As traballadoras do Consorcio IeB acuden á inauguración do curso escolar

  • A Conselleira Fabiola visita na Coruña a escola infantil de Santa María de Oza con motivo do inicio do curso escolar.
  • Varias traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acuden ao acto.
  • Continúan as mobilizacións reivindicativas no marco da negociación coa Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar.

Na liña de accións para asegurar a presión sobre as negociacións da sección sindical da CNT coa Xerencia do Consorcio, hoxe ben de realizarse un escrache na inauguración política do curso escolar nas escolas infantís polas traballadoras do Consorcio á conselleira de política social Fabiola Garcia Martínez. Nesta acción, a conselleira e os medios de comunicación achegaronse a falar coas traballadoras e púidose transmitir a inquedanza pola precaria situación na que se atopan as traballadoras do sevizo e asegurar que se realizarán novas accións mentres as negociacións non den froito ou se aprecie unha verdadeira vontade negociadora.

Tras as protestas realizadas na xornada de onte no marco da Vuelta ciclista a España, as traballadoras estiveron hoxe tamén nun novo acto político facéndose notar e reclamando unha solución a súa situación de temporalidade e fraude. Tras meses de protestas, folga e mobilizacións, as traballadoras do Consorcio IeB conseguiron fai uns días que a Xerencia do organismo se comprometera a iniciar un período de negociacións coa sección sindical da CNT no que se estudarían as “solucións excepcionais” dada a situación de “especial e masiva temporalidade” dentro do Consorcio IeB. Estas solucións, ademais, deberán desvincularse de futuras modificacións legais dada a existencia de normativa actual suficiente para obter unha solución positiva e favorable para todas as partes.

A sección sindical da CNT formada polas traballadoras do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar informa que as protestas e mobilizacións continuaran para seguir informando sobre a situación que padecen tanto elas como miles de empregadas e empregados públicos das diferentes administracións da Galiza.

Call Now ButtonChámanos