CNT Compostela

A CNT de Compostela celebra a súa III Asemblea Xeral

  • Neste importante comicio valorouse a marcha do sindicato no último ano e quedou fixado un novo Plano Estratéxico
  • Foi elixido un novo comité local tras o vencemento do mandato do anterior, que foi aprobado con moi amplas maiorías.

 

Nesta asemblea xeral a CNT de Compostela confrontaba o traballo de xestión levado a cabo polo comité local elixido na Asemblea Xeral de 2017 coa posta en práctica dos acordos de desenvolvemento das últimas asembleas e a valoración da marcha do sindicato nos últimos dous anos. Ao mesmo tempo, debía procederse á elección dun novo comité.

A Asemblea acometeu, en primeiro lugar, a aprobación da xestión do comité saínte e dos informes de xestión que con antelación se tiñan tramitado á toda a afiliación. Logo dun debate sobre o traballo do comité, aprobáronse as xestións de todas as secretarías: Xeral, Organización, Acción Sindical, Tesouraría, Comunicación, Formación, TIC e Cultura.

A seguir valorouse a marcha do sindicato desde a anterior Asemblea Xeral. A afiliación fixo en xeral unha valoración moi positiva dos cambios levado a cabo polo sindicato nos últimos anos, destacando o elevado ritmo de crecemento. Sinalouse a importancia Márcanse dos cambios organizativos levados a cabo e do acertado das análises e dos planes de traballo feitos nos últimos anos.

Os aspectos máis propositivos tratáronse á hora de abordar o Plano Estratéxico para o ano 2020, dentro do que foron aprobadas ponencias sobre a expansión sectorial da CNT, sobre a ampliación do Gabinete Técnico Local e a finalización da profesionalización de todos os servizos de xestión do sindicato, así como un novo Plano de Formación para a afiliación e as seccións sindicais.

Finalmente aprobouse o orzamento para o ano 2020 e foi elixido un novo comité local para os próximos anos.

Desde o comité local valórase moi positivamente o transcurso do debate e a profundidade de análise das novas propostas, e faise fincapé na importancia do traballo colectivo e da militancia para conseguir os obxectivos que o máximo órgano de decisión local se ten fixado.

 

 

Call Now ButtonChámanos