Volver á Portada

CCC

CAAMAÑO.

Asiste a unha reunión do Comité da Agrupación Confederal Galaica en xulio de 1937.

CAAMAÑO

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en rúa Nueva.

CAAMAÑO.

Integrante do Sindicato de Portosiño. Era de Mantoño.

CAAMAÑO, Adolfo.

Vicetesoureiro do Sindicato de Oficios Varios (con Sección Cultural) de Sada en agosto de 1931, cando tivo lugar a súa fundación. Vicesecretario do Sindicato de Oficios Varios de Sada en xaneiro de 1933. Morto, aos 21 anos, a finais de maio de 1933.

CAAMAÑO, Alejandro

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Hospital, 28.

CAAMAÑO, Ángel (*)

En maio de 1895 publica unha poesía en “La Idea Libre”.

CAAMAÑO, Eduardo

Presidente do Centro Gallego de Buenos Aires en setembro de 1880.

CAAMAÑO, Eliseo (*)

Participa como individualidade no Pleno de Grupos Anarquistas e Individualidades celebrado en Blair Station, PA. o 19 de maio de 1929.

CAAMAÑO, Enrique.

De Vilar de Tállara. Formou parte da expedición de mineiros que saiu de Lousame e Noia cara a Coruña, para tentar defender a República. Foi de volta cara a Noia con outros catro compañeiros, camiñando polos montes.

CAAMAÑO, Joaquín.

Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende Vilagarcía.

CAAMAÑO, José.

Na comisión organizadora do Sindicato de Pescadores y Oficios Varios de Pindo-Carnota en xuño de 1936.

CAAMAÑO, Juan.

Vicesecretario xeral do Sindicato General de Trabajadores de Vilagarcía de Arousa.

CAAMAÑO AMOR, Julio.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios (con Sección Cultural) de Sada en agosto de 1931. Foi nomeado secretario na súa primeira xunta directiva. Vocal do Sindicato de Oficios Varios de Sada en xaneiro de 1933.

CAAMAÑO CAAMAÑO, Jesús (1910 – ?).

Mariñeiro, afiliado á CNT, evadido do Batallón 56 das tropas sublevadas á zona republicana.

CAAMAÑO CIMADEVILLA, Amancio.

Participou nas negociacións da folga mariñeira de Teis, pola “Alianza Marinera”, en xulio de 1931..

CAAMAÑO FERNÁNDEZ, Juan (Muros-A Coruña, 1914 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

CAAMAÑO OANES, José “Raio” (1915 – ?).

Albañil. Vocal do SOV “La Igualdad” de Corcubión en 1936. Foi detido en novembro de 1936, mais posteriormente a causa foi sobreseida en xaneiro de 1937.

CAAMAÑO MAYO, Andrés.

Afiliado número 126 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CAAMAÑO PÉREZ, Fernando (1915 – A Coruña, 10-7-37).

Vendedor de periódicos, militante anarquista, estaba agachado dende decembro do 36 na vivenda de María Otero, con algunhas armas que tiña agachadas no monte; cando a vivenda foi asaltada morreu no enfrontamento.

CAAMAÑO REY, José

Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana en decembro de 1912, dende Miraflores. Asina un comunicado do Grupo Rebeldía Consciente de Jatibonico en agosto de 1913. Asina un artigo en outubro de 1913. En novembro de 1913 asinaban José Caamaño Rey, Antonio Novoa e Francisco Novoa un chamado do Grupo Rebeldía Consciente de Jatibonico pola familia de Domingo Germinal. Asina artigos en “¡Tierra!” en decembro de 1913 e xaneiro de 1914 desde Jatibonico. En febreiro de 1914 colabora económicamente con “¡Tierra!” de La Habana en nome do Grupo “Rebeldía Consciente” de Jatibonico. En abril de 1914 asina unha proposta pola unión dos grupos anarquistas de Cuba. En maio de 1914 ausentábase de Jatibonico e aparecía en “¡Tierra!” unha correspondencia súa desde Carballo-A Coruña.

CAAMAÑO ZÚÑIGA, José.

Mariñeiro, afiliado ao “Despertar Marítimo”. Tripulante do “Constante Veiga Nº 4”, fuxido cara a Brest en xuño do 37. Condenado a reclusión perpetua en abril de 1941.

CABADAS, Manuel.

Vocal do Ateneo Libertario Sindicalista de Vigo na súa fundación, en xulio de 1931.

CABADO, Constante (Ferrol, 1897- Buenos Aires, 7-2-81).

Chegou á Argentina co seu pai en 1910. Coñeceu as ideas anarquistas viaxando nun tranvía ao pasarlle un compañeiro de viaxe o xornal “La Protesta”. Dende moi novo na FORA como obreiro panadeiro. Despois dalgún tempo activo nos sindicatos fíxose empresario, máis non deixou a loita. Foi corresponsal e representante de moitos xornais e revistas de España en Buenos Aires. Fornecía de pan e pastas da súa padaría á redacción de “La Protesta”, en Buenos Aires. En 1932 foi detido e despoxado de todo o seu material impreso. En 1949 o xornal “Reconstruir” anunciaba a súa panadería e confitería “La Nueva Americana”, con varias sucursais en Buenos Aires. Propietario da panadería “La Nueva Americana” en 1950. Morreu en Ramos Mejía aos 84 anos.

CABALEIRO, Andrés (Chapela-Pontevedra, 1901 – ?)

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Chapela-Pontevedra. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937; estivera afiliado á CNT.

CABALEIRO, Arturo.

Membro da comisión reorganizadora dos choferes de alquiler de Vigo, en maio de 1936.

CABALEIRO DIZ, Juan.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, acusado de poñer un aramio de espiño no monte Aloia.

CABALLERO CALLEJA, Federico.

Militante do Sindicato de Oficios Varios de Vigo, asina unha carta de protesta da FL de Vigo pola presencia de Manuel Rodríguez Careu no Pleno Nacional do Transporte Marítimo. En novembro de 1934 estaba detido por reunión clandestina, xunto a José Luis Quintas Figueroa, cando foi acusado de coaccións a Natalio Sanchón, propietario dunha droguería, pedindolle a readmisión de Ramón de la Torre; a causa foi sobreseida en novembro de 1934.

CABALLO, Adolfo

En marzo de 1903 deixaba as súas accións da Cooperativa Obrera á Antorcha Galaica del Librepensamiento para a creación dunha escola de nenas.

CABANAS, Benigno (? – Agen, 02-01-59).

Vocal do Sindicato de Peones y Albañiles da Coruña en outubro de 1928. Fillo dun veterán militante anarcosindicalista e militante el mesmo do Sindicato de Construcción da Coruña en 1936. Permaneceu agachado no monte toda a guerra civil, até que decidiu pasar a Francia; coa súa familia, entrou no pais galo por Bayona. Colabora nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946. No exilio, foi militante da FL de Agen. En 1957 iniciou os traballos para a reorganización da CRG no exilio. Morreu en xaneiro de 1959, aos 58 anos de idade.

CABANAS, J.

En marzo de 1907 enviaba donativos a “Tierra y Libertad” desde A Coruña.

CABANAS, Jesús

Asina un chamamento en “El Porvenir del Obrero” de Mahón e “El Productor” de Barcelona en maio de 1903, como presidente dos tripulantes de traiñas en folga. En xuño de 1903 comunicaba a liberación dos once compañeiroos folguistas presos. En agosto de 1903 asina un artigo sobre as caixas de resistencia en “Tierra y Libertad” de Madrid.

CABANAS, José

En decembro de 1915 recibe cartos dunha suscripción polos presos de “Tierra y Libertad”, en Ferrol.

CABANAS, Manuel (*)

En agosto de 1913 foi nomeado membro da comisión de propaganda do Centro Internacional de Cocineros de La Habana. En xulio de 1914 era vogal do Centro Internacional de Cocineros de La Habana.

CABANAS MARIÑO, Galindo.

Presidente do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en marzo de 1933. Presidiu varias reunións do Sindicato entre outubro e novembro de 1933.

CABANAS CRESPO, José

Detido pola folga da pá en Ferrol en decembro de 1913, foi posto en libertade ao rematar a folga.

CABANAS PÉREZ, Jesús.

Vocal da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en decembro de 1908. Mariñeiro, detido en abril de 1910 pola súa participación nos disturbios dos portuarios coruñeses en solidaridade cos folguistas de Xixón. Vicepresidente da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en febreiro de 1912. Contador da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xulio de 1915 e febreiro de 1916. Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921.

CABANAS ROCA, Camilo

Panadeiro ourensán, de 32 anos, asasinado polo seu cuñado en xulio de 1927. Estivera emigrado en Cuba, onde fora expulsado polas súas ideas anarquistas.

CABANAS SANTOS, Ramón.

Vocal 2º do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en setembro de 1930.

CABANAS SILVAR, Juan.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

CABANAS SILVAR, Manuel.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

CABANAS VARELA, Manuel.

Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921. Contador da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xulio de 1927.

CABANELAS VÁZQUEZ, Manuel.

Cotizante da CNT en Compostela en 1947.

CABAÑAS, Pedro.

En abril de 1918 foi elixido contador da Sociedad de Estibadores Terrestres “La Armonía”.

CABARCOS, Jesús

En marzo de 1932 un simpatizante escribía a “El Luchador” desde Graña-Abadín, comentando que desde a proclamación da II República houbo catro matrimonios civís, o de Alejo Puente, o de Asencio Puente, o de Antonio Braña e o de Jesús Cabarcos e Feliciana Hermida, que se celebraría o 6 de marzo.

CABEIRA, Juan

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Cordelería.

CABEZA RABUÑAL, Manuel (?-A Coruña, 25-08-15 – ?).

Labrador, da CNT, solteiro, fillo de Antonio e Josefa, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi cabo na 1ª Compañía.

CABEZAL, Luis

En xaneiro de 1917 foi nomeado vogal da Comisión Central da Federación Nacional de Sociedades Obreras del Ramo de Elaborar Madera de España.

CABEZAL, Manuel.

Vocal da Sociedad “El Despertar de los Trabajadores del Mar” de Sada en outubro de 1919, cando tivo lugar a súa fundación.

CABEZAS

En decembro de 1906 envia un donativo a “Tierra y Libertad” desde Ferrol. En marzo de 1907 participa nunha suscripción para os presos por cuestións sociais, desde Ferrol.

CABEZAS CASTIÑEIRAS, Manuel (1908 – ?) .

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con endrezo en Atocha Alta, 91. Traballador da Imprenta Lombardero, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

CABRERA

En xulio de 1934 foi elixido para integrar unha comisión do Ramo da Construcción polo Sindicato de Pintores encargada de visitar as obras para negociar cos patróns o pagamento dos subsidios.

CABRERA, Ángel.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Adelaida Muro, 26, duplicado baixo. En decembro de 1932, era o encargado da composición en “Solidaridad Obrera” da Coruña, das notas e convocatorias dos sindicatos do local de Cordelería.

CABRERA, Manuel

En abril de 1917 envía un donativo a “Tierra y Libertad” desde A Coruña.

CACHALDORA BLANCO, Juan.

Afiliado número 449 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CACHAFEIRO, Jesús.

Militante de 16 anos, organizador do Sindicato de Campesinos y Oficios Varios de Campo Lameiro, abriu un mitin de Baella e Comesaña en abril de 1936.

CACHAFEIRO, S. (*)

En marzo de 1900 figura nunha correspondencia administrativa dende Tampa en “El Nuevo Ideal”.

CACHAFEIRO, Severino (*)

En maio de 1902 asina un artigo en “El Despertar” de New York; era tabaqueiro e participou nunha recollida de cartos para as vítimas españolas. En decembro de 1902 “El Despertar” incluía un artigo seu desde Way Cross e ao tempo informaba do seu falecemento, indicando que era anarquista e secretario da sociedad de obreros tabaqueros.

CACHALEIRA, Adolfo.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Cesures en xuño de 1936.

CACHAZA, Francisco

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

CACHAZA PURRIÑOS, José.

Vocal 4º do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en xaneiro de 1933.

CACHAZAS, Manuel.

Vicesecretario do Sindicato de Obreros Panaderos da Coruña para o ano 1929.

CACHÓN ACOSTA, A. (*)

Segundo un documento publicado en “La Protesta Humana” Juan Pedreira e A. Cachón Acosta acordaron un contrato de arrendamento en nome do Grupo Colonizador “Tierra y Libertad” en febreiro de 1902.

CADAVEIRA PERNAS, Alfonso.

Secretario do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Dordaño-Cesuras. Complicado na requisa de armas en Cesuras en xulio de 1936.

CADAVID IGLESIAS, Julio

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Ourense. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

CADAVID PAZ, Benito “José Rodríguez Iglesias” (? – A Coruña, 04-10-1928)

Detido o 26 de maio de 1891 na Coruña, a consecuencia da folga do 1º de maio. En setembro de 1892 asinou unha protesta publicada en “El Corsario” contra os manexos dos republicanos para tentar impedir a publicación dun manifesto anti-electoral na Coruña. En outubro de 1892 fíxose cargo da dirección de “El Corsario”. Director de “El Corsario”, en novembro de 1892 anunciaba na prensa o seu matrimonio anárquico con Joaquina Díaz, que se celebraría cunha velada literario-musical; “El Corsario” solicita que se envíen traballos á Federación. En decembro de 1892 recibe en “El Corsario” unha carta aberta. En xaneiro de 1893 “El Corsario” polemiza con “El Diario de Galicia” polas críticas deste xornal ao matrimonio anárquico do seu director. En outubro de 1894 foi nomeado integrante dunha comisión designada nun mitin dos canteiros folguistas da Coruña no Circo Coruñés, para ir entrevistarse cos canteiros portugueses. En marzo de 1898 foi detido en Valença do Minho cando ía facturar para Lisboa (ou Porto segundo outras fontes) un caixon de 900 kgs. de peso contendo exemplares de “La barbarie gubernamental en España”; facíase chamar José Rodríguez Iglesias. Foi absolto en Portugal, mais foi extraditado en España e detido novamente. En abril de 1899 “El Combate” de Pontevedra denuncia que levaba preso 21 meses, aínda que a Audiencia de Pontevedra tivera sobresido a súa causa. En marzo de 1903 deixaba as súas accións da Cooperativa Obrera á Antorcha Galaica del Librepensamiento para a creación dunha escola de nenas. En outubro de 1904 a Sociedad de Canteros “El Trabajo” ameaza coa folga ao patrono Ignacio Freire se non despedía a Benito Cadavid. En outubro de 1904 polemiza coa Sociedad de Canteros “El Trabajo” que pretenden cobrarlle as cotas atrasadas para reingresar na sociedade. En novembro de 1904 foi reclamado polo xulgado de Vilalba, por suposta coacción aos obreiros portugueses das obras da praza de María Pita había oito anos. Canteiro, en novembro de 1904 foi reclamado polo xuiz de Vilalba, pola súa participación na folga do Tato, oito anos antes. En xaneiro de 1905 foi posto en libertade pola Audiencia de Lugo e foi para A Coruña. En abril de 1905 Josefa Díaz e Benito Cadavid inscribían á súa filla Aurora. Nunha listaxe de donativos recibidios polo xornal “La Acción” da Coruña, despois de que cesara na súa publicación no número 3, por falta de apoio, en marzo de 1909. En setembro de 1909 era dono dunha casa de hóspedes no Orzán. En abril de 1916 aínda se mantiña en conflicto coa Sociedad de Canteros, que lle esixía o pagamento de 125 pesetas, polo que Cadavid os denunciou por estafa e coacción. En febreiro de 1917 era mestre canteiro e foi agredido no seu domicilio da Gaiteira por dous descoñecidos que pediron que lles dera traballo nas obras que dirixía na estación de ferrocarril. Morreu na Coruña en outubro de 1928, foi enterrado no cemiterio civil e a “Antorcha Galaica del Librepensamiento” colocou esquelas.

CAEIRO GONZÁLEZ, Alfonso

Promotor da legalización do Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol en febreiro de 1981.

CAEIROS CAMPOS, Manuel.

Foi secretario do Sindicato de Canteros da Coruña.

CAGIAO, Josefa.

Tesoureira do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña en xaneiro de 1936.

CAGIAO VIDAL, José (Ferrol, 1904 – ?).

As veces sae como Cagigao. Nunha ponencia no Pleno Regional de Vilagarcía en agosto de 1931. Interveu nun mitin da CNT en San Juan de Piñeiro-Ferrol a finais de novembro de 1931. Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Ferrol en 1932. Presidiu o mitin do 1º de maio en Ferrol. O 13 de xuño de 1932 preside unha asamblea no Teatro Jofre pola folga xeral. Representou ao Sindicato de Industria Naval de Ferrol, Agrarios de Cabañas, Marineros de Mugardos e Federación Local de Ferrol (consultiva) no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Asinou a ponencia sobre as obras do ferrocarril Zamora-Ourense-A Coruña no Pleno Regional de Santiago en febreiro de 1933. Na votación para elección de secretario xeral da Federación Comarcal quedou empatado con Abella, sendo elexido este último, en abril de 1933. Por esas datas, participa nun mitin no Ponto-Xuvia. Detido horas antes do comezo da folga xeral de maio de 1933. Natural de Ferrol, veciño da rúa do Cárcere Vella, 19, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 8 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o 20 do mesmo mes. Preso no cárcere do Partido por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol. Detido a finais de xaneiro de 1934 en Neda por participar nunha reunión clandestina, foi levado á Escollera; estaba reclamado anteriormente. Da CNT de Ferrol, conducido cara A Coruña en febreiro de 1934, para ser xulgado polo Tribunal de Urxencia. En outubro de 1934, foi denunciado como participante nunha reunión de militantes anarcosindicalistas que preparou o movemento de decembro de 1933. Detido a finais de outubro de 1934, reclamado polo tribunal de urxencia. Mecánico, secretario da Agrupación do Partido Sindicalista en Ferrol, en abril de 1936. Correspondente de “El Sindicalista” en Ferrol en maio de 1936.Natural de Ferrol, veciño de San Pantaleón das Viñas, Betanzos. Ingresou no cárcere de Ferrol o 28 de outubro de 1937 por orde da Comandancia Militar.

CAGIAO CORRAL, José.

Ingresa no Sindicato de Trabajadores en Sales, Carbones y Minerales da Coruña en xulio de 1930. Foi vicepresidente do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña, en outubro de 1931. Vocal do Sindicato en setembro de 1932. Delegado á Industria Pesquera en abril de 1933. Delegado do Sindicato na Industria Pesquera en setembro de 1934.

CAGIAO PICADO, Juana.

Foi vicepresidenta do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña, en marzo de 1932.

CAGIDE, Jesús.

Sae tamén como Cajigal ou Cajide. Participou nunha reunión do Sindicato de Canteros da Coruña en outubro de 1928. De Canteros, participa nunha asamblea no Cine Doré da Coruña en novembro de 1928, para tratar das indemnizacións por accidentes de traballo. Integrante do Sindicato de Canteros, Marmolistas y Similares da Coruña en xaneiro de 1929. Participa nunha reunión do Sindicato de Canteros, Marmolistas e similares en xuño de 1929, sendo elexido membro dunha comisión para negociar cos contratistas das obras da estación de Ferrocarril. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Canteros y Marmolistas “El Trabajo” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. En novembro de 1930, representa ao Sindicato de Canteros da Coruña nunha reunión de delegados para constituir o Comité da CRG. En marzo de 1931 organiza unha suscricpión polos presos.

CAGIDE, José.

Encargado, pediu participar nunha reunión do Sindicato de Canteros da Coruña en outubro de 1928.

CAGIDE CAMPOS, Jesús

Detido gubernativo na Coruña en 1938, quedou en libertade en novembro.

CAGIDE PÉREZ, Emilia.

Contadora do Sindicato de Personal de Teléfonos da Coruña en xuño de 1931.

CAGIGAL, Manuel.

Vocal 4º da Sociedad de Pescadores y Oficios Varios de Mera “El Despertar de la Humanidad” en marzo de 1922.

CAHEN, Víctor

Xornaleiro español. Expulsado de Sao Paulo en decembro de 1913.

CAJIAO, A.

En xuño de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Betanzos.

CAJIAO, Lisardo.

En outubro de 1907 fixo un donativo ao xornal “Tierra y Libertad” desde Betanzos. En xuño de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Betanzos.

CAINCE, Isaac

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

CAINZOS.

Socio da Asociación Tipográfica da Coruña, cuestionado en marzo de 1932.

CAINZOS, Arturo.

Nomeado vocal do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en xuño de 1931, cando tivo lugar a súa reorganización.

CAINZOS, Jacobo.

Nunha comisión da Sección de Chavoleros y Mozos de Campo do SIP da Coruña en novembro de 1932. Secretario da Sección de Chavoleros en xaneiro de 1933.

CAINZOS, Juan.

Nomeado vicecontador do Sindicato Único de Neda en marzo de 1921. Reelexido en marzo de 1922.

CAINZOS BARBEITO, Leonardo.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Monelos, 1, baixo. Tesoureiro do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en decembro de 1932. Vicesecretario en xuño de 1935. Contador en xaneiro de 1936. Contador do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en xaneiro de 1936.

CAIRO, Albino

Estibador. Expulsado de Sao Paulo en decembro de 1913.

CAJARAVILLE, Eladio.

Afiliado número 488 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CAJES SANDES, Víctor (Abelleira, ? – ?).

Viviu nos anos 40 en Cenon-Gironde.

CAJIDE, Ramón.

Deportado de Argentina a finais de 1930. O 31 de outubro de 1930, chegou a Vigo expulsado da Argentina, permanecendo algún tempo no cárcere da localidade.

CAL.

Abogado, defendeu a Gabrile Acosta Pan dun delito de lesións en maio de 1923, na Coruña.

CAL, Armando.

Mecánico nun taller de Ferrol, vivía en Neda. Segundo José Santos López, estivo implicado nos recadación de cotizacións da CNT en Ferrol e a bisbarra, como responsable do grupo de Oficios Varios de Xuvia.

CAL CALO, Bienvenido.

Nunha lista de milicianos do Sindicato Único “La Progresión” de Erandio, que traballan no pesqueiro “Cántabro Nº 2”, en Euzkadi no tempo da guerra civil. 23 anos. De Redondela. Mariñeiro.

CALADA, Benjamín.

Afiliado número 482 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CALANCHA, Manuel

En outubro de 1884 os zapateiros de Ferrol estaban en folga contra os abusos de Dolores Pita “La Betancera”, e recibían donativos ao enderezo de Manuel Calancha, na rúa da Igrexa, 56.

CALATAYUD DÍAZ, Manuel.

Preso na Escollera por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol.

CALDAS, Albino (*)

Preso en agosto de 1912 como dirixente da folga dos Docks de Santos, o avogado Demetrio Justo Seahra desprazouse para tratar da súa causa.

CALDAS, José.

Obreiro de Ponte-Santa Cristina-Noia, afiliado á CNT, traballaba nunha fábrica de Barro. Saiu cos mineiros de Lousame cara a Compostela. Foi detido en Santiago e ingresou no cárcere xunto a Camilo Díaz, Ánxel Casal, etcétera. Aos tres meses e medio saiu de prisión, mais aos tres días e chegar á súa casa en Ponte, os falangistas de Noia meterono no cárcere do Espíritu Santo. Conseguiu alistarse na Legión e pasouse á zona republicana; finalmente caeu prisioneiro na zona do Ebro, foi xulgado en León, condenado a morte e estivo en “capilla” nove meses. Logo conmutaronlle por 15 anos de prisión.

CALDELAS, José.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 213.

CALDEIRO

En maio de 1900 asina unha suscripción en “El Nuevo Ideal” dende Tampa.

CALDEIRO, Luis

En xuño de 1938 a Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid reorganizou o seu comité e nomeou delegado de Coordinación Militar, Prisioneros y Evadidos a Luis Caldeiro, de Lugo.

CALDERÓN, Armando.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Adelaida Muro, 53, baixo. Asina un chamamento aos electricistas en “Solidaridad” en febreiro de 1936.

CALDERÓN, Gabriel.

Asina unha petición das sociedades obreiras coruñesas ao concello en abri de 1911, pola desgravación dalgúns artigos de consumo, como secretario da Sociedad de Barberos.

CALDERÓN CRESPO, José.

Ou Calderón Acevedo. Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Antonio Lens, 38, 3º. Nomeado tesoureiro do Sindicato Ferroviario da Coruña, cando foi fundado, a finais de maio de 1931. A fundación do Sindicato de Industria Ferroviaria foi unha iniciativa de Méndez, Llerena e Calderón. Delegado do Sindicato de Industria Ferroviaria da Coruña ao Congreso da FNIF en Madrid en setembro de 1931. O 31 de outubro de 1931 o comisario xefe do Corpo de Vigilancia da Coruña comunicaba ao gobernador civil da Coruña os traballos de organización da FNIF, denunciando as promesas incumpridas de aumento de salarios; destacaban na propaganda Jacinto Méndez, José Calderón e Francisco Llerena, empregados nas oficinas, e o factor de pequena velocidade Rúa. En xaneiro de 1932 foi nomeado delegadó á rexional do Sindicato de Industria Ferroviaria da Coruña; tiña domicilio en Riego de Agua, 14, 1º. En maio de 1932 integra unha comisión do Sindicato Ferroviario para estudiar a orde do día do Pleno Regional de Ferrol. Preside unha xuntanza do Sindicato de Industria Ferroviaria en decembro de 1932.

CALDET, Agustín

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

CALDEVILLA, Luis.

Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Corcubión en setembro de 1934.

CALDEVILLA DOMINGO, Luis

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

CALO, José.

Nunha comisión do “Despertar Marítimo” da Coruña en agosto de 1931.

CALO CALO, José Ramón.

Nunha lista de galegos que traballan en pesqueiros de Euzkadi no tempo da guerra civil. 43 anos. Mariñeiro do vapor “Eugenio”. De Porto do Son.

CALO GARCÍA, J.

Asina unha crónica dun acto pesqueiro en Porto do Son en “Solidaridad” en marzo de 1936.

CALO SOBREDO, José (?-A Coruña, 15-05-14 – ?).

Labrador, da CNT, solteiro, fillo de Manuel e María, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en setembro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía.

CALRAS, Manuel

En setembro de 1934 Manuel Calrás (probablemente un seudónimo) asina un artigo en “Tierra y Libertad” de Barcelona sobre o caciquismo emilianista en Moaña.

CALVELO, J.S.

Participou na representación de “O Fidalgo” en Compostela, como integrante do Cadro “Brisas Futuras”, en xaneiro de 1918.

CALVELO, Ramón (*)

Nunha listaxe de individuos sospeitosos de ser militantes anarquistas e ameazados de expulsión de Argentina en febreiro de 1903.

CALVELO, Ramón.

Vocal do Sindicato de Profesiones Varias de Cabovilaño en agosto de 1934.

CALVETE, A.

En decembro de 1919 estaba entre os convocados por Enrique Taboada Chas para rendir contas dos cartos recaudados para tentar voltar a publicar “El Corsario”.

CALVETE, Agustín.

Asina unha carta de protesta ao gobernador civil da Coruña por padecer unha detención ilegal nos arredores da Fábrica de Gas, en marzo de 1936.

CALVETE, Álvaro

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Campo de Artillería, 20, baixo.

CALVETE GARCÍA, José.

Na Comisión Revisora do Sindicato de Peones y Albañiles da Coruña en outubro de 1928. Participou nunha reunión do Sindicato de Peones y Albañiles “La Aurora Social” da Coruña en novembro de 1928.

CALVETE PICOS, Agustín

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; domicilio en Campo de Artillería, 26, baixo.

CALVETE SUÁREZ, Francisco

Presidente da da Sociedad de Carreteros “La Veloz” da Coruña en decembro de 1918, cando tivo lugar a súa unión á Federación Local.

CALVILLO, José

Deportado da Argentina, establecido en Vigo, que participou no mitin do 1º de maio de 1934 en Tui. Participa nun mitin en Moaña en abril 1936.

CALVIÑO

En xuño de 1934 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona desde A Coruña.

CALVIÑO, José

En marzo de 1903 deixaba as súas accións da Cooperativa Obrera á Antorcha Galaica del Librepensamiento para a creación dunha escola de nenas. En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908.

CALVIÑO, José

Camareiro folguista, buscado en xulio de 1920 por exercer coaccións contra as camareiras do “Palace Hotel” da Coruña. Falou polos camareiros no mitin pedindo o indulto do cabo Sánchez Barros, na praza de touros da Coruña, en agosto de 1923.

CALVIÑO FRANCO, Ramón (? – A Coruña, 13-01-1938)

En decembro de 1931 o concello acordou poñer a nome de Ramón Calviño o kiosco que pertencera a Severino Álvarez Pérez. Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en San Andrés-Kiosco. En maio de 1934 vendíanse no kiosco de Ramón Calviño no Pórtico de San Andrés as entradas do concerto da Orquesta Filarmónica Coruñesa organizada pola comisión pro Casa Sindical. Faleceu en xaneiro de 1938, de tuberculosis pulmonar, con 33 anos.

CALVIÑO JUNCAL, Gonzalo.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. De Marín, de 21 anos. Miliciano do Batallón “Sacco y Vanzetti”. Da CNT.

CALVIÑO PATO, Marcelino (Santiago, 1890 – A Coruña, 9-3-38).

Carpinteiro da CNT coruñesa. Fixo de enlace entre Brandariz e Baella, sendo detido o 23 de xulio de 1937, condenado a morte e executado o 9 de marzo de 1938.

CALVIÑO RAMOS, José.

Vocal 2º do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en marzo de 1936.

CALVO, Antonio

Participa nunha suscrición de “El Corsario” para os presos de Cádiz en outubro de 1891.

CALVO, Antonio.

Vocal do Sindicato de Metalúrgicos da Coruña en xuño de 1932.

CALVO, Benito.

Vocal da Sociedad de Carpinteros “La Emancipación”, detido acusado de participar na morte do patrón coruñés Miguel Ortiz, en outubro de 1906. Secretario da Sociedad de Carpinteros “La Emancipación” de A Coruña en abril de 1909. Tesoureiro do Comité “Pro-Presos” da Coruña en agosto de 1910.

CALVO, Emilio

En maio de 1904 era secretario da Sociedad de Carpinteros “La Emancipación” da Coruña.

CALVO, Eugenio.

Membro do Comité da FLO da Coruña en agosto de 1935.

CALVO, Francisco.

Elexido contador do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña despois da súa fusión co Sindicato “El 1º de Enero”, en maio de 1931. Nomeado contador de “El Progreso Marítimo” en xuño de 1931.

CALVO, Gerardo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Santa Margarita, 123.

CALVO, J. (*)

El Rebelde” de Buenos Aires publica en xulio de 1901 un artigo de Elam Ravel comentando unha proposta de J. Calvo sobre clases nocturnas.

CALVO, J.

Secretario da Asociación Tipográfica da Coruña en abril de 1933.

CALVO, Manuel.

Nomeado vicepresidente do Sindicato Único de Neda en marzo de 1921. Reelexido en marzo de 1922.

CALVO, Manuel.

Asina unha nota como presidente dun dos Sindicatos del Ramo de la Piel, Madera y Obras del Puerto de Vigo, en conflicto coa Federación Local, en marzo de 1932, ao tentar facer unha conferencia pola súa conta.

CALVO, Manuel (*)

En agosto de 1913 foi nomeado membro da comisión de traballo do Centro Internacional de Cocineros de La Habana.

CALVO, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Argudín Bolivar, 9, 1º.

CALVO, Modesto.

Membro da comisión organizadora do Sindicato Agrícola y de Oficios Varios de Vilar de Mouros-Capela, en maio de 1936.

CALVO CAAMAÑO, Alfonso.

Ou Antonio. Vocal do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en xuño e xulio de 1932.

CALVO CORTÉS

Dende Ferrol, publica unha carta aberta “Al compañero de fatigas J.C. Debesa” en xaneiro de 1922 no xornal “¡¡¡Tierra!!!” da Coruña. En agosto, setembro e outubro de 1924 colaboraba no xornal “¡Tierra!” de La Habana.

CALVO CORTÉS, Josefa (1890 – ?).

Enlace nas tarefas de reorganización da FAI. Tamén lles levaba peixe aos militantes libertarios mentras estaban agachados. Detida na caída dos grupos FAI, o 10-7-37. Foi absolta en decembro de 1937. Compañeira de Enrique Rosende Huerta, camareiro do café “Asturias”, e nai dos anarquistas José e Enrique Rosende Calvo. José foi morto pola garda civil en Eliviña, mentres Enrique foi condenado a reclusión perpetua.

CALVO GARCÍA, Eduardo

Vicesecretario do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en setembro de 1932, marzo de 1933, e abril e outubro de 1935. Elixido vicesecretario do Sindicato de Peones da Coruña en abril de 1935; enderezo en Monelos, 39; tamén sae o enderezo como Pedra Furada, 39, 2º. Tesoureiro en febreiro de 1936.

CALVO GARCÍA, Jesús

Participa no intento de reartellar o comité da FL de Compostela despois da caída de 1947. Fuxido.

CALVO GARCÍA, M.

O 20 de setembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

CALVO GONZÁLEZ, Juan Benito (Pontevedra, 1878 – ?).

Panadeiro anarquista pontevedrés, expulsado da Argentina en decembro de 1902, con Julio Camba, Adrián Trotiño e outros. Veu no vapor “Reina María Cristina”, con destino a Cádiz e despois a Barcelona; tiña 24 anos, era panadeiro, de Pontevedra, solteiro. O barco saiu de Buenos Aires o 30 de novembro de 1902. En xuño de 1903 asina unha carta en “La Protesta Humana” desde Barcelona; sinálase que era arxentino. Ao trasladarse a traballar desde Montevideo a Mercedes (Rosario Oriental) foi detido en febreiro de 1904.

CALVO LAGARES, Francisco (?, 1916 – ?).

Militante da CNT de A Coruña, ferido despois dunha reunión sindical, por motivos descoñecidos.

CALVO PAZOS, Dolores

Detida en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899.

CALVO REBOREDO, Domingo

Da Coruña, nun grupo de expulsados de Cuba que chegou a Coruña no “Reina María Cristina” en agosto de 1919.

CALVO REY, Manuel (Pastoriza, 1914 – ?).

Participou nas xuntanzas preparatorias da creación da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, en representación do Sindicato de Construcción da Coruña, Sección Albañiles, en outubro de 1936. Participou na fundación da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en novembro de 1936, como militante da Sección de Albañiles do Sindicato de Construcción da Coruña.Miliciano do BON “Galicia”. Asiste a unha reunión do Comité da Agrupación Confederal Galaica e dos Delegados do BON Galicia, en Oviedo, en febreiro de 1937, pola 1ª Compañía. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. Casado con Manuela Collazo Corgo. Militante das JJ.LL. Galaicas no Norte na Compañía de Ametralladoras do BON “Galicia”.

CALVO RICO, José.

Membro da comisión organizadora do Sindicato Agrícola y de Oficios Varios de Vilar de Mouros-Capela, en maio de 1936.

CALVO VÁZQUEZ, M.

O 20 de setembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

CALVO VIQUEIRA, Francisco.

Vicepresidente da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xuño e vicesecretario en novembro de 1909. Tesoureiro en decembro de 1914. Vicepresidente da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xulio de 1927.

CAMBA, Antonio R.

O 29 de xuño de 1845 figura no número 11 de “El Porvenir” unha adhesión dos mozos lucenses Indalecio Rivas, Antonio R. Camba, José Felipe Pan e Juan J. Martínez.

CAMBA ANDREU, Julio (Vilanova de Arousa, 16-12-1882 – Madrid, 28-2-1962).

En febreiro de 1900 ofrecíase como mozo de farmacia con experiencia, no xornal El Áncora. En marzo de 1900 o xornal El Eco de Marín foi acusado de publicar un documento apócrifo atribuido ao Papa, probablemente obra de Julio Camba. En xuño de 1900 o xornal El Eco de Marín foi condenado polo arzobispo de Compostela. Emigrou a Buenos Aires en 1901. Xornalista emigrado a mediados de 1901. En maio de 1901 o xornal El Eco de Galicia daballe a benvida a Buenos Aires. En maio de 1902 asina “Rápida” en “La Protesta Humana”. En maio de 1902 publica en “La Protesta Humana” o artigo “Para el pueblo que ríe” e despois “Tristes contrastes”. En xuño de 1902 asina “Invierno”, “Trata de blancas” en “La Protesta Humana”. En xulio de 1902 asina “La libertad del trabajo” en “La Protesta Humana”. Artigo “La Patria” en La Protesta Humana en agosto de 1902. Conferencias no local do grupo “Defensores de nuevas ideas” en outubro e novembro de 1902. Asina “Contra la clemencia de los pueblos” en “La Protesta Humana” en outubro de 1902. Expulsado da Argentina en decembro de 1902, con Adrián Troitiño e outros; levaba ano e medio en Buenos Aires, tiña 18 anos e estaba solteiro. En Buenos Aires foi redactor de dous xornais e participou en varios mitins. Expulsado de Argentina, o barco saiu de Buenos Aires o 30 de novembro de 1902. En xaneiro de 1903 chegaron a Pontevedra, a disposición do gobernador civil, e procedentes de Barcelona (pasando polos cárceres de Zaragoza, Palencia e León), Adrián Troitiño e Julio Camba; Camba tiña 18 anos e era xornalista. Nos inicios de xaneiro de 1903 foi conducido dende Barcelona até Pontevedra, con Adrián Troitiño; despois foi trasladado do cárcere ao cuartel de San Fernando, por sospeitarse que era prófugo. En Barcelona o deputado Junoy fixera xestión para excarcelalos, mais non o conseguiu. Ao trasladalos o governador civil de Barcelona enviou un prego pechado ao governador civil de Pontevedra. Foi liberado despois de que o governador civil de Pontevedra chamase a presentarse ao seu pai. En agosto de 1903 comezou a escribir unha sección en “Tierra y Libertad” baixo o título de “El grito del minero”; despois escribe artigos fora de sección. En agosto de 1903 era sinalado como redactor de “Tierra y Libertad” por Joaquín López Barbadilllo, en “ABC”. En decembro de 1903 publica “Rebelión” en “El Rebelde”. En 1904 o xornal “Marín” reproducía un artigo dun antigo colaborador de “El Eco de Marín” no que lembraba o paso de Julio Camba polo xornal, cando era dependente dunha farmacia. En xaneiro de 1904 asina en “El Rebelde” os artigos “Laboremos” e “Filosofando”. En febreiro de 1904 asina en “El Rebelde” os artigos “Hacia el horizonte” e “Carnaval”. En marzo de 1904 asina en “El Rebelde” os artigos “Seamos bárbaros”, “Después de los mitins” e “Por el inmoralismo”. En abril de 1904 asina “Luisa Michel”, “Germinal”, “A D. Antonio Maura” en “El Rebelde”. En maio de 1904 asina “Yo y Maura”, “Voz de guerra” en “El Rebelde”. En xuño de 1904 estaba preso en Madrid con Antonio Apolo, redactores ambos de “El Rebelde”. En xuño de 1904 asina “Momentos de prueba”, “Contra las chinches”, “Mi juicio oral” e “Gesta” en “El Rebelde”. En xulio de 1904 asina “Ramillete antimilitarista”, “El espíritu de idolatría” e “Labor necesaria” en “El Rebelde”. A inicios de xulio de 1904 foi posto en libertade provisional despois de 25 días de arresto polo seu artigo “Momentos de prueba”. En agosto de 1904 asina “Angiolillo”, “Alma española” e “La cobardía española” en “El Rebelde”. En setembro de 1904 asina “Del amor y del escándalo”, “Libertad” e “El complot” en “El Rebelde”. En outubro de 1904 foi denunciado o seu artigo “Libertad”. En novembro de 1904 publicou “Anarquismo”, “La bomba de Barcelona” e “El Rebelde: su nueva vida” en “El Rebelde”. En novembro de 1904 “El Rebelde” tiña problemas para cobrar xiros dirixidos a Julio Camba. En novembro de 1904 estaba en libertade provisional e tiña pendentes catorce procesos por delitos de imprenta, segundo “Germinal” da Coruña e “El Rebelde”!. Segundo Manuel Fernández, colaborou asíduamente en “El Productor Literario” durante 1906 e comezos de 1907. En agosto e novembro de 1906, e xaneiro, febreiro de 1907 “El Porvenir del Obrero” de Mahón publica artigos seus. En xaneiro de 1907 asinaba un artigo en “¡Tierra!” de La Habana. En maio de 1907 “Lux” de Badalona publica o seu artigo “El pasado”. En outubro de 1911 “El Único” de Colón-Panamá insertaba en portada unha frase súa. En xuño de 1912 “Tierra y Libertad” reproduce un pasaxe de Julio Camba. En febreiro de 1913 “El Porvenir del Obrero” de Mahón anuncia a publicación de “Dinamita Cerebral” no mes de marzo, cun conto de Julio Camba. Nunha lista de deportados de Argentina publicada en maio de 1913 en “Tierra y Libertad”. Segundo Álvaro Girón Sierra, o xoven Camba representa a confluencia entre a impronta stirneriano-nitzcheana e a colaboración co movemento libertario.

CAMBA BORRAJO, Pío

En outubro de 1938 David Iglesias González tentaba contactar por medio de “Galicia Libre” con Pîo Camba Borrajo, que estaba na 39 Brigada Mixta, pedíndo que se dirixira á Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid.

CAMBA GANTES, Enrique.

Vocal 3º do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña de outubro de 1930 a abril de 1931.

CAMBA VILAS, Jesús.

Directivo da Sociedad de Peluqueros de Santiago, participou na folga xeral de agosto de 1917 e foi detido por elo o 29 de agosto; foi liberado o 18 de novembro.

CAMBEIRO CASAIS, José (Lira, 1908 – ?).

Afiliado á CNT, fuxido en outubro do 36 no vapor “Sagrado Corazón de Jesús”, dende a Coruña, até Xixón. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 3ª Compañía.

CAMBÓN.

Membro do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña, integrante do grupo editor do boletín mensual do mesmo, en xaneiro de 1933.

CAMBÓN, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

CAMBÓN, L.

Membro da comisión organizadora do Sindicato General de Trabajadores de la Vía Férrea de Santiago en xulio de 1931.

CAMBÓN, Manuel

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión de vixilancia.

CAMBÓN, Ricardo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura co enderezo na Fábrica de Tabacos.

CAMBÓN DÍAZ, Luis.

En decembro de 1931 foi elixido vogal do Sindicato de Obreros de la Fábrica de Tabacos, sección do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña. Contador-depositario do Centro de Estudios Sociales “Hacia el Progreso” de San Cristóbal das Viñas en abril de 1933. Foi contador da Sección de Picadores de Calderas do SIP da Coruña en marzo de 1936.

CAMBÓN DÍAZ, Recaredo

En decembro de 1931 foi elixido vogal do Sindicato de Obreros de la Fábrica de Tabacos, sección do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña.

CAMBÓN RODRÍGUEZ, José

Contador do Sindicato de Pintores da Coruña en novembro de 1930; tiña o enderezo en José Lombardero, F.

CAMBÓN RODRÍGUEZ, José.

Membro do Comité de Obreros Parados en xaneiro de 1932.

CAMBÓN VIÑA, Luciano.

Delegado de Canteros na primeira xunta directiva do Sindicato de Oficios Varios de Carballo en xuño de 1931.

CAMBOSO BERMÚDEZ, Manuel (?-A Coruña, 15-06-14 – ?).

Labrador, da CNT, solteiro, fillo de Jesús e María, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía.

CAMEÁN, Manuel

Compañeiro da cerilleira Dolores Santiso, inscribiu civilmente ás súas fillas Libertad e Humanidad en maio de 1902.

CAMEÁN, Manuel (Pobra do Caramiñal-A Coruña, 1902 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT.

CAMEÁN SANTISO, Leonardo.

Presidente da Unión Petrolífera da Coruña en decembro de 1932. Presidiu unha reunión do sindicato en xaneiro de 1933.

CAMELLO, Sandalio.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CAMILO REGIO, Vicente de Paul (1902 – ?).

Traballador de “El Ideal Gallego”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

CAMINO, Francisco.

Integrou a comisión redactora do regulamento do Montepío de Tipógrafos y Similares de A Coruña en setembro de 1906.

CAMINO CALVO, Ricardo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura co enderezo Cancela, 5, 1º esq.

CAMIÑA ÁLVAREZ, Francisco

En xaneiro de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”. Capitán da 90 Brigada, escribe en “Galicia Libre” (con fotografía) en febreiro de 1938. Ferido gravemente en Levante en setembro de 1938 segundo “Galicia Libre” (con fotografía). En outubro de 1938 “Galicia Libre” informaba do seu falecemento, cando era capitán da 128 Brigada, a consecuencia das feridas na fronte de Teruel.

CAMIÑAS LÓPEZ, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Juana de Vega, 21, baixo.

CAMIÑAS SANMARTÍN, Benjamín

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Panaderas, 2, baixo.

CAMOS BRAGE, Francisco (Ferrol, 1889 – ?)

En 1897 vivía en Ferrol na rúa Curuxeiras, 20. En 1900 vivía en Ferrol na rúa San Francisco, 54. Sua nai Flora Brage Requeijo era de Mugardos. Foi condenado a morte pola sublevación do “Numancia”, despois foille conmutada a pena. Era cabo de mar. En setembro de 1911 foi levado ao penal de Ocaña. Morreu no penal de San Miguel de Los Reyes de Valencia. En abril de 1934 Lerroux promoveu un proxecto de lei para recompensar a antigos republicanos, no que estaba incluida Flora Brage, como viuva. En agosto de 1935 “La Libertad” publicaba un reportaxe da sublevación do “Numancia”, no que se di que morreu en San Miguel de los Reyes cara a 1917.

CAMPA, Cirilo

En agosto de 1915 asina un artigo “El Porvenir del Obrero” desde A Coruña.

CAMPAÑA MARTÍNEZ, Jacinto.

Organizador do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas en marzo de 1932. Foi nomeado presidente do mesmo. Membro do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas, maltratado polo alcalde de Camariñas en agosto de 1932. Representou ao Sindicato de Oficios Varios de Camariñas no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Denunciado en decembro de 1933 por participar nunha manifestación contra a xente de dereitas e lanzar cohetes contra a casa do cura de Camariñas. Paqueteiro de “Solidaridad” en Camariñas en febreiro de 1936. Asina un artigo en “Solidaridad” chamando á reorganización do Sindicato de Camariñas. Era presidente do SOV en xuño de 1936. Participou nun mitin en Camariñas xunto a Alejandro Fernández e Francisco Ponzán en maio de 1936. Fuxiu nunha pequena embarcación até Xixón. Cando chegou alí, a localidade asturiana estaba xa en poder dos sublevados franquistas, polo que foi detido e fusilado.

CAMPELO, Amador.

Secretario da Federación Comarcal de Sindciatos Campesinos y Oficios Varios de San Pedro de Nós en abri de 1936.

CAMPELO, Antonio.

Afiliado número 135 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, combatindo en Asturias no Batallón 254 en xuño de 1937.

CAMPELO, José

En febreiro de 1884 colabora económicamente con “Revista Social” desde A Coruña.

CAMPELO, Ricardo.

Organiza unha recadación de cartos para os folguistas da construcción en novembro de 1933, en Cambre.

CAMPOS, Antonio (*)

Nunha listaxe de individuos dos que se decretou a súa expulsión de Argentina, máis aínda non foran detidos en febreiro de 1903. Asina unha carta en “Las Protesta Humana” desde a penitenciaría nacional en maio de 1903.

CAMPOS, Cipriano.

Afiliado número 209 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CAMPOS, Eladio.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

CAMPOS, Emilio.

Detido na Coruña a comezos de febreiro de 1934, acusado de agredir a un traballador que fixera de esquirol nun cine da cidade.

CAMPOS, Enrique..

Sometido a consello de guerra na Coruña en outubro de 1934 por levar unha pistola.

CAMPOS, Francisco.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

CAMPOS, José

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

CAMPOS, José.

Agrediu cunha arma branca a un estibador da colla nova da Coruña en novembro de 1921. Era membro da colla vella e foi detido.

CAMPOS, José.

Pasou a disposición xudicial por exercer coaccións sobre un canteiro na folga coruñesa en solidaridade cos folguistas ferroláns, en decembro de 1913.

CAMPOS, Juan Alfonso.

Vocal 2º da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en decembro de 1914 e maio de 1915.

CAMPOS, Manuel (*)

Representou ao Grupo Anarquista “Renovação” de Santos no Congreso da Paz de Rio en setembro de 1915.

CAMPOS, Manuel.

Participou nunha reunión do Sindicato de Canteros da Coruña en novembro de 1928, sendo elexido delegado para a comisión administrativa do local. Delegado do Sindicato de Canteros, Marmolistas y Similares da Coruña no obradoiro de José María Longueira para o tema do retiro obreiro en abril de 1929.

CAMPOS, Manuel

En maio de 1915 tomou parte no Congreso da Paz de Ferrol, representando á Unión de Sindicatos de Lisboa e anarquistas do sur de Portugal. Representou á União Anarchista Comunista da Região do Sul de Portugla Santos no Congreso da Paz de Rio en setembro de 1915.

CAMPOS, Pedro.

Bibliotecario da Asociación Tipográfica de A Coruña en marzo e setembro de 1909.

CAMPOS, Vitoriano

En xaneiro de 1917 foi nomeado vogal da Comisión Central da Federación Nacional de Sociedades Obreras del Ramo de Elaborar Madera de España.

CAMPOS CARNEIRO, José (*)

En abril de 1913 o xornal “A Lanterna” critica a súa expulsión de Brasil por residír en Brasil dende había 17 anos e ter dous fillos brasileiros.

CAMPOS COUCEIRO, Pedro

En agosto de 1938 asina un artigo en “Galicia Libre” desde Buenos Aires.

CAMPOS GONZÁLEZ, Manuel.

Da Estrada. Deportado de La Habana en decembro de 1919, quedou detido na Coruña.

CAMPOS LÓPEZ, José.

Presidente da Sociedad de Peluqueros de Santiago en febreiro de 1925.

CAMPOS LORENZO, José.

Colaborador do xornal “Mar y Tierra”. Representou aoa Sindicatoa “Despertar Marítimo” e “Humanidad Libre” da Coruña no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Directivo do “Despertar Marítimo”; secretario de actas nunha xuntanza en xulio de 1934. Secretario delegado do “Despertar Marítimo” e secretario xeral do SIP da Coruña en decembro de 1935 e ate xulio de 1936, así como vocal no Comité Regional do Sindicato. Mitin en Corme en abril de 1936. Secretario do Sindicato dende abril e ate xulio de 1936. Nomeado membro dunha comisión do SIP da Coruña en xuño de 1936. Acusado de participar na tentativa de fuga do boniteiro “Explorador” en agosto de 1937. En agosto de 1938 era secretario da Agrupación de Gallegos Libertarios de Barcelona. En agosto de 1938 asina un artigo en “Galicia Libre” desde Barcelona.

CAMPOS MIRAGALLA, Juliano.

Tamén sae como Juliano. Afiliado número 343 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 207, na 1ª Compañía.

CAMPOS NAVEIRA, Gerardo.

Integrante da comisión organizadora do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos, en xuño de 1931; foi nomeado vocal no seu primeiro comité. Vocal 2º do SPV de Betanzos en xaneiro de 1932.

CAMPOS ORTUZAR, Genaro (Ormaiztegui-Guipuzkoa, 1897 – ?).

Ou Ortunes. Membro da comisión organizadora da Sociedad de Cocineros de A Coruña en decembro de 1926 e agosto de 1928. Secretario na súa primeira xunta directiva, en setembro de 1928. Secretario contador da Sociedad de Obreros Cocineros y Similares de la Provincia de A Coruña en febreiro de 1929. Seguía sendo secretario en novembro e decembro de 1929, e febreiro de 1930.

CAMPOS POSE, Amador.

Da Coruña, Jacinto Rodríguez o recomendou a Enrique Vicente para que o dera de alta na FIJL. Estaba na Academia Militar de Santoña.

CAMPOS QUINTELA, José (Sárdoma-Vigo, 28-10-04 – ?).

Afiliado á CNT. Detido a comezos de agosto de 1933, acusado de intervir nas explosións na Casa del Pueblo de Vigo e nunha Gabarra de Barreras. En abril de 1939 foi detido por agachar ao seu irmao Serafín. Posto en libertade en maio de 1939.

CAMPOS QUINTELA, Serafín (Sárdoma-Vigo, 26-01-07 – ?).

Mecánico de primeira na fábrica de Barreras, pertenceu á UGT ainda que despois pasou á CNT. A dispoisición do Gobernador Militar de Vigo en outubro de 1930 pola suposta colocación dunha bomba na Casa del Pueblo de Vigo. En maio de 1932 fai un reconto das forzas da CNT de Vigo, destacando a figura de Manuel Taboada, no xornal “Solidaridad Obrera” de Barcelona. En xuño de 1932 foi detido en Tui e liberado posteriormente o 16 do mesmo mes. Detido a comezos de agosto de 1933, acusado de intervir nas explosións na Casa del Pueblo de Vigo e nunha Gabarra de Barreras. Detido en 1935 en Tui, despois dunha viaxe con Jesús e Manuel Taboada. En abril de 1939 foi detido na vivenda do seu irmao José, en A Salgueira-Lavadores. Estaba agachado por temor a que o mataran pola sua amizade con Manuel Taboada, fusilado. A súa causa foi sobreseida en maio de 1939, mais Serafín Campos quedou a disposición do xefe da Caja de Recluta, para comprobar se fixera o servicio militar.

CAMPOS REMESEIRO, José.

Elexido delegado na Imprenta Obrera do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña despois da súa fusión co Sindicato “El 1º de Enero”, en maio de 1931. Vicesecretario da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xaneiro de 1930.

CAMPOS RODRÍGUEZ, José.

Mecánico de Ferrol. Membro da Logia Breogán. Grado 3º. Simbólico “Platón”. Afiliado á CNT. En xulio de 1937 foi detido por axentes da Comisaría de Ferrol por orde do xuiz do 8º corpo de exército, por pertencer a loxias masónicas da cidade; conducido ao castelo de San Felipe.

CAMPOS RODRÍGUEZ, José.

Secretario de actas do Sindicato de Mozos de Comercio y Similares de Ferrol en setembro de 1935.

CAMPOS DEL TASO, Francisco.

Afiliado número 167 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CANABAL CARRAFEIRO, José (Acebeiro-Pontevedra, 1901 – 13-05-1972).

Ou Cachafeiro. Canteiro. Fuxido no monte, pasa a portugal e despois á zona republicana e combate no exército republicano. En xulio de 1939 no campo de refuxiados de Septfonds et Garonne. Participou nas actividades da CRG no exilio, dende Bagneres de Bigorre (Francia), en 1946. Recauda cartos dende Bagneres de Bigorre para unha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946. Posteriormente foi a vivir a Tarbes, onde seguiu militando na CNT. Un irmao seu, Antonio Canabal Cachafeiro fora asasinado, con 52 anos de idade, en Quiroga-Lugo, o 31-05-1938.

CANABAL TROITIÑO, José (Forcarei, 16-11-1913 – ?)

En xuño de 1939 estaba nunha listaxe de refuxiados galegos en Francia. Pedreiro. Desembarcou en Brasil o 15 de outubro de 1950 do vapor “Campana”, procedente de Toulouse. Tiña dúas fillas.

CANABEL

En marzo de 1932 presidiu un mitin da Federación Nacional de Industria Ferroviaria en Vilagarcía, no que interviron Pedro Rodríguez e Julián Martínez en Vigo e Vilagarcía polo Comité da FNIF.

CANCELAS, José.

Colabora dende Saint Pierre Quilbignon nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

CANCELAS, Eugenio.

Anarquista de acción que participou na requisa de armas, segundo o informe do concello de Moaña en novembro de 1936.

CANCELAS, M.

Paqueteiro de “Brazo y Cerebro” en Verín en febreiro de 1936.

CANCELAS CORRALES, Manuel (? – ?, 27-12-1936)

Directivo da “Solidaridad Marinera” de Moaña, ameazado pola patronal en agosto de 1933. Dirixente do movemento insurreccional de decembro de 1933 en Moaña. Detido e ingresado na cadea, foi sancionado cunha multa de 1.000 pesetas. Escribe en “Solidaridad Obrera” da Coruña, facendo un chamamento á xuventude de Moaña, en agosto de 1934. Representou ao Sindicato de Industria Pesquera de Moaña no Congreso da FNIP de Zaragoza en maio de 1936. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Marineros de Moaña. Asasinado polas milicias de Falange de Marín en 1936.

CANCELAS MARTÍNEZ, José (Moaña, 05-02-1914 – ?)

Pedreiro. Desembarcou en Brasil o 15 de outubro de 1950 do vapor “Campana”, procedente de Toulouse.Tiña un fillo.

CANCELO, Antonio

Vogal da sociedade de Cajoneros de La Habana en agosto de 1907.

CANCELO BOADO, Francisco (Oza dos Ríos, 1884 – ?).

Vocal 3º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en novembro de 1919. Presidente e Delegado á FLO da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en maio de 1923. Membro da comisión organizadora da Sociedad de Obreros Cocineros y Similares de la Provincia de A Coruña en decembro de 1926 e agosto de 1928. Presidente da súa primeira xunta directiva, en setembro de 1928. Presidente da Sección de Cocineros, Cocineras y Similares do Sindicato de Industria da Alimentación da Coruña en setembro de 1928 e 1936..

CANCELO CASTELO, Eduardo.

Dende La Habana, felicitaba en maio de 1895 á Asociación Tipográfica da Coruña polo seu terceiro aniversario, cun grupo de tipógrafos que participaran na súa fundación.

CANCELO LÓPEZ, Jesús.

Tesoureiro do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en decembro de 1932 e marzo de 1933.

CANCIO, Francisco.

Delegado da Asociación Tipográfica da Coruña na FLO en setembro de 1932.

CANCIO, Pablo.

Nomeado membro do Comité Regional Galaico de la Metalurgía y Siderurgia, establecido en Ferrol, en marzo de 1933.

CANCIO LÓPEZ, Nicasio (Ferrol, ? – ?).

En agosto de 1939 no campo de concentración de Argelès sur Mer 6 Bis, en Francia.

CANDAL, Joaquín.

Afiliado número 118 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CANDAL, Severino.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CANDAL PÉREZ, Antonio (?-A Coruña, 04-05-14 – ?).

Decorador, da CNT, fillo de Manuela, solteiro, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en novembro de 1936 e foi soldado nel. Afiliado número 107 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CANDAL PREGO, Celestino.

Afiliado número 613 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CANDAL RAPOSO, Manuel.

Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xulio e setembro de 1931; residía en José Lombardero, sen número. Nomeado vogal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en agosto de 1931.

CANDAMIO, Domingo

En decembro de 1892 Domingo Candamio, Andrés Fernández López e Manuel Naya denuncian en “El Corsario” os incumprimentos dun patrón coruñés que non lles pagou o traballo que fixeran nas obras dun establecemento de zapatería.

CANDAMIO GÓMEZ, Jorge.

Alumno da escola laica da Coruña, foi denunciado en “El Ideal Gallego” por apedrear unha fábrica de madeiras en xulio de 1917.

CANDAMIO GÓMEZ, Ramón.

Alumno da escola laica da Coruña, foi denunciado en “El Ideal Gallego” por apedrear unha fábrica de madeiras en xulio de 1917.

CANDELA MILLÁN, Antonio.

Vicepresidente do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en xuño de 1934.

CANEDA, Manuel

C. Lorente desde Balboa-Panamá envíalle unha suscrición a “Tierra y Libertad” e “Salud y Fuerza” a Louzadela-San Clodio-Lugo.

CANEDO, Manuel.

Afiliado número 283 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CANEDA, Manuel

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

CANEDO VÁZQUEZ, Valentín.

Chamado a filas en febreiro de 1903. En novembro de 1916 tomou parte nunha velada de “Brisas Futuras” a favor das familias das vítimas de Nebra. Participou na representación de “O Fidalgo” en Compostela, como integrante do Cadro “Brisas Futuras”, en xaneiro de 1918. Integrante da agrupación teatral “Brisas Futuras” de Compostela, participou nunha velada do mesmo en febreiro de 1919. Dirixiu unha representación da Agrupación Artística “Brisas Futuras” polo 1º de maio de 1919. Integrou unha comisión de obreiros que foi á Coruña a entrevistarse co capitán xeral, o gobernador e o presidente da Audiencia, para pedir a libertade dos detidos nunha folga, en abril de 1920. Integrou a comisión organizadora do Partido Sindicalista en Compostela, en marzo de 1935. En maio de 1935 era vogal na directiva do Partido Sindicalista en Santiago.

CANEIRO

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión directiva da folga, polos zapateiros.

CANEIRO MONTALBÁN, Jacinto (1902 – ?).

Traballador da Imprenta “Zincke Hnos.”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Secretario da Asociación Tipográfica en decembro de 1931, marzo, abril, maio, e xuño de 1932. Membro dunha comisión de negociación da Asociación en xaneiro de 1933.

CANEIRO MONTERO, Juan

Detido en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899. Procesado en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

CANEIRO SANTANA, Ángela

Detida en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899.

CANELA SCHIAFFINO,Domingo

Ladrilleiro do barrio de La Torrasa, segundo Dolores Marín participou nunha rede de evasións e nunha das súas viaxes estivo na casa de José Villaverde en Lugo [sic], coa intención de embarcar en Portugal cara Argentina.

CANIVE, José.

Afiliado número 154 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CANOSA

En novembro de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ferrol.

CANOSA

Unha carta asinada por tres obreiros e publicada no xornal “Tierra y Libertad” en outubro de 1910, acusaba a Lorenzo Vázquez de disparar ao obreiro Canosa na taberna que Vázquez posuía na Grela.

CANOSA, Jesús (*)

En xulio de 1914 asina un artigo en “El Dependiente”.

CANOSA, José.

Sospeitoso de participar na morte do patrón coruñés Miguel Ortiz, en outubro de 1906. En xaneiro de 1906 “Tierra y Libertad” informaba que fora posto en liberdade, despois de ser acusado da morte do patrono Miguel Ortiz e do compañeiro Ramón Seoane.

CANOSA, Manuel.

Obreiro despedido da fábrica de fundición de Miguel Ortiz, na Coruña, buscado pola sospeita de que poidera ser un dos que atentou contra del en outubro de 1906.

CANOSA, Manuel.

En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908.

CANOSA MONELOS, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Caballeros, 47, baixo.

CANOSA NAYA, Francisco (?-A Coruña, 25-12-12 – ?).

Mariñeiro, da CNT, solteiro, fillo de Eduardo e Consuelo, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en xaneiro de 1937 e foi cabo na 1ª Compañía.

CANOSA SUÁREZ, Manuel.

Tesoureiro do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Sardiñeiro-Fisterra cando a súa fundación, en maio de 1936.

CANOSA TOBA, Juan.

Vogal do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Sardiñeiro-Fisterra cando a súa fundación, en maio de 1936.

CANTERO, Ramón (Pontevedra, 1905 – ).

Anarquista pontevedrés, a súa vivenda na Travesía de Manolo Quiroga número 8 foi rexistrada pola policía en setembro de 1923. Cantero fora dependente de comercio en Pontevedra e foi denunciado por anarquistas detidos en Madrid naquelas datas. Non foi atopado porque ao parecer estaba en Asturias.

CANTO, Federico

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión de vixilancia.

CANTO FREIRE, José (? – Ferrol, 24-09-1923)

En setembro de 1923 foi golpeado nunha discusión polo obreiro esquirol Andrés López Sixto nun bar no Cantón de Molins e posteriormente morreu. Era albañil, tiña 40 anos, casado, sen fillos e vivía na rúa do Sol, 46. As colectividades obreiras declararon un día de folga para ir ao enterro. O enterro foi pola rúa do Sol, rúa do Castañar, San Eugenio e chegou ao cemiterio.

CANZOBRE, Manuel.

Arquiveiro do Centro de Estudios Sociales “El Derecho Humano” de Mesoiro en agosto de 1934.

CANZOBRE GANTES, José.

Delegado do Sindicato de Carpinteros na FLO da Coruña en maio de 1931.

CANZOBRE MARTÍNEZ, Antonio.

Vocal 4º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xulio de 1922.

CANZOBRE VÁZQUEZ, Marcelino

En decembro de 1931 foi elixido vogal do Sindicato de Obreros de la Fábrica de Tabacos, sección do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña.

CAÑÁS, Luisa

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Porta de Aires, 4, 2º

CAÑIZO, J.

(Ou Cañizos, ou Cainzos) Dende Ferrol participa nunha suscripción polas vítimas de Rio Tinto en “El Productor” en xulio de 1888 e nunha suscripción polos folguistas de Tarrasa en decembro de 1888.

CAÑÓN LÓPEZ, Valentín (Montejos-León, 20-04-1919 – ?)

Labrador, en outubro de 1936 tiña pasado a Asturias, onde loitou no Batallón 206 afecto á CNT. Foi condenado a 12 anos de reclusión por auxilio á rebelión. En decembro de 1942 foi posto el libertade vixiada e fixou a súa residencia en Real,20, A Coruña.

CAO, Estefanía.

Secretaria da Sociedad de Cigarreras “La Nueva Aurora” da Coruña en decembro de 1918, cando tivo lugar a súa fundación.

CAO, José

En febreiro de 1903 participou pola sociedade de Toneleros nun mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña.

CAO, José.

Participou nunha reunión de xuntas directivas de sociedades da Coruña para falar do boicot ao vapor “María”.

CAO, José

En febreiro de 1903 formou parte da primeira directiva da Sociedad Coral “Unión y Libertad” da Coruña, como presidente.

CAO, M. (*)

Membro do grupo organizador da Escuela Racionalista de La Habana en novembro de 1910.

CAO, Manuel

En setembro de 1891 participa nunha suscripción de “El Corsario” polos presos en Cádiz.

CAO, Manuel (*)

En maio de 1908 participa nunha suscripción do Centro de Estudios Sociales de Regla. En agosto de 1909 foi nomeado contador da Liga Internacinal de Racionalista de Cuba. En febreiro de 1911 a súa compañeira Concha Alarcón deu a luz a un fillo de ambos que chamaron Liberto. En xulio de 1912 tivo unha filla, de nome Violeta, coa súa compañeira Concha Alarcón.

CAO, Peregrino.

Participou nunha manifestación de mineiros de Lousame ao Concello de Noia en agosto de 1935.

CAO, Segundo.

Contador do Sindicato de Oficios Varios de Viveiro en outubro de 1932.

CAO CORTIÑAS, José (Narón, 1918 – ?).

Empregado. Afiliado ao Partido Federal Republicano de Ferrol dende 1931 até 1934. Despois membro de Unión Republicana e director do semanario republicano “Renovación” dende xaneiro até xulio de 1935. Fundador do Partido Sindicalista en Ferrol, desempeñando o cargo de vicesecretario. Practicante, vicesecretario da Agrupación do Partido Sindicalista en Ferrol, en abril de 1936. En marzo de 1936 delegado polo Partido Sindicalista no Comité do Frente Popular. Membro da Liga Racionalista. Fuxido dende o levantamento militar até o cinco de novembro de 1945. Condenado a 20 anos nunha causa e rebelde noutra, participou nos traballos de reorganización da CNT clandestina en Ferrol, como cotizante. Foi detido en marzo de 1947. Procesado na causa 156/47, pedironlle 3 anos e foi condenado a 1 ano.

CAO GAYOSO, Juan (1873 – ?).

Traballador de “La Voz de Galicia”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

CAO POLANCO, Avelina.

Contadora da Sociedad “Nueva Aurora” en xaneiro de 1922.

CAO PRIETO, Pedro.

Representou á Sociedad de Tejedoras y Oficios Varios de Neda nunha xuntanza no centro obreiro da rúa Fernández Latorre da Coruña, para tentar resolver as diferencias entre obreiras socialistas e sindicalistas, en xuño de 1919. Representou ao Ateneo Sindicalista de Ferrol (non federado), Unión Textil de Xuvia e Sociedad de Oficios Varios de Neda no Congreso da Comedia de Madrid en 1919. Participa na reunión constituinte do Sindicato Único de Trabajadores de Neda, en xulio de 1920, que tivo lugar no baixo da súa casa de Albarón. Foi nomeado secretario na primeira xunta directiva e ocupou o cargo até marzo de 1921. Xulgado por inxurias en marzo de 1923. En abri de 1931, co gallo da proclamación da II República, dirixiu a palabra aos manifestantes antes de dirixirense a Xuvia. Ingresou no cárcere de Ferrol o 19 de febreiro de 1939 e foi conducido ao Castelo de San Felipe o 25 de marzo de 1939.

CAO SANTISO, José

En decembro de 1908 recibía a correpondencia do Sindicato de Oficios Varios da Coruña, cando a folga das trescentas operarias da fábrica de tecidos e fiados dende había sete meses, por non tolerar a rebaixa de salarios.

CAO SUÁREZ, José

En xuño de 1903 participou nun mitin no Teatro Circo polos presos de Badajoz, La Línea, Cádiz, Jumilla, Almería e outras localidades.

CAPELETE, Jesús

En febreiro de 1916 era secretario da Sociedad de Carreteros “La Veloz” de A Coruña.

CAPELETE, Luisa.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

CAPELETE RUBIRA, Antonio

Ou Capalete ou Capdete. Vicesecretario do Sindicato de Pintores da Coruña en novembro de 1930; tiña o enderezo en Atocha Alta, 69, 1º.En setembro de 1933 foi nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Pintores da Coruña que tiña que manter informado ao Sindicato da marcha da folga da construcción. En xuño de 1935 foi nomeado secretario do Sindicato de Pintores da Coruña; tiña enderezo en Tinajas, 22. En decembro de 1935 foi elixido outro secretario e el figurou como vogal, mais como renunciou continuou como secretario Capelete..

CAPRILES, Ramón.

Vocal da Asociación Tipográfica de Santiago en novembro de 1932.

CARAMÉS.

Acusado da colocación dunha bomba nas cercanías da comisaría de policía da Coruña en maio de 1933. Absolto en agosto de 1933.

CARAMÉS, Eduardo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como barrendeiro.

CARAMÉS, Jesús.

En xuño de 1918 foi elixido tesoureiro da Sociedad de Barberos “La Fraternal” da Coruña.

CARAMÉS, José.

Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende Vilagarcía.

CARAMÉS ESCARIZ, José (? – ?, 1914).

Detido en xulio de 1935 como complicado na explosión dunha bomba no Café Oriental. Tiña antecedentes perigosos. En xulio de 1935 “La Voz de Galicia” desminte que fora o presunto autor da explosión de dous artefactos nos cafés Derby e Alcazar o 9 de xuño de 1935, atribuindo o feito e Enrique Suárez Morante.

CARAMÉS CALVIÑO, Juan.

Afiliado número 447 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CARAVELA, José.

Afiliado número 117 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CARBAJAL SOMOZA, Constantino

Expulsado de Cuba no machadato. Xulgado en consello de guerra en decembro de 1936 en Ourense, por tenencia de armas.

CARBAJAL SOMOZA, Jaime

Expulsado de Cuba no machadato. Militante comunista. Executado na Coruña o 6 de outubro de 1936.

Diario de Pontevedra. Pontevedra, 07-10-1936.

CARBALLADA FERNÁNDEZ, Ubaldo (Monforte, 1904 – ?)

Industrial de Monforte. Concelleiro de elección popular en 1931, vencellado á CNT. Ingreso no cárcere de Monforte o 15 de xuño de 1937 e saiu o 19 de agosto de 1938. Foi xulgado por rebelión nas causas 851/37 e 420/38, que foron sobreseidas. Conducido a un Batallón de traballadores en Oviedo.

CARBALLAL IGLESIAS, Arturo.

O 20 de setembro de 1937, o 30 de outubro e o 30 de novembro figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

CARBALLEDA, Antonio

Por colaborar co comité de folga dos camareiros foi multado con 250 pesetas polo gobernador civil da Coruña en xulio de 1935

CARBALLEIRA, José María

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión de vixilancia.

CARBALLEIRA, Juan.

Noutros lugares sae como Manuel. Campesiño de Meirás-Sada, arrendatario duns terreos que foran da condesa de Pardo Bazán, ao que defendeu o Sindicato de Campesinos de Meirás-Sada en abril de 1933.

CARBALLEIRA GONZÁLEZ, Antonio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Café Comercio.

CARBALLEIRA GONZÁLEZ, Gonzalo.

Contador da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1925.

CARBALLEIRA LACUNZA, Raul “Héctor” (Juárez-Argentina, 28-02-1918 – 06-06-1948).

Segundo Antonia Fontanillas, era fillo dun galego alcohólico, o que o empurrou a fuxir cara a Pampa con 14 ou 15 anos. Chegara a Barcelona en 1937 desde Argentina, pasando por Montevideo, onde embarcou de polizón; viña con Gerardo F. Ruffinell e Sergio Chávez; en Argentina tiña vivido como “linyera”. En 1942 estivera en Marsella, dalí foi a Toulouse e a París; con Felipe Alaiz e Amador Franco promoveu a publicación de “Impulso” e participou na reconstrucción das Juventudes Libertarias, sendo o secretario de Relaciones do primeiro Comité Nacional. Foi un dos editores de “Ruta” en Toulouse en xulio de 1945. En marzo de 1946 foi clandestinamente a Barcelona, e en xulio chegou á casa de Federico Arcos. En outubro de 1947 participa no II Congreso do MLE-CNT en Francia, representando á FL de Toulouse. Na votación para a elección dos cargos do secretariado foi votado por 16 federacións locais, obtendo 667 votos. Cando detiveron a Amador Franco, antes de que o executaran foi visitado por Carballeira, que se fixo pasar polo seu cuñado. Estivo en Italia no Congreso da FAI representando a España. Foi localizado nun grupo de barracas de Montjuich e abatido o 6 de xuño de 1948.

CARBALLEIRA PRIETO, Evangelina (Ferrol, 1907 – )

Natural de Ferrol, veciña da rúa María, 16, 2º, Ferrol. Modista, ingresou no cárcere de Ferrol o 21 de marzo de 1935 por un delito de tenencia ilícita de armas, e foi posta en libertade o 8 de abril. Natural de Ferrol, veciña da rúa María, 16, 2º, Ferrol. Modista, ingresou no cárcere de Ferrol o 25 de setembro de 1936 por orde do delegado gubernativo.

CARBALLEIRA REGO, Ángel (Lanzós-Vilalba, 1907 – Perpignan, ?-08-63).

Pasou a súa infancia e adolescencia na Argentina, onde se foi formando como militante revolucionario. A súa ansia de acción levouno a Barcelona en 1923, ao barrio de Gracia, onde participou en folgas, accións confederais e conflictos, vencellado ao grupo de Suministros. En abril de 1929 viaxou cara A Coruña dende La Habana no “Cristóbal Colón”, pasando por New York. En 1933 estivo na cadea de Barcelona, encartado pola rebelión do 8 de xaneiro, e foi víctima dunha malleira; segundo “Tierra y Libertad” foi detido en Conde de Asalto, onde lle deron bofetadas e un garda de asalto golpeouno coa culata no peito. En xulio de 1934 preso gubernativo por tentar participar nun Congreso Regional das Juventudes. Ao fin da guerra trasladouse ao sur de Francia, onde continuou militando na FL de Toulouse da CNT. Na primaveira de 1948, nomeado delegado polo Pleno da Región Nº 2 (Toulouse) da FAI ao Pleno Nacional. En decembro de 1949 un grupo de militantes da CNT foron levados por Carballeira e Ramón Vila Capdevila nunha camioneta do Comité Nacional de Toulouse até a fronteira española por Osseja; Carballeira facilitaralles armas, explosivos e municións. En 1951 foi elixido membro do secretariado intercontinental da CNT. En 1962 foi acusado de coordinar a entrada dun grupo no que estaba Pedro Antonio Sánchez Martínez para pasar propaganda á España franquista.

CARBALLEIRA MUÑIZ, Antonio.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de Profesiones Varias de Meirás en marzo de 1932, cando tivo lugar a súa fundación. Foi tesoureiro na súa primeria xunta directiva.

CARBALLIDO RASCAL, Augusto

Detido en marzo de 1935 como presunto autor do incendio da igrexa de Brión.

CARBALLINO, Manuel.

Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende Vilagarcía.

CARBALLO (*)

Nunha lista de deportados de Argentina publicada en maio de 1913 en “Tierra y Libertad”.

CARBALLO

Asina un artigo en “Galicia Libre” en xaneiro de 1938 desde Cartagena, sobre a unidade CNT-UGT.

CARBALLO, A. (*)

En xulio de 1933 é un dos asinantes dunha carta publicada polo grupo “Los Iconoclastas” de Steubenville en “Tierra y Libertad” de Barcelona.

CARBALLO, Antonio (*)

En abril de 1913 comunica en “El Libertario” a constitución do Grupo Anarquista “Solidaridad” en Punta del Toro, Canal Zone, Panamá.

CARBALLO, Benigno.

Canteiro de Compostela morto en accidente en decembro de 1911, era militante da Sociedad de Canteros.

CARBALLO, Constante (*)

Secretario da Sociedad de Resitencia de Estibadores de Buenos Aires, no outono de 1904 visitou Rio de Janeiro, falando no Centro de Pintores e no Casino Español.

CARBALLO, F.

Deportado da Argentina, que en xuño de 1936 estaba na Coruña e quería relacionarse con José Rodríguez de Xixón.

CARBALLO, Florentino (*)

Deportado de Argentina a finais de 1930.

CARBALLO, Francisco (*)

Colabora económicamente con “Cultura Proletaria” de New York en xulio de 1910.

CARBALLO, Gumersindo.

Membro do Sindicato de Oficios Varios de Ponte do Porto.

CARBALLO, L.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935.

CARBALLO, Manuel (*)

Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana desde Manzanillo en febreiro de 1913; naquela altura formaba parte do Grupo “Verdad” que comunicaba a súa constitución.

CARBALLO, Miguel (*)

En novembro de 1911 asina un artigo contra Cabal Flores, como secretario do Gremio de Trabajadores de Tabaco en Rama de Marianao, publicado en “El Día” e reproducido en “¡Tierra!” de La Habana.

CARBALLO CALERO, Ricardo.

Participa no mitin do 1º de maio de 1930 en Compostela.

CARBALLO CASTIÑEIRA, Manuel

En xaneiro de 1932 foi nomeado tesoureiro do Sindicato de Industria Ferroviaria da Coruña; tiña domicilio en Monelos, 1.

CARBALLO FUENTES, Manuel.

Tesoureiro da Sociedad de Canteros de Santiago en setembro de 1924.

CARBALLO GARCÍA, José

En decembro de 1924 chegaba ao porto da Coruña e desembarcaba 15 expulsados que ingresaban no cárcere e levaba outros 9 para Santander, considerados polo goberno cubano como perigosos para a orde pública. Entre os que ingresaron no cárcere da Coruña estaban Antonio Mosquera Otero, de Carral, José Barro Barro, de Ortigueira, José Agra Gómez “Vila” de Barallobre, Emilio Fernández M. de Mañón, José Meitín Aguiar de Xove, José Carballo García (34 anos) de Ourense.

CARBALLO GÓMEZ, Julián (Pontevedra, 20-05-1894 – A Coruña, 11-05-1938).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Santa Catalina, 37, baixo. Tipógrafo na súa xuventude, máis tarde fixose barbeiro. En marzo e xuño de 1918 foi elixido presidente da Sociedad de Barberos y Peluqueros “La Fraternal” da Coruña. Presidente da Sociedad de Barberos y Peluqueros da Coruña en marzo de 1922. Xulgado en abril de 1923 por disparos de arma de fogo. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Barberos y Peluqueros “La Fraternal” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. O 12 de febreiro de 1932, vocal da FLO. Destacado en Ferrol para participar na folga do 16 de febreiro de 1932, foi detido na mesma. Natural de Pontevedra, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 16 de febreiro de 1932 e foi liberado o 22 do mesmo mes. Participou nun longa campaña para desprazar a Villaverde da secretaría do CR, segundo Manuel Fernández. Detido pola folga en solidariedade con Ferrol o 8 de xuño de 1932. Representou ao Sindicato de Peluqueros da Coruña no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Durante 1934 e 1935 foi Delegado do Sindicato de Peluqueiros na Federación Regional. Detido nunha reunión clandestina o 11 de xulio de 1934. Criticado no Pleno da FAI de xulio de 1935 e máis tarde polo Comité Regional da FAI, como organizador dos Grupos de Defensa da CNT, por obstaculizar a implantación da organización específica. Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935. Representou ao Sindicato de Barberos y Peluqueros da Coruña no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935. Participou na ponencia sobre alianzas obreiras do Congreso da CRG de Ourense en decembro de 1935. En xaneiro de 1936 nomeado vocal do CR e da FLO. Membro do CES “Germinal”. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Barberos y Peluqueros da Coruña.Vocal do Comité Rexional da CRG en xulio de 1936, estivo nos días do levantamento militar nos locais da Federación Local Obrera. Nos primeiros días ocultouse no tunel do ferrocarril para despois ir aos montes dos arredores (Chans, Zapateira, Vilaboa, Elviña), con outros militantes libertarios. Despois voltou a súa casa, onde estivo agachado até que recibiu un aviso para participar nunha fuxida, que finalmente tivo lugar nunha gasoliñeira, o 5 de xaneiro de 1937 dende o embarcadoiro do Pasaxe. Os fuxidos, entre os que estaban destacados militantes cenetistas da Coruña, chegou a Xixón o 7 de xaneiro, incorporándose Carballo e a maioría dos fuxidos no BON 219 “Galicia” e na Agrupación Confederal Galaica en Asturias. Participa na Asamblea da Agrupación Confederal Galaica no Cine Roxy de Xixón o 17 de xaneiro de 1937.Perruqueiro, da CNT, casado, fillo de Alejandro e Indalecia, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en xaneiro de 1937 e foi soldado nel. Membro da Agrupación Confederal Galaica, integrante do BON Galicia e compoñente do grupo “Tierra” da FAI de Xixón en 1937. Reclamado pola Regional Norte a finais de xaneiro de 1937 con Luis Chamorro, ainda que ao final só foi este último. Acadou o grao de Intendente-Habilitado, loitando nos frentes de Santander e Asturias, até a caída da fronte Norte. Detido cando o desmoronamento do frente de Asturias con Moreno, polo Tenente Luis Ardao, foi liberado cando xa non podía fuxir por mar. Cando tentaba fuxir cara A Coruña, foi detido en Tineo o 5 de novembro de 1937. Sentenciado a morte o 19 de febreiro, foi executado o 11 de maio de 1938. Duas sobriñas súas, fillas de José Gómez, puxeron en contacto a Honorato Martínez Fuster con Moisés Herguido.

CARBALLO GONZÁLEZ, M.

O 20 de setembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

CARBALLO NAYA, Raimundo.

A comezos de 1932 foi vicebibliotecario do Ateneo de la Villa de Rutis. Seu pai foi posteriormente alcalde de Culleredo.

CARBALLO PÉREZ, Francisco.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como panadeiro.Representou aos Sindicatos de Panaderos, Profesiones Varias, Porteras y Porteros da Coruña no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935. Vocal 3º do Sindicato de Panaderos “La Nueva Unión” da Coruña en 1936. Segundo Manuel Fernández en maio de 1942 foi un dos militantes da CNT coruñesa cos que contactou para tentar a reorganización.

CARBALLO PREGAL, Francisco

Presidente do Centro Cosmopolita de Rio de Janeiro, que declarou a folga xeral en xulio de 1915. En maio de 1916 demitiu do seu cargo como presidente do Centro Cosmopolita de Rio de Janeiro, sendo entrevistado pola “Gazeta de Notícias”. En xaneiro de 1917 participou nunha asemblea do Centro Cosmopolita.

CARBALLO RASO, A.

Vicesecretario do Sindicato de Obreros Municipales “La Aurora” da Coruña en xuño de 1931.

CARBALLO REY, Manuel

Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xulio e setembro de 1931. Nomeado vogal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xulio de 1931; residía en Ramón del Cueto, 6, baixo dereita. Membro do Comité de Obreros Parados en marzo de 1933.

CARBALLO VÁZQUEZ, Servando

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Olmos, 24, baixo. Detido gubernativo na Coruña en 1938, quedou en libertade en xuño.

CARBÓ CARBÓ, Eusebio C.

A mediados de abril de 1915 chegou a Ferrol como delegado de Catalunya para o Congreso da Paz. Segundo as contas do Congreso, a organización pagoulle fonda desde o 19 de abril ao 20 de maio, e pagoulle 35 pesetas en concepto de xornais. En maio de 1915 tomou parte no Congreso da Paz de Ferrol, representando a “Solidaridad Obrera”, Sindicatos y Federación Catalana, Sociedades de Elda, Federación Local de Zaragoza, e Agricultores de Jerez de la Frontera. Encarcelado despois do mitin preparatorio do Congreso da Paz de Ferrol. A Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña, envioulle 25 pesetas cando estaba preso na cadea de Ferrol, en maio de 1915. A fins de maio “Solidaridad Obrera” de Barcelona anuncia que sairon en libertade provisional a semana anterior. En abril de 1916 sinalábase o seu xuizo por sedición para o 15 de xuño de 1916, defendido por Casares Quiroga. Xulgado con José López Bouza na Coruña en xuño de 1916, resultou absolto. Na dictadura de Primo de Rivera, visitou Galiza, sendo recibido por Manuel Fandiño, daquela secretario da CRG. En abril de 1931 pasou por Ferrol con Hermoso Plaja, e alí tiveron entrevistas con militantes da CNT. Eusebio Carbó e Hermoso Plaja estaban en 1931 en Galicia como representantes de Espasa Calpe; ao seu paso por Ferrol o 8 de abril a jefatura de vigilancia informaba de que mantivera reunións en cafés con elementos sindicalistas e de que partían para Compostela; a proclamación da II República os atopou en Vigo.

CARCEDO VEIGA, Aurora

En marzo de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” recollidos na administración do xornal.

CARDALDA, Alfonso.

Membro da xunta administrativa da Sección “Despertar Marítimo” do SIP da Coruña en abril de 1933.

CARDALDA, Joaquín.

Asina un artigo en “Solidaridad” en maio de 1936 sobre a organización do SOV de Vilanova de Arousa.

CARDALDA, Joaquín.

Miliciano do BON Galicia en novembro de 1936.

CARDALDA RODRÍGUEZ, Bautista.

Contador do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en xulio de 1932.

CARDAMA, Jesús.

Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Padrón en maio de 1932. Representou aos Sindicatos de Oficios Varios de Padrón e Cesures no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Participa en mitins en Cesures e Padrón a finais de marzo de 1933. Detido en Padrón, acusado da colocación dunha bomba na casa dun cacique da localidade, e despois trasladado ao cárcere da Coruña, en abril de 1933. En maio de 1936 participa na creación do Sindicato de Oficios Varios de Padrón, como membro do Partido Sindicalista, e posteriormente, participou nun mitin de afirmación sindical en Pontecesures.

CARDAMA, Manuel.

Vicesecretario da Sociedad de Estibadores Terrestres da Coruña en setembro de 1918.

CARDAMA, Serafín.

Vocal da Asociación Tipográfica de A Coruña en febreiro de 1911. Vicepresidente da Asociación Tipográfica da Coruña en febreiro de 1922.

CARDAMA, Serafín.

Solicita unhas bases de traballo da industria conserveira, dende Riveira, en xulio de 1934. Presidente do Sindicato General de Trabajadores de Riveira en agosto de 1934, interveu no conflicto pesqueiro deste porto. Participa nun mitin pesqueiro en Riveira en marzo de 1936.

CARDOSO, Fermín.

Portugués, andaba por Galiza en 1932 cunha credencia do Sindicato de Tuy, ainda que era un vividor.

CARDOSO LUCENA, Serafim.

Ou Cardozo. Representante da Biblioteca “A Vida” do Porto no Congreso da Paz de Ferrol en abril de 1915.

CARIDAD, Antonio

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

CARIDAD, Eladio.

Delegado do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña no local de Cordelería en xulio de 1934.

CARIDAD, Juan.

Participa na reunión organizadora da Sociedad “El Despertar del Obrero” de Sada en marzo de 1916.

CARIDAD, M.

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

CARIDAD, Manuel.

Tesoureiro do Sindicato de Tranviarios da Coruña en maio de 1930.

CARIDAD, Vicente

En setembro de 1891 anunciaba en “El Corsario” as clases para adultos da escola laica, como presidente da Sociedad “Miguel Servet”.En marzo de 1903 deixaba as súas accións da Cooperativa Obrera á Antorcha Galaica del Librepensamiento para a creación dunha escola de nenas.

CARIDAD, Vicente.

Vocal da Sociedad de Empleados Administrativos del Resguardo de Consumos en novembro de 1919, cando a súa fundación.

CARIDAD BERMÚDEZ, Eugenio.

A comezos de 1932 foi presidente do Ateneo de la Villa de Rutis. En maio de 1932 presentou unha conferencia do escritor galeguista Plácido Rodríguez Castro no devandito Ateneo.

CARIDAD GÓMEZ, Dolores.

Foi vocal do Sindicato de Salazoneras “El Porvenir Femenino” da Coruña, en xuño de 1931.

CARLOS RIVEIRA, Joaquín “Portugués”.

Tamén sae como Rivero. Presidente do Sindicato de Profesiones Varias de Cabovilaño en agosto de 1934. Joaquín, de Carballo, fuxido o 5 de xaneiro de 1937, cara a Xixón. O 9 de xaneiro ingresou no BON “Galicia”. Elixido Delegado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias na 2ª Sección, 2ª Compañía, do Batallón Galicia, en xuño de 1937. En agosto de 1937 formou parte dun grupo que informaba dos posibles integrantes dos grupos “especiais”. Era o Joaquín Carlos do que fala Moisés Herguido cando foi detido en maio de 1942.

CARMELO VADA, José.

Vocal do Sindicato de Transporte Mecánico na FLO da Coruña en 1934.

CARMIÑA

O 20 de setembro de 1937 asina unha poesía aos evadidos no primeiro número de “Galicia Libre”.

CARNERO, Bernardino

En marzo de 1936 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” desde Mugardos.

CARNERO PUGA, Antonio.

Ferreiro. Xulgado en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

CARNERO VALENZUELA.

Participa nun mitin pro amnistía en Santiago en xulio de 1930.

CARNERO VÁZQUEZ, Camilo

Nunha listaxe de anarquistas españoles en Cuba feita por Amparo Sánchez Cobos. Procedente de Galiza, de 34 anos, casado, mecánico.

CARNESOLTAS, Evaristo (*).

Ferido gravísimo nos incidentes en Camagüey en outubro de 1913, ao interrumpir a policía un mitin Pro-Vázquez. Faleceu posteriormente.

CARNICERO, Abraham.

Membro da comisión revisora de contas da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en abril de 1915.

CARNOTA RODRÍGUEZ, Manuel

De Pontevedra, nun grupo de expulsados de Cuba que chegou a Coruña no “Reina María Cristina” en agosto de 1919.

CAROLLO, Manuel.

Representou ao Sindicato de Metalúrgicos de Santiago no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Secretario do Sindicato de Arbitrios Municipales de Santiago en xulio de 1936.

CARON, Antonia.

En marzo de 1907, co seu compañeiro Pedro Varela, enterrou civilmente a un fillo no concello de Oza.

CARPIO, Campio.

CARPIO, Mina (? – Buenos Aires, 24-9-78).

Compañeira de Campio Carpio. Morta en 1978 dun derrame cerebral. Xunto a Campio Carpio quixo marchar a España en 1936, mais non poideron facelo.

CARPIO, Nica

En febreiro de 1949 “Cultura Proletaria” de New York asina un artigo seu.

CARRACEDO

En decembro de 1915 “Acción Libertaria” informa das protestas en Ferrol polas detencións a consecuencia da folga de descargadores e da súa participación nun mitin o 25 de novembro.

CARRACEDO, Antonio.

Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende Vilagarcía.

CARRACEDO, José.

Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende Vilagarcía. Anuncia en “Solidaridad Obrera” da Coruña que dende Vilagarcía vai vivir a Lugo en marzo de 1931. En outubro de 1931, de volta en Vilgarcía. Colabora nunha suscrición de “El Luchador” desde Vilagarcía en abril de 1932.

CARRACEDO BERDULLAS, Narciso.

En febreiro de 1913 participou no mitin organizado polo Grupo “13 de Octubre” de Ferrol contra as leis de residencia e orden social de Argentina, actuando como secretario. En xulio de 1914 Narciso Carracedo faise eco en “Tierra y Libertad” da creacion do grupo anarquista “Acción” en Ferrol e da súa vontad de facer reaparecer “Cultura Libertaria” e pide que cando sai lle envíen un paquete ao Centro Obrero de Barcelona. En novembro de 1914 declarou como testigo no proceso contra Miguel D’Lom por inxurias á autoridade. En febreiro de 1915 asina unha subscripción para enxugar o déficit de “Solidaridad Obrera” de Barcelona. En decembro de 1915 fixo unha denuncia pública contra un garda municipal. En xuño de 1916 asinaba como secretario xeral do Centro Obrero Sindicalista de Ferrol un comunicado exonerando a José López Bouza dos cargos que se fixeron contra el en “La Unión Marítima” número 35.

CARRAL, Emilio

En xaneiro de 1904 a Sección de Declamación de “Germinal” intrepretou na Coruña a súa obra “El ocaso de los dioses”. O Centro de Estudios Sociales de Guanabacoa interpretou a súa obra “El Ocaso de los Odios” en abril de 1905. En decembro de 1905 a Sección de Declamación “Germinal” de La Habana ensaiba a súa obra “El Ocaso de los Odios”.

CARRAL, Juan.

Na comisión organizadora da Sociedad de Obreros en Hierros y Metales “La Reforma” da Coruña en setembro de 1900.

CARRÉ ALVARELLOS, Eugenio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Tranvías.

CARRÉ ALVARELLOS, Luis

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Tranvías.

CARRÉ BRANDARIZ, Leandro “Fausto Brand”

Dalmacio Bragado critica en “Tierra y Libertad” de Barcelona os artigos rexionalistas de Fausto Brand en “Solidaridad Obrera” da Coruña en novembro de 1932.

CARRÉ NAYA, Uxío.

Do POUM. Interveu nun mitin contra a guerra organizado polo Centro de Estudios Sociales Germinal en novembro de 1935. Morto no Castro de Elviña nun enfrontamento coa garda civil, xunto a José Rosende e outros dous, a finais de agosto de 1936.

CARREGAL, Ramón R.

Recibía a correspondencia das Juventudes Libertarias de Vilagarcía en xuño de 1936.

CARREIRA, Eliseo.

Secretario da Sociedad de Mozos de Comercio de Ferrol en setembro de 1920.

CARREIRA, Manuel.

Presidente da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en abril de 1911.

CARREIRA, Manuel.

Representou ao Sindicato de Chocolateros de Santiago no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

CARREIRA, R. (*)

El Rebelde” de Buenos Aires tiña á venta en febreiro de 1901 o folleto “La mujer en la lucha ante la naturaleza”, de R. Carreira e Pilar Taboada.

CARREIRO, Ángel.

Vocal da Sección de Tranviarios da Sociedad de Profesiones Varias da Coruña en decembro de 1918.

CARREIRO GABÍN, Manuel.

Tamén sae como Carreira Gambín. Afiliado número 648 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CARREÑO, Feliciano.

Da Gafa. Afiliado ao Sindicato Marinero de Portosiño. Estivo agachado por algún tempo. Logo pasouse á zona republicana e finalmente a Francia.

CARREÑO PÉREZ, Eloy (?-Ourense, 11-10-11 – ?).

Zapateiro, da CNT, casado, fillo de Gumersindo e Amalia, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en abril de 1937 e foi sarxento na 1ª Compañía.

CARREÑO PILLADO, José (Noia, 1911 – ?).

Afiliado á CNT entre 1931 e 1932, cando se estableceu pola súa conta. Presidente da Asociación Cultural Deportiva Artística Recreativa de Teis. Condenado por rebelión militar en 1936, saliu en libertade en 1941. Xastre de Noia ainda que residente en Vigo, axudou a José Luis Quintas Figueroa a agacharse facendo xestións para conseguirlle a documentación en 1946. Pola causa da axuda a Quintas foi condenado a tres anos de prisión.

CARRERA, Manuel.

Nomeado delegado á Regional do Sindicato de Espectáculos Públicos da Coruña en novembro de 1931.

CARRERA MIRAGAYA, Manuel (?, 1894 – ?).

Antigo panadeiro, detido en setembro de 1932 pola colocación dunha bomba nunha padaría de A Coruña.

CARRERAS, Ciriaco.

Foi vocal do Sindicato “El 1º de Mayo” do SIP da Coruña en marzo de 1933.

CARRERAS, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en varadeiro.

CARRERAS VILLANUEVA, Bruno

En febreiro de 1923 o gobernador civil da Coruña foi informado da chegada de Bruno Carreras Villanueva, desde Madrid, e o gobernador civil informou ao Director General de Orden Público que chegou no tren para participar nun mitin pro-presos, sendo constantemente vixilado. Delegado da CNT de Barcelona, participou nun mitin en pro dos presos sociais no teatro Tamberlick de Vigo en marzo de 1923, organizado pola CNT.

CARRERO, Valentín.

Integrou o comité organizador da Federación de Empleados del Ramo de Consumos de Galicia, en decembro de 1919.

CARRIL.

Segundo Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas vigueses de comezos de século.

CARRIL (*)

Asina unha protesta en “¡Tierra!” de La Habana en xaneiro de 1912 dende o vicac de Yaguajay, onde estaba presos con outros compañeiros por non poder pagar unha comida nunha fonda, enganados por un contratista.

CARRIL, José.

En agosto de 1903 o Centro Instructivo Obrero de Lugo se adhería á petición pola libertade dos obreiros presos e José Carril figuraba na comisión organizadora. José Carril, corresponsal de “Tierra y Libertad” en Lugo en agosto de 1903 denuncia a detención de dous rapaces. En xaneiro de 1904 informa en “El Rebelde” dos despedimentos e detencións en Lugo; pouco despois criticaba unha xuntanza socialista. En febreiro de 1904 era integrante dun grupo libertario dedicado á propaganda por medio de periódicos e folletos. Sostén correspondencia con “Tierra y Libertad” desde Ourense en novembro de 1912, pedindo que lle envíen unha suscrición de “El Látigo” e “La Voz del Obrero” á rúa da Luna, buñolería, Ourense. Mantén correspondencia con “El Porvenir del Obrero de Mahón” en novembro de 1912 e febreiro, marzo, abril, maio, xulio, outubro de 1913, coas iniciais J.C. ou J.C.V. Mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona en xulio, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro de 1931, desde Ourense. En marzo de 1920 foi detido en Ourense con Enrique Pérez por distribuir entre os soldados folletos anarquistas e sindicalistas, cando traballaban nas obras do cuartel de San Francisco. Foron incomunicados no cárcere de Ourense. En xaneiro, xulio, agosto, outubro de 1932 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Ourense.Envía cartos dunha suscrición a “El Luchador” desde Ourense en abril de 1932. Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Ourense, en xaneiro, marzo, maio e xuño de 1933. Maltratado pola policía en febreiro de 1933. En marzo, xulio, agosto de 1933 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona. En agosto de 1934 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ourense. En maio, xuño, xulio, novembro de 1935 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad”.

CARRIL, N.

En xulio de 1910 mantén correspondenica con “Tierra y Libertad” desde Vigo.

CARRIL, Ricardo (Malpica, 15-02-1898 – Montevideo, 17-10-1923)

En abril de 1923 asina un artigo en “El Libertario” de Buenos Aires; nesa altura anunciábase que ía colaborar con “El Picapedrero”, no número extraordinario do primerio de maio. Nomeado redactor de “La Batalla” pola asamblea do Comité de Relaciones de las Agrupaciones Anarquistas de Montevideo en xuño de 1923. En setembro de 1923 “El Libertario” informaba de que padecera unha agresión nunha xuntanza do Sindicato de Obreros en Madera o 5 de setembro de 1923; o 20 de setembro se indicaba que o seu estado era grave. En outubro de 1923 F. Montalvo dedicáballe un artigo en “El Libertario” de Buenos Aires. En outubro de 1923 “El Libertario” informaba da súa morte (con fotografía). Ebanista, de 25 anos, era integrante do Sindicato de Obreros en Madera de Montevideo. En decembro de 1923 “El Libertario” reproduce un artigo seu titulado “Sobre las Internacionales”. En outubro de 1923 “Correo de Galicia” informa do seu falecemento e en novembro de 1923 comenta a iniciativa para publicar as súas obras (coas colaboracións na prensa de Argentina, Paraguay e Chile, entre outras), indicando que nacera o 15 de febreiro de 1898 en Malpica.

CARRIL AMIGO, Arturo Patricio (Malpica, 1902 – ?).

Emigrado ao Rio de la Plata, radicouse en Montevideo onde traballou como linotipista, actuando nos medios intelectuais e periodísticos da capital uruguaia, vencellado ás correntes ácratas. Fundou en 1920 a revista “Mundo Teatral”, e en 1935 a revista “La Lectura”. Recibiu o Premio da Sociedad de Autores Teatrales de Uruguay en 1932. Foi un dos inspiradores da Editorial “Mar” e colaborou con Manuel Domínguez Santamaría nos medios teatrais montevideanos, estrenando “Los clásicos y sus lectores”. En 1938 publicou “Tres variaciones sobre un tema” e posteriormente publicaronse dous volumes de “Teatro Completo de Arturo Carril”. A súa comedia “Estoy sola y te espero” acadou o Premio da Sociedad de autores Teatrales del Uruguay de 1942 e o Premio de Radiodifusoras Ariel. Tamén preparou a traducción ao castelán de “Os dous de sempre”, de Castelao, en 1937. Escribiu tamén novela, ensaio e poesía. Posteriormente residiu en Buenos Aires.

CARRIL SANDELO, Manuel.

Afiliado número 536 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CARRIL VIÑAS, José.

Afiliado número 450 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CARRIÓN, Cristóbal

Colabora con poesías en “Galicia Libre” en xaneiro de 1938.

CARRIÓN CASTILLA, Lino (Valladolid, 1914 – ?).

Fundidor afiliado á CNT, detido o 1º de xulio de 1937, por deserción, despois de tres meses da súa incorporación a filas. Foi detido xunto a Juan García Durán e Secundino Rodríguez Eiras, que agardaban para fuxir nun pesqueiro. Condenado en outubro de 1937 a catro anos de recargo no servicio.

CARRO, Enrique.

Contador da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xaneiro de 1919.

CARRO, José.

Tesoureiro da Sociedad de Hierros y Metales “La Reforma” da Coruña en decembro de 1918.

CARRO, José.

Vocal 1º do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en xaneiro de 1933. Militante da CNT de Betanzos, agredido polo patrono Emiliano Babío en decembro de 1933.

CARRO, Manuel

Nun mitin celebrado na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901 leuse unha carte del entre outros presos do cuartel de Alfonso XII.

CARRO, R.

En xuño de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Betanzos.

CARRO GARCÍA, Octavio.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como Octavio ou Antonio..Foi secretario do Sindicato de Peluqueros da Coruña. Responsable do grupo anarquista “Orto” da Coruña, creado no verán de 1934. Tiña o seu enderezo no Bar “La Oficina” da rúa Olmos. Desautorizado polo CR FAI pola súa actuación no movemento de outubro. Foi separado da FAI xunto co grupo “Orto” e “Alfa Orto”.

CARRO PENA, Enrique “El Lila” (Betanzos, 1908 – ?)

Chófer. Acusado da voadura do Ponte Novo de Betanzos, na carreteira de Betanzos-A Coruña, en xulio de 1936. En abril de 1937 estaba co exército nacional, en León, conducindo camións.

CARRO PÉREZ, Amando.

Guerrilleiro que forneceu ao grupo de Neira coas armas que trouxo da fronte. Era veciño de Cervo-Cedeira. Morreu nos primeiros anos 40, torturado pola garda civil.

CARRO SÁNCHEZ, Ramón.

Integrante da comisión organizadora do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos, en xuño de 1931; foi nomeado vicepresidente no seu primeiro comité e foi confirmado no seu posto en decembro de 1931.

CARRO VILARIÑO, José.

Vocal da Sociedad de Cocineros y Camareros da Coruña en xaneiro de 1922.Vocal 4º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1922. Contador da Sección de Mozos de Hoteles do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en outubro de 1933.

CARROCEDO NOYA, José (1905 – ?).

Ou Carracedo. Canteiro.Un dos fundadores do Sindicato General de Trabajadores de Lugo en outubro de 1931.

CARRODEGUAS, David

En xaneiro de 1900 foi un dos asinantes dun escrito da Sociedad de Torneros de La Habana en “El Nuevo Ideal”.

CARTELLE, Fernando

Promotor da legalización do Sindicato de Industria Naval de Ferrol en febreiro de 1981.

CARTELLE, Juan.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

CARUNCHO DÍAZ, Jesús.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

CARUNCHO MÉNDEZ, Carlos (Ferrol, 1909 – ?).

Natural de Ferrol, veciño da rúa Real, 164, Ferrol. Maquinista, ingresou no cárcere de Ferrol o 28 de decembro de 1933 por un delito de folga revolucionaria, e foi conducido á Coruña o 18 de febreiro de 1934. Da CNT de Ferrol, conducido cara A Coruña en febreiro de 1934, para ser xulgado polo Tribunal de Urxencia. Natural de Ferrol, veciño da rúa San Fernando, 39, Ferrol. Pintor, ingresou no cárcere de Ferrol o 4 de agosto de 1934 por un delito de atentado, e foi conducido á Coruña o 3 de outubro.

CARVIA, Gerardo.

En maio de 1936, vocal do Sindicato de Pontecesures, afin ao Partido Sindicalista.

CARVO, Eduardo.

Foi presidente do Sindicato de Canteros da Coruña.

CASABELLA FRADE, Agustín (Viveiro, 1900 – ?)

Serrador de Viveiro. Secretario do Sindicato de Pescadores de Celeiro da CNT. Ingresou no cárcere de Lugo o 4 de xulio de 1939, procesado por tenencia de armas e rebelión na causa 1020/36 foi condenado a cadea perpetua e saiu en prisión atenuada o 28 de xuño de 1941.

CASABELLA FRADE, Rafael.

Integrante dunha plataforma política formada por anarquistas, socialistas e comunistas de Ferrol, en 1945. Representa á CNT na formación da Unión Nacional en Lugo en 1945.

CASADO HERRÁIZ, Félix.

En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

CASAIS, Francisco

Asina un artigo en “El Dependiente” de La Habana en xaneiro de 1912.

CASAIS COSTA, Ramón

Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en febreiro de 1938. Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en outubro de 1938.

CASAL.

Colabora dende Saint Pierre Quilbignon nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

CASAL, A.

Presidente do Sindicato de Obreros y Empleados Municipales de A Coruña en novembro de 1935.

CASAL, Antonio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

Archivo Histórico Nacional. Madrid. Fondo Ministerio del Interior. Expedientes Policiales. AH-13689.

CASAL, Antonio (A Coruña, 1898 – Marignac, 22-09-50).

Tabaqueiro da Coruña, despois da II Guerra Mundial no campo de prisioneiros de Kirkham. Morto aos 52 anos en Marignac.

CASAL, Atilano (*)

Lavador, deportado de Argentina a finais de 1930.

CASAL, Benigno.

Secretario do Sindicato de Canteros da Coruña en maio de 1929.

CASAL, Bernardo.

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres. Membro da comisión de folga no conflicto de decembro de 1919 na Coruña.

CASAL, Bernardo.

Militante do Sindicato “Luz y Fuerza” da Coruña, asinou un compromiso coa Asociación Patronal para manter servicios mínimos en caso de folga, en xaneiro de 1920.

CASAL, Camilo (*)

Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana dende Santiago de las Vegas; outro en novembro de 1913 desde La Habana.

CASAL, Gumersindo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

CASAL, José (*)

En setembro de 1916 asina un artigo en “Cultura Obrera” desde New York.

CASAL, José.

Vocal da “Alianza Marinera” de Teis en maio de 1931.

CASAL, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía: figura con enderezo en Adelaida Muro, 20, 3º dta.

CASAL, Juan

Nun mitin celebrado na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901 leuse unha carte del entre outros presos do cuartel de Alfonso XII.

CASAL, Juan

Participa nunha suscrición feita na Batería Naval de Almería a favor de “Galicia Libre” en febreiro e abril de 1938.

CASAL, Julio (?, 1893 – ?).

Sindicalista, asasinou nunha discusión ao coñecido militante José Creo de Liste, a bordo do vapor francés “Chicago”, en xuño de 1920.

CASAL, Leopoldo (Cabanas-A Coruña, 1908 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT.

CASAL, Marcelino.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios de Noia y su Comarca en maio de 1932. Presidente do SOV de Noia na súa fundación, en maio de 1932. Albañil, expulsado do Sindicato Minero y Profesiones Varias de Lousame-Noia, en setembro de 1935, por conspirar contra o Sindicato.

CASAL, Manuel.

Secretario da Sociedad de Empleados Administrativos del Resguardo de Consumos en novembro de 1919, cando a súa fundación.

CASAL, Ramón.

Vocal dos Estibadores de Viveiro en abril de 1932.

CASAL BLANCO, Antonio.

Vocal 1º do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en setembro de 1930. Secretario en xulio de 1931. Nomeado secretario do Sindicato de Peones en General da Coruña en xulio de 1931; residía en Marconi, 12.

CASAL CAMOIRA, Lisardo.

Afiliado número 403 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CASAL CASAS, José (? – Ferrol, 06-09-36).

Nunha listaxe de persoas mortas en Ferrol por agresión á forza pública, elaborada pola Comisaría de Ferrol, morto o 6 de setembro de 1936.

CASAL GARCÍA, Adolfo.

Participou na fundación do Sindicato de Profesiones Varias de Piadela (Betanzos) en xuño de 1936.

CASAL GRANDE, José

En abril de 1917 amosa a súa conformidad cun comunicado dun grupo de militantes que tiñan colaborado económicamente co proxecto da escola racionalista de Ferrol, establecidos en La Línea, se dirixen aos promotores da escola, e en especial a López Bouza, para que envíe os cartos a La Línea para a escola que pretendían facer a cargo de Eusebio C. Carbó. En decembro de 1917 José Casal Grande, desde Filadelfia, tentaba contactar con Páblo Álvarez e Luis Prendes Prendes, aos que situaba en Gibraltar.

CASAL MÍGUEZ, José

En novembro de 1931 foi nomeado secretario do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en Meicende. Nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Pintores para falar co patrono José Rey, sobre o despedimento de Julio Fanego. Secretario do Sindicato en abril e maio de 1932.

CASAL MOSTEIRO, Ramón.

Detido en novembro de 1920 polo petardo colocado no forno de Canalejo; foi posto en libertade sen cargos. Xulgado na Coruña en setembro de 1922 pola agresión a un panadeiro esquirol en febreiro de 1920.

CASAL PORTO, Antonio.

Foi secretario do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en abril, xuño, xulio, setembro, outubro e novembro de 1932. Nunha comisión do sindicato en outubro de 1933.

CASAL RIVERO, Juan

Detido en novembro de 1894 por pelexarse con outro obreiro por unha discusión sobre a folga de douradores da Coruña.

CASAL SANJURJO, Cándido (*)

Asina artigos en “’¡Tierra!” de La Habana desde Camagüey, en abril, maio, xulio, novembro de 1913, xaneiro de 1914.

CASAL TATO, Gumersindo.

Secretario da Sociedad de Sastres de Santiago en decembro de 1924.

CASANOVA, A. (*)

En xulio e agosto de 1902 participaba en mitins dos desocupados en Buenos Aires.

CASANOVA, Francisco.

Vocal do Sindicato de Camareros Marítimos da Coruña en xuño de 1929.

CASANOVA, Francisco

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Juana de Vega, 21, baixo.

CASANOVA, Manuel

Participa nunha suscirición na Batería Naval Antiaérea Número 1 de Almería, en abril de 1938.

CASANOVA, Marcelino (*)

Deportado de Argentina a finais de 1930.

CASANOVA, María

Vocal do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en agosto de 1918.

CASANOVA, Victoria

En setembro de 1932 foi nomeada integrante dunha comisión revisora de contas do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña.

CASANOVA PICADO, Antonio “Manuel Freire” (Betanzos, 1898 – Buenos Aires, 1966).

En 1897 figura no padrón municipal de Betanzos, en Cemiterio, 44, A Ponte Vella, Tiobre. Seu pai Antonio Casanova García era labrador. En 1900 figuraba como nacido en 1898, no mesmo domicilio. A partir de 1905 e até 1920 o domicilio era Nosa Señora do Camiño, 44, 2º, A Ponte Vella, Tiobre; en 1920 a profesión que se lle atribuía era a de labrador e figuraba como ausente. Na súa mocedade emigrou a Argentina, onde se afiliou ao gremio de panadeiros da FORA. Voltou a España usando o nome de “Manuel Freire” ao comezo da guerra civil, combatindo na fronte de Aragón. Internado en campos de concentración franceses, uniuse posteriormente á resistencia contra a invasión alemana. En París dirixiu “Solidaridad Obrera”, voceiro da CNT no exilio, até a súa volta a Argentina, onde militou en grupos anarquistas.

CASANOVA PIÑA, Ramón.

Afiliado á CNT. Detido o 21 de xulio de 1936 no Concello de Ferrol.

CASARES, José.

Organiza unha recadación de cartos para os folguistas da construcción en novembro de 1933, en Cambre.

CASARES PAZ

Alcalde da Coruña, abríu a manifestación pro-amnistía que saiu da praza de touros da Coruña en decembro de 1917.

CASARES QUIROGA, Santiago.

En xaneiro de 1912 defendeu a Faustino Seco, obreiro ferrolán xulgado pola súa participación nun mitin organizado polo Centro de Maestranza no cabodano da Semana Tráxica. En xuño de 1914 xestionabase a súa participación nun mitin polos presos sociais. Segundo Manuel Fernández, ao coñecerse na Coruña as detencións de participantes no Congreso da Paz de Ferrol en 1915, trasladouse a Ferrol para xestionar a libertade dos detidos ou encargarse da súa defensa. En decembro de 1920 publicaba en “Acción Coruñesa” un artigo sobre “La abstención del sindicalismo”. En setembro de 1922 defendeu a varios panadeiros acusados de coaccións; en xaneiro de 1923 fixoo tamén con Juan López Españón, acusado por un artigo publicado en “La Voz del Obrero”. Defendeu ao presidente e meste da escola laica “La Devesana” por asociación ilícita en xulio de 1925, resultando absolto. Participa no mitin do 1º de maio de 1930 en Compostela. Interveu en tres mitins con Pestaña, Villaverde e outros, en setembro de 1930, en Ferrol, Tamberlick vigués e no Linares Rivas da Coruña. Por aquelas datas escondeu a Pestaña no seu chalet de Montrove, por intermediación de Villaverde e Manuel Fernández.

CASARIEGO MONTERO, Gerardo

Detido pola folga da pá en Ferrol en decembro de 1913, por reparto de follas clandestinas, non foi posto en libertade ao rematar a folga até aclarar as circunstancias da detención; tiña 18 anos.

CASAS, Joaquín.

Colabora dende Bagneres de Bigorre nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

CASAS, José.

Militante do Sindicato General de Trabajadores de Vilanova de Arousa. Elexido vocal en decembro de 1931.

CASAS, José Antonio.

Delegado provisional da Agrupación Confederal Galaica en Asturias na 2ª Sección e 3ª Sección da 3ª Compañía do BON 219, en abril de 1937.

CASAS, Juan.

Presidente da Sociedad Agraria de Pravio (Cambre) na súa fundación en abril de 1932.

CASAS DOPICO, Evaristo (Cariño, 1904- ?).

Militante da CNT de Cariño. Fuxido no “Arkale” do porto de Cariño nos primeiros días do levantamento militar. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) en 1937; fora afiliado á CNT. Participa nunha suscrición feita polo corresponsal en Girona para “Galicia Libre” en febreiro de 1938. En agosto de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre” nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Girona. En decembro de 1938 reclamado polo axudante de Mariña de Ortigueira, por rebelión militar. En agosto de 1939 no campo de concentración de Bezières, en Francia. Colabora nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

CASAS FERNÁNDEZ, José.

Mariñeiro, natural de San Ciprián. Asiste a unha reunión do Comité da Agrupación Confederal Galaica e dos Delegados do BON Galicia, en Oviedo, en febreiro de 1937, pola 3ª Compañía. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en abril de 1937. Afiliado número 533 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CASCALLAR, Cipriano

Nomeado contador do Sindicato General de Trabajadores de Riveira o 16 de abril de 1936.

CASCALLAR, Germán.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

CASCALLAR, Valeriano.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

CASCALLAR PARADA, Cipriano.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias afiliado á Federación de Grupos de Xixón.

CASTANHEIRA, Joao.

Tamén como Juan Castiñeira, Juan Castiñeiras, Joao Castanheiras. Posible seudónimo do austríaco José Whiman ou José Wilman. Segundo Edgar Rodrigues, veu ao Congreso da Paz de Ferrol de 1915 xunto a Teófilo Ferreira (Deoclécio Fagundes) e Astrojildo Pereira, e foi fusilado. Segundo as contas do Congreso, a organización pagoulle a fonda desde o 1 ao 18 de abril de 1915 e fíxolle un donativo de 10 pesetas. O 4 de maio de 1915 o xornal madrileño ABC recollía a nova da súa morte, dada polo corresponsal do xornal en Ferrol; expulsado de Ferrol, fora conducido a Vigo para ser embarcado cara ao Brasil. O 12 de maio de 1915 fixose unha manifestación de protesta pola súa morte, en Rio de Janeiro na que falou a súa compañeira Juana Rouco Buela. Segundo a familia de Juana Rouco Buela (a súa filla Poema), Juan Castiñeira era José Whiman, expulsado de Argentina polo Centenario. Juana Rouco recibiu un telegrama de Ferrol o 6 de maio coa noticia da súa morte. O auténtico Castiñeiras tiña sido o primeiro marido de Juana Rouco Buela, co que se tiña casado para sair de Argentina en 1907. Segundo a prensa local, o 1 de maio fora expulsado até Vigo; como antecedente sinalabase a súa expulsión de Barcelona en 1903, considerado como anarquista perigoso. “Solidaridad Obrera” de Barcelona desminte a súa morte a inicios de xulio de 1915.

CASTAÑEDA OCHANTADO, Ángel (Catoira, 1909 – ?).

Mariñeiro do “Cabo San Agustín”, afiliado á CNT, preso no campo de concentración de Karaganda en 1948. Devolto a España, en 1954, xunto aos repatriados da División Azul.

CASTAÑEDA OCHANTADO, Manuel (Catoira, 1901 – ?).

Mariñeiro do “Cabo San Agustín”, afiliado á CNT, preso no campo de concentración de Karaganda en 1948.

CASTAÑO, Manuel

En marzo de 1933 foi elixido vogal do Sindicato Agrario y de Oficios Varios de Lousame.

CASTAÑO CASTRO, Andrés.

Mineiro das minas de Lousame, participou nunha comisión que negociou co gobernador civil unha solución a unha folga, en novembro de 1919.

CASTEDO, Tomás.

Detido en abril de 1934, acusado da queima da igrexa de San Pedro de Nós. Xa fora detido un ano antes polo mesmo motivo.

CASTELAO (*)

En maio de 1902 elixido membro da Comisión Administrativa saínte do Congreso Obrero da FOA.

CASTELAO COSTANZA, Pedro.

Anarquista de A Coruña, o goberno arxentino pedía unha relación dos seus antecedentes políticos en xaneiro de 1904.

CASTELEIRO, F..

Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Mugardos, en xuño de 1933.

CASTELEIRO, José

Participa nunha suscrición feita na Batería Naval Número 2 de Almería a favor de “Galicia Libre” en febreiro e abril de 1938.

CASTELEIRO FEAL, Cipriano (?, 12-03-1913 – ?)

En agosto de 1929 ingresou na Escuela de Aprendices Marineros de Ferrol, para embarcar na “Nautilis”. Marino, estivo no campo de Argelês entre o 3 de xulio de 1940 e o 17 de xulio de 1940, cando saiu para a Compañía de Traballadores Extranxeiros CTE 139. Colabora nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo e para axudar a soster o Secreatariado da CRG, en agosto de 1946.

CASTELEIRO FONTÁN, Avelino (Viveiro, ? – Ferrol, 03-09-1936)

Segundo algunha fonte era do PSOE. Vicesecretario do Sindicato Único de Empleados y Obreros Municipales de Ferrol, en maio de 1936. Nunha listaxe de persoas mortas en Ferrol por agresión á forza pública, elaborada pola Comisaría de Ferrol, morto o 3 de setembro de 1936.

CASTELLO, Juan

Afiliado ao Sindicato de Carboneros “El 1º de Mayo” da Coruña, en setembro de 1932.

CASTELLO, Manuel

Presidente da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en abril de 1916. Exerceu en maio, xuño e outubro de 1916.

CASTELO, Enrique

Vocal da Asociación Tipográfica de A Coruña en xaneiro de 1924. Integrante da Asociación Tipográfica da Coruña, sen traballo en marzo de 1928. Vocal 3º da Asociación Tipográfica de A Coruña en marzo de 1929. Daquela traballaba en “El Ideal Gallego”.

CASTELO, Jacinto

Vocal da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en setembro de 1912.

CASTELO, Manuel

Tesoureiro da Sociedad de Estibadores Terrestres da Coruña en setembro de 1918.

CASTELO, Manuel

Vicepresidente da Sociedad de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en decembro de 1910.

CASTELO, Manuel

Nomeado vocal e delegado de taller do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en xuño de 1931, cando tivo lugar a súa reorganización.

CASTELO, Tomás.

En setembro de 1934 no cárcere da Coruña, asinando unha carta aberta dos presos sociais á organización coruñesa. A maioría deles presos dende decembro de 1933. Xulgado en xaneiro de 1935 polo asalto ao cuartel da garda civil de Oleiros de decembro de 1933, foi condenado a seis meses e un día de cárcere.

CASTELO, Vicente.

Vicepresidente fundador da Asociación Tipográfica de A Coruña en maio de 1892. Presidente da Asociación Tipográfica en setembro dde 1894, cando o tipógrafo Gabriel Parral se suicidou deixou unha carta para el. Presidente da Asociación Tipográfica de A Coruña en marzo de 1895.

CASTELO, Vicente.

En 1933 “Tierra y Libertad” lle comunica que lle enviaban o xornal con normalidade. Suscriptor de “La Revista Blanca” en abril de 1933. Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Loiba-Ortigueira, en xulio de 1933. Dende Loiba-Ortigueira, enviou catro libros á Escuela Racionalista de Ferrol en agosto de 1935.

CASTELO BAYO, Fermín

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Juan Flórez, Barbería.

CASTELO CORTÉS, Santiago

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Panaderas, El Ocaso.

CASTELO DÍAZ, Vicente (?, 1892 – ?).

Membro da directiva da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítmos “La Cosmopolita” da Coruña en febreiro de 1922. Membro da Sección de Enfermeros Marítimos do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en abril de 1928. Delegado de Embarque do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en maio de 1934. Nesa época era secretario do Sindicato.

CASTELO DOLDÁN, Encarnación.

Obreira folguista detida en xulio de 1922 por agredir a unha recadeira da fábrica de trapos e metais da Coruña

CASTELO PASADIN, Enrique

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Arturo Casares, 44, 3º.

CASTELO RILO, Manuel.

Na comisión revisora de contas do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en outubro de 1931. Integra comisións do sindicato en xaneiro e outubro de 1933. En abril de 1933 figura como vicepresidente do mesmo.

CASTELO VILLAVERDE, José.

Ferreiro. Xulgado en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

CASTILLA DÍAZ, Manuel.

Afiliado número 406 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CASTILLO.

Participou nun pleno da Federación de Trabajadores de Tui en abril de 1933.Traballador do taller onde se publicaba o semanario “Tribuna”, éste denunciou que deixara de traballar para eles por orde da Federación de Trabajadores, provocando a suspensión durante unha semán..

CASTILLO.

Preside un mitin en Porriño en abril de 1936.

CASTILLO, Enrique.

Traballador de “El Ideal Gallego”, en abril de 1936 pide a baixa na Asociación Tipográfica.

CASTILLO, Manuel.

Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908.

CASTILLO BARREIRO, Aurelio “El Dandy”, “El Santanderino” “El Noy”.

Albañil. Presidente do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en xaneiro de 1933. Presidente do Sindicato da CNT antes do golpe militar, en xulio formaba parte da directiva do mesmo. Acusado da voadura do Ponte Novo de Betanzos, na carreteira de Betanzos-A Coruña, en xulio de 1936, colocando un tubo con dinamita no mesmo. Foi condenado a morte en agosto de 1937.

CASTILLO GARCÍA, Adelardo (?, 1895 – ?).

Andaluz. Mineiro de Lousame, afiliado ao Sindicato Minero. Foi ferido na Coruña en xulio de 1936. A causa contra el foi sobreseida, quedando detido a disposición do Delegado de Orden Público.

CASTILLO JUANES, Victoriano (Mieres-Asturias, 1921 – ?).

Axustador caldereiro do Parque de Artillería da Coruña. Ofreceronlle participar na recadación de cartos para a CNT clandestina en 1946, mais rexeitou.

CASTILLO SOTO, José

Capitán da Segunda Compañía do Batallón “Celta” 30º Euzkadi 6º CNT.

CASTILLO SOUTELO, Adriano del “Chacón” (A Coruña, 1905 – Gusen, 24-04-41).

Tamén sae como Adrián Santos. Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Orzán, 193, 1º. Vendedor de panos ao “pataconeiro” Tesoureiro-contador do Partido Sindicalista de A Coruña en abril de 1936. Cotizou para axudar a Baella e outros militantes libertarios. Coa caída deste, agachouse tamén, sendo reclamado na causa 1007/37. Reclamado pola fuxida no “Esperanza”, “Lourdes” e os “Fragios” en xulio do 37. En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Barcelona. Morto no campo de concentración de Gusen en abril de 1941. En decembro de 1950 o seu irmao Julián del Castillo Parra tramitaba a súa declaración de falecemento, por terse ausentando en 1936.

CASTIÑEIRA, Cándido (*)

Militante do Sindicato de Transporte Marítimo de Barcelona antes da guerra. Morreu no exilio o 9 de abril de 1959, en Chateaudun.

CASTIÑEIRA, Joaquín.

O 15 de xulio de 1945 participou nun acto público na sala de conferencias de Pantín-Belleus en París, en nome dos deportados españois. Colabora dende Bagneres de Bigorre nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946. En xulio de 1948 tentaba contactar con Félix Soto, de Ferrol, que estivera deportado nos campos nazis. En xaneiro de 1959, Eduardo Herrera tentaba contactar con el a través do xornal “CNT”; era da Graña e estivera nun campo de exterminio en Alemania.

CASTIÑEIRA, Juan.

En abril de 1936 matiña correspondencia con José Grande Juncal a través de “Solidaridad”.

CASTIÑEIRA GONZÁLEZ, José.

Detido en Paramos-Tui en novembro de 1922, por impedir a chegada de productos ao mercado na folga agraria.

CASTIÑEIRAS, Abel.

Secretario na primeira xunta directiva do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Neaño (Cabana) en abril de 1936.

CASTIÑEIRAS, Emilio.

Bibliotecario da Asociación Tipográfica de A Coruña en febreiro de 1912.

CASTIÑEIRAS, José

En abril de 1917 foi nomeado tesoureiro da Sociedad de Carpinteros de Santiago.

CASTIÑEIRAS, José.

Elexido vicesecretario do SOV de Camariñas en xuño de 1936.

CASTIÑEIRAS, Juan (*)

Cigarreiro, deportado de Argentina a finais de 1930.

CASTIÑEIRAS, Francisco “Cuchiman” ou “Bolichero”.

Pai de Juan e Antonio Castiñeiras Galán, presuntamente fuxidos no “Mascota” en setembro de 1937. Vendía gaseosas no muelle da Palloza.

CASTIÑEIRAS, Manuel.

Secretario da Agrupación do Partido Sindicalista en Mondoñedo, en maio de 1936.

CASTIÑEIRAS ÁLVAREZ, Ramón.

Nunha comisión do “Despertar Marítimo” da Coruña en xulio de 1935.

CASTIÑEIRAS GALÁN, Antonio (A Coruña, 17-05-1912 – ?)

Barbeiro na Gaiteira. As investigacións sinalabano como un dos que se fugou no “Mascota” en setembro do 37, xunto ao seu irmao Juan. Seu pai era Francisco Castiñeiras “Cuchimán”, vendedor de gaseosas. Fillo de Francisco e Carmen, nacido na Coruña, domicilio en Gaiteira, 9, perruqueiro, estivo no campo de Argelès e saiu o 7 de decembro de 1939, para integrarse no GTE 129 e 148 de Bouches du Rhône.

CASTIÑEIRAS GALÁN, Juan.

Fogoneiro no “Mascota” até o 15 de agosto de 1937. As investigacións sinalabano como un dos que se fugou no “Mascota” en setembro do 37. Seu irmao Antonio, presunto implicado na fuga, era barbeiro na Gaiteira. Seu pai era Francisco Castiñeiras “Cuchimán”, vendedor de gaseosas. Despois de chegar a Francia pasou a zona republicana. Ao fin da guerra pasou novamente a Francia. En agosto de 1939 no campo de concentración de Barcarès, en Francia. Procedente dunha compañía de traballadores, estivo no campo de Argelès entre o 5 e o 8 de febreiro de 1940, e saiu para traballar na compañía Campenon et Bernard en Brest. Dende o campo de concentración voltou novamente a España sendo internado no campo de Miranda de Ebro-Burgos. Posto en libertade, voltou cara A Coruña, onde foi novamente detido e posto a disposición da Comandancia de Marina, sendo xulgado e sentenciado á pena de 30 anos, máis tarde conmutada pola de vintecinco. En marzo de 1942 na Prisión Provincial da Coruña. Dende abril de 1944 en prisión atenuada. Finalmente saiu da cadea en xulio de 1945. Na primaveira de 1947 contactou con José López (a quen coñecía anteriormente dos anos 30 a 33) e Miguel Sangenís, que viñan de Madrid a reorganizar a FL da Coruña. Acusado en 1947 de recibir a visita dun enviado do Comité Nacional para reorganizar a CRG. En agosto de 1947 foi sobreseida a causa contra el.

CASTIÑEIRAS REDONDO, Jesús.

Veciño da vila de Negreira. Membro do Sindicato Minero de Lousame, procesado en rebeldía polos incidentes de Noia. Afiliado ao Sindicato Minero de San Finx, tomou parte na marcha sobre Santiago e A Coruña. Condenado á pena de morte en maio de 1937.

CASTIÑEIRAS VÁZQUEZ, Abelardo.

Vocal do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en novembro de 1932. Vocal do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en abril de 1934.

CASTRILLÓN MOURIZ, Serafín (? – ?-Cuba, 07-02-1919)

Fillo de Antonio e Juana, natural de Ferrol, de 25 anos, solteiro, químico, pelo castaño, ollos pardos, nariz regular, barba escasa, estatura regular, vivía con Rafaela Carrillo sen ter fillos. En maio de 1909 participou en mitins das planchadoras de La Habana en folga; despois dun dos actos foron asaltados varios trens de lavado e detiveron a 22 mulleres e a tres homes, entre eles Serafín Castrillón; a maior parte das mulleres detidas eran de cor; foron liberados despois de dous meses de encarceramento. En outubro de 1911 chegou a Vigo integrando un grupo de dez expulsados de Cuba, conceptuados como anarquistas. Era dependente de comercio. En setembro de 1912 a Secretaría de Gobernación de Cuba tentaba averiguar se como anarquista expulsado tiña dereito a voto nas vindeiras eleccións. Segundo as autoridades cubanas, estivera preso en Barcelona no castelo de Montjuich, acusado de lanzar unha bomba na rúa San Fernando, perto do concello de Barcelona. Nunha listaxe de anarquistas españoles en Cuba feita por Amparo Sánchez Cobos. Procedente de Galiza, de 24 anos, solteiro, dependente. Nunha listaxe de españois falecidos no extranxeiro, asinada polo cónsul en La Habana, como falecido o 7 de febreiro de 1919; tiña 32 anos, era solteiro, dependente, fillo de Antonio e Juana.

CASTRIZ, Cayetano.

Presidiu unha reunión dos ferroviarios na Coruña en decembro de 1912. Presidente do Centro Obrero de Cultura de Ferrol, visitou como tal á Coruña en agosto de 1915, na excursión da Universidad Popular. Delegado da Asociación Tipográfica de A Coruña en xuño de 1916. Detido por atentado ao libre exercicio de cultos, foi liberado a finais de outubro de 1917. Presidente da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1918. En decembro de 1918 asina un comunicado como Delegado da Federación de Obreros de la Navegación y del Transporte interpelando aos deputados sobre as axudas ás vítimas dos submarinos. Representou á Sociedad de Obreras Cigarreras “La Nueva Aurora”, Asociación Tipográfica e Asociación de Litógrafos da Coruña no Congreso da Comedia de Madrid en 1919. Deportado a Ballanás despois da represión na Coruña en 1919. Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos. Rumoreábase que estaba entre os detidos en xulio de 1920. Embarcou como enfermeiro do Vapor “Zeelandia” en xulio de 1928.

CASTRO (*)

En abril de 1902 “La Protesta Humana” informa da súa participación no Segundo Congreso Gremial, organizado pola Federación Obrera representando aos panaderos de Córdoba.

CASTRO, A.

Paqueteiro de “Solidaridad” en Ribadavia en xulio de 1936.

CASTRO, Alfredo.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Juan Castro Mosquera, 46, baixo. Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en outubro de 1908. Secretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en setembro, outubro e decembro de 1909. Presidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xulio de 1913 e decembro de 1915; vicesecretario en outubro de 1917. Vicesecretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en novembro de 1917; tiña o domicilio en Juan Castro Mosquera, 28. Presidente novamente en xaneiro de 1919.

CASTRO, Alfonso.

Colabora en “Germinal” dende Ferrol en novembro de 1904 e xulio de 1905.

CASTRO, Amalio del

Asina artigos en “¡Tierra!” de La Habana en febreiro, marzo, maio, xulio, setembro, novembro e decembro de 1905, xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xulio, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro de 1906, e xaneiro, marzo de 1907.

CASTRO, Antonio

Dedicanlle un artigo en “¡Tierra!” de La Habana en marzo de 1905. En decembro de 1905 polemizan con el no xornal “¡Tierra!”. En xulio de 1909 Arturo Niale contesta a un artigo seu publicado na “Tribuna Obrera” do xornal “El Mundo”.

CASTRO, Antonio.

Presidente da CNT de Vilavella-A Mezquita, participou na resistencia contra o golpe militar. Despois desapareceu da zona.

CASTRO, Baldomero.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios de Noia y su Comarca en maio de 1932.

CASTRO, Benito (*)

Anarquista español, guillotinado en Bordeaux en xaneiro de 1926. Tiña 32 anos. Estaba acusado do asalto a unha fábrica de móbeis, no que morreran dúas persoas. Segundo “El Compostelano” nacera en Villafranca e era panadeiro. Até os 20 anos vivira co seu pai e irmás. En 1915 estaba en Bordeaux, onde foi condenado a tres meses de prisión por roubo e foi expulsado de Francia. Retornou baixo o nome de Matías Gil, vivindo en Bordeaux e Reims, onde foi condenado por unha segunda vez. Despois viviu en París até que foi a Bordeaux a cometer o roubo. Ao ser executado gritou “Viva a anarquía!”. Foi enterrado no cemiterio do norte de Bordeaux.

CASTRO, Bernardo

Contador da Liga Internacional Racionalista para la Educación de la Infancia de la Isla de Cuba en xulio de 1910.

CASTRO, David

Avogado, exerceu a acusación particular no caso da morte do obreiro Manuel Manteo Piñeiro N., e en novembro de 1932 daba contas da absolución do axente de vixilancia acusado, diante da asamblea do Sindicato de Peones da Coruña.

CASTRO, E. (*)

Secretario da Sociedad de Obreros del Puerto y Ribera de Rosario de Santa Fé en decembro de 1903.

CASTRO, Emilia

Compañeira da Coruña, que xunto ao seu compañeiro Jesús Blanco, levou aos seus fillos xemelgos ao rexistro civil; un deles morreu e aínda que os abós o tiñan bautizado, enterrarono civilmente.

CASTRO, Emilio (*)

En maio de 1902 “La Protesta Humana” comunica que a correspondencia que recibía Emilio Castrodo grupo “Librepensadores” de Rosario debe dirixirse agora a Domingo Domínguez.

CASTRO, Enrique (*)

En novembro de 1924 asinaba un artigo en “Cultura Obrera” de New York..

CASTRO, Enrique.

Polo Sindicato de Albañiles na Comisión Revisora do Ramo de Construcción da Coruña na folga do sector en decembro de 1933. Representou ao Sindicato de Albañiles da Coruña no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935. Participou nunha ponencia sobre escolas racionalistas do Congreso da CRG de Ourense en decembro de 1935. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato do Ramo da Construcción da Coruña.

CASTRO, F.

En abril de 1900 asina unha suscripción en “El Nuevo Ideal”.

CASTRO, F. (*)

En xulio e agosto de 1902 “La Protesta Humana” informa da súa participación nun mitin dos desocupados.

CASTRO, Federico

En abril de 1917 “Cultura Obrera” informaba de que se fixera cargo da secretaría da Local Nº 100 en sustitución do dimitido Manuel Rey..

CASTRO, Fermín de.

Cenetista de Monforte. Envía ao diario CNT unha crónica dun mitin de Villaverde, Moreno e Cernuda en Monforte en outubro de 1933.

CASTRO, Francisco.

Nunha lista de milicianos do Sindicato Único “La Progresión” de Erandio, que traballan no pesqueiro “Cántabro Nº 2”, en Euzkadi, no tempo da guerra civil. 26 anos. De Escarabote. Mariñeiro.

CASTRO, Gerardo (*)

Fora director de “La Voz del Dependiente”, segundo un artigo de “El Dependiente” en setembro de 1913. En marzo de 1915 era membro da Comisión de Glosa da Sociedad de Dependientes de Restaurants, Hoteles y Fondas de La Habana. En novembro de 1915 Aquilino López o critica fortemente por un asunto de cartos e unhas manifestacións que Castro fixera nunha xuntanza da Sociedad.

CASTRO, J.

En xulio de 1910 mantén correspondenica con “Tierra y Libertad” desde Vigo.

CASTRO, J. A. (*)

En setembro de 1903 asina un artigo en “La Protesta Humana”, desde Mendoza.

CASTRO, J. Alberto (*)

Asina artigos en “La Protesta” en abril de 1904.

CASTRO, Jacobo

En maio de 1908 foi nomeado sercretario do Centro Estradense Pro Enseñanza Laica de Buenos Aires.

CASTRO, Jesús.

Participou nunha reunión do Sindicato de Canteros da Coruña en outubro de 1928 e xuño de 1929.

CASTRO, José (*)

En xuño de 1900 era contador da Sociedad de Carpinteros y sus Similares de La Habana.

CASTRO, José (*)

En setembro de 1923 foi asasinado en Tandil; solteiro, revolucionario desde había 12 anos, integrante da Unión Sindical Argentina.

CASTRO, José

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

CASTRO, José.

En marzo de 1918 foi elixido vocal da Sociedad de Canteros da Coruña.

CASTRO, José.

Vocal da Sociedad de Latoneros y Similares “La Luminosa” da Coruña en decembro de 1918, cando tivo lugar a súa fundación.

CASTRO, José

En xaneiro de 1928 asina un artigo en “Cultura Proletaria” de New York. En xaneiro, febreiro, marzo de 1929 asina artigos en “Cultura Proletaria” de New York. Naturista de Pontevedra, director da Colonia Naturista de Torrente-Valencia, mestre de Antonio Guede Quintas..

CASTRO, José.

Vocal do Sindicato de Obreros Municipales “La Aurora” da Coruña en xuño de 1931.

CASTRO, José.

Detido en febreiro de 1933 en Vigo, sospeitoso da explosión de bombas en domicilio de esquirois.

CASTRO, José.

Traballador de Vilacoba-Noia, foi cos mineiros de Lousame até Compostela, mais dalí foi de volta para Noia.

CASTRO, José

En xaneiro de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

CASTRO, José

Participa nunha suscirición na Batería Naval Antiaérea Número 1 de Almería, en abril de 1938.

CASTRO, José María.

Vicesecretario fundador da Asociación Tipográfica de A Coruña en maio de 1892. No mitin do 1º de maio de 1900 na Coruña participaron Marcial Lores, José María Castro, Vicente Vázquez, Francisco Vázquez e Francisco Lorenzo pola Sociedad de Tipógrafos. Contador da Asociación Tipográfica de A Coruña en febreiro de 1903 e decembro de 1909.

CASTRO, Luis.

Militante da Regional Centro da CNT, participou nun mitin no Teatro Losada de Ourense en decembro de 1932.

CASTRO, Luis

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Estrella, 47.

CASTRO, M.

Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Vilagarcía en novembro de 1932.

CASTRO, Manuel.

Celador 1º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en maio de 1906.

CASTRO, Manuel (*)

Membro do Grupo Artístico Dicente, “Cultura Proletaria” de New York indicaba en febreiro de 1928 que estaba doente, e se abría unha suscrición para envialo a el e á súa familia a Cuba, onde podería repoñerse.

CASTRO, Manuel.

Vocal do Sindicato General de Trabajadores de Lugo en maio de 1932.

CASTRO, Manuel.

Presidente da Sociedad de Obreros Panaderos de Santiago en outubro de 1924.

CASTRO, Manuel.

Asina o regulamento da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en maio de 1900.

CASTRO, Manuel.

Vocal do Ateneo Libertario Sindicalista de Vigo na súa fundación, en xulio de 1931.

CASTRO, Manuel

En marzo de 1933 foi elixido tesoureiro do Sindicato Agrario y de Oficios Varios de Lousame.

CASTRO, Manuel.

En setembro de 1934 no cárcere da Coruña, asinando unha carta aberta dos presos sociais á organización coruñesa. A maioría deles presos dende decembro de 1933.

CASTRO, Manuel Eugenio (1911 – ?).

Traballador de “El Ideal Gallego”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

CASTRO, Manuela

En setembro de 1891 participa nunha suscripción de “El Corsario” polos presos en Cádiz.

CASTRO, Manuela.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

CASTRO, María Luisa.

Colabora en “Solidaridad Obrera” da Coruña en xulio de 1934, dirixindose ás mulleres.

CASTRO, P. (*)

Asistente ao Congreso Regional de Zaragoza en abril de 1872. Era tipógrafo. Citado no folletín de “El Proletariado Militante”.

CASTRO, Ramón

Participa nunha suscrición de “El Corsario” para os presos de Cádiz en outubro de 1891, calificándose como “un librepensador”.

CASTRO, Ramón (*)

Vogal da Sociedad de Resistencia de Conductores de Conductores de Vehículos de Mendoza en novembro de 1903.

CASTRO, Ramón.

En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908.

CASTRO, Ramón

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Vereda do Polvorín, 21; tamén sae en Vereda del Polvorín, 19, baixo.

CASTRO, Ricardo.

Vocal 2º do Sindicato de Boteros da Coruña en agosto de 1921.En xuño de 1926 presidía unha xuntanza do Sindicato de Boteros da Coruña.

CASTRO, Ricardo

Acusado de formar parte dun grupo “soviético” da parroquia de Bealo-Boiro, que en xaneiro de 1923 desfixera un viveiro do crego da parroquia.

CASTRO, Ricardo.

Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Ferrol, en decembro de 1932 e xaneiro, febreiro abril xuño e xulio de 1933.

CASTRO, Valentín.

Detido en novembro de 1922 pola colocación dunha bomba na redacción do xornal “La Integridad” de Tui.

CASTRO, Ventura

En marzo de 1933 foi elixido vicesecretario do Sindicato Agrario y de Oficios Varios de Lousame.

CASTRO ÁLVAREZ, Ángel

Maquinista. Representou ao “Despertar Marítimo”, na reunión constituinte da Federación Marítima del Litoral Gallego, celebrada en Compostela en decembro de 1925. Asina un artigo en ¡Despertad! en setembro de 1929. En decembro de 1929 asina un artigo en ¡Despertad! sobre a sociedad “La Naval” de Barcelona. En novembro de 1935 chamaba á reorganización da FNIP en “Solidaridad” de A Coruña. Colabora en “Solidaridad” en decembro de 1935. Vocal da Sección de Maquinistas no Sindicato de Flota Pesquera “El Despertar Marítimo” da Coruña en decembro de 1935. Representou aos Sindicatos “Despertar Marítimo” e Conserveras y Empacadoras da Coruña no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935. Colabora en “Solidaridad” en xaneiro de 1936. Presidiu reunións do “Despertar Marítimo” en xaneiro, abril e maio de 1936. Falou no mitin da praza de touros da Coruña o 18 de xulio de 1936.

CASTRO ALEMPARTE, Genara

En setembro de 1934 foi nomeada vogal do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña; enderezo en Monelos, 61.

CASTRO AÑÓN, José (A Coruña, 12-10-18 – ?).

Pintor, da Silva, afiliado á CNT e membro do CES “Resplandor en el abismo”. Detido pola fuga do Monte de San Pedro, en marzo de 1937, foi condenado a reclusión perpetua.

CASTRO ARES, José.

En outubro de 1907 fixo un donativo ao xornal “Tierra y Libertad” desde Betanzos.

CASTRO ARES, José.

Segundo Pedro López Castro, en 1945 foi un dos participantes na reorganización da CNT en Ferrol. Morreu pouco tempo despois.

CASTRO BABÍO, Antonio (A Coruña, 1915 – ?)

Xulgado en marzo de 1936 por tentativa de incendio no convento dos pais Redentoristas; fillo de Antonio e Rufina, 21 anos, natural da parroquia de San Jorge da Coruña, e veciño da Vereda del Polvorín, 25, da Coruña. Na comisión organizadora do Ateneo Libertario “Generación Consciente” en maio de 1936.

CASTRO BARREIRO, Generoso.

Presidente do Sindicato de Marineros y Fogoneros de Bouzas, detido en Ferrol en decembro de 1920 por coaccións aos tripulantes de vapores de pesca.

CASTRO BARRÓS, Francisco (? – ?, 17-11-1915)

Estudante de medicina na Universidad de Santiago, entre os anos 1897 e 1915. En setembro e novembro de 1901 “La Protesta” de La Línea publica artigos seus desde Ferrol. En xaneiro de 1904 asina un artigo en “El Rebelde” de Madrid. Estudante anarquista, foi denunciado por inxurias ao exército despois do mitin ferreirsta no pavillón do Centro Gallego da Exposición en outubro de 1910. Foi detido e ingresou na cadea. Ao día seguinte foi curado dunhas feridas nun brazo que el mesmo se fixo. Foi posto en libertade o 21 de novembro. En outubro de 1913 “Tierra y Libertad” publica unha denuncia desde Sama de Langreo de que pasou por aquela localidade e con dirección a Barcelona un individuo que actuaba baixo os nomes de Francisco Castro, Juan Castro e Salvador Rodríguez, que se presentaba como ex-estudiante de mediciña e perseguido e que nin era obreiro nin compañeiro. Faleceu o 17 de novembro de 1915.

CASTRO BELLÓN, Jesús.

Vicesecretario do Sindicato General de Trabajadores de Lugo en outubro de 1931.

CASTRO BLANCO, José.

Veciño do Coto-Noia. Afiliado ao Sindicato de Oficios Varios da CNT de Noia.

CASTRO BLANCO, Manuel.

Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921.

CASTRO CASAL, Manuel (1911 – ?).

Traballador da Imprenta Nós, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

CASTRO CASTRO, Manuel (?-Pontevedra, 09-11-14 – ?).

Carniceiro, da CNT, solteiro, fillo de Manuel e Herminia, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en novembro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía.

CASTRO CASTRO, Marcelino.

Secretario na primeira xunta directiva do Sindicato de Oficios Varios de Carballo en xuño de 1931.

CASTRO CASTRO, Ramiro.

Secretario do Sindicato de Oficios Varios de Carballo en marzo de 1932.

CASTRO CEDRÓN, Manuel.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en praza de Pontevedra, 14, 1º. Secretario do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña de xuño a setembro de 1934.

CASTRO CONCHADO, Ricardo

Zapateiro, nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi detido por estar nas inmediacións da fábrica de Puig en actitude hostil.

CASTRO CONDE, Vicente

Nunha listaxe de anarquistas españoles en Cuba feita por Amparo Sánchez Cobos. Procedente de Galiza, de 30 anos, solteiro, panadeiro.

CASTRO COSTALES, Antonio.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Miliciano voluntario do Batallón Disciplinario de Euzkadi, 1ª Compañía de Zapadores. Da CNT.

CASTRO COUCEIRO, Juan

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Juan Castro Mosquera, 40, baixo.

CASTRO COUSO, Víctor.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Juan Flórez. Vocal do Sindicato de Hojalateros da Coruña en xaneiro de 1933. Secretario do Sindicato de Hojalateros de novembro de 1933 a outubro de 1934.

CASTRO FERNÁNDEZ, Antonio

Nunha listaxe de anarquistas españoles en Cuba feita por Amparo Sánchez Cobos. Procedente de Galiza, de 36 anos, solteiro, planchador.

CASTRO FERNÁNDEZ, Antonio.

Afiliado número 333 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CASTRO FERNÁNDEZ, José

Dende Ferrol asina un manifesto anarquista lembrando aos mártires de Chicago o 11 de novembro de 1888. En novembro de 1888 mantén correspondencia con “La Solidaridad” de Sevilla. En setembro de 1890 “El Productor” informaba do seu falecemento, cando só contaba 26 anos; foi ateo e anarquisto até a súa morte.

CASTRO FERNÁNDEZ, José.

Detido como presunto autor dun atentado con bombas en Panxón no domicilio de dous esquirois, en febreiro de 1933, foi conducido ao cárcere de Vigo

CASTRO FERNÁNDEZ, Ricardo.

Membro do Sindicato de Boteros da Coruña. Participou na tentativa de fuxida na trainera “Tres Hermanos”, sendo detido por elo e condenado a reclusión perpetua o 16-11-38.

CASTRO FRAGA, José (*)

En xaneiro de 1912 era vogal da Unión de Dependientes de Café de La Habana. No número especial de “El Dependiente” polo cabodano da Unión de Dependientes de Cafés de La Habana en marzo de 1913, era sinalado (con fotografía) como folguista do café “Ambos Mundos” e directivo da sociedade.

CASTRO GALLARDO, Cipriano.

Xulgado en febreiro de 1935 por atentado á garda civil en Boiro en 1933, despois das eleccións.

CASTRO GARCÍA, David

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en San Andrés, 149, 1º.

CASTRO GARCÍA, Fidel (Mugardos-A Coruña, 1913 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

CASTRO GANDOY, Antonio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

CASTRO GÓMEZ, Demetrio.

Afiliado número 329 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CASTRO GONZÁLEZ, Antonio (Monforte, 1916 – ?)

Camareiro cenetista de Monforte. En outubro de 1932 denuncia a detención do corresponsal de “El Luchador” en Monforte, falsamente acusado dun roubo. En abril de 1933 intervén nun mitin do Sindicato “El Despertar Campesino”. Detido o 9 de maio de 1933, foi trasladado ao cárcere de Lugo o 27 de xulio. En Lugo en setembro de 1933. Víctima da persecución das autoridades en agosto de 1934, por pretender recaudar cartos para organizar un mitin anarquista. Detido en setembro de 1934 xunto ao seu pai, paqueteiro do diario CNT, por vocear o xornal. Coñeceu a Federica Montseny cando tivo lugar o seu mitin en Lugo en decembro de 1935. En xaneiro de 1936 mantiña correspondnecia con “La Protesta” de Madrid. Procesado e condenado despois de xulio de 1936. Ingresou no cárcere de Lugo o 18 de maio de 1937, foi procesado por rebelión na causa 708/37, castigado a catro anos de recarga no servicio e conducido ao cárcere de Leganés.

CASTRO GUERRA, Julio.

Na comisión organizadora do Ateneo Libertario “Generación Consciente” en maio de 1936.

CASTRO HERMIDA, José (Mugardos, 1913 – )

Natural de Mugardos, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 16 de febreiro de 1932 e foi liberado o 22 do mesmo mes.

CASTRO LEIRA, Leandro.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 213. Delegado polo seu Grupo no Batallón en setembro de 1937.

CASTRO LÓPEZ, Juan (Pobra do Caramiñal, 1906 – ?).

Mariñeiro do “Cabo San Agustín”, afiliado á CNT, preso no campo de concentración de Karaganda en 1948. Devolto a España, en 1954, xunto aos repatriados da División Azul.

CASTRO LOUREIRO, Socorro

Veciña de Neda, procesada por coacción e daños con ocasión da folga textil de Xuvia en maio de 1923.

CASTRO MARTA, Manuel

Tesoureiro do Sindicato de Carpinteros “La Emancipación” da Coruña para o primeiro semestre de 1929. Participa nunha reunión do Sindicato de Carpinteros “La emancipación” en agosto de 1929.

CASTRO MUIÑOS, Raimundo (A Coruña, 1873 – )

Participou nun mitin no Centro Obrero de Ferrol en xulio de 1912, para promover a creación dunha escola racionalista. En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos. En novembro de 1912 mantén correspondencia con “El Libertario” de Gijón. En xaneiro de 1913 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Ferrol. En maio, xuño de 1913 mantén correspondencia con “Acción Libertaria” de Madrid, desde Ferrol. En xulio de 1913 asina unha comunicación como secretario xeral do Ateneo Obrero Sindicalista (Sección Varia) pedindo a outros ateneos sindicalistas modelos de regulamentos; enderezo en Cantón de Molíns, 8. En abril de 1914 abríu un mitin do Ateneo Obrero Sindicalista de Ferrol polos presos políticos e sociais. En xulio de 1914 foi detido por unha liorta diante do centro obreiro, foi liberado a inicios de agosto. En novembro de 1914 declarou como testigo nun proceso contra Miguel D’Lom por inxurias á autoridade. En novembro de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona. En febreiro de 1915 asina unha subscripción para enxugar o déficit de “Solidaridad Obrera” de Barcelona. En febreiro de 1915 participa nun mitin antiguerreiro no Teatro Romea de Ferrol. En marzo de 1915 asina un artigo en “Cultura Libertaria” como R.C. En novembro de 1915 comunica que cambia de enderezo a Taxonera, 7, baixo. En febreiro e marzo de 1916 tiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona. En abril de 1916 participou nun sorteo de lotes de publicacións entre os compradores dos folletos da Biblioteca “Aurora”. Gañador dun sorteo da Biblioteca “Aurora” en maio de 1916. En setembro de 1916 comunica que a correspondencia que se lle dirixa vai ao seu novo enderezo en Pardo Bajo, 21, baixo. En outubro de 1916 enviaba cantidades a “El Hombre Libre” de Madrid, dende Ferrol. En abril de 1917 amosa a súa conformidade cun comunicado dun grupo de militantes que tiñan colaborado económicamente co proxecto da escola racionalista de Ferrol, establecidos en La Línea, se dirixen aos promotores da escola, e en especial a López Bouza, para que envíe os cartos a La Línea para a escola que pretendían facer a cargo de Eusebio C. Carbó. En decembro de 1917 Enrique Taboada Chas desexaba contactar con el a través do xornal “La Voz del Obrero”. Participa nun mitin Pro-Amnistía no Teatro Jofre de Ferrol, o 5 de abril de 1931. Preside unha asamblea para protestar polos despidos na Constructora en novembro de 1931. Natural da Coruña, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 16 de febreiro de 1932 e foi liberado o 22 do mesmo mes.

CASTRO NOGUEIRA, José

Vocal 2º do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en marzo de 1934.

CASTRO PANTÍN, Jesús

Na comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios de Leiro-Miño en xuño de 1936.

CASTRO PATIÑO, Enrique

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Caballeros, 30; noutra listaxe sae con enderezo en Caballeros, 46, 2º.

CASTRO PÉREZ, Baldomero

Vocal da directiva do SOV de Noia na súa fundación, en maio de 1932.

CASTRO PÉREZ, manuel (*)

Parador, deportado de Argentina a finais de 1930.

CASTRO PÉREZ, Manuel “O Rato” (Noia, 11-08-11 – ?)

Mariñeiro de Noia afiliado SOV Noia dende 1931. Fuxido nos bous “Santa Eulalia” e “Santa Rosa”, combatiu no BON 219 de Asturias até a caída do frente. Mariñeiro, solteiro, da CNT, fillo de José e Ramona, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en xaneiro de 1937 e foi soldado nel. Loitou nos frentes de Colloto, Trecha, Bilbao, Santander e San Isidro. Tentou voltar a Galiza por León, mais foi detido en Vega de Viejos, en outubro de 1937. En marzo de 1938 foi condenado a morte, ainda que despois a pena foille conmutada pola de reclusión perpetua.

CASTRO DEL RÍO, Plácido Ramón.

En maio de 1934, saúda a creación do Partido Sindicalista no xornal “El Pueblo Gallego”, polas súas ideas federalistas. Contesta a unha enquisa de “La Calle” en abril de 1936.

CASTRO RIVAS, Antonio.

Membro da directiva da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítmos “La Cosmopolita” da Coruña en febreiro de 1922.

CASTRO RODRÍGUEZ, Elena (*)

En maio de 1898 mantén correspondencia con “La Protesta Humana” desde Laboulage.

CASTRO RODRÍGUEZ, José.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, por coacción.

CASTRO RODRÍGUEZ, Manuel.

Nomeado presidente da Sociedad de Cajonistas da Coruña en xuño de 1915.

CASTRO RODRÍGUEZ, Ramón (A Coruña, 1905 – ?).

Fogoneiro, afiliado ao “Despertar Marítimo”, foi un dos organizadores da tentativa de fuga do boniteiro “Explorador”, no que traballaba en agosto de 1937. Condenado a 15 anos de cárcere en novembro de 1937.

CASTRO SANJURJO, José.

En outubro de 1934, foi denunciado como participante nunha reunión de militantes anarcosindicalistas que preparou o movemento de decembro de 1933.

CASTRO SANJURJO, Manuel (Ferrol, 1906 – 21-08-1936).

Natural de Ferrol, veciño da rúa San Francisco, 11, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 8 de decembro de 1932 por un delito de atentado, e foi liberado o 11 do mesmo mes. Barbeiro. Natural de Ferrol, veciño da rúa San Francisco, 11, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 26 de maio de 1933 por un delito de reparto de follas subversivas, e foi liberado o día 29 do mesmo mes. Detido a finais de maio de 1933 en Ferrol, implicado no reparto de follas clandestinas da CNT; saleu en libertade aos poucos días. Natural de Ferrol, veciño da rúa San Francisco, 11, Ferrol. Barbeiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de decembro de 1933 por un delito de colocación de explosivos, e foi liberado o 19 de xaneiro de 1934. Detido na folga xeral de decembro de 1933 en Ferrol, foi ingresado no cárcere do partido. Nunha listaxe de persoas mortas en Ferrol por agresión á forza pública, elaborada pola Comisaría de Ferrol, morto o 21 de agosto de 1936.

CASTRO SANTIAGO, Manuel.

Na comisión organizadora do Sindicato de Peones y Oficios Varios de Malpica en xuño de 1936.

CASTRO SILVA, Jesús.

Vocal do Sindicato de Canteros y Similares da Coruña en outubro de 1928.

CASTRO SIXTO, Andrés (Grandal-Pontedeume, 1883 – ?).

Natural de Grandal-Pontedeume, veciño de Barallobre-Fene. Ingresou no cárcere de Ferrol o 17 de agosto de 1933 por un delito de colocación de explosivos, e foi liberado o día 20 do mesmo mes. De Barallobre. Liberado en agosto de 1933, despois de ser detido pola colocación de explosivos nunha lancha do Puntal.

CASTRO SOTO, Antonio (*)

En abril e maio de 1914 participaba en suscricións para “¡Tierra!” de La Habana. En agosto de 1914 Manuel Vilar solicitaba o seu paradoiro.

CASTRO UCHA, Ramón.

Vicepresidente do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en setembro de 1930.

CASTRO VÁZQUEZ, Antonio (Mugardos, 1908 – ?).

Albañil, acusado de facer fronte ás forzas do exército en Mugardos, cun revolver que lle deixara Maximino Romero. Natural de Mugardos, veciño de Mugardos. Albanel, ingresou no cárcere de Ferrol o 1 de abril de 1937 por orde do xulgado militar permanente da praz, por un delito de rebelión militar. Foi detido en marzo de 1937 e condenado en abril a doce anos e un día de cárcere. Do Castelo de San Felipe foi trasladado a Pamplona para cumplir a condena. En maio de 1938 fugouse con outros reclusos, mais foi detido ao día seguinte. Condenado novamente á pena de 17 anos, catro meses e un día. En agosto de 1940 saleu da cadea en prisión atenuada, voltando a Mugardos.

CASTRO VÁZQUEZ, José “Casimiro”.

En xuño de 1936 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Mugardos. Afiliado á CNT. Fugado de Ferrol en maio do 39 nas parellas “Teresita” e “Carmiña”.

CASTRO VÁZQUEZ, José.

Participa na reunión constituinte do SIP de Espasante en maio de 1936. Foi nomeado vocal da primeira xunta directiva.

CASTRO VÁZQUEZ, Juan

Detido en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899.

CATOIRA, Antonio.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

CATOIRA, Domingo Antonio

Asina unha carta ao xornal “Tierra y Libertad” en outubro de 1910, desde o cárcere da Coruña, acusando a Lorenzo Vázquez de disparar ao obreiro Canosa na taberna que Vázquez posuía na Grela.

CATOIRA FERREIRO, Edmundo.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en López Buden, 24, 2º. Tipógrafo. Contador da Asociación Tipográfica da Coruña en maio de 1933. Vogal do Ateneo Libertario “Nueva Era” da Coruña, á súa fundación, en novembro de 1933. Membro do Comité da FLO da Coruña en agosto de 1935.

CATOIRA PAN, Antonio.

Industrial, de 44 anos, fillo de Domingo e Manuela, veciño de Elviña, 14. Taberneiro, era propietario do local onde estaba o Centro “Luz y Vida” de Elviña. No local comeron algúns participantes no movemento de decembro de 1933. Foi procesado por estes sucesos.

CATROFES RODRÍGUEZ, Manuel”Pancho” (Moaña, 1916 – ?).

Pescador, veciño de Seara-Moaña, afiliado á CNT. Anarquista de acción, segundo o informe do concello de Moaña en novembro de 1936. Condenado a reclusión perpetua en decembro de 1936.

CAVANAS, Juan.

Fai un donativo a “Tierra y Libertad” desde Vigo, en xaneiro de 1905.

CAULONGA, Ventura.

Participou na representación de “O Fidalgo” en Compostela, como integrante do Cadro “Brisas Futuras”, en xaneiro de 1918. Integrante da agrupación teatral “Brisas Futuras” de Compostela, participou nunha velada do mesmo en febreiro de 1919. En nome da agrupación artística “Brisas Futuras” asina unha carta ao director do xornal “El Noticiero Gallego” apoiando a homenaxe ao escultor Julio Antonio, en febreiro de 1919. Participou nunha representación da Agrupación Artística “Brisas Futuras” polo 1º de maio de 1919. En novembro de 1935 “El Eco de Santiago” publicaba un artigo pola súa morte.

CAXADE”

En maio e xulio de 1938 publica en “Galicia Libre” artigos desde Buenos Aires (en galego).

CAYAZZO BOEDO, Álvaro (1895 – ?).

Vicesecretario da Asociación Tipográfica da Coruña en febreiro de 1922. Traballador da “Tipográfica Obrera”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Delegado da Asociación Tipográfica na FLO da Coruña en maio de 1933.

CAYAZZO BOEDO, Julio (1896 – ?).

Presidente da Asociación Tipográfica da Coruña en febreiro de 1922. Traballador da Imprenta Roel, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Integra unha comisión para o estudio dunhas bases de traballo en xaneiro de 1933. Membro dunha comisión negociadora da Asociación Tipográfica en maio de 1933.

CAYAZZO CRUZ, Emilio (1869 – ?).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Orzán, 46, 1º dta. Vocal fundador da Asociación Tipográfica de A Coruña en maio de 1892. Contador da Asociación Tipográfica de A Coruña en setembro e novembro de 1909; vicepresidente en decembro de 1909, contador en febreiro de 1910. Vocal suplente da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en abril de 1911. Vicepresidente en marzo de 1913 e marzo de 1916. Vocal da Sociedad de Socorros Mútuos “Hercúlea”, da Coruña, en febreiro de 1915. Tesoureiro en xaneiro de 1924. Presidente da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Traballaba na Imprenta Moret.

CAZICO, F.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

CEA FERNÁNDEZ, Dolores (? – Vigo, 19-11-1909)

Nai de Ricardo Mella. Morreu en Vigo en novembro de 1909.

CEA FERNÁNDEZ, Jacinto (? – Pontevedra, 09-05-1897)

Tio de Ricardo Mella. En abril de 1882 anuncia a súa sombrerería “La Elegancia” de Comercio, 27, Pontevedra en “La Propaganda”. En setembro de 1882 “La Propaganda” informaba de que fora distinguido cun premio de primeira clase no Certamen de Artes y Oficios de Pontevedra. En outubro e novembro de 1882 anunciaba a súa sombrería “La Elegancia” de Comercio, 27, en “El Hijo del Trabajo” de Pontevedra. Sombrereiro, morreu en Pontevedra en maio de 1897. A súa viuva, Dolores Montenegro, morreu en Pontevedra o 20 de abril de 1904.

CEA PRADO, Melitón.

Detido como presunto autor dun atentado con bombas en Panxón no domicilio de dous esquirois, en febreiro de 1933. Conducido ao cárcere de Vigo.

CEBALLOS PAZOS, José.

Vocal do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en xaneiro de 1932 e xuño de 1934.

CEBRAL ALTAMIRA, Alfredo (?, 1890 – ?).

Membro da Sección de Enfermeros Marítimos do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en abril de 1928.

CEBREIRO FERNÁNDEZ, Francisco

Promotor da legalización do Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol en febreiro de 1981.

CEBREIRO RÍOS, Francisco (Trasparga-Lugo, 1905 – ?)

Nalgures sai tamén como Río. Elexido contador da Federación Comarcal de Ferrol en abril de 1933. Natural de Trasparga-Lugo, veciño de Insua, 28, Ferrol. Delineante, ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o día 15 do mesmo mes. Preso no cárcere do Partido por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol. Corresponsal de “Solidaridad Obrera” da Coruña en Ferrol en xulio de 1934.

CEBREIRO RÍOS, José (Guitiriz-Lugo, 1906 – ?)

Natural de Guitiriz-Lugo, veciño da rúa San Eugenio, 92, en Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de xulio de 1931 por un delito de atentado e foi liberado o 14 do mesmo mes.

CEBRIÁN GARCÍA, Juan José (A Coruña, 12-07-1877 – ?).

Proviña dunha familia acomodada, pois o seu pai era un coñecido industrial. Foi directivo da “Antorcha Galaica del Librepensamiento”. Foi secretario da Sociedad Cooperativa de Obreros en 1898, cando se creou, sendo daquela militante do Partido Republicano. Despois foi nomeado profesor da Escuela Laica e deixou o Partido Republicano, adicandose á propaganda societaria. Foi colaborador do xornal “La Emancipación”. Era secretario da Sociedad de Oficios Varios da Coruña en marzo de 1901, na que estaban integrados os consumeiros. Presidiu o grande mitin anticlerical da “Antorcha” en abril de 1901; nese mesmo mes participou no mitin da praza de touros organizado polas sociedades de albaneis e canteiros. En maio de 1901 falou no mitin do 1º de maio, en representación das misteiras, proclamando a súa ideoloxía anarquista. En nome das asociacións obreiras da cidade, asinou un telegrama de condena aos asasinatos de traballadores na folga dos consumeiros. Foi detido a comezos de xuño. En outubro de 1901 “El Productor” de Barcelona comentaba que fora levado a cumplir a condena de doce anos a Burgos. En 1902 foi condenado a 12 anos de cárcere por sedición e insulto á forza pública. Daquela era profesar da Escuela Laica. Foi indultado e excarcerado o 6 de agosto de 1902. Figura entre os oradores do acto que “Germinal” organizou en outubro de 1902 en homenaxe e Emilio Zola. En novembro de 1902 presidiu un mitin de protesta celebrado no CES “Germinal” contra os recortes dos gastos sociais no Concello; este mesmo mes participou nun acto en “Germinal” en prol do amor libre, con Lores e Sanjurjo e noutro co gallo do primeiro cabodano da morte de Pi i Margall. Dende novembro de 1902 impartiu clases gratuitas a obreiros, organizadas pola Sociedad de Oficios Varios. En decembro de 1902 Diego Fernández publica unha carta aberta dirixida a Cebrián en “La Emancipación” de A Coruña. En xaneiro de 1903 tomou parte nun mitin organizado para reclamar a libertade dos obreiro de Jerez procesados polo caso da “Mano Negra”. En febreiro de 1903 participou pola sociedade de Oficios Varios nun mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña. En xuño tomou a palabra no mitin anticlerical da Antorcha Galaica del Librepensamiento. Era actor afeccionado, estivo presente na constitución do grupo coral “Unión y Libertad”. En maio de 1903 estaba agardando a contestación para montar unha escola laica en Huelva; Emigrou a Huelva, e en agosto de 1903 enviou unha adhesión a un mitin anarquista, en nome da Sociedad de Hierros y Metales. Morto en outubro de 1904, dunha tise pulmonar, segundo parece Cebrián asinara unha extensa retractación o día 1 dese mes; á súa morte publicouse un artigo en “Germinal” negando a súa “retractación”. En decembro de 1904 “Germinal” recolle a publicación da “Retractación” de Cebrián no xornal carca “La Lectura Popular” de Orihuela, que desminte completamente, dando a coñecer que Cebrián entregou días antes da súa morte un orixinal do folleto “El Aplicado” para repartir entre os nenos das escolas do “caldo a mediodía”. O folleto estaba á venta no Kiosko “El Sol” da Coruña.

CEDEIRA FARALDO, Manuel.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura co enderezo Carreteira da Pasaxe, 24, 3º. Foi vocal do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña, en maio de 1931.Secretario do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña de novembro de 1932 a marzo de 1933.

CEDILLO ARENAS, César.

Vocal da Sociedad de Cocineros de A Coruña en febreiro de 1933. Contador en xulio de 1934.

CEDILLO ARENAS, Manuel.

Foi presidente do Sindicato de Zapateros Mecánicos da Coruña. En xulio de 1931 delegado na FLO.

CEDRÓN, Manuel.

Tesoureiro do Sindicato de Obreros Municipales “La Aurora” da Coruña en xuño de 1931.

CEDRÓN FERNÁNDEZ, Leonardo.

Tesoureiro do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en febreiro de 1930 e xuño de 1931.

CEDRÓN GÓMEZ, Guillermo.

Nunha asamblea no Teatro Rosalía da Coruña para explicar os acordos do congreso da CNT, en xuño de 1931, tomou a palabra para polemizar con José Villaverde. Criticado en “Cultura Proletaria” de Ferrol ao ser nomeado secretario do Comité de Defensa de los Intereses de Ferrol, en setembro de 1931.

CEDRÓN MANCEBO, Maximiliano.

Vicepresidente do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en xuño de 1935.

CEDRÓN PEREIRO, Alfonso.

Militante das JJ.LL. Galaicas no Norte na Compañía de Ametralladoras do BON “Galicia”.

CEDRÓN SÁNCHEZ, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Orillamar, 10.

CELA, Vicente

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Montiño, 26.

CELA RIVADULLA, Serafina.

En marzo de 1936, vocal da Sección de Conserveras do SIP da Coruña.

Archivo Histórico Nacional. Madrid. Fondo Ministerio del Interior. Expedientes Policiales. AH-13644.

CELEIRA, J.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935.

CELEIRO, Vicente.

Vocal do Sindicato Único de Empleados y Obreros Municipales de Ferrol, en maio de 1936.

CELIS FERNÁNDEZ, Francisco “Pinchasapos” (Vigo, ? – ?).

Afiliado ao Sindicato de Camareros Marítimos, acusado de participar na fuxida de Desiderio Comesaña e outros, en decembro de 1937. Segundo as declaracións e Waldo López Gutiérrez, Celis pagaría 30.000 pesetas para levar a portugal a dez fuxidos, entre os que estaban Bragado, Quintas e Rosas.

CENAMOR GÓMEZ, Antonio (1878 – ?).

Traballador de “La Voz de Galicia”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

CENDÁN, Jesús

Membro da xunta xeral de Planchadores de La Habana en agosto de 1905, secretario en xaneiro de 1906. Secretario da Sociedad de Planchadores de La Habana en febreiro de 1907. Asina un chamamento da Sociedad de Planchadores de La Habana en setembro de 1907. Vicetesoureiro da Sociedad de Planchadores de La Habana en febreiro de 1908.

CENDÁN, Francisco.

Participa no grupo organizador do Sindicato Único de Trabajadores de Neda, en xuño de 1920.

CENDÁN ALONSO, Gerardo.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Voluntario. Cabo da 1ª Compañía de Zapadores do Batallón Disciplinario de Euzkadi. Da CNT.

CENDÓN BARROS, Venerando.

Detido pola agresión a unha esquirol con ocasión da folga textil de Xuvia en xuño de 1923.

CENIZA, Emilio.

Organizador da Sociedad de Marineros y Fogoneros Marítimos y Terrestres del Ferrol en agosto de 1912. Interveu nun mitin no “Circo Pardo Bazán” da Coruña en xuño de 1911 en solidaridade cos revolucionarios mexicanos e arxentinos, organizado pola Federación Sindical Solidaridad Obrera, como delegado de Ferrol.

CENTENO VERDES, Gregorio.

Nunha lista de galegos que traballan en pesqueiros de Euzkadi no tempo da guerra civil. 36 anos. Fogoneiro do vapor “Eugenio”. De Corme.

CENTRÓN, Andrés.

Mantiña correspondencia con José Moreno dende Cee en xulio de 1934.

CERDEIROS

Obreiro galego morto nunha tenería de La Habana.

CERDIDO NAYA, Manuel.

Preside unha reunión do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en maio de 1928.

CEREGIDO MORANDEIRA, José.

Afiliado número 394 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CEREIJO FERRUXE, Joaquìn.

Vocal 1º do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en xulio de 1931.

CERNADA, Manuel (*)

Conductor de carros, deportado de Argentina a finais de 1930.

CERNADAS, Jesús.

Viviu nos anos 40 en Avigny par Bray (Seine et Marne).

CERNADAS, Juan.

En marzo de 1918 foi elixido tesoureiro da Sociedad de Estibadores “La Armonía” da Coruña.

CERNADAS, Vicente.

Nomeado vocal do Sindicato de Espectáculos Públicos da Coruña en novembro de 1931.

CERNADAS AMOR, Luis.

En abril de 1930, revisor de contas do Sindicato de Trabajadores en Sales, Carbones y Minerales “El 1º de Mayo” da Coruña. Foi vocal do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña, en agosto de 1930 e outubro de 1931. Vicesecretario en marzo de 1932. Vocal en setembro de 1932. Vocal do Sindicato en setembro de 1933.

CERNADAS GARCÍA, José (Baroña-Porto do Son, 1909 – ?).

Antes da guerra afiliado á CNT. En outubro de 1938 era mariñeiro do “Soledad Yáñez”, fuxido a Brest. Dende Francia voltou á Galiza, sen ir á zona republicana.

CERNADAS LAGO, Manuel (Muros-A Coruña, 1908 – ?).

Mariñeiro. Miliciano no BON Galicia dende setembro de 1936.Afiliado número 213 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias afiliado á Federación de Grupos de Xixón. Ferido en febreiro de 1937, perdeu un ollo. Dado por inútil en xulio de 1937, o Comité da ACG informaba da súa traxectoria.

CERNUDAS, Julio.

Deportado da Argentina na Galiza. Critica en “Solidaridad Obrera” da Coruña a Jesús Lago Barbeito en agosto de 1933. Intervén nun mitin de afirmación sindical en Monforte en outubro de 1933. Interveu nun mitin pro-amnistía e de afirmación sindical no salón Cinema de Ferrol, a finais de outubro de 1933. Conferencia no Ateneo Ferrolano en novembro de 1933.

CERQUEIRA RODRÍGUEZ, Manuel.

Ou Manuel Cerquera Rodríguez. Foi vocal do Sindicato de Estibadores “El 1º de Enero” da Coruña, en abril de 1931. Membro do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña, en folga en xuño de 1933. Estibador da “plantilla fixa”, que apoiaba a folga dos “suplentes” en xuño de 1933.

CERUELO ARES, Manuel (Arzúa, 1915 – ?).

Soldado da 1º Compañía do Batallón Nº 30 “Celta” da CNT, en maio de 1937. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en 1937. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xulio de 1937. Era Delegado para a formación de grupos xuvenís no Batallón “Celta”. Mecánico de máquinas de escribir, condeado a pena de morte, conmutada. Participou nos traballos de reorganización da CNT, figurando como vocal no Comité Regional establecido en Santiago. Axudou a agacharse a José Luis Quintas en xaneiro de 1947, e deulle traballo como representante de máquinas de escribir. Procesado na causa 156/47, pedironlle 30 anos de condena e foi condenado a 5. En 1947 mantiña correspondencia con Manuel Vázquez Sampayo, da Coruña.

CERVIGÓN, Constantino.

Tesoureiro da Sociedad de Inquilinos da Coruña en abril de 1915.

CERVIÑO, Eduardo.

Comisionado para facer un inventario da biblioteca do Sindicato de Canteros y Similares da Coruña en outubro de 1928.

CERVIÑO, Elisardo.

Tesoureiro do Sindicato de Canteros da Coruña en maio de 1929.

CERVIÑO, José.

Contador da Sociedad de Canteros da Coruña en abril de 1915.

CERVIÑO, Manuel (*)

Deportado de Argentina a finais de 1930.

CERVIÑO PÉREZ, José.

Secretario do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña de outubro de 1930 a abril de 1931. Reelixido contador do Sindicato de Peones en General da Coruña o 21 de abril de 1931; na seguinte xuntanza houbo protestas de que fora nomeado contador, por ser socialista, e acordouse que continuara e que se lle puxera un axudante, para o que foil elixido Norberto Pérez. Contador do Sindicato de abril a xulio de 1931. En maio de 1931 foi elixido delegado do Sindicato ao Congreso da CNT en medio dun gran escándalo. Delegado na FLO en xulio de 1931. Nomeado delegado na FLO do Sindicato de Peones en xulio de 1931. Nomeado membro dunha comisón do Sindicato de Peones para pedir un xornal mínimo á Patronal en outubro de 1931. Representou ao Sindicato de Peones en General da Coruña no Congreso de 1931 en Madrid. Falou nun acto en Celas de Peiro, organizado polo Sindicato de Peones da Coruña, en novembro de 1931. Secretario do Sindicato en marzo de 1933.

CERVIÑO VILLAR, José.

Delegado de Aserradores do Sindicato de Oficios Varios de Carballo en xuño de 1931.

CERVO MASEDA, Eduardo “Cachón de Covas” (Viveiro-Lugo, 1896 – ?).

Sae tamén como Maseda Cervo. Integrou a expedición que foi para A Coruña dende Viveiro en xulio de 1936. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT.

CES, José

Nativo da Coruña, en xaneiro de 1902 participa nunha suscripción en “La Protesta Humana”.

CES, Silverio.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

CES PARDAL, Ramón.

Afiliado á CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Condenado a quince anos de cárcere en xulio de 1937.

CHACÓN.

En xaneiro de 1905 participou nun mitin contra a guerra ruso-japonesa no CES Germinal da Coruña.

CHACÓN, Severino.

Segundo Amparo Sánchez Cobos formou parte da Sección Cubana da Liga Internacional para la Educación Racional de la Infancia, pola Agrupación Socialista de La Habana, en novembro de 1909. En agosto de 1911 “El Dependiente” de La Habana da conta de numerosas protestas pola súa expulsión de Cuba. “Regeneración” faise eco da repercusión da expulsión de Chacón e Vieites nun mitin pola revolución mexicana celebrado no local da Unión de Fogoneros de New York en agosto de 1911. Vicepresidente do Comité de Defensa Económico-Social da Coruña en febreiro de 1915. Vicepresidente da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en abril de 1916. Preside unha reunión da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en decembro de 1917; foi membro da súa comisión organizadora. Interveu nunha asemblea pública do Comité de Defensa Económico Social da Coruña en abril de 1915.

CHALETO, Mercedes.

Vicepresidenta da Sociedad de Obreros de la Fábrica de Conservas da Coruña en setembro de 1918.

CHAMORRO, José (*)

En agosto e outubro de 1913 asina comunicados do Grupo “Sin Dios Ni Patria” de Ancón, Canal Zone, en “Acción Libertaria”. En novembro de 1913 participa nun mitin en Balboa, Canal Zone.

CHAMORRO, José (*)

En maio de 1914 é un dos asinantes dun comunicado en “Regeneración” do Grupo de Propaganda Expropiadora de San Francisco-California.

CHAMORRO, Luis.

Casado con Consuelo Castro. Vocal 4º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en maio de 1906. Secretario da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xaneiro, febreiro, xuño, xulio de 1908. Secretario da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en febreiro, marzo, abril, maio, xulio, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro de 1912, marzo, abril, maio e setembro de 1913, xaneiro, maio de 1914. Denunciado por ameazas a un veciño en marzo de 1915. Secretario da Sociedad de Inquilinos da Coruña en abril de 1915. Vocal da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xulio de 1927. De Estibadores, participa nunha asamblea no Cine Doré da Coruña en novembro de 1928, para tratar das indemnizacións por accidentes de traballo.

CHAMORRO CASTRO, Antonio (A Coruña, 1919 – ?).

Xastre. Irmao de Luis Chamorro. Era membro das JJ.SS. e traballaba no taller de Luis Huici. Detido con ocasión do golpe militar, foi liberado en setembro de 1936. Con Carlos Míguez e Jesús Rodríguez, estaba agachado na vivenda de Sofía Rodríguez “Corales”, até que foron descubertos o 18 de xuño de 1937. Chamorro resultou detido, mentres que os demáis conseguiron escapar. En Consello de Guerra celebrado o 4 de setembro do 37 foi condenado a penas de 17 e 12 anos. O pequeno dos irmaos Chamorro, segundo o seu irmao Luis era libertario e foi un dos caídos no verán de 1937.

CHAMORRO CASTRO, José Luis (A Coruña, 1901 – Tribomont-Bélgica, 1969).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura coa anotación “Transporte”. Según outras fontes, Pontevedra-1898. Estibador coruñés. Detido en outubro de 1920, con 19 anos de idade, por ser sospeitoso da colocación dunha bomba no vapor “Cabo San Martín”, atracado na Coruña; era fillo dun estibador da colla vella que fora despedido. Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921. Emigrado nos tempos da Dictadura de Primo de Rivera. Ao seu paso polos países latinoamericanos fixo traballo dentro da FORA, entre os traballadores portuarios. Delegado na Imprenta Obrera do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” de A Coruña en marzo de 1930. Coa proclamación da II República voltou a A Coruña. Elexido vicepresidente do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña despois da súa fusión co Sindicato “El 1º de Enero”, en maio de 1931. Nomeado vicepresidente de “El Progreso Marítimo” en xuño de 1931. Presidente do Sindicato de Carga y Descarga “El Progreso Marítimo” en xuño de 1931. Mitin en Lubre en agosto de 1931. Vocal da FLO da Coruña en febreiro de 1932. Delegado do Sindicato ao Comité Regional en marzo de 1932. Secretario do Sindicato de Industria del Transporte en maio de decembro de 1932. Asina as bases de solución dun conflicto da Federación do Transporte. Mitins en San Vicente de Vigo e Elviña en decembro de 1932. Delegado de Trabajo do Sindicato de Estibadores en xaneiro de 1933. Mitin en Carnoedo-Sada en xaneiro de 1933. Participou nun longa campaña para desprazar a Villaverde da secretaría do CR, segundo Manuel Fernández. Representou aos Sindicatos de Demandaderas, Mozos de Equipaje e Estibadores da Coruña no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Informa da súa asistencia ao Pleno Nacional en marzo de 1933. Participa nun mitin de protesta en Paiosaco en abril de 1933. Detido na Coruña pola folga xeral de maio de 1933. Membro da Comisión do Sindicato de Estibadores en xuño de 1933. Presidente da Sección de Estibadores do Sindicato de Industria del Transporte en agosto de 1933. Despedido da Colla Vella xunto a Doldán. Participa nun mitin en Melide en outubro de 1933. Presidiu varias reunións do Sindicato de Industria del Transporte entre maio de 1932 e decembro de 1933. Vocal do Sindicato de Estibadores na FLO da Coruña en novembro de 1933 e ao longo de 1934. Segundo o CR FAI, en abril de 1934 estaba en libertade na Coruña. Mais adiante acusano de ignorar ao CR da FAI. En maio de 1934 o Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña tratou do seu posible ingreso no mesmo. Autor dunhas follas do Sindicato de Industria del Transporte da Coruña contra o propietario dos Automóviles Debén. Viaxa a América en agosto de 1934. Antes do levantamento de outubro de 1934 recibiu un cargamento de bombas dende Ferrol, enviadas por Francisco Salgado e Luis Abella. Preso no cárcere da Coruña en setembro de 1935, colabora nunha suscripción en apoio do diario “CNT”. Encargado da bolsa de traballo do Sindicato de Industria do Transporte na Coruña en maio de 1936. En xuño de 1936 preside unha reunión do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo”. Escondido despois do golpe de estado, o 20 de decembro de 1936 reuniuse con Julián Carballo para artellar unha fuga da Coruña, que finalmente se levou adiante o 5 de xaneiro de 1937, cara a Xixón. Membro da Agrupación Confederal Galaica, delegado de propaganda no Sindicato Nacional del Transporte Marítimo e compoñente do grupo “Tierra” da FAI de Xixón en 1937. Participa na Asamblea da Agrupación Confederal Galaica no Cine Roxy de Xixón o 17 de xaneiro de 1937. A finais de xaneiro de 1937, reclamado con Carballo pola Regional Norte para trasladarse a Bilbao. Representa á CNT da Coruña no Pleno Interregional del Transporte Marítimo, en Xixón, en febreiro de 1937. Reclamado pola Regional Norte a finais de xaneiro de 1937, con Julián Carballo; nun principio a Agrupación Confederal Galaica decidiu que ingresaran no BON Galicia, ainda que Chamorro decidiu en febreiro trasladarse a Bilbao, sendo desmilitarizado.. Participou na organización dunha reunión de antifascistas galegos na Casa de Galicia de Bilbao en febreiro de 1937, representando á FAI. A finais de febreiro de 1937 fixo un chamamento aos militantes libertarios galegos en Bizkaia en nome da CRG; asinou tamén un chamamento aos mariños galegos da CNT no Norte. Pasou a ocupar un cargo directivo en Bizkaia, no Sindicato Nacional del Transporte Marítimo. Actúa no seo do Sindicato de Transportes Marítimos, tentando formar unha columna galega en Bizkaia. En marzo de 1937 a Agrupación Confederal Galaica reuniuse en Xixón para xulgar a súa actuación en Bilbao. Actuou de testigo da unión de Eustaquio Yáñez e Remedios Arnaiz en maio de 1937. Novamente, en agosto de 1937, a Agrupación Confederal Galaica de Xixón se reuniíu para xulgar a súa conducta, por non dar conta da súa actividade en Bilbao e por non ter información de se as cantidades recadadas por el para remitir aos perseguidos da Coruña chegaron ao seu destino. Á caída de Bilbao, marchou para Cartagena, onde asumiu o cargo de secretario de Defensa Local. En agosto de 1937 asinou un artigo en “Cartagena Nueva” comentando as vítimas do fascismo en Galiza; nesa altura era secretario do comité da Asociación Nacional de Cultura de Fuerzas Armadas, para a que deu unha charla sobre a represión no territorio fascista. Asina artigos en “Cartagena Nueva” en setembro de 1937. En novembro de 1937 organiza en Cartagena unha suscrición para o xornal “Galicia Libre”. En novembro de 1937 foi un dos animadores da creación da Sociedad “Galiza Ceive” – Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena. Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en febreiro de 1938. En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”. En xuño de 1938 participa nunha suscrición para SIA publicada en “Cartagena Nueva”. En agosto de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre” nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena. Trasladado a Marrocos ao final da guerra, formou parte da Resistencia Francesa e colaborou co comité da CRG no exilio dende Casablanca. Os seus irmaos, socialistas, foron condenados a cadena perpetua en maio do 37 (Ángel) e a 17 anos (Antonio).

CHAMORRO FRAGA, José.

Detido en novembro de 1922 na Coruña, por escándalo. Militante do Sindicato de Chalaneros coruñés, escapouse no “Rafael del Palacio” de Vigo, fuxido da Coruña en setembro de 1938.

CHANETON, mercedes.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

CHANS COUSILLAS, Manuel

Afiliado número 569 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CHANS VIDAL, Ángel

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Miliciano. Cociñeiro. Da CNT.

CHAO, Aquilino

En xaneiro de 1910 asina un documento do Comité Pro-Revolución Española de New York.

CHAO, Eduardo

En xuño de 1885 “Revista Social” publica na súa sección de “Arte y Ciencia” o texto “Metereología práctica” de Eduardo Chao.

CHAO, Jaime

En xuño de 1938 “Galicia Libre” informa de que a Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid reorganizou o seu comité e nomeou delegado de Trabajo y Solidaridad a Jaime Chao, de Lugo. No número seguinte de aclara que o Delegado de Trabajo y Solidaridad era Rogelio Alonso Chao en lugar de Jaime Chao.

CHAO, José

En outubro de 1908 formou parte da xunta directiva da Sociedad de Ebanistas de Santiago, como tesoureiro.

CHAPELA EIROA, José “Moaña”.

Afiliado ao Sindicato de Marineros de Vigo. Fuxido no pesqueiro “Nuevo Celta” de Vigo, en outubro de 1938.

CHAPELA FERNÁNDEZ, Guillermo.

Vocal de “La Alianza Marinera” de Cangas en xaneiro de 1932.

CHARDONELL GUIANCE, Pedro (?-Portugal, 1878 – ?).

Natural de Portugal. Ou Carbonell Guiance. En maio de 1895 mantén correspondencia administrativa con “El Corsario” dende Pontevedra. En xulio de 1899 asinaba un comunicado no “Diario de Pontevedra” sobre o xornal “La Lucha” de Vigo, en nome dos tipógrafos pontevedreses. Obreiro caixista procedente da Coruña, mencionado por José M. Acha nas súas memorias, activo en Buenos Aires. Cooperou na edición do xornal “La Voz del Esclavo”, a pesar dos seus problemas de saúde. En maio de 1902 asina “1º de mayo” en “La Protesta Humana”. Integrante do grupo “Bresci”, que en xulio de 1902 tentaban transformar en Centro de Estudios Sociales. En xulio de 1902 “La Protesta Humana” informa da súa participación nunha polémica sobre anarquismo e catolicismo. En setembro de 1902 “El Rebelde” de Buenos Aires publicaba unha polémica súa cun católico. Foi deportado a Buenos Aires e, posteriormente, a España. Asina un chamamento dende Barcelona en “El Porvenir del Obrero” de Mahón en xulio de 1903, anunciando a próxima publicación dun folleto sobre as expulsións de Argentina. O seu enderezo era na calle de Rosal, 83, 2º, 1ª de Barcelona. En xulio de 1903 asina en “El Productor” de Barcelona un artigo sobre situación en Argentina. En agosto de 1903 anuncia a próxima publicación dun folleto contra a lei de residencia e solicita apoio económico, que recibe en Resal, 83, 2º, 1º, Barcelona. En setembro de 1903 publica en “El Productor” un artigo titulado “¡Expulsado!”. En outubro de 1903 asina un artigo en “La Protesta Humana” desde España. En novembro de 1903 publica artigos en “La Protesta” de Buenos Aires dende Barcelona. Publica artigos en “El Productor” de Barcelona en setembro, outubro, novembro e decembro de 1903, xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio de 1904, abril, maio de 1905. En xaneiro de 1904 pediu a “La Protesta” que si iniciara unha suscripción para ir a Montevideo, pois a súa situación en Barcelona era precaria. En setembro de 1905 deu unha conferencia sobre “Sociología y pseudo Malthusianismo” no Centro Obrero de Pontevedra. En novembro de 1905 mantiña correspondencia con “El Porvenir del Obrero” de Mahón, e no mesmo número anunciábase aconstitución do grupo anarquista “Ni Dios ni Patria” en Pontevedra. En decembro de 1905 colaborou nun número de “Buena Semilla” de Barcelona. En abril de 1906 era redactor de “La Libertad” de Pontevedra e foi nomeado corresponsal de “El Despertar Hispano”. En febreiro de 1907 desminte nun comunicado que sexa redactor de “La Libertad” e que teña algo que ver cunha campaña do xornal contra os xogos de azar. Paqueteiro ou suscriptor de “Tierra y Libertad” en Pontevedra, que lle adebedaba cartos en xulio de 1908. En marzo de 1906, abril, maio e xuño de 1908, febreiro e decembro de 1909, agosto de 1910 e xaneiro de 1911 escribía no xornal pontevedrés “La Libertad” de Pontevedra. En abril de 1909 é un dos asinantes dun artigo de protesta en “El País” de Madrid, pola adhesión do concello de Pontevedra a Maura. Secretario do Partido Republicano Radical de Pontevedra en novembro de 1909. En decembro de 1910 asinaba unha protesta como secretario do Partido Republicano Radical de Pontevedra, pola expulsión de Alejandro Lerroux da minoría republicana. En xaneiro de 1911 deixaba e formar parte da redacción de “La Libertad” de Pontevedra. En febreiro de 1911 diversas entidades de Pontevedra protestaron contra un artigo enviado por Chardonell a “España Nueva” como corresponsal en Pontevedra, onde se criticaba ao gobernador civil Boente. En marzo de 1911 se dictaba sentencia contra o redactor de “La Libertad” Pedro Chardonell, por inxurias ao gobernador Boente, sendo condenado a dous meses e un día de arresto maior e costas. En xulio de 1911 sinalabase o recurso de casación interposto por el diante do Supremo. En febreiro de 1912 era reclamado polo xulgado de instrucion de Pontevedra como condenado por inxurias para comparecer diante do xuiz de partido. Daquela comezaba a publicar en Lisboa o xornal “España Democrática” como voceiro da colonia galega da capital portuguesa.

CHARLÓN CHARLÓN, Antonio.

Veciño de Neda, cotizante da CNT cara a 1947.

CHAS.

Na primeira directiva da Federación Comarcal de Campesinos, en San Pedro de Nós, en xulio de 1932.

CHAS, Pedro.

Obreiro coruñés, que en setembro de 1872 escribiu en verso unha folla criticando ao médico Pérez Costales.

CHAS GONZÁLEZ, Ángel (A Coruña, 1902 – ?).

Maquinista dos Ferrocarriles do Norte, fuxiu da Coruña no bou “Tiburón”.

CHAS MUÑIZ, José.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de Profesiones Varias de Meirás en marzo de 1932, cando tivo lugar a súa fundación. Foi vicesecretario na súa primeria xunta directiva.

CHAS VÁZQUEZ, Juan.

Contador da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en novembro de 1933.

CHAVES, Antonio.

Secretario do SIP de Cambados, exerceu ao tempo de presidente do Pósito dende finais de 1935.

CHAVES, Francisco

En febreiro de 1921 asina un artigo en “Solidaridad Obrera” de Vigo.

CHEDA MAGALLART, Luis (A Coruña, ? – 23-07-1937)

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía. Presidente do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en setembro de 1932. Delegado á Imprenta Obrera do Sindicato de Peones da Coruña en setembro de 1932. Detido en xaneiro de 1934, acusado de coaccións na folga da construcción. Integrou un grupo que formou o Comité Regional a partir da marcha de Jacinto Méndez, en outubro de 1934. Delegado do Sindicato de Peones no CR dende abril a agosto de 1935; enderezo en Cuevas, 17. Representou ao Comité da CRG no Pleno de Sindicatos da Federación Regional Galaica de Obreros de la Industria Pesquera y sus Derivadas, en setembro de 1935. Vicepresidente do Sindicato de Peones en outubro de 1935; domicilio en Peneiras. Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935. Recibiu a Federica Montseny na Coruña cando chegou para a súa xira por Galiza. Membro do Comité do Sindicato Único de Construcción da Coruña en xulio de 1936, por Peones. Militante do Sindicato de Peones da Coruña, detido pola caída de José Brandariz e Jaime Baella, foi paseado o 23 de xulio de 1937.

CHEDA MAGALLART, Marcial

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Campo da Leña, 17. Nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Peones en General da Coruña para o reparto de víveres en novembro de 1933. Contador do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en outubro de 1935. Contador do Sindicato de Peones da Coruña en decembro de 1935; domicilio en Campo da Leña, 17. Preside unha xuntanza dos obreiros eventuais do municipio en xulio de 1936.

CHICHARRO, Antonio S.

En marzo de 1905 foi nomeado vocal da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítimos “La Cosmopolita”, cando se constituiu.

CHICO, Rogelio

Vocal 3º do Sindicato de Boteros da Coruña en agosto de 1921.

CHICO BERMÚDEZ, Manuel

Contador da Sociedad de Inquilinos da Coruña en abril de 1915.

CHOUZA, Anselmo (*)

Vogal da Sociedad de Peones y Similares “La Mundial” de La Habana en xulio de 1912. Vicesecretario en decembro de 1912.

CHOUZA, Benjamín (*)

En maio de 1912 Antonio Reyes, de La Linea de la Concepción, desexaba contactar con José López Bouza, Benjamín Chouza, deportados de Argentina.

CID, José

En xaneiro de 1916 “Germinal” informa que a correspondencia en español do grupo “Os Perseguidos” de Pará-Belem se dirixiría a José Cid.

CID, José (*)

Anarquista español, en novembro de 1919 informábase da súa próxima deportación desde Rio de Janeiro.

CID BORRAJO, Eladio

En novembro de 1937 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

CID CID, A.

O 20 de setembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

CID CID, Amador

En xuño de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

CID CID, Celso

En novembro de 1937 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

CID CID, José

O 30 de setembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”. En marzo de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” recollidos na administración do xornal.

CID CID, Manuel

En outubro de 1937 participa nunha lista de donativos para “Galicia Libre”. En xaneiro e marzo de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”, na 69 Brigada Mixta.

CID GONZÁLEZ, D.

O 20 de setembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

CIVEIRO PAZOS, Juan (?-A Coruña, 10-05-15 – ?).

Tamén sae como Cibeira. Argimiro Seijas o sinalou como o que o complicou na fuga da Coruña no “Sagrado Corazón de Jesús”. Estibador, da CNT, solteiro, fillo de Ramón e Aurelia, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en abril de 1937 e foi soldado na 1ª Compañía. En agosto de 1937 formou parte dun grupo que informaba dos posibles integrantes dos grupos “especiais”. Colabora dende Saint Pierre Quilbignon nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo e para soster ao Secretariado da CRG, en agosto de 1946.

CIBEIRA TENREIRO, Marcelino.

Contador da Sección de Empaque y Descarga e Buques Pesqueros do SIP da Coruña en marzo de 1936.

CID, Francisco (*)

Lavador, deportado de Argentina a finais de 1930.

CID, José.

Obreiro ourensán, presidente da Sociedad Obrera de Ourense. Detido en outubro de 1930 na localidade de Paderne.

CID BELMONTE, José.

Afiliado número 213 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CID RODRÍGUEZ, F.

O 20 de setembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

CID RODRÍGUEZ, José (*)

Español, zapateiro, de 23 anos, integrou un grupo de 23 anarquistas expulsados de Brasil en novembro de 1919 con destino a Lisboa e Vigo no “Benevente”.

CINZA MARTÍNEZ, Emilio.

Afiliado á CNT. Detido o 21 de xulio de 1936 no Concello de Ferrol.

CISNEROS, Ricardo.

Primeiro vogal da Sociedad de Carpinteros de Santiago en febreiro de 1925.

CISNEROS PÉREZ, Federico.

Tamén sae como Federico Cisneros Rey. Foi contador do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña, en maio de 1931 e secretario dende xulio do mesmo ano ate xuño de 1932. Elexido novamente secretario en abril de 1933.

CIVEIRA, Manuel

En xuño de 1903 participaba nunha suscripción en “¡Tierra!” de La Habana.

CIVEIRA, Tomás

Acusado en “Germinal” dunha delación pola Asociación Tipográfica da Coruña en novembro de 1904.

CIVIDANES, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Travesía Primavera, 24, 1º.

CLARAMUNT MESA, Ramón

En xuño de 1905 o Centro de Estudios Sociales “Germinal” pubicou “Dios, ¿qué es?” de Ramón Claramunt Mesa. En agosto de 1905 “Germinal” de Terrasa comentaba que recibira “Dios ¿qué es?”, de Ramón Claramunt Mesa, editado pola Biblioteca “Germinal”.

CLIMENT, Francisco

En xuño de 1916 “Tierra y Libertad” anunciaba que a correspondencia que se dirixía ao grupo “Juventud Libertaria” de Vigo a nome de David Díaz Rodríguez debía de encamiñarse a Francisco Climent, Imprenta Popular.

COBAS, Antonio

Nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Peones en General da Coruña para o reparto de víveres en novembro de 1933.

COBAS, José

En marzo de 1907 enviaba donativos a “Tierra y Libertad” desde A Coruña. En xuño de 1911 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad”. En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

COBAS, Marcelino.

En agosto de 1907 participou nunha suscripción a favor de Artal no xornal “Tierra y Libertad” desde A Coruña. En decembro de 1907 e maio de 1908 fixo donativos a “Tierra y Libertad”. En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres. Correspondencia en “Tierra y Libertad” en setembro de 1916.

COBAS, Santiago

Nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Peones en General da Coruña para o reparto de víveres en novembro de 1933.

COBAS ÁLVAREZ, Antonio.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Praza de Lugo, mercado, cobrador. Delegado do Sindicato de Empleados Municipales da Coruña na Comisión Pro Casa Sindical en xaneiro de 1933. Representou ao Sindicato de Obreros Municipales da Coruña no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935.

COBAS PATIÑO, María.

Vendedora de peixe da Coruña, en xulio de 1925 integrou unha comisión que negociou co alcalde o tema dos impostos do peixe e da carne.

COBAS TARRÍO, Ramón.

Segundo Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas composteláns de comezos de século. Participou nunha representación do cadro “Brisas Futuras” polo 1º de maio de 1916, en Compostela. En novembro de 1916 tomou parte nunha velada de “Brisas Futuras” a favor das familias das vítimas de Nebra. Participou na folga xeral de agosto de 1917 en Santiago e foi encarcelado por elo o 30 de agosto; liberado o 18 de novembro. Participou na representación de “O Fidalgo” en Compostela, como integrante do Cadro “Brisas Futuras”, en xaneiro de 1918. Integrante da agrupación teatral “Brisas Futuras” de Compostela, participou nunha velada do mesmo en febreiro de 1919. Participou nunha representación da Agrupación Artística “Brisas Futuras” polo 1º de maio de 1919. Ramón Cobas representou á Sociedad de Carreteros de Santiago no Congreso Obrero de Vigo de agosto de 1922, representando a 50 asociados. Presidente da Sociedad de Canteros de Santiago en setembro de 1924. Presidente do Sindicato de Canteros de Compostela en xuño de 1932, asina un manifesto pola folga das obras da Residencia de Estudiantes. En maio de 1933 asina unha nota sobre as obras da Residencia en nome da comisión do Sindicato de Canteros.

COBAS VIDAL, Enrique.

Detido a comezos de agosto de 1933, acusado de intervir nas explosións na Casa del Pueblo de Vigo e nunha Gabarra de Barreras.

COBELO, José

En agosto de 1938 asina un artigo en “Galicia Libre” desde Buenos Airs.

COBELO, Perfecto.

Contador do Sindicato de Trabajadores del Ramo del Vestir de Vigo en xulio de 1931.

COBELO, Ricardo.

Asina un artigo de protesta en “Tierra y Libertad” pola reivindicación da victoria na folga de novembro de 1906, feita semanas antes por un carpinteiro.

COBELO GARCÍA, Bernardo

Promotor da legalización do Sindicato de Industria Naval de Ferrol en febreiro de 1981.

COEURDEROY, Ernest.

Enviado de Alexander Herzen, chegado aos portos da Coruña e Vigo cara a 1864 para transmitir ideais e instruccións de rebeldía.

COEDO, José.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Miliciano da 1ª Compañía do Batallón Malatesta. Da CNT.

COIRA, Victoriano (*)

Secretario do Sindicato de Ciego de Ávila en maio de 1913. Denunciado en “¡Tierra!” de La Habana en agosto de 1913, cando foi nomeado secretario exterior do Sindicato Obrero de Ciego de Ávila.

COIRA AMADO, Jesús

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía, figura co enderezo Bombas-Cabaleirizas.

COLINAS, Antonio.

Afiliado número 463 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

COLLADO.

Foi un dos asinantes dunha protesta en nome da Comisión Organizadora do Congreso da Paz de Ferrol pola suspensión do mesmo e a expulsión dos delegados extranxeiros. En maio de 1915 asina un escrito protestando en “El Porvenir del Obrero” contra a suspensión do Congreso da Paz, en nome da Comisión Organizadora.

COLLADO

En decembro de 1906 envia un donativo a “Tierra y Libertad” desde Ferrol.

Tierra y Libertad. Barcelona, 13-12-06.

COLLADO, Armonía.

Filla de Eduardo Collado, participa nun mitin pro amnistía en Santiago en xulio de 1930.

COLLADO, Daniel (*)

Vocal da Sociedad de Dependientes de La Habana en agosto de 1913.

COLLADO, E.

Participa nunha reunión do Sindicato de Carpinteros da Coruña en decembro de 1928. Contador do Sindicato de Carpinteros “La Emancipación” da Coruña para o primeiro semestre de 1929. Renuncia en abril de 1929. Participa nunha reunión do Sindicato de Carpinteros “La emancipación” en agosto de 1929.

COLLADO, J.

Participa nunha suscripción a favor de Artal do xornal “Tierra y Libertad” desde Ferrol en setembro de 1907. Fai un donativo polos presos sociaies en “Tierra y Libertad”, desde Ferrol, en marzo de 1908.

COLLADO, Juan

Secretario Exterior da Agrupación Galaica Pro Instrucción Racionalista “13 de octubre” na súa fundación, en decembro de 1913.

COLLADO CAMINO, Ángela.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Torre, 65, 1º. Presidenta da “Unión Tabacalera” en marzo de 1918, foi expulsada desta sociedade; declarou á prensa que falaría nun mitin para aexplicar os motivos. Cigarreira da “Nueva Aurora”, agredida por obreiras da “Unión Tabacalera” en novembro de 1919. En decembro de 1931 foi elixida vogal da Sección de Personal Femenino do Sindicato de Industria del Tabaco da Coruña.

COLLADO JASPE, Manuel.

Afiliado número 642 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

COLLADO TORRENTE, Eduardo.

Segundo Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas vigueses de comezos de século. En agosto de 1908 era veciño da rúa de San Pedro, 82, en Ferrol. Chamado para presentarse no concello como mozo en outubro de 1910. En febreiro de 1915 solicitou en nome do Ateneo Obrero Sindicalista permiso para celebrar un mitin no Teatro Romea; era veciño da rúa San Fernando, 11. En maio de 1915 asinaba o comunicado de protesta pola suspensión do Congreso da Paz en nome da Comisión Organizadora. Segundo as contas do Congreso, a organización pagoulle dous días e medio de xornais. En decembro de 1915 reclamado por inxurias á autoridade. En xaneiro de 1917 foi sobresida a causa que se lle seguia por calumnias e inxurias á autoridade por medio da imprenta, xunto a Maneul Martínez, D’Lom, e Vieites. En xuño de 1917 procesado en Cádiz con Agustín Crespo Álvarez, foi posto en libertade. En decembro de 1917 está entre os asinantes dunha protesta en “Tierra y Libertad” pola actitude autoritaria do socialista que presidiu o mitin de Cádiz, impedindo falar a Miguel D’Lom. En maio de 1918 participa nunha suscripción polos presos sociais desde La Línea. Detido en maio de 1918 en La Línea por unha protesta de mulleres; para pedir a súa libertade fíxose un mitin e foi liberado. En decembro de 1918 mantén correspondencia con Eduardo Collado en Ferrol. En decembro de 1918 comunicaba en “Tierra y Libertad” a formación do grupo anarquista “Ni esclavos ni amos” en Ferrol. En xaneiro de 1919 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” desde Ferrol. A partir de 1918 Collado e Villaverde agrupanse con outros anarquistas no Ateneo Sindicalista de Vigo, onde fixeron unha intensa e eficaz labor sindical. Publicou o xornal “Solidaridad Obrera” en Vigo en 1920, xunto a Villaverde. En 1921 foi elixido presidente da Sociedad de Sastres y similares, da Sociedad de Conserveras, da Sociedad de Obreros Panaderos y similares, secretario da Sociedad “Unión de Campesinos” de San Xulián, e secretario-contador co Comité administrativo da Federación Obrera de Marín. En xaneiro de 1921 era sinalado como moroso polo xornal “Nueva Aurora” de Pontevedra. Secretario da Federación Obrera de Marín, detido en xulio de 1921. A partir de 1922 integra o grupo “¡Despertad!” con Villaverde e outros camaradas de Vigo e Tui, publicando o xornal do mesmo nome; posteriormente, en maio de 1922, “¡Despertad!” convertiuse en Solidaridad Obrera. Participou nunha ponencia na primeira sesión do Congreso Obrero de Vigo, en agosto de 1922. Asinou un comunicado dos delegados ao Congreso Obrero de Vigo en agosto de 1922, a favor dos traballadores postais en conflicto. Falou no mitin de protesta organizado pola FLO da Coruña polos sucesos de Sobredo, en decembro de 1922. En maio de 1926 José Villaverde publica un artigo en “Solidaridad Obrera” de Santiago, onde lembra a súa participación nun congreso anarquista en Madrid, onde estivo Collado; probablemente fora o congreso anarquista celebrado o 25 de abril de 1923, onde foi creada a Federación Nacional de Grupos Anarquistas. Tamén participou con Villaverde na edición de “El Despertar Marítimo” en decembro de 1926 e finalmente na nova xeira de “¡Despertad!” en 1928. Participa nun mitin pro amnistía en Santiago en xulio de 1930. Mitin pro presos en Ferrol en setembro de 1930. Mitins con Villaverde e Pestaña en Vilagarcía e no Tamberlick vigués a finais de setembro de 1930. Mitin en Ferrol en outubro de 1930. Representou ao Sindicato de Carpinteros, Sindicato de Pintores y Albañiles e Sindicato de Plateros Metalúrgicos de Santiago no Congreso de 1931 en Madrid. Mitin no Teatro Principal de Pontevedra e Ogrobe en xaneiro de 1932. Detido a finais de xaneiro de 1932 en Marín. Participa en varias asambleas en Marín con motivo do conflicto pesqueiro de marzo de 1932. En abril de 1932 presidiu as sesións da Conferencia Regional de Sindicatos Pesqueros, levada adiante en Marín e Vigo. Mitin no Tamberlick en Vigo xunto a José Láuzara, Gumersindo Rodríguez e Avelino Gonzalez en xulio de 1932. Secretario do Comité de Defensa de la Pesca del Litoral Gallego en agosto de 1932. Despois de representar á CRG en varios actos en Asturias, presidiu un mitin no Teatro Rosalía, en setembro de 1932, no que interviron Abós, Acracio Bartolomé, Horacio Prieto e Villaverde. Representou ao Sindicato de Industria Pesquera de Marín no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Participa nun mitin da FL de Vigo en xulio de 1933, representando ao Comité Pro Presos. Representa a 700 afiliados do SIP de Marín no Pleno da FNIP en outubro de 1933. Polemiza con Benito Couceiro en “Solidaridad Obrera” da Coruña sobre o tema dos cargos retribuidos, en novembro de 1933. Axudou a Manuel Fandiño no cargo de secretario da FRIP, até 1936. Non asistiu ao III Congreso da FNIP en 1936.

COLLAZO, A. (*)

En agosto de 1903 participa nunha suscripción para “¡Tierra!” de La Habana dende Batabanó.

COLLAZO, Álvaro

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Galera, 48.

COLLAZO, Andrés.

Contador da “Alianza Marinera” de Teis en maio de 1931.

COLLAZO, Antonio

Delegado do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña no CR da CRG en decembro de 1933. Vocal do Sindicato de Gasistas y Electricistas na FLO da Coruña en 1934.

COLLAZO, Juan

Secretario Exterior da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en setembro de 1909. Contador da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en novembro de 1912. Vicepresidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xulio de 1913. Tesoureiro da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xuño de 1914. Tesoureiro da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en outubro de 1917 e novembro de 1919. Tesoureiro da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en novembro de 1917; tiña o domicilio en Santa Lucía, 11.

COLLAZO, Manuel

Vicesecretario da “Alianza Marinera” de Teis en maio de 1931.

COLLAZO, Manuel

Presidente da Sección de Obras y Construcciones do Sindicato de Oficios Varios de Vigo en abril de 1936.

COLLAZO, Manuel

En xuño de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

COLLAZO, Manuel M. (*)

Recaudaba cartos para establecer unha escola racionalista en Villa del Cobre-Santiago de Cuba en setembro de 1910. Participa nunha suscripción en “¡Tierra!” de La Habana en setembro de 1910.

COLLAZO, María (*)

En setembro de 1923 participou no Congreso de Unidad en Montevideo.

COLLAZO, R.

En abril de 1911 enviaba donativos a “Acción Libertaria” de Gijón, desde Vigo.

COLLAZO BOEDO, Enrique.

Tesoureiro do Sindicato de Hojalateros da Coruña en novembro de 1931.

COLLAZO DOMÍNGUEZ, Olegario.

Un dos integrantes do grupo que asaltou o local da Falange de Vigo en febreiro de 1936, xunto a Quintas, Eulogio Fernández, Antonio Rivero “Grilo”, Robustiano Figuera, Leopoldo Comesaña e Ramón de la Torre Boullosa.

COLLAZO RICO, Ramón

Detido en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899. Procesado en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

COLLAZO SALGADO, Consuelo.

Obreira folguista detida en xulio de 1922 por agredir a unha recadeira da fábrica de trapos e metais da Coruña

COLLAZO SALGADO, Emilio.

En 1917, con motivo da folga de agosto, formou parte da comisión revisora que destinou cartos do fondo da Casa Sindical, aos socorros aos folguistas. Presidiu reunións da Unión Petrolífera en maio, xulio e agosto de 1931. Secretario da Unión Petrolífera de agosto a decembro de 1932. Na Comisión Revisora de Contas da Unión Petrolífera en abril de 1932.

COLMEAN, C..

Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Ferrol, en xuño de 1933.

COLMENERO, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Juan Flórez, Pasadizo de Pernas, 1, baixo.

COLMENERO BERMÚDEZ, José (?, 1884- ?)

Secretario da comisión organizadora da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en xuño de 1917.

COLMENERO VÁZQUEZ, José.

Tesoureiro da Sección da Unión Petrolífera da Coruña en agosto de 1931. Secretario da Unión Petrolífera dende decembro de 1932 a xulio de 1933.

COLS, Roberto.

Telegrafista de Marín e compañeiro de Francisco Iturralde, cando estivo en Pontevedra Pedro Falomir, reuniuse con eles. Posteriormente, en 1936 desexaba retormar o contacto con Falomir, moi descontento coa organización pesqueira da CNT na vila. Facía traballo para que o Congreso de Telegrafistas decidise o ingreso na CNT, e amosa o seu convencemento de que a organización de Pontevedra vai optar por elo. Desexaba que Falomir fora a dar un mitin alí por ese tema. En xulio de 1936 un tal Roberto Cob figuraba como asinante dun chamamento para a reorganización da Sociedad Cultural “Mar y Tierra” de Marín. Nunha listaxe de masóns pontevedreses, figura como residente en Marín, integrando o Triángulo Solón, era ex-oficial de correos, desterrado en Carballo.

COMADIRA YAYESTARÁN, Celestino (Bilbao, 1874 – )

En marzo de 1921 solicitaba permiso para instalar un kiosco nos xardíns de Sánchez Barcaiztegui; en abril de 1924 solicitaba trasladar o seu kiosco de Sánchez Barcaiztegui á porta do Arsenal, nas inmediacións de Mac-Mahon, séndolle concedido o permiso en maio. En outubro de 1924 solicitaba permiso para trasladar o seu kiosco da Porta Nova até as inmediacións do mercado central. En maio de 1926 solicitaba instalar un kiosco nas inmediacións da nvoa casa de Correos, ao igual que o facía José Bueno Pérez. Natural de Bilbao, veciño da rúa San Francisco, 28, en Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 10 de xuño de 1927 por un delito social e foi liberado o 18 do mesmo mes. Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Ferrol, en decembro de 1932 e febreiro, marzo e xuño de 1933. En abril de 1932 era paqueteiro de “Solidaridad Obrera” en Ferrol, residía en San Francisco, 28 e distribuía “Solidaridad Humana” e “Iniciales”. Vendía “El Pueblo Gallego” en Ferrol en setembro de 1933, na rúa San Francisco. En decembro de 1935 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Ferrol. Nunha lista de persoal militarizado da SECN en agosto de 1936; era veciño de San Francisco 18, baixo.

COMBARRO DOPICO, Fernando (Serantes-Ferrol, 1919 – ?).

Membro do Sindicato de Industria Naval da CNT de Ferrol dende setembro de 1931. Operario do Taller de Fontanería de Obras Civiles, detido pola “Folga do aceite”. Foi xulgado e absolto.

COMESAÑA, Antonio.

Participar nunha suscripción dende Vigo para os carpinteiros de Santiago en “Solidaridad Obrera” da Coruña en novembro de 1924.

COMESAÑA, José.

Actúa de secretario nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933.

COMESAÑA, Lucía.

Vicesecretaria do Sindicato de Trabajadores del Ramo del Vestir de Vigo en xulio de 1931.

COMESAÑA LORENZO, Leopoldo (Freixeiro-Vigo, 12-12-14 – ?).

Torneiro. Dende Vigo, relacionase co Comité Nacional das FIJL en marzo de 1933. Detido en novembro de 1934 por reunión clandestina. Membro do Sindicato de Metalúrgicos en 1935. Detido o 15 de xaneiro de 1935, acusado de tenencia ilícita de armas e explosivos. A policía sospeitaba que transportaba clandestinamente dinamita a Vigo. Xulgado en xaneiro de 1935, foi condenado a sete anos de prisión. Tamén se lle abriu unha causa por unha carta que se lle atopou, escrita por un tal José, con membrete do Centro de Movilización y Reserva de Oviedo, que foi sobreseida. En marzo de 1935 foi levado ao Penal de San Cristóbal en Pamplona. De Ferrol, cumpría condena de 7 anos no Penal de San Cristóbal de Pamplona en setembro de 1935. Foi amnistiado polo Tribunal Supremo en febreiro de 1936. Recibido por unha manifestación o 25 de febreiro, á súa volga a Vigo, dende o penal de Burgos. Un dos integrantes do grupo que asaltou o local da Falange de Vigo en febreiro de 1936, xunto a Quintas, Eulogio Fernández, Antonio Rivero “Grilo”, Robustiano Figuera, Olegario Collazo e Ramón de la Torre Boullosa.

COMESAÑA PRADO, Desiderio (Pontevedra, 1901 – 1956).

Camareiro. Presidente da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares de Pontevedra, en decembro de 1927. Camareiro, expulsado da Sociedad de Camareros de Pontevedra en setembro de 1931; asina unha carta sobre o tema no xornal “El Pueblo Gallego”. Retornado da Argentina, participou na fundación da Sociedad Obrera de Cultura, da Federación Local de Trabajadores de Pontevedra e do xornal “Revolución”, dos que se arredou a finais de 1931 pola inxerencia do PCE local. Pronunciou un discurso en Sobredo en nome dos traballadores de Pontevedra no acto de colocación do monumento aos mortos do 22, a finais de novembro de 1931. En 1932 fundou o Ateneo Obrero de Divulgación Social e contribuiu a organizar o grupo “Natura” da FAI. Foi presidente do Sindicato de Camareros. Mitin en Marín en decembro de 1932. Estaba previsto que intervira nun mitin da Federación de Trabajadores de Tui y sus contornos, no Teatro Principal de Tui, en abril de 1933, mais foi suspendido. Estaba previsto que falara no mitin do 1º de maio de 1933 en Tui. Falou no mitin do 1º de maio no Teatro Principal de Tui en 1934. En maio de 1934 recollía suscricións en Pontevedra en nome do Ateneo de Divulgación Social de Pontevedra, para atender aos gastos de traslado de fillos de folguistas de Zaragoza a Barcelona. Representou á FAI, JJ.LL., e Ateneo Libertario de Pontevedra no enterro do militante anarquista Felipe García, en setembro de 1934. En outubro de 1934 foi detido por sospeitarse que ía poñer bombas no Cuartel de Fonseca en unión de Manuel Gómez Corbacho; na detención ocupouselle unha carta dos grupos de oposición sindical á Agrupación Socialista de Pontevedra, na que lle indicaban que eran partidarios das Alianzas no aspecto mediato, mais que os fines eran radicalmente distintos. A causa pola posesión dos documentos foi sobreseida. Mitin en Vilagarcía en outubro de 1935, representando ás JJ.LL., ao que ao final non puido asistir. Representou ao Sindicato de Industria Pesquera de Seara no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935. Participou nun mitin organizado polo Sindicato de Agricultores “La Unión Campesina” de Beade en xaneiro de 1936. Mitins en Ogrobe e Samieira en abril de 1936. Coñecido no Morrazo polo seu labor de asesoramiento dos sindicatos mariñeiros, chegou a representar á Fraternidad Marinera de Moaña no Congreso da CNT celebrado en maio de 1936 en Zaragoza. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Trabajadores de Pontevedra, Sindicato de Oficios Varios de A Guarda e Sindicato Pesquero y de Oficios Varios do Grove. Detido nos primeiros días da guerra, foi condenado a morte ainda que despois a pena foi conmutada pola de nove anos de cadea, segundo algunhas fontes. En decembro de 1937 foi detido en Portugal despois de marchar en taxi dende Vigo. Xulgado en febreiro de 1938 foi condenado á pena de morte, conmutada pola de reclusión perpetua en maio de 1938. No xuizo declarou a favor del o presidente da patronal de hoteis e cafés, Ángel Salgado. En abril de 1938 o médico da prisión de Vigo indicaba o seu estado de excitación e enajenación mental. En marzo de 1940 “España Popular” recollía a nova de “El Faro de Vigo” de que lle abrían un expediente de responsabilidades políticas. En marzo de 1942 foi conducido á Prisión Central de Santa Isabel, procedente da Prisión Provincial de Pontevedra. En marzo de 1943 trasladado á Prisión de Pontevedra para traballar nas minas de Silleda. Liberado condicional da Prisión “Departamento Penal de Trabajadores Reclusos. Minas de Silleda” en agosto de 1943. Despois voltou a Pontevedra, onde morreu en 1956.

COMPARADA, Eduardo.

Segundo outras fontes o nome era Ricado Comparada. Detido o 26 de maio de 1891 na Coruña, a consecuencia da folga do 1º de maio. Detido na folga de maio de 1891 na Coruña, foi liberado en xuño. O motivo da detención foi que quixo persuadir a outro traballador de secundar a folga e este o denunciou. Arredor do 26 de maio de 1891 estaban detidos Domingo Fuentes Gómez, Eduardo Comparada, Manuel Rodríguez Incognito, José Núñez Vila, José Iglesias Leira, Lucindo Gacía Barro, Juan Antonio Ferrreño, Eduardo Paredes Rodríguez, Fernando Zapata Fandiño e Diego Fernández Incógnito..

CONCHA VÁZQUEZ, Francisco.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Juan Flórez, Fábrica de Gaseosas. Presidente do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña de xuño a agosto de 1935. Delegado no CR en xaneiro de 1936. Delegado do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña no CR da CRG en xaneiro de 1936.

CONCHADO, Antonio (*)

En abril de 1917 colaboraba económicamente con “Cultura Obrera” desde o S.S. Esperanza.

CONCHADO, Francisco.

Contador do Sindicato de Peones y Albañiles da Coruña en outubro de 1928.

CONCHADO, Manuel

En agosto de 1931 asinaba un comunicado certificando a boa conducta de Manuel Piñeiro N. morto por disparos dun axente de vixilancia.

CONCHADO, Marcelino.

Contador da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xaneiro de 1923. Asina unha carta aberta ao Sindicato de Pintores “La Lealtad” sobre temas da profesión, en novembro de 1931. Paqueteiro do diario CNT de Madrid na Coruña, en febreiro de 1933.

CONCHADO BREGUA, Eduardo.

Membro dunha comisión do Sindicato de Industria Pesquera “El 1º de Mayo” da Coruña en xaneiro de 1930. Tesoureiro do mesmo en abril de 1931. Vocal en marzo de 1933 e setembro de 1934. Vocal 1º e Delegado á Industria Pesquera en marzo de 1936.

CONCHADO SANDE, Manuel (?, 1884 – ?).

Membro da Sección de Enfermeros Marítimos do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en abril de 1928.

CONCHEIRO, Andrés.

Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos.

CONCHEIRO, Ángel.

Vocal do Sindicato de Metalúrgicos da Coruña en novembro de 1931.

CONCHEIRO, Antonio.

Vicesecretario da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en maio de 1906.

CONCHEIRO, José.

Asina unha petición das sociedades obreiras coruñesas ao concello en abri de 1911, pola desgravación dalgúns artigos de consumo, como presidente da Sociedad de Gabarreros.

CONCHEIRO, Rafael.

Vocal do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en novembro de 1931.

CONCHEIRO AMOR, José.

Detido a finais de maio de 1933, acusado de participar na queima das igrexas de Sigrás e Anceis.

CONCHEIRO AMOR, Leonardo.

Detido a finais de maio de 1933, acusado de participar na queima das igrexas de Sigrás e Anceis.

CONCHEIRO MANEIRO, Consuelo.

Vocal do Sindicato del Arte Textil “La Primera Coruñesa” da A Coruña en decembro de 1931. Vicepresidenta en xaneiro de 1933. Colabora nunha suscripción pro-familia de Llerena en novembro de 1935.

CONDE, Antonio.

Militante do Sindicato Único de Metalúrgicos de Vigo en setembro de 1933.

CONDE, Antonio.

En agosto de 1944 comezou a publicarse en Montevideo o semanario “Inquietud”, animada por José Tato Lorenzo, con Antonio Conde como administrador.

CONDE, Cleto (? – Toulouse, 1961).

Mariñeiro galego, mutilado na guerra. En outubro de 1947 participa no II Congreso do MLE-CNT en Francia, representando á FL de Grenade. Morto en Toulouse en 1961.

CONDE, Emilio.

Integrou a comisión redactora do regulamento do Montepío de Tipógrafos y Similares de A Coruña en setembro de 1906.

CONDE, Emilio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Adelaida Muro, 36, baixo.

CONDE, José

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión directiva da folga, polos ebanistas.

CONDE, José.

Secretario da Agrupación de Estudios Sociales y Científicos de Pintores y Albañiles de Vigo en xuño, xulio, agosto e setembro de 1932.

CONDE, José (Camariñas, 1913 – Bruselas, 08-04-78).

Militante das JJ.LL. e despois da CNT. Era tesoureiro do SOV de Camariñas en xuño de 1936. A insurreccion fascista colleuno na Coruña. Ao ano de guerra foi movilizado co exército “nacional” e conseguiu pasarse á zona republicana polo frente de Belchite. Loitou en infantería de mariña toda a guerra, até que, finalizada esta, saliu por Cartagena con destino Argelia; alí foi incorporado á 3ª Compañía de Traballadores Extranxeiros e conducido á zona do Sahara. Evadido en tres ocasións das compañías de traballo, cando chegaron as tropas “aliadas” atopábase en Casablanca. En 1964, marchou coa súa familia, nunha expedición organizada pola ONU, a Bélgica, onde morreu aos 65 anos.

CONDE, Luis.

Participa nun mitin da Dependencia Mercantil contra as deportacións, en abril de 1932. En abril de 1932 o Sindicato de Dependientes y Mozos de Comercio organizou un mitin no Teatro “Rosalía de Castro” coa participación de Ángel Fernández, Silvio Santiago, Manuel Mejuto, Luis Conde, polo Sindicato e José Moreno e José Villaverde pola Confederación Regional Galaica. Vicepresidente do Sindicato de Empleados de Comercio, Oficina y Banca da Coruña en xulio de 1932.

CONDE, M.

En febreiro de 1915 asina unha subscripción dende Ferrol para enxugar o déficit de “Solidaridad Obrera” de Barcelona.

CONDE, Manuel.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

CONDE BLANCO, José María.

Boteiro, membro do Comité da FLO da Coruña antes de febreiro de 1932.

CONDE CABANAS, Constantino

En marzo de 1928 foi nomeado secretario do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en Castrillón, 2.

CONDE FERNÁNDEZ, Emilio (1874 – ?).

Traballador de “El Ideal Gallego”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

CONDE RAMOS, José (1901 – ?).

Traballador de “El Ideal Gallego”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

CONDE SISO, Luis.

Traballador da banca, foi membro do Comité da FLO da Coruña.

CONDICIA, Gerardo.

Afiliado número 221 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CONSTENLA

En abril de 1891 houbo unha xuntanza operaria con máis de 300 afiliados, na que participaron Martín, Constenla, Nogueira e Mella; nela ficou constituída a Sección de Oficios Varios.

CONSTENLA, Manuel.

Presidíu un mitin anarquista en Compostela en abril de 1904. Poucos días despois a “Gaceta de Galicia” comentaba que 15 canteiros que traballaban para el en San Xulián de Salas estaban en folga. Detido en xulio de 1904, por presidir o mitin de Ojeda e Sola, conceptuado como burgués inofensivo.

CONSTENLA, Marcelino.

Vicesecretario xeral do Sindicato General de Trabajadores de Lugo en maio de 1932.

CONTELA, Basilio.

Afiliado número 541 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CONTRERAS LOBIT, Juan

Renunciou ao seu cargo de presidente do Centro de Sociedades Obreras de Ourense en abril de 1910. En xuño de 1910 é un dos asinantes da carta enviada por un grupo de republicanos e librepensadores de Ourense para convida a “El Tea” de Ponteareas para trasladarse a Ourense. En febreiro de 1911 cesou no cargo de director do xornal lerrouxista “Orense Nuevo”. En maio de 1912 anunciaba a constitución do grupo “Humanidad Libre” en Ourense; enderezo en Baños, 9, 3º. En outubre de 1912 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad”; naquela altura inscribiu civilmente á súa filla Paz, Victoria y Libertad. En febreiro de 1913 mantiña correspondencia administrativa con “Tierra y Libertad”. En maio de 1913 mantén correspondencia con “Acción Libertaria” de Madrid, desde Ourense. En setembro de 1919 foi sobresida unha causa xudicial militar que se lle fixera como redactor de “Solidaridad” de Vigo. Xulgado por un tribunal militar en novembro de 1919 por un delito de imprenta, como redactor de “Solidaridad” de Vigo, foi defendido por Juan Amoedo.

CORA, Emilia

En agosto de 1912 “Tierra y Libertad” anunciaba a constitución do grupo femenino “La Antorcha” en Ferrol; o contacto era Emilia Cora, en San Eugenio, Ferrol.

CORAN, J.

Asina un artigo en “Solidaridad” de A Coruña dende Rianxo, en outubro de 1935.

CORBACHO, Manuel (*)

Portuario, deportado de Argentina a finais de 1930.

CORBACHO, Ricardo.

Vocal do Comité de Defensa Económico-Social da Coruña en febreiro de 1915. Vicepresidente da Sociedad de Inquilinos da Coruña en abril de 1915.

CORBEIRA FERNÁNDEZ, Jesús (?, 1887 – ?).

Membro da Sección de Enfermeros Marítimos do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en abril de 1928.

CORBELLA TORREIRO, Andrés.

Contador da Sección de Cocineros do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en marzo de 1936.

CORDAL.

Participou na representación de “O Fidalgo” en Compostela, como integrante do Cadro “Brisas Futuras”, en xaneiro de 1918.

CORDAL, Antonio.

Integrou unha comisión do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en xaneiro de 1933.

CORDAL, Emilio.

Representou ao Sindicato de Obreros Cerveceros y Gaseoseros da Coruña no Congreso de 1931 en Madrid. Representou aos Sindicatos de Cajonistas Aserradores e “La Cosmopolita” da Coruña no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

CORDAL, José

En outubro de 1915 comunícase en “Tierra y Libertad” que a correspondencia que se dirixía a José M. Quintáns se interrumpa e os envíos a “Aurora Libertaria” se dirixan a José Cordal.

CORDAL BOEDO, Enrique (1895 – ?).

Lampista, de 25 anos, de San Roque de Afora, foi detido en xaneiro de 1920 acusado da colocación dun petardo no transformador da luz eléctrica do barrio de Monelos.

CORDAL BOEDO, Eugenio.

Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos. Vocal do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en abril e outubro de 1932.

CORDAL CASTRO, Nicolás.

Contador da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xulio de 1910.

CORDEIRO CORBAL, Adolfo.

Detido en agosto de 1936, acusado de levar armas en Noia o 20 de xulio e de trasladarse a Santiago cos mineiros de Lousame, ainda que voltou dende alí. Tiña 18 anos.

CORDEIRO GIL, José.

Vocal de “La Alianza Marinera” de Cangas en xaneiro de 1932.

CORDERO, Cecilio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Payo Gómez, 12, 3º.

CORDERO, Manuel.

Militante do Sindicato de Hojalateros da Coruña, integraba unha comisión para falar cos patróns en maio de 1931 e ao tempo era nomeado membro da comisión revisora.

CORDERO BERATEGUI, Andrés.

Representou ao Sindicato de Industria Pesquera de Vigo no Congreso da FNIP de Zaragoza en maio de 1936.

CORDERO FERNÁNDEZ, Emilio.

A comezos de 1932 foi secretario do Ateneo de la Villa de Rutis. Dirixiu a banda de música e a Rolda do Ateneo.

CORDERO FERNÁNDEZ, Juan

Capitán da Terceira Compañía do Batallón “Celta” 30º Euzkadi 6º CNT.

CORDERO GÓMEZ, Celestino.

En maio de 1921 “La Integridad” informa do seu ingreso no cárcere. Detido pola folga dos cargadores en maio de 1921. En xulio de 1921 saiu da situación de prisión preventiva á que estaba suxeito, con motivo do incendio dos armacéns dos fillos de Pérez. Xulgado en decembro de 1924 pola morte de Nicasio Pérez, foi condenado á pena de reclusión perpetua. En xaneiro de 1925 o corresponsal na Coruña de “Cultura Obrera” comenta a súa condena no xuizo polo atentado contra Nicasio Pérez.

COREN, José A.

Afiliado número 222 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CORES, José.

Militante do Sindicato General de Trabajadores de Vilanova de Arousa. Elexido vicesecretario en decembro de 1931.

CORES, Rosendo (*)

Nunha listaxe de individuos sospeitosos de ser militantes anarquistas e ameazados de expulsión de Argentina en febreiro de 1903.

CORES NÚÑEZ, Rafael.

Detido e liberado posteriormente na Coruña con motivo da folga xeral de setembro de 1911.

CORGO, Eduardo.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en abril de 1937.

CORONADO, M..

Paqueteiro do diario CNT de Madrid na Coruña, en xulio de 1933.

CORONEL.

En 1905 integrou o comité federal da Federación Regional cando se trasladou á Coruña.

CORRAL, A. (*)

En setembro de 1916 Dionísio Freijomil pide que o compañeiro A. Corral lle escriba ao seu enderezo en Real, 63, Ferrol. En abril de 1917 mantiña correspondencia con “Regeneración” desde New York, por parte do grupo “Briat”. En xaneiro e abril de 1918 participa en suscricións do Grupo “Briat” de New York para “Tierra y Libertad”.

CORRAL, Alberto (*)

En abril de 1914 encabezababa unha colecta en Steubenville para “¡Tierra!” de La Habana. En agosto de 1917 colabora económicamente con “Germinal” de Tampico.

CORRAL, Eduardo.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Caballeros, 90, 2º. Membro da comisión organizadora do Sindicato de la Construcción y Litografía de A Coruña en marzo de 1932. Foi presidente do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en abril de 1932. Posteriormente foi secretario do mesmo en outubro e decembro de 1932, xaneiro, febreiro e marzo de 1933, e maio de 1936. Delegado na FLO en xaneiro de 1933. Vocal en xuño e xulio de 1934.

CORRAL, Francisco.

Traballador de “El Orzán”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

CORRAL, Josefa.

Traballadora da Coruña, de 42 anos, asasinada nunha manifestación pola folga dos consumeiros en maio de 1901.

CORRAL, Juan (Pontedeume, 1912 – Buenos Aires, 29-1-62).

Obreiro ferroviario de orixe galega (Pontedeueme), militante anarquista en Argentina, a onde chegou aos 7 anos. No tempo da guerra civil formou parte dos comités de solidiaridad que se constituiron en Buenos Aires. Interveu na creación do xornal “Solidarida Obrera” en 1941, o que lle valeu o cárcere. En 1953 retornou brevemente á súa Galiza natal para visitar á súa nai. Despois de 1955, como delegado da Unión Ferroviaria, participou no frustrado congreso normalizador da CGT en 1957, opoñendose aos peronistas e comunistas. A persecución obrigouno a vivir na clandestinidad en 1959. Defensor do núcleo sindical dos “32 Gremios Mayoritarios Democráticos”, ocupou nel o cargo de secretario de prensa. Amigo do profesor Jorge Frederich Nicolai, de quen foi admirador. Pola súa iniciativa creouse a Socieadad de Amigos de la Ciencia de Lanús, onde compartiu traballo con Eduardo Peleteiro. Foi fundador, administrador e colaborador do periódico “Reconstruir”. Participou en diversas sociedades culturais como o Ateneo Ciudad de Avellaneda, Biblioteca “Sol del Plata” de Remedios de Escalada, e presidiu na súa constitución a Federación de Entidades Culturales de Lanús.

CORRAL, Ramón

En novembro de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ferrol.

CORRAL BALAY, José.

Vocal 2º do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en abril de 1933. Vicepresidente do mesmo en xuño de 1936.

CORRAL GARCÍA, Francisca.

Xulgada en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

CORRAL MARTÍNEZ, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Avenida de Hércules 1-A baixo.

CORRAL QUIROGA, José (1911 – ?).

Traballador da Imprenta Moret, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

CORRAL SÁNCHEZ, Emilio.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de Profesiones Varias de Meirás en marzo de 1932, cando tivo lugar a súa fundación. Foi presidente na súa primeria xunta directiva.

CORREA, Casto.

Maquinista. Representou a Vigo e Bouzas na reunión constituinte da Federación Marítima del Litoral Gallego, celebrada en Compostela en decembro de 1925.

CORREA CORTABITARTE, Leandro.

Fogoneiro marítimo. Fuxido no “Sagrado Corazón de Jesús” en outubro de 1936, dende A Coruña. Argimiro Seijas o sinalou como o que o levou na fuga da Coruña no “Sagrado Corazón de Jesús”. En Asturias serviou no pesqueiro “Ceferino Varela” no que pretendeu fuxir cando a caída de Asturias; non o poideron conseguir ao ser afundido o pesqueiro polo buque fascista “Jupiter”. Detido, foi condenado a 12 anos en abril de 1941.

CORREAS TRALLERO, Gregorio.

Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, á altura do 20 de maio pasou de detido gubernativo a xudicial.

CORREDOIRA GONZÁLEZ, Eugenio.

Vocal 4º do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en setembro de 1930.

CORRES FERNÁNDEZ, Román.

Afiliado número 381 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, combatindo en Asturias en xuño de 1937.

CORTÉS

Da Coruña, en marzo de 1914 participou nun mitin polos presos políticos e sociais organizado polo Ateneo Obrero Sindicalista de Ferrol. En xuño de 1914 participou nun mitin da campaña polos presos na Coruña.

CORTÉS, Antonio

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

CORTÉS, Enrique.

Militante de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados de agosto. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, foi conducido a Pontevedra; a finais de mes ainda estaba detido.

CORTÉS, Fernando.

Presidente da Sociedad de Socorros Mútuos “Hercúlea”, da Coruña, en febreiro de 1915.

CORTÉS, José.

Paqueteiro de “Solidaridad” en Tui en febreiro de 1936. Paqueteiro de “Solidaridad” en Goián en xulio de 1936.

CORTÉS, L.

En febreiro de 1915 asina unha subscripción dende Ferrol para enxugar o déficit de “Solidaridad Obrera” de Barcelona.

CORTÉS, Manuel.

Vocal da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en decembro de 1918. Vicepresidente da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en novembro de 1919.

CORTÉS, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Linares Rivas, 52, 1º.

CORTÉS, Raimundo.

Maquinista. Representou a Vigo e Bouzas na reunión constituinte da Federación Marítima del Litoral Gallego, celebrada en Compostela en decembro de 1925.

CORTÉS, Rudesindo

Nomeado tesoureiro do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en xuño de 1931, cando tivo lugar a súa reorganización.

CORTÉS LOUREIRO, Antonio (1908 – ?).

Ou Longueira. Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Socorro, 17, 1º. Traballador da Imprenta Moret, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Secretario da Asociación Tipográfica en xuño e xulio de 1934.

CORTÉS REGUEIRA, Manuel

Presidiu unha reunión de todalas sociedades obreiras de A Coruña en decembro de 1914. Participou nun mitin no “Circo Pardo Bazán” contra a carestía das subsistencias, en febreiro de 1915. Detido en xulio de 1919 na Coruña. Deportado a Palencia no vrao de 1919, voltou a comezos de xulio quedando en libertade. Nomeado presidente do CES Germinal en novembro de 1919. Presenta ao goberno civil a documentación do Sindicato de Agricultores “Unión Campesina” de Almeiras, e do Sindicato de la Construcción y Litografía de A Coruña en xaneiro de 1932. Presenta a documentación do Sindicato de Oficios Varios de Noia y su Comarca, en maio de 1932.

CORTÉS RODRÍGUEZ, Enrique.

Afiliado á CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Condenado a quince anos de cárcere en xulio de 1937.

CORTÉS VÁZQUEZ, Antonio.

Presidente da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en decembro de 1914. Nomeado como delegado da Sociedad de Estibadores para o comité anticlerical argallado pola Antorcha Galaica en xuño de 1916. Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921. Vicepresidente de Germinal en marzo de 1932.

CORTÉS VIDAL, José

Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en febreiro de 1938. En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

CORTIÑAS, Rosendo

En marzo de 1928 foi nomeado vogal do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en praza de Pontevedra, 6.

CORTIZAS, Andrés

Participa nunha suscirición na Batería Naval Antiaérea Número 2 de Almería, en abril de 1938.

CORTIZO, A.

Paqueteiro de “Brazo y Cerebro” en Pontevedra en novembro de 1935.

CORTIZO, Florentino

En xaneiro de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”. En xuño de 1938 publica en “Galicia Libre” un artigo sobre a resistencia ao golpe militar en Xirazga e O Carballiño.

COSTA, Antonio.

Representou ao Sindicato de Oficios Varios de Tomiño no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

COSTA, Balbino.

Asina un chamamento contra o uso de dinamita na pesca da sardiña, en setembro de 1932. Afiliado á CNT, era concelleiro independente en Moaña en decembro de 1933. Como consecuencia do movemento insurreccional de decembro de 1933 foi expulsado do Concello, acusado de lideralo movemento.

COSTA, Juan.

Integra unha comisión do Sindicato Metalúrgico da Coruña para o estudio dos temas do Congreso Nacional da Industria Metalúrgica, en abril de 1933.

COSTA, Luciano.

Xornaleiro. Participou no movemento de decembro de 1933 en Cambre e foi procesado.

COSTA, Victoriano

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

COSTA CARDOSO, Ernesto da.

Ou Cardozo. Representante do Centro Instructivo de Propaganda Libertaria do Porto no Congreso da Paz de Ferrol en abril de 1915, xunto á súa compañeira.

COSTA CORDAL, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura co enderezo Hospital, 28-Hospicio.

COSTA COSTA, Jesús.

Directivo do SIP “Fraternidad Marinera” de Moaña en 1935.

COSTA COSTA, Victoriano

Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en febreiro de 1938.

COSTA FIGUEIRAS, Marcelino.

Na súa casa tiña a sede o Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Neaño (Cabana) en abril de 1936.

COSTA GARCÍA, Luis “Juan García Durán” (Vilagarcía, 1917 – ?).

En moitas ocasións sae tamén como Luis Costas. Segundo Manuel Fernández traballou de mineiro na zona de Noia na súa xuventude. En agosto de 1935 era secretario da Juventud Libertaria de Vilagarcía de Arousa. Trasladouse a Coruña, cara a 1935, despois dunha folga conflictiva. Colabora en “Solidaridad” de A Coruña en novembro de 1935. Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935. Presentou unha conferencia no Centro Cultural de Vilaxoán en decembro de 1935. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Carpinteros y Ebanistas, Sindicato de Aserradores, Sindicato de Canteros, Sindicato de Portuarios, Sindicato de Albañiles y Pintores, Sindicato de Estibadores del Puerto, Sindicato de Panaderos, Sindicato de Adoquineros, Sindicato de Peones, Sindicato del Transporte Marítimo de Vilagarcía. En xuño de 1936 tivo unha liorta con outro traballador chamado José Álvarez Fontán por unha cuestión de listas e feriuno, morrendo posteriormente. Detido o 1º de xulio de 1937, na Coruña, xunto a Lino Carrión Castilla e Secundino Rodríguez Eiras, cando agardaban para fuxir nun pesqueiro. Foi detido baixo o nome de Juan García Durán, natural de Comillas-Santander, que usaba na clandestinidade. Antes desta detención estivo detido por pouco tempo en dúas ocasións en agosto e outubro de 1936. Condenado a pena de morte en outubro de 1937, logo conmutada. Na cadea da Coruña, formouse culturalmente coa axuda dos irmaos Camilo e Cesáreo Saco. Saliu en libertade dos Talleres Penitenciarios de Alcalá de Henares o 18 de maio de 1943, indo a vivir á Coruña. Tesoureiro do primeiro Comité Regional da CNT na Coruña, na clandestinidade e enlace co Comité Nacional. No pleno clandestino de marzo de 1944 foi delegado da CRG. En abril de 1945, el e Manuel Fernández contactaron con Ramón Piñeiro a través dos irmaos Cesáreo e Camilo Saco. No verao de 1945 chegou a Madrid fuxindo da Coruña. A finais de 1945 foi nomeado representante do Movimiento Libertario na ANFD. En novembro de 1945 estaba no Comité Nacional da CNT en Madrid. En decembro de 1945 participou nunha xuntanza da ANFD galega en Compostela, con Raimundo Domínguez “Borobó”, Lois Peña Novo e Ramón Piñeiro. En xaneiro de 1946 foi enviado a París a entrevistarse con José Leiva e Horacio Prieto; ía tamén comisionado con Ramón Piñeiro para pedir a presencia dun representante do nacionalismo galego no goberno Giral, na persoa de Castelao. En febreiro de 1946 no Comité Nacional da CNT en Madrid. O 22 de marzo de 1946 participa no Pleno Nacional celebrado en Madrid, dando conta da súa viaxe. Tamén participou nun Pleno da ANFD galega celebrado no pazo de Armando Cotarela Valledor en Vilaxoán, onde el e Piñeiro deron contas da súa xestión en Francia. En abril de 1946 foi detido xunto a todo o Comité Nacional da CNT; na Gran Via tenta fuxir máis é ferido nunha perna. Cando estaba no Equipo Quirúrgico da rúa da Ternera fuxi novamente. Novamente detido, a fins de maio de 1946 ingresa no penal de Alcalá de Henares. Foi condenado a morte. O 10 de marzo de 1949 fuxíu do cárcere de Yeserías. Segundo outras fontes fuxiu de Alcalá de Henares e conseguiu cruzar a fronteira francesa. Permaneceu en Francia preto dun ano e despois foi para Australia, onde casou coa consul francesa. Colaborador de “CNT” de México en 1956. Acompañou á consul francesa a Houston, obtendo a plaa de bibliotecario na universidade. Ao longo de 1960 conferenciu en Detroit e New York. A finais de 1962 figura como compilador no Grupo Coordinador de Montevideo-Buenos Aires da “Enciclopedia de la Guerra civil española (1936-1939)”. En outubro de 1963 pronuncia unha conferencia sobre a novela española da posguerra na Asociación Americana de Profesores de Español e Portugués, en Michigan. En 1965 asina un artigo sobre “Galicia: su carácter, su historia y sus anhelos” en Comunidad Ibérica. En marzo de 1965 foi nomeado secretario do Patronato de Cultura Galega de Montevideo, ao constituirse. En 1972, tentaba completar a colección de “Solidaridad Obrera” para facer un microfilm por conta da Library of Congress. En 1979, ao xubilarse, fixou a súa residencia en Alicante. Fixo a súa tese doutoral na Sorbona sobre a influencia das escuadras de guerra extranxeiras na guerra civil e publicou os libros “Por la libertad. Como se lucha en España” (México, 1956), “Gramática española. Por qué la Gramática es una ciencia” (México, s.d.) e “Bibliografía de la guerra civil española” (Montevideo, 1964).

COSTA ISCAR, Mariano.

Segundo Manuel Fernández, catalán, mai un dos máis destacados anarquistas de Vigo a comezos de século.

COSTA PAN, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Caballeros, 19, 1º.

COSTA PIÑEIRO, Julio “Piojo”.

Afiliado á CNT, con antecedentes por hurto. En febreiro de 1936 estivo afiliado á Falange. En xaneiro de 1937 foi xulgado por participar nun grupo de paisanos armados no barrio de Santa Margarita. Foi condenado a reclusión perpetua.

COSTA SANDOMINGO, César.

Afiliado número 245 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

COSTALES, Victoriano.

Funcionario de Estadística de Pontevedra, expulsado da carreira despois do golpe militar. Fuxiu a Portugal levado polo chofer que despois levou a Desiderio Comesaña. A súa muller, Elena Pintado foi quen puxo en contacto a Comesaña co chófer.

COSTAS, A.

Paqueteiro de “Solidaridad” en Guillarei en xuño de 1936.

COSTAS, Alejandro.

Mantén correspondencia con “Solidaridad” dende Tui en marzo de 1936.

COSTAS, Antonio (*)

Segundo Amparo Sánchez Cobos foi un dos ácratas obrigados polas autoridades españolas a abandonar o país, que grazas a unha suscrición de “El Nuevo Ideal” puideron ir a América.

COSTAS, Cándido

Vicesecretario da Federación Obrera Local de Vilagarcía en maio de 1923.

COSTAS, Generoso

Participou no 1º Congreso Regional Galaico en Vigo en agosto de 1922.

COSTAS, J. (*)

En abril, xulio, agosto de 1898 recibía a correspondencia do grupo “Los Ácratas” de Buenos Aires.

COSTAS, José.

Vocal do Sindicato de Trabajadores del Ramo del Vestir de Vigo en xulio de 1931.

COSTAS, Luis.

Preside un mitin da CNT en Betanzos en novembro de 1931.

COSTAS, Severino (?, 1897 – ?).

Canteiro, veciño de Cerponzóns-Pontevedra, afiliado á CNT, acusado de agredir a un traballador da UGT en setembro de 1933.

COSTAS AREAL, Antonio.

Colabora en ¡Despertad! en marzo de 1930.

COSTAS FERNÁNDEZ, Emilio (1913 – ?).

Colaborador do xornal “Mar y Tierra”. Panadeiro en Vigo, detido en novembro de 1932 por un tiroteo no que foi ferido Valentín Paz Andrade, xunto a Vicente Vales, no transcurso da folga pesqueira. Era veciño de Teis e tiña 19 anos. En febreiro de 1933 asinando unha suscripción nun grupo de presos sociais do cárcere de Vigo. En xuño de 1933 envía unha colaboración a “Tierra y Libertad” de Barcelona, asinada con Vicente Vales, pedindo a realización dunha campaña de propaganda anarquista. En xulio de 1933 asina un artigo en “Tierra y Libertad” co título “A la juventud revolucionaria de Galicia”. En Vigo en setembro de 1933. En outubro de 1933 asina un artigo en “Tierra y Libertad” de Barcelona sobre unha campaña de organización anarquista na Galiza. Denuncia as pésimas condicións do cárcere de Vigo en outubro de 1933. Para o xuizo, en novembro de 1933 polas feridas a Paz Andrade se lle pediron 18 anos de cárcere. Absolto a mediados de novembro de 1933. En setembro de 1934 se lle quixo aplicar a Lei de Vagos en Tui. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Alimentación y Similares e Sindicato de Construcción y Similares de Tui, e Sindicato de Oficios Varios de Guillerei. Falou no enterro de Ramón Domínguez en xuño de 1936.

COSTAS FERNÁNDEZ, José.

Militante de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados de agosto. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, en calidade de preso gubernativo. A finais de maio de 1933 polemizaba no xornal “Tribuna” de Tui; foi contestado no mesmo xornal a comezos de xuño. Secretario do Sindicato del Ramo de la Alimentación de Tui en setembro de 1933. En agosto de 1935 escribía en “Solidaridad” dende o cárcere de Tui. Detido en setembro de 1935, nunha reunión do Sindicato de Alimentación de Tui, foi procesado por reunión clandestina e condenado a tres meses de cárcere. Participa nun acto organizado polo grupo “Mar y Tierra” de Cangas en abril de 1936.

COSTODIA, María.

Militante libertaria de Vilagarcía na primaveira de 1933.

COSTOYA, Francisco.

Detido en Vilagarcía, foi liberado en xulio de 1934, defendido polo abogado Isidoro Millán.

COSTOYA, Isolino.

Elexido tesoureiro do Sindicato General de Trabajadores de Vilagarcía, en outubro de 1931.

COSTOYA, Manuel

Directivo da Sociedad de Plateros de Santiago en xuño de 1930, participou na representación obreira na negociación polas obras do ferrocarril.

COTARELO, José

Tesoureiro da Sociedad de Planchadores de La Habana en febreiro de 1907. Presidente da Sociedad de Planchadores de La Habana en febreiro de 1908.

COTELO BECERRA, Ramón.

Vicepresidente do Sindicato de Profesiones Varias de Cabovilaño en agosto de 1934.

COTELO PALLEIRO, Ricardo (San Cristobal das Viñas-A Coruña, 8-9-1870 – ?).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Castiñeiras de Abaixo, 34, 2º dta. Militante anarquista coruñés de comezos do século XX, emigrado por algún tempo na Argentina. Segundo Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas galegos de comezos de século. Despois dos sucesos de 1901 foi acusado do atentado a un tenente da garda civil, responsable da represión á folga dos consumos na que morreron oito persoas; segundo Manuel Fernández, ao cruzarse na rúa con el, disparoulle dous tiros de revolver sen alcanzarlle. Enrique Taboada xustifica o atentado en “El Porvenir del Obrero” de Mahón en xuño de 1902. En decembro de 1902 a Sociedad de Banasteros decidiu abrir unha suscrición para axudarlle. En marzo de 1903 pasou por Ferrol en conducción cara ao presidio, condenado a 4 anos e 2 meses. En marzo de 1903 deixaba as súas accións da Cooperativa Obrera á Antorcha Galaica del Librepensamiento para a creación dunha escola de nenas. Foi un dos creadores do Centro de Estudios Sociales Germinal da Coruña. Condeado a 12 anos de prisión, apenas cumpliu tres, saindo en 1904. Membro do Comité Federal da FSORE, tras o Congreso de Sevilla, en 1904. En febreiro de 1905 fai un donativo a “Tierra y Libertad” desde A Coruña. En marzo de 1905 foi nomeado presidente da Sociedad de Camareros y Cocineros Marítimos “La Cosmopolita”, cando se constituiu. Participou na velada do 1º de maio de 1905 no Teatro Circo da Coruña, pola sociedad de camareiros. Asina un chamamento da Sociedad de Camareros y Cocineros marítimos “La Cosmopolita”, publicado no xornal “¡Tierra!” de La Habana. En xulio de 1905 participou na creación dun grupo de solidaridad internacional en favor dos perseguidos por cuestións sociais. En 1905 integrou o comité federal da Federación Regional cando se trasladou á Coruña. Recibía a correspondencia do Grupo de Solidaridad Internacional en Orzán, 25, 1º en xulio de 1905. Tomou parte na folga dos metalúrxicos dos anos 1906-1907. Un dos asinantes dunha proposta de mitin de controversia con Pablo Iglesias por parte do Grupo de Solidaridad Internacional da Coruña en novembro de 1907. Colaborador do xornal “Acción” da Coruña en 1908. En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. En maio de 1908 comunicaba a “Tierra y Libertad” o seu cambio de domicilio a Estrella, 38, baixo. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908. En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres. Vocal do xurado da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en marzo de 1915. Foi presidente do Sindicato de Camareros y Cocineros da Coruña. Detido por atentado ao libre exercicio de cultos, foi liberado a finais de outubro de 1917. O 12 de novembro de 1917 foi denunciado por intento de agresión e o día 28 do mesmo mes, por ameazas á autoridade nunha reunión obreira. En maio de 1918 foi elixido presidente do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña. Acusado de ser un dos promotores da interrupción dun mitin socialista no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, en agosto de 1918. Participou nunha xuntanza da Sociedad de Cigarreras “La Laboriosa” en novembro de 1918. Deportado a Ballanás despois da represión na Coruña en xulio de 1919. Nomeado representante da Sociedad de Obreros en Hierros y Metales no Congreso da CNT, en novembro de 1919. Interveu no Congreso da CNT de 1919, participando na ponencia sobre unidade sindical. Representou á Sociedad de Obreras Cigarreras “La Nueva Aurora”, Sindicato de Obreros Panaderos “La Nueva Unión”, Sociedad de Albañiles y Ayudantes “La Aurora Social”, Sociedad de Cargadoras de Carbón, Sal y Mineral da Coruña no Congreso da Comedia de Madrid en 1919. Sucesivas detencións o 28 de xuño de 1919, 7 de xaneiro e 19 de xulio de 1920, por axitador. Deportado cara a 1920, posteriormente retirouse da militancia activa. Segundo Juan Expósito, Cotelo reclamou públicamente a David Díaz algunhas cantidades recibidas de sindicatos para xirar a “Nueva España”. Presidiu unha reunión das obreiras carboneira en maio de 1921. Novamente detido nunha reunión clandestina o 28 de agosto de 1921. No tempo da dictadura de Primo de Rivera comezou a traballar como conductor mecánico no Concello da Coruña, ao cargo dunha ambulancia. Secretario da CRG en 1925, estivo ausente no Pleno Regional. No outono de 1929 tivo un accidente de automóvil en Ordes, cando levaba a un demente ao manicomio de Conxo. Presidente do Sindicato de Obreros Municipales “La Aurora” en xuño de 1931. Na II República afiliado a Izquierda Republicana e socio de “Germinal”. En novembro de 1935, presidente da Junta de Propulsión y Defensa del Progreso de La Coruña. Acusado de unirse ás columnas de mineiros que tentaban defender A Coruña o 21 de xulio de 1936, foi condeado o 4 de setembro de 1937 á pena de reclusión perpetua. En 1941 a pena foille conmutada pola de dous anos e oito meses.

COTELO PEDREIRA, José.

Secretario da Unión Petrolífera da Coruña en dende abril de 1931 até agosto de 1932. No Comité de Flota da Unión Petrolífera en maio de 1936.

COSTAS PÉREZ, José (Moaña, 1919 – ?).

Pescador, veciño de Tirán-Moaña, afiliado á CNT. Sindicalista, segundo o informe do concello de Moaña en novembro de 1936.

COSTAS PÉREZ, Manuel (Moaña, 1915 – ?).

Pescador, veciño de Tirán-Moaña, afiliado á CNT, non participou nos sucesos do 36, por estar embarcado, segundo o informe do concello de Moaña en novembro de 1936. Absolto en decembro de 1936.

COTELO PÉREZ, Ricardo.

Vocal do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en novembro de 1933 e setembro de 1935.

COTELO RODRÍGUEZ, Ramón.

Vocal por Pedra do Sindicato de Agricultores y Profesiones Varias de Golmar-Laracha en xuño de 1936.

COTELO SUHET, Roberto (? – Montevideo, 1970).

Infatigable loitador no movemento obreiro e no anarquismo do Uruguay. Nomeado redactor de “La Batalla” pola asamblea do Comité de Relaciones de las Agrupaciones Anarquistas de Montevideo en xuño de 1923. En outubro de 1923 era secretario do Comité Pro Unidad Obrera e abriu o Congreso de Unidad de Montevideo. No tempo da guerra civil estivo en España. Designado por el CN de la CNT y CP de la FAI como delegado das dúas organizacións en Montevideo en 1937, a súa correspondencia recibíase a nome de Aurora Pedreira. A Campio Carpio lle chegou a noticia da súa morte no verán de 1971.

COTO, Andrés.

Participou nunha manifestación de mineiros de Lousame ao Concello de Noia en agosto de 1935.

COTÓN, Antonio.

Membro do Sindicato de Sastres de Santiago y sus Contornos cara a 1934.

COTROFE GONZÁLEZ, Romualdo

Ferido en agosto de 1931 nos incidentes que seguiron aos disparos dun axente de vixilancia sobre Manuel Piñeiro N.

COTROFE MARTINETE, Daniel.

Vicepresidente da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en febreiro de 1917.

COTROFE MENA, Gerardo.

Vocal 1º da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xaneiro de 1919. En marzo de 1928 foi nomeado tesoureiro do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en San Cristóbal; seguiu de tesoureiro en agosto de 1928. Nomeado delegado na FLO en maio de 1931; tiña enderezo en Lages de Chorro, 1. Nomeado tesoureiro do Sindicato de Pintores en xaneiro de 1932; tiña enderezo en Birloque. Nomeado novamente presidente en xaneiro de 1933.

COTROFE MENA, José

En abril de 1930 foi nomeado contador do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en San Cristóbal, Lonzas, 15.

COUCE, Vicente

En marzo de 1912 Amalia Fraguela e Vicente Couce comunican a inscrición da súa filla Luz Armonía en Ferrol. En outubro de 1912 participa nunha suscrición do Grupo “13 de octubre” de Ferrol polos presos sociais e os libertarios mexicanos.

COUCE, Vicente.

Depositario do Sindicato Único de Empleados y Obreros Municipales de Ferrol, en maio de 1936.

COUCE DOPICO.

A. Pan escribe unha carta aberta dirixida ao camarada Couce Dopico, preso cunha condena de 17 anos, en marzo de 1936, no xornal “Brazo y Cerebro”.

COUCE CAEIRO, Manuel.

Afiliado á CNT. Detido o 21 de xulio de 1936 no Concello de Ferrol.

COUCE FRAGUELA, Vicente (? – Ferrol, 15-08-36).

Executado en agosto de 1936, en virtude do artigo 4º do Bando de Guerra (tenencia de armas) en Ferrol.

COUCEIRO

Militante anarquista galego activo en Ceuta á altura de 1918.

COUCEIRO, Germinal

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Estrella, 47, baixo.

COUCEIRO, José

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

COUCEIRO, M.

Vicesecretario do Sindicato de Obreros y Empleados Municipales de A Coruña en novembro de 1935.

COUCEIRO, Manuel

Asina un chamamento en “’¡Tierra!” de La Habana pedindo que lle escriban compañeiros de diversas localidades cubanas. En novembro de 1912 comunica o seu cambio de enderezo a Pi i Margall, 31, A. Secretario de correspondencia del Centro de Estudios Sociales del Cerro en decembro de 1912. Acepta unha controversia en “El Dependiente” de La Habana en outubro de 1913. En 1924 Miguel Lozano o mencionaba en “Acción Libertaria” como antigo integrante do grupo “Fiat Lux” que en 1914 editara o voceiro do mesmo nome.

COUCEIRO, Manuel.

Colabora nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

COUCEIRO, Raul

Presidiu a reunión fundacional do Ateneo Libertario “Nueva Era” da Coruña en novembro de 1933.

COUCEIRO GARCÍA, José.

Afiliado número 22 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, combatindo en Asturias no Gordón Ordax en xuño de 1937.

COUCEIRO GARCÍA, Manuel.

Viaxante, natural de Culleredo. Afiliado á Agrupación Confederal Galaica en Asturias de xaneiro a abril de 1937. Afiliado número 422 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

COUCEIRO GÓMEZ, Benito.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Estrella, 47, baixo. Zapateiro anarquista, foi un dos iniciadores da “Antorcha Galaica del Librepensamiento” a finais do século XIX. Segundo Manuel Fernández, un dos máis destacados anarquistas coruñeses de comezos de século, secretario da FLO da Coruña e directivo da Antorcha Galaica del Librepensamiento, amigo de Juan No e José Sanjurjo. Nunha listaxe de donativos recibidios polo xornal “La Acción” da Coruña, despois de que cesara na súa publicación no número 3, por falta de apoio, en marzo de 1909. En abril de 1910 fundouse na Coruña o grupo “Pro Tierra y Libertad” co propósito de contribuir ao xornal “Tierra y Libertad”; recibía a correspondencia a nome de Benito Couceiro, no Centro de Estudios Sociales “Germinal”, en Orzán, 120, 1º. Asina unha petición das sociedades obreiras coruñesas ao concello en abri de 1911, pola desgravación dalgúns artigos de consumo, como secretario da Sociedad de Zapateros. En xuño de 1911 foi nomeado contador da recén fundada Federación Sindical “Solidaridad Obrera” de Galicia, establecida na Coruña. En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres. Presidiu un mitin no “Circo Pardo Bazán” contra a carestía das subsistencias, en febreiro de 1915; era da Sociedad de Inquilinos. Interveu nunha asemblea pública do Comité de Defensa Económico Social da Coruña en abril de 1915. Participou nun mitin para pedir o abaratemento das subsistencias e unha amnistía, na praza de touros da Coruña en outubro de 1916. Procesado despois da folga de 1917. Detido por atentado ao libre exercicio de cultos, foi liberado a finais de outubro de 1917. En marzo de 1918 foi designado pola FLO para participar nun mitin en Mera. Presidente do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña en agosto de 1918. Acusado de ser un dos promotores da interrupción dun mitin socialista no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, en agosto de 1918. Participou nunha xuntanza da Sociedad de Cigarreras “La Laboriosa” en novembro de 1918. Participou no Congreso da CNT do Teatro da Comedia en 1919, representando ao Sindicato de Oficios Varios de Betanzos, e Sindicato de Oficios Varios, Gremio de Operarios Zapateros y Similares, Sociedad de Pescadores en Traineras, da Coruña. Deportado a Ballanás despois da represión na Coruña en 1919. Deportado a Palencia no vrao de 1919, voltou a comezos de xulio quedando en libertade. Detido en xulio de 1919 na Coruña, foi deportado. Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos. Falou nun mitin na praza de touros da Coruña en maio de 1920, reclamando a apertura dos locais clausurados. En xulio de 1920 foi deportado da Coruña a pe, conducido pola garda civil. Falou no mitin pedindo o indulto do cabo Sánchez Barros, na praza de touros da Coruña, en agosto de 1923. Detido na Coruña en xaneiro de 1924 por tenencia de follas clandestinas. En agosto de 1928 “Cultura Proletaria” de New York informa da detención de Couceiro, Torreiro, Montes e outros na Coruña, Fandiño e Ezequiel Rey en Compostela e Villaverde en Vigo. Polemiza con Esteban Fernández Temprano en “¡Despertad!” en decembro de 1928. En marzo de 1931, desminte en “Solidaridad Obrera” os rumores de que vaia apoiar determinada candidatura electoral. Interveu nun mitin Pro-Amnistía no Teatro Rosalía, o 29 de marzo de 1931, pedindo que se engadira ás conclusións do mesmo a petición de abolición da pena de morte. Participou en nome da Antorcha Galaica no mitin da Federación Local de Sociedades Obreras na praza de touros da Coruña en protesta pola actuación das forzas da orde no incendio do convento dos Capuchinos, en xulio de 1931. Falou no Burgo-Culleredo nun acto organizado polo Centro Cultural do Burgo, en novembro de 1931. Coa chegada da II República converteu a súa zapatería nunha cooperativa e ingresou no Partido Sindicalista. Foi membro do Centro Cultural Herculino. En agosto de 1932 interveu nun acto organizado pola Agrupación III República, en nome da Antorcha Galaica del Librepensamiento. Polemiza con Eduardo Collado en “Solidaridad Obrera” da Coruña sobre o tema dos cargos retribuidos, en novembro de 1933. En novembro de 1935 preside un mitin contra a guerra organizado polo Centro de Estudios Sociales Germinal. En novembro de 1935, vogal da Junta de Propulsión y Defensa del Progreso de La Coruña. A comezos de 1936, xa con bastantes anos, traballaba no seu taller de reparación de calzado na rúa de Fernando González. Colabora en “Solidaridad” de A Coruña en marzo de 1936. Asina un artigo en “La Calle” en marzo de 1936. En xuño de 1936 participou nun mitin polo Estatuto en Oza dos Ríos.

COUCEIRO GÓMEZ, José

Asina o regulamento da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña, en outubro de 1914, como membro da comisión organizadora. Presidente da súa primeira xunta directiva en novembro de 1914.

COUCEIRO GÓMEZ, Raul

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Estrella, 47, baixo.

COUSELO, F. (*)

En abril de 1923 asina un artigo en “El Libertario” de Buenos Aires.

COUSELO ROMERO, Andrés.

Vocal do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en decembro de 1932.

COUSILLA, Manuel (*)

En marzo de 1917 denunciaba en “Cultura Obrera” desde Barcelona que foran abandonados por un barco da “Fabre Line” en Marsella.

COUSILLAS GARCÍA, Bautista (?-A Coruña, 07-01-18- ?).

Mariñeiro, da CNT, solteiro, fillo de Amancio e María, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en novembro de 1936 e foi soldado na Sección Mixta. Afiliado número 202 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

COUSILLAS POMBO, Andrés.

Peón mecánico de Corme, afiliado á CNT da Coruña (Ramo de Albañiles). Movilizado en 1937, estivo no exército até 1941. Obreiro de “La Primera Coruñesa” en 1946. Nesta data foi investigado por actividades clandestinas, relacionado co PC. Fora captado polo seu primo Avelino Rivas Pombo, do PC.

COUSO, Adolfo.

Participa nunha asamblea pesqueira en Vigo en xulio de 1930 pola Sociedad de Marineros de Bouzas, que desautoriza a Manuel Rodriguez Careu.

COUSO PÉREZ, Domingo (? – Ourense, 11-12-1937).

Tesoureiro do comité da CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Condenado á pena de morte en xulio de 1937, foi fusilado en decembro. Paqueteiro de “Solidaridad” en A Gudiña en xuño de 1936.

COUTO.

Canteiro, participou nun mitin en Compostela en febreiro de 1917.

COUTO, Agustín.

Sospeitoso de participar no movemento de decembro de 1933 en Bertoa-Laracha, non foi detido. Na comisión organizadora do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Berdillo-Carballo en marzo de 1936. Na comisión organizadora do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Goiáns-Carballo en maio de 1936.

COUTO, Amelia

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Moreno Barcia, 15, baixo, corralón.

COUTO, Antonio.

Embarcou no Vapor “Arlanza” en abril de 1928, como camareiro. Presidiu unha reunión da Sección de Cocineros Marítimos do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en marzo de 1935.

COUTO, Benito.

Expulsado do Sindicato de Canteros da Coruña pola súa actuación como encargado nas obras da Telefónica en outubro de 1929.

COUTO, Juan.

Nomeado contador do Sindicato Único de Neda en marzo de 1921. Reelexido en marzo de 1922.

COUTO RAÍCES, José.

Xulgado en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

COUTO REY, Antonio

En xaneiro de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre” desde a Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena. Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en febreiro de 1938. En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”. Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en outubro de 1938.

COUTO VÁZQUEZ, Herminio.

Tamén sae como Emilio. Vocal do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en xaneiro e decembro de 1932.

COUZO MARTÍNEZ, Juan (A Coruña, 1898 – ?).

Cuñado de Luis Cheda Magallart, albañil afiliado á CNT da Coruña, tivo a este agachado na súa casa, e tamén a Ángel Fernández. Foi detido coa caída de José Brandariz e condenado a 20 anos de reclusión.

COVELO, Ángel (Río-Vigo, 31-12-11 – Alger, 01-03-65).

Chegou ao exilio como tripulante dun barco da Flota Republicana, na que sirviu durante a guerra. Militou na FL de Alger e ao seu enterro acudiu tamén unha representacion do Centro García Lorca da cidade africana.

COVELO PÉREZ, José.

Secretario da “Alianza Marinera” de Teis en xuño de 1931, cando tivo lugar un conflicto cos armadores pesqueiros daquel porto.

CRAZO, Manuel.

Militante do Sindicato General de Trabajadores de Vilanova de Arousa. Elexido vicepresidente en decembro de 1931.

CRECENTE.

Participou no mitin celebrado en 1923 na praza de touros da Coruña, para pedir o indulto do cabo José Sánchez Barros.

CREGO, Rogelio

En marzo de 1903 participou na mesa dun mitin da Maestranza no Circo Ferrolano para xestionar créditos para rematar os traballos en curso.

CREO LISTE, José (?, 1889 – 01-06-20)..

Tamén como José Creo de Liste. Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana en abril de 1908, dende Preston. Asina un artigo en “Tierra y Libertad” denunciando a prisión de varios obreiros que publicaron unha folla protestando dos atropelos das operarias da fábrica de tecidos de Molezún. En outubro de 1908 asina un artigo en “Tierra y Libertad” denunciando o proceso de 315 obreiros pola publicación dunha folla. En decembro de 1908 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad”. Colabora en “Tierra y Libertad” en abril e xuño de 1909. En xulio de 1909 ten correspondencia con “¡Tierra!” de La Habana dende A Coruña. Chofer da compañía “La Regional” que facía o servicio entre A Coruña e Santiago, foi detido en outubro de 1909 e desterrado a Arzúa. En agosto de 1910 José Guardiola tentaba contactar con el a través de “¡Tierra!” de La Habana, comentando que estivera vendendo libros en Jovellanos; pola súa banda, José Creo quería contactar con Brea de Buenos Aires e pedíalle que lle escribira a “Rebelión” de Cruces. En febreiro de 1911 recibía correspondencia no xornal “¡Tierra!” de La Habana. En marzo de 1911 José Creo enviou unha carta a “Tierra y Libertad” reproducida por “¡Tierra!” de La Habana, defendendo a Enrique Taboada Chas. En xulio de 1911 publica un artigo en “Tierra y Libertad” polemizando con outro publicado en “La Voz del Obrero”. En agosto e decembro de 1911 colabora en “Tierra y Libertad”. En xaneiro, febreiro de 1912 colabora en “Tierra y Libertad”. Secretario da Sociedad de Camareros Marítimos. Garantiu ao gobernador civil o mantemento da orde no mitin anticlerical no Teatro Circo Emilia Pardo Bazán da Coruña en marzo de 1913. Detido por participar nos incidentes que tiveron lugar con ocasión da visita de Juan de la Cierva á Coruña, en abril de 1913; era presidente da Sociedad de Camareros Marítimos. Participou nun mitin pola “Defensa de los derechos de ciudadanía” no Teatro Circo de A Coruña en setembro de 1913. Presidente da Sociedad de Oficios Varios da Coruña, en febreiro de 1914 foi agredido xunto a outro compañeiro. Participou nun mitin no “Circo Pardo Bazán” contra a carestía das subsistencias, en febreiro de 1915. Secretario do Comité de Defensa Económico-Social da Coruña en febreiro de 1915. En setembro de 1917 asina un artigo en “Cultura Obrera” de New York. Deportado a Ballanás despois da represión na Coruña en 1919. Detido en xulio de 1919 na Coruña, foi deportado. Deportado a Palencia no vrao de 1919, voltou a comezos de xulio quedando en libertade. Asasinado nunha discusión por un compañeiro de traballo chamado Julio Casal, ao parecer tamén anarquista, a bordo do vapor “Chicago” en xuño de 1920.

CREO MAYO, Juan (Muros-A Coruña, 1907 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) en 1937; fora afiliado á CNT.

CREO OUTEIRO, José.

Antes da guerra afiliado ao “Despertar Marítimo”. En outubro de 1938 era mariñeiro do “Magdalena Vinaches”, fuxido a Brest. Ao contrario que a maioría dos tripulantes, non voltou á Galiza.

CREMER ALONSO, Victoriano.

Colabora en “Solidaridad Obrera” da Coruña dende novembro de 1930. En xulio de 1932, procesado por un artigo en “Solidaridad Obrera” da Coruña. Leonés, participa nun mitin da CRG no Teatro Rosalía da Coruña en xaneiro de 1933. Colabora en “La Calle” en marzo, abril de 1936. En abril de 1936 “La Calle” anunciaba a próxima aparición de “Romance de Octubre” de Victoriano Cremer Alonso (tamén figura Manuel G. Linacero).

CRESPO, Amador.

En febreiro de 1933 asinando unha suscripción nun grupo de presos sociais do cárcere de Vigo.

CRESPO, Enrique.

Foi delegado do Sindicato de Estibadores “El 1º de Enero” na FLO da Coruña, en maio de 1931. Despois pasou da plantilla de estibadores suplentes á de eventuais (colla vella).

CRESPO, Francisco

En novembro de 1915 Francisco Crespo, con enderezo en Batería, 6, Ferrol, desexaba contactar co seu pai Antonio Crespo Vidal, de Betanzos, emigrado en Buenos Aires. En decembro de 1915 recibe cartos dunha suscripción polos presos de “Tierra y Libertad”.

CRESPO, Francisco (A Coruña, 1912 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT.

CRESPO, Isaac.

Detido en Goián a finais de maio de 1933, pola súa suposta implicación na folga xeral, foi trasladado a Tui e liberado no mesmo día.

CRESPO, J.

En xuño de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Betanzos.

CRESPO, José.

Contador da Sociedad de Hierros y Metales “La Reforma” da Coruña en decembro de 1918.

CRESPO, Luis.

Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Carril, en abril, xuño e xulio de 1933.

CRESPO, V.

Nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Constructores Mecánicos de Calzado da Coruña en abril de 1931.

CRESPO, Vicente (Marín-Pontevedra, ? – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT.

CRESPO ABELEDO, José.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias afiliado á Federación de Grupos de Xixón.

CRESPO AGRAMONTE, Francisco.

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Coruña. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937.

CRESPO BUGALLO, Francisco (A Coruña, 09-06-1889 – ?)

Fillo de Antonio Crespo Vidal, de Paderne e Josefa Bugallo Gómez, de Abegondo. Domiciliado no Boquete de San Andrés, 12, en 1889. Da Coruña, foi detido en novembro de 1915 na folga de gabarreiros e cargadores de Ferrol, por unha suposta agresión a Francisco Cabana.

CRESPO CRESPO, Manuel.

Afiliado número 233 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

CRESPO GARCÍA, José.

Vocal 1º do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en setembro de 1935.

CRESPO LORENZO, Emilio

Militante da rexional Centro, era de Ourense. Despois da guerra foi a unha colonia en Ecuador relacionada coa actividade de John Dos Passos. José Ledo Limia comentaba que fora compañeiro del na rexional Centro, militante da Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid. Estivera con Alonso en USA e despois fora a combater a prol da República.

CRESPO VIDAL, Antonio

En novembro de 1915 Francisco Crespo, con enderezo en Batería, 6, Ferrol, desexaba contactar co seu pai Antonio Crespo Vidal, de Betanzos, emigrado en Buenos Aires.

CRESTAR DÍAZ, Manuel.

Debuxante. Realizou a súa primeira exposición na Coruña en 1913. En novembro de 1921 inaugurou unha exposición na Casa América Galicia de caricaturas e esbozos decorativos; había un retrato de Crestar feito por Abelenda e unha caricatura en ieso feita por Bonome. Na II República simpatizou coas correntes progresistas da cultura e coas ideas libertarias. Pasou a guerra civil en Madrid, onde colaborou no voceiro da Agrupación de Gallegos Libertarios, o xornal “Galicia Libre”. En xaneiro de 1938 publica un debuxo en “Galicia Libre” sobre a represión en Betanzos. Contador-tesoureiro da Agrupación de Gallegos Libertarios de Valencia en marzo de 1938. Refuxiouse en Uruguay en 1939.

CRUCES MARTÍNEZ, José (Noia-A Coruña, 1917 – ?).

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Noia. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937; sen filiación anterior.

CRUZ, A.

Dende Ferrol asina un manifesto anarquista lembrando aos mártires de Chicago o 11 de novembro de 1888.

CRUZ, Antonio de la.

Militante do Sindicato General de Espectáculos Publicos, sección Acomodadores, en xulio de 1936.

CRUZADO, José.

Bibliotecario da Asociación Tipográfica de A Coruña en febreiro de 1903.

CUBEIRO, José (*)

Presidente da Unión 14.139 de Cocineros y Dependientes de Restaurants de Kew West en outubro de 1912.

CUESTA ALONSO, Balbino (Cangas do Morrazo, 1876 – ?).

Expulsado de Cuba por sospeitoso, chegou a Coruña embarcado no “Reina María Cristina” en xuño de 1918.

CUÉTARA, Raimundo (*)

En febreiro de 1912 era vogal da Sociedad de Instrucción Racional y Científica “Enseñanza Mutua” de La Habana. Secretario do Gremio de Carpinteros en General de La Habana en marzo de 1913.

CUETO LOJO, Peregrino.

Detido en outubro de 1932, ao explotar unha bomba no vapor “Hércules” no que estaba como guardian, en Vigo.

CUEVAS.

Membro da directiva dos Estibadores de Vilagarcía en outubro de 1931, que conseguiu importantes melloras para o sector.

CUEVAS, Alfredo.

Un dos presos do cárcere da Coruña libertado en febreiro de 1936 pola presión popular.

CUEVAS GARROTE, Santiago (Cariño, 25-07-1910 – ?)

Militante da CNT de Cariño. Fuxido no vapor “Arkale” en xulio de 1936. Miguel Bermúdez, no Batallón “Celta” no frente de Amorebieta pregunta polo seu paradero en maio de 1937. Soldado do Batallón Nº 30 “Celta” da CNT, estaba ferido en maio de 1937. En decembro de 1938 reclamado polo axudante de Mariña de Ortigueira, por rebelión militar. En agosto de 1939 no campo de concentración de Argelès sur Mer, en Francia. O 10 de xulio de 1940 entrou no campo de Argelès procedente da CTE-3 Sp. 2, saiu novamente o 13 de setembro de 1940 para a CTE 142.

CUMBRAOS.

Irmaos detidos na Coruña polos sucesos de maio 1901. Foron postos en libertade en novembro.

CUMBRAOS, Enrique

Nun mitin celebrado na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901 leuse unha carte del entre outros presos do cuartel de Alfonso XII.

CUMBRAOS, Marcelino

Nun mitin celebrado na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901 leuse unha carte del entre outros presos do cuartel de Alfonso XII.

CUMBRAOS, Ramón

Nun mitin celebrado na Coruña en outubre de 1901 polos sucesos de maio de 1901 leuse unha carte del entre outros presos do cuartel de Alfonso XII.

CUÑARRO, Jesús Bienvenido

En maio de 1908 facía un donativo a “Tierra y Libertad” desde Vigo. En maio de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Negreira. En xulio de 1911 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad”.

CUPEIRO LAGO, José (Mugardos-A Coruña, ? – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) en 1937; fora afiliado á CNT.

CUPEIRO VARELA, José.

Vocal da Sección de Albañiles do Sindicato General de Trabajadores de Lugo en xuño de 1936.

Call Now ButtonChámanos