A CNT denuncia os incumprimentos da empresa SASU S.L. de transporte sanitario

  • O servizo de transporte sanitario urxente na área sanitaria da Coruña realizado pola empresa Servicios Auxiliares Sanitarios de Urgencias S.L. (SASU) recibe novas demandas pola parte da CNT
  • Os traballadores e traballadoras do servizo do 061 nesta área ven recortados os seus dereitos laborais continuamente
  • A empresa incumpre os protocolos de limpeza e desinfección para a ropa do persoal, co conseguinte risco para os pacientes do servizo

Tras as reclamacións previas polas horas extraordinarias presentadas polos traballadores afiliados á CNT, o sindicato continúa reclamando o cumprimento do Convenio Colectivo galego de aplicación para o servizo de transporte. A empresa concesionaria do servizo do 061 na área sanitaria de Coruña continúa coas prácticas laborais abusivas que levan anos deteriorando o servizo de Emerxencias da comarca. Ademáis de obrigar aos traballadores e traballadoras a realizar horas extraordinarias sen compensar económicamente nin co descanso pertinente, a empresa tampouco realiza o adecuado mantemento e desinfección dos uniformes que está obrigada a proporcionar ao persoal. Esta práctica supón un grave risco para todos os pacientes do servizo que están expostos a posibles infeccións por un mantemento inadecuado da ropa de traballo dos membros do equipo.

Por outra banda, a empresa incumpre tamén a distribución horaria da xornada laboral. Así, e segundo indica o Convenio Colectivo de aplicación, os traballadores e traballadoras que realizan quendas nocturnas deben descansar durante o día para poder prestar o servizo de emerxencias nas condicións adecuadas ao mesmo. Con todo, a empresa non respeta esta distribución e “deste xeito, como asimismo sinala o convenio colectivo, estase a poner en risco a seguridade tanto dos traballadores do servizo de ambulancias como dos pacientes e usuarios do servizo”. A situación, polo tanto, é doblemente perigrosa, para os traballadores e traballadoras, e para os pacientes e usuarios do servizo.

Por último, a empresa esixe solicitar os 3 días delibre disposición que se atopan no Convenio cunha comunicación previa de 72 horas. A CNT reclama que, como determina o propio Convenio, estes días se soliciten sen a necesidade dese aviso como ben determina a naturaleza destes días. Esta reclamación xa foi tida en conta pola administración que requiriu a outras empresas do sector acabar con esta práctica ilícita.

Os servizos de emerxencias mostraron durante estes meses a necesidade de contar cunha perfecta organización e un escrupuloso cumprimentos dos protocolos de traslado, atención e limpeza para evitar posibles contaxios. Ante o futuro de Emerxencia Sanitaria continua que se presenta, a CNT continúa a reclamar que estes aspectos se cumplan de forma escrupulosa e os pacientes e usuarios dos servizos de emerxencias na Coruña non sufran as consecuencias dun servizo deficiente en busca dun maior rédito económico.

Call Now ButtonChámanos