A ITSS sanciona á UTE SSCC-Ambulancias María Pita tras a denuncia da CNT

  • A sección sindical da CNT denuncia o incorrecto control horario realizado pola empresa.
  • Ademais, a empresa pretende que se realicen os servizos sen cumprir co “Protocolo de prestación de servicio en el transporte”.
  • O sindicato mantén un conflito permanente coa empresa para a mellora das condicións laborais e o servizo prestado na área.

A UTE Servicios Sanitarios de Coruña S.L.-Ambulancias María Pita S.L. adicada ao transporte sanitario non urxente (ambulatorio e hospitalario) así como o hospitalario urxente do SERGAS na área da Coruña e Cee recibiu unha nova visita da Inspección de Traballo e Seguridade Social tras a denuncia da sección sindical da CNT polo incumprimentos da empresa. Deste xeito, tras o inicio do conflito permanente que mantén o sindicato coa empresa, son xa varias as ocasións nas que a patronal do sector sanitario tivo que render contas ante a Administración Pública ou os Xulgados. A CNT reuniuse até en varias ocasións cos representantes parlamentarias na Galiza para facerlles chegar os graves incumprimentos e o deterioro ao que está sometido o servizo por parte do empresario.

Nesta ocasión, a primeira das reclamacións presentadas no ITSS pola sección sindical da CNT facía referencia ao deficiente sistema de control horario implantado pola empresa. Deste xeito, o sistema non recollía os tempos adecuados nin separaba, como indica a lexislación ao respecto, os tempos de traballo efectivo, presencia, en horario nocturno nin tampouco os días prestados en festivo. Por estes motivos, o informe emitido por la Inspección de Traballo e Seguridade Social indica que “a empresa incumpre o previsto no art. 27 do Convenio Colectivo” dado que o rexistro horario non inclúe o contido marcado polo antedito Convenio. A ITSS comeza deste xeito o procedemento sancionado ao tratarse dunha infracción de carácter grave en materia laboral.

Por outra banda, os traballadores e traballadoras da CNT na UTE denunciar tamén na ITSS que os tempos asignados para os servizos non se axustan ao “Protocolo de prestación de servicios en transporte hospitalario”. Deste xeito, o persoal da UTE realiza servizos con tempos excesivamente curtos que supón un trastorno para os usuarios ao ter que realizar as funcións de recollida e entrega en hospital en prazos excesivamente curtos e non adecuados. A ITSS recolle no seu informe que “asignáronse rutas e traballos de condución que supoñían incumprir o protocolo de tempos acordados, provocando que a condución poidera ser precipitada e pouco segura levando a aumentar claramente o risco de accidente de tráfico, o que supón tamén un risco psicosocial asociado á carga de traballo”.

Call Now ButtonChámanos