A CNT volve demandar ao restaurante Auga e Sal

  • Tras a demanda de cantidades presentada, este vez o sindicato CNT demanda á empresa por discriminación por razón de sexo
  • A traballadora viña desenvolvendo as súas tarefas de xefa de sala dende o ano 2016 sen que foran recoñecidas económicamente
  • Tras unha situación delicada persoal, o dono do local, Alberto Ruíz-Gallardón, decidiu relegar á traballadora como auxiliar de camarera

A CNT continua reclamando fronte ao restaurante Auga e Sal as irregularidades cometidas polo empresario. Debe vir de familia, pois o fillo do ex ministro Alberto Ruíz-Gallardón mostra o mesmo desprezo polo sexo femenino que mostrou o seu pai. Deste xeito, a traballadora, tras máis de 3 anos e medio desenvolvendo tarefas de xefa de sala, sacando adiante todo o traballo e organización do local ante a fuxida do anterior xefe de sala, ve como unha situación delicada persoal supón verse relegada á realización de tarefas de auxiliar de camarera. O xerente do restaurante, tras desaparecer durante semanas do mesmo, coloca agora a unha nova persoa coma xefe de sala sen ningún tipo de explicación á persoa que leva anos desenvolvendo esas tarefas.

As empresas dedicadas á hostelería con prezos por prato de dous díxitos non son alleas aos incumprimentos laborais e utilizan as mesmas tácticas que calquera outra empresa do sector. Deste xeito, a diferencia salarial por categoría o pagamento atrasado das nóminas ou a realización de horas extraordinarias son unha constante en calquera destes lugares. O restaurante Auga e Sal mantén a tónica xeral do sector hosteleiro galego e engade, ademais, unha discriminación por razón de sexo ao seu expediente.

A CNT continuará coas reclamacións dos traballadores e traballadoras do restaurante e actuará tomando todas as medidas sindicais e xurídicas para asegurar que se dispoñan das mellores condicións laborais para a clase traballadora.

Call Now ButtonChámanos