Paremos a fraude e o abuso nas Administracións Públicas

28S: Paremos a fraude e o abuso nas Administracións públicas!

Co lema ” distintos colectivos que agrupan a persoal público temporal convocamos unha manifestación o vindeiro sábado 28 de setembro ás 12 h con saída da Alameda de Compostela.

encontro aberto de persoal temporal  xuntou a sindicatos, colectivos, asociacións, grupos de traballadores/as e a persoas a título individual que consensuamos a organización de unha mobilización aberta e inclusiva para o vindeiro 28 de maio co obxectivo de visibilizar a olvidada problemática do persoal laboral en fraude de lei e abuso de temporalidade nas distintas Administracións Públicas.

O encontro subscribe os seguintes puntos reivindicativos:

  • Paralización inmediata dos falsos procesos de estabilización, sen prexuízo da continuidade da oferta de prazas ordinarias para cubrir baixas
  • Suspensión e anulación de todo cese e despedimento ilegal
  • Estabilización mediante regularización administrativa, de todo o persoal público en fraude e abuso de temporalidade
  • Igualdade de trato e condicións de traballo entre persoal temporal e fixo da Administración
  • Reversión das privatizacións
  • Recuperación de vacantes e prazas amortizadas sacando a oferta de emprego público as prazas necesarias para acabar cos planteis deficitarios

 

O vindeiro 17 de outubro se celebre a seguinte convocatoria do encontro galego do persoal público temporal.

Cartel para difusión

 

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia
sindicato-cnt@xunta.gal // galiza@cnt.gal
www.cnt.gal/?q=xunta

AFÍLIATE:  http://www.cnt.gal/?q=afiliate

Call Now ButtonChámanos