A CNT consegue sentenza favorable de teletraballo de 3 días á semana na Xunta

  • A sentenza do Xulgado de Compostela da a razón aos argumentos do Gabinete Xurídico do sindicato
  • Esta resolución favorable supón unha nova victoria sindical para os traballadores e traballadoras
  • Ante unha posible nova lexislación do teletraballo, moitos dos condicionantes xa se atopan recollidos na lexislación actual

A CNT demandou ao Consorcio Galego de Igualdade e Benestar ante a denegación do teletraballo a un traballador do ente autonómico.

A sentenza concede “tres días semanales en régimen de teletrabajo, fijados por acuerdo con la Gerencia del Consorcio, de manera flexible, pudiendo variar de semana en semana, en atención a las necesidades del servicio y sin perjuicio de la especial dedicación y disponibilidad horaria del puesto de trabajo del actor.” Unha das principais razóns para atender as demandas do sindicato residen principalmente no feito probado de que as tarefas poden ser desenvolvidas desde a casa declarando que “sus funciones son compatibles con el régimen de teletrabajo, como ha quedado evidenciado con las medidas en tal sentido adoptadas por la Administración debido a la situación de emergencia sanitaria derivada del COVID-19“.

É evidente que a denegación por parte do Consorcio Galego non atende a razóns lóxicas, organizativas nin de produción cando o traballo foi debidamente desenvolvido durante estas datas sen supoñer ningún tipo de alteración no traballo diario do Consorcio.

Como se recalca na sentenza, a lexislación actual é suficiente para a extensión do dereito ao teletraballo refíndose ao texto recollido no artigo 34.8 do Estatuto dos Traballadores tras a aprobación do Real Decreto-lei 6/2019, de 1 de marzo.

Para finalizar, desde CNT solicitamos, unha vez máis, á Xunta que deixe xa de poñer trabas ao seu persoal para o exercicio desde dereito ao teletraballo.

Call Now ButtonChámanos