ACNUR

A CNT demanda a ACNUR polos despidos improcedentes e o recoñecemento da categoría dos seus traballadores

  • A empresa ACNUR aplica categorías inferiores ás correspondentes segundo o Convenio Colectivo do Sector para aforrar en salarios e en dereitos laborais.
  • Os traballadores e traballadoras denuncias as condicións nas coas que se atopan á hora de traballar.
  • ACNUR utiliza unha falsa imaxe de organización polos dereitos humanos mentres que recorta os dereitos laborais dos seus empregados.

Os tres afiliados á CNT que prestan servizos para ACNUR reclaman cantidades porriba dos 2.000 € en concepto de diferencias salariais polo recoñecemento dunha categoría inferior á que realmente pertencen. As labores desempeñadas polos traballadores e traballadoras de captación de socios quedan claramente englobadas no Grupo III do Convenio Colectivo de ámbito estatal para o sector de Acción e Intervención Social. As cantidades debidas supoñen cantidades elevadas tendo en conta a antigüidade dos demandantes.

Por outro lado, ACNUR despediu as dúas traballadoras de forma improcedente como demanda a CNT. A extinción da relación laboral produciuse de forma improcedente sen atender a ningunha causa obxectiva que poida ser alegada pola empresa.

Este non é o primeiro conflito que temos na CNT con ACNUR e outras empresas do sector que transmiten unha imaxe de compromiso social pero que non respetan os dereitos laborais dos seus traballadores e traballadoras.

Call Now ButtonChámanos