A CNT insta ao BNG e ao PSdeG a reunirse ante a gravedade da situación do transporte sanitario non urxente do SERGAS

  • Tras a presentación de varias demandas e denuncias ante os Xulgados e a propia fiscalía, a CNT insta agora aos grupos da oposición parlamentaria a que tomen medidas
  • O sindicato solicita unha reunión a Iria Carreira Pazos (BNG) e a Marina Ortega Otero (PSdeG), da Comisión permanente lexislativa de Sanidade, Política Social e emprego do Parlamento de Galicia
  • A situación actual do servizo do SERGAS implica un risco grave para a saúde de todos os habitantes do entorno

A sección sindical da CNT na UTE SSC-María Pita ven reclamando unha serie de incumprimentos laborais en todo tipo de materias. As reclamacións comezan polos dereitos laborais dos propios traballadores e traballadoras que non son respetado e chegan até denuncias pola situación xerada ao verse obrigados pola empresa a realizar os traslados dos pacientes de forma insegura e co grave risco de contaxios entre pacientes. A CNT comezou coas reclamacións tempo atrás e, a día de hoxe, as autoridades responsables da vixilancia do cumprimento das condicións necesarias para evitar este perigro no servizo non realizaron ningún tipo de acción.

Por estes motivos, o sindicato acude á Comisión permanente lexislativa de Sanidade, Politíca Social e emprego para que, dada a responsabilidade da Administración na vixilancia desta situación, tome medidas ao respecto. Dende a CNT “detectamos un especial deixamento no cumprimento do contrato por parte da empresa concesionaria (actualmente a UTE conformadas polas empresas Servicios Sanitarios de La Coruña SL e Ambulancias Maria Pita SL) e tamén na vixilancia deste cumprimento por parte da administración, nomeadamente pola xerencia da EOXI da Coruña, que sería o órgano administrativo da antedita vixilancia“.

O sindicato recolle algúns dos incumprimentos na súa solicitude de reunión. Así, os documentos dirixidos a Iria Carreira Pazos (BNG) e a Marina Ortega Otero (PSdeG) mostran as prácticas desta empresa que van dende “o traslado de pacientes con infeccións contaxiosas xunto con pacientes en situación de inmunodepresión” até a “fraude na renovación do parque móbil“. Unha serie de incumprimentos que prácticamente abarcan todas as condicións do servizo licitado.

A CNT chama a atención ás representantes parlamentarias dada a cercanía á finalización do contrato que dita empresa ten pola concesión do servizo. Así, o sindicato expresa a súa preocupación pola posiblidade de que esta empresa continúe prestando estes servizos e poñendo en risco “a saúde da cidadanía en xeral“. Por todos estes motivos, o sindicato reclama unha reunión con carácter urxente onde as representantes deste grupos parlamentares podan escoitar todas as deficiencias e incumprimentos do servizo así como as medidas propostas pola CNT para a mellora dun servizo fundamental para os galegos e as galegas.

Call Now ButtonChámanos