C&G Técnicos Asociados

CNT denuncia a C&G Técnicos Asociados polo impago de cantidades

  • A CNT reclama a actualización das cantidades recollidas no Convenio Colectivo, as horas extra realizadas polo traballador e outros conceptos asinados pola empresa
  • Esta non é a primeira vez que a empresa ten un conflito có Sindicato CNT
  • En Agosto, a empresa veuse obrigada a recoñecer a indefinición dun traballador que prestaba servizos como falso autónomo

Os incumprimentos en materia laboral por parte da empresa C&G Técnicos Asociados son constantes. Despois de facer indefinido ao traballador en agosto do ano pasado tras unha reclamación pola parte do sindicato, agora non aboa as cantidades indicadas polo novo Convenio, as horas extra nin as recollidas nos pactos asinados polo empresario e o traballador. A débeda da empresa ascende a máis de 3.000 € dentro do último ano.

A comunicación do sindicato coa empresa resultou sempre insatisfactoria, obtendo unha negativa constate por parte da Xerencia a negociar e entaboar conversas para o correcto pagamento das nóminas e os atrasos. Deste xeito, a CNT interpón a demanda correspondente para que se abonen as cantidades reclamadas máis a perceptiva porcentaxe indicada no Estatuto dos Traballadores.

A parte destas, existen innumerables faltas en materia de prevención de riscos laborais que estánse a analizar polo Sindicato para futuras reclamaciones. A empresa

Call Now ButtonChámanos