nunha xuntanza da Maestranza no Circo Ferrolano para xestionar créditos para rematar os traballos en curso.

FARIÑAS, Vicente.

Ou Fariña. En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908. Presidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en setembro de 1909. Presidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xaneiro de 1912. Participa nunha reunión da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xulio de 1914.

FARIÑAS GALDO, Antonio

Detido en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899.

Procesado en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

FARIÑAS REY, Julio

En abril de 1936 foi elixido vogal do Sindicato de Pintores da Coruña; tiña enderezo en Meicende.

FARIÑAS VIEITES, Eduardo

Detido en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899.

FARIÑAS VIEITES, Vicente

Procesado en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

FARO, Florentino.

En maio de 1936, secretario do Sindicato de Pontecesures, afin ao Partido Sindicalista.

FAURE, Sebastián.

O 4 de abril de 1915 recibiuse un telegrama en Ferrol anunciando a súa presencia no Congreso da Paz. A intención dos organizadores era que Faure presidira o Congreso.

FEA, Elisardo.

Vicepresidente da Asociación Tipográfica de Santiago en novembro de 1932.

FEAL, José

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

FEANES, Juan

Representou a Plateros de Compostela no Congreso Obrero de Vigo en agosto de 1922.

FEIJO, Ricardo (*)

En xaneiro de 1915 avisa en “Tierra y Libertad” de que a correspondencia do grupo “Avante” de Hardy non se envíe máis ao seu nome, pois morreu arrollado por unha máquina na mina onde traballaba.

FEIJOO, Epifanio

En maio de 1912 envía cartos desde Santos-Brasil a “Tierra y Libertad”. Anunciabase a súa participación nos actos do 1º de maio de 1922 en Amoeiro.

FEITO PARDO, José.

Seudónimo de Justo GALÁN BARBERO.

FEITO RODRÍGUEZ, Alfredo.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

FELGUEIRAS, Antonio

Membro da xunta xeral de Planchadores de La Habana en agosto de 1905.

FELIU LOURIDO, Cristóbal (? – A Coruña, 10-09-1936)

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo na estrada vella dos Castros, 9, 2º. Asasinado o 10 de setembro de 1936.

FÉLIX.

Membro do CES “Resplandor en el Abismo”, participa nun mitin de protesta en Paiosaco en abril de 1933.

FÉLIX, Francisco.

En marzo de 1905 mandaba unha crónica dende Betanzos ao quincenario “Germinal” da Coruña.

FÉLIX SOUZA, José (? – A Coruña, 07-10-1955).

Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en outubro e decembro de 1935; enderezo en Andrés González, letra U (Agra do Orzán); en decembro era tamén delegado á Casa Sindical. Faleceu en outubro de 1955.

FELPETO.

Membro da comisión revisora do Sindicato de Obreros y Empleados Municipales de A Coruña en novembro de 1935.

FELPETO BUSTABAD, Nicolás.

En 1935 vivía en Sánchez Moya, 49, 1º. Vocal no xurado de empresa da Bazán de Ferrol, en 1972, cando os sucesos do 10 de marzo. Promotor da legalización do Sindicato de Industria Naval de Ferrol en febreiro de 1981.

FENOL, M.

Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña na Pobra do Caramiñal en setembro de 1932.

FERMOSELLE, E.

Secretario da Sección M.C.I.F. do Sindicato Único del Transporte Marítimo de Vigo en 1936.

FERNÁNDEZ

En xaneiro de 1906 “El Obrero Peluquero” acusaba recibo da recepción de “El Despertar Gallego”, semanario redactado polos compañeiros Rey e Fernández.

FERNÁNDEZ.

Intervén nun mitin organizado por “La Antorcha del Porvenir” de Beade en xaneiro de 1932. Participa nun mitin da FL de Vigo e nun acto pro-amnistía, organizado polo SIP en Chapela, en representación da FL de Vigo, en xulio de 1933. Tamén participa nun acto organizado en Beade pola asociación cultural “La Antorcha del Porvenir” en xulio de 1933.

FERNÁNDEZ.

Preside un mitin da Sociedad Agraria Autónoma de Oza, ao ingresar a mesma na CNT, en xulio de 1933.

FERNÁNDEZ, A.

Secretario do Sindicato de Obreros y Empleados Municipales de A Coruña en novembro de 1935.

FERNÁNDEZ, Alejandro.

Mitins en Camariñas e Camelle, e conferencia en Ponte do Porto, en maio de 1936. Preside o mitin de Arnal, Pérez Combina e García Oliver na Coruña en xuño de 1936.

FERNÁNDEZ, Alejandro

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

FERNÁNDEZ, Amalia.

Na comisión revisora do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en outubro de 1934.

FERNÁNDEZ, Andrés.

Participa en varias suscripcións do xornal “Tierra y Libertad” en marzo de 1909, desde Ferrol. Mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” en maio, xuño e xulio de 1909.

FERNÁNDEZ, Andrino

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Argudín Bolivar, 30, F.

FERNÁNDEZ, Ángel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Atocha Alta, 115.

FERNÁNDEZ, Ángel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Estrella, 47, baixo.

FERNÁNDEZ, Antonio (*)

Nunha lista de deportados de Argentina publicada en maio de 1913 en “Tierra y Libertad”.

FERNÁNDEZ, Antonio

Expulsado de Cuba no machadato.

FERNÁNDEZ, Antonio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Kiosco Rafael.

FERNÁNDEZ, Antonio

Participou nun mitin organizado polo Ateneo Libertario no Cine Hércules da Coruña en marzo de 1936

FERNÁNDEZ, Antonio.

Mineiro, da provincia de Lugo, Capitán do BON Galicia en 1937. O golpe colleuno en Asturias.

FERNÁNDEZ, Antonio.

Participa nun mitin organizado polo xornal “Brazo y Cerebro” o 1º de maio de 1936 na praza de touros da Coruña, en representación das JJ.LL.

FERNÁNDEZ, Antonio.

Representou ao Sindicato de Peones da Coruña no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935. Participou nunha ponencia sobre escolas racionalistas do Congreso da CRG de Ourense en decembro de 1935.

FERNÁNDEZ, Antonio.

Presidente da Sociedad Agraria de Pravio (Cambre) na súa fundación en abril de 1932.

FERNÁNDEZ, Antonio.

Militante de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados de agosto. Detido pola folga xeral de maio de 1933 en Tui; a finais de xuño de 1933 era o único detido que ainda quedaba no cárcere.

FERNÁNDEZ, Antonio.

Vocal da Asociación Tipográfica de Santiago en novembro de 1932.

FERNÁNDEZ, Antonio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como peón.

FERNÁNDEZ, Antonio.

Delegado pola Sección Carbones do SIP da Coruña a Monforte, en abril de 1936, para entrevistarse cos contratistas da carga de carbóns na estación de ferrocarril.

FERNÁNDEZ, Antonio.

Tamén sae como Antonio Ferrán. Representou ao Sindicato de Industria Pesquera de Cangas no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935.

FERNÁNDEZ, Antonio (Muros-A Coruña, 1918 – ?).

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Muros. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

FERNÁNDEZ, Antonio.

Presidente do Sindicato de Trabajadores del Ramo del Vestir de Vigo en xulio de 1931.

FERNÁNDEZ, Balbino

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

FERNÁNDEZ, Castor.

Membro da Comisión Revisora do Sindicato de Industria Pesquera de Vigo da recadación de cartos enviados por outros Sindicatos, en decembro de 1932.

FERNÁNDEZ, Concepción.

Acusado de formar parte dun grupo “soviético” da parroquia de Bealo-Boiro, que en xaneiro de 1923 desfixera un viveiro do crego da parroquia.

FERNÁNDEZ, David.

Representou ao Sindicato “Unión Cerillera” da Coruña no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

FERNÁNDEZ, Dolores

En marzo de 1903 deixaba as súas accións da Cooperativa Obrera á Antorcha Galaica del Librepensamiento para a creación dunha escola de nenas.

FERNÁNDEZ, Doroteo

En xuño de 1931 integra pola parte do persoal administrativo a ponencia encargada de estructurar as bases do futuro Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña.

FERNÁNDEZ, Dositeo.

En xuño de 1936, presidente da Agrupación Sindicalista de Arroxo-Lugo.

FERNÁNDEZ, Edelmiro.

Vicepresidente do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en novembro de 1931.

FERNÁNDEZ, Elvira (*)

En marzo de 1916 solicita uns folletos de Luis Bulffi dende Buenos Aires.

FERNÁNDEZ, Emilio.

Participou nun mitin da Unión Campesina en Tornos en marzo de 1910, no que se falou da necesidade de reorganización. Foi nomeado comisionado pola parroquia da Grela.

FERNÁNDEZ, Emilio.

Asina unha petición das sociedades obreiras coruñesas ao concello en abri de 1911, pola desgravación dalgúns artigos de consumo, como secretario da Sociedad de Cajonistas y Aserradores.

FERNÁNDEZ, Ernesta.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

FERNÁNDEZ, Eudoro.

Condenado pola Audiencia da Coruña en abril de 1882, xunto a Ricardo Mella e Indalecio Armesto.

FERNÁNDEZ, Eulogio

Un dos integrantes do grupo que asaltou o local da Falange de Vigo en febreiro de 1936, xunto a Quintas, Olegario Collazo, Antonio Rivero “Grilo”, Robustiano Figuera, Leopoldo Comesaña e Ramón de la Torre Boullosa. En 1950 en ignorado paradoiro.

FERNÁNDEZ, Faustino.

Vocal do Sindicato de Obreros y Campesinos de la Comarca de Poio e Sanxenxo en xaneiro de 1933.

FERNÁNDEZ, Fermín.

Secretario interino da Asociación Tipográfica de A Coruña en agosto de 1908.

FERNÁNDEZ, Fernando.

Foi nomeado vicesecretario na primeira xunta directiva do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas en marzo de 1932.

FERNÁNDEZ, Félix.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en “Oriental”. Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” en setembro de 1930.

FERNÁNDEZ, Francisco

En maio de 1904 era contador da Sociedad de Carpinteros “La Emancipación” da Coruña. En xaneiro de 1917 foi nomeado vogal da Comisión Central da Federación Nacional de Sociedades Obreras del Ramo de Elaborar Madera de España.

FERNÁNDEZ, Francisco

Secretario do Centro Ferrolano de Buenos Aires en xulio de 1906.

FERNÁNDEZ, Francisco.

Tesoureiro da Sociedad de Obreros Zapateros da Coruña en agosto de 1918.

FERNÁNDEZ, Francisco.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

FERNÁNDEZ, Francisco.

Mariñeiro. Representou a Vigo e Bouzas na reunión constituinte da Federación Marítima del Litoral Gallego, celebrada en Compostela en decembro de 1925.

FERNÁNDEZ, G.

Mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona en xulio de 1932.

FERNÁNDEZ, Germán

En maio de 1934 participou nunha suscrición en Pontevedra do Ateneo de Divulgación Social, para atender aos gastos de traslado de fillos de folguistas de Zaragoza a Barcelona.

FERNÁNDEZ, Guillermo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Fábrica de Tabacos.

FERNÁNDEZ, Herminio.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

FERNÁNDEZ, Herminio.

Vocal da Agrupación Cultural “Francisco Ferrer” de Sabarís en xuño de 1936.

FERNÁNDEZ, Hortensio.

Afiliado número 30 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

FERNÁNDEZ, Indalecio

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

FERNÁNDEZ, J.

Dende Ferrol asina un manifesto anarquista lembrando aos mártires de Chicago o 11 de novembro de 1888.

FERNÁNDEZ, J.

En outubro de 1892 colabora cunha suscripción a favor de “El Corsario”.

FERNÁNDEZ, J.

En xulio de 1910 mantén correspondenica con “Tierra y Libertad” desde Vigo.

FERNÁNDEZ, J.

Interveu nun mitin pro amnistía en Ourense en novembro de 1933, en nome da Juventud Libertaria.

FERNÁNDEZ, Jacinto.

Vicepresidente da Sociedad de Carpinteros “La Emancipación”, detido acusado de participar na morte do patrón coruñés Miguel Ortiz, en outubro de 1906.

FERNÁNDEZ, Jesús.

Participou nunha manifestación de mineiros de Lousame ao Concello de Noia en agosto de 1935.

FERNÁNDEZ, Jesús

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Orillamar, 20.

FERNÁNDEZ, Jesús

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Travesía de San Andrés, 8, baixo.

FERNÁNDEZ, Joaquín

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Huertas, 37, 2º.

FERNÁNDEZ, José

En maio de 1885 “Bandera Social” de Madrid comenta a celebración do Congreso Comarcal Galaico o 8 de xuño e da o enderezo de José Fernández, na rúa María, 27, baixo, en Ferrol. En outubro de 1885 a Comisión Federal da FTRE chamaba a apoiar aos carpinteiros de Ferrol que levaban tres meses en folga enviando apoios a José Fernández, en María, 97, baixo. En 1886 mantén correspondencia con “Bandera Social” como J.F.

FERNÁNDEZ, José

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión directiva da folga, polos banasteros.

FERNÁNDEZ, José

O 30 de maio de 1890 participou na asemblea preparatoria das movilizacións universais pola rebaixa da xornada de traballo no teatro Romea de Ferrol.

FERNÁNDEZ, José

En marzo de 1903 deixaba as súas accións da Cooperativa Obrera á Antorcha Galaica del Librepensamiento para a creación dunha escola de nenas.

FERNÁNDEZ, José (*)

En xaneiro de 1918 foi embarcado cara a Santos no “Ititinga”, deportado pola policia de São Paulo.

FERNÁNDEZ, José

En decembro de 1924 chegaba ao porto da Coruña e desembarcaba seis expulsados de La Habana, entre eles Manuel López Martínez, da Coruña, José Fernández, de Lalín, e Juan Manuel Pardo Vázquez, de Lugo.

FERNÁNDEZ, José (*)

Panadeiro, deportado de Argentina a finais de 1930. En marzo de 1936 “Tierra y Libertad” informa do seu falecemento despois de ser deportado gravamente enfermo; era enfermo panadeiro.

FERNÁNDEZ, José (Vega de Farga-Vigo, 1903 – Bourdeos, 03-01-1988).

Dende moi novo, emigrado en Barcelona,onde comezou a militar na CNT. Activo xa nos tempos do pistolerismo de Arlegui e Martínez Anido. No exilio militou no SOV de Bourdeos, ainda que padecía frecuentes depresións nerviosas.

FERNÁNDEZ, José

Abelardo Rivas asina un chamamento en “Tierra y Libertad” de Barcelona en febreiro de 1916, dende Ferrol, para contactar con Julián López, José Fernández e Hipólito Figueroa, residentes en Buenos Aires dende 1913.

FERNÁNDEZ, José.

Participa na reunión organizadora da Sociedad “El Despertar del Obrero” de Sada en marzo de 1916.

FERNÁNDEZ, José.

Vocal 4º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en maio de 1923. Contador en xaneiro de 1925.

FERNÁNDEZ, José.

Membro da Comisión Pro-Trabajo do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1934.

FERNÁNDEZ, José.

Antes do levantamento de outubro de 1934 en Ferrol, gardou un lote de bombas que lle entregaron Guillermo Losada e Francisco Salgado.

FERNÁNDEZ, José.

Participa nunha suscripción dende Vigo para os carpinteiros de Santiago en “Solidaridad Obrera” da Coruña en novembro de 1924.

FERNÁNDEZ, José.

Secretario da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares de Pontevedra, en decembro de 1927.

FERNÁNDEZ, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Orillamar.

FERNÁNDEZ, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

FERNÁNDEZ, José.

Mitin antifascista en La Concha de Arosa, en setembro de 1935.

FERNÁNDEZ, Juan

En novembro de 1884 o consello da Unión de Constructores de Calzado y Oficios Símiles de la Región Española publica en “La Federación Igualadina” unha circular pedindo apoio para os zapateiros folguistas de Ferrol, que recibían cartos a nome de Juan Fernández en Rochel, 22, Ferrol. En xuño de 1885 “La Federación Igualadina” publica unha circular da Comisión Comarcal Galaica informando da celebración do Congreso en Ferrol en xulio e da o enderezo de Juan Fernández, en María, 27, baixo. Na altura vivían nese enderezo Andrés Fernández Fernández (pintor, 50 anos), Concepción Brandeiro Díaz (58) e o seu fillo José Fernández Brandeiro (17).

FERNÁNDEZ, Juan.

Vocal da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en abril de 1911.

FERNÁNDEZ, Juan

En febreiro de 1917 foi nomeado tesoureiro da Sociedad de Aserradores da Coruña.

FERNÁNDEZ, Juan (*)

En abril de 1917 asina un comunicado dun grupo de militantes que tiñan colaborado económicamente co proxecto da escola racionalista de Ferrol, establecidos en La Línea, se dirixen aos promotores da escola, e en especial a López Bouza, para que envíe os cartos a La Línea para a escola que pretendían facer a cargo de Eusebio C. Carbó.

FERNÁNDEZ, Juan.

Pide o ingreso no Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” en outubro de 1930. Vocal do Sindicato de Carga y Descarga “El Progreso Marítimo” da Coruña, en marzo de 1932.

FERNÁNDEZ, Juan.

Asina o acordo que resolveu a folga pesqueira de Bouzas en decembro de 1932. Membro da Comisión Revisora do Sindicato de Industria Pesquera de Vigo da recadación de cartos enviados por outros Sindicatos, en decembro de 1932. Representou ao Sindicato de Industria Pesquera de Vigo no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

FERNÁNDEZ, Juan A.

Detido na folga de maio de 1891 na Coruña.

FERNÁNDEZ, Julio.

Representou ao Sindicato de Industria Pesquera de Cádiz no Congreso da FNIP de Zaragoza en maio de 1936.

FERNÁNDEZ, Luciano.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

FERNÁNDEZ, Luis.

O 31 de marzo de 1933 foi nomeado contador do Sindicato de Alimentación da Coruña. Tesoureiro da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en marzo de 1933.

FERNÁNDEZ, Luis.

Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xuño de 1936.

FERNÁNDEZ, Luis

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

FERNÁNDEZ, M.

En maio de 1908 facía un donativo a “Tierra y Libertad” desde Vigo.

FERNÁNDEZ, M.

En xuño de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Betanzos.

FERNÁNDEZ, M.

En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos.

FERNÁNDEZ, M.

Paqueteiro do xornal “Brazo y Cerebro” en Ourense en decembro de 1935 e abril de 1936. Paqueteiro de “Solidaridad” en Ourense en febreiro de 1936.

FERNÁNDEZ, Manuel

En febreiro de 1917 foi nomeado vogal da Sociedad de Aserradores da Coruña.

FERNÁNDEZ, Manuel.

Foi delegado da Sección de Chavoleros y Mozos de Campo do SIP da Coruña na Federación Regional en novembro de 1932.

FERNÁNDEZ, Manuel.

Secretario do Sindicato de Estibadores “Colla Nueva” de A Coruña en marzo de 1930. Delegado do Sindicato de Carga y Descarga “El Progreso Marítimo” da Coruña na Imprenta Obrera, en marzo de 1932.

FERNÁNDEZ, Manuel.

Vicepresidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en decembro de 1913. Vicepresidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xuño de 1914. Vocal 1º da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en maio de 1915.

FERNÁNDEZ, Manuel (1896 – ?).

Traballador da Imprenta Moret, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

FERNÁNDEZ, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en San Roque, 16, 1º.

FERNÁNDEZ, Manuel “Manolito” (Moaña, 1913 – Montpellier, 27-12-69).

Loitou contra os militares até a caída de Catalunya, cando foi dar aos campos de Barcarés e Septfonds. Saliu deste último para traballar en Firminy, unha vez declarada a guerra. Ocupada Francia polos alemáns, tivo que sair por carreteira até Agde. Unha vez terminada a guerra, foi o fundador da FL de Agde e un dos seus primeiros secretarios. Despois, en varias etapas, foi membro do seu Comité Local. Traballou durante 17 anos na empresa Caruso (SOLATRAG), que parou o traballo o día da súa morte, para asistir ao enterro.

FERNÁNDEZ, Manuel.

Colabora dende Bagneres de Bigorre nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

FERNÁNDEZ, Manuel A.

Participa desde Pontevedra nunha suscrición de “Bandera Social” en agosto de 1885.

FERNÁNDEZ, Marcial.

Asiste a unha reunión do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña en representación da FLO, en xuño de 1936.

FERNÁNDEZ, Marcial

Veciño de Ferrol. En decembro de 1938 reclamado polo axudante de Mariña de Ortigueira, por rebelión militar.

FERNÁNDEZ, Marciano.

En abril de 1918 foi elixido representante da Sociedad de Barberos da Coruña na FLO. En xuño de 1918 foi elixido vocal da Sociedad de Barberos “La Fraternal” da Coruña. Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Cancela, 3, 1º dta.

FERNÁNDEZ, María.

Demandadera de Ferrol, detida en maio de 1921 por levar dous paquetes con manifestos da CNT para o Centro Sindicalista da cidade.

FERNÁNDEZ, Mercedes (*)

Compañeira de R. Lone. En setembro de 1932 visitou a José Prat en Barcelona, pouco antes da súa morte. En xuño de 1934 “Tierra y Libertad” informa da súa participación nun mitin en Canton-Ohio sobre a situación en España.

FERNÁNDEZ, Modesto.

Nomeado vicepresidente do Ateneo Cultural-recreativo Cariñense en maio de 1934.

FERNÁNDEZ, Modesto

En xuño de 1938 a Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid reorganizou o seu comité e nomeou delegado de Propaganda a Modesto Fernández, de Ourense.

FERNÁNDEZ, Pastor

En maio de 1912 Pastor Fernández e Rosario Sardina inscribiron civilmente á súa filla Acracia. En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos. En xaneiro de 1913 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Ferrol.

FERNÁNDEZ, Pedro.

Vicepresidente do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en xaneiro de 1936.

FERNÁNDEZ, Pedro

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Fábrica de Gaseosas “La Unión”.

FERNÁNDEZ, Pedro.

Vocal do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en xulio de 1932.

FERNÁNDEZ, R.

Participa nunha suscripción a favor do xornal “El Productor” dende Ferrol en xaneiro de 1888.

FERNÁNDEZ, Ramón

En agosto de 1885 “Bandera Social” informa da folga da Sección de Carpinteros de Ferro e da o enderezo de Ramón Fernández, en María, 17.

FERNÁNDEZ, Ramón

En xulio de 1912 pide unha suscrición a “Regeneración” a través de “Tierra y Libertad”, desde Betanzos; o endero era Rúa Nueva, Horno.

FERNÁNDEZ, Ramón.

Participou nunha manifestación de mineiros de Lousame ao Concello de Noia en agosto de 1935.

FERNÁNDEZ, Ramón

Preso na Coruña pola folga revolucionaria de maio de 1933.

FERNÁNDEZ, Ramón.

Presidiu unha reunión do Sindicato de Industria del Transporte da Coruña en outubro de 1933.

FERNÁNDEZ, Ricardo.

Mineiro cenetista de Monforte detido en abril de 1933 por estar supostamente implicado na colocación duns explosivos o 5 de febreiro.

FERNÁNDEZ, Rosa.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

FERNÁNDEZ, Salustiano.

Vocal da Asociación Tipográfica de A Coruña en febreiro de 1903.

FERNÁNDEZ, Salvador

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

FERNÁNDEZ, Santiago.

Nunha listaxe de militantes socorridos pola Sociedad de Carpinteros de Santiago en setembro de 1923.

FERNÁNDEZ, Santos.

En febreiro de 1933 asinando unha suscripción nun grupo de presos sociais do cárcere de Vigo.

FERNÁNDEZ, Serafín.

Colabora dende Bagneres de Bigorre nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

FERNÁNDEZ, Serafín.

En novembro de 1963 Campio Carpio escribía un artigo en “Le Combat Syndicaliste” sobre Serafín Fernández; lembraba que en 1910 fora desde Galicia a Argentina e que tiña publicado o folleto “Recuerdos de la vida pampera”.

FERNÁNDEZ, Sixto

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Orzán, 110, 2º.

FERNÁNDEZ, Telesforo.

Contador da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en setembro de 1912.

FERNÁNDEZ, Tenorio.

En xaneiro de 1923 pronunciou unha conferencia no local da Federación Obrera da Coruña en Garás sobre “educación racionalista”, como membro da Comisión Pro Escuelas.

FERNÁNDEZ, Tomás

Integrante da Sociedad de Doradores de A Coruña, foi detido en novembro de 1894 por exercer coaccións sobre obreiros que querían voltar ao traballo.

FERNÁNDEZ, Tomás

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

FERNÁNDEZ, Victoriano.

Empregado do ferrocarril da Coruña, multado con 75 pesetas por repartir follas convocando un paro de dúas horas en agosto de 1933.

FERNÁNDEZ, Victorino.

Presidente da Sociedad de Pescadores da Coruña, participou nun incidente con esquirois no transcurso da folga de setembro de 1906.

FERNÁNDEZ ABELEIRA, Luis (Muros, 1917 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á UGT.

FERNÁNDEZ ACEVEDO, Balbino.

Afiliado número 597 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, Antonio.

Vocal da Flota Pesquera do SGT de Vigo en decembro de 1930.

FERNÁNDEZ ÁLVAREZ, Roberto “Severo” (? – Moledo-Sárdoma, 04-04-1939)

Do Sindicato Metalúrgico. Fuxido asasinado en abril de 1939 en Moledo-Sardoma, xunto a José Alonzo “Berzas”. Non se coñece a súa ideoloxía mais se lles atopou unha moeda troquelada coas iniciais CNT-FAI.

FERNÁNDEZ ARIAS, Ángel.

Vocal 1º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1925.

FERNÁNDEZ ARIAS, Fernando.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

FERNÁNDEZ ARMESTO, José “Doctor” (Bóveda, 1917 – ?)

Albañil de Lugo, veciño de Friás. Vicesecretario do Sindicato General de Trabajadores da CNT en 1936. Vocal do Sindicato General de Trabajadores de Lugo e da Sección de Albañiles do mesmo en 1936. Ingresou no cárcere de Lugo o 31 de xulio de 1936, procesado por rebelión na causa 1198/36, condenado a cadea perpetua, saiu o 21 de outubro de 1936, conducido ao hospital.

FERNÁNDEZ ARTIME, Arturo.

Foi secretario do Sindicato de Obreros de Salazones “El Porvenir Social” da Coruña, en xuño, xulio, agosto, setembro e outubro de 1931, e abril de 1932. Foi secretario da Sección de Chavoleros y Mozos de Campo do SIP da Coruña en maio e xulio de 1932.

FERNÁNDEZ ARTIME, Victoriano.

Foi secretrario do Sindicato de Salazoneras “El Porvenir Femenino” da Coruña, en xuño, setembro, outubro e novembro de 1931.

FERNÁNDEZ BARREIRO, A.

En maio de1900 asinaba un artigo en “El Porvenir del Obrero” de Mahón, dende Viveiro.

FERNÁNDEZ BELLO, Daniel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Caballeros, S, 2º

FERNÁNDEZ BELLO, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Castiñeiras, 3, 1º. Secretario do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en outubro de 1933 e vicesecretario do mesmo en novembro de 1933.

FERNÁNDEZ BERMÚDEZ, Manuel.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Avenida Tánger, F, 1º. Vocal do comité da FNIP da Coruña polo “Progreso Marítimo” en novembro de 1931.

FERNÁNDEZ BLANCO, José

Detido en setembro de 1899 en Ferrol, despois das manifestacións polos despedimentos na maestranza.

FERNÁNDEZ BLANCO, José.

Afiliado número 426 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

FERNÁNDEZ CABANAS, Luis

Falou en representacin de Tui no mitin de protesta organizado pola FLO da Coruña polos sucesos de Sobredo, en decembro de 1922.

FERNÁNDEZ CACHEIRO, José “Dionísio”.

Participou no movemento de decembro de 1933 en Cambre.

FERNÁNDEZ CACHEIRO, Luis “Dionísio”.

Participou no movemento de decembro de 1933 en Cambre.

FERNÁNDEZ CALDEIRO, Luis

O 20 de outubro de 1937 colabora cunha poesía en “Galicia Libre”. En agosto de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre” como integrante da Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid. En agosto de 1938 asina un poema en “Galicia Libre”.

FERNÁNDEZ CANDAMIO, Pedro.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Juan Flórez, Fábrica de Gaseosas. Secretario do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en marzo e decembro de 1932, setembro e novembro de 1933. Vocal en xuño de 1935. Delegado na FLO en agosto de 1935. Vicepresidente en xaneiro de 1936.

FERNÁNDEZ CARBÓN, José.

Detido na folga xeral de decembro de 1933 en Ferrol, foi ingresado na Escollera. Da CNT de Ferrol, conducido cara A Coruña en febreiro de 1934, para ser xulgado polo Tribunal de Urxencia. Detido polos sucesos de outubro, en decembro de 1934 foi liberado.

FERNÁNDEZ CARUNCHO, Manuel (24-06-1902 – ?).

Militante do Sindicato de Pescadores da CNT de Ares dende xulio de 1933, do que chegou a ser secretario. Detido por asaltar o Centro Católico de Ares. Natural de Ares, veciño de Ares. Xornaleiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 2 de abril de 1937 por orde do Comandante Militar da Praza. En xuño de 1937 foi condenado a morte por colaborar co alcalde de Ares na defensa da República.

FERNÁNDEZ CASANOVA, Francisco.

Delegado do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña no CR da CRG en abril de 1936. Asina artigos en “Solidaridad” en maio e xuño de 1936 sobre o Sindicato de Gasistas. Tomou a versión taquigráfica do discurso de Juan García Oliver na praza de touros da Coruña en xuño de 1936.

FERNÁNDEZ CASAS, Rafael

En novembro de 1925 era mestre da escola laica de “La Devesana” en Devesos-Ortigueira.

FERNÁNDEZ CASTRO, Antonio.

Militante do Sindicato de Industria Pesquera de Xixón e Pasajes, afiliado á Agrupación Confederal Galaica en Asturias en agosto de 1937.

FERNÁNDEZ CASTRO, José “Café” (1888 – 13-04-10).

Carreteiro asasinado en abril de 1910, por non parar na folga en solidaridade cos folguistas de Xixón. Era militante da “Unión Campesina”.

FERNÁNDEZ CATOIRA, Luís.

Vogal do Centro de Estudios Sociales “Luiz y Vida” de Elviña, cando a súa fundación, en setembro de 1933.

FERNÁNDEZ CONDE, Antonio

O 20 de setembro de 1937 e o 10 de decembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”. En decembro de 1938 “Galicia Libre” informa (con fotografía) do seu falecemento en combate na 77 Brigada; fora fundador da Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid.

FERNÁNDEZ CONDE, José

O 20 de setembro de 1937 e o 10 de decembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”. En decembro de 1938 estaba co seu irmao Antonio na 77 Brigada, cando éste faleceu en combate.

FERNÁNDEZ CONDE, Ramón (Muros-A Coruña, 1904 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT.

FERNÁNDEZ CORDAL, Emilio.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Lonzas, 19, baixo. Caixonista. Detido en agosto de 1920 na Coruña na vaga represiva polos sucesos que derivaron na morte dun policía e un cabo de seguridade. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. Presidente do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña e Delegado na FLO en maio de 1931. Elexido presidente do Sindicato de Cajonistas y Aserradores da Coruña en maio de 1931, así como delegado á FLO e ao Comité Regional. Designado para participar en nome do Sindicato no congreso da CNT. Representou ao Sindicato de Cajonistas Aserradores da Coruña no Congreso de 1931 en Madrid. En agosto de 1931 interven nun mitin de afirmación sindical en Carballo. Presidiu unha reunión do Comité da FLO co Sindicato de Estibadores en agosto de 1931. Mitin de afirmación en Eirís en decembro de 1931. En xaneiro de 1932 presidiu unha asamblea da CNT na Coruña. Membro do Comité da FLO da Coruña antes de febreiro de 1932. En maio de 1932 asinaba un comunicado do Sindicato de Cajonistas con motivo da folga. Mitin en Ponteceso en setembro de 1932, para a fundación do Sindicato. Militante do Sindicato de Cajonistas da Coruña, participa no Pleno da CRG de Santiago, de febreiro de 1933. Preso na Coruña pola folga revolucionaria de maio de 1933.

FERNÁNDEZ CORTÉS, José.

Escribe dende Betanzos ao xornal “Solidaridad Obrera” da Coruña, en abril de 1931. Un dos fundadores do grupo anarquista “Liberación” en maio de 1931; ao seu enderezo en Fermín Galán, 4, dirixíase a correspondencia do grupo. Participou nun mitin en Betanzos en xuño de 1931. Integrante da comisión organizadora do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos, en xuño de 1931. En xulio de 1931 o Grupo “Liberación” de Betanzos anuncia en “El Luchador” a súa constitución, dirixíndose a correspondencia a José Fernández, Rúa Fermín Galán, 4. Presidente e Bibliotecario do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en decembro de 1931; en xaneiro de 1932 foi nomeado secretario xeral do mesmo. Integrante da comisión organizadora da Federación Comarcal de Sindicatos Campesinos y Profesiones Varias de Betanzos en xaneiro de 1932. Secretario xeral do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en maio de 1932. Escribe a “Solidaridad Obrera” sobre o paro en solidaridad con Ferrol en xuño de 1932. Presidente do SPV até xaneiro de 1933. Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Betanzos, en xaneiro de 1933. Escribe en “Solidaridad Obrera” sobre o conflicto coa “Alborada Gallega” en setembro de 1933.

FERNÁNDEZ DÍAZ, Eduardo.

Detido a finais de novembro de 1932 en Vigo, pola aparición de armas e explosivos nun taller mecánico. En febreiro de 1933 asinando unha suscripción nun grupo de presos sociais do cárcere de Vigo.

FERNÁNDEZ DÍAZ, Emilio (Carmasade-Ourense, ? – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á UGT.

FERNÁNDEZ DIÉGUEZ, Eladio.

Participou no mitin anticlerical de decembro de 1906 no Teatro Circo da Coruña.

FERNÁNDEZ DOMÍNGUEZ, Benito.

Noutros lugares sae como Fernández Domingo. Detido a finais de novembro de 1932 en Vigo, pola aparición de armas e explosivos nun taller mecánico da súa propiedade. En xuño de 1933 xulgado con César Rosas e outros dous cenetistas vigueses por suposta posesión de explosivos. Resultaron absoltos.

FERNÁNDEZ DOPICO, Manuel(Santa Cecilia-Narón, 1916 – ?).

Natural de Santa Cecilia-Narón, veciño de Santa Cecilia-Narón. Mecánico, ingresou no cárcere de Ferrol o 4 de outubro de 1934 por un delito de colocación de explosivos, e foi conducido á Coruña o 24 de outubro. En outubro de 1934, considerado sospeitoso de colocar unha bomba no Café Comercio de Ferrol; foi detido en novembro por ese asunto. A finais de marzo de 1936 as Juventudes Libertarias de Ferrol organizaron un mitin no Palacio del Baile do Alto do Castaño, no que falaron Manuel Fernández, Maximino Romero e Luis Abella. En maio de 1947 chegou clandestinamente a Ferrol con Rogelio Leal, tomando contacto co seu irmao Porfirio. Agachouse nos primeiros tempos na casa dos seus abós, en Santa Cecilia. A comezos de xuño de 1947 marchou da casa dos seus abós.

FERNÁNDEZ DOPICO, Porfirio (Catabois-Serantes, 1919 – ?).

En agosto de 1936 foi detido por sospeitar que fora enlace de fuxidos da zona, sendo posto en libertado ao non poder probarse nada. Na guerra loitou no exército “nacional” en Asturias, Aragón e Catalunya, até que caiu enfermo e foi hospitalizado en Lleida e despois en Ferrol. En 1943 licenciou e voltou a Ferrol para traballar como dependente. Acusado en 1947 de recibir a visita dun enviado do Comité Nacional para reorganizar a CRG, en Ferrol. Detido en xuño de 1947. Facía de estafeta entre o seu irmao Manuel e Rogelio Leal con xente da Coruña (Gantes e Domingo Lliso). En agosto de 1947 foi sobreseida a causa contra el.

FERNÁNDEZ DOVALE, Dositeo (Valle-Viveiro, ? – ?).

Inscripto de mariña, afiliado á CNT segundo o Concello de Riobarba. Estaba fuxido en 1937.

FERNÁNDEZ ESTRADA, Cándido.

Afiliado número 291 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, combatindo en Asturias no Batallón Nº 257 en xuño de 1937.

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Ángel (A Coruña, 1901 – A Coruña, 9-3-38).

Panadeiro da Coruña. Participa nun mitin da Dependencia Mercantil contra as deportacións, en abril de 1932. En abril de 1932 o Sindicato de Dependientes y Mozos de Comercio organizou un mitin no Teatro “Rosalía de Castro” coa participación de Ángel Fernández, Silvio Santiago, Manuel Mejuto, Luis Conde, José Moreno e José Villaverde. Presidente do Sindicato de Empleados de Comercio, Oficina y Banca da Coruña en xulio de 1932. Do Sindicato de Dependientes de Comercio, Tesoureiro do Comité da FLO da Coruña en setembro de 1932. Foi presidente do Sindicato de Dependientes de Comercio da Coruña. Designado para participar no Congreso de constitución da Federación Regional Galaica del Ramo de la Alimentación en febreiro de 1933. Representou ao Sindicato del Ramo del Vestido e ao de Peluqueros da Coruña no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Participa nun mitin en Mondego a finais de marzo de 1933. Detido na Coruña pola folga xeral de maio de 1933, foi liberado en xuño. En xuño de 1933 gobernador civil decretou a súa libertade, despois de ser detidos por estar considerados incursos no delicto de folga sediciosa. Participa nun mitin en Melide en outubro de 1933. En febreiro de 1934 novamente detido por reunión clandestina. En outubro de 1934 delegado na F.L. da Coruña, novamente detido. Integrou un grupo que formou o Comité Regional a partir da marcha de Jacinto Méndez, en outubro de 1934; cando viña de Ferrol, tivo un accidente e tivo que deixar o Comité. Socio do CES “Germinal”, do que foi vicepresidente en xulio de 1935. A finais dese ano foi nomeado presidente do Sindicato de Panaderos “La Nueva Unión”. Interveu na asamblea celebrada na Coruña para debatir as alianzas obreiras, en decembro de 1935. Falou no mitin da praza de touros da Coruña o 18 de xulio de 1936 e despois formou parte da comisión que foi entrevistarse co gobernador civil. Despois do levantamento militar estivo en casa de Baella e despois foi con este á casa de Jesús López Cabado. O 13 de marzo de 1937 foi a vivir á casa de Luis Cheda Magallart. Detido nunha xuntanza con Baella e Brandariz o 23 de xulio de 1937 foi condeado a morte e executado o 9 de marzo de 1938.

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Francisco (1900 – ?).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Galera, Imprenta Zincke. Contador da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Traballaba na Imprenta Zincke Hnos. Contador da Asociación Tipográfica de A Coruña en marzo de 1929. Delegado pola Asociación Tipográfica na Imprenta Obrera da Coruña en abril de 1929. Nunha Comisión para estudio das bases de traballo en xaneiro de 1933. Delegado da Asociación Tipográfica no CR da CRG en maio de 1933. Secretario interino da Asociación Tipográfica en decembro de 1935. Representou á Asociación Tipográfica da Coruña no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935. Presidiu varias reunións da Asociación Tipográfica entre outubro de 1935 e xuño de 1936.

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Guillermo.

Foi tesoureiro do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en outubro de 1927.

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Jesús María (O Barqueiro, 1908 – ?).

Natural do Barqueiro, veciño do Barqueiro. Mariñeiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de outubro de 1936 por orde do xulgado de instrucción do Regimiento de Artillería de Costa Nº 2. Presidente do SOV do Barqueiro, acusados de facer fronte ás tropas do exército en xulio do 1936, foi condeado a morte en marzo de 1937.

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, José.

Detido a comezos de agosto de 1933, acusado de intervir nas explosións na Casa del Pueblo de Vigo e nunha Gabarra de Barreras.

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Juan.

Tesoureiro do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en novembro de 1932.

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Leopoldo.

Afiliado número 181 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. Militante das JJ.LL. Galaicas no Norte na Compañía de Ametralladoras do BON “Galicia”.

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Manuel “Cauterio” (A coruña, 20-10-04 – ?).

Naceu no barrio coruñés de Monelos. Dende os 12 anos de idade traballou para diversos médicos, ao tempo que realizaba os estudios de practicante, titulación que obtivo en 1924. Foi practicante da Beneficencia Municipal e secretario do Colegio Oficial de Practicantes en 1928. Iniciou unha campaña para a celebración dunha Asamblea de practicantes galegos. Cando se fundou a Federación Regional de Practicantes foi elexido secretario e en 1930 dirixiu a publicación “El Practicante Gallego”, orgao da Federación de Practicantes Gallegos. Dende 1930 representou ao Colegio Oficial da Coruña e á Federación Regional nas asambleas anuais celebradas en Madrid. Colaborou coa oposición á dictadura de Primo de Rivera, asistindo á reunión do Pacto de Lestrove en 1930. Participa nun mitin Pro-Amnistía no Teatro Rosalía, o 29 de marzo de 1931, tomando actas do mesmo. Mediou diante de Casares Quiroga para que este acollera a Ángel Pestaña no seu chalet de Montrove en setembro de 1930, a petición de José Villaverde. Despois do Pleno do verán de 1931 interveu en mitins en Betanzos, Sada, San Pedro de Nós e Carballo, con Mascarell, Moreno e Méndez. Participou nun mitin en Sada en maio de 1931. Participou nun mitin en Betanzos en xuño de 1931. Participou nunha reunión convocada por Villaverde antes do movemento de decembro de 1933, falando con José Moreno, primo seu, por ver de aprazar o movemento. En 1934 foi un dos creadores do Partido Sindicalista, do que foi designado Presidente. Pronunciou varias charlas radiofónicas en 1934 e 1936 sobre temas médicos e políticos. Integrante do Comité do Frente Único de Clases Sanitarias en xaneiro de 1935. Presidente do colexio de Practicantes da Coruña en marzo de 1935. En abril de 1935 representou aos practicantes galegos na Asamblea de Clases Sanitarias celebrada en Lugo. Presidente da Asociación de Practicantes en Medicina y Cirugía de Galicia en xaneiro de 1936. Durante os primeiros meses de 1936 dirixiu os semanarios “La Calle” y “Trabajo”, órgano este último do Partido Sindicalista. Participou na campaña electoral do Frente Popular en febreiro de 1936, intervindo en mitins no cine “Cuatro Caminos” e no “Salón Mejicano” da Gaiteira, en representación do Partido Sindicalista. Participou nun mitin na Coruña para as eleccións de febreiro de 1936, polo Partido Sindicalista. En marzo de 1936 participou nunha homenaxe á muller no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña. Colabora no primeiro número de “La Calle” en marzo de 1936.Presidente do Partido Sindicalista de A Coruña en abril de 1936. Interveu en mitins a prol do Estatuto de Autonomía de Galiza na Coruña en xuño e xulio de 1936, como presidente do Partido Sindicalista. Formou parte do Comité creado cando o golpe de estado na Coruña, en nome do Partido Sindicalista. Estaba detido na cadea da Coruña cando mataron a José Villaverde, o 24 de agosto de 1936. Foi desterrado a Betanzos e posteriormente permaneceu escondido na Coruña por tres anos. A comezos dos anos 40, contacta con Manuel Amil Barcia, que estaba reorganizando o CN da CNT, ofrecendolle a súa colaboración para reorganizar A Coruña. En 1941 constituiu na Coruña o primeiro Comité Local. En maio de 1942, a empresa de seguros na que traballaba encargoulle un traballo na Coruña, e daquela puxose en contacto con Francisco Carballo, Vázquez Sampayo e Guillermo López para reorganizar a CNT. En xaneiro de 1944 era delegado de Galicia no CN da CNT. En 1944 fo secretario político do CN da CNT, no comité de José Expósito Leiva, pois fora designado representante da CRG no CN e delegado no Consejo Nacional da ANFD. Comisionado do Consejo Nacional da ANFD no Pleno Regional celebrado nos arrabaldos da Coruña a comezos de 1945. En abril de 1945 el e García Durán contactaron con Ramón Piñeiro a través dos irmaos Cesareo e Camilo Saco. Continúa como secretario político do Comité Nacional da CNT en 1945, cando ocupa a secretaría do mesmo César Broto. En 1945 foi designado para ocupar a vacante de José Expósito Leiva no goberno Giral, mais non aceptou. En febreiro de 1946 estaba no Comité Nacional da CNT en Madrid. Detido en abril de 1946 con Juan García Durán, Ramón Piñeiro e outros. Foi condenado a doce anos e un día. Sufriu condena en diversos penais até que en 1951 quedou en libertade vixiada. Participa nas conversas cincopuntistas en 1965, representando á CRG. Traballou até 1975 na compañía de seguros para a que prestara os seus servicios dende finais de 1939. En 1978 era lector dunha editorial madrileña.

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Ramón.

Foi secretario do Sindicato de Cargadores y Descargadores del Muelle “El 1º de enero” da Coruña, en febreiro de 1930. Delegado no Comité Regional en abril de 1931. Elexido secretario do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña despois da súa fusión co Sindicato “El 1º de Enero”, en maio de 1931. Nomeado secretario de “El Progreso Marítimo” en xuño de 1931. Presidente do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña en marzo e abril de 1932 e xaneiro de 1933. Preside varias reunións do Sindicato en xaneiro, marzo e abril de 1933.

FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ, Victoriano

En xulio de 1932 foi nomeado secretario do Sindicato de Industria Ferroviaria da Coruña, de xeito condicional, pois non estaba presente na xuntanza. Tomou posesión en agosto de 1932; tiña enderezo en Montiño, 13, 1º

FERNÁNDEZ FERREIRO, Pedro

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Panaderas, 59, 3º.

FERNÁNDEZ FERRO, Serafín (Oza dos Ríos, 1912 – México, 1958).

Poeta, nacido no seo dunha familia anarquista. En Madrid vivían dous irmaos seus, militantes da CNT e FAI. Director do grupo “Keltya” que en marzo de 1936 anunciaba a interpretación de dúas obras de Antón Villar Ponte. En xulio de 1936 tiñan xa ensaiadas “O país da saudade” de Yeats, “Nouturnio de medo e morte” de Villar Ponte e “Matria” de Álvaro de las Casas.

FERNÁNDEZ FLÓREZ, Wenceslao

En abril de 1913 “Tierra y Libertad” reproduce o artigo “La rebelión” de Wenceslao Fernández Florez de “El Liberal”.

FERNÁNDEZ FOJÓN, Andrino.

Asina as bases conseguidas no conflicto de empregados municipais do concello da Coruña en xuño de 1936.

FERNÁNDEZ FORMOSO, José (Devesos, ? – ?).

Acusado de varios roubos en agosto de 1939 pola zona de Ortigueira, na partida do Neira. Foi cercado xunto con José Neira e o seu irmao Ceferino, pola garda civil, na vivenda de Leandro Sánchez Iglesias, en Freires-Ortigueira. Acusado dun roubo en Chao-Ortigueira, en agosto de 1940. Acusados tamén de roubar ao cura da Barqueira, a ermida de Santa Lucía e a de Santa Cruz de Moeche.

FERNÁNDEZ FORMOSO, Ceferino (Devesos, ? – ?).

Acusado de varios roubos en agosto de 1939 pola zona de Ortigueira, na partida do Neira. Foi cercado xunto con José Neira e o seu irmao José, pola garda civil, na vivenda de Leandro Sánchez Iglesias, en Freires-Ortigueira. Acusado dun roubo en Chao-Ortigueira, en agosto de 1940. Morreu ao tentar atracar ao paisano José Gómez Bello, que tamén resultou morto. Acusados tamén de roubar ao cura da Barqueira, a ermida de Santa Lucía e a de Santa Cruz de Moeche.

FERNÁNDEZ FRAILE, Manuel.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Voluntario. Miliciano do 4º Batallón da CNT.

FERNÁNDEZ GALÁN, Armando (Porriño, 1912 – ?)

Fillo de Agustín e Dominga. Membro do grupo “Los Maños”, en outubro de 1951 era reclamado polas autoridades franquistas xunto a Ramón Vila Capdevila e outros. Era veciño de Barcelona, calle Taula, 18.

FERNÁNDEZ GARCÍA, Antonio.

Delegado do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña na FLO en abril, maio e agosto de 1935; enderezo en Orillamar, 60, 2º.

FERNÁNDEZ GARCÍA, José.

Vocal 2º da Sociedad de Obreros Cocineros y Similares de la Provincia de A Coruña en febreiro de 1929.

FERNÁNDEZ GALÁN, Julio.

Afiliado número 143 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, combatindo en Asturias na Canga en xuño de 1937.

FERNÁNDEZ GARCÍA, Francisco “Pedrosa”.

O 1º de maio de 1890 “El Correo Gallego” informa que ía editarse o primeiro número de “El Obrero”, mais non puido facerse por algún problema; o director era o operario do Arsenal Francisco Fernández. O 11 de novembro de 1890 interveu na velada organizada pola Federación Obrera de Ferrol en conmemoración dos mártires de Chicago, combatindo o sufraxio universal. Foi un dos oradores do mitin do teatro Romea o 30 de abril de 1891. O 11 de novembro de 1891 a Sociedad de Canteros de Ferrol organizou unha velada necrolóxica en honor aos mártires de Chicago, coa participación de Lorenzo, Villaverde, Bueno e Fernández. Obreiro ferrolán, interveu nun mitin no Circo Coruñés en febreiro de 1892, xunto a Pablo Iglesias; converterase recentemente ao socialismo, dende o anarquismo; “El Corsario” negaba que pasara do anarquismo ao socialismo, senón que sempre se achegaba do lado que levaba a concelleiro ou deputado. En xuño de 1892 “El Productor” de Barcelona informa da folga polos despedimentos nos Estaleiros Vila e da participación de Fernández, Varela e Bautista. En xulio de 1892 interveu nun mitin no Teatro Romea de Ferrol, en protesta porque non eran recolocados os despedidos dos estaleiros de Vila. Falou nun mitin no Centro Obrero de Ferrol en novembro de 1892, e posteriormente nunha asamblea de mulleres. En decembro de 1893 anunciábase o próximo xuizo por inxurias a Barcón. A finais de marzo de 1894 participou nun mitin de Pablo Iglesias en Ferrol. En outubro de 1894 participou nun mitin dos canteiros da Coruña en folga, no Cico Coruñés. En novembro de 1894 visitou no cárcere de Ferrol ao anarquista Varela. En outubro de 1895 quixo detelo un capitán de Infantería de Marina por integrar a Junta de Defensa; naquelas datas era concelleiro socialista. Detido en setembro de 1899 en Ferrol, despois das manifestacións polos despedimentos na maestranza.

FERNÁNDEZ GARCÍA, Francisco (Muros-A Coruña, 1903 – ?).

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Muros. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937; sen filiación anterior.

FERNÁNDEZ GARCÍA, Manuel

Administrador da revista “Juventud Gallega” de La Habana, o xornal “¡Tierra!” acusa recibo en abril de 1905 do seu primeiro número.

FERNÁNDEZ GARCÍA, Manuel.

Afiliado número 373 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

FERNÁNDEZ GAYOSO, Antonio (?-Lugo, 03-09-09- ?).

Zapateiro, da CNT, solteiro, fillo de Constantino e Purificación, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en decembro de 1936 e foi Capitán na Plana Mayor da 1ª Compañía. Afiliado número 118 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, José

Albalnel, en decembro de 1900 foi considerado pola policía como un dos promotores duns incidentes na praza de Lugo pola folga das obras do señor Reboredo.

FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, José María.

Vicepresidente do Sindicato de Profesiones Varias de Meirás en marzo de 1932, cando tivo lugar a súa fundación.

FERNÁNDEZ GONZÁLEZ, José “Lavandeira”.

Afiliado á CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Condenado a reclusión perpetua en xulio de 1937.

FERNÁNDEZ GRANDAL, Argimiro.

Afiliado á CNT. Detido o 21 de xulio de 1936 no Concello de Ferrol.

FERNÁNDEZ GRANEL, Eugenio

En maio de 1974 escribiu en “España Libre” de New York un artigo sobre Ramón de la Sagra como fundador do primeiro xornal anarquista.

FERNÁNDEZ HERMIDA, José.

Vocal do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en decembro de 1931.

FERNÁNDEZ HERMIDA, Vicente.

Vocal 3º do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en xaneiro de 1933.

FERNÁNDEZ HERMO, Manuel.

Vicepresidente do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en marzo de 1933.

FERNÁNDEZ HERMO, Francisco.

Vocal 3º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1925.

FERNÁNDEZ INCÓGNITO, Diego

Detido o 26 de maio de 1891 na Coruña, a consecuencia da folga do 1º de maio. Arredor do 26 de maio de 1891 estaban detidos Domingo Fuentes Gómez, Eduardo Comparada, Manuel Rodríguez Incognito, José Núñez Vila, José Iglesias Leira, Lucindo Gacía Barro, Juan Antonio Ferrreño, Eduardo Paredes Rodríguez, Fernando Zapata Fandiño e Diego Fernández Incógnito. No mitin do 1º de maio de 1900 na Coruña participaron Diego Fernández e Juan Matiu pola Sociedad de Oficios Varios. Detido na folga de maio de 1891 na Coruña, saiu da cadea en xuño. Sindicalista da Coruña, impulsou a petición de que se amañaran e cuidaran as tumbas das víctimas dos sucesos de maio, acordada no mitin de agosto de 1902. En decembro de 1902 publica unha carta aberta a Cebrián en “La Emancipación” de A Coruña. En xaneiro de 1903 asina un comunicado como presidente da comisión permanente formada na Coruña para pedir a revisión do proceso da Mano Negra, publicado en “El Productor” e “El Porvenir del Obrero”. En febreiro de 1903 presidiu un mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña; era presidente da Sociedad de Hierros y Metales da Coruña. En febreiro de 1903 evitouse a folga xeral polo ofrecemento das autoridades de liberar a Diego Fernández e Manuel Suárez. En abril de 1903 asinaba un comunicado contra os patróns Miguel M. Ortiz, Solorzano e Fernández López. Marchou da Coruña para Xixón en abril de 1903 pois os patróns poñían como condición para negociar despois de nove meses de folga a marcha de Diego Fernández; a inicios de maio confirmouse a súa marcha para Cangas de Tineo polo tempo que durase a folga de metalúrxicos; era presidente da sociedade de metalúrxicos “La Reforma”. En xuño de 1903 participou nun mitin no Teatro Circo polos presos de Badajoz, La Línea, Cádiz, Jumilla, Almería e outras localidades.

FERNÁNDEZ LADRA, Leopoldo (Viveiro, ? – ?)

Mariñeiro de Viveiro. Tesoureiro do Sindicato de Pescadores de Celeiro da CNT. Procesado despois do golpe fascista, ingresou no c

FERNÁNDEZ LAGO, José (?-A Coruña, 08-09-14 – ?).

Escribiente, da CNT, solteiro, fillo de José e Rosario, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en novembro de 1936 e foi cabo na 1ª Compañía.

FERNÁNDEZ LEIRA, José “Pichel”

Detido en setembro de 1899 en Ferrol, despois das manifestacións polos despedimentos na maestranza. Procesado en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

FERNÁNDEZ LÓPEZ, Andrés

En decembro de 1892 Domingo Candamio, Andrés Fernández López e Manuel Naya denuncian en “El Corsario” os incumprimentos dun patrón coruñés que non lles pagou o traballo que fixeran nas obras dun establecemento de zapatería.

FERNÁNDEZ LÓPEZ, Eduardo

Veciño do Couto, detido en agosto de 1922 por integrar un grupo de 20 persoas que tentaron agredir a varios esquirois en Piñor, no monte chamado Rabo de Galo, que retornaban de traballar na fundición de Manuel Malingre, no marco da folga de metalúrxicos e cargadores. Entre os detidos estaba o sindicalista Silvio González.

FERNÁNDEZ LÓPEZ, José.

Afiliado número 434 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

FERNÁNDEZ LÓPEZ, José

Veciño de Ourol, propietario, abriuselle un expediente de responsabilidades políticas. Afiliado á CNT. En 1931 puido integrar a Agrupación Socialista Obrero-Campesina.

FERNÁNDEZ LÓPEZ, Luís.

Vogal do Centro de Estudios Sociales “Luiz y Vida” de Elviña, cando a súa fundación, en setembro de 1933.

FERNÁNDEZ LÓPEZ, Ricardo.

Preso na Escollera por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol.

FERNÁNDEZ LORENZO, Heliodoro (Lavadores, 9-4-03 – ?).

Secretario do Sindicato Metalúrgico de Vigo en xulio de 1932. Mecánico, procesado na causa 156/47 por recibir propaganda libertaria nos talleres de Sanjurjo, pedironlle 7 anos e foi absolto.

FERNÁNDEZ LOURIDO, José

En xuño de 1925 figuraba como accionista da Editorial Céltiga e como redactor da Revista Gallega “Céltiga” en Buenos Aires. En xaneiro de 1926 “El Agro Celta” recollía a reseña do IV Congreso da Federación de Sociedades Gallegas, presidido por José Fernández Lourido, quen ademáis foi elixido membro da xunta executiva, como representante da Unión Provincial Orensana. En xuño de 1929 “Céltiga” anunciaba a súa boda con Josefina Holly, calificandoo de “complicado teórico de los más incomprensivos problemas filosóficos del siglo”.

FERNÁNDEZ LOURO, Manuel “O Trancho”.

Conductor de profesión, foi o chófer que levou aos mineiros de Lousame cara a Santiago. Despois fuxiu nos bous “Santa Eulalia” e “Santa Rosa”. En Asturias estivo encadrado no Batallón “Máximo Gorki” até días antes da caída dos frentes, que se pasou aos “nacionais”.

FERNÁNDEZ M., Emilio

En decembro de 1924 chegaba ao porto da Coruña e desembarcaba 15 expulsados que ingresaban no cárcere e levaba outros 9 para Santander, considerados polo goberno cubano como perigosos para a orde pública. Entre os que ingresaron no cárcere da Coruña estaban Antonio Mosquera Otero, de Carral, José Barro Barro, de Ortigueira, José Agra Gómez “Vila” de Barallobre, Emilio Fernández M. (27 anos) de Mañón, José Meitín Aguiar de Xove, José Carballo García de Ourense.

FERNÁNDEZ MANEIRO, Enrique (Bamio-Vilagarcía, 23-03-05 – 01-02-1988).

Segundo outras fontes era de Carril. Secretario xeral do Ateneo Libertario Sindicalista de Vigo na súa fundación, en xulio de 1931. En novembro de 1932 foi designado por un Pleno Regional de Sindicatos Metalúrgicos como delegado no Pleno Nacional de Sindicatos Metalúrgicos. Daquela era secretario xeral do Sindicato Único de Metalúrgicos de Vigo. Conferencia no Centro de Estudios Sociales de Vigo en outubro de 1932. Secretario xeral do Centro de Estudios Sociales de Vigo en xaneiro de 1933. Secretario xeral do Sindicato Único de la Metalurgia en febreiro de 1933. Representou ao Sindicato de la Metalurgia de Vigo no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Estaba previsto que intervira nun mitin da Federación de Trabajadores de Tui y sus contornos, no Teatro Principal de Tui, en abril de 1933, mais foi suspendido. Mitin en Vigo a comezos de xulio de 1933, representando á FL de Vigo. Deu un mitin do Sindicato Minero y de Profesiones Varias de Lousame no Campo de San Roquiño, en novembro de 1933. En xulio de 1934 tentaba organizar a Federación Comarcal de Noia. Mitin en Vilagarcía en maio de 1935, representando á Federación Local. Detido en Noia en xulio de 1935. En agosto de 1935 ingresou no cárcere de Noia acusado de tentar derruba-la casa do xerente das minas de Lousame, na folga mineira. Posteriormente, foi despedido das minas. Mitin en Vilagarcía en outubro de 1935. Mitin en Noia en novembro de 1935, organizado polo Sindicato Minero de Lousame e a FRIP. Representou ao Sindicato Minero de San Finx no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935, onde foi votado por unha delegación como Director de “Solidaridad” e por cinco como secretario do Comité Regional. Participou nas ponencia sobre alianzas obreiras e situación de “Solidaridad” do Congreso da CRG de Ourense en decembro de 1935.Secretario da CRG a partir do Congreso de Ourense. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Mineros y Profesiones Varias de Lousame, Sindicato de Oficios Varios de Noia, Sindicato “Protección Obrera” de Porto do Son, Sindicato de Oficios Varios de Outes e Sindicato de Oficios Varios “Mar y Tierra” de Escarabote. Mitins en Lugo e Monforte en maio de 1936, para dar conta dos acordos do Congreso de Zaragoza. A finais de xuño de 1936 participou nun mitin en Noia. Mitins en Riveira e Porto do Son en marzo de 1936. Mitin en Escarabote en abril de 1936. Mitins en Noia e Porto do Son en maio de 1936. En 1936 traballaba nas minas de San Finx, e era secretario do Comité da CRG. Cando o golpe de estado, o alcalde de Lousame puxose en contacto con el, para organizar a resistencia. Segundo José Pedreira Burés, Enrique Fernández non foi quen de evitar algúns desmáns dos mineiros de Lousame. Na boca das minas de Lousame dirixiuse aos mineiros chamandoos a ir cara A Coruña. Acusarono de asaltar o polvorín da mina. Posteriormente, en Noia, voltou dirixirse aos traballadores antes de sari cara a Compostela, o 20 de xulio de 1936. Coa caída definitiva da Coruña, virono en Mesón do Vento, con Hilario Arroyo Medina “Moreno” e Abdón. Fugado, en ignorado paradeiro, despois do golpe de estado, polos montes de Lousame, Padrón e Boiro. Reclamado por un xulgado de Noia en febreiro de 1937. Membro do Sindicato Minero de Lousame, procesado en rebeldía polos incidentes de Noia. En xaneiro de 1938 era sinalado nun artigo de lembranza de Claro Sendón en “Galicia Libre” como iniciador do Sindicato Minero de Lousame xunto a el e como organizador da resistencia á sublevación militar. Citado nun chamamento de Miguel Vázquez Valiño aos homes de Noia e Lousame publicado en “Galicia Libre” en febreiro de 1938. En maio de 1938 Miguel Vázquez Valiño publica en “Galicia Libre” unha entrevista a uns evadidos, aos que pregunta por Enrique Fernández e José Moreno. Vivía na Coruña en 1967.

FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, Antonio.

Secretario do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña de maio a setembro de 1931.

FERNÁNDEZ MARTÍNEZ, Benito.

Depositario da “Alianza Marinera” de Teis en maio de 1931.

FERNÁNDEZ MASCARÓ, José.

Afiliado á CNT. Detido o 21 de xulio de 1936 no Concello de Ferrol.

FERNÁNDEZ MEILÁN, Jesús (Lugo, ? – ?).

Tenente das milicias da UGT, antigo policía indíxena, escribía a Luis Chamorro en marzo de 1937 para ingresar nas columnas da Agrupación Confederal Galaica.

FERNÁNDEZ MINIÑO, Eduardo.

Participa na reunión constituinte do comité electoral da Coalición de Izquierdas de Porriño, en xaneiro de 1936, representando á Célula Comunista.

FERNÁNDEZ MIÑO, José (Ferrol, 1891 – )

Natural de Ferrol, veciño da rúa da Cruz, 9, 2º, Ferrol. Xornaleiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de abril de 1935 por un delito de fabricación de explosivos, e foi conducido á Coruña o 10 de maio.

FERNÁNDEZ MONTERO, J. (*)

En maio de 1912 “Tierra y Libertad” publica unha carta súa desde Brasil sobre Oreste Ristori.

FERNÁNDEZ MOREDA, José.

Afiliado número 261 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 2ª Compañía. En xulio de 1937 ocupou o cargo de Delegado de Batallón, en lugar de Antonio Outerelo.

FERNÁNDEZ MUGUERZA, Julio (Elgoibar-Guipuzkoa, 1880 – ?).

Dono do bar “La Oficina” na rúa dos Olmos da Coruña, onde se recollían cartos para os militantes agachados no tempo da guerra.

FERNÁNDEZ N., Francisco.

Vocal do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en xaneiro de 1932.

FERNÁNDEZ N., Josefa.

Denunciada en setembro de 1922 por promover escándalo nas inmediacións da fábrica de trapos e metais da Coruña.

FERNÁNDEZ PAIS, Antonio (A Coruña, 1912 – ?).

Antigo afiliado á CNT da Coruña, detido en 1934 por escándalo nun mitin na praza de touros. En 1935 ocupouselle un manifesto subversivo. Axente comercial de Seguros Santa Lucía. Implicado na recadación de cartos para a CNT clandestina, foi detido en febreiro de 1947. Condenado a un ano de prisión.

FERNÁNDEZ PARDAVILA, Gumersindo.

Asina artigos en “Avance Marino” en marzo e xuñode 1936. Anuncia a creación da Agrupación Confederal Galaica en Xixón, en xaneiro de 1937. Foi nomeado Delegado de Mar e de Propaganda Escrita na Asamblea da Agrupación Confederal Galaica no Cine Roxy de Xixón o 17 de xaneiro de 1937. Fai un chamamento á organización dos xóvenes libertarios en “CNT de Asturias” en xaneiro de 1937. Acoplado ao Comité da Agrupación Confederal Galaica en febreiro de 1937. Participou nunha reunión das Juventudes Libertarias Galaicas en Asturias, en xulio de 1937; daquela foi elixido secretario das mesmas. Participou nunha reunión das Juventudes Libertarias Galaicas en agosto de 1937, quedando integrado na redacción do proxectado Boletín, encargandose da pedagogía. Designado delegado polas JJ.LL. ao Pleno de Asturias en agosto de 1937. Secretario xeral do Comité Regional Galaico en el Norte das FIJL, en setembro de 1937. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias afiliado á Federación de Grupos de Xixón.

FERNÁNDEZ PATIÑO, José (?-A Coruña, 05-09-05 – ?).

Mariñeiro, da CNT, casado, fillo de José e Carmen, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en setembro de 1936 e foi sarxento na 1ª Compañía.

FERNÁNDEZ PEINADO, Manuel.

Acusado de ser un dos promotores da interrupción dun mitin socialista no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, en agosto de 1918.

FERNÁNDEZ PENEDO, Antonio (Mugardos, 1891 – ?).

Mecánico. Detido a finais de xaneiro de 1934 en Neda por participar nunha reunión clandestina, foi levado á Escollera. Posto en libertade a comezos de febreiro.

FERNÁNDEZ PENEDO, José (Xuvia, ? – ?).

Cotizante da CNT en Xuvia cara a 1947.

FERNÁNDEZ PÉREZ, Abel.

Delegado en Carracedo da CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Condenado a quince anos de cárcere en xulio de 1937.

FERNÁNDEZ PÉREZ, Antonio (Bóveda-Lugo, ? – ?).

Evadido da zona nacional, afiliado á Agrupación Confederal Galaica en Asturias en agosto de 1937.

FERNÁNDEZ PÉREZ, José “Sastre de Erosa”

Secretario da CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. En maio de 1937 estaba fuxido en Portugal.

FERNÁNDEZ PÉREZ, Juan.

Detido en Ferrol en maio de 1921, no transcurso da folga do porto, acusado de coaccións. Foi liberado aos poucos días.

FERNÁNDEZ PÉREZ, Manuel (Ortigueira, 1884 – )

Natural de Ortigueira, veciño de Narón. Ingresou no cárcere de Ferrol o 17 de abril de 1933 por un delito de explosión de petardo, e foi liberado o 18 de abril.

FERNÁNDEZ PÉREZ, Manuel (?-Lugo, 02-03-04- ?).

Labrador, da CNT, solteiro, fillo de José e Manuela, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en decembro de 1936 e foi soldado nel. Labrador, natural de Moya de Luarca-Lugo. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xaneiro de 1937. Afiliado número 390 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente a un grupo do Batallón 231.

FERNÁNDEZ PÉREZ, Valentín.

Detido a finais de xaneiro de 1934 en Neda por participar nunha reunión clandestina, foi levado á Escollera. Posto en libertade a comezos de febreiro.

FERNÁNDEZ PUMAR, José María (Espasante, 1911 – ?).

Mariñeiro. Tesoureiro na primeira directiva do SIP de Espasante en maio de 1936. Nos primeiros días do golpe foi detido e liberado ao pouco tempo. Detido novamente e interrogado pola fuxida do pesqueiro “Ramón Galdo” en outubro do 36.

FERNÁNDEZ QUELLE, Juan (Viveiro, 1905 – ?)

Labrador de Viveiro. Presidente do Sindicato Único de Oficios Varios da CNT de Viveiro. Procesado despois do golpe fascista, ingresou na cadea de Lugo o 22 de setembro de 1936 e saiu o 12 de decembro do mesmo ano, para ser conducido ao cárcere de Pamplona. Fora condenado a reclusión perpetua na causa 927/36.

FERNÁNDEZ RAMÍREZ, Francisco.

Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” en maio de 1936.

FERNÁNDEZ RAMOS, Antonio (Corcelle-Portomarín, ? – ?).

Afiliado dende 1926 ao Sindicato Único de Mineros de Turón. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xulio de 1937. En xulio de 1937 asinaba un acta a favor do secretario do concello de Pola de Gordón, cesado despois do golpe, que era natural de Guntín.

FERNÁNDEZ RAMOS, Teodoro (Souto-Ourense, 1914 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

FERNÁNDEZ REY, Avelina.

Vocal da Sociedad de Cigarreras “La Nueva Aurora” da Coruña en decembro de 1918, cando tivo lugar a súa fundación. Vocal da Sociedad “Nueva Aurora” en xaneiro de 1922. Falou polas cigarreiras no mitin pedindo o indulto do cabo Sánchez Barros, na praza de touros da Coruña, en agosto de 1923. Escribe en “Solidaridad Obrera” da Coruña facendo un chamamento ás cigarreiras da “Nueva Aurora” da Fábrica de Tabacos da Coruña, en novembro de 1924. Escribe novamente en decembro de 1924.

FERNÁNDEZ RÍOS, José

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

FERNÁNDEZ RIVAS, José.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Da Coruña. 25 anos. Miliciano. Da CNT.

FERNÁNDEZ RIVERO, Peregrino

Segundo Amparo Sánchez Cobos o 12 de xaneiro de 1900 presentouse ao consul de España en Santiago de Cuba, informando que estaba afiliado á “junta anarquista” de Buenos Aires, e dixera que o 28 de novembro de 1899 estivera nunha reunión en Rosas-México, onde se decidiu asasinar a Alfonso XII e ao xeral Polavieja. Foran elixidos tres dos asistentes e Peregrino foi designado suplente; despois abandonou México e foi a Cuba. Era de Sanxenxo, tiña 39 anos, era soltero e mariñeiro. En Cuba contactou co alcalde de Santa Cruz del Sur-Oriente, e advertiu do perigo dunha conspiración contra o gobernador general Leonard Wood e o xeral libertador Máximo Gómez. Nos dous casos a súa intención era que lle pagaran a pasaxe a España ou Estados Unidos.

FERNÁNDEZ RODAS, Ginés

Afiliado á Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid, en outubro de 1938 participa nunha suscrición a prol de “Galicia Libre”.

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Carpio.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, expulsado en outubro de 1931 xunto a Antonio Orosa e Emilio Portela, acusado de querer pasar o Sindicato á UGT. Puxo unha querella contra Manuel Real Pérez, Francisco Salgado e Manuel Valcárcel Cancela, como directivos do Sindicato.

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Emilio.

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Ourense. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, José “Peixeiro” (Parada-A Estrada-Pontevedra, 12-10-11).

Despois do movemento de outubro de 1934 foi xulgado por levar unha carta de José Losada aos carrileiros da bisbarra de Verín. Foi condenado a 1 ano e un día de prisión en marzo de 1935. Paqueteiro de “Brazo y Cerebro” en Verín en maio de 1936. Mitin sen varias parroquias de Verín en xuño de 1936. Pasou de Portugal a zona republicana xunto a Carlos Santirso Rodríguez. Segundo este, en 1940 estaba en México.

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, José (Valdeorras-Ourense, 1905 – ?).

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Valdeorras-Ourense. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Manuel.

Vicesecretario do Sindicato de Peones y Albañiles da Coruña en outubro de 1928.

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Manuel.

Vicepresidente do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en setembro de 1935.

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Manuel.

Afiliado número 400 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Manuel.

Afiliado número 444 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, María “La Loca”

Detida en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899. Procesada en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

FERNÁNDEZ ROMERO, Salvador

Afiliado á CNT, en agosto de 1935 declarou como testigo da acusación no xuizo contra Nicasio Pérez Rodríguez polo asasinato de Antonio Guntín.

FERNÁNDEZ ROZAS, José.

De Barberos, participa nunha asamblea no Cine Doré da Coruña en novembro de 1928, para tratar das indemnizacións por accidentes de traballo.

FERNÁNDEZ SAAVEDRA, Antonio

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

FERNÁNDEZ SALGUEIRO, Eusebio (*)

En marzo de 1915 procesado polo xulgado de instrucción de Cienfuegos polo feito formar parte dun grupo de militantes libertarios que se tiña reunido na rúa de Montalvo en Cruces, para lanzar manifestos chamando á mobilización dos traballadores dos inxenios; foran detidos en febreiro de 1915 na casa de Eusebio Fernández Salgueiro e se lles pedía unha pena de un ano e sete meses de prisión por conspiración para a sedición.

FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, Arturo.

Depositario do Centro de Estudios Sociales “Luiz y Vida” de Elviña, cando a súa fundación, en setembro de 1933.

FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, Aurelio (1897 – Puebla-México, 21-07-74).

Anarquista asturiano, estivo na Coruña con Rafael Torres Escartín e Francisco Ascaso nun intento de matar a Severiano Martínez Anido. En maio de 1923 estivo na Coruña un grupo formado por Buenaventura Durruti, Torres Escartín, Aurelio Fernández e Francisco Ascaso, pois se rumoreaba que Martínez Anido sería nomeado gobernador civil da provincia; a súa presencia espertou sospeitas, foron detidos, ainda que posteriormente liberados. En abril de 1924 o xuiz de Zaragoza que instruía o sumario polo asasinato do Cardenal Soldevila solicitou que se lle tomara declaración para que dixera o motivo polo que estivo na coruña a mediados de 1923, utilizando o nome falso de Julio González Marino.

FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, José.

Afiliado número 462 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, José

Obreiro da CAMPSA, de 19 anos, fillo de Arturo e María, de Elviña, foi levado á casa de socorro de Santa Lucía o 12 de decembro de 1933; sospeitoso da refriega coa garda de asalto. Participou no movemento de decembro de 1933 en Elviña e foi procesado.

FERNÁNDEZ SÁNCHEZ, Josefa.

Detida en agosto de 1922 por coaccionar ás obreiras que ían traballar na fábrica de trapos e metais da Coruña

FERNÁNDEZ SAMPEDRO, Antonio.

Afiliado número 63 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, combatindo en Asturias no Batallón 263 en xuño de 1937.

FERNÁNDEZ SANDE, Manuel(Ferrol, 1881 – ?).

Albañil. Representou ao Sindicato Único de Trabajadores de Ferrol no Congreso de 1931 en Madrid. Representou ao Sindicato de Profesiones Liberales de Ferrol no Pleno Regional de Vilagarcía en agosto de 1931. Natural de Ferrol, veciño da rúa Alonso López, 22, 1º, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 11 de outubro de 1932 por un delito de colocación de explosivos, e foi liberado o 14 do mesmo mes. Natural de Ferrol, veciño da rúa Alonso López, 10, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 8 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o 6 de xuño. Preso no cárcere do Partido por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol; posto en libertade a comezos de xuño. En xuño de 1933 gobernador civil decretou a súa libertade, despois de ser detidos por estar considerados incursos no delicto de folga sediciosa. Detido a finais de xaneiro de 1934 en Neda por participar nunha reunión clandestina, foi levado á Escollera.

FERNÁNDEZ SANTAMARÍA, Manuel.

Militante do SOV “La Igualdad” de Corcubión en 1936, participou no intento de resistencia ao golpe militar. Detido aos poucos días.

FERNÁNDEZ SANTÍN, Manuel.

Residente en Madrid dende 1929. Coñeceu aos irmaos Gutiérez Alba dende a súa nenez, no pobo. Cando Abelardo estivo en Madrid, na casa do seu irmao Rudesindo, tivo contacto con el.

FERNÁNDEZ SANTÍN, Rudesindo “Fillo de Francisco Cebolo”.

Veciño de San Miguel-Cervantes. Coñeceu aos irmaos Gutiérez Alba dende a súa nenez, no pobo. Foi procesado na causa 1211/37, por participar no decomiso de armas cando o golpe militar, nun grupo no que estaba Abelardo Gutiérrez Alba. As autoridades pensaban que Rudesindo marchara a Madrid nos primeiros días do golpe de estado. Foi detido e liberado posteriormente en xulio de 1938. Residente en Madrid nos anos 40. Cando Abelardo estivo en Madrid pasou pola casa de Rudesindo. Tamén o fixo Baldomero en 1944 e agosto de 1946.

FERNÁNDEZ SEOANE, Domingo.

Afiliado á CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Detido no cárcere de Viana, escapou cara a Portugal, ainda que foi devolto pola policía portuguesa. En febreiro de 1938 foi condenado a 15 anos de cárcere.

FERNÁNDEZ SIERRA, José (Boiro-A Coruña, 1910 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

FERNÁNDEZ SOLÍS, Armando

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Montiño, 3, baixo.

FERNÁNDEZ SOUTO, Manuel.

Vocal do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en outubro de 1933.

FERNÁNDEZ SUÁREZ, Alfonso.

Vocal 2º do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, entre xulio e outubro de 1931.

FERNÁNDEZ SUÁREZ, Julio.

Vocal da Sección de Camareros no Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en abril de 1934.

FERNÁNDEZ TEMPRANO, Esteban.

Estivo na mesa da controversia que tivo lugar entre José Suárez Duque e José Rodríguez na praza de touros da Coruña en novembro de 1901.

Presidente da Asociación Tipográfica de A Coruña en xulio e agosto de 1908, e agosto, setembro, outubro, novembro de 1909. Socialista, tivo unha controversia co libertario Rafael García na Coruña, en febreiro de 1909. En marzo de 1911 foi nomeado Delegado á Federación Regional. Asina unha petición das sociedades obreiras coruñesas ao concello en abri de 1911, pola desgravación dalgúns artigos de consumo, como director do xornal “La Voz del Obrero”. Vocal do xurado da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en abril de 1911. Interveu nun mitin no “Circo Pardo Bazán” da Coruña en maio de 1911. En xuño de 1911 foi nomeado presidente do Comité da recén fundada Federación Sindical “Solidaridad Obrera” de Galicia, establecida na Coruña. Xulgado en consello de guerra en agosto de 1911 por un artigo publicado en “La Voz del Obrero”, contra a incorporación dos reclutas. Candidato socialista nas eleccións municipais en outubro de 1911, na Coruña. Participou nun mitin contra a represión ao obreirismo na Coruña, en decembro de 1911. Vicepresidente da Asociación Tipográfica de A Coruña en febreiro de 1912 e xaneiro de 1913.

Acción Libertaria. Xixón, 16-06-1911.

FERNÁNDEZ TORRADO, José Juan (Pobra do Caramiñal, ? – ?).

Mariñeiro, afiliado ao “Despertar Marítimo”. Tripulante do “Constante Veiga Nº 4”, fuxido cara a Brest en xuño do 37. Condenado a reclusión perpetua en abril de 1941.

FERNÁNDEZ VAAMONDE, Emilio (*)

En maio de 1903 asina unha poesía en “La Protesta Humana”.

FERNÁNDEZ VARANDELA, Tarsicio.

En agosto de 1951 Miguel Vázquez Valiño quería contactar con Tarsicio Fernández Varandela, que estivera no sanatorio de La Grolle.

FERNÁNDEZ VARELA, Enrique.

Vocal do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en maio de 1931.

FERNÁNDEZ VARELA, José María (*).

O Comité Pro-Presos y Deportados Sociales de São Paulo publica en outubro de 1926 unha circular dando conta da morte pola represión de José Fernández Varela e Nicolás Paradas, desterrados para Oiapoque, e da expulsión de Esteban López e Antonio Vaz, entre outros feitos represivos. Nunha nota en “Cultura Proletaria” de New York en maio de 1927 sinálase que foi un dos compañeiros mortos pola represión en Clevelandia en Brasil.

FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, José.

Vogal do Centro de Estudios Sociales “Luz y Vida” de Elviña, cando a súa fundación, en setembro de 1933.

FERNÁNDEZ VÁZQUEZ, Manuel.

Vocal da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en decembro de 1915.

FERNÁNDEZ VEIGA, Rosendo.

Vocal da Sección de Mozos de Hoteles do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en outubro de 1933 e marzo de 1935.

FERNÁNDEZ VILA, Francisco

Vicesecretario do Centro Cultural Obrero de Sada en xaneiro de 1931.

FERNÁNDEZ VILA, Román.

Contador do Sindicato General de Trabajadores de Lugo en outubro de 1931 e maio de 1932.

FERNÁNDEZ VILAS, Ramón “Casquero”

Ou Vilar. Detido en setembro de 1899 en Ferrol, despois das manifestacións polos despedimentos na maestranza. Procesado en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

FERNÁNDEZ VILELA, Estanislao (Ferrol, 05-05-1893 – San Felipe-Ferrol, 29-04-1937).

En agosto de 1920 participou nun mitin pola folga nos estaleiros. Militante anarcosindicalista ferrolán, foi detido en agosto de 1920, por posesión dunha bomba e dinamita. Electricista detido en Ferrol en agosto de 1920, nun grupo de seis traballadores que levaban unha bomba. O 16 de agosto continuaba incomunicado. Xulgado a finais de 1920, por posesión de explosivos en Ferrol; era o presidente dos sindicatos e integrante do comité de folga. En decembro foi trasladado co resto dos detidos ao cárcere da Coruña para seren xulgados. Foron absoltos en decembro de 1920. Na revisión, en xaneiro de 1921 foron novamente absoltos. En outubro de 1921 estaba preso na cadea de Ferrol e os rumores de que el e outros presos sindicalistas ían ser deportados causou manifestacións de mulleres na cidade. Natural de Ferrol, veciño de Alonso López, 56, Ferrol. Chatarreiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 23 de febreiro de 1937 por orde da Delegación de Orde Pública. Detido en febreiro de 1937 por falar contra o réxime nunha tasca, pola delación dun cabo. No mes de marzo foi condenado a morte e en abril foi fusilado no Castelo de San Felipe.

FERNÁNDEZ VILLARES, Francisco.

Detido na Coruña en agosto de 1920 nun enfrontamento entre os estibadores da colla nova e os da colla vella. Xulgado na Coruña en xulio de 1921, por un enfrentamento con estibadores da “colla nueva”, no que resultou morto un home.

FERNÁNDEZ VISPO, Ángel.

Afiliado á CNT de Vilavella-A Mezquita, participou na resistencia contra o golpe militar. Acusado de tomar parte na voadura da ponte dos Arandos. Absolto en xulio de 1937.

FERREIRA

En outubro de 1892 “El Corsario” informa do falecemento da súa compañeira na Coruña e do seu enterro civil.

FERREIRO, Benigno (*)

Redactor de “La Batalla”, en xuño de 1922 disparou un tiro ao arzobispo Monseñor Aragona, cando predicaba na catedral de Montevideo.

FERREIRA, Francisco (*)

Español, pintor, de 24 anos, integrou un grupo de 23 anarquistas expulsados de Brasil en novembro de 1919 con destino a Lisboa e Vigo no “Benevente”.

FERREIRA, M.

Colabora nunha suscrición de “El Luchador” desde Vilagarcía en abril de 1932.

FERREIRA, Manuel

En maio de 1915 tomou parte no Congreso da Paz de Ferrol, representando a Cartagena, Murcia e Mazarrón.

FERREIRA, Marcelino

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

FERREIRA, Nemesio (*)

El Rebelde” de Buenos Aires publica en xulio de 1901 un artigo seu. Nunha listaxe de individuos sospeitosos de ser militantes anarquistas en Rio 4º-Córdoba e ameazados de expulsión de Argentina en febreiro de 1903.

FERREIRA, Ramón (*)

Vogal da Sociedad de Resistencia de Conductores de Carros de Buenos Aires en novembro de 1903.

FERREIRA, Rogelio.

Segundo Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas ferroláns de comezos de século. Membro do Comité de Relaciones Regional Galaico de la Metalurgia, establecido en Ferrol en abril de 1933.

FERREIRA, Julio.

En febreiro de 1933 asinando unha suscripción nun grupo de presos sociais do cárcere de Vigo.

FERREIRA, Teófilo “Deoclécio Fagundes”.

Segundo Edgar Rodrigues, veu ao Congreso da Paz de Ferrol de 1915 xunto a Astrojildo Pereira e Joao Castanheira.

FERREIRA MATOS, Arlindo (1903 – ?).

Traballador da Imprenta Roel, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Delegado da Asociación Tipográfica na Imprenta Obrera en outubro de 1931.

FERREIRO

En maio mantiña correspondencia desde Ferrol con “Tierra y Libertad” de Barcelona.

FERREIRO, A.

En xuño de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Betanzos.

FERREIRO, Alfonso

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

FERREIRO, Antonio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

FERREIRO, Emilia.

Vendedora de peixe da Coruña, en xulio de 1925 integrou unha comisión que negociou co alcalde o tema dos impostos do peixe e da carne.

FERREIRO, Emilio

Detido por coaccións a finais de outubro de 1894, ao reactivarse a folga dos canteiros na Coruña.

FERREIRO, Enrique

En abril de 1917 foi nomeado vogal da Sociedad de Carpinteros de Santiago. Nunha listaxe de militantes socorridos pola Sociedad de Carpinteros de Santiago en setembro de 1923.

FERREIRO, Enrique

Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xuño de 1936.

FERREIRO, Luciano

En decembro de 1937 escribe un artigo en “Galicia Libre” desde Cartagena, sobre os marinos. En marzo e xulio de 1938 colabora en “Galicia Libre”, desde Cartagena.

FERREIRO, Manuel (*)

Nomeado membro da comisión revisora da Unión de Fogoneros del Atlántico en novembro de 1911.

FERREIRO, Manuel

Colabora económicamente con “Galicia Libre” desde Cartagena en decembro de 1937. En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

FERREIRO, Marcelino

Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en febreiro de 1938.

FERREIRO, Martiño

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

FERREIRO, Vicente (? – Tucumán, 04-05-1959) (*)

Morreu en Tucumán. Colaborou na refundación libertaria en Argentina despois da dictadura de Uriburu, a Comisión Regional de Relaciones Argentina, na FACA e na FLA. Fundou o xornal “Trabajo” en 1924. Nos últimos tempos estaba afastado da militancia.

FERREIRO ÁLVAREZ, Martín

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Avenida Tánger, 6, 1º

FERREIRO DÍAZ, Luis

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Vereda del Cementerio.

FERREIRO CASTRO, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Cantón Pequeno, xastrería Huici.

FERREIRO GESTAL, Antonio.

Vicepresidente do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xaneiro de 1932; domicilio en Torre, 53. Vocal do Sindicato en xaneiro de 1932. Vocal en setembro de 1932. Delegado na FLO en marzo de 1933. Vocal en abril de 1935; enderezo en Buenavista, 14, Santa Margarita. Tesoureiro en maio e agosto de 1935. Delegado de Subsidio do Sindicato en novembro de 1935. Vocal en xuño de 1936. Detido gubernativo na Coruña en 1938, foi conducido a un campo de concentración. Preso gubernativo no campo de concentración de Rianxo, en libertade en setembro de 1939.

FERREIRO GONZÁLEZ, Alfonso.

Carpinteiro. Integrante da comisión organizadora do Sindicato del Ramo de la Construcción “El Avance Brigantino” de Betanzos, en decembro de 1919; foi nomeado presidente do mesmo. Integrante da comisión organizadora do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos, en xuño de 1931; foi nomeado presidente no seu primeiro comité. Era ainda presidente do SPV en decembro de 1931.

FERREIRO MAÑANA, José (?, 1908 – ?).

Afiliado ao Sindicato de Obrero de Monteagudo, foi detido o 5 de agosto de 1936, acusado da colocación de explosivos na casa do cura de Monteagudo, despois dunha asamblea do Sindicato á que asistiron 40 persoas, no monte do Freixal. En setembro de 1936 foi condenado a reclusión perpetua.

FERREIRO MARTÍNEZ, J.

O 20 de setembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

FERREIRO DEL MONTE, Paulino

En agosto de 1909 era integrante do grupo “Los Ácratas” de La Habana, que anteriormente se chamaba Grupo “Bakounine” segundo Amparo Sánchez Cobos foi tamén membro do grupo “Acción Directa” de Manzanillo. En agosto de 1909 asinaba en La Habana unha folla titulada “A los obreros españoles”, combatendo a guerra de Marrocos. Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana en setembro de 1909. En xaneiro de 1910 asina un comunicado do grupo editor do xornal “¡Tierra!” de La Habana. Asina artigos en “¡Tierra!” de La habana en xaneiro, febreiro, xuño, xulio e agosto de 1910. En xaneiro e febreiro de 1911 asina artigos en “¡Tierra!” de La Habana. En abril de 1911 deixou de pertencer ao grupo “Tierra” e deixou de ser administrador de “’¡Tierra!”. Asina un artigo en “El Dependiente” desde o Vivac de La Habana en novembro de 1911. En xaneiro de 1912 era secretario do Centro de Estudios Sociales de El Cerro. En 1912 participou na fundación da Agrupación Racionalista Ferrer en El Cerro. En agosto e setembro de 1913 asina artigos en “El Dependiente” de La Habana. Segundo os informes da policía secreta cubana en 1913 era químico, da Coruña e integrante do grupo editor do xornal “¡Tierra!”. En febreiro e marzo de 1914 asina artigos en “El Dependiente”, en marzo no Vivac de La Habana. Nunha listaxe de anarquistas españoles en Cuba feita por Amparo Sánchez Cobos. Procedente de Galiza, de 23 anos, solteiro, químico.

FERREIRO RODEIRO, Manuel.

Vocal do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en xuño de 1935.

FERREIRO SENRA, Manuel.

Ou Ferreira. Tesoureiro da Sociedad de Cocineros y Camareros da Coruña en xaneiro de 1922. Tesoureiro da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en maio e xuño de 1922. Contador do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” en setembro de 1930. Tesoureiro en decembro de 1931.

FERREIRO VIEITES, Antonio.

Nalgures sae tamén como Ferreño. Tesoureiro do Sindicato de Obreros de Salazones “El Porvenir Social” en xuño de 1931 e Delegado na FLO da Coruña en novembro de 1931. Tesoureiro e delegado á Regional do Sindicato “El Porvenir Social” en novembro de 1933. Vocal do Sindicato de Conservas y Salazones na FLO da Coruña en 1934. Contador do Sindicato de Conserveros da Coruña en xuño de 1935. Contador da Sección de Conserveras do SIP en marzo de 1936.

FERREIROS.

Compañeiro de Entrimo, detido por uns disparos a uns fascistas, xulgado en outubro de 1934.

FERREÑO, Juan Antonio.

Detido o 26 de maio de 1891 na Coruña, a consecuencia da folga do 1º de maio. Arredor do 26 de maio de 1891 estaban detidos na Coruña Domingo Fuentes Gómez, Eduardo Comparada, Manuel Rodríguez Incognito, José Núñez Vila, José Iglesias Leira, Lucindo Gacía Barro, Juan Antonio Ferrreño, Eduardo Paredes Rodríguez, Fernando Zapata Fandiño e Diego Fernández Incógnito. Detido na folga de maio de 1891 na Coruña, foi liberado en xuño.

FERREÑO BERMÚDEZ, Manuel.

Detido en novembro de 1920 polo petardo colocado no forno de Canalejo; foi posto en libertade sen cargos. Xulgado na Coruña en setembro de 1922 pola agresión a un panadeiro esquirol en febreiro de 1920.

FERREÑO DÍAZ, Luis.

Presidente saliente do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en maio de 1931. Vicepresidente do Sindicato de Cajonistas en abril de 1934.

FERRER, José.

Foi vocal da Sección de Picadores do SIP da Coruña e delegado aos Plenos en decembro de 1932, e vocal en xaneiro de 1933. Presidiu unha reunión da Sección en novembro de 1933.

FERRÍO, José María (Corcubión, 1903 – ?).

Carpinteiro. Representou ao Sindicato de Oficios Varios de Corcubión no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Secretario do SOV “La Igualdad” de Corcubión en 1936. Foi detido en novembro de 1936, mais posteriormente a causa foi sobreseida en xaneiro de 1937.

FERRO, Francisco.

En abril de 1930 ingresa no Sindicato de Trabajadores en Sales, Carbones y Minerales “El 1º de Mayo” da Coruña. En maio do mesmo ano, nunha comisión do Sindicato entrevistandose co Comandante de Mariña.

FERRO, José Antonio (*)

Solicitan o seu paradoiro en “¡Tierra!” de La Habana en decembro de 1912.

FERRO, Juan

En agosto de 1903 asinaba un artigo en “¡Tierra!” de La Habana dende Lajas. En setembro de 1903 asinaba dende Cruces e novamente dende Lajas. Asina un chamamento aos traballadores de Cruces e Lajas en decembro de 1903. Asina un artigo en “¡Tierra!” dende Santa Clara en agosto de 1904.

FERRO, Luis

En xulio de 1904 asina un comunicado da Unión de Cocineros y Dependientes de Tampa, polo falecemento de Francisco Durán en La Habana, que fora fundador da Sociedad de Dependientes de Restaurants, Hoteles y Fondas.

FERRO, Manuel.

Contador do Sindicato de Canteros y Similares da Coruña en outubro de 1928.

FERRO, Santiago

Denuncia diante do Sindicato de Peones en General da Coruña que en xuño de 1931 levaba dous meses enfermo a consecuencia dun dano no traballo no peirao de transatlánticos e non lle abonaban o accidente.

FERRO FERRO, José Antonio.

En maio de 1935 foi nomeado vocal do SIP de Cariño.

FERRO TRIGO, Manuel

En outubro de 1917 “Galicia Pintoresca” informaba de que a falsa alarma do afundimento do vapor “Reina María Cristina” alarmara á familia de Manuel Ferro Trigo, que viaxaba no barco. En agosto, setembro, outubro, novembro e decembro de 1924 recibía a correspondencia do semanario anarquista “¡Tierra!” de La Habana, do cal era administrador. En decembro de 1932 integrou unha candidatura nas eleccións de directiva do Centro Gallego.

FERROU, M.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

FERVENZA PENA, Jesús.

Dirixente do movemento insurreccional de decembro de 1933 en Moaña. Detido e ingresado na cadea, foi sancionado cunha multa de 1.000 pesetas.

FERVENZA PENA, José “Taconero” (Moaña, 1909 – O Castro-Vigo, 31-12-36).

Mariñeiro, veciño de Quintela. Militante do Sindicato de Marineros de Moaña, da CNT. Estivera detido en outubro de 1934. Participou na recollida de armas en xulio de 1936, por conta do sindicato. Detido en novembro de 1936 en Ponte Sampaio. Condenado a pena de morte en decembro de 1936.

FERVENZA PENA, Manuel”Taconero” (Moaña, 1911 – ?).

Militante do Sindicato de Marineros de Moaña, da CNT. Participou na recollida de armas en xulio de 1936, por conta do sindicato. Detido en novembro de 1936 en Ponte Sampaio. Condenado a reclusión perpetua en decembro de 1936.

FERVIENZA, Eloy

Sarxento, en maio de 1938 colabora con “Galicia Libre” nunha suscrición das Baterías 111-2 e 13-3.

FIAÑO VILARIÑO, Domingo.

Vocal 1º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña, na súa primeira xunta directiva, en novembro de 1914.

FIDALGO, Francisco (*)

Asina un manifesto do Grupo “Ni Dios Ni amo” de Cobre-Oriente-Cuba no xornal “¡Tierra!” de La Habana en xulio de 1910.

FIDALGO ÁLVAREZ, Leandro.

Un dos fundadores do Sindicato de Oficios Varios de Carballo en xuño de 1931. Presidente do Sindicato de Oficios Varios de Carballo en marzo de 1932.

FIERRO, Antonio (*)

Anarquista español, en novembro de 1919 informábase da súa próxima deportación desde Rio de Janeiro.

FIGUEIRA, José M. (*)

En marzo de 1913 era corresponsal de “El Dependiente” en New York.

FIGUEIRA VILLAR, Robustiano (?, 1913 – Vigo, 07-02-36).

A veces como Figueiras. Metalúrxico de Barreras, veciño de Bembrive. Un dos integrantes do grupo que asaltou o local da Falange de Vigo en febreiro de 1936, xunto a Quintas, Eulogio Fernández, Antonio Rivero “Grilo”, Olegario Collazo, Leopoldo Comesaña e Ramón de la Torre Boullosa. Resulto morto, ao igual que o falangista Luis Collazo. En febreiro de 1936 Francisco Villar informaba da súa morte en “Tierra y Libertad” de Barcelona; comentaba que Robustiano traballaba nos talleres de Barreras e era membro da agrupación “La Libertad”. Foi enterrado en Pereiró. En maio de 1936 o Sindicato Agrícola de Bembrive organizaballe unha homenaxe. De Bembrive. Morto aos 25 anos, en febreiro de 1936, no asalto ao local de Falange de Vigo.

FIGUEIRAS.

Anarquista español complicado na axitación anarquista en Lyon en novembro de 1882.

FIGUEIRAS, Modesto.

Tesoureiro na primeira xunta directiva do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Neaño (Cabana) en abril de 1936.

FIGUEIRAS FERNÁNDEZ, Francisco.

Vicesecretario do Sindicato de Oficios Varios de Ponte do Porto.

FIGUEIRAS GALLARDO, José (Muros-A Coruña, 1897 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; estivera afiliado á UGT.

FIGUEIREDO, Benjamín (*)

Ou. En xuño e agosto de 1916 e xaneiro de 1917 colabora económicamente con “Tierra y Libertad” de Barcelona dende Cienfuegos-Cuba.

FIGUEROA, Andrés.

Vocal da Sociedad de Carpinteros “La Emancipación”, detido acusado de participar na morte do patrón coruñés Miguel Ortiz, en outubro de 1906.

FIGUEROA, Hipólito

Abelardo Rivas asina un chamamento en “Tierra y Libertad” de Barcelona en febreiro de 1916, dende Ferrol, para contactar con Julián López,José Fernández e Hipólito Figueroa, residentes en Buenos Aires dende 1913.

FIGUEROA, Juan

En febreiro de 1903 participou pola sociedade de Carpinteros nun mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña.

FIGUEROA, Manuel (Noia, 01-05-1901 – Le Gran-Combe, 28-01-78).

Traballador da pesca, viviu en Noia até os 19 anos, en que foi para A Coruña. Alí coñeceu á súa compañeira Emerenciana Patiño e comezou a traballar como cociñeiro en grandes barcos. A guerra civil colleuno en Belfast, regresando rápidamente á Coruña. Integrado no Comité clandestino da CNT adicado á organización de evasións por mar, cooperou na evasión de moitos militantes antifascistas. Figueroa e a súa familia marcharon tamén nun pesqueiro con 23 persoas a bordo, que chegou ao porto francés de Brest. Despois pasaron a Barcelona, pasando o resto da guerra no bando republicano. Coa caída de Catalunya pasou os Pirineos coñecendo varios campos de concentración e tamén as compañías de traballo na liña Maginot; con outros compañeiros, incorporouse aos grupos de resistencia contra do exército alemán, sendo detido, encarcelado en Estrasburgo e finalmente trasladado aos campos de Mauthaussen e Güssen até a súa liberación en maio de 1945. Colabora dende Saint Pierre Quilbignon nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo e para soster ao Secretariado da CRG, en agosto de 1946. Unha vez liberado pasou a traballar nas minas hulleras de Le Grand-Combe, onde fixou a súa residencia coa súa familia, recibindo ademáis unha compensación por unha invalidez. Militou até a súa morte na FL de Le Grand-Combe.

FIGUEROA BLANCO, Manuel

En marzo de 1933 foi elixido vogal do Sindicato Agrario y de Oficios Varios de Lousame. En maio de 1933 o xefe de liña da garda civil de Noia telegrafiaba ao ministro de Gobernación comunicandolle que estaban detidos Manuel Figueroa Blanco e Manuel Ponte, directivos da Sociedad de Oficios Varios de Lousame.

FIGUEROA GRAÑA, José (Marín-Pontevedra, 1918 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á UGT.

FIGUEROA MARTÍNEZ, Juan.

Presidente da Sociedad de Carpinteros “La Emancipación”, detido acusado de participar na morte do patrón coruñés Miguel Ortiz, en outubro de 1906.

FIGUEROA PATIÑO, Emerenciana

Filla de Manuel Figueroa e Emerenciana Patiño. Estivo no campo de concentración de Argelès até o 28 de xuño de 1941, que saiu para Rivesaltes. Estaba entre un grupo de menores repatriados a España en febreiro de 1942.

FIGUEROA PATIÑO, Francisco

Fillo de Manuel Figueroa e Emerenciana Patiño. Estaba entre un grupo de menores repatriados a España en febreiro de 1942.

FIGUEROA PATIÑO, Manuel (A Coruña, 20-09-1925 – ?)

Fillo de Manuel Figueroa e Emerenciana Patiño. Agricultor. Estivo no campo de concentración de Argelès (procedente de Aveyron) entre o 29 de xulio de 1940 e até o 24 de novembro de 1940, que saiu para o campo de mulleres. Estaba entre un grupo de menores repatriados a España en febreiro de 1942.

FILGUEIRA, Antonio.

Veciño de Saguiñal-San Roquiño, saiu cun camión dende Noia para recoller aos mineiros que foran cara A Coruña en xulio de 1936.

FILGUEIRA, Antonio.

Delegado do Sindicato de Carga y Descarga “El Progreso Marítimo” da Coruña na Imprenta Obrera, en marzo de 1932.

FILGUEIRA, José.

Paqueteiro do xornal “Solidaridad Obrera” da Coruña, en Betanzos, en outubro de 1924.

FILGUEIRA, José (*)

En maio de 1910 e xuño de 1911 colabora económicamente con “Cultura Proletaria” de New York. Asina artigos en “Cultura Obrera” de New York desde Norfolk en novembro de 1911; tamén saen publicados comunicados en inglés asinado por el como axente do Norfolk Branch da Marine Firemens, Oilers & Watertenders Union of the Atlantic and Gulf. En marzo de 1913 comunica a constitución do grupo “Vía Libre” en New Orleans. En agosto de 1911 envía un artigo a “Cultura Proletaria” desde Norfolk. Traballador dunha compañía navieira en New Orleans, en agosto de 1913 comunica a “¡Tierra!” de La Habana o reparto de fondos feito polo Grupo Via Libre. En xaneiro de 1914 envia o seu novo enderezo en New Orleans ao xornal “¡Tierra!”. En febreiro de 1914 colabora con “¡Tierra!” de La Habana en febreiro de 1914. En febreiro de 1914 colaboraba económicamente con “Fuerza Consciente” de San Francisco, desde New Orleans. En xulio de 1914 envía o seu novo enderezo en Algiers-New Orleans.

FILGUEIRA FERNÁNDEZ, Antonio “Rojo de Monelos”

En maio de 1911 participou nun plante de presos no cárcere da Coruña, xunto a Antonio Porto Casal, Juan Rodríguez “Derecha” e Enrique Berjano.

FILGUEIRA RUBIDO, Manuel “Manolo do Pozo”.

En abril de 1935 formou parte do grupo de militantes do SIP de Cariño que pediu autorización para celebrar un mitin pro amnistía o 1º de maio. En maio de 1935 foi nomeado vicesecretario do SIP Cariño. Participa na reunión constituinte do SIP de Espasante en maio de 1936. Disparou varios tiros na manifestación do 1º de maio de 1936 en Cariño. Afiliado á CNT de Cariño. Procesado en 1937. Detido gubernativo na Coruña en 1938, quedou en libertade en maio. Absolto en abril de 1938.

FILGUEIRA RODRÍGUEZ, Vicente.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Miliciano da 2ª Compañía do 4º Batallón da CNT.

FILGUEIRA SEIJO, Francisco.

Vicepresidente do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en marzo de 1934.

FILGUEIRA VIEITES, Antonio (Ferrol, 25-07-1871 – 02-12-1937).

Pintor. En 1899 era militar e residía na rúa Sinforiano López de Ferrol co seu irmao e a nai. Recibiu unha axuda da Liga Patriótica Española de Brasil, como sanitario repatriado, en agosto de 1899. A comisión de recrutamento dispuxo que fora incluido no sorteo en novembro de 1899. En setembro de 1900 foi proposto como conserxe da casa de socorro. En 1900 vivía na rúa Concepción Arenal coa súa esposa Laura Durrutia Muiños e era conserxe da casa de socorro. Entre 1902 e 1905 estivo emigrado en Rio de Janeiro, onde naceron os seus fillos Electra e Germinal. En 1908 estivo en Buenos Aires, onde naceu a súa filla Libertad. En outubro de 1909 participou en varios mitins de protesta na Coruña e Ferrol. En decembro de 1909 foi detido pola rotura dunha furna nas eleccións municipais. Se lle seguía sumario por delito electoral en xaneiro de 1910. Se lle seguía sumario por desorde pública en marzo de 1910. En marzo de 1910 saliu da cadea da Coruña, polo decreto de indulto. Procesado na causa 1004/1910, polo xulgado de instrucción de Ferrol, polo delito de atentado, foi condenado en outubro de 1911 a dous meses e un día de prisión. Procesado na causa 1001/1910, polo xulgado de instrucción de Ferrol, por delito contra a Constitución, foi declarado rebelde. En maio de 1910 solicitou autorización ao concello para instalar un kiosko no Cantón, que lle foi concedido para a venta de periódicos, libros e folletos. Despedido do Arsenal, foi detido en xulio de 1910 por ameazar de morte ao enxeñeiro Rechea. En xulio de 1910 foi detido a consecuencia da súa intervención nun mitin no Teatro Circo, aínda que os seus compañeiros de prisión foron liberados en outubro, Vieites ficou na cadea por estar procesado por delito de desacato ao corpo de seguridade; finalmente saiu en libertade provisional a mediados de outubro de 1910 En xuño de 1911, participa nun mitin no Centro Gallego de La Habana, pola folga do alcantarillado, xunto a Severino Chacón. A finais de xulio de 1911 celebrouse unha asamblea convocada pola Agrupación Socialista para tratar da súa expulsión. En Cruces realizouse un mitin para protestar pola súa expulsión. En New York “Solidaridad Obrera” organizou un mitin de protesta pola súa expulsión. “Regeneración” faise eco da repercusión da expulsión de Chacón e Vieites nun mitin pola revolución mexicana celebrado no local da Unión de Fogoneros de New York en agosto de 1911. Foi expulsado con Severino Chacón o 20 de agosto de 1911 no “Reina María Cristina” e ao chegar a Ferrol foi encarcelado por estar reclamado polos tribunais e en rebeldía por ter chamado asasino a Maura nun mitin. En agosto de 1911 “El Dependiente” de La Habana da conta de numerosas protestas contra a súa expulsión de Cuba. En agosto de 1911 ingresou no cárcere por estar reclamado polo xulgado. Interventor nunha mesa electoral nas eleccións municipais de novembro de 1911. En febreiro de 1912 recibiuse na Audiencia unha causa contra el por desacato. En marzo de 1912 saiu en libertade, procesado polo delito de sedición. En abril de 1912 “Diario de Pontevedra” comentaba que “El Obrero” proclamaba que non admitía a Antonio Filgueira Vieites no seu seno; na altura dirixíase a Brasil e anteriormente fora condenado por varios artigos publicados en “El Obrero” criticando os festexos da botadura do acoirazado “España”. Preso en agosto de 1912 como dirixente da folga dos Docks de Santos, o avogado Demetrio Justo Seahra desprazouse para tratar da súa causa. A finais de agosto de 1912 “Diario Español” preguntábase se era un dos expulsados no “Orita”. En setembro de 1912 a Secretaría de Gobernación de Cuba tentaba averiguar se como anarquista expulsado tiña dereito a voto nas vindeiras eleccións. Militou en Santos. Foi expulsado cara a Europa sen formación de causa, mais retornou a Brasil por levar máis de dez anos no país. En xaneiro de 1913 partiu para Europa como delegado na COB para protestar contra a emigración ao Brasil, coa intención de facer conferencias en España e Portugal: celebrou unha conferencia na Casa del Pueblo de Madrid o 20 de febreiro e partiu posteriormente cara Vigo, Ourense e Norte de Portugal. Conferencia en Lisboa en marzo de 1913, organizada polo xornal “Terra Livre”. Posteriormente foi acompañado por Epifanio Feijó, tamén en nome da COB. En marzo, abril e xuño de 1913 “Diario Español” desmentía a campaña contra a emigración de Vieites. En abril de 1913 o xornal “A Lanterna” criticaba a súa expulsión por residir en Brasil dende había catro anos e ter dous fillos brasileiros. En maio de 1913 “Tierra y Libertad” publica unha crónica desde São Paulo onde se comenta a xira por Europa de Vieites, patrocinada pola COB. En agosto de 1913 “Diario Español” entrevistaba ao embaixador de Brasil en Madrid, que comentaba a xira de Vieites, as súas expulsións de Argentina e Brasil, e as súas conferencias en Portugal e España, que remataron na Casa do Pobo de Madrid. En setembro de 1913 era director do xornal “La Tralla”, e como tal tivo unha pelexa con Francisco Pérez, director do xornal “El Obrero” na rúa Real de Ferrol. Expulsado de Brasil en decembro de 1913. Procesado na causa 1159/1913, polo xulgado de instrucción de Ferrol, polo delito de lesións, foi condenado en febreiro de 1914 a seis meses e un día de prisión. En xaneiro de 1914 agardaba a ser posto en libertade, procesado por lesións graves, finalmente foi liberado a finais de xaneiro e a causa foi vista en febreiro, desestimándose un recurso de casación seu en maio do mesmo ano. Procesado na causa 1043/1913, polo xulgado de instrucción de Ferrol, polo delito de inxurias, foi condenado en xaneiro de 1915 a tres anos, seis meses e veintiun días de desterro. Procesado na causa 1061/1913, polo xulgado de instrucción de Ferrol, polo delito de inxurias, foi condenado en xaneiro de 1915 a tres anos, seis meses e veintiun días de desterro. En abril de 1914 foi detido na sede da Federaçao Operária de Santos con Manoel Gonçalves, enviado pola policía a Sao Paulo e expulsado novamente no barco “Tammaso di Savoia” cara a Europa. Foi redactor do xornal santista “A Revolta”. En xuño de 1914 estaba en Barcelona con Manuel González, onde recibían cartos a través de “Tierra y Libertad”, como deportados de Brasil. En outubro de 1914 recibe cartos de “Tierra y Libertad”. En outubro de 1914 a súa compañeira Laura Durrutia Muiños, residente en San Pedro, 18, de 35 anos, foi atendida ao dar a luz unha nena; Vieites estaba en Barcelona, decíase que preso, e o matrimonio tiña catro fillas, dúas das cais estaban no Hospicio Municipal. En novembro de 1914 a Biblioteca “Aurora” envía 100 exemplares da “Biografía de Bakounine” a “Tierra y Libertad” en beneficio dos presos no cárcere de Barcelona, Vega e Vieites. En febreiro de 1915 participa nun mitin antiguerreiro no Teatro Romea de Ferrol. En marzo de 1915 asina un artigo en “Cultura Libertaria” sobre o Congreso da Paz. A finais de marzo de 1915 asina un artigo en “Cultura Libertaria” onde critica ao Partido Socialista e maniféstase a prol do sindicalismo sen deixar de ser marxista; no mesmo número asina tamén como “El hombre que ríe”. Foi un dos asinantes dunha protesta en nome da Comisión Organizadora do Congreso da Paz de Ferrol pola suspensión do mesmo e a expulsión dos delegados extranxeiros. En maio de 1915 asina un escrito protestando en “El Porvenir del Obrero” contra a suspensión do Congreso da Paz, en nome da Comisión Organizadora. Asinou con Astrojildo Pereira o manifesto Pro-Paz da COB. En setembro de 1915 “Tierra y Libertad” publicaba a convocatoria pola COB do Congreso da Paz de Rio de Janeiro, asinada por Astrojildo Pereira e Antonio Filgueira Vieites. Representou no Congreso da Paz á Confederaçao Operária Brasileira. Segundo “Solidaridad Obrera” foi expulsado por instigación de outros despois do Congreso da Paz de Ferrol. En agosto de 1915 convocou en nome da COB o Congreso da Paz de Rio de Janeiro, que tivo lugar en setembro.No Congreso da Paz de Rio representou ao Sindicato de Oficios Varios e foi o encargado de abrir a primeira sesión; naquela altura levaba “A Internacional”, axencia de libros, revistas e xornais, con Alba e Rodrígues. En decembro de 1915 declarado en rebeldía nunha causa por inxuras. En febreiro de 1916 se lle seguía causa por quebrantamento de condena, sobresida en xaneiro de 1917. En marzo de 1916 asinaba un comunicado en “El Correo Gallego” negando que fora destinada a el unha colecta feita para pagarlle a viaxe a Santiago para operarse de cataratas; fora a Santiago cunha axuda do Concello e de varios coñecidos. En abril de 1916 Ricardo Fontanella quería contactar con el; fora deportado de Brasil en 1914. En xaneiro de 1917 foi sobresida a causa que se lle seguiu por calumnias e inxurias á autoridade por medio da imprenta. Detido en xulio de 1917 por reparto de follas clandestinas en Ferrol, nas que se recomendaba aos soldados que non dispararan contra os seus irmaos, asinadas por Marcelino Domingo; foi posto en libertade baixo fianza a finais de mes. Procesado polo xulgado militar do Regimiento de Infantería de Zamora, foi condenado en outubro de 1918 a seis meses de cárcere polas palabras ofensivas diante do Consello de Guerra que o xulgaba por outro delito do que foi absolto, en maio de 1918. En 1919, foi procesado por un artigo publicado por “El Obrero” co título “No más farándulas políticas”, no mes de febreiro. Casado con Laura Durrutia Muiños. Durante a súa estancia en Cuba, en relación con Julio Marsal e Salvador Seguí. En decembro de 1919 deu unha conferencia co título “Socialismo, sindicalismo y anarquismo” no Ateneo Obrero Sindicalista. En febreiro de 1920 foi chamado polo goberno militar para a entrega dun documento. Saiu de viaxe para La Habana en setembro de 1920. En xuño de 1921 participou na donación dunha copa de plata ao COCB por parte da colonia galega en La Habana. Procesado por desacato en maio e novembro de 1923. Detido en maio de 1924 por orde do capitán xeral da rexión, acusado de inxurias ao directorio nun xornal cubano; estaba incomunicado no cárcere. En 1935 vivía en San Nicolás, 16.

FILGUEIRAS, A.

En xuño de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Betanzos.

FILGUEIRAS EIROA, Arturo “El Mona” (Betanzos, ? – ?).

Falangista de Betanzos dende agosto de 1935, infiltrouse na CNT por orden dos seus superiores, ainda que non lle deron o carnet pola súa anterior militancia en Falange. Acusado da voadura do Ponte Novo de Betanzos, na carreteira de Betanzos-A Coruña, en xulio de 1936. Dende o 22 de xulio novamente na Falange. En abril de 1937 nunha bandeira de Falange en Cangas del Narcea.

FILGUEIRAS FERNÁNDEZ, César.

Secretario da Unión Petrolífera da Coruña en agosto de 1932. Presidiu reunións do sindicato en abril, maio e xuño de 1936. Membro do Comité de Factoría en maio de 1936.

FILGUEIRAS PITA, Antonio

Presidente de “La Devesana”, foi xulgado por asociación ilícita en xulio de 1925, resultando absolto.

FILLO DO POBO BAIXO”

Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana en setembro de 1910. Asina artigos en “¡Tierra!” de La Habana en marzo e xuño de 1911.

FILLOY (*)

En xaneiro de 1913 “El Libertario” receolle a súa participación nun mitin da Federación de Agrupaciones del Itsmo de Panamá.

FILLOY, Antonio

En maio de 1908 foi nomeado presidente do Centro Estradense Pro Enseñanza Laica de Buenos Aires.

FISTEN, Gregorio “Garecho”

En xaneiro de 1883 foi denunciado en “Revista Social” como traidor á folga dos talleres de Flórez da Coruña.

FLÓREZ, José

Vogal do Centro Cultural Obrero de Sada en xaneiro de 1931.

FLÓREZ PÉREZ, Avelino

Reelexido tesoureiro do Centro Cultural Obrero de Sada en xaneiro de 1931.

FLÓREZ REY, Calixto (?, 1890 – ?).

Ou Flores. Delegado da Sección de Enfermeros Marítimos do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en xaneiro de 1922. Membro da Sección de Enfermeros Marítimos do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en abril de 1928.

FOIRA, Enrique

En novembro de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ferrol. En decembro de 1915 “Acción Libertaria” informa das protestas en Ferrol polas detencións a consecuencia da folga de descargadores e da súa participación nun mitin o 25 de novembro. En decembro de 1915 recibe cartos dunha suscripción polos presos de “Tierra y Libertad”, en Ferrol.

FOJO SANTALLA, Alfredo (*)

En xuño de 1914 asina un artigo en “El Dependiente” desde Ibor City.

FOJO VILLEDO, José.

Nunha comisión do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en maio de 1928. Presidiu reunións do Sindicato en decembro de 1932, abril de 1933 e xulio de 1934. Nunha Comisión do Sindicato a Madrid en xuño de 1934.

FOLGAR, Antonio.

En setembro de 1930 representa ao Comité Regional no Pleno Regional celebrado na Coruña.

FOLGAR, Antonio.

Presidente da Sociedad de Carpinteros de Santiago en febreiro de 1925.

FOLGAR VENTOSO, Cipriano (?-A Coruña, 06-03-11 – ?).

Tamén sae como Ventosa. Mariñeiro, da CNT, solteiro, fillo de Cipriano e Dolores, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en novembro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía. Delegado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias na 3ª Sección da 1ª Compañía do BON 219, en maio de 1937.

FOLGUEIRAS CORRAL, Ramón.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Torre, 150, 2º. Secretario do Sindicato de Cajonistas y Aserradores da Coruña de marzo a outubro de 1933. Tesoureiro do Sindicato en abril de 1934. Delegado do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña no Comité Regional en xulio de 1934. Vocal do Sindicato de Cajonistas y Aserradores na FLO da Coruña en 1934.

FONTÁN, Francisco.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

FONTÁN ARMADA, Ramón.

Mariñeiro. Tripulante do “Feliciano Álvarez Feijoo”, apresado en Fisterra por un submarino republicano. En setembro de 1936 quedou baixo o control do SIP Xixón, traballando no bou “Apagador”, pola conta do Sindicato, até o seu apresamento polo Acorazado “España”. Foi absolto en marzo de 1937.

FONTÁN COSTAL, Antonio

En xaneiro e xuño de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”. En agosto de 1938 fálase del nun artigo en “Galicia Libre” (con fotografía).

FONTÁN NÚÑEZ, Juan.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un aramio de espiño no monte Aloia.

FONTÁN PÉREZ, José (?-Lugo, 01-05-17 – ?).

Mariñeiro, da CNT, solteiro, fillo de Victoriano e Esperanza, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en xaneiro de 1937 e foi soldado na 1ª Compañía.

FONTANELLA, Rosendo.

Vocal da Asociación Tipográfica da Coruña en maio de 1931.

FONTANILLA FERNÁNDEZ, Nicolás (Ferrol, 1893 – )

Natural de Ferrol, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 2 de outubro de 1934 por un delito de impresión clandestina, e foi posto en libertade o 25 de outubro.

FONTE AMIGO, Eduardo (Pontedeume, 1892 – )

Natural de Pontedeume, veciño de Pontedeume. Ferreiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 15 de abril de 1935 por un delito de fabricación de explosivos, e foi conducido á Coruña o 10 de maio.

FONTENLA, Antonio

En agosto de 1892 participa nunha suscrición a favor de “El Corsario”. En outubro e novembro de 1892 asina artigos en “El Corsario”.

FONTENLA, Carmen.

Xulgada en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal pedíu para ela unha multa de 125 pesetas por danos.

FONTENLA, E.

Presidente do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en abril de 1928.

FONTENLA, Emilio

En 1917 “La Voz del Obrero” publicaba un artigo criticando as denuncias que padecera e sinalaba que a consecuencia delas fora detido Emilio Fontenla. En xaneiro de 1922 publica un artigo no xornal “¡¡¡Tierra!!!”.

FONTENLA, Francisco.

O Sindicato de Canteros da Coruña tratou do seu despido nas obras da Telefónica en agosto de 1929.

FONTELA, Gerardo

Obreiro electricista despedido da Constructora Naval de Ferrol en novembro de 1910, na altura da folga de forxadores.

FONTENLA, J.

Militante do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, castigado en maio de 1935.

FONTENLA, Victoriano.

Vicesecretario do Sindicato de Canteros y Similares da Coruña en outubro de 1928. Delegado do Sindicato de Canteros, Marmolistas y Similares da Coruña nas obras de Balbino Iturriaga para o tema do retiro obreiro en abril de 1929. Revisor de contas do Sindicato de Canteros da Coruña en maio de 1929.

FONTENLA ANDUJAR, Ramiro (A Estrada, 1911 – ?)

Residente na Coruña dende 1932. Afiliado ao Sindicato da Construcción, mais afiliado ao PC e ao SRI. Detido na Coruña o 1 de agosto de 1936, na vivenda de Primitivo Miguel Frechilla, onde estaba refuxiado. Tiña no seu poder unha folla titulada “Boletín de Información del Frente Popular” e outra da CNT “Al pueblo de La Coruña y en particular a los trabajadores”, asinada polo Comité Provincial de Relaciones.

FONTENUELA, Carmen.

Detida na Coruña en xaneiro de 1898 a resultas dunha manifestación.

FORMENT TORIBIO, Enrique.

Mecánico afiliado á CNT, natural de Madrid, domiciliado na Coruña dende 1943. En 1946 foi investigado por actividades clandestinas.

FORMOSO, A.

En marzo de 1907 enviaba donativos a “Tierra y Libertad” desde A Coruña.

FORMOSO COSTA, Amadeo

En xaneiro e marzo de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”, na 98 Brigada, 390 Batallón, 2ª Compañía.

FORMOSO PARIS, Isolino.

Afiliado número 323 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 2ª Compañía.

FORNEIRO, Jaime

En xuño de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

FORNELLS

De Barcelona. En xira por Galiza en agosto de 1932, con Piñón e Torres, fixeron mitins en Ferrol e A Coruña.

FORNIER, Ramón

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Varela Silvari, 36, baixo.

FORTES, Luís.

Tesoureiro da Sociedad de Sastres da Coruña en outubro de 1919.

FOURNERAKIS, Antonio “Antonio Fernández”, “Furna” ou “El viejo” (? – A Coruña, 10-07-1937).

Tamén como Furnerakis ou Furnarakis. En xaneiro de 1927 estaba en Buenos Aires, onde foi golpeado na manifestación convocada por Sacco e Vanzetti, ao encadearse a un arbol para falar desde alí; durante unha hora tentaron sacalo de ali militantes socialistas incitados desde a tribuna por Alfredo Palacios; “La Antorcha” denunciaba que a prensa burguesa dixera que Palacios evitara o linchamento, cando fora quen o provocara. En febreiro de 1927 asinaba un artigo no xornal “El Esfuerzo”, órgao da Federación Obrera Local de Puerto Natales-Chile. En maio de 1929 participou na fundación da Asociación Continental Americana de Trabajadores en Buenos Aires. En abril de 1933 escribe en “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Montevideo. Chegou a Coruña a finais de 1933 expulsado de Buenos Aires ou de Uruguay. En marzo de 1934 “Tierra y Libertad” de Barcelona comenta a súa deportación de Uruguay. Participou nun longa campaña para desprazar a Villaverde da secretaría do CR, segundo Manuel Fernández. Un dos novos cadros que desprazaron a Villaverde do Comité Regional, segundo Manuel Fernández. En 1934, con ocasión da folga da construcción, recibiu paquetes de roupa dun grupo anarquista dos USA, distribuindoos entre os folguistas, o que o fixo moi popular. Estivo vivindo na casa de Alejandro Basilio Palacios dez meses. En agosto de 1935 insertaba un anuncio en “Tierra y Libertad” para comunicarse con M. Ramos, dando o enderezo de “Brazo y Cerebro”, apartado 199, A Coruña. Integrante do grupo editor do xornal anarquista “Brazo y Cerebro” da Coruña en 1935-1936. Membro do grupo “Brazo y Cerebro” e responsable do xornal do mesmo nome. Visitou a Escuela Racionalista de Ferrol en setembro de 1935. Interveu na asamblea celebrada sobre o tema das alianzas obreiras na Coruña en decembro de 1935. O seu grupo separouse da FAI en 1936. Tivo problemas coa Regional Centro FAI, que o acusou nunha carta. Membro do denominado Secretariado Internacional da FAI. Participa nun mitin organizado polo xornal “Brazo y Cerebro” o 1º de maio de 1936 na praza de touros da Coruña, en representación do grupo editor do xornal. En xuño de 1936 a Federación Local de Grupos Anarquistas publica en “Brazo y Cerebro” un comunicado informando de que A. Fernández (Furna) se retirou voluntariamente das actividades da Federación para atender outras actividades anarquistas. Dirixiu grupos de resistentes na zona de Sánchez Bregua e Cuatro Caminos. Refuxiado na zona de Elviña nos primeiros días do golpe de estado. En contacto con José González tentou reorganizar a FAI, encargándose da edición dunha folla chamando á militancia libertaria a organizarse. Sorprendido cando estaba agachado na vivenda de Alicia Dorado, tentou fuxir polos tellados, mais foi asasinado, o 10 de xulio de 1937; tiña 40 anos. En novembro de 1937 “Galicia Libre” noticia a caída de Antonio Fournarakis e o sinala como director de “Brazo y Cerebro”. En maio de 1962 Ildefonso González publicou un artigo onde se lembraba a súa infancia en Grecia, o seu paso por Bolivia, Buenos Aires, Montevideo, e a súa morte na Coruña; era mariñeiro de profesión, participara nas campañas por Radowitzky e Sacco e Vanzetti, fora expulsado de Argentina por Uriburu e era lector de “El único y su propiedad” de Max Stirner.

FOUZ, J.

Nomeado tesoureiro do Sindicato de Zapateros Manuales da Coruña en xuño de 1931.

FOUZ QUINTÁN, Humberto.

Secretario do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña en maio de 1936.

FRADE, Ángel.

Participa nunha asamblea pesqueira en Vigo en xulio de 1930 pola Sociedad de Marineros de Bouzas, que desautoriza a Manuel Rodriguez Careu.

FRADES, Antonio

Vogal da Sociedad de Planchadores de La Habana en febreiro de 1908.

FRAGA

O 11 de novembro de 1890 interveu na velada organizada pola Federación Obrera de Ferrol en conmemoración dos mártires de Chicago.

FRAGA

Participou no mitin celebrado no Circo Ferrolano de Ferrol o 15 de novembro de 1901, en protesta polos sucesos de maio de 1901 na Coruña.

FRAGA, Andrés.

Vicepresidente da Sociedad de Pescadores y Oficios Varios de Mera “El Despertar de la Humanidad” en maio de 1918. Vicepresidente en marzo de 1922.

FRAGA, Antonio (*)

En xulio de 1910 é un dos asinantes dunha protesta “Cultura Proletaria” de New York polo atropelo á tripulación do vapor “Apache”.

FRAGA, Antonio.

Vocal da Sociedad de Estibadores Terrestres da Coruña en setembro de 1918.

FRAGA, Antonio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Avenida J. Lombardero, 56, baixo.

FRAGA, Antonio.

Delegado cobrador da Sección de Peones Auxiliares de Obras Públicas do Sindicato de Oficios Varios da Coruña, en xaneiro de 1933.

FRAGA, Encarnación

Modista, en xuño de 1890 asinaba en “El Correo Gallego” unha carta de modistas e xastras de Ferrol pedindo a rebaixa da xornada de traballo; ao día seguinte desmentía que asinara o devandito comunicado.

FRAGA, José

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

FRAGA, José.

Representou ao Sindicato de Aserradores de Santiago no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

FRAGA, José.

Veciño de Proame-Lemayo (Laracha), detido e maltratado pola garda civil en xaneiro de 1936.

FRAGA, José

En decembro de 1899 foi elixido membro do Comité Administrativo do Centro General de Obreros de La Habana.

FRAGA, Juan.

Envia un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Vigo en febreiro de 1907.

FRAGA, Luis.

Vicepresidente do Sindicato de Sastres de Santiago en marzo de 1932.

FRAGA, Manuel

En marzo de 1903 deixaba as súas accións da Cooperativa Obrera á Antorcha Galaica del Librepensamiento para a creación dunha escola de nenas.

FRAGA BELLO, Juan (?, 1909 – ?).

Secretario do Sindicato de Obrero de Monteagudo, foi detido en xulio de 1936, atopandoselle un revolver. Estaba acusado da colocación de explosivos na casa do cura de Monteagudo o 23 de xulio, despois dunha asamblea do Sindicato á que asistiron 40 persoas, no monte do Freixal. Despois de poñer os petardos na casa do cura foron a Coruña tirando varios cartuchos no camiño. En setembro de 1936 foi condenado á pena de morte.

FRAGA GARCÍA, Francisco.

Vocal 3º do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en marzo de 1934.

FRAGA GÓMEZ, Jesús.

Secretario do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Guísamo-Bergondo en marzo de 1936.

FRAGA HIGUERAS, José María.

Detido en abril de 1910 pola súa participación nos disturbios dos portuarios coruñeses en solidaridade cos folguistas de Xixón. Acusado de participar na morte dun carreteiro esquirol. Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921.

FRAGA MATEO, Carmen

Detida en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899.

FRAGA NOGAREDA, Manuel.

Secretario do Sindicato de Profesiones Varias de Cabovilaño en agosto de 1934. En outubro de 1935 recibiu axuda do Sindicato de Cabovilaño ao atoparse hospitalizado.

FRAGA RODRÍGUEZ, Eduardo.

Delegado do Sindicato de Metalurgicos na FLO da Coruña en maio de 1931.

FRAGA VARELA, José.

Delegado de Metalúrgicos do Sindicato de Oficios Varios de Carballo en xuño de 1931.

FRAGA VARELA, Manuel.

Tesoureiro do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en xaneiro de 1932.

FRAGELO, José

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión directiva da folga, polos peóns e albañiles.

FRAGÓN, Benedicto

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

FRAGOSO BARBEITO, Manuel

Vicepresidente do Sindicato de Peones da Coruña en febreiro de 1936; enderezo en Cordelería, 54, 1º.

FRAGUEIRO, Saturnino

En maio de 1934 participou nunha suscrición en Pontevedra do Ateneo de Divulgación Social, para atender aos gastos de traslado de fillos de folguistas de Zaragoza a Barcelona.

FRAGUEIRO, Ladislao.

Fai un donativo a “Tierra y Libertad” desde Vigo, en xaneiro de 1905.

FRAGUELA

Anciano, o 11 de novembro de 1892 participou no acto de conmemoración dos mártires de Chicago organizado pola Federación Obrera da Coruña..

FRAGUELA, Amalia

En marzo de 1912 Amalia Fraguela e Vicente Couce comunican a inscrición da súa filla Luz Armonía en Ferrol. En xulio de 1912 participou nun mitin en Ferrol para a creación dunha escola racionalista. En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos. En outubro de 1912 leu unhas follas nun mitin do grupo “Amarante” polos presos sociais en Baracaldo. En marzo de 1913 anuncia en “Tierra y Libertad” a constitución do grupo anarquista femenino “Luz Armonía” en Baracaldo; o enderezo é San Juan, 8, 1º Baracaldo. En maio de 1913 asina desde Baracaldo o artigo “La sociedad actual” en “Tierra y Libertad” de Barcelona. En xulio de 1913 asina en “Tierra y Libertad” o artigo “A las mujeres”, desde Baracaldo.

FRAGUELA, Ángela

Xastra, en xuño de 1890 asinaba en “El Correo Gallego” unha carta de modistas e xastras de Ferrol pedindo a rebaixa da xornada de traballo.

El Correo Gallego. Ferrol, 03-06-1890.

FRAGUELA, José.

En marzo de 1905 foi nomeado vicesecretario da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítimos “La Cosmopolita”, cando se constituiu.

FRAGUELA, Juan.

Membro da comisión organizadora do Ateneo Cultural-recreativo Cariñense en xulio de 1933. Nomeado vocal na primeira xunta directiva. Detido en setembro de 1934 na folga pesqueira de Cariño.

FRAGUELA, Manuel (*)

No número especial de “El Dependiente” polo cabodano da Unión de Dependientes de Cafés de La Habana en marzo de 1913, era sinalado como integrante da sociedade nunha fotografía de grupo.

FRAGUELA, Ricardo.

Vocal da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en setembro de 1916.

FRAGUELA, Ricardo.

Na comisión revisora de contas do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en outubro de 1931.

FRAGUELA CELEIRO, César Leopoldo “El Andaluz” (A Graña-Ferrol, 1898 – ?).

Afincado na Coruña. Afiliado ao Sindicato de Carpinteros até que comezou a traballar na Fábrica de Luz Eléctrica da Coruña. Presidente do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en abril e xuño de 1936. Despois da guerra era constructor de obras. En 1946 representa ao Movimiento Libertario e ás Juventudes Libertarias nunha reunión da ANFD na Coruña. En 1946 acusado de ser jefe de célula do PC. Acusado en 1947 de recibir a visita de José López, enviado do Comité Nacional para reorganizar a CRG. Detido En xulio de 1947. En agosto de 1947 foi sobreseida a causa contra el.

FRAGUELA SANTIAGO, Manuel (Cariño, ? – ?).

En agosto de 1939 no campo de concentración de Argelès sur Mer, en Francia.

FRANCHY

Deputado a Cortes de Las Palmas, segundo algúns xornáis ía participar no Congreso da Paz de Ferrol.

FRANCISCO CÁCERES, Víctor “De la Sagra”, “Justo”, “Torvick” (Albalá-Cáceres, 10-3-12 – Vigo, 9-8-76).

Ao estalar o alzamento fascista, Victor Francisco estaba facendo o servicio militar en Melilla e foi un dos poucos que fixo fronte á sublevación no seu cuartel. Arrestado, foi condenado a morte, ainda que a pena foille conmutada e estivo cinco anos preso a traballos forzados. Mais tarde fixou a súa residencia na Rioja, a finais de 1942 ou comezos de 1943. Ao despertar sospeitas pola súa actividade decidiu abandonar a Rioja para ir a Galiza. Cando chegou a Vigo foi xustamente despois do desmantelamento da organización clandestina da CNT. Alí comezou a traballar nos asteleiros de Enrique Lorenzo, onde chegou a ser encargado do Parque de Materiais e organizou unha folga pedindo aumentos salariais pouco tempo despois. Segundo outras fontes comezou a traballar en Vulcano en 1949 como contable. Xunto a Dalmacio Bragado traballou na clandestinidade. En 1956 retomou a organización clandestina en Vigo, en contacto con parte da vella militancia e co exilio. Participou na organización do “Frente Democrático Juvenil” en Vigo, nunha reunión celebrada no Meixoeiro en abril de 1960, coa presencia de Jaime Garrido Vila, Augusto Docampo Soto e Manuel Rodríguez González. En xuño de 1960 foi detido gubernativamente. Despois, en abril de 1961 participou na organización do Frente Democrático Juvenil, en contacto con Jaime Garrido Vila. O 5 agosto de 1962 foi detido por actividade cenetista e condenado a once anos de cárcere, que cumpliu no penal de Burgos, onde formou parte do comité clandestino. Saliu en libertade condicional o 23 de setembro de 1965, sen que fora readmitido en Vulcano. Foi por elo que voltou ao exilio pouco despois. En 1966 conseguiu ubicarse en Toulouse, como peón albañil. Foi designado secretario xeral de SIA, e ocupou cargos na CNT do Alto Garona-Gers, na C.I.R. e na FL de Portet. Visitou Vigo clandestinamente en varias ocasións. Despois de retornar a Vigo para establecerse alí, morreu dunha hemorraxia cerebral.

FRANCO.

Integrante do Sindicato Marinero de Portosiño.

FRANCO, Domingo

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

FRANCO, J.

Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Viveiro, en setembro de 1932. Colabora en “Solidaridad” de A Coruña en agosto de 1935, dende Viveiro.

FRANCO, Manuel

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

FRANCO, Manuel.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Miliciano da 2ª Compañía do 4º Batallón da CNT.

FRANCO CASTIÑEIRAS, Antonio.

Vicesecretario do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en maio de 1931.

FRANCO CASTRO, Rogelio.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de la Construcción y Litografía de A Coruña en marzo de 1932. Contador do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en abril de 1932.

FRANCO FERNÁNDEZ, Inocencio

Natural de Ortigueira-A Coruña. Asina artigos en “¡Tierra”!” de La Habana dende Camagüey en novembro de 1906 e febreiro de 1907. Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana en abril de 1907, dende Mayarí. En xaneiro de 1909 asina un artigo en “¡Tierra!” dende o Ingenio San Agustín de Cruces. En abril de 1910 participa nunha suscripción da Liga Internacional Racionalista dende Santa Lucía, para montar unha escola racionalista en La Habana. Asina artigos en “¡Tierra!” de La Habana dende Bayamo en maio e xuño de 1912. Asina artigos en “¡Tierra!” de La Habana dende Manzanillo en xulio e agosto de 1912. Detido sen fianza no outono de 1913 en Camagüey polos incidentes na protesta pola condena de Vázquez e Estévez e condenado a seis meses de cárcere. En abril de 1914 foi xulgado en Camaguey pola campaña pro Vázquez e Estévez. En xulio de 1914 asinaba unha carta pedindo que os cartos que se recaudaran pola súa detención no outno de 1914 foran destinados a Evaristo Vázquez. Segundo Amparo Sánchez Cobos, fora membro do grupo “Acción Directa” de Manzanillo. Nunha listaxe de anarquistas españoles en Cuba feita por Amparo Sánchez Cobos. Detido en Camagüey en abril de 1928 como integrante do Grupo de Propaganda Internacional de Camagüey, e ameazado de expulsión. En outubro de 1928, expulsado de Cuba, os seus sete fillos (Ibia, Idónea, Iris, Inocencio, Iberia, Inobelio, Inobel) ficaron desamparados; era natural de Ortigueira; a súa muller, Tomasa Lugo, natural de Bayamo, estaba nun hospitla coa perna gangrenada. En novembro de 1928 se publica un artigo en “Cultura Proletaria” asinado por Santini, desde Cuba, onde se di que a compañeira de Inocencio Franco era unha confidente. En decembro de 1928 “Cultura Proletaria” da conta de que a súa muller recibe cartos do Comité Pro Presos y Perseguidos de Cuba. En marzo de 1929 desminte en “Cultura Proletaria” que a súa compañeira fora confidente da policía. En xuño de 1929 asina un artigo en “Cultura Proletaria” desde A Coruña.

FRANCO PIÑEIRO, José.

Sindicalista detido en Hío en febreiro de 1924.

FRANCO ROURE.

Detido en Noia como suposto implicado na folga xeral de agosto de 1917.

FRANCOS, José.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Miliciano da 2ª Compañía do Batallón Malatesta. Da CNT.

FRANCOSA, José

Secretario da Unión Agraria de Galicia, entidade democrática formada en Lisboa, que publicou un escrito de solidariedade co campesiñado andaluz en novembro de 1915.

FRANQUEIRA, Pedro.

Integrou unha comisión pro-traballo do Sindicato de Camareros en xuño de 1934. Secretario e tesoureiro do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en agosto de 1934. Membro do comité de folga dos camareiros da Coruña en xulio de 1935, foi detido e multado con 500 pesetas polo gobernador civil.

FRANQUEIRA, Ramón.

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres. Presidente da Sociedade de Carreteros “La Veloz” en novembro de 1917. Presidente da Sociedad de Carreteros “La Veloz” en decembro de 1918, foi criticado nunha folla. Representou á Sociedad de Carreteros “La Veloz” da Coruña no Congreso da Comedia de Madrid en 1919. Detido en xulio de 1920 na Coruña na vaga represiva polos sucesos que derivaron na morte dun policía e un cabo de seguridade. Integrou unha comisión nomeada na FLO para negociar coa Asociación Patronal o conflicto dos estibadores da Coruña, en novembro de 1920. En novembro de 1920 formou parte na comisión formada na xuntanza na Federacíón Local Obrera para tratar da fusión da sociedades de Estibadores “La Armonía” e “El Progreso”.

FRANZONI, Orestes

En novembro de 1883 a Sección de Tipógrafos de Pontevedra informa de que socorreu ao compañeiro italiano Oreste Franzoni.

FREIJEIRO, Consuelo (*)

En xaneiro de 1902 participa nunha suscripción en “La Protesta Humana”.

FREIJEIRO, José

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión de vixilancia.

FREIJOMIL GÓMEZ, Dionísio (? – Ferrol, 06-01-1922)

En novembro de 1902 casou con Josefa Vara Eiroa. En xulio de 1910 é un dos asinantes dunha protesta “Cultura Proletaria” de New York polo atropelo á tripulación do vapor “Apache”. Asina un artigo en “Cultura Obrera” de New York a bordo dun barco en novembro de 1911; nesa altura foi nomeado membro da comisión revisora da Unión de Fogoneros del Atlántico. Denunciado en “El Único” diante dos obreiros marítimos en abril de 1912 como un dos chupópteros de “La Unión”. En xuño de 1913 participa a “¡Tierra!” de La Habana a constitución do Grupo “Lucifer” en New York, dirixindo a correspondencia a Dionísio Freijomil; tamén se publica en xulio de 1913 en “Tierra y Libertad” e “Acción Libertaria”, co enderezo en Spring Street 144 en New York; en agosto de 1913 se anuncia tamén en “La Protesta” de Lima. O 23 de abril de 1914 chegou a New York, como mariñeiro no “Philadelphia”, procedente de Shouthampton; tiña 32 anos e a súa muller era Josefa Vara, con residencia en San Eugenio, 88, Ferrol. Josefa Vera Eiroa morreu en outubro de 1914, cando Dionísio Freijomil estaba ausente. En abril de 1916 “Regeneración” publica unha carta ao presidente Wilson do grupo “Briat” de New York, asinado por Dionísio Freijomil, pedindo a libertade dos irmaos Magón.En setembro de 1916 pide que o compañeiro A. Corral lle escriba ao seu enderezo en Real, 63, Ferrol. Morreu en xaneiro de 1922.

FREIRE

O 11 de novembro de 1892 participou no acto de conmemoración dos mártires de Chicago organizado pola Federación Obrera da Coruña. Participou nun mitin da Federación Coruñesa en decembro de 1892. Participou no mitin anarquista realizado na Coruña en lembranza dos mártires de Chicago, en setembro de 1893. En outubro de 1894 foi nomeado integrante dunha comisión designada nun mitin dos canteiros folguistas da Coruña no Cico Coruñés, para ir entrevistarse cos canteiros portugueses.

FREIRE, A.

En marzo de 1907 enviaba donativos a “Tierra y Libertad” desde A Coruña.

FREIRE, A.

En novembro de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ferrol.

FREIRE, Andrés (*)

Nunha listaxe de individuos sospeitosos de ser militantes anarquistas e ameazados de expulsión de Argentina en febreiro de 1903.

FREIRE, Andrés T.

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

FREIRE, Eulogio.

Contador da Sociedad de Mozos de Almacén da Coruña en xulio de 1918. Secretario da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en decembro de 1918.

FREIRE, Francisco

Asina unha carta ao xornal “Tierra y Libertad” en outubro de 1910, desde o cárcere da Coruña, acusando a Lorenzo Vázquez de disparar ao obreiro Canosa na taberna que Vázquez posuía na Grela.

FREIRE, Jesús

En febreiro de 1917 foi nomeado vicepresidente da Sociedad de Aserradores da Coruña.

FREIRE, José

Presidiu o mitin do 1º de maio da Federación Coruñesa en 1893. Carpinteiro, en xuño de 1903 presidiu un mitin no Teatro Circo polos presos de Badajoz, La Línea, Cádiz, Jumilla, Almería e outras localidades.

FREIRE, José.

En marzo de 1905 foi nomeado vocal da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítimos “La Cosmopolita”, cando se constituiu.

FREIRE, Juan (*)

En xulio de 1910 é un dos asinantes dunha protesta “Cultura Proletaria” de New York polo atropelo á tripulación do vapor “Apache”.

FREIRE, Juan

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

FREIRE, Tomás (*)

Deportado de Argentina a finais de 1930.

FREIRE, Manuel (*)

En decembro de 1911 e febreiro de 1912 recibe cartos dunha suscrición como expulsado da Argentina.

FREIRE ÁLVAREZ, José.

Contador da Sociedad de Peluqueros de Santiago en febreiro de 1925.

FREIRE BLANCO, José (Ferrol, 1908 – )

Natural de Ferrol, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 3 de xuño de 1932 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o 24 de xuño.

FREIRE DÍAZ, Eladio.

Vocal do Sindicato de Profesiones Varias de Cabovilaño en agosto de 1934.

FREIRE FERNÁNDEZ, Manuel

Carpinteiro, de Lugo, seguiuselle un expediente de responsabilidades políticas. Afiliado á CNT.

FREIRE GARCÍA, Eladio (Rutis-Vilaboa-Culleredo, 19-01-1902 – ?).

Veciño da Corbeira, militante comunista, fundador do Club Obrero Sociedad Cultural de Rutis en xulio de 1932. Asiduo orador en mitins do PC, en 1933 foi candidato nas eleccións xerais. Participou tamén no movemento asociativo labrego na súa parroquia. Conseguiu atraer á Sociedad Agraria de Castro y Laxe, que foi expulsada da CNT. En decembro de 1935 participa nos debates sostidos na FLO da Coruña encol das Alianzas Obreiras. En 1936 participou na campaña electoral da Frente Popular, e formou parte da Corporación Municipal de Culleredo como 1º Tenente de Alcalde. Foi presidente do Radio Comunista Comarcal de Vilaboa. Acusado de levar armas dende A Coruña a Vilaboa na noite do 19 de xulio de 1936. Escapou co seu irmao na fuga do 5 de xaneiro de 1937, cara a Xixón. Ocupou un cargo no “Boletín del Norte”, xornal comunista de Gijón. Posteriormente foi secretario de organización suplente de Solidariedade Galega Antifeixista en Barcelona e traballador da industria de guerra. En agosto de 1939 no campo de concentración de Argelès sur Mer, en Francia.

FREIRE GARCÍA, Jesús (Vilaboa-Culleredo, ? – ?).

Irmao de Eladio. En Asturias foi voluntario a loitar nun Batallón. Participou co seu irmao na fuga do 5 de xaneiro de 1937, cara a Xixón. En agosto de 1939 no campo de concentración de Argelès sur Mer, en Francia.

FREIRE GARCÍA, Luis

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Pi i Margall, 16, 3º dta.

FREIRE LESTÓN, Ignacio (?, 1900 – ?).

Canteiro, veciño de Santa María de Roo-Noia. Afiliado ao SOV Noia. Acusado de requisarlle unha arma ao crego de San Pedro de Boa, na compaña de David Mariño Ramos e José Maneiro “Gato Pateiro”. Detido en xaneiro de1937. A súa causa foi sobreseida.

FREIRE LÓPEZ, José (? – Ferrol, 15-08-36).

Executado en agosto de 1936, en virtude do artigo 4º do Bando de Guerra (tenencia de armas) en Ferrol.

FREIRE MARTÍNEZ, Pedro (Ferrol, 1909 – ?).

Peón, militante da CNT clandestina en Ferrol, controlaba a un grupo de cotizantes en Astano. Procesado na causa 156/47, pedironlle 3 anos e foi condenado a 1.

FREIRE OLIVERA, Constante.

Vocal de “La Alianza Marinera” de Cangas en xaneiro de 1932.

FREIRE PEDROSA, Avelino.

Tamén sae como Adelino. De Punta Ceilán, membro do Sindicato de Ponte Nafonso. Sindicalista da zona de Outes, fuxiu con Maximino Martínez para coller os bous “Santa Eulalia” e “Santa Rosa” en xulio de 1936. Miliciano, da CNT, no BON Galicia en febreiro de 1937. Detido no frente de Asturias, estivo ano e medio nun campo de concentración.

FREIRE RODRÍGUEZ, Antonio

En novembro de 1935 foi elixido secretario do Sindicato de Pintores da Coruña; tiña enderezo en Sinforiano López, 1º. Renunciou.

FREIRE SÁNCHEZ, José.

Afiliado á CNT. Detido o 21 de xulio de 1936 no Concello de Ferrol.

FREIRE SANTOMÉ, Antonio.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

FRENDE, Enrique

En maio de 1908 foi nomeado directivo do Centro Estradense Pro Enseñanza Laica de Buenos Aires.

FRESNEDA, Pedro

En marzo de 1903 deixaba as súas accións da Cooperativa Obrera á Antorcha Galaica del Librepensamiento para a creación dunha escola de nenas.

FROJÁN, Manuel

En marzo de 1933 foi elixido contador do Sindicato Agrario y de Oficios Varios de Lousame.

FROJÁN BALADO, Enrique.

Tesoureiro do Sindicato Agrario y Oficios Varios de Cruido-Lousame, en xuño de 1936.

FROJÁN EIRAS, Julio.

De Cruido-Lousame, foi detido despois do golpe militar acusado de participar na queima de imaxes relixiosas.

FUENTE, Constantino (?, 1904 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á UGT.

FUENTE GARCÍA, Román de la

En decembro de 1931 foi elixido secretario do Sindicato de Obreros de la Fábrica de Tabacos, sección do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña.

FUENTES, Agustín

En setembro de 1930 participa no Pleno Regional celebrado na Coruña, como delegado que fora da Asociación Tipográfica de Santiago no Comité Regional.

FUENTES, Domingo.

Detido o 26 de maio de 1891 na Coruña, a consecuencia da folga do 1º de maio. Detido na folga de maio de 1891 na Coruña, foi liberado en xuño.

FUENTES, Francisco

Nun mitin celebrado na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901 leuse unha carte del entre outros presos do cuartel de Alfonso XII.

FUENTES, José.

Tesoureiro do Sindicato de Panaderos “La Unión” de A Coruña en marzo de 1923.

FUENTES, Juan

Nun mitin celebrado na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901 leuse unha carte del entre outros presos do cuartel de Alfonso XII.

FUENTES, Manuel

En febreiro de 1903 participou nun mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña; era secretario exterior da Sociedad de Hierros y Metales. En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908. En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

FUENTES, Manuel.

Contador do Sindicato de Obreros Municipales “La Aurora” da Coruña en xuño de 1931.

FUENTES, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como carpinteiro.

FUENTES, Manuel.

Chofer, detido pola folga xeral de decembro de 1933 en Tui. Foi condenado a dous meses polo Tribunal de Urxencia, que cumplía no cárcere de Pontevedra.

FUENTES, María.

Detida na Coruña en agosto de 1920 por instigar a agresión dun grupo de mulleres á policía.

FUENTES, Tomás “Cernán”.

Acusado da voadura do Ponte Novo de Betanzos, na carreteira de Betanzos-A Coruña, en xulio de 1936. Foi fusilado en Ferrol o 26 de xulio de 1936.

FUENTES DÍAZ, Benedicto.

Condenado pola Audiencia Provincial de Lugo, por colocación de explosivos, en marzo de 1935.

FUENTES GÓMEZ, Domingo

Arredor do 26 de maio de 1891 estaban detidos Domingo Fuentes Gómez, Eduardo Comparada, Manuel Rodríguez Incognito, José Núñez Vila, José Iglesias Leira, Lucindo Gacía Barro, Juan Antonio Ferrreño, Eduardo Paredes Rodríguez, Fernando Zapata Fandiño e Diego Fernández Incógnito. Fora detido na súa casa da rúa da Torre, era peón de albañil e foi detido porque pensaban que podía tentar fuxir a América.

FUENTES GÓMEZ, Manuel “Cafetero” (Santiago, 1912 – ?).

Carpinteiro, militante da CNT compostelá antes da guerra civil. Movilizado en 1938, foi destinado en Oviedo, e non chegou a combatir. Foi detido en febreiro de 1945 na caída da organización do PC en Santiago en Vigo.

FUENTES GONZÁLEZ, Antonio (Pobra do Caramiñal-A Coruña, 1912 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

FUENTES LÓPEZ, Juan

En decembro de 1931 foi elixido vogal do Sindicato de Obreros de la Fábrica de Tabacos, sección do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña.

FUENTES PARDO, Manuel

Secretario da Sección de Mozos de Hoteles do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña de agosto a outubro de 1933.

FUENTES REY, José (Teo, 1903 – ?).

Traballador da “Singer” na zona de Noia. Afiliado ao SOV Noia. Fuxido nos bous “Santa Eulalia” e “Santa Rosa”. Participou en operacións militares en Bilbao e Santander, no Batallón 231. Afiliado número 27 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. Detido en Grado, despois do derrumbe da fronte norte en Asturias, en outubro de 1937. Trasladado a un campo de prisioneiros en Xixón. Condenado a reclusión perpetua en marzo de 1939.

FUENTES SÁNCHEZ, César (1909 – ?).

Traballador de “El Noroeste”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Secretario interino da Asociación Tipográfica en marzo de 1936.

FUENTES VELÓN, Luis.

Contador do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en marzo de 1934.

FUENTES VILLARNOVO, Emilio.

Militante da CNT de Cariño. Detido en setembro de 1934 na folga pesqueira de Cariño. En maio de 1935 interveu nunha xuntanza do SIP de Cariño. Fuxido no vapor “Arkale” en xulio de 1936. Capitán da 1º Compañía do Batallón Nº 30 “Celta” da CNT, en maio de 1937.O cura de Santiago de Mera declarou no seu favor, decindo que evitou que o levaran a Cariño cando os militantes de esquerda andaban apañando armas. Sen novedade no frente de Amorebieta en maio de 1937. En decembro de 1938 reclamado polo axudante de Mariña de Ortigueira, por rebelión militar.

FULGENCIO, Manuel

Cobrador de suplentes do Sindicato de Carga y Descarga “El Progreso Marítimo” da Coruña en marzo de 1932.

FULGENCIO BERDOTE, Lucio

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

FUNGUEIRIÑO MUÑIZ, Manuela “Cuca”.

Ou Fungueiriño Muiños. Pescadeira. Xulgada en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

Call Now ButtonChámanos