Volver á Portada

BBB

BAAMONDE, Enrique.

Delegado do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña na FLO en maio de 1931.

BAAMONDE, Luis.

Camareiro, expulsado da Sociedad de Camareros de Pontevedra en setembro de 1931, xunto a Desiderio Comesaña.

BAAMONDE, Vicente.

Dependente despedido en La Habana en novembro de 1903.

BAAMONDE AMADO, Manuel.

Tesoureiro do Sindicato de Profesiones Varias de Betanzos en xaneiro de 1933.

BAAMONDE GARCÍA, José (A Coruña, 1899 – ?).

Mariñeiro da Coruña, afiliado á CNT. Detido e procesado en multitud de ocasións por roubos, malos tratos, lesións, insultos, coaccións, antes da guerra. Procesado en 1937 por participar na resistencia ao golpe militar. Denunciado por Enrique Suárez Rodríguez, afiliado ao sindicato autónomo Frente nacional del Trabajo, por coaccións. En febreiro de 1937 foi condenado a reclusión perpetua.

BAAMONDE VILA, Jesús.

Vocal 2º do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña en setembro de 1935.

BAAMONDE N., Enrique.

Delegado do Sindicato de Metalúrgicos na FLO da Coruña en maio de 1931.

BABÍO, Antonio.

Vicesecretario da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xaneiro de 1912.

BABÍO, Manuel.

Celador 2º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en maio de 1906.

BABÍO, R.

En marzo de 1907 enviaba donativos a “Tierra y Libertad” desde A Coruña.

BABíO FARIÑA, Manuel (1912 – ?).

Traballador de “El Noroeste”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en travesía do Campo da Leña, 28.

BABÍO LÓPEZ, Ramón

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezoe n Olmos Barbería H. Continental.

BABÍO NOGUEIRA, Adolfo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Juan Flórez, 41, 1º.

BABÍO PORTELA, José.

Vocal 1º do Sindicato de Profesiones Varias de Meirás en marzo de 1932, cando tivo lugar a súa fundación.

BABÍO VÁZQUEZ, Enrique.

Vocal do Sindicato General de Empleados de Comercio, Oficinas y Banca da Coruña en abril de 1933.

BACALLAO, Pedro B. (*)

Colabora en “¡Tierra!” de La Habana en decembro de 1913.

BAELLA PÉREZ, Jaime (Barcelona, 1892 – A Coruña, 09-03-1938).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía. Emigrado en Santiago de Cuba, coincidiu alí con Fidel Miró e Esteban Pallarols. Asina un artigo en “Cultura Proletaria” de New York desde Cuba en agosto de 1929. Foi decretada a súa expulsión de Cuba en febreiro de 1931, acusado de querer voar varios centrais azucareiros. Expulsado de Cuba no machadato. En marzo de 1931 viaxou cara España dende La Habana no “Manuel Arnús”, pasando por New York. En abril de 1931 “El Luchador” informaba da súa chegada a Barcelona no “Manuel Arnús”, expulsado de Cuba. Camareiro, na Coruña dende abril de 1935, perseguido pola súa participación no movemento de outubro de 1934. Un dos novos cadros que desprazaron a Villaverde do Comité Regional. Participou nun longa campaña para desprazar a Villaverde da secretaría do CR, segundo Manuel Fernández. Integrou un grupo que formou o Comité Regional despois dun accidente de Ángel Fernández. Mitin en Lugo en abril de 1935. Mitin en Vigo a finais de abril de 1935. Mitin en Vilgarcía en maio de 1935. En xulio de 1935 aparecía anunciado como orador en mitins da Comarcal de San Pedro de Nós, no Campo da Feira de Cambre e no Campo da Braña de Cerceda. Mitin do Sindicato de Industria Pesquera en Cariño, en agosto de 1935. En agosto de 1935 asinaba un comunicado dando por terminada a folga de camareiros da Coruña. Anunciabase mitin en Viveiro en setembro de 1935. Participa nun mitin de afirmación sindical en Viveiro en setembro de 1935. Representou ao Comité da CRG no Pleno de Sindicatos da Federación Regional Galaica de Obreros de la Industria Pesquera y sus Derivadas, en setembro de 1935. Mitin en Vilagarcía en outubro de 1935, representando ao Comité da CRG. Mitin en Noia en novembro de 1935, organizado polo Sindicato Minero de Lousame e a FRIP. En novembro de 1935 publícase un artigo de Francisco Villar en “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Beade onde se comenta un recente mitin de Moreno polo Comité Regional e Baella polo Comité Pro Presos da Coruña. Recibiu a Federica Montseny cando chegou á Coruña en decembro de 1935. Mitin en Betanzos con Federica Montseny. Mitins en Betanzos, Ferrol, Cariño en decembro de 1935 xunto a Federica Montseny. Mitin en Corcubión con Sendón en decembro de 1935. Interveu na asamblea celebrada sobre o tema das alianzas obreiras na Coruña en decembro de 1935. Interveu no mitin inaugural do Pleno da CRG en Ourense en decembro de 1935. Director de “Solidaridad” dende o Pleno da CRG de Ourense de decembro de 1935 (elexido por trece delegacións, foi votado tamén para secretario do Comité Regional por cinco delegacións) e vicesecretario do Sindicato de Camareros Terrestres dende maio de 1936. Mitins de afirmación sindical en Cangas e Moaña en xaneiro de 1936. Mitins en Viveiro, Cangas e Moaña en febreiro de 1936. En febreiro de 1936 publica un artigo en “Solidaridad” no que chama a reorganizar o Sindicato de Camareros. Mitin en Bendilló en marzo de 1936. Mitins en Corme, Irixoa, Betanzos, Ogrobe, Samieira, Porriño e San Pedro de Nós en abril de 1936, e conferencia en Poio Pequeno. Contesta a unha enquisa de “La Calle” en abril de 1936. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Camareros Terrestres da Coruña. Mitins en Lugo e Monforte en maio de 1936, para dar conta dos acordos do Congreso de Zaragoza. Mitin en Vilagarcía en maio de 1936. Asina en nome da comisión organizadora dos Sindicatos de Agricultores y Oficios Varios de Nantón-Cabana e Campesinos y Oficios Varios de Tabeaio-Carral en maio de 1936. Vicesecretario do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” en maio e xuño de 1936. Participou no acto de inauguración do Ateneo Libertario “Generación Consciente”, celebrado no Cine Hércules en xuño de 1936. Presidente do Ateneo Libertario “Nueva Era” e membro do Comité da CRG en xulio de 1936. O 20 de xulio estivo nos locais de Federico Tapia. Despois estivo agachado na súa casa con Luis Cheda Magallart até marzo de 1937. Despois pasou a vivir na casa de Jesús López Cabado e posteriormente nunha habitación que lle atopou este, coa súa moza. Detido xunto a José Brandariz e Ángel Fernández o 23 de xulio de 1937, foi condenado a morte e executado o 9 de marzo de 1938. En novembro de 1937 “Hércules” o reivindica en “Galicia Libre” como un dos caídos e sinala que fora director de “Solidaridad Obrera”.

BAENA, J.

En novembro de 1925 figura nunha lista que “Faro de Vigo” publica das persoas que van adquirir o “Ideario” de Ricardo Mella.

BAITA, Salustio.

Membro da comisión revisora de contas do Sindicato de Carboneros “El 1º de Mayo” da Coruña, en setembro de 1932. Nesa mesma data, Delegado no Comité Nacional.

BAITA PIQUE, Manuel.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Muro-Carbones. Tamén sae como Manuel Baita Piquer. Foi presidente do Sindicato Carboneros “El 1º de Mayo” da Coruña, en outubro de 1930, secretario en abril, maio, xuño, xulio, agosto, setembro e outubro de 1931, sendo nomeado tesoureiro en outubro de 1931. Secretario do Sindicato en novembro e decembro de 1931, e xaneiro, febreiro e marzo de 1932. En maio foi nomeado Delegado para o Pleno Regional de Ferrol. Delegado do Sindicato ao Comité de Industria Pesquera en agosto e setembro de 1932, foi nomeado contador do sindicato en outubro. Secretario en setembro de 1934. Vicesecretario en marzo de 1936.

BAJATIERRA, Mauro.

Chegou de Madrid para intervir no Congreso da Paz de Ferrol a finais de abril de 1915. En maio de 1915 tomou parte no Congreso da Paz de Ferrol, representando á Federación de Peones y Braceros de España. En maio de 1932 Mauro Bajatierra estivo en Porriño dando unha conferencia. No mitin do 1º de maio de 1932 en Tui e A Garda. Participou nun mitin na Garda, organizado pola Federación de Industrias Pesqueras de Galiza, en xuño de 1932. Conferencia en Compostela sobre a CNT en xuño de 1932. Participa nun mitin monstruo no Teatro Rosalía da Coruña en outubro de 1933, polas seis horas para os traballadores da construcción e pola amnistía, e nun mitin en Cambre. Días despois visita Ferrol, dende onde remite ao diario CNT un artigo sobre a folga do Ramo da Construcción na Coruña e da unha conferencia na Escuela Racionalista. Non interveu nun mitin no Cinema de Ferrol en outubro de 1933 por atoparse doente cunha bronconeumonía.

BAJO PÉREZ, Julián.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Da C.N.T., organizado en “La Madera”, estaba no Batallón Disciplinario de Euzkadi.

BALADO, Enrique.

Ao seu enderezo na Coruña dirixíase a correspondencia das JJ.LL. da Coruña en xulio de 1934. Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935.

BALADO, Juan (*)

Morto no vapor “Brunswick” no outuno de 1912, cando embarcou como polizón en dirección a New Orleans.

BALADO, M.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935.

BALADO, Manuel.

Participa na reunión organizadora da Sociedad “El Despertar del Obrero” de Sada en marzo de 1916.

BALADO, P.

BALADO ÁLVAREZ, Francisco.

Membro do Sindicato de Dependientes de Comercio da Coruña. José González tratou de enlazar con el para reorganizar a FAI. Estaba detido en xulio de 1937.

BALADO CORRAL, Emilio.

Contador do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xulio de 1931.Nomeado contador do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xulio de 1931; residía en Independencia, 2.

BALADO SUÁREZ, Enrique

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Peluqueria Barros.

BALADO SUÁREZ, Francisco (A Coruña, 1908 – ?).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Kiosco. Dependente de comercio en “El Arca de Noé” da Coruña. Amigo de José Moreno Torres, e con el fundador do Ateneo Libertario “Nueva Era”. Afiliado ao Sindicato de Dependientes de Comercio. En xaneiro de 1936, vocal do Comité Regional. En febreiro de 1936 membro do Ateneo Libertario “Nueva Era”. En abril de 1936 vicepresidente do Sindicato de Comercio-Oficina y Banca e secretario do mesmo en xuño. Acusado de integrar un grupo que nos días anteriores ao golpe militar estivo requisando armas aos serenos da Coruña. Condenado a seis anos de prisión en xulio de 1937.

BALADO SUÁREZ, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Peluquería Barros.

BALADO SUÁREZ, José María.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935. Irmao de Francisco Balado Suárez.

BALADRÓN CACHORRO, Pedro.

Foi vicesecretario do Sindicato del Arte Textil “La Primera Coruñesa” da A Coruña.

BALBOA, Manuel.

Secretario de actas do Sindicato de Obreros y Campesinos de la Comarca de Poio e Sanxenxo en xaneiro de 1933.

BALBAS ELENA, Alejandro.

Foi tesoureiro do Sindicato de Estibadores “El 1º de Enero” da Coruña, en abril de 1931. Membro do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña, en folga en xuño de 1933. Estibador da “plantilla fixa”, que apoiaba a folga dos “suplentes” en xuño de 1933.

BALBÍS GARCÍA, Andrés.

Membro da comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios (con Sección Cultural) de Sada en agosto de 1931.

BALBÍS GARCÍA, Román

Bibliotecario do Centro Cultural Obrero de Sada en xaneiro de 1931.

BALBOA, Manuel.

Preside un mitin en Samieira en abril de 1936.

BALBOA VALCÁRCEL, José (Lama-Lugo, 1907 – ? ).

Taquista, residente en Barcelona. En agosto de 1947 tivo contacto con Abelardo en Barcelona. En novembro de 1947 acolleu a Baldomero cando viña de León, ferido.

BALBÓN, Eugenio.

Vocal do Sindicato de Obreros y Campesinos de la Comarca de Poio e Sanxenxo en xaneiro de 1933.

BALBUENA VALLEJO, Eugenio.

Tesoureiro do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xulio e setembro de 1933; domicilio en Papagayo, 12.

BALDOQUI, Francisco

En novembro de 1919 tentou participar nun mitin sindicalista en Ourense con Silvio González, que foi suspendido pola policía.

BALIÑAS CALVO, Mateo.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BALIÑO.

Secretario do Sindicato de Panaderos da Coruña en marzo de 1931, acusado en “Solidaridad Obrera” da Coruña de permanecer no Comité Paritario e tentar o paso do Sindicato á UGT.

BALIU FULL, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Tranvías.

BALLESTEROS BALLESTEROS, David.

Afiliado á CNT de Vilavella-A Mezquita, participou na resistencia contra o golpe militar. Absolto en xulio de 1937.

BALLESTEROS SANTOS, Juan.

Vocal 3º da Sociedad de Obreros Cocineros y Similares de la Provincia de A Coruña en febreiro de 1929.

BALLÓN PEQUEÑO, Francisco (Fisterra, ? – A Coruña, 09-08-1936)

En marzo de 1933 fai un chamamento dende Fisterra á organización dos pescadores da localidade, no xornal “Solidaridad Obrera” da Coruña. Corresponsal do voceiro da CRG en Fisterra en abril de 1933. Foi secretario do Sindicato de Peones da Coruña en xulio de 1933. Vocal e secretario do exterior do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en abril e maio de 1935; enderezo en Orillamar, 60. Tesoureiro en outubro de 1935. Tesoureiro do Sindicato de Peones da Coruña en decembro de 1935. Refuxiado no monte dos Chans nos primeiros días do golpe de estado. Era membro do grupo “Iconoclastas” e o secretario da F.L. da FAI. Foi paseado na noite do 8 de agosto de 1936 (segundo outras fontes o 9 de agosto) por negarse a chamar para que acudiran ao traballo os do ramo da construcción, e, á súa morte, o secretariado da FAI pasou a desempeñalo José González. A súa compañeira era Sebastiana Vitales, que despois acolleu na súa casa ao fisterrán Juan Díaz Lobelas e ao trotskista madrileño Justo Galán Barbero.

ABELLA, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como peón con enderezo en Orillamar, 60, 2º dta.

BALLÓN, Sebastián

En novembro de 1933 o Centro de Estudios Sociales “Luz y Vida” de Elviña organizaba no Salón de Catoira unha conferencia de José Moreno, Genaro Pazos e Sebastián Ballón (podería ser Sebastiana Vitales) sobre “El desarrollo de un mundo nuevo”.

BALSA, Andrés.

Secretario fundador da Asociación Tipográfica de A Coruña en maio de 1892.

BALSA, Andŕes (*)

Envía cartos desde Bayamo a “’¡Tierra!” de La Habana en febreiro e abril de 1914, en nome do Grupo “Emancipación”. En marzo de 1914 formaba parte do Grupo “Emancipación” de Guamo.

BALSA, Bartolomé.

Nunha listaxe de militantes socorridos pola Sociedad de Carpinteros de Santiago en setembro de 1923.

BALSA, F. (*)

Denunciado en “El Único” diante dos obreiros marítimos en abril de 1912 como un dos chupópteros de “La Unión”.

BALSA, José María.

Vocal da Sección de Tranviarios do Sindicato Único del Transporte de Ferrol en abril de 1936.

BALSA, Ramón

En abril de 1917 foi nomeado vogal da Sociedad de Carpinteros de Santiago.

BALSEIRO, Antonio M. (*)

Desde Cárdenas, asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana, en abril de 1913

BALSEIRO, Filomena (*)

A. Matobelle facía un chamamento en “¡Tierra!” de La Habana en xulio de 1912 para localizala.

BALSEIRO, Lorenzo (*)

Ferido no vapor “Brunswick” no outuno de 1912, cando embarcou como polizón en dirección a New Orleans.

BALSEIRO COTELO, Ramón

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en praza de María Pita, 20, 4º.

BALTAR PÉREZ, José (*)

Asina un chamamento en “¡Tierra!” de La Habana dende Boston para localizar ao seu irmao Antonio Baltar Pérez, emigrado en Camagüey.

BALUJA, José.

BALVID, Victoriano.

Escribe en “Solidaridad Obrera” de Bilbao en 1920, dende A Coruña, reconocendo que asinaba artigos no xornal socialista “La Lucha” ainda que non os escribía, criticando a militantes da FLO da Coruña.

BAÑA, José.

Afiliado número 213 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BAÑALES PÉREZ, Juan.

Afiliado número 277 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, combatindo en Asturias en xuño de 1937.

BAÑO, Francisco.

Tamén sae como Francisco Baña. Nomeado vocal do Sindicato de Constructores Mecánicos de Calzado da Coruña en abril de 1931. En xulio de 1931 presidente do Sindicato e delegado na FLO.

BAÑOS, Andrés.

Xulgado en marzo de 1899 polos feitos de abril de 1898, cando foron apedreados en Cornes varios esquirois portugueses que foran contratados pola patronal compostelá para rachar a folga na cidade. O fiscal retirou os cargos no xuizo.

BAÑOS, José.

Representou ao Sindicato de Metalúrgicos de Vilagarcía no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

BAÑOS, Ramón.

Militante de Tui, detido no cárcere de Tui a finais de xuño de 1932; liberado a mediados de agosto.

BAÑOS, Serafín.

En marzo de 1918 foi elixido vocal da Sociedad de Canteros da Coruña.

BAO, José.

Representou ao Sindicato de Joyeros y Plateros de Santiago no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

BAO, Josefa

Cerilleira, compañeira de Francisco Someso, enterrou civilmente á súa filla Amparo en maio de 1902.

BAO DEUS, Luis.

Embarcou no Vapor “Oreta” en xuño de 1928. Vocal do Sindicato de Camareros Marítimos da Coruña en xuño de 1929. Vocal 2º do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en febreiro de 1933.

BAR RODRÍGUEZ, Santiago (Redondela-Pontevedra, 1913 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior.

BARALLOBRE, Alejandro.

Suspendido de militancia por un mes no Sindicato de Obreros y Empleados Municipales en maio de 1936.

BARALLOBRE, Carlos.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en San Andrés, 60, 4º. Bibliotecario de Germinal en marzo de 1932.

BARALLOBRE, Diego.

Vocal 1º do Montepío da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xulio de 1915.

BARALLOBRE, Manuel (*)

Nunha listaxe de individuos sospeitosos de ser militantes anarquistas e ameazados de expulsión de Argentina en febreiro de 1903.

BARANTA, Saturnino.

En xuño de 1936, secretario da Agrupación Sindicalista de Arroxo-Lugo.

BARBADILLO.

Participa nun mitin en Ponteceso en abril de 1936.

BARBADILLO TINEO, Justo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Carreteira do Pasaxe-Panadería ou no “Ocaso”.

BARBAZÁN (*)

Nunha lista de deportados de Argentina publicada en maio de 1913 en “Tierra y Libertad”.

BARBEIRO, Mariano (*)

En xuño de 1916 Miguel D’Lom tentaba contactar con el dende Tharsis-Huelva.

BARBEITO, Andrés.

Na Comisión Revisora do Sindicato de Empleados y Obreros Municipales da Coruña en xulio de 1934. Vicepresidente do Sindicato de Obreros y Empleados Municipales de A Coruña en novembro de 1935.

BARBEITO, Antonio

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión directiva da folga, polos pintores.

BARBEITO, Antonio.

Secretario da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en decembro de 1917.

BARBEITO, Catalina.

De Sigrás, víctima dos abusos dos recadadores de cédulas en agosto de 1934.

BARBEITO, F. L.

Participa nunha suscrición polos presos sociais en “Tierra y Libertad” en maio de 1918 desde A Coruña.

BARBEITO, Francisco.

Na comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios de Carral en xuño de 1936; figura con enderezo en Montoto, 3, baixo.

BARBEITO, Francisco

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía.

BARBEITO, José.

Bibliotecario do Sindicato de Oficios Varios de Sada en xaneiro de 1933.

BARBEITO, Juan.

Contador do Sindicato de Construcciones Litográficas da Coruña en xaneiro de 1933.

BARBEITO, M.

Ao seu enderezo dirixíase a correspondencia da Juventud Libertaria de La Habana en maio de 1935.

BARBEITO, Mariano.

Na comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios y Campesinos de Aranga en xuño de 1936. Asina un artigo en “Solidaridad” dende Irixoa en xuño de 1936.

BARBEITO, Miguel.

Vicesecretario do Sindicato de Empleados y Obreros Municipales da Coruña en xulio de 1934.

BARBEITO, Ramón

En febreiro de 1903 participou pola sociedade de Confeccionadores de Cuchillos nun mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña.

BARBEITO, Ramón (*)

Anarquista, amigo de Julio Antonio Mella, segundo publicaba “¡Tierra!” de La Habana en marzo de 1934. Suicidárase clavándose un coitelo na barriga

BARBEITO CORNIDE, Carlos.

No Comité de Factoría da Unión Petrolífera da Coruña en decembro de 1931; nese mesmo mes foi vocal 1º da Unión Petrolífera.

BARBEITO ESPIÑEIRA, Pedro.

Detido en xaneiro de 1934 en Irixoa, reclamado pola queima da igrexa de Churío. Asina un chamamento para a reorganización do SPV de Irixoa en “Solidaridad” en marzo de 1936.

BARBEITO MARTÍNEZ, Francisco.

Foi presidente do Sindicato de Tranviarios da Coruña.

BARBEITO TRILLO, Manuel.

A comezos de 1932 foi vocal do Ateneo de la Villa de Rutis.

BARBEITO VILLAR, Luis (1910 – ?).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Moret. Traballador da Imprenta Moret, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928. Delegado na FLO en maio de 1933.

BARBEIRA, Jesús.

Presidente da Sociedad de Oficios Varios y Profesiones Varias de Negreira, Baña y su Comarca, detido na Coruña entre o 19 de xulio e o 5 de agosto de 1935.

BARBEIRO, Mariano

En novembro de 1913 Miguel D’Lom pide en “Acción Libertaria” que Mariano Barbeiro, que está en Buenos Aires, se poña en contacto con el en Dolores, 18, Ferrol.

BARBERÁ GÓMEZ, José (Girona, 1908 – ?).

Anarquista, detido por ser sospeitoso de lanzar líquido corrosivo contra un camión do peixe en Quintanar, a seis kilómetros de Ourense, en setembro de 1933.

BARBERÍA, Luis

En maio de 1934 participou nunha suscrición en Pontevedra do Ateneo de Divulgación Social, para atender aos gastos de traslado de fillos de folguistas de Zaragoza a Barcelona.

BARBOJA, Gregorio.

Contador do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en setembro de 1931. Vicesecretario do Sindicato de Cajonistas en marzo de 1933.

BARBOSA CASTRO, José.

Envía colaboracións ao diario CNT dende Ourense en 1933 e 1934. Presenta na Federación de Sociedades Obreras de Ourense unha carta da CRG pedindo solidariedade coa folga da construcción. Secretario da Sociedad de Pintores de Ourense en xulio de 1935. En nome do Grupo Sindical de Ourense, pide ao Congreso Obrero de 1935 que se celebre un mitin de clausura do mesmo.

BARCA BLANCO, Mariano (?, 1908 – ?).

Membro da comisión organizadora da Sociedad de Oficios Varios de Santa Comba en outubro de 1931, cando tivo lugar a súa fundación.

BARCIA

O 11 de novembro de 1890 interveu na velada organizada pola Federación Obrera de Ferrol en conmemoración dos mártires de Chicago.

BARCIA, Antonio.

Membro da comisión revisora da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xuño de 1908.

BARCIA, C.

Colabora nunha suscrición de “El Luchador” desde Vilagarcía en abril de 1932.

BARCIA, J.

BARCIA, Jesús.

Delegado pola Agrupación Confederal Galaica en Asturias para visitar os hospitais de Asturias e controlar aos milicianos do BON 219, en febreiro de 1937. A Agrupacion Confederal Galaica en Asturias debate a súa desmilitarización en febreiro de 1937 por un padecemento físico. Chamorro ofreceuse para realizar xestións e colocalo no Transporte Marítimo de Xixón.

BARCIA, Juan.

Tesoureiro da Sociedad de Carpinteros de Santiago en marzo de 1924.

BARCIA ARIAS, Jesús. (?-A Coruña, 17-02-02- ?).

Podería ser Jesús Barcia Goyanes, ainda que algúns datos non coinciden. Comisionista, da CNT, casado, fillo de José e Felisa, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en xaneiro de 1937 e foi soldado nel.

BARCIA GOYANES, Jesús.

Cobrador das máquinas “Singer”, fuxido da Coruña o 5 de xaneiro de 1937, cara a Xixón. Miliciano do Batallón “Espartaco”, Sección de Ametralladoras, en decembro de 1936 pediu o seu ingreso voluntario no BON Galicia. O 9 de xaneiro ingresou no BON “Galicia. Desmilitarizado en febreiro de 1937 por problemas de saúde, Chamorro se ofreceu para colocalo no Sindicato de Transporte Marítimo de Xixón.

BARCIA GARCÍA, Manuel (Santiago, 1910 – ?).

Militante do Sindicato de Sastres da CNT compostelá dende 1933. Foi movilizado en abril de 1937, loitando en diversos frentes coa Legión. Foi detido en febreiro de 1945 na caída da organización do PC en Santiago en Vigo.

BARCIA MARTÍNEZ, Francisco “Paco da Casanova”.

Guerrilleiro. Entre comunista e ácrata, segundo Paco Balón. Era natura da Capela ainda que vivía en Fene. De novo seica estivo en Cuba. Dende a guerra civil estivo no monte. Tivo unha entrevista cun garda civil para entregarse, despois da saída de Vicedo. Morto en outubro de 1947, non se sabe se o matou a garda civil ou foi morto por outros guerrilleiros. Según algunha versión a súa morte produciuse despois dunha reunión na casa de Vicente Díaz Veiga en outubro de 1947; ao sair dela, Paco da Casanova desapareceu e dous días despois o seu cadaver apareceu en Doso.

BARCIA QUILABERT, Luis

A veces como Gilabert. En marzo de 1889 figura como socio de novo ingreso na Sociedad de Instrucción, Recreo y Asistencia Sanitaria “Aires d’a Miña Terra” de La Habana. En maio de 1891 e polo menos até setembro de 1891 era director de “El Despertar” de New York. Asina artigos en “El Despertar” en xulio, agosto de 1891. A partir de outubro de 1891 figura como redactor de “El Despertar”. En novembro de 1891 “El Despertar” reproduce varios telegramas sobre unha folga de tabaqueiros, en que participou Barcia, e tamén indica que figuraba na comisión revisora. En decembro de 1891 asina un artigo en “El Combate” de Bilbao desde New York. En xaneiro de 1892 “El Despertar” indica que o 19 de decembro de 1891 Luis Barcia saiu de New York no vapor “Alexandria” con dirección a La Habana; “El Despertar” facía unha semblanza de Barcia, indicando que traballara como tabaqueiro en New York. Asina artigos en “El Despertar” en febreiro, marzo, abril, xuño, xulio e novembro de 1892. Asina artigos en “El Despertar” en marzo de 1893. En agosto de 1895 mantiña correspondencia desde Tampa con “La Idea Libre” como L.B. Figura no comité de folga de Tampa en novembro de 1896. En decembro de 1898 “La Protesta Humana” anuncia a aparición do xornal “El Rebelde” en New York, coa participación de Luis Barcia. Artigos en “El Nuevo Ideal” en febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xulio e decembro de 1899, e xaneiro de 1900; segundo Amparo Sánchez Cobos, defendeu neste xornal a unión entre traballadores españois e cubanos. Nalgún dos seus artigos chama aos que se esforzaron por loitar contra a dominación española, facelo tamén contra a americana. En marzo de 1899 embarcou cara a Tampa. En decembro de 1899 escribiu un artigo en “El Nuevo Ideal” sobre Enrique Creci e a súa loita pola independencia de Cuba. Membro do comité de cigarreiros folguistas de Tampa en agosto de 1901, foi secuestrado con outros doce compañeiros e conducidos a unha illa deserta en Honduras, da que finalmente puideron retornar. En xulio, agosto, setembro, outubro e novembro de 1903 asinaba artigos en “¡Tierra!” de La Habana. En setembro de 1903 o “Daily Times” de La Habana falaba dun artigo asinado por el en “¡Tierra!” e lembraba a súa expulsión polo Comité de Ciudadanos. Asina artigos en “¡Tierra!” de La Habana en marzo, abril, xuño de 1904. En agosto de 1904 lembra en “¡Tierra!” o manifesto “¡Tierra y libertad!” editado polos anarquistas cubanos na guerra de independencia. En novembro de 1904 publica un artigo en “¡Tierra!” de La Habana. En marzo de 1905 asina un artigo en “¡Tierra!” dende San Agustín (USA). Asina un artigo en “¡Tierra!” contra a farsa electoral en novembro de 1905. En decembro de 1905 asina un chamamento para a solidaridade cos traballadores en folga de Key West. En abril de 1909 asina un artigo en “¡Tierra!” sobre a emancipación da muller. En xulio e outubro de 1909 asina artigos en “¡Tierra!” de La Habana. En marzo de 1910 “¡Tierra!” de La Habana noticiaba a polémica que mantiña dende “El Combate” de Tampa con “Internacional” da mesma cidade. En outubro de 1910 asina un artigo en “!Tierra!” de La Habana. En xuño de 1911 asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana. En outubro de 1913 “El Dependiente” publica o seu prólogo ao libro de José Alonso Aladro “Salud y enfermedad”. En novembro de 1913 “El Dependiente” informaba que prologara o libro “Salud y enfermedad”. En febreiro de 1914 colaboraba económicamente con “Fuerza Consciente” de San Francisco, desde Ybor City. En outubro de 1915 “El Dependiente” informaba da súa colaboración no periódico “Fraternidad” de Boston. Segundo Amparo Sánchez Cobos, tiña formado parte da redacción de “El Despertar” de New York. En setembro de 1916 mantiña correspondencia con “Solidaridad Obrera” de Barcelona a través de “Cultura Obrera” de New York.

BARCIELA ARZA, Manuel.

Tamén Manuel Barciela Oza. Presidiu varias reunións do Sindicato de Empacadoras en xulio, agosto e setembro de 1931. Foi delegado do Sindicato de Empacadoras de Pescado na FLO da Coruña, en maio de 1932 e presidente interino da Sección en setembro do mesmo ano. Delegado do Sindicato no Comité Regional en novembro de 1933. Vocal do Sindicato de Empacadoras na FLO da Coruña en 1934.

BARCO, Manuel.

Vocal do xurado da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en abril de 1911.

BARCÓN

En marzo de 1915 participa nunha suscrición voluntaria a favor de “Cultura Libertaria”.

BARCÓN CÁNOVAS, Avelino (Ferrol, 1896 – )

Natural de Ferrol, veciño da Plazuela das Angustias, 5, en Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 10 de xuño de 1927 por un delito social e foi liberado o 25 do mesmo mes.

BARGALES, Amadeo.

Tamén sae como Vargadas. Vicepresidente da Sección de Mozos de Hoteles do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en setembro de 1934. Delegado en marzo de 1935.

BARGO GÓMEZ, Bernardo “Galleguito”, “Anarquista” (Lugo-Toxosoutos-Lousame, 22-07-1870 – ?).

En 1900 a publicación “Criminalogía Moderna” de Buenos Aires dedicoulle dous reportaxes autobiográficos baixo o título “Documento humano”. Fillo de Felipe Bargo Bonzas e Ignacia Gómez Bargo. De neno dedicouse, como os seus pais, ás faenas agrícolas. Dos nove aos quince anos foi á escola dun antigo sarxento e logo a outra escola, até que o botaron por non ir ás clases para atender aos traballos do campo. Despois de ter problemas legais por pequenos roubos na súa terra, a familia embarcouno para Buenos Aires con pasaporte falso, e chegou á capital arxentina o 27 de novembro de 1887. En Buenos Aires pasou por algúns traballos, mais non se adaptou e rematou por achegarse ao mundo da delincuencia. En 1888 foi detido por un roubo de galiñas e condenado a varios meses de prisión na penitenciaría nacional. De 1891 a 1893 foi detido frecuentemente, e foi condenado a 10 meses de cárcere en 1890. En 1891 estivo en La Plata e alí foi fotografiado na Oficina Antropométrica. Nos anos 90 do século XIX fixo varios robuos aos ferrocarrís. Comezou a interesarse por temas sociolóxicos e levou unha vida máis honrada, mais foi detido pola policía e estaba en poder da policía de La Plata en novembro de 1899 cando escribiu a súa reportaxe. En xaneiro de 1903 visitou a redacción de “La Vanguardia” en Barcelona, protestando da súa expulsión sen garantías legais, indicando que era cidadán español e que levaba 15 anos traballando como profesor na Argentina. Trasladado a inicios de xaneiro de 1903 dende Barcelona cara A Coruña, con Manuel Lago e Ricardo Alfonsín, tamén expulsados de Argentina. Un deles era da Coruña, outro de Noia e outro de Ames. En xaneiro de 1903 foi levado desde A Coruña a Santiago, a disposición do xefe de recrutamente, con Manuel Lago Mariño. En xuño de 1903 participou nun mitin no Teatro Circo polos presos de Badajoz, La Línea, Cádiz, Jumilla, Almería e outras localidades. En xulio de 1903 ingresou no cárcere da Coruña e as agrupacións libertarias da cidade organizaron un mitin de protesta; estaba acusado de non descubrirse diante dunha procesión na praza de María Pita e de dar mueras á igrexe e ao oscurantismo; un fiscal da audiencia que ía na procesión obrigou a un axente municipal a que o conminase a descubrirse e como non o fixo foille quitado o sombreiro por unha muller, ao que el respondeu con vivas á libertade e morra o oscurantismo, a consecuencia dos cales foi detido. Ao rexistrar as súas pertenzas atoparon varias cartas do gobernador de Huelva, Sr. Cadarso a el e ao seu pai Felipe Bargo, e xornais anarquistas como “Tierra y Libertad” e “La Voz del Terruño”. Habitaba en San Roque, 18 e dedicábase ao oficio de banastero. Foi posto a disposición do xuiz instructor e foi interrogado. Nunha xuntanza en “Germinal” decidiuse considerar a súa prisión como de carácter social, pedir a súa excarcelación e axudalo económicamente. No cárcere foi visitado polos seus compañeiros. O 9 de xulio o xuiz decidiu procesalo e impúxolle unha fianza de 1000 pesetas en metálico, 2000 en fincas ou 1500 en valores do Banco de España. O día 10 de xulio o xuiz de instrucción recibiu información de que era prófugo e que tiña que poñelo a disposición da comisión mixta de recrutamento. O seu sumario por atentado ingresou na audiencia en setembro de 1903. En xaneiro de 1904 José Sanjurjo informaba en “El Rebelde” de que que fora absolta na causa que se lle seguira por agresión a un vixilante do cárcere, repelendo unha agresión deste; o fiscal pedíalle tres anos e cinco meses de condena; foi defendido polo avogado Ponte; ficaba pendente unha causa por perturbación ao culto católico, na que ía ser defendido polo avogado Durán. Compareceu diante da comisión de reclutamento da Coruña en xaneiro de 1904, como prófugo. Tiña trinta e tantos anos e era prófugo porque estaba en América do Sur, de onde foi expulsado como anarquista. En febreiro de 1905 escribía dende México ao xornal “¡Tierra!” de La Habana para preguntar polo seu irmao Roque Bargo Gómez, dependente de café. En abril de 1905 o gremio de Dependientes de Café lle indicaba que seu irmao non estaba asociado. En maio de 1905 publicou un artigo en “’¡Tierra!” en maio de 1905 sobre o ensino en México, dende Ixtlan del Río-Teple. En setembro de 1905 era director dunha escola nacional en Ixtlan; con motivo dun incidente nunha fonda foi encarcerado e posteriormente cesado, segundo “Regeneración” a causa da persecución clerical. En abril de 1910 escribia en “¡Tierra!” de La Habana dende México comentando a súa absolución e a recuperación dos seus salarios como profesor/director dunha escola nacional. En xulio de 1910 asinaba un artigo en “¡Tierra!” de La Habana. En febreiro de 1912 “Tierra y Libertad” anuncia que o profesor racionalista Bernardo Bargo vai dar unha conferencia na agrupación “Amigos de la Instrucción” dependente do “Fomento del Trabajo Nacional” de Barcelona sobre pedagoxía; naquela altura recibía cartos no reparto da suscrición pro presos. En abril de 1912 daba unha conferencia sobre a guerra na Sociedad de Cultura Racional de Barcelona. En maio de 1912 daba unha conferencia como profesor na Federación Local de Santiago sobre “Organización científica y racional del trabajo humano”. A finais de abril de 1914 chegaba a Coruña, procedente de Barcelona, tras ser expulsado de Argentina. En maio de 1914 foi detido na carreteira de Cádiz a Medina Sidonia; diríxase a Paterna a fundar unha escola laica e mantiña correspondencia co Partido Liberal mexicano e co Ateneo Sindicalista de Barcelona. Ingresou no cárcere a disposición do gobernador. En novembro de 1914 foi detido en Sao Paulo e comprobados os seus antecedentes foi levado a Rio de Janeiro para ser procesado; tiña antecedentes de delictos en Buenos Aires de 1890, 1892, 1894, 1895, 1896, 1899, 1902 e 1911; fora deportado de Buenos Aires o 8 de decembro de 1902 e 20 de xaneiro de 1912.

BARGO GÓMEZ

En xaneiro de 1899 participa nunha suscripción en “La Protesta Humana” desde La Plata.

BARGO GÓMEZ, J.

En agosto de 1898 participa nunha suscripción en “La Protesta Humana” desde La Plata.

BARGO GÓMEZ, Manuel

En marzo, abril de 1898 participa nunha suscripción en “La Protesta Humana” desde La Plata.

BARGOSA, Alejo.

Representou á Sociedad de Obreros en Hierro de Ourense no Congreso da Comedia de Madrid en 1919.

BARJA ÁLVAREZ, Domingo.

Afiliado á CNT de A Gudiña, participou na resistencia contra o golpe militar. Condenado a quince anos de cárcere en xulio de 1937.

BARJA ÁLVAREZ, Francisco.

BARJA BARJA, Hipólito (Ourense, ? – ?)

Natural de Ourense, carpinteiro en Viveiro. Directivo da CNT. Procesado despois do golpe fascista, ainda que estaba fuxido. Vicesecretario do Sindicato de Obreros Pescadores de Celeiro. Ingresou no cárcere de Lugo o 12 de xulio de 1940 e saiu o 10 de abril de 1942 en prisión atenuada. Fora xulgado por auxilio á rebelión na causa 1020/36.

BARÓN, Salvador.

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BARONA VILLEGAS, José.

Vocal 2º da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xulio de 1913. Tesoureiro da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en decembro de 1914, decembro de 1915 e xulio de 1927. Presidente da Sociedad en novembro de 1919.

BARRAL.

Tranviario cesante, acusado de participar na interrupción dun mitin socialista no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, en agosto de 1918.

BARRAL.

Membro da comisión revisora do Sindicato de Obreros y Empleados Municipales de A Coruña en novembro de 1935.

BARRAL

En marzo de 1936 “Avance Marino” informa de que foi nomeado membro dunha comisión revisora en representación dos maquinistas.

BARRAL, Antonio.

Vicesecretario da Sociedad de Pescadores y Traineros “La Humanidad Libre” da Coruña en decembro de 1918.

BARRAL, Benigno.

Vocal do Sindicato de Constructores Mecánicos de Calzado “La Igualdad” da Coruña en xuño de 1932.

BARRAL, Eduardo.

Campesiño de Meirás-Sada, arrendatario duns terreos que foran da condesa de Pardo Bazán, ao que defendeu o Sindicato de Campesinos de Meirás-Sada en abril de 1933.

BARRAL BARROS, Miguel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Avenida de Tánger, F, 2º.

BARRAL VÁZQUEZ, Francisco

Segundo Amparo Sánchez Cobos, retornou a Cuba grazas aos fondos recadados polo Comité Central de Auxilios para o retorno de emigrados de Estados Unidos e México, en outubro de 1898. En agosto de 1903 figura nunha lista de venta de xornais de “¡Tierra!” de La Habana. En outubro de 1903 publica en “¡Tierra!” de La Habana unha lista de persoas que colaboraron nunha suscripción pola viuva e fillos do seu tío Eduardo Barral en Mérida de Yucatán-México. Asina como “Larrab” artigos en “¡Tierra!” en xaneiro e marzo de 1904. Asina artigos en “¡Tierra!” en abril de 1904 como Francisco Barral e Larrab, dirixidos aos carpinteiros; era secretario exterior da Asociación de Carpinteros y sus Similares de La Habana. En xulio de 1904 asina un artigo en “¡Tierra!” dirixido aos carpinteiros de La Habana. En agosto de 1904 asina comunicados do Gremio de Elaboradores de Madera en General de La Habana, como secretario. En setembro, outubro e novembro de 1904 asina artigos en “¡Tierra!” como Acracio Larrab. En outubro de 1904 asina un comunicado do Comité de Elaboradores de Madera, como secretario. En abril de 1905, coa súa compañeira Tomasa López inscribiu á súa filla Ida Acracia; xa tiña outros tres fillos, Palmira, Germinal e Denio Libertario. En novembro de 1905 participa nunha velada necrolóxica de lembranza dos mártires de Chicago. En decembro de 1905 participa nunha representación de “El Primero de Mayo” de Pietro Gori no Teatro de Marianao. En febreiro de 1906 formou parte dunha comisión encargada de remitir cartos ás familias de Casañas e Montero. En maio de 1907 foi inscrito civilmente o seu fillo Lirio Libertario; era o quinto fillo da súa unión con Tomasa López. En agosto de 1907 era primeiro secretario da sociedade de Cajoneros. En abril de 1908 participa nos traballos para a publicación do xornal quincenal dos carpinteiros de La Habana “La Madera”, dirixíndose a correspondencia ao seu enderezo en G. entre 23 y 25, Vedado, Habana. O 1º de maio de 1908 participa na velada do Gremio de Elaboradores de Madera; era secretario da Sociedade. En marzo de 1909 a súa compañeira Tomasa López deu á luz á súa filla Violeta Acracia. En abril de 1909 participa nun mitin da Asociación de Planchadores y Lavanderas de La Habana, representando aos carpinteiros; na mesma data publica no xornal “¡Tierra!” un chamado para contactar con José Alonso Castedo. En abril de 1910 organizou con Francisco Villamisar unha suscripción para pagarlle a viaxe a España dende Cuba a Plácido Bouza por estar enfermo e sen recursos. En febreiro de 1926 era consiliario da Sociedad de Beneficencia Naturales de Galicia.

BARRAL, Marcial.

Delegado do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” na Comisión Revisora en abril de 1932. Preside unha reunión do Sindicato de Carga y Descarga “El Progreso Marítimo”, en xulio de 1932.

BARRAL BABÍO, José.

Mozo de tren da Coruña, separado do servicio por enfermidade en novembro de 1933, polo que o Sindicato Ferroviario ameazou cun conflicto.

BARRAL BABÍO, Manuel.

Estibador, detido en xulio de 1920 na Coruña na vaga represiva polos sucesos que derivaron na morte dun policía e un cabo de seguridade. Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921. Tesoureiro da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xaneiro de 1928 e xaneiro de 1930. Tesoureiro do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” de A Coruña en marzo de 1930.

BARRAL BARREIRO, Francisco.

Zapateiro da Coruña. Participou no movemento de decembro de 1933 en Elviña e foi procesado.

BARRAL BARROS, Miguel.

Contador do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en novembro de 1932.

BARRAL CASAS, Domingo (Betanzos-A Coruña, 1902 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) en 1937; fora afiliado á UGT.

BARRAL GARCÍA, Enrique.

Pintor. Detido en abril de 1934, por reparto de follas clandestinas do comité nacional pro-presos da CNT.

BARRAL INCÓGNITO, Avelino (?-A Coruña, 12-02-14 – ?).

Labrador, da CNT, solteiro, fillo de María, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía.

BARRAL SÁNCHEZ, Jesús.

Detido en agosto de 1936 en Lousame, acusado de formar parte do grupo de dinamiteros que viaxou cara A Coruña..

BARREIRA, José

Participa nunha suscrición de “El Luchador” polos presos sociais en febreiro de 1931 dende Albarellos.

BARREIRO.

Xoven libertario de Ferrol, fusilado nos primeiros días da sublevación, xunto a Marcelino Rey, Mauriz, e un corneta de infantería de mariña.

BARREIRO.

Elixido contador das JJ.LL. Galaicas en el Norte en xulio de 1937. Participou nunha reunión das Juventudes Libertarias Galaicas en agosto de 1937, quedando integrado na redacción do proxectado Boletín, encargandose da pedagogía.

BARREIRO, A.

Vocal do Sindicato de Obreros y Empleados Municipales de A Coruña en novembro de 1935.

BARREIRO, Antonio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Juan Flórez, Fábrica de Gaseosas.

BARREIRO, Antonio

En outubro de 1932 foi nomeado vogal do Sindicato de Industria Ferroviaria da Coruña, de xeito condicional, pois non estaba presente na xuntanza.

BARREIRO, Antonio

En marzo de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” recollida na Compañía de Ametralladoras do 236 Batallón, 69 Brigada Mixta.

BARREIRO, Benito

En marzo de 1917 o Marine Transport Workers-IWW de Filadelfia enviaba a “Tierra y Libertad” un comunicado pedindo solidaridad co emigrante en Cuba Benito Barreiro, de 19 anos, que fora condenado á pena de 14 anos pola morte do patrón que non lle quixera pagar o seu salario.

BARREIRO, Bernardo.

En marzo de 1934 o Sindicato de Metalúrgicos de Santiago y sus Contornos mantivo un conflicto co patrono Juan Franco pedindo a admisión de Barreiro, despois de voltar do servicio militar.

BARREIRO, Crisanto.

Ou Barro. Membro da comisión organizadora do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Cesures en xuño de 1936.

BARREIRO, E.

En agosto de 1913 mantiña correspondencia con “Acción Libertaria” desde Vigo.

BARREIRO, Eduardo

En outubro de 1914 participa desde A Coruña nunha sucrición da Federación de Grupos Anarquistas de la Región Catalana para o envío dun delegado ao Congreso de Londres.

BARREIRO, Enrique.

Tesoureiro da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en setembro de 1912.

BARREIRO, Eugenio.

Paqueteiro ou suscriptor de “Tierra y Libertad” en Vigo, que lle adebedaba cartos en xulio de 1908.

BARREIRO, Eusebio.

Participa nunha ponencia do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en setembro de 1931.

BARREIRO, Francisco (*)

BARREIRO, Germán.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Caballeros, Kiosco Periódicos. En febreiro de 1903 participou pola sociedade de Carpinteros nun mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña. En abril de 1904 o corresponsal de “El Productor” de Barcelona na Coruña denunciaba os ataques que contra Barreiro facía a Sociedad de Carpinteros “La Emancipación”. Participou na velada do 1º de maio de 1905 no Teatro Circo da Coruña, polo CES Germinal. En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908. Presidente da Sociedad de Estibadores Terrestres da Coruña en outubro de 1908. Nunha xuntanza das tecedeiras na Sociedade de Oficios Varios, presidida por Barreiro, houbo un incidente co delegado policial Mariñas, que quixo impoñerlle unha multa de 75 pesetas, en outubro de 1908. En xaneiro de 1917 foi nomeado presidente da Comisión Central da Federación Nacional de Sociedades Obreras del Ramo de Elaborar Madera de España. Detido pola folga xeral de agosto de 1917. En marzo de 1918 foi designado pola FLO para participar nun mitin en Mera. Detido en agosto de 1918 acusado de participar na interrupción dun mitin socialista no Teatro Rosalía de Castro da Coruña. Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos. Falou nun mitin na praza de touros da Coruña en maio de 1920, reclamando a apertura dos locais clausurados. En xulio de 1920 foi deportado da Coruña a pe, conducido pola garda civil.

BARREIRO, José (*)

En marzo de 1902 asina un artigo en “La Protesta Humana” de Buenos Aires.

BARREIRO, José.

Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende Vilagarcía.

BARREIRO, José.

Afiliado número 460 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BARREIRO, José.

Presidente da Federación Obrera de Tui a finais de setembro de 1930, asinou un telegrama de protesta polos sucesos do mitin monárquico de Lugo. Elexido nun pleno da Federación Obrera de Tui en marzo de 1933 para integrar unha comisión cara ao Congreso Nacional. A finais de abril de 1933 foi elexido contador da Federación de Trabajadores, mais ao final rematou permutando o seu cargo con Fernando Martínez e ocupou o de secretario xeral. Detido pola folga xeral de Tui en maio de 1933, foi conducido a Pontevedra. Paqueteiro de “Solidaridad” de A Coruña en agosto de 1935 en Tui.

BARREIRO, José Ramón.

Participou no movemento de decembro de 1933 en A Silva e foi procesado.

BARREIRO, Juan.

Representou á Unión de Obreros Municipales da Coruña no Congreso da Comedia de Madrid en 1919.

BARREIRO, Juan.

Afiliado número 517 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BARREIRO, Juan.

Escribiu un artigo para o xornal “Tribuna” de Tui sobre os presos polo movemento de maio de 1933, mais non foi publicado, ao ser liberados os presos.

BARREIRO, M.

En maio de 1908 estaba preso en La Habana a consecuencia da folga dos tabaqueiros.

BARREIRO, Manuel

Participa nunha lista de apoio ao xornal “¡Despertad!” de Vigo en decembro de 1928, dende Vilagarcía. Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

BARREIRO, Mariano (*)

En maio de 1914 Juan D’Lom tentaba contactar desde Tharsis co seu fillo, e pedíalle o seu enderezo a Mariano Barreiro a través de “Tierra y Libertad”.

BARREIRO, Moisés

En febreiro de 1903 participou nun mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña, pola Sociedad de Peones y Auxiliares.

BARREIRO, Pedro

En xulio de 1883 “Revista Social” anuncia que o Congreso Galaico se inaugurará o 1 de agosto na Coruña e da o enderezo de Pedro Barreiro, Orzán, 3, A Coruña. Redactor de “La Lucha Obrera” en decembro de 1884 foi xulgado pola Audiencia da Coruña por escarnio ao dogma católico.

BARREIRO, Ramón.

Vicepresidente da Sociedad de Sastres de Santiago en decembro de 1924.

BARREIRO, Rogelio (*)

Recibe a correspondencia do grupo “Amor y Odio” de Porto Alegre en novembro de 1916.

BARREIRO ALVARELLE, Guillermo (?-A Coruña, 28-02-14- ?).

Tamén sae como Alvarellos. Mecánico, da CNT, solteiro, fillo de Herminia, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en setembro de 1936 e foi soldado nel. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias afiliado á Federación de Grupos de Xixón.

BARREIRO ARÉVALO, Eduardo.

Contador do Sindicato de Hojalateros da Coruña en novembro de 1931.

BARREIRO CANTO, Jesús.

Afiliado número 337 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BARREIRO CARREIRO, Pedro

En febreiro de 1885 xulgado con Gabriel Abad e Antonio Vidal por escarnio ao dogma relixioso, defendido por Fontenla.

BARREIRO COSTA, Jesús.

Afiliado número 446 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BARREIRO ESTRADA, Luis (Ferrol, 1903 – )

Natural de Ferrol, veciño da rúa San Sebastián, 77, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 31 de xaneiro de 1933 por un delito de inxurias e ameazas á autoridade do alcalde, e foi liberado o 22 de febreiro. Ingresou no cárcere de Ferrol o 17 de marzo de 1933 en concepto de maleante, e foi liberado o 21 do mesmo mes.Natural de Ferrol, veciño de San Sebastián, 77, baixo Ferrol. Empregado municipal, ingresou no cárcere de Ferrol o 29 de xuño de 1935 por un delito de atentado aos axentes da autoridade, e foi conducido á Coruña o 11 de xulio.

BARREIRO GONZÁLEZ, Segundo Ángel

Procesado en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

BARREIRO LÓPEZ, Emilio

En agosto de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre” nunha suscrición da Batería 111-2.

BARREIRO LÓPEZ, Manuel

En maio de 1938 colabora con “Galicia Libre” nunha suscrición das Baterías 111-2 e 13-3.

BARREIRO NÚÑEZ, José.

Dirixente do movemento insurreccional de decembro de 1933 en Moaña. Detido e ingresado na cadea, foi sancionado cunha multa de 1.000 pesetas.

BARREIRO PÉREZ, Antonio.

Mariñeiro, afiliado ao “Despertar Marítimo”. Tripulante do “Constante Veiga Nº 4”, fuxido cara a Brest en xuño do 37. O 30 de setembro e o 30 de outubro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”. En xaneiro de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”, na 69 Brigada Mixta. Condenado a reclusión perpetua en abril de 1941. En decembro de 1948 estaba incluido nunha listaxe de libertos condicinais e confinados residentes na Coruña. Da CNT.

BARREIRO REIRIS, Manuel.

Ou Reiriz. Da á publicidade a fundación do Ateneo de Divulgación Social de Vilagarcía en novembro de 1932. Asina un escrito dirixido á Sección de Higiene (Peluquerías) do Jurado Mixto, en febreiro de 1934, dende Vilagarcía, impugnando as bases de traballo do sector. Escritor, colaborou nun especial de “El Pueblo Gallego” adicado a Vilagarcía en marzo de 1935.

BARREIRO RÍOS, Ramón.

Detido en maio de 1933 en Santiago, pola súa participación na folga xeral.

BARREIRO RODRÍGUEZ, Jesús.

Participou na fundación do Sindicato de Profesiones Varias de Piadela (Betanzos) en xuño de 1936.

BARREIRO TABOADA, Antonio (1884 – ?).

Detido en marzo de 1915, cando era aínda novo, por entreterse facendo disparos de revolver na ponte do Pasaxe. Militante da CNT. Organizador da tentativa de fuxida na trainera “Tres Hermanos”, foi detido por elo e condenado a pena de morte o 16-11-38.

BARREIROS, José.

Elexido secretario do SOV de Camariñas en xuño de 1936.

BARRENECHEA, Bautista.

Tesoureiro do Sindicato de Boteros da Coruña en agosto de 1921.

BARRIO, José do.

Fuxido de Verín en Portugal, que pasou a zona republicana xunto a Carlos Santirso. Segundo este, en 1940 estaba detido.

BARRIO, Modesto

BARRIO, Nicolás

En outubro de 1908 formou parte da xunta directiva da Sociedad de Ebanistas de Santiago, como vicepresidente.

BARRIO REY, Luis (? – A Coruña, 13-08-1936)

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Pardo Bazán, Escola. Asasinado o 13 de agosto de 1936.

BARRIOS OTERO, Antonio

Tamén sae como Antonio Barros Otero. Delegado da Sección de Empaque y Descarga do SIP na Federación Regional en abril de 1935. Presidiu unha reunión da Sección de Empaque en maio do mesmo ano.

BARRIOS PÉREZ, José.

Vocal do Sindicato General de Trabajadores de Lugo en outubro de 1931.

BARRIOBERO Y HERRÁN, Eduardo (Torrecilla de Cisneros-Logroño, 1880 – ?.

Ou Barriovero. Abogado, periodista e escritor logroñés. Colabora no xornal ácrata coruñés “Germinal” e se distingiu na defensa dalgúns agraristas galegos. Ía participar no Congreso da Paz de Ferrol, en nome da Liga de Derechos del Hombre; despois da suspensión rumoreouse que tivera unha entrevista con Eduardo Dato e o ministro de Gobernación para facilitar a celebración do Congreso. En setembro de 1925 defendeu ao acusado de matar ao crego de Lúzara. Conferencia no “Liceo Recreo” de Ourense en decembro de 1920. Mitin en Verín en agosto de 1926. Participa nun mitin homenaxe a Francisco Ferrer en Compostela en outubro de 1931. Poucos días despois, o 25 de outubro, foi a Ferrol. Mitin na Coruña en xaneiro de 1932, pola Izquierda Republicana Anticlerical.

BARRO, Cipriano.

Afiliado número 237 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BARRO, Francisco.

Vicepresidente da Sociedad de Hierros y Metales “La Reforma” da Coruña en decembro de 1918.

BARRO, Vicente

Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en outubro de 1938.

BARRO BARRO, José

En decembro de 1924 chegaba ao porto da Coruña e desembarcaba 15 expulsados que ingresaban no cárcere e levaba outros 9 para Santander, considerados polo goberno cubano como perigosos para a orde pública. Entre os que ingresaron no cárcere da Coruña estaban Antonio Mosquera Otero, de Carral, José Barro Barro (20 anos) de Ortigueira, José Agra Gómez “Vila” de Barallobre, Emilio Fernández M. de Mañón, José Meitín Aguiar de Xove, José Carballo García de Ourense.

BARROS, Constantino.

Antigo membro do grupo librepensador “Miguel Servet” da Coruña. Vocal suplente da Sociedad de Socorros Mútuos “El Porvenir de la Coruña”, en abril de 1911. Presente na fundación do Ateneo de Divulgación Social de Vilagarcía en novembro de 1932, aos seus 75 anos.

BARROS, Constantino.

En maio de 1935 foi nomeado membro da comisión revisora de contas nunha xuntanza do SIP de Cariño; nesa mesma xuntanza foi elixido tesoureiro do sindicato.

BARROS, Ernesto.

Na comisión organizadora do Sindicato de Oficios Varios de Carral en xuño de 1936.

BARRIOS, Hilario

Colabora económicamente coa Fedración Individualista Internacional en “El Único” de marzo de 1912. En “El Único” de abril de 1912 asina como H.B. un artigo dedicado aos habitantes de Magalofes, Fene, de carácter anticlerical. En abril de 1912 mantiña correspondencia con “El Único” desde New York.

BARROS, José (1874 – ?).

Obreiro coruñés detido na folga de maio de 1891.

BARROS, Juan Ramón

Nas mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña foi nomeado membro da comisión de vixilancia.

BARROS, Ramón.

En abril de 1908 asinou un manifesto anarquista publicado en Barcelona. Asina un manifesto contra as leis de represión do anarquismo, repartido con “Tierra y Libertad” en xulio de 1908.

BARROS, Ramón.

Participou nun mitin no “Circo Pardo Bazán” contra a carestía das subsistencias, en febreiro de 1915.

BARROS, Ramón.

Vocal da Sociedad de Hierros y Metales “La Reforma” da Coruña en decembro de 1918.

BARROS BLANCO, Manuel (Ribeira-A Coruña, 1912 – ?).

BARROS CELA, Guillermo (Vigo, 16-7-14 – ?).

Confiteiro. Presidente da Sección de Confiteros do Sindicato Único del Ramo de Alimentación de Vigo en marzo de 1936. Participou nos traballos de reorganización da CNT, figurando como vicesecretario da F.L. de Vigo. Tomou parte nunha reunión nun bar de Pereiró para sacar a Quintas de Vigo, cara a 1946. Procesado na causa 156/47, pedironlle 20 anos e foi condenado a 5 anos.

BARROS GÓMEZ, Cipriano (?-A Coruña, 23-01-14 – ?).

Albañil, da CNT, solteiro, fillo de Manuel e Josefa, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía.

BARROS LORENZO, Josefa.

Tesoureira do Sindicato del Arte Textil “La Primera Coruñesa” da A Coruña en decembro de 1931.

BARROS MARTÍNEZ, Manuel.

Detido en xulio de 1919 na Coruña. Vocal da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xaneiro de 1930. Vocal e membro da comisión de traballo do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” de A Coruña en marzo de 1930.

BARROS OTERO, Antonio.

Elexido vocal do Sindicato de Cajonistas y Aserradores da Coruña en maio de 1931. Vocal do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en maio de 1931. Vicepresidente en outubro de 1933.

BARROS PEDREIRA, Antonia

En setembro de 1923 o maiordomo maior do Palacio e os ministros de Guerra e Marina comunicaron á nai de José Sánchez Barros, Antonia Barros Pedreira o indulto do seu fillo.

BARROS PENA, Antonio.

Vicepresidente do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña en novembro de 1932.

BARROS PORTELA, Fernando

Ou Portal. En marzo de 1928 foi nomeado contador do Sindicato de Pintores “La Lealtad” da Coruña; tiña enderezo en Orzán, 34. Secretario do Sindicato de Pintores da Coruña en novembro de 1930; tiña o enderezo en Socorro, 19, 3º. Era secretario do Sindicato de Pintores en maio de 1931.

BARROSO, José.

Vocal da Sociedad de Latoneros y Similares “La Luminosa” da Coruña en decembro de 1918, cando tivo lugar a súa fundación.

BARTOLI VÁZQUEZ, Joaquín (1873 – ?)

Detido pola folga da pá en Ferrol en decembro de 1913, foi posto en libertade ao rematar a folga. Procesado por coacción en xaneiro de 1914. Detido en Ferrol en xuño de 1921, no transcurso da folga do porto, acusado do incendio nos almacens de Nicasio Pérez.

BARTOLO”

En febreiro de 1912 “Tierra y Libertad” publica un artigo sobre a revolución en Portugal asinado por “Bartolo” en “La Voz del Obrero” de A Coruña.

BARTOLOMÉ, Acracio.

En setembro de 1932 interveu no mitin monumental do Rosalía de Castro, da Coruña, contra a lei do 8 de abril, xunto a Villaverde, Abós e Horacio Prieto; representaba á Regional de Asturias.

BARTOME, Daniel.

BARTUREN, Rafael.

Vocal 4º do Sindicato de Boteros da Coruña en agosto de 1921.

BASALO OSORIO, Laureano “Moreno”.

BASANTA, Leandro.

Vocal da Sociedad de Inquilinos da Coruña en abril de 1915.

BASARDÉ, Fernando.

Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” en maio de 1936.

BASCOY IGLESIAS, Moisés.

Tamén sae en ocasións como Vascoy. Vicesecretario da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña, na súa primeira xunta directiva, en novembro de 1914. Nomeado secretario en decembro de 1915, exerceu en xaneiro, febreiro de 1916. Secretario en outubro de 1916. Vicepresidente en xulio de 1918. Secretario en febreiro, novembro e decembro de 1919. Presidente en xulio de 1922. Presidente da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xuño de 1925. Vocal en decembro de 1931.

BASILIO PALACIOS, Alejandro (1896 – ?).

Aparece nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña conservada nos arquivos da policía; enderezo en Fuente de San Andrés, 24, 3º. Panadeiro. Afiliado á CNT dende 1921, ano en que foi detido, acusado de lesións graves. Secretario do Sindicato de Panaderos da Coruña en 1930. Vicepresidente do Sindicato en 1932. En 1935, contador do mesmo, vocal de “Germinal”, e Delegado na F.L. Interveu na asamblea celebrada na Coruña para debatir as alianzas obreiras, en decembro de 1935. Tivo hospedado na súa casa a Antonio Fournerakis uns dez meses. En 1936, administrador de “Solidaridad Obrera”. Detido en xulio de 1937, na súa casa, onde tiña agachado a José Torres Regueira. Caeron despois do desmantelamento da organización da FAI, para a que facía cotizacións. Foi paseado na madrugada do 18 de xulio de 1937 nas proximidades do matadeiro.

BASOA BARROS, Manuel.

Preside un mitin da FL de Vigo en xulio de 1933. Detido a comezos de agosto de 1933, acusado de intervir nas explosións na Casa del Pueblo de Vigo e nunha Gabarra de Barreras. Militante do Sindicato Único Metalúrgico de Vigo, asina unha carta de protesta da FL de Vigo pola presencia de Manuel Rodríguez Careu no Pleno Nacional do Transporte Marítimo.

BASTIDA, Manuel.

En marzo de 1918 foi elixido vocal primeiro da Sociedad de Barberos y Peluqueros “La Fraternal” da Coruña.

BASTIDA FREIRE, Jaime

Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en febreiro de 1938. En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”. Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en outubro de 1938.

BASTILLEIRO, Cándido.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Eirís de Abajo, 4 baixo..Secretario do Sindicato de Metalúrgicos “La Reforma” de A Coruña de xuño de 1932 a xaneiro de 1933.

BAUTIS, Miguel.

Participou nunha representación do cadro “Brisas Futuras” polo 1º de maio de 1916, en Compostela.

BAYEU, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Orillamar, 60.

BAYOLO DEUS, Juan (Mugardos, 1897 – ?).

Mariñeiro afiliado ao “Despertar Marítimo”, foi un dos implicados na tentativa de fuga do boniteiro “Explorador”, no que traballaba en agosto de 1937. Absolto en novembro de 1937.

BAYÓN VÁZQUEZ, Ramón.

BAZAL RODRÍGUEZ, Luis (Cerecinos de Campos-Zamora, 05-07-1905 – ?).

Mestre nacional. Chamado a quintas en xaneiro de 1926. Nacido o 5 de xulio de 1905, fillo de José e Marcelina. Asina un artigo en “La Revista Blanca” en febreiro de 1935. Visitou aos presos de Verín en outubro de 1934, cando era mestre en Currichouso. José Losada quixo darlle unha carta para os carrileiros de Currichouso. Acusado de falso testimonio, foi xulgado en setembro de 1935 e condenado a dous meses de arresto menor. Na cadea dende xaneiro de 1935, foi posto en libertade en febreiro. Ingresou novamente en decembro de 1935 para cumplir o que lle quedaba de condena. Procesado en rebeldía nas causas 153/36 e 1365/36, acusado de integrar grupos de resistentes armados, cando o levantamento militar. Unha das acusacións atinxía ao asalto á vivenda do cura de Palmés-Canedo, o 22 de xulio de 1936, e a outra ao rexistro da casa do mestre de Castro de Beiro. En agosto de 1936 o Comandante Militar de Ourense acordou a súa destitución, como dirixente da Asociación de Trabajadores de la Enseñanza. Asina unha carta ao director en “ABC” sobre o retorno dos exiliados en outubro de 1975, dende Beziers.

BAZARRA, José.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Atocha Alta, 123, 1º ou “Fornos”. Vicesecretario do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” en marzo de 1933. Por colaborar co comité de folga dos camareiros foi multado con 250 pesetas polo gobernador civil da Coruña en xulio de 1935. Foi presidente do Sindicato de Camareros Terrestres da Coruña. Foi tesoureiro do mesmo en maio de 1936.

BAZARRA FERNÁNDEZ, José

BAZO CHAS, César (Ferrol, 1899 – Ferrol, ?-10-34).

Natural de Ferrol, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 16 de febreiro de 1932 e foi liberado o 22 do mesmo mes. Ingresou no cárcere de Ferrol o 25 de maio de 1932 por un delito de folga e paro ilegais, e foi liberado o 10 de xuño. Natural de Ferrol, veciño do Muiño de Vento, 8, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 8 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi liberado o 11 do mesmo mes. Ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi entregado o mesmo día para ir á Escollera. Preso no cárcere do Partido por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol. Despois do levantamento de outubro de 1934, increpou xunto a José Soler e Ramón Rego a un dos esquiroles, polo que foi denunciado. Como froito da denuncia foi detido e na comisaría de vixiancia quixo suicidarse cun cinturón; unha vez na prisión da Escollera, deuse varios golpes cunha botella e agachouse nun retrete. Alí foi asasinado polo oficial de guardia, segundo el, repelendo a agresión de Bazo.

BEA, Francisco.

Afiliado número 216 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BEADE.

Do BON Galicia en 1937, fuxido da Coruña nunha lancha.

BEARRA PUENTE, José.

Vicesecretario do Sindicato de Profesiones Varias de Cabovilaño en agosto de 1934.

BECEIRO, José

BECEIRO FERNÁNDEZ, José (Esmelle-Ferrol, 1923 – ?).

Armador. Integrante dunha plataforma formada en Ferrol por militantes anarquistas, socialistas e comunistas, en 1945. Participou na folga do aceite. Foi un dos que acolleu ao infiltrado da policía Pablo Alejo Mora en outubro de 1947, na súa casa de San Mateo. O 8 de xaneiro de 1948, ao sair do seu traballo na Bazán, foi abordado por varios gardas civís que dixeron ser guerrilleiros; detiverono e levarono ao cuartel da garda civil. Foi condenado a catro anos de prisión menor en outubro de 1948, ainda que só cumpliu dous en Madrid e A Coruña.

BECEIRO GARCÍA, Modesto

En xaneiro de 1932 foi nomeado presidente do Sindicato de Industria Ferroviaria da Coruña; tiña domicilio en Caballeros, D, 1º.

BECEIRO PENEDO, Andrés (Narón, 1903 – )

Natural de Narón, veciño de Narón. Ingresou no cárcere de Ferrol o 22 de maio de 1932 por un delito de coacción e folga ilegal, e foi liberado o 1 de xuño.

BECEIRO RIVERA, Luis (Ferrol, 1914 – ?).

Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Ferrol, en outubro de 1934. Sospeitoso de participar na colocación dunha bomba no Café Comercio en outubro de 1934. Natural de Ferrol, veciño de Ferrol. Armador, ingresou no cárcere de Ferrol o 22 de xaneiro de 1935 por un delito de colocación de explosivos, e foi posto en libertade o 14 de febreiro. Responsable do Comité de Prensa da Federación Comarcal de Juventudes Libertarias de Ferrol en xulio de 1936. Vencellado ao Comité da CRG no exilio, en Toulouse, en 1945. En abril de 1950 a Federación Local de Rousillon dirixíase á Regional Galaica para tentar contactar con Luis Beceiro e Juan Lorenzo Malde.

BECERRA, José

Vocal 1º do Sindicato “El 1º de Mayo” do SIP da Coruña en setembro de 1934. Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935.

BECERRA LAIÑO, María Josefa (? – Cruz de Marselle-Lousame, 24-02-1938).

Asasinada o 24 de febreiro de 1938 en Marcelle, con Antonio Vilas Romero, por ter agachado na súa casa ao irmao deste último, Perfecto Vilas Romero.

BECERRA PÉREZ, Cándido

Afiliado número 203 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BEIRO, Manuel.

Afiliado número 204 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BELLAIN, Enrique (*)

En abril de 1931 o Comité Pro Presos de Cádiz comunicaba a “El Luchador” a súa chegada nun grupo de deportados de Cuba, permanecendo no cárcere agardando o seu traslado á cidade da Coruña.

BELLAS, Aurea.

Da Coruña, nunha suscripción en solidaridade coas camareiras en folga en xuño de 1935.

BELLAS, José.

Secretario do Montepío da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en xulio de 1915. Vicesecretario da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en febreiro de 1919.

BELLAS CAO, José María Jesús (? – ?, 17-06-37).

Envía cartos desde Jicotea a “’¡Tierra!” de La Habana en febreiro de 1914 e marzo de 1914, xa desde Santo Domingo. Asina un artigo en ¡Tierra! de La Habana en abril de 1914. En xaneiro de 1915 pedía en “¡Tierra!” de La Habana o enderezo de Luis Larisgoitia, desde Manacas. Mineiro. Condenado pola Audiencia Provincial de Lugo, por colocación de explosivos, en marzo de 1935. Integrante dunha das primeiras partidas armadas que sairon de Viveiro cara A Coruña en xulio de 1936. Marchou de Viveiro por Landrove con dirección a Cabreiros nunha camioneta na que ía tamén Manuel Rodríguez Lago, cunha veintena de caixas de dinamita. Era unha caravana de cinco vehículos que pasaron por Betanzos sen apenas deterse e chegaron de noite á Ponte do Pasaxe, onde había outras sete camionetas máis. Foi detido no Depósito de Viveiro o 14 de abril de 1937, conducido en maio á prisión provincial e executado en xuño do mesmo ano.

BELLAS CASTRO, Eliseo.

Afiliado número 224 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BELLO.

Deportado a Ballanás despois da represión na Coruña en 1919.

BELLO, Andrés (*)

Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana desde Guantánamo en febreiro de 1913.

BELLO, A. (*)

Asina un artigo en “El Libertario” desde La Habana en outubro de 1923.

BELLO, Antonio

En febreiro de 1917 foi nomeado vogal da Sociedad de Aserradores da Coruña.

BELLO, Enrique

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Caballeros, 36, 1º.

BELLO, Jesús.

Membro do Sindicato de Transportes de Ferrol, pide a celebración dunha xunta xeral do Sindicato para tratar da expulsión de Antonio Orosa, Carpio Fernández e Emilio Portela, en outubro de 1931.

BELLO, José.

Secretario da Sección “Flota Pesquera” do Sindicato “El Despertar Marítimo” da Coruña en xuño de 1924, participou nas negociacións cos armadores para resolver o conflicto pesqueiro.

BELLO, Manuel.

BELLO, Manuel “Bello da Costa”

Dirixente do Sindicato da CNT en Cruido e organizador da folga na canteira de Castro. En agosto de 1934 asinaba un acordo co contratista das obras da carreteira do Portobravo ao Confurco. Denunciado en agosto de 1935 por un altercado durante unha manifestación da Juventud Católica. Formou parte da expedición de mineiros que saiu de Lousame e Noia cara a Coruña, para tentar defender a República. Foi de volta cara a Noia con outros catro compañeiros, camiñando polos montes.

BELLO, Ricardo.

BELLO, Santiago

En maio, xuño, xulio, setembro, decembro de 1912 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” desde Santiago.

BELLO, Santiago.

Foi contador da Sección de Pescadores a la Parte “La Humanidad Libre” do SIP da Coruña, en outubro de 1932.

BELLO, Urbano.

Vocal da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en setembro de 1912.

BELLO ESTÉVEZ, Luis

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Castiñeiras, 16, 4º izda.

BELLO MOSQUERA, Jesús (Ferrol, 1904 – )

Natural de Ferrol, veciño de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 23 de maio de 1932 por un delito de folga, e foi liberado o 10 de xuño.

BELLO PARGA, Manuel (A Coruña, 13-01-25 – ?).

Militante das J.S.U. dende mediados de 1944. Integrante da IV Agrupación de Guerrilleros de Galicia, participou xunto a José Pedreira de la Iglesia no axustizamento do xefe da Falange de Cambre, Manuel Doval Lemat, o 18 de abril de 1946. Detido en maio do 47 despois de axusticiar ao falanxista Arcadio Vilela. Condenado a morte en xuño de 1946.

BELLO PAZ, María.

Foi vocal do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña, en novembro de 1930 e maio de 1931. Novamente vocal en xaneiro de 1936.

BELLO RODRÍGUEZ, José.

Foi presidente do Sindicato de Albañiles da Coruña.

BELLÓN, Cándida.

En xulio de 1935 era unha das empacadores en folga na Coruña que recibía axuda da FLO.

BELLÓN FARIÑAS, José

Detido en xulio de 1919 na Coruña.

BELLÓN LESTA, Enrique

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo na Fábrica de Tabacos.

BELLÓN MEIJIDE, Enrique.

Vicepresidente do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en agosto de 1935; enderezo en Montes, 26.

BELLÓN MEIJIDE, José.

Vocal 1º do Sindicato de Panaderos “La Nueva Unión” da Coruña en 1936. Detido despois do levantamento militar.

BELLÓN MOSQUERA, Enrique

Ou Bullón. En febreiro de 1931 foi detido en Camagüey, acusado de terrorista e de querer voar varios centrais azucareiros para facer caer ao goberno; foi levado cos seus compañeiros presos a La Habana. Foi decretada a súa expulsión, que tivo lugar no “Manuel Arnús” nos primeiros días de marzo de 1931.

BELLÓN REY, Marcelino.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias pertencente á Federación de Grupos do Batallón 213.

BELTEJAR, David

Tenente da 90 Brigada, escribe en “Galicia Libre” (con fotografía) en febreiro de 1938.

BELTRÁN PUENTE, Juan (1910 – ?).

Traballador de “El Noroeste”, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

BENDAYA BENAZULI, Reina (Larache-Marrocos, 1908 – ?)

Ou Bendayan. Natural de Laracha-Marrocos, veciña de Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 19 de marzo de 1935 por un delito de tiroteo no castelo de San Felipe, e foi posto en libertade o 23 do mesmo mes. Detida en marzo de 1935, acusado de instigar o tiroteo dos gardas do castelo de San Felipe.

BENEITO, Juan.

Compañeiro de Elena Parga, exiliado en Australia.

BENEITO, Modesto.

Nomeado bibliotecario do Sindicato Ferroviario da Coruña, cando foi fundado, a finais de maio de 1931.

BENIGNA.

Presidenta da Asociación de Empacadoras de Vigo, interveu nun mitin en Bueu en outubro de 1931.

BENITO LÁZARO, Fernando De (?-Bizkaia, ? – Lugo, 27-07-1937)

Vocal do Sindicato General de Trabajadores de Lugo en maio de 1932. Colabora en “Solidaridad Obrera” da Coruña en outubro de 1933, dende Lugo. Na comisión organizadora do Ateneo Libertario “Humanidad Libre” de Lugo en maio de 1936. Ingresou no cárcere de Lugo o 9 de novembro de 1936, tiña 30 anos. Era albañil. Foi xulgado na causa militar 1198/36 por rebelión e executado o 27 de xulio de 1937 en Lugo.

BENITO, Julio.

Representou ao Sindicato de Obreras en Salazón, Conservas, Escabeche e Similares da Coruña no Congreso da Comedia de Madrid en 1919.

BENTUREIRA, Gumersindo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Campo da Leña, 40.

BEOSLEGUI, Alfredo

Por colaborar co comité de folga dos camareiros foi multado con 250 pesetas polo gobernador civil da Coruña en xulio de 1935.

BERDEAL, Vicente (Marín-Pontevedra, 1908 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT.

BERDELLÓN CABANELAS, Libertario

Detido e posto en libertade despois de prestar declaración, por facer pintadas en Ourense, en abril de 1934.

BERDELLÓN IGLESIAS, Cesáreo

Tamén como Verdellón. En xaneiro de 1913 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” desde Ourense. En febreiro de 1913 comenta en “Tierra y Libertad” que foi sentenciado a cinco días de arresto menor por non descubrirse diante dun cura; era director da Escuela Laica Neutral de Ourense. En abril de 1913 mantiña correspondencia con “Tierra y Libertad” desde Ourense. En novembro de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ourense. En xuño de 1915 a Federación Anarquista Cántabra-Galaica informa dos seus progresos e de que lle escribira a diversos compañeiros, entre eles Cesáreo Verdellón, de Ourense; tamén informaban de que Juan J. Osorio e Cesáreo Verdellón tentaban refundar o Grupo “Humanidad Libre”. Asistido por embriaguez leve en Ourense en febreiro de 1935.

BERDIALES, Constante.

Vocal da Asociación Tipográfica de Santiago en novembro de 1932.

BERDIÑAS RUIBAL, Jorge

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Cantón Pequeno, Banco de la Coruña.

BERGANTIÑOS, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Estrecha de San Andrés, 11, 3º.

BERGANTIÑOS, Manuel

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Castiñeiras de Arriba, 6, baixo.

BERGANTIÑOS ARES, Manuel (A Coruña, 1906 – ?).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como panadeiro. Panadeiro. Vicepresidente do Sindicato de Panaderos da Coruña en outubro de 1932 e vocal do mesmo en setembro de 1935. Pertencía ao Ateneo Libertario “Nueva Era”. Detido en xulio de 1937 por recoller cotizacións entre os panadeiros para algúns fuxidos. Foi absolto en decembro de 1937.

BERGANTIÑOS POSE, Manuel (1918 – A Coruña, 09-10-1937).

Albañil de Vilaboa (Rutis), membro do Sindicato da Construcción da Coruña, Sección de Albañiles, e membro das JJ.LL. Acusado do asalto á igrexa de Sueiros. Detido na fuga do Monte de San Pedro, en marzo de 1937, foi executado o 9 de outubro de 1937. Albanel de Culleredo, de 21 anos, afiliado ao “Despertar Marítimo”, foi xulgado por rebelión militar e condenado a pena de morte. Executado na coruña o 9 de outubro de 1937.

BERJANO, Enrique

En maio de 1911 participou nun plante de presos no cárcere da Coruña, xunto a Antonio Porto Casal, Juan Rodríguez “Derecha” e o “Rojo de Monelos”. Preso en setembro de 1914 no Penal de Burgos, solicitaba o contacto do seu irmao residente en Buenos Aires Ángel Berjano, e pedía que se enviaran os datos a Enrique Solís na Coruña.

BERJANO GÓMEZ, Adolfo (Pereiro de Aguiar-Ourense, ? – ?).

Afiliado ao Sindicato de Campesinos de Pereiro de Aguiar, avalado pola Agrupación Confederal Galaica en Asturias en agosto de 1937.

BERMEJO LARCA, Manuel

Contador do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña en xaneiro de 1933.

BERMÚDEZ, Fausto.

Representou á Sociedad de Armadores de Construcción Naval de Ferrol (non federada) no Congreso da Comedia de Madrid en 1919.

BERMÚDEZ, Francisco.

Presidente da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en decembro de 1908, xaneiro de 1909. Vocal da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en setembro de 1916.

BERMÚDEZ, José.

Obreiro tipógrafo, morreu na Coruña, de tuberculose, en decembro de 1904 e a súa morte foi unha manifestación anticlerical. En xaneiro de 1905 o xornal “¡Tierra!” de La Habana recollía a nova da súa morte, lembrando que fora secretario do Centro de Estudios Sociales de La Habana.

BERMÚDEZ, Raimundo

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Perillana, 4, 4º.

BERMÚDEZ, Ramón.

Vocal 3º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xuño e novembro de 1909.

BERMÚDEZ, Vicente

Vogal do Centro Cultural Obrero de Sada en xaneiro de 1931.

BERMÚDEZ BERMÚDEZ, Valentín.

Vocal 2º do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en outubro de 1931.

BERMÚDEZ CANDAL, José.

Afiliado número 362 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BERMÚDEZ CANOSA, Amador (Pastoriza, 17-05-1912 – ?).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía. En setembro de 1933 foi nomeado membro dunha comisión do Sindicato de Pintores da Coruña que tiña que manter informado ao Sindicato da marcha da folga da construcción. Vocal do Sindicato de Pintores na FLO da Coruña en 1934. En xuño de 1934 foi nomeado presidente do Sindicato de Pintores da Coruña; tiña enderezo en Silva de Arriba, letra B. Vogal do Sindicato de Pintorese en novembro de 1935, enderezo en Silva de Arriba, letra E. Detido nunha tentativa de roubo dos xornais do concello de A Coruña na tarde do 31 de decembro de 1935. Con ocasión da súa deención foi rexistrada a casa da súa nai Carmen Canosa González, onde atoparon unha pistola automática Stosel, calibre 6-35, un cargador, seis capsulas e cinco detonadores. Xulgado en xaneiro de 1936 por tenencia de explosivos; pintor, 23 anos, solteiro, natural de Pastoriza-Arteixo, veciño do Ventorrillo, A Coruña, fillo de Juan Bermúdez Vázquez e Carmen Canosa González. Pintor, ingresou na CNT en 1945, colaborando co grupo guerrilleiro de José Pedreira e participando en reunións. Procesado na causa 156/47, pedironlle 20 anos e foi condenado a 15.

BERMÚDEZ DE CASTRO, Carlos.

BERMÚDEZ DE CASTRO, César.

BERMÚDEZ EIRIS, Rogelio

En decembro de 1884 foi xulgado por un texto inxurioso publicado en “La Lucha Obrera”.

BERMÚDEZ FRAGA, José (?-Lugo, 15-12-14 – ?).

Canteiro, da CNT, solteiro, fillo de José e Carmen, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía. Afiliado número 552 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BERMÚDEZ FREIRE, Andrés.

Panadeiro detido en maio de 1919 como consecuencia da folga dos panadeiros, acusado de coaccións sobre unha panadeira.

BERMÚDEZ LÓPEZ, Argimiro.

Afiliado número 408 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BERMÚDEZ LÓPEZ, Miguel (Cariño, 05-05-09 – ?).

Mariñeiro de Cariño, militante da CNT, fuxido no “Arkale”. Actuou nun Batallón na fronte de Euzkadi. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; fora afiliado á CNT. Soldado da 1º Compañía do Batallón Nº 30 “Celta” da CNT, en maio de 1937. Sen novedade no frente de Amorebieta en maio de 1937, no Batallón “Celta”, preguntando por Santiago Cuevas. En xaneiro de 1938 no Campo de Concentración de La Harinera, e en febreiro, no cárcere do Coto, en Xixón. Xulgado no Consello Sumarísimo de Urxencia 3173, en Asturias, foi condenado o 4 de febreiro de 1938 á pena de morte. En decembro de 1938 reclamado polo axudante de Mariña de Ortigueira, por rebelión militar.

BERMÚDEZ LOSADA, Juan (1885 – ?).

BERMÚDEZ PARDO, Juan.

Vocal da Asociación Tipográfica de A Coruña en decembro de 1909, febreiro de 1910, e febreiro de 1912 e xaneiro de 1913.

BERMÚDEZ VÁZQUEZ, Francisco.

Foi contador do Sindicato de Cargadores y Descargadores del Muelle “El 1º de enero” da Coruña, en febreiro de 1930. Secretario do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña dende xaneiro de 1933. Secretario no tempo da folga, en xuño de 1933.

BERNARDO RÍO, José

Promotor da legalización do Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol en febreiro de 1981.

BERNÁRDEZ, A.

BERNÁRDEZ, Ángel.

Estudiante. Un dos redactores do xornal vigués “La Propaganda”, xunto a Ricardo Mella, en 1881. “La Propaganda” publica o 16 de abril de 1882 o seu artigo “Unión”.

BERNÁRDEZ NÚÑEZ, Jesús.

Vocal de “La Alianza Marinera” de Cangas en marzo de 1933.

BÉRTALO, Felicia.

Profesora da sección de párvulos na Escuela Racionalista de Ferrol no curso 1933-1394.

BÉRTALO BLANCO, Ángel

Ingresou no cárcere de Ferrol o 25 de setembro de 1950 como detido e foi liberado o 28 do mesmo mes.

BÉRTALO BLANCO, Francisco (Ferrol, ? – ?).

En agosto de 1939 no campo de concentración de Argelès sur Mer 6 Bis, en Francia.

BÉRTALO BLANCO, Sol (San Felipe-Ferrol, 1913 – ?).

Acusado de darlle unha paliza a uns falanxistas en xulio de 1935. O conserxe dos fascistas Juan Teijeiro foi detido en xulio de 1935 por ameazalo cunha arma. Afiliado á CNT e á Escuela Racionalista. Plomeiro de tubo na Bazán, traballando no taller de plomeiros. Detido o 12 de xaneiro de 1948 por ser un dos que axudou ao infiltrado da policía Pablo Alejos, buscándolle lugar onde o esconderan. Ingresou no cárcere de Ferrol o 19 de xaneiro de 1948 como detido e foi conducido á prisión da Coruña o 29 de xaneiro de 1948. Foi condenado a dous anos de prisión menor en outubro de 1948.

BÉRTALO BLANCO, Víctor (San Felipe-Ferrol, 1915 – ?).

Natural de San Felipe-Ferrol, veciño da rúa da Merced, 18, Ferrol. Pintor, ingresou no cárcere de Ferrol o 25 de maio de 1933 por un delito de reparto de follas subversivas, e foi liberado o día 28 de maio. Pintor. Detido a finais de maio de 1933 en Ferrol, polo reparto de follas clandestinas da CNT; saleu en libertade aos poucos días.

BERTOJA, Gregorio.

En xuño de 1918 foi elixido vocal da Sociedad de Cajonistas y Aserradores da Coruña.

BERUETE ALEJANDRE, Rodrigo.

Nalgún lugar sae como Bernote. Militante da CNT de Vilagarcía, a sú detención motivou unha protesta da Federación Local y Comarcal de Sindicatos Únicos de Vilagarcía en setembro de 1935. Participou nunha ponencia do Congreso da CRG de Ourense en decembro de 1935.

Representou ao Sindicato de Oficios Varios de Vilagarcía no Pleno Regional de Ourense en decembro de 1935.

BESTEIRO LUACES, Enrique.

Trazador plomeiro de Ferrol. Membro da Logia Francisco Suárez. Grado 3º. Simbólico “Siglesia”. Afiliado á CNT. Domicilio en Espoz y Mina, 29, 1º. En xulio de 1937 foi detido por axentes da Comisaría de Ferrol por orde do xuiz do 8º corpo de exército, por pertencer a loxias masónicas da cidade; conducido ao castelo de San Felipe.

BEYAU, José

BIBIANES, Robustiano.

Contador do Sindicato de Sastres de Santiago en marzo de 1932.

BILBAO, Andrés

Xulgado en consello de guerra en outubro de 1934 na Coruña, por rebelión e uso de armas sen licencia.

BLANCH, José.

Mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Rubián en xulio e outubro de 1935. Dende Rubianes, enviou oito libros e unha revista á Escuela Racionalista de Ferrol en agosto de 1935. Paqueteiro de “Brazo y Cerebro” en Lugo en setembro de 1935.

BLANCO

Solidaridad Obrera. A Coruña, 5-11-32.

BLANCO, Antonio.

En marzo de 1918 foi elixido tesoureiro da Sociedad de Canteros da Coruña.

BLANCO, Antonio.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias, que estivo embarcado e cesara pola súa avanzada idade, en agosto de 1937.

BLANCO, Arturo L.

Tesoureiro do Montepío de Tipógrafos y Similares de A Coruña en marzo de 1909.

BLANCO, Avelino

Albalnel, en decembro de 1900 foi considerado pola policía como un dos promotores duns incidentes na praza de Lugo pola folga das obras do señor Reboredo.

BLANCO, Consuelo.

BLANCO, Eduardo.

En maio de 1918 foi elixido secretario do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña.

BLANCO, Eduardo.

Presidiu unha reunión da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” da Coruña en maio de 1914. En abril de 1917 asinaba unha carta en “El Ideal Gallego” en nome da Sociedad de Estibadores “La Armonía”.

BLANCO, Eduardo.

Nunha comisión do “Despertar Marítimo” da Coruña en setembro de 1931.

BLANCO, Enrique.

Depositario do Sindicato Único de Trabajadores de Neda pola Sección de Oficios Varios en febreiro de 1923.

BLANCO, Evaristo.

Vocal na primeira xunta directiva do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Neaño (Cabana) en abril de 1936.

BLANCO, Francisco.

Foi nomeado vocal na primeira xunta directiva do Sindicato de Oficios Varios de Camariñas en marzo de 1932.

BLANCO, Hipólito.

Contador do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en xuño de 1935.

BLANCO, Isolino.

BLANCO, Jesús

Compañeiro da Coruña, que xunto á súa compañeira Emilia Castro, levou aos seus fillos xemelgos ao rexistro civil; un deles morreu e aínda que os sogros o tiñan bautizado, enterrarono civilmente.

BLANCO, Jesús.

Vocal 4º da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en xuño e novembro de 1909. Presidente en outubro de 1912. Presidiu un mitin pola “Defensa de los derechos de ciudadanía” no Teatro Circo de A Coruña en setembro de 1913.

BLANCO, Jesús

En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”.

BLANCO, Joaquín.

BLANCO, José.

Presidente da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” en febreiro de 1912.

Vocal do Sindicato de Pintores de Santiago en outubro de 1924.

BLANCO, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; con enderezo en Adelaida Muro, 37, baixo, carpintería.

BLANCO, José María (*)

Asina un comunicado en “¡Tierra!” de La Habana como secretario da Sociedad Naturista de Cuba en maio de 1912.

BLANCO, José María

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como camareiro.

BLANCO, Juan

En marzo de 1903 deixaba as súas accións da Cooperativa Obrera á Antorcha Galaica del Librepensamiento para a creación dunha escola de nenas.

BLANCO, Juan M.

Participa na reunión organizadora da Sociedad “El Despertar del Obrero” de Sada en marzo de 1916. Nomeado membro dunha comisión de mariñeiros para negociar a construcción do porto refuxio de Sada, en decembro de 1932.

BLANCO, Luis.

Colabora dende Saint Pierre Quilbignon nunha suscripción da CRG no Exilio, por un compañeiro enfermo, en agosto de 1946.

BLANCO, Manuel.

Detido en marzo de 1923, acusado da agresión a un obreiro da fábrica de curtidos da Coruña, con ocasión dunha folga.

BLANCO, Manuel.

Fillo de José María Blanco, co que estivo detido na Coruña por espacio de dous meses entre maio e xulio de 1933.

BLANCO, Manuel “Pitelos”.

Veciño do Couto-Noia, e afiliado da CNT.

BLANCO, Manuela.

En maio de 1936, secretaria do Sindicato de Oficios Varios de Padrón, afin ao Partido Sindicalista.

BLANCO, Narciso.

En xuño de 1904 anotou coa súa compañeira Gumersinda Álvarez no rexistro civil de Avilés ao seu fillo Acracio Eliseo. En xulio de 1910 asina un manifesto dos anarquistas españoles en París respondendo a unha denuncia de Miguel V. Moreno. En abril de 1930 asina unha lista de donativos para os presos no xornal ¡Despertad! de Vigo. Integrante da Delegación de Vigo do Comité Internacional Pro-Presos y Perseguidos en novembro de 1931 e 1932. Paqueteiro do diario CNT de Madrid no Calvario-Lavadores, en maio de 1933. En xuño de 1933 “Tierra y Libertad” de Barcelona comunícalle que o xornal se envía con normalidade a Lavadores. Mantén correspondencia co “Tierra y Libertad” de Barcelona en abril, xulio, novembro de 1935 desde O Calvario. Paqueteiro de “Solidaridad” en Lavadores en agosto de 1935.

BLANCO, Ramón

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en San Roque de Afora, B, 1º.

BLANCO, Santiago.

Representou ao Sindicato de Campesinos de Castro-Laxe no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933.

BLANCO, Santiago.

Delegado de Fábrica da Sección Cervezas do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña en xaneiro de 1936.

BLANCO, Santiago (Marín-Pontevedra, 1918 – ?).

BLANCO, Severino (*)

Asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana en febreiro de 1911.

BLANCO, Timoteo.

Vocal do Sindicato de Empleados de Comercio, Oficina y Banca da Coruña en xulio de 1932.

BLANCO, Vicente (*)

En outubro de 1912 José Novo quería contactar con Vicente Blanco, empregado de Tabacalera de Gijón, a través de “Tierra y Libertad”, dando o enderezo de Irimia Alta, Meira, Lugo.

BLANCO, Virginia.

Foi secretaria do Ateneo de la Villa de Rutis en 1936. Participou no derradeiro acto do Ateneo, en xulio de 1936.

BLANCO AMOEDO, Francisco.

Membro do Comité de Obreros Parados en xaneiro de 1932. Vocal do Sindicato de Peones en General “Siempre Adelante” de A Coruña en xaneiro de 1932; residía en Vereda do Polvorín, 32. En abril de 1932 discutíase nunha asamblea do Sindicato de Peones un enfrontamento con José Antonio Pazos. Contador en setembro de 1932 e novamente en marzo de 1933. Detido na Coruña en febreiro de 1934, acusado de tentar atentar contra un patrón do ramo da construcción.

BLANCO ANDRADE, José

En febreiro de 1914 era un dos asinantes dunha nota enviada desde San Francisco a “Fuerza Consciente” da Liga de Educación Racionalista “Enseñanza Moderna a la Infancia” que se dirixía aos amantes do ensino racionalista, en nome dos nativos de Sada que residían en América.

BLANCO ANDRADE, Juan

BLANCO ARTIAGA, Gaspar.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Miliciano da 2ª Compañía do Batallón Nº 4 da CNT.

BLANCO BARBEITO, José.

BLANCO BLANCO, Francisco.

Integrante da Asociación Tipográfica da Coruña, sen traballo en marzo de 1928. Vocal da Asociación Tipográfica en decembro de 1931.

BLANCO BOEDO, Ramón.

Vocal 3º da Sociedad de Pintores “La Lealtad” de A Coruña en xulio de 1927.

BLANCO CARRIL, Agustín.

Afiliado número 423 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BLANCO CASAS, José (A Coruña, 1924 – ?).

Vocal do Sindicato de Panaderos da Coruña antes da guerra. En xaneiro de 1936 foi movilizado para Asturias, onde o colleu o levantamento militar; loitou no Batallón “Galicia”. Teniente, integrante da xunta económica do BON “Galicia” en abril de 1937. Delegado das JJ.LL. Galaicas en el Norte na Compañía de Ametralladoras do BON “Galicia”. En xulio de 1938 informa da morte de Antonio Blanco Fernández e José Sampedro Ramos, tenentes da 107 Brigada Mixta. En maio de 1942 foi contactado por Honorato Martínez Fuster.

BLANCO CASTRO, Andrés.

Bombeiro permanente. Bombeiro, afiliado ao Sindicato de Empleados y Obreros Municipales “La Aurora” en maio de 1931. Na Comisión Revisora do Sindicato de Empleados y Obreros Municipales da Coruña en xulio de 1934. Sometido a consello de guerra na Coruña en outubro de 1934 por levar unha pistola. Militante do Sindicato de Empleados y Obreros Municipales da Coruña. Organizador do PCE e do SRI na Coruña. En marzo e abril de 1936 participou nunhas reunións de traballadores municipais, nas que defendeu a conveniencia de formar un sindicato autónomo da UGT e da CNT. Suspendido de militancia por un mes no Sindicato de Obreros y Empleados Municipales en maio de 1936. Detido o 3 de agosto de 1936, acusado da preparación duns tubos para a fabricación de bombas no parque de bombeiros. Condenado a reclusión perpetua en febreiro de 1937.

BLANCO CASTRO, Celso “Charinto”.

Representou ao Sindicato de Agricultores e ao Sindicato Único de Verín no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Detido en Celanova en outubro de 1936, foi xulgado por participar na resistencia e incautarse da Central Telefónica. Foi condenado a reclusión perpetua en maio de 1937.

BLANCO CONDE, José María.

En xuño de 1926 foille notificado como administrador do Sindicato de Boteros da Coruña a anulación dun acordo polo gobernador civil, por coartar a libertade de traballo. En decembro de 1926 entregou as chaves do pupitre do Sindicato de Boteros no local de Linares Rivas, 43, ao ser disolto polo gobernador civil. Representou ao Sindicato de Boteros del Puerto da Coruña no Congreso de 1931 en Madrid. O 28 de abril de 1931 foronlle entregados os libros e efectos do Sindicato, como administrador do mesmo; estaba domiciliado en Adelaida Muro, 25. Detido na Coruña pola folga xeral de maio de 1933, co seu fillo Manuel. O 11 de maio de 1933 foi xulgado na Coruña co seu fillo Manuel Blanco Pena, resultando absoltos.Foi liberado en xulio, despois de dous meses de cárcere. En xulio de 1934, tesoureiro do Comité da CRG. Interveu na asamblea celebrada sobre o tema das alianzas obreiras na Coruña en decembro de 1935. Detido gubernativo na Coruña en 1938, quedou en libertade en xaneiro de 1939.

BLANCO COUCEIRO, Ángel

Detido no marco das mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña por coaccións nunha tafona. Panadeiro, detido nunha fábrica de fariñas como consecuencia das mobilizacións que seguiron ao 1º de maio de 1890.

BLANCO CRESPO, Manuel

En setembro de 1909 obtivo unha acta de concelleiro en Santa María de Oza pola Unión Campesina.

BLANCO CRUZ, Antonio.

Folguista da CNT acusado de colocar un artefacto no portal do empresario Antonio Cabanela na rúa Rubine da Coruña o 1 de maio de 1933.

BLANCO FERNÁNDEZ, Antonio.

Militante da CNT de Cariño. Fuxido no vapor “Arkale” en xulio de 1936. Participou na fundación da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en novembro de 1936, como militante do Sindicato de Industria Pesquera de Cariño. Miliciano do BON Galicia en novembro de 1936, dende xaneiro de 1937 foi Teniente da Compañía de Ametralladoras. Asiste a unha reunión do Comité da Agrupación Confederal Galaica e dos Delegados do BON Galicia, en Oviedo, en febreiro de 1937, pola Compañía de Ametralladoras. Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias afiliado á Federación de Grupos de Xixón. En marzo de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” recollidos na administración do xornal. En xuño de 1938 “Galicia Libre” informaba da morte de Antonio Blanco Fernández, en Levante; fora tenente en Asturias, logo pasou como outros combatentes do Batallón “Galicia” á 107 Brigada. En xulio de 1938 “Galicia Libre” inclúe unha necrolóxica súa (con fotografía): estaba hospitalizado cando caeu a fronte Norte e como consecuencia foi evacuado. En decembro de 1938 reclamado polo axudante de Mariña de Ortigueira, por rebelión militar.

BLANCO FERNÁNDEZ, Ignacio (? – Ferrol, 15-08-36).

Executado en agosto de 1936, en virtude do artigo 4º do Bando de Guerra (tenencia de armas) en Ferrol.

BLANCO FOJO, Ramón.

Vocal 1º do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña en setembro de 1930. Nunha comisión a Madrid do Sindicato en maio de 1934.

BLANCO GARCÍA, José.

Presidente do Sindicato de Gasistas y Electricistas “La Energía” da Coruña e membro dunha comisión de negociación en outubro de 1933.

BLANCO GARCÍA, José (Marín-Pontevedra, 1891 – ?).

Integrante do Batallón “Celta”, natural de Marín. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937; sen filiación anterior.

BLANCO GÓMEZ, Felipe.

Militante das JJ.LL. Galaicas no Norte na Compañía de Ametralladoras do BON “Galicia”.

BLANCO GONZÁLEZ, Santiago.

De Buenos Aires.Deportado de La Habana en decembro de 1920, quedou detido na Coruña.

BLANCO GRANDÍO, Juan

Mecánico, veciño de Cerro, 596, foi detido nunha manifestación de estudiantes en La Habana en outubro de 1930. Era anarquista e anteriormente fora detido por agredir a unhas obreiras no transcurso dunha folga nunha fábrica de medias.

BLANCO HERMO, Manuel (Noia-A Coruña, 1913 – ?).

BLANCO LAMAS, Eduardo.

Detido en xulio de 1919 na Coruña. Foi un dos detidos na Coruña en xaneiro de 1920, despois da explosión de varios petardos.

BLANCO LAREU, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Fita, 4, 2º.

BLANCO MARTÍNEZ, Luis.

Foi delegado do Sindicato de Empacadoras de Pescado ao SIP da Coruña, en outubro de 1932.

BLANCO NAVAL, José

Secretario da Agrupación Galaica Pro Instrucción Racionalista “13 de octubre” na súa fundación, en decembro de 1913.

BLANCO NAYA, Santiago.

Vicesecretario do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en xuño de 1934.

BLANCO PENA, Manuel

O 11 de maio de 1933 foi xulgado na Coruña co seu pai José María Blanco Conde, resultando absoltos.

BLANCO PÉREZ, José María.

Membro da comisión organizadora da Sociedad de Cocineros de A Coruña en decembro de 1926.

BLANCO PONTE, Manuel.

Militante da Agrupacion Confederal Galaica en Asturias, ferido en setembro de 1937, pertencente ao Batallón Disciplinario.

BLANCO REBOLLIDO, Jesús.

Xulgado en febreiro de 1935 por atentado á garda civil en Boiro en 1933, despois das eleccións.

BLANCO REY, Antonio (*)

Natural de Buenos Aires, de 30 anos. Practicante da farmacia “El Globo” de Madrid, foi detido no seu domicilio na rúa da Palma, 48, en decembro de 1923 como anarquista perigoso; fóronlle encontrada cocaina, outras sustancias tóxicas, unha pistola e 16 cápsulas. Era corresponsal do xornal libertario de Coimbra “O Empregado do Comércio”. Ao tempo foron detidos tamén Alfredo Eiras Hernández e Miguel Hernández Sánchez.

BLANCO RODAL, José.

BLANCO RODRÍGUEZ, Manuel

En febreiro de 1912 detido en Lisboa, como anarquista español, foi encerrado no Forte de Sacavem.

BLANCO ROEL, Eduardo.

Delegado a un Congreso de Petroleiros en Madrid en agosto de 1931, daquela era secretario do Comité Regional da Industria. Comisionado a Lugo en agosto de 1931. Presidiu reunión do Sindicato en novembro e decembro de 1931, setembro e decembro de 1932. Presidente da Unión Petrolífera da Coruña en agosto de 1932. Foi de xira por varias cidades galegas con Ernesto Santiso, entre ellas Lugo e Vigo en setembro de 1932. Interven nun mitin de afirmación sindical en Lugo a finais de outubro de 1933. Foi secretario do Sindicato Unión Petrolífera da Coruña en outubro e novembro de 1933. Delegado a un Congreso nacional en novembro de 1933. Participa con Ernesto Santiso nun acto no CES Luz y Vida de Elviña en novembro de 1933. Asistiu a un congreso en Madrid en agosto de 1934.

BLANCO ROEL, Manuel (1910 – ?).

Traballador da Imprenta Moret, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

BLANCO SÁNCHEZ, Bernardo (Santiago, 1904 – ?).

Carpinteiro, militante da CNT na clandestinidade, tentou organizar os comités de Vigo e Vilagarcía. Procesado na causa 156/47, pedironlle 6 anos e foi condenado a 3.

BLANCO SANLUIS, Manuel “Pitelos”(Noia-A Coruña, 1901 – ?).

Fuxido nos bous “Santa Eulalia” e “Santa Rosa” de Muros en xulio de 1936. Curtidor. Fora afiliado do Sindicato de Curtidores da C.O.A. en Buenos Aires. Fixerase sindicalista cando estivera na Coruña. Brigada do Batallón Nº 30 “Celta” da CNT, estaba ferido en maio de 1937. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; sen filiación anterior. Brigada da Terceira Compañía do Batallón “Celta” 30º Euzkadi 6º CNT. Voltou a Noia xunto a Manuel Muñiz e entoubouse. Finalmente entregouse ao gobernador civil de Pontevedra e non chegou a ir ao cárcere.

BLANCO SANTOS, Juan (?-A Coruña, 13-07-01 – ?).

Canteiro, da CNT, casado, fillo de Soledad, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en setembro de 1936 e foi cabo na 1ª Compañía.

BLANCO SIERES, Rafael.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en praza de Pontevedra, 14, 1º.Vocal do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en decembro de 1932.

BLANCO VARELA, Manuel.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente. De Padrón. Miliciano do Batallón “Durruti”.

BLANCO VÁZQUEZ, Ángel.

Afiliado número 41 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BLANCO VILLAR, Alfonso (1906 – ?).

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en “Celta”. Panadeiro. Afiliado ao Sindicato de Panaderos da Coruña. Detido en xulio de 1937 por recoller cotizacións entre os panadeiros para algúns fuxidos. Foi absolto en decembro de 1937.

BLANCO WAGA, Santiago.

Secretario do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña entre xuño de 1935 e xaneiro de 1936.

BLAS, Carlos.

Presidente do Sindicato de Obreros del Mar “La Esperanza” de Santa Cruz de Liáns en febreiro de 1932.

BLAS, Félix Ramón de (? – ?, 17-09-1936)

Consta nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; enderezo en Ventorrillo, 4 baixo. Asasinado en setembro de 1936.

BLAS, José

Vicesecretario do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña en xulio de 1936.

BLAS VENTUREIRA, Francisco.

Vocal da Sección Mercantil do Sindicato de Industria da Alimentación de A Coruña en novembro de 1933.

BLÁZQUEZ, Ángel.

Nunha lista de galegos que prestan servicio en batallóns no frente Norte no tempo da guerra civil. Dado de baixa do Batallón “Libertad” de Santander. Da CNT, Sección Peones. De Vigo. Desexaba incorporarse outra vez.

BLÁZQUEZ, Ángel.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Juan Flórez, 2, 3º. Catedrático. Participa nun acto de presentación pública de Germinal no Teatro Rosalía de Castro, en novembro de 1931.

BOADE, E.

Elexido vocal do Sindicato de Metalúrgicos da Coruña en maio de 1931.

BOCIJA, Antonio

En maio de 1946 morría a súa compañeira Carmen Alonso en Cantón-Ohio; a casa de ambos era lugar de acollida para a militancia.

BOEDO

Do Sindicato de Albañiles da Coruña, participa nun mitin de protesta en Paiosaco en abril de 1933.

BOEDO

Interveu en nome da FLO da Coruña nun mitin contra o pistolerismo catalán, en maio de 1923.

BOEDO, Antonio

BOEDO, Eduardo

En febreiro de 1903 participou pola sociedade de Toneleros nun mitin polo peso do peixe no fielato do porto da Coruña.

BOEDO, Eduardo.

Nomeado vicesecretario na reunión organizadora da Sociedad “El Despertar del Obrero” de Sada en marzo de 1916.

BOEDO, José.

Albañil da Coruña, refuxiado no monte dos Chans nos primeiros días do golpe de estado. Interveu na asamblea celebrada sobre o tema das alianzas obreiras na Coruña en decembro de 1935.

BOEDO, Manuel

BOEDO, Vicente

En novembro de 1920 formou parte na comisión formada na xuntanza na Federacíón Local Obrera para tratar da fusión da sociedades de Estibadores “La Armonía” e “El Progreso”.

BOEDO CORRAL, Visitación.

Foi vocal do Sindicato de Empacadoras de Pescado da Coruña, en marzo de 1932.

BOEDO LÓPEZ, Eduardo

En xulio de 1957 a súa irmá Rosa Boedo López tramitaba a súa declaración de falecemento, por ter desaparecido na primeira quincena de agosto de 1936.

BOEDO LÓPEZ, José (Santa María de Oza-A Coruña, 1887 – ?).

Canteiro. En marzo de 1918 foi elixido contador da Sociedad de Canteros da Coruña. Sindicalista de acción antes da República. Participou no 1º Congreso Regional Galaico en Vigo en agosto de 1922. Falou polos canteiros no mitin pedindo o indulto do cabo Sánchez Barros, na praza de touros da Coruña, en agosto de 1923. Participou nunha reunión do Sindicato de Canteros da Coruña en novembro de 1928. Participa nunha reunión do Sindicato de Canteros, Marmolistas e similares en xuño de 1929, ainda que na mesma comentouse que Boedo non tiña nen voz nen voto no sindicato. En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Canteros y Marmolistas “El Trabajo” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. Presidente do Sindicato en decembro de 1930, e delegado do mesmo na F.L. en 1931. Preside unha reunión do Sindicato de Construcción o 26 de abril de 1931. Membro do Comité da FLO da Coruña antes de febreiro de 1932. En 1932 deixou de actuar no seu sindicato por ser nomeado capataz nas obras do muelle de trasatlánticos. Membro do Comité da FLO da Coruña en setembro de 1932. Representou ao Sindicato de Canteros e á Federación Local da Coruña no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933. Asinou a ponencia sobre as obras do ferrocarril Zamora-Ourense-A Coruña no Pleno Regional de Santiago en febreiro de 1933. Participa nun mitin no Portillo a finais de marzo de 1933. Membro da Comité da F.L. en agosto de 1935 e da Federación Regional en decembro do mesmo ano. Detido despois do levantamento militar.

BOEDO MORENO, Juan.

Foi vicepresidente do Sindicato “El 1º de Mayo” do SIP da Coruña en marzo de 1932. Delegado do Sindicato na Industria Pesquera en setembro de 1934. Vocal 2º en marzo de 1936.

BOEDO NÚÑEZ, José Antonio (A Coruña, 1912 – ?).

Fillo de José Boedo, albañil, veciño da Silva. Acusado de formar un grupo adicado a facer sabotaxes, con Arturo Meirás, Antonio Prenas e Américo Gómez Carro. Foi contador do Sindicato de Albañiles en marzo de 1933 e detiverono en maio do mesmo ano por coaccións. O 16 de xaneiro de 1934 foi novamente detido pola súa participación no movemento revolucionario. Nomeado presidente do seu Sindicato en abril de 1935, ao tempo que era nomeado delegado no Comité Regional. Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935. Ocupou diversos cargos no seu Sindicato, na F.L. da Coruña e no Comité Regional. Implicado na fuga do Monte de San Pedro, en marzo de 1937, conseguiu fuxir, mais foi capturado despois, e condeado a morte en xulio de 1937. En xuño de 1938 Andrés Seijas relata en “Galicia Libre” a fuxida do Portiño e comenta a participación de Antonio Boedo. En decembro de 1957 o seu irmao José Boedo Núñez tramitaba a súa declaración de falecemento e a do seu pai e o irmao Manuel.

BOEDO SEOANE, José

En agosto de 1909 participa no mitin solidario da Coruña como concelleiro solidario da Unión Campesina da Grela-Oza.

BOEDO SUÁREZ, José.

BOELLE OTERO, Ramón (Lugo, 1888 – ?)

Peón, ingresou no cárcere de Lugo o 9 de novembro de 1936, foi procesado na causa 1198/36, condenado a cadea perpetua e o 6 de marzo de 1939 foi conducido ao cárcere de Las Palmas. Fora presidente da Sociedad de Obreros Chocolateros y Similares da UGT en 1919 e en 1936 estaba vencellado á CNT.

BOGALLO, Faustino (*)

Envía un donativo a “Tierra y Libertad” en setembro de 1910, desde Gatún-Panamá. Participa en suscricións en “Tierra y Libertad” en marzo, maio de 1911. Envía cartos desde Gatún-Panamá a “’¡Tierra!” de La Habana en xaneiro e marzo de 1914.

BOLAÑO, Manuel

En febreiro de 1903 participou como despedido nunha xuntanza da Maestranza no Circo Ferrolano para xestionar créditos para rematar os traballos en curso.

BONAVIDE, Purificación.

Na súa casa de Bembrive foi descuberto un depósito de bombas e botellas de líquido inflamable a finais de abril de 1934.

BONAZOS, Antonio.

Membro do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña, en folga en xuño de 1933.

BONHOME MOSQUERA, Severino (?-A Coruña, 15-03-14 – ?).

Xornaleiro, da CNT, solteiro, fillo de Francisco e Juana, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en novembro de 1936 e foi cabo na 1ª Compañía.

BONITO, José.

Foi secretario do Sindicato de Chalaneros da Coruña en novembro de 1933.

BONOME, Antonio (*)

Asina un artigo en “Cultura Proletaria” de New York en marzo de 1928, desde Darer, N.J.

BONTUREIRA, Manuel.

Vicesecretario da Sociedad “El Despertar de los Trabajadores del Mar” de Sada en outubro de 1919, cando tivo lugar a súa fundación.

BOR COMESAÑA, Marcelino.

Mariñeiro folguista de Vigo, foi detido en outubro de 1903 pola agresión a varios esquirois.

BORGHI, Armando.

Ía participar no Congreso da Paz de Ferrol en representación das sociedades obreiras de Italia.

BORRAM, Guillermo.

Ou Borrani. Italiano, participou no acto que organizou “Germinal” en homenaxe a Emilio Zola, en outubro de 1902. En decembro de 1902 participa nunha velada en “Germinal” de homenaxe a Pi i Margall. En agosto de 1905 establecido en Vigo, onde era director da Academia Comercial y de Idiomas.

BORRÁN, Jorge D.

Pseudónimo de Jesús IGLESIAS JANEIRO

BORRÁS, Enrique.

Coñecido actor, unha xunta de sindicatos na Coruña acorda pedirlle que faga unha actuación en beneficio de “Solidaridad Obrera”, en abril de 1931.

BORRAZÁS, Antonio

Estibador da “plantilla fixa”, que apoiaba a folga dos “suplentes”, na Coruña, en xuño de 1933.

BORRAZÁS, Enrique.

Participou nun mitin da Unión Campesina en Tornos en marzo de 1910, no que se falou da necesidade de reorganización. Foi nomeado comisionado pola parroquia de Peruleiro.

BORRAZÁS, José.

Presidiu unha reunión do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en maio de 1934.

BORRAZÁS, José María.

Vocal da Sociedad de Estibadores del Puerto “El Progreso Marítimo” de A Coruña en xulio de 1927.

BORRAZÁS, José María

En xuño de 1918 foi elixido vocal da Sociedad de Pescadores “La Humanidad Libre” da Coruña. Foi presidente da Sección de Pescadores a la Parte “La Humanidad Libre” do SIP da Coruña.

BORRAZÁS, Segundo.

Presidente da Sociedad Agraria de Armentón-Arteixo, que estivo detido en xuño de 1933, agradecía nas páxinas de “Solidaridad Obrera” as atencións que os libertarios coruñeses tiveron con eles, a pesar de non pertencer á CNT.

BORRAZÁS ALFONSO, Antonio.

En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Dependencia del Servicio Escénico da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña. Foi presidente do Sindicato de Servicio Escénico da Coruña.

BORRAZÁS BELLO, José (?, 1903 – ?).

Afiliado ao Sindicato de Obrero de Monteagudo, foi detido o 5 de agosto de 1936, acusado da colocación de explosivos na casa do cura de Monteagudo, despois dunha asamblea do Sindicato á que asistiron 40 persoas, no monte do Freixal. En setembro de 1936 foi condenado a reclusión perpetua.

BORRAZÁS MARTÍNEZ, Luis.

Afiliado da Sociedad de Estibadores “El Progreso Marítimo”, da Coruña, detido por participar nunha reunión clandestina no Espino en abril de 1921.

BORRERO BORREGO, Jorge.

Tesoureiro do Sindicato de Obreros en Cervezas y Gaseosas “La Luz” de A Coruña en xuño de 1934.

BOSOLI, Enrique.

Dende La Habana, felicitaba en maio de 1895 á Asociación Tipográfica da Coruña polo seu terceiro aniversario, cun grupo de tipógrafos que participaran na súa fundación.

BOSORAS, M.

En agosto de 1892 participa nunha suscrición de “El Productor” de Barcelona polos presos anarquistas, desde Ferrol.

BOTANA, Abel

En outubro de 1908 formou parte da xunta directiva da Sociedad de Ebanistas de Santiago, como presidente.

BOTANA, Daniel

En setembro de 1930 representa ao Sindicato de Albañiles “La Aurora Social” da Coruña no Pleno Regional celebrado na Coruña.

BOTANA, Millán.

Presidiu unha reunión do Sindicato de Sastres de Santiago en novembro de 1924.

BOTANA, Esther.

Presidiu unha reunión da Sección de Enfermeros do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en xaneiro de 1933.

BOTANA, Ramón

Detido no marco das mobilizacións polo 1º de maio de 1890 na Coruña por coaccións nunha tafona.Panadeiro, detido nunha fábrica de fariñas como consecuencia das mobilizacións que seguiron ao 1º de maio de 1890.

BOTANA, S.

En xulio de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde Ferrol.

BOTANA PARDO, Ramón (1908 – ?) .

Traballador da Imprenta Lombardero, integrante da Asociación Tipográfica da Coruña en marzo de 1928.

BOU SANTOS, Jesús.

Contador de “La Alianza Marinera” de Cangas en marzo de 1933.

BOULLÓN, José.

Afiliado número 589 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BOULLÓN, Juan

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Juan Flórez, 138, baixo.

BOULLÓN LIMES, Luis.

Contador da Sociedad de Metalúrgicos de Santiago en decembro de 1924.

BOURNASELL BRETAL, José

Nomeado vogal do Sindicato General de Trabajadores de Riveira o 16 de abril de 1936.

BOURRADA, Matías.

BOUZA, Consuelo

Procesada en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza.

BOUZA, Francisco (*)

Vogal da Unión de Dependientes de Café de La Habana en agosto de 1914.

BOUZA, José (*)

En outubro de 1913 asina un telegrama de protesta pola condenda de Evaristo Vázquez e Eduardo Estévez.

BOUZA, Manuel

En xaneiro de 1904 foi denunciado como mal compañeiro por César García, en La Habana.

BOUZA, Plácido

En abril de 1910 viaxou con destino a España dende Cuba por estar enfermo e sen recursos, cunha suscripción organizada por Francisco Villamisar e Francisco Barral.

BOUZA, Ramón.

Mariñeiro. Presidente da segunda directiva do SIP de Espasante antes do levantamento militar. Detido e interrogado pola fuxida do pesqueiro “Ramón Galdo” en outubro do 36.

BOUZA, Rosendo

Participou nun mitin no Centro Obrero de Ferrol en xulio de 1912, para promover a creación dunha escola racionalista.

BOUZA CARRERA, Plácido

Formou parte dunha comisión formada en Ferrol para xestionar a adquisición dun aeroplano para o aviador Piñeiro. Faleceu en Ferrol en abril de 1923.

BOUZA CASTRO, Antonio (San Xoan de Filgueira-Ferrol, 1912 – )

Natural de San Xoan de Filgueira, Ferrol, veciño da praza de Ferrandiz, 6, Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 22 de abril de 1933 por un delito de resistencia e danos, e foi liberado o 25 do mesmo mes.

BOUZA GUTIÉRREZ, Enrique

En xaneiro de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

BOUZA RODRÍGUEZ, Consuelo

Detida en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899.

BOUZA VEIGA, Eladio (1900 – ?).

Bouza Bello, segundo outras fontes. Ferrador. Secretario xeral do Sindicato Único de Trabajadores de Neda, en febreiro de 1923. Secretario do Sindicato de Oficios Varios de Neda, detido en maio de 1923 polos delitos de coacción e danos con ocasión da folga textil de Xuvia. Foi posto en liberdade a comezos de xuño de 1923. Nunha listaxe de persoal militarizado da SECN en agosto de 1936; era vaciño da Mourela Alta. Ingresou no cárcere de Ferrol o 19 de febreiro de 1939 e foi conducido ao Castelo de San Felipe o 25 de marzo de 1939.

BOUZADA, Antonio

En decembro de 1937 colabora económicamente con “Galicia Libre”. En xaneiro de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”, na 69 Brigada Mixta.

BOUZADA, M.

BOUZAMAYOR RODRÍGUEZ, Manuel (Loira-Valdoviño, 1912 – )

Natural de Loira-Valdoviño, veciño de Loira-Valdoviño. Labrador, ingresou no cárcere de Ferrol o 29 de agosto de 1933 por un delito de colocación de explosivos, e foi liberado o 23 de outubro.

BOUZAS, A.

BOUZAS BOUZAS, J.

O 20 de setembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”.

BOUZAS CONCHADO, José.

Preside unha reunion do Sindicato “La Cosmopolita” de Camareros, Cocineros y Enfermeros Marítimos da Coruña, en marzo de 1928.

BOUZAS FUENTES, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Nelle, 6, duplicado, baixo.

BOUZAS ROUCO, Sabino (Curtis, 1855 – ?)

En abril de 1884 o secretario da Comarcal Galaica informa da folga dos carpinteiros pedindo que sexa autorizada e denunciando a asociación dos patróns que a está combatendo, temendo que a victoria da Sección de Hierros y Metales fique anulada se se perde a folga dos carpinteiros, polo que solicitan axuda económica ao enderezo de Sabino Bouzas, en Galera, 20, 2º. En maio de 1885 mantén correspondencia con “Revista Social”. En 1886 vivía na rúa da Cancela, 1, baixo, da Coruña. En xulio de 1887 enviou unha peseta para unha suscripción polos folguistas presos a “El Productor” dende A Coruña. En decembro de 1888 ten correspondencia con “El Productor” dende Montevideo.

BOUZÓN, Claudio

Vogal da Agrupación Artística Gallega de La Habana en maio de 1921 e febreiro de 1926. Foi asasinado no machadato. Estaba preso co ruso Yalob, foi sacado da “Cabaña” e lanzado aos tiburóns. Un mariñeiro pescou un tiburón e apareceu un brazo de Bouzón. A súa compañeira foi para España. En decembro de 1937 un avogado de New York presentou unha querela contra Machado polo seu asasinato e o doutras dúas persoas.

BOUZÓN, Jesús (*)

En maio de 1917 era presidente do Centro Cosmopolita de Rio de Janeiro, mobilizado pola xornada de 12 horas.

BÓVEDA, Vicente

Colabora económicamente con “Galicia Libre” desde Cartagena en decembro de 1937. Deu a súa opinión nun artigo publicado por Carballo desde Cartagena en “Galicia Libre” en xaneiro de 1938.

BÓVEDA FORMIGO, José.

Participou nunha obra teatral do cadro artístico da “Unión Club Ventoselense” en abril de 1934. Xulgado despois da guerra en Ribadavia, por participar na resistencia ao golpe militar. Foi condenado a reclusión perpetua e conducido ao Penal de San Cristóbal.

BRAGADO RUIZ, Dalmacio “Fiat-Lux” (Zamora, 1893 – Vigo, 04-04-1986).

Naceu nun pobo de Zamora. Afiliouse á CNT en Bilbao en 1919. Alí sufriu algunhas detencións e unha conducción forzosa a Valdepeñas. En xaneiro de 1921 asina un artigo adicado os obreiros agrícolas zamoranos en “Solidaridad Obrera” de Bilbao. Asentouse en Vigo en 1923 e ao pouco de chegar viuse implicado no estoupido dunha bomba na Casa del Pueblo, feito polo que ingresou no cárcere. Detido en xulio de 1923 acusado de proporcionar a Valentín Iglesias material para a confeccion dunha bomba na Casa del Pueblo de Vigo, que estalou deixando feridos ao Valentín e a Ángel Rial; segundo a prensa estivera antes en Bilbao e alí significarase como sindicalista de acción, chegando a Vigo á altura de abril de 1923. Escribe en “Solidaridad Obrera” da Coruña en outubro de 1924, narrando unha asemblea do S.G. de Vigo, do que era secretario. Era camareiro da mariña mercante, e como tal colaborou na organización do Sindicato de Transporte Marítimo. En xuio de 1928 foi detido pola Inspección de Vigilancia de Vigo, por orde da Dirección General de Seguridad, xunto a José Villaverde; era de Villaloura, xornaleiro. Secretario da Agrupación de Sindicatos Obreros de Vigo en setembro de 1930. Asina un escrito de protesta polo peche dos sindicatos da CNT de Vigo no xornal “El Pueblo Gallego” en marzo de 1931. Secretario da Agrupación de Sociedades y Sindicatos Obreros de Vigo en xuño de 1931. A Sección de Oficios Varios e Obreros en Construcción, e os Sindicatos de Metalurgia e Constructores de Calzado da CNT de Vigo nomearono delegado ao Congreso da CNT en xuño de 1931. Representou aos Sindicatos Obreros de Vigo no Congreso de 1931 en Madrid. En xulio de 1931 deu explicacións no local da CNT sobre os acordos do Congreso da CNT. Participa na creación da Sección de Boteros y Lancheros, cunha organización colectiva na que había unha caixa única e un soldo único. Nunha ponencia no Pleno Regional de Vilagarcía en agosto de 1931. Mitin en A Gudiña en setembro de 1931. En marzo de 1932 abriu un acto de propaganda organizado polo Comité Nacional da Industria Ferroviaria, no marco dunha xira por Galizana que participaron Pedro Rodríguez e Julián Martínez polo Comité da FNIF. Preside un mitin ferroviario no Centro Obrero de Vigo en abril de 1932. Responsable da Delegación de Vigo do Comité Internacional Pro-Presos y Perseguidos en 1932. Detido en xuño de 1932 despois dos sucesos de Tui; a finais de agosto ainda estaba na cadea ainda que se rumoreaba a súa liberación. Boteiro, membro da comisión encargada do reparto dos subsidios na folga pesqueira de Bouzas en outubro de 1932. Colaborador do xornal “Mar y Tierra”. Moi activo en 1932 na folga pesqueira; escribe sobre a folga no xornal barcelonés “Solidaridad Obrera” a finais de 1932. En novembro de 1932 critica en “Tierra y Libertad” as proclamas rexionalistas de Fausto Brand en “Solidaridad Obrera”. En decembro de 1932 comunica a “Tierra y Libertad” que o Comité Pro Presos y Perseguidos Internacional recibe correspondencia e donativos a nome de Bragado en San Bernardo, 4. Membro da Comisión Revisora do Sindicato de Industria Pesquera de Vigo da recadación de cartos enviados por outros Sindicatos, en decembro de 1932. A comezos de 1933 tentaba crear unha Federación de Grupos Anarquistas de la Región Galaica, paralela á FAI, polo que foi criticado polo Comité Reginal da específica. Representou ao Sindicato de Transporte Marítimo de Vigo no Pleno Regional de Santiago de febreiro de 1933, presidindo a última sesión do mesmo. Asinou a ponencia sobre as obras do ferrocarril Zamora-Ourense-A Coruña no Pleno Regional de Santiago en febreiro de 1933. Escribiu o folleto “Derivaciones y consecuencias del locaut pesquero de Vigo” (Vigo, 1933). Acusado de instigar a colocación dunha bomba no xuizo a Manuel Blanco Pena e seu pai José María Blanco Conde o 11 de maio de 1933 na Coruña, en combinación con José Villaverde e José Moreno. En xuño de 1933 enviaba a “Tierra y Libertad” de Barcelona un artigo sobre a situación de Tui. En xulio de 1933 viaxa pola Coruña e por Santiago. Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Vigo, en setembro de 1933. Secretario Administrativo do Comité Pro Presos y Perseguidos Internacional en setembro de 1933. En outubro de 1933 recibía a correspondencia do Comité Pro Presos y Perseguidos Internacional en San Bernardo, 74, baixo. En novembro de 1933, foi acusado por “Mundo Obrero” de ser un vividor, polo que o Sindicato Único del Transporte Marítimo (Sección Boteros) saliu na súa defensa. En maio de 1934 asina un artigo en “Tierra y Libertad” dirixiido a todos os compañeiros de Vigo, contra o frente único e as alianzas obreiras. Ao iniciarse a guerra civil escapou e andivo agachado, até que foi detido por unha delación. En 1956, escribíase con Campio Carpio, dende Vigo.

BRAGE VÁZQUEZ, Santiago Secundino

En xaneiro de 1909 asinaba un artigo en “¡Tierra!” de La Habana xunto a Juan Martínez “Xan da Graña”, dende New York. En xaneiro de 1909 correspondente de ¡”Tierra!” de La Habana en New York. En maio de 1910 colabora económicamente con “Cultura Proletaria” desde New York; nesa altura publica un artigo neste xornal dirixido aos fogoneiros, asinado como secretario. Denunciado en “El Único” diante dos obreiros marítimos en abril de 1912 como un dos chupópteros de “La Unión”. Colabora novamente con “Cultura Proletaria” en xulio de 1910 e xuño de 1911. En febreiro de 1914 colaboraba económicamente con “Fuerza Consciente” de San Francisco, desde New York; en marzo mantiña correspondencia con “Fuerza Consciente”..

BRANDARIZ, Ángel.

Vocal 2º da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares “La Herculina” de A Coruña en abril de 1916.

BRANDARIZ, F.

En setembro de 1892 asinou unha protesta publicada en “El Corsario” contra os manexos dos republicanos para tentar impedir a publicación dun manifesto anti-electoral na Coruña.

BRANDARIZ, Federico

No mitin do 1º de maio de 1900 na Coruña participaron José García Freire, Evaristo Morán, Federico Brandariz e Pedro Rivas pola Sociedad de Carpinteros. En maio de 1904 era vogal da Sociedad de Carpinteros “La Emancipación” da Coruña.

BRANDARIZ, José

BRANDARIZ, Manuel.

Tesoureiro da Sociedad de Boteros “La Unión del Puerto” da Coruña en xaneiro de 1922.

BRANDARIZ CALVETE, Federico.

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Camposa, 10, baixo. Vocal do Sindicato de Carpinteros na FLO da Coruña en 1934. De carpinteros, en xulio de 1934 participou nunha asemblea do Ramo da Construcción da Coruña polo tema dos subsidios de enfermidade e retiro obreiro.

BRANDARIZ GARCÍA, Pedro

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura como policía.

BRANDARIZ LÓPEZ, Juan (?-A Coruña, 11-05-15 – ?).

Labrador, da CNT, solteiro, fillo de Manuel e Serafina, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na 1ª Compañía. Afiliado número 602 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BRANDARIZ RAMOS, José (Carral, 1888 – A Coruña, 9-3-38).

Albañil, membro do Sindicato da Construcción da Coruña. Presidente do Sindicato de Canteros y Similares da Coruña en outubro de 1928. Participou nunha reunión do Sindicato de Canteros da Coruña en outubro de 1928. Delegado do Sindicato na F.L. da Coruña en setembro de 1931. Ingresou na cadea en outubro do 36, sendo liberado posteriormente. Un infiltrado da policía tomou contacto con el na súa vivenda e conseguiu que o puxera en contacto cun nutrido grupo de militantes da CNT, e moi especialmente con Jaime Baella e Ángel Fernández, sendo detidos os tres na vivenda de Brandariz o 23 de xulio de 1937. Tamén lle proporcionou contactos en Tabeaio, Carral, Cambre e Corcubión. A actividade do “topo” deu como resultado tamén a caída do secretario da FL de Grupos Anarquistas. Brandariz foi condeado a morte e executado o 9 de marzo de 1938.

BRANDARIZ SOUTO, Felisardo (1915 – A Coruña, 9-3-38).

Fillo de José Brandariz, militante das JJ.LL. Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935. Estaba movilizado no exército “nacional” cando foi detido e condenado a morte. O 28 de xaneiro de 1938 escapou do castelo de San Antón, con José Varela Bouza, ainda que Brandariz foi apresado nas cercanías. Foi executado o 9 de marzo de 1938.

BRANDARIZ ULLA, Jesús (?-A Coruña, 05-03-14- ?).

Xastre, da CNT, solteiro, fillo de Juan e Rosario, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en outubro de 1936 e foi soldado na Plana Mayor da 1ª Compañía. Afiliado número 105 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BRAÑA, Antonio

En marzo de 1932 un simpatizante escribía a “El Luchador” desde Graña-Abadín, comentando que desde a proclamación da II República houbo catro matrimonios civís, o de Alejo Puente, o de Asencio Puente, o de Antonio Braña e o de Jesús Cabarcos e Feliciana Hermida, que se celebraría o 6 de marzo.

BRAÑA, José (*)

En decembro de 1905 asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana dirixido aos traballadores de Sagua. Participa nunha suscripción da Liga Internacional Racionalista en xulio de 1910, dende Manacas. En setembro de 1910 anuncia a súa mudanza a El Cerro en “¡Tierra!” de La Habana. En setembro de 1911 asina un artigo en “¡Tierra!” de La Habana dende Manacas. En novembro de 1911 participa nunha suscrición en “Tierra y Libertad” desde La Habana. En maio de 1912 informa en “¡Tierra!” de La Habana dunha suscripción para “Cultura Proletaria” dende Manacas; en xuño de 1912 “Cultura Obrera” daba publicidade á suscripción de José Braña dende Manacas. En xulio de 1912 pedía que lle enviaran “Brazo y Cerebro” de New York a Manacas. En abril de 1914 asina un artigo en “El Dependiente” desde Camagüey.

BRAÑAS, Ramón.

Contador da Unión de Mozos de Comercio de A Coruña en decembro de 1917. Revisor de contas en decembro de 1918.

BRAÑAS PÉREZ, Francisco (Cabrui-Mesía, 1887 – ?).

Xornaleiro. Presidente do Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Dordaño-Cesuras. Detido o 4 de setembro de 1936, acusado de recoller armas xunto a outros de Betanzos, de gardar un revolver e unha escopeta e de esconder os libros do Sindicato. En outubro de 1936 foi condenado a reclusión perpetua.

BRAÑAS PÉREZ, Ramón.

Foi vocal do Sindicato de Estibadores “El 1º de Enero” da Coruña, en abril de 1931.

BRAÑES, Antonio.

Fugado do cárcere de Noia con José Gómez, estaba loitando en xaneiro de 1937 no frente de Pola de Gordón.

BRAVO.

Militante de Cádiz. Participou en dúas asambleas pesqueiras en Vigo e mitins en Cangas e Moaña polo 1º de maio de 1932.

BRAVO, Antonio.

Redactor do xornal “La Tralla” de Ferrol, tivo unha liorta co director do xornal “El Obrero” en setembro de 1913.

BRAVO, Antonio

En novembro de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ourense.

BRAVO, J.

BRAVO REIMÚNDEZ, Luis

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Cordonería, 8, 1º.

BRAZA BENÍTEZ, Ambrosio.

Tamén Ambrosio Brasa Benítez. Foi contador do Sindicato de Estibadores “El 1º de Enero” da Coruña, en abril de 1931. Membro do Sindicato de Estibadores “El Progreso Marítimo” da Coruña, en folga en xuño de 1933. Estibador da “plantilla fixa”, que apoiaba a folga dos “suplentes” en xuño de 1933.

BREA (*)

Anarquista de Buenos Aires, en agosto de 1910 José Creo de Lista quería contactar con el a través de “¡Tierra!” de La Habana.

BREA, Manuel.

Participou nunha reunión do Sindicato de Canteros da Coruña en outubro de 1928. Revisor de contas e membro dunha comisión do Sindicato de Canteros da Coruña en maio de 1929.

BREA, Manuel

En decembro de 1919 asina unha carta en “La Voz del Obrero” como deportado. Chegara deportado de Argentina a Cádiz o 19 de outubro xunto a outros nove compañeiros. Estivo vintetres días no cárcere de Cádiz, despois cinco días no cárcere Modelo en Madrid e dezasete no cárcere da Coruña.

BREA, Manuel (*)

En agosto de 1921 asina un artigo en “Solidaridad” de Veracruz, desde La Habana.

BREA, Maximino.

Polo Sindicato de Canteros na Comisión Revisora do Ramo de Construcción da Coruña na folga do sector en decembro de 1933.

BREA CALVO, Manuel.

Veciño de Choupana-Santiago, foi detido en Conxo en febreiro de 1910 como prófugo, despois de que fora expulsado da Argentina polas súas ideas anarquistas.

BREGUA, Eusebio.

Revisor fundador da Asociación Tipográfica de A Coruña en maio de 1892. Vicepresidente da Asociación Tipográfica de A Coruña en novembro de 1909.

BREGUA, José.

Vicesecretario interino do Sindicato de Carpinteros “La Emancipación” da Coruña en abril de 1929.

BREGUA MOURIÑO, Adolfo (A Coruña, 27-09-1906 – ?)

En 1912 vivía en Outeiro, sen número. En 1920 vivía en Vioño, 55. Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Vioño. Caixonista. En 1930 vivía en Vioño, 57, A, 1º. Delegado do Sindicato de Cajonistas y Aserradores “La Libertad” da Coruña no Comité Regional en outubro de 1930. Elexido delegado á FLO do Sindicato de Cajonistas y Aserradores da Coruña en maio de 1931. Secretario do Sindicato de Cajonistas en decembro de 1931. Delegado na FLO en maio de 1931. Delegado ao Pleno de Ferrol en agosto de 1932. Secretario do Sindicato de Cajonistas de xaneiro a decembro de 1932. Delegado no Comité Regional en novembro de 1932. Tomou parte nunha discusión da FLO da Coruña na que se xulgou a participación do Sindicato de Estibadores nunha folga. Participou nun mitin organizado polo Sindicato de Oficios Varios de Cabovilaño, en outubro de 1933. Presidente do Sindicato de Cajonistas en abril de 1934. Secretario do Sindicato en maio e xuño de 1934. En 1935 vivía en Vioño, 55, A, 1º, casado con Rogelia Barba Rumbo. Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende A Coruña en decembro de 1935. Mitin en Corme en abril de 1936. No Congreso de Zaragoza, en maio de 1936, representou ao Sindicato de Cajonistas y Aserradores da Coruña e ao Sindicato de Agricultores y Oficios Varios de Ponteceso. Mitins en Cariño e Espasante en maio de 1936. Vocal do Comité da CRG en xulio de 1936. Segundo Manuel Fernández foi un dos que fuxiron da Coruña en 1936 nun barco pesqueiro, cara a Xixón. En agosto de 1938 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre” por compañeiros da Agrupación de Gallegos Libertarios de Barcelona.. Entrou no hospital Saint-Louis Perpignan o 27 de agosto de 1939, procedente de Barcarès.

BREIJO, Eduardo (*)

En xulio de 1910 é un dos asinantes dunha protesta “Cultura Proletaria” de New York polo atropelo á tripulación do vapor “Apache”.

BREIJO, José.

BREIJO, Ramón

BREIJO ALONSO, Venancio (Cariño, 1911 – ?).

Mecánico, membro do Sindicato de Industria Pesquera de Cariño, acusado do roubo de explosivos en casa dun contratista, en xulio do 36. Fuxido no vapor “Arkale” nesas datas. Soldado da Sección Mixta de Dinamiteros, Granaderos y Zapadores do Batallón Nº 30 “Celta” da CNT, en maio de 1937. Afiliado da Agrupación Confederal Galaica-Sección Bilbao en marzo de 1937. En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”. Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en outubro de 1938. En decembro de 1938 reclamado polo axudante de Mariña de Ortigueira, por rebelión militar.

BREIJO DÍAZ, Desiderio

En setembro de 1934 foron detidos en Cariño a consecuencia de incidentes na folga, acusados de coacción e sabotaxe, Manuel Novo Lozano, Desiderio Breijo Díaz, Modesto Senra Martínez, José Antono Rodríguez e Guillermo Novo González.

BREIJO DOPICO, Antonio.

En maio de 1935 interveu nunha xuntanza do SIP de Cariño.

BREIJO MAYO, Manuel “Berberecho” (1903 – ?).

Militante do Sindicato de Transportes, detido en Ferrol en xuño de 1921, no transcurso da folga do porto, acusado do incendio nos almacens de Nicasio Pérez. Liberado poucos días despois, foi detido novamente a finais de mes polo mesmo motivo.

BRIANES, Celestino.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935.

BRIONES, Ramón

Contador-tesoureiro da Federación Obrera Local de Vilagarcía en maio de 1923.

BRIONES VARELA, Cesáreo (Tafalla-Navarra, 1904 – ?).

Foi un dos fundadores do Ateneo Libertario de Santiago e director da Biblioteca Circulante Comunista-Libertaria. En setembro de 1934 foi presentado por uns gardas aos que non deixou que o cacheasen. En outubro de 1934 foi detido con Marcial Villamor por ter follas clandestinas. Despois do golpe militar, foi acusado de integrar un grupo de homes armados en Santiago, xunto a Luis García Pazos, Antonio Ramos Varela e Cándido Sánchez. Nos días do golpe actuou pola parte de Frades-Ordes En outubro de 1936 pasou a Portugal, despois a París e finalmente a Bilbao; estivo en Asturias como practicante até que se presentou en Trubia coa caída do frente Norte.. En marzo de 1938 foi avalado por falanxistas como José María Castroviejo, Gonzalo Torrente Ballester, Eduardo Paz Santás, Manuel López Sendón e Santiago Montero Díaz. Foi condenado a reclusión perpetua.

BRIQUELA, Manuel.

En maio de 1918 foi elixido vicepresidente do Sindicato de Profesiones Varias da Coruña.

BROULLÓN BLANCO, Evaristo (Marín-Pontevedra, 1907 – ?).

BRUN, José.

Tesoureiro da Sociedad de Camareros, Cocineros y Similares de Pontevedra, en decembro de 1927.

BRUN GONZÁLEZ, Luis

Colabora económicamente con “Galicia Libre” desde Cartagena en decembro de 1937. En maio de 1938 participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre”. Participa nunha suscrición da Agrupación de Gallegos Libertarios de Cartagena para “Galicia Libre” en outubro de 1938.

BRUNO, Julio

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en San Amaro, 5-B.

BRUNO ORRO, Antonio

Obreiro folguista, detido o 27 de maio de 1891 pola folga xeral, levado diante do xuiz e posteriromente ao cárcere. Augador da Coruña, asasinado nunha manifestación pola folga dos consumeiros en maio de 1901. O seu fillo Antonio Bruno Piñón faleceu en marzo de 1933.

BRUNO PIÑÓN, Antonio (? – A Coruña, 15-03-1933)

Fillo de Antonio Bruno Orro, faleceu o 15 de marzo de 1933.

BRUQUETAS, José

Detido en setembro de 1899 en Ferrol, despois das manifestacións polos despedimentos na maestranza. Foi declarado rebelde, por non ter comparecido, no proceso seguido polos sucesos de Ferrol na protesta da maestranza de 23 de setembro de 1899, en Ferrol.

BRUZOS LÓPEZ, Manuel (Ferrol, 12-04-1914 – ?)

Naceu en Ferrol en abril de 1914. En xuño de 1934 participa nunha listad de donativos publicada en “El Obrero” para apoiar á folga de metalúrxicos. En 1935 vivía en Soto, 1, C. Chamado polo negociado de quintas de Ferrol en xaneiro de 1936.

BÚA, José (*)

Membro do Grupo “Los Ácratas”, publica un anuncio en “¡Tierra!” de La Habana, dende El Cerro-La Habana, anunciando a publicación do folleto “Ni Dios Ni Amo”. En xaneiro de 1912 era tesoureiro do Centro de Estudios Sociales de El Cerro. En marzo de 1912 comunicaba a “El Dependiente” e “Tierra y Libertad” o seu novo enderezo en El Cerro. En maio de 1912 estaba nunha lista de morosos de “Tierra y Libertad”, con enderezo en La Habana.

BÚA CAROU, José

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Riego de Agua, 37, 3º.

BÚA PALACIOS, Juan (*)

Segundo Amparo Sánchez Cobos foi integrante do grupo anarquista “Bakounine” de La Habana. Segundo os informes da policía secreta cubana en 1913 era zapateiro e integrante do grupo editor do xornal “¡Tierra!”. En 1912 participou na fundación da Agrupación Racionalista Ferrer en El Cerro.

BUCETA, Ángel.

Contribúe económicamente para o xornal “Brazo y Cerebro” dende Vilagarcía en novembro de 1935. Paqueteiro de “Solidaridad” en Vilagarcía en febreiro de 1936.

BUCH GÓMEZ, Luis

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Federico Tapia, 12, baixo.

BUCIOS, José.

Representou ao Sindicato de A.P. Dependientes de Comercio da Coruña no Congreso de 1931 en Madrid.

BUENO

O 11 de novembro de 1890 interveu na velada organizada pola Federación Obrera de Ferrol en conmemoración dos mártires de Chicago. O 11 de novembro de 1891 a Sociedad de Canteros de Ferrol organizou unha velada necrolóxica en honor aos mártires de Chicago, coa participación de Lorenzo, Villaverde, Bueno e Fernández.

BUENO

En xuño de 1934 mantén correspondencia con “Tierra y Libertad” de Barcelona desde Ferrol.

BUENO, Jesús.

Preso no cárcere da Coruña en setembro de 1935, colabora nunha suscripción en apoio do diario “CNT”. Un dos presos do cárcere da Coruña libertado en febreiro de 1936 pola presión popular.

BUENO, José.

Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Ferrol, en febreiro, marzo e abril de 1933.

BUENO CORTÉS, Julio “Porrolo” (A Graña-Ferrol, 1904 – ?, 10-06-1988 )

Militante libertario. Paqueteiro do diario CNT de Madrid na Graña, en xaneiro de 1933. Participa na recadación de 32 pesetas para axudar aos folguistas de “La Felguera” e apoiar ao diario CNT en febreiro de 1933, na Graña. Natural de A Graña-Ferrol, veciño de A Graña-Ferrol. Electricista, ingresou no cárcere de Ferrol o 13 de decembro de 1933 por un delito de incendio, e foi liberado o 16 do mesmo mes. Detido na folga xeral de decembro de 1933 en Ferrol, polo incendio da igrexa da Graña, foi liberado. Natural de A Graña-Ferrol, veciño de A Graña-Ferrol. Mecánico electricista, ingresou no cárcere de Ferrol o 9 de marzo de 1935 por un delito de incendio, e foi posto en libertade o 12 do mesmo mes. Detido en marzo de 1935 como presunto autor do incendio da igrexa de Brión. Natural de A Graña-Ferrol, veciño de A Graña-Ferrol. Mecánico electricista, ingresou no cárcere de Ferrol o 19 de marzo de 1935 por un delito de tiroteo no castelo de San Felipe, e foi posto en libertade o 23 do mesmo mes. Detido en marzo de 1935, acusado de tirotear aos gardas do castelo de San Felipe. Nos anos 70 foi un destacado impulsor do esperantismo na Galiza, dende o grupo “Paco kaj amo” (Paz y amor) de Vigo. En febreiro de 1979 veuse unha causa na maxistratura de traballo polo seu despido da Bazán en 1936. Morreu en xuño de 1988.

BUENO PÉREZ, Juan (Ferrol, 1900 – )

Natural de Ferrol, veciño da rúa Rubalcaba, 60, en Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 10 de xuño de 1927 por un delito social e foi liberado o 25 do mesmo mes.

BUGALLO BOUZAS, Laudino.

Participou nunha reunión do Sindicato de Canteros da Coruña en outubro de 1928. En nome do Sindicato de Canteros, Marmolistas y Similares da Coruña xestionaba unha indemnización pola inutilidade dunha man do canteiro Rafael Mantiñán en abril de 1929. Presidente do Sindicato de Canteros da Coruña en maio de 1929. Asina a crónica dunha reunión do Sindicato de Canteros da Coruña no xornal ¡Despertad! en agosto de 1929. En decembro de 1929 foi elixido presidente da Sociedad de Canteros de Ferrol, mais non aceptou por estar integrada na UGT. Asina artigos en ¡Despertad! en febreiro e xulio de 1930 comentando a situación sindical en Ferrol. Asina un artigo en ¡Despertad! en outubro de 1930. En outubro de 1937 participa nunha lista de donativos para “Galicia Libre”. En xaneiro de 1938 colabora económicamente con “Galicia Libre”.

BUGALLO BOUZAS, Cándido.

Membro da comisión revisora do Sindicato de Canteros y Similares da Coruña en outubro de 1928.

BUGALLO BUGALLO, Francisco

O 20 de setembro de 1937 figura nunha lista de donativos en beneficio do fondo de “Galicia Libre”. Afiliado á Agrupación de Gallegos Libertarios de Madrid, en outubro de 1938 participa nunha suscrición a prol de “Galicia Libre”.

BUGUEIRO, Manuel (*)

Asina un artigo en“Cultura Proletaria” de New York en agosto de 1910, dirixido aos fogoneiros de Bosrton.

BUGUEIRO LÓPEZ, Manuel.

Secretario da Sección de Picadores de Calderas do SIP da Coruña en novembro de 1933.

BUGUEIRO OTERO, Manuel (Corcubión-A Coruña, 1890 – Ferrol, 03-10-1936).

Nalgunha fonte como Burgueiro. Denunciado como prófugo en outubro de 1923, ao ser detido alegou que xa cumplira os 40 anos e que servira en La Habana cinco anos nun reximento de Artillería, que despois foi a Estados Unidos e retornou en 1912. Natural de Corcubión, de 46 anos, veciño da rúa Canalejas, 105 en Ferrol. Ingresou no cárcere de Ferrol o 10 de xuño de 1927 por un delito social e foi liberado o 18 do mesmo mes. Plomeiro, veciño de Ferrol. Paqueteiro de ¡Despertad! en abril de 1930. Paqueteiro de “Solidaridad Obrera” da Coruña en xulio de 1932. Nomeado membro do Comité Regional Galaico de la Metalurgía y Siderurgia, establecido en Ferrol, en marzo de 1933. Natural de A Coruña, veciño de San Eugenio, 7, 4º, Ferrol. Plomeiro, ingresou no cárcere de Ferrol o 10 de maio de 1933 por un delito de folga ilegal, e foi entregado o mesmo día, levado á Escollera. Preso no cárcere do Partido por participar no movemento de maio de 1933 en Ferrol. Detido a finais de xaneiro de 1934 en Neda por participar nunha reunión clandestina, foi levado á Escollera. Nunha listaxe de persoas mortas en Ferrol por agresión á forza pública, elaborada pola Comisaría de Ferrol, morto o 3 de outubro de 1936.

BUISEL QUINTANA, Ramón

Segundo “Les Tempos Nouveaux”, e “Tierra y Libertad” era un policía arxentino que foi destacado a Vigo na altura de 1910.

BUJÁN, José.

Asistente a unha reunión do Ateneo Libertario “Humanidad Libre” de Lugo en maio de 1935. Vocal do Ateneo Libertario “Humanidad Libre” de Lugo en maio de 1936.

BUJÁN, José

En abril de 1947 “Cultura Proletaria” de New York pedía a José Buján ou Vicente Alcain que se puxeran en contacto co xornal para enviarlles unha carta de Luis e Agustín Buján, desde Montauban.

BUJÁN, Luis (Ribeira, 10-10-1910 – Perpignan, 20-07-1988).

En xulio de 1936 estaba en Asturias e ao perderse esta zona foi dar a Barcelona. Incorporouse á fronte de Aragón, onde foi ferido. Quedou en Barcelona até o fin da guerra. En abril de 1947 “Cultura Proletaria” de New York pedía a José Buján ou Vicente Alcain que se puxeran en contacto co xornal para enviarlles unha carta de Luis e Agustín Buján, desde Montauban. En setembro de 1957 facia un repaso da militancia anarquista asturiana no xornal “Solidaridad Obrera”, distinguindo entre os colaboracionistas e os que se mantiveran na ortodoxia. Viviu coa súa familia en Montauban, onde participou na creación da FL CNT, até 1963, data en que se trasladou a Marseille. Posteriormente marchou a Perpignan, logo a Figueras e despois voltou a Perpignan, onde morreu aos 78 anos.

BUJÁN CASTIÑEIRAS, Luis

Nunha listaxe de socios do Centro de Estudios Sociales “Germinal” da Coruña nos arquivos da policía; figura con enderezo en Papagayo, 20.

BUJÁN LINAO, Avelino (?-A Coruña, 25-11-18- ?).

Mariñeiro, da CNT, solteiro, da inclusa, ingresou como voluntario no BON “Galicia” en novembro de 1936 e foi soldado na Plana Mayor da 1ª Compañía. Afiliado número 526 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BUJÁN MOLINOS, Benito.

Vicesecretario do Sindicato de Camareros Terrestres y Similares “La Herculina” de A Coruña en febreiro de 1930.

BUJÁN RIVAS, Agustín

Anarquista galego, compañeiro da anarquista andaluza Catalina Silva Cruz. Coñeceranse cando Agustín Buján foi levar a Casas Viejas o importe dunha colecta. Cando Catalina foi vivir a Barcelona uniuse a Agustín Buján, e despois marcharon ao exilio. Separados por algún tempo en campos de concentración, estableceronse en Montauban. Agustín Buján morreu en 1994.

BUJÁN SALGADO, Francisco.

Militante da Agrupación Confederal Galaica en Asturias afiliado á Federación de Grupos de Xixón. Afiliado número 215 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BUJÍA VÁZQUEZ, Manuela.

Foi vocal do Sindicato de Salazoneras “El Porvenir Femenino” da Coruña, en xuño de 1931.

BUJÁN VILAS, Agustín

Compañeiro de Catalina Silva Cruz, que despois dos sucesos de Casas Viejas fora a Barcelona, onde retomou contacto con Agustín Buján, a quen xa coñeceía de cando el fora a Cádiz a entregar o resultado dunha colecta para as vítimas de Casas Viejas. En abril de 1947 “Cultura Proletaria” de New York pedía a José Buján ou Vicente Alcain que se puxeran en contacto co xornal para enviarlles unha carta de Luis e Agustín Buján, desde Montauban.

BURGÓN, José

En novembro de 1914 envía un donativo a “Tierra y Libertad” de Barcelona, desde Ferrol.

BURGOS REDONDO, Agustín

Detido en Ferrol a consecuencia dos disturbios polos despedimentos da Maestranza do Arsenal en setembro de 1899. Procesado en marzo de 1901 en Ferrol polos sucesos de 23 de setembro de 1899, protagonizados polos operarios da Maestranza. Fora director do xornal satírico “El Látigo”.

BURÓN, Julio.

Xulgado en xaneiro de 1935 polo asalto ao cuartel da garda civil de Oleiros de decembro de 1933, foi condenado a seis meses e un día de cárcere; como xa cumplira a pena, foi libertado.

BUSTELO, M..

Paqueteiro do diario CNT de Madrid en Vilagarcía, en abril de 1933.

BUSTELO GONZÁLEZ, Ramón (Vilamaior-Ourense, 1908 – ?).

Afiliado da Agrupación Confederal Galaica (Sección Bilbao) e miliciano do Batallón “Celta” en 1937; estivera afiliado á UGT.

BUSTELO OTERO, José.

Afiliado número 626 da Agrupación Confederal Galaica en Asturias en xuño de 1937.

BUSTO, José.

Obreiro de Coristanco, de 24 anos, que traballaba como barrendeiro municipal en Buenos Aires, cando foi detido ás dúas da tarde do 21 de marzo de 1917, acusado de ser folguista e sometido a un simulacro de fusilamento; tamén se simulou que ían marcalo cun ferro candente. Estivo detido até a mañá do día 22 de marzo. Era unha folga dos empregados da limpeza pública. Como consecuencia dos feitos, foron suspendidos o capitán Rufino Fornaguera e o tenente Máximo J. Portela.

Call Now ButtonChámanos