A Sección Sindical da CNT da Cidade da Cultura demanda a Eulen

  • A Sección Sindical da CNT na Cidade da Cultura continúa coas súas demandas
  • Eulen declina todas as propostas de reunión pola parte do sindicato
  • A empresa pública da Fundación Cidade da Cultura non realiza as súas tarefas de vixilancia do cumprimento das condicións laborais dos traballadores

Eulen Servicios organiza os traballos desenvolvidos polos empregados que realizan as súas tarefas na Cidade da Cultura de forma que o tempo de aviso e descanso se ven reducidos ao mínimo. Deste xeito, a conciliación da vida laboral e persoal resulta totalmente imposible para os traballadores. A modificación nos cuadrantes que viñan realizando os traballadores prodúcese tras as reclamacións en materia laboral interpostas polos afiliados á CNT. As represalias de Eulen fronte a calquera tipo de reclamación son a maneira de manter unhas condicións laborais de penosidade para os seus empregados.

A demanda fai fronte á modificación sustancial das condicións de traballo e vulneración do dereito fundamental de indemnidade e liberdade sindical. A empresa fundamenta as modificacións no Prego Administrativo da concesión dos servizos. No entanto, dende a CNT considérase que o que está a facer Eulen en realidade é impoñer ditos “criterios” que regulan a súa relación coa Fundación Cidade da Cultura aos traballadores.

Por estes motivos, a CNT considera que non están xustificados os cambios realizados pola empresa ao realizar un cambio de ámbito aos traballadores sen respetar o Convenio Colectivo de aplicación, ao supoñer estas modificacións un cambio na distribución do tempo de traballo, sendo isto contrario aos dereitos do traballador, e, por último, ao intentar a empresa impoñer os términos do Prego Administrativo aos traballadores. As reclamacións da Sección Sindical continuarán adiante e dende a CNT faráse sempre fronte a calquera perxuizo nas condicións laborais dos traballadores.

Call Now ButtonChámanos