Curso de formación: Acción Sindical Básica

  • A CNT Compostela impartirá un curso de Acción Sindical Básica para su afiliación.
  • O curso ten como obxectivo dotar aos traballadores e traballadoras das ferramentas de loita fronte aos abusos patronais.

O Sindicato continúa desenvolvendo o seu plan formativo anual con este curso enfocado á formación da afiliación e, moi especialmente, a todas aquelas traballadoras e traballadores interesados en participar no sindicato e formar parte dos Grupos de Traballo. O contido do curso formativo versará en torno ao análise de nóminas, contratos e Convenios Colectivos así como sobre a Acción Sindical dende as Seccións da CNT.

A xornada, que se desenvolverá durante o sábado 25 de setembro, contará con bloques teóricos que analizarán os diversos contratos de traballo; os convenios colectivos; a interpretación da nómina ou a análise das dúbidas laborais mais frecuentes. Durante o curso alternaranse varios exercicios prácticos, dentro das prácticas relacionadas co temario, que facilitarán a asimilación de coñecementos.

Secretaría de Formación

Call Now ButtonChámanos