A CNT insta ao BNG e ao PSdeG a reunirse ante a gravedade da situación do transporte sanitario non urxente do SERGAS

Tras a presentación de varias demandas e denuncias ante os Xulgados e a propia fiscalía, a CNT insta agora aos grupos da oposición parlamentaria a que tomen medidas

O sindicato solicita unha reunión a Iria Carreira Pazos (BNG) e a Marina Ortega Otero (PSdeG), da Comisión permanente lexislativa de Sanidade, Política Social e emprego do Parlamento de Galicia

A situación actual do servizo do SERGAS implica un risco grave para a saúde de todos os habitantes do entorno

Seguir lendo A CNT insta ao BNG e ao PSdeG a reunirse ante a gravedade da situación do transporte sanitario non urxente do SERGAS

A CNT consegue sentenza favorable de teletraballo de 3 días á semana na Xunta

A sentenza do Xulgado de Compostela da a razón aos argumentos do Gabinete Xurídico do sindicato

Esta resolución favorable supón unha nova victoria sindical para os traballadores e traballadoras

Ante unha posible nova lexislación do teletraballo, moitos dos condicionantes xa se atopan recollidos na lexislación actual

Seguir lendo A CNT consegue sentenza favorable de teletraballo de 3 días á semana na Xunta

A CNT volve demandar ao restaurante Auga e Sal

Tras a demanda de cantidades presentada, este vez o sindicato CNT demanda á empresa por discriminación por razón de sexo

A traballadora viña desenvolvendo as súas tarefas de xefa de sala dende o ano 2016 sen que foran recoñecidas económicamente

Tras unha situación delicada persoal, o dono do local, Alberto Ruíz-Gallardón, decidiu relegar á traballadora como auxiliar de camarera

Seguir lendo A CNT volve demandar ao restaurante Auga e Sal

Reclamación de horas extras obrigatorias da CNT fronte a Servicios Auxiliares Sanitarios de Urgencias S.L.

A empresa Servicios Auxiliares Sanitarios de Urgencias S.L. (SASU) non abona as horas de presencia dos seus traballadores, que teñen obriga de realizalas

A CNT demanda que esas horas son horas efectivas de traballo e deben ser consideradas dentro da xornada laboral dos traballadores e traballadoras e inclúense no seu calendario laboral anual

A práctica vén sendo habitual dentro do sector e supón un recorte importante dos dereitos da clase traballadora así como unha considerable disminución na súa retribución anual

Seguir lendo Reclamación de horas extras obrigatorias da CNT fronte a Servicios Auxiliares Sanitarios de Urgencias S.L.

Teimas Desenvolvemento S.L. recoñece a improcedencia do despedimento tras a denuncia da CNT

A empresa despediu ao traballador de forma improcedente sen abonar as cantidades perceptivas

Tras uns meses na empresa, superado xa o periodo de proba, a compañía alegou falta de adaptación ao posto de traballo

A CNT denunciou unha situación claramente ilegal e conseguiu unha nova victoria sindical sen sequera chegar ao xuízo

Seguir lendo Teimas Desenvolvemento S.L. recoñece a improcedencia do despedimento tras a denuncia da CNT

O Concello de Muiños obrigado pola CNT a respetar as vacacións do GES

O Concello de Muiños denegou as vacacións ao traballador do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) o mesmo día do seu comezo

Ante a falta de organización do Concello, o traballador aínda non puido desfrutrar do seu correspondente descanso

O Xulgado obriga ao Concello a permitir as vacacións na segunda semana de setembro como solicitaba a CNT

Seguir lendo O Concello de Muiños obrigado pola CNT a respetar as vacacións do GES

Medidas da volta ao curso escolar esixidas pola CNT Galiza

Dende o sindicato esíxese que a Xunta cumpra para conseguir un regreso ás aulas que garanta a igualdade entre o alumnado

As medidas recollen aspectos dos ámbitos organizativo, acompañamento social seguridade e saude laboral e prevención de riscos.

Estas propostas deben supoñer apenas unha punta de lanza que dea pe a unha mobilización permanente

Seguir lendo Medidas da volta ao curso escolar esixidas pola CNT Galiza

O Concello de Castro Caldelas condenado por non respetar a xornada laboral do GES

A CNT gaña de novo un conflito ao Concello de Castro Caldelas

Nesta ocasión, o conflito colectivo tiña como obxetivo demostrar as irregularidades en materia de xornada laboral levadas a cabo polo Concello e os delegados de persoal de UGT

Esta nova victoria únese ás anteriores sentenzas de fixeza, cantidades e prevención de riscos laborais

Seguir lendo O Concello de Castro Caldelas condenado por non respetar a xornada laboral do GES

A CNT inicia un conflito colectivo fronte ao Concello de Castro Caldelas

O Concello de Castro Caldelas acumula incumprimentos fronte aos seus traballadores e traballadoras do consistorio

Tras o traballo fronte ao COVID19, a Alcaldesa-Presidenta impón agora que os traballadores e traballadoras do Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) realicen horas extras de forma obligatoria

Prodúcese unha situación de discriminación con respecto a outros servizos públicos do Concello

Seguir lendo A CNT inicia un conflito colectivo fronte ao Concello de Castro Caldelas

Nova sentenza favorable á CNT fronte ao Concello de Castro Caldelas

O Concello de Castro Caldelas sofre un novo revés nos Xulgados fronte ao sindicato CNT

As reclamacións en materia de antigüidade, incremento salarial e horas extras son estimadas polo Xulgado nº1 de Ourense

Deste xeito, o Concello continúa perdendo xuízos fronte á sección sindical do Grupo de Emerxencias Supramunicipais (GES) da CNT

Seguir lendo Nova sentenza favorable á CNT fronte ao Concello de Castro Caldelas
Call Now ButtonChámanos