A CNT inicia un conflito colectivo fronte ao Concello de Castro Caldelas

  • O Concello de Castro Caldelas acumula incumprimentos fronte aos seus traballadores e traballadoras do consistorio
  • Tras o traballo fronte ao COVID19, a Alcaldesa-Presidenta impón agora que os traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) realicen horas extras de forma obligatoria
  • Prodúcese unha situación de discriminación con respecto a outros servizos públicos do Concello

O acordo asinado por unha parte dos representantes legais dos traballadores e traballadoras e en contra da sección sindical da CNT impón a realización de horas extras a todo o persoal do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES). Apoiandose no Real Decreto-lei 10/2020, do 29 de marzo, o Concello trata de facer que persoal do GES recupere unhas horas que non se corresponden coa realidade. É necesario recordar que os traballadores e traballadoras deste equipo non viron nunca suspendidas as suas tarefas dado que constituen un sector calificado como esencial.

A Alcaldesa-Presidenta do Concello expuso aos traballadores públicos do GES durante o periodo do Estado de Alarma incumplindo gran parte da prevención de riscos necesaria para facer fronte ao COVID19. Agora, aproveitando a redución de xornada nas quendas de traballos xerada pola Emerxencia Sanitaria, o Concello plantexou un aumento das horas de traballo que dan como resultado unha xornada anual superior á establecida legalmente. Este aumento de xornada ilegal foi pactado coa parte maioritaria do Comité de empresa, o que fai ver con claridade até que punto estas estruturas son órganos das empresas antes que ferramentas de defensa dos dereitos da clase traballadora.

Prodúcese, ademais, unha situación de discriminación “respecto doutros corpos de persoal laboral do Concello (aínda que de distinto grupo e categoría) se ben as súas actividades quedaron suspendidas polo estado de alarma, de tal forma que non desenvolveron a súa prestación asalariada, sen embargo non se lle impuxo, nin por acordo nin por ningunha outra previsión, a necesidade de recuperar ese tempo non traballado“. Mostrando, unha vez máis, que a rexidora municipal ten especial interese nos traballadores e traballadoras organizados na CNT dentro do Concello.

Tras varias sentenzas favorables fronte ao Concello por distintas materias laborais, a sección sindical da CNT en Castro Caldelas seguirá presentando tantas reclamacións e denuncias como correspondan até conseguir que os traballadores e traballadoras conten coas condicións necesarias para desenvolver as súas tarefas coa seguridade que corresponde.

Call Now ButtonChámanos