A CNT demanda ao Concello de Avión

  • O Concello non abona os trienios correspondentes aos traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES)
  • Prodúcese unha discriminación con respecto ao resto do persoal do Concello
  • A demanda plural presentada polo sindicato busca o recoñecemento de todos os anos traballados polo persoal no propio Concello ou na Administración pública

A CNT continúa cos conflitos fronte ao Concello de Avión. Tras a victoria anterior logrando a fixeza dos traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES), o sindicato denuncia agora unha nova situación irregular dentro da Administración. O persoal do grupo de Emerxencias sufre unha mingua nas súas nóminas ao non teren recoñecidos todos os anos adicados ao traballo no propio Concello de Avión ou noutros organismos da Administración pública. Deste xeito, cada mes os seus ingresos non recollen o estipulado legalmente mediante o recoñecemento dos trienios equivalentes.

A denuncia busca, “por imperativo do principio de igualdade en materia de retribucións“, acabar coa discriminación destes traballadores e traballadoras fronte a outros empregados do consistorio. O sindicato considera que o persoal do GES non debe ser considerado como traballadores e traballadoras dunha categoría inferior e deben ter os mesmos dereitos que o resto do persoal público como recolle a lexislación actual.

Os habitantes do Concello de Avión dipoñen dun servizo público de Emerxencias que se mostrou fundamental en tempos de necesidade e, polo tanto, debe ser recoñecido como tal. A CNT continuará coas demandas até que traballadores e traballadoras do servizo se atopen nas condicións que merecen con todos os recoñecementos aos traballos e tarefas desenvolvidas.

Call Now ButtonChámanos