Crónica da caravana pola fixeza do 31 xaneiro

Ducias de coches ataviados con globos e carteis percorreron este domingo as principais rúas de Compostela para reclamar unha solución real para o persoal público temporal nunha protesta convocada a nivel estatal en 24 cidades polo movemento Mi15f e apoiada pola CNT.


Mensaxes como “800.000 traballadores públicos atópanse en abuso”, “Feijoo, o temporal es ti!”, “Fixeza xa” ou “10 anos con contratos en fraude de lei” acompañaronse de sons de claxon para denunciar públicamente a situación laboral discriminatoria á que está sometidos desde hai décadas o persoal público temporal que ve perigar inminentemente os seus postos de traballo cos chamados procesos de estabilización.


A caravana formada por máis de 100 coches partiu do Pazo de Congresos de Compostela ás 11 da mañá, rodeou a Xunta e pasou polo Parlamento, deixandose notar por toda a cidade, para rematar na sede da RTVG en San Marcos coa lectura dun manifesto.


Desde CNT valorase positivamente este incremento nas mobilizacións, e faise eco da convocatoria estatal para o 15 de febreiro que o sindicato seguirá apoiando para loitar contra a fraude de lei na contratación e o abuso de temporalidade do persoal temporal das administracións.

Call Now ButtonChámanos