Enquisa HostaleríaDigna

Social

Novas de caracter social

Crónica Folga Xeral en Ferrol e Bisbarra o 12 de xuño de 2013

A CNT valoramos positivamente a Folga Xeral desenvolvida polas traballadoras e traballadores das bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal demostrando que estamos xa fartos de enganos e mentiras as que sométenos os diferentes gobernos capitalistas.

Ver video

CNT-Compostela adire ao Manifesto Cidadán de Solidariedade cos independentistas xulgados pola Audiencia Nacional e chama a participar nas mobilizacións

Ante o próximo xulgamento, os días 24 de 25 do mes de Xuño, de catro independentistas no tribunal de excepción da Audiencia Nacional, baixo a acusación de pertenza a banda armada e falsificación documental con fins terroristas, entre outras, a CNT de Compostela expresa a súa solidariedade incondicional coas persoas que serán xulgadas e denuncia o carácter político do xulgamento, así como o alcance indiscriminado a nivel represivo que este xuizo pode ter no futuro.

Ao tempo, apoiamos a manifestación convocada en protesta contra estes xulgamentos para o próximo sábado 15 de Xuño, que partirá às 19:00 desde a Alameda de Compostela.

Folga Comarcal

O Sindicato de Oficios Varios da CNT en Ferrol facemos un chamamento á bisbarra a sumarse á Folga Comarcal deste mércores día 12 de xuño.

Crónica da manifestación contra a mineria salvaxe na Galiza

CNT contra a mineria salvaxe. Mani 2 xuño 2013Afiliados/as da CNT de todo Galiza achegaronse hoxe a Compostela para participar da protesta contra a mineria savaxe na Galiza que convocaba a rede ContraMinaAcción. Así, pechando a multitudinaria manifestación cunha faixa co lema "Non queremos medio ambiente querémolo inteiro" aportamos o noso grao de contribución a esta loita, que é a de todos e todas.

APOIO A FOLGA XERAL DO PAÍS VASCO E NAVARRA

30/05/2013 20:00

Comunicado do SOV CNT Ferrol ante a folga xeral convocada en Euskadi
APOIO A FOLGA XERAL DO PAÍS VASCO E NAVARRA

30 de maio de 2013

12X: Folga xeral en Ferrol, Eume e Ortegal

12X folga xeral ferrol, eume e ortegal

Na mañá de onte, 27 de Maio, membros de C.N.T, C.I.G., CC.OO., U.G.T., e U.S.T.G, entregaron no rexistro das oficinas da Xunta a convocatoria de folga xeral nas comarcas de Ferrol, Eume, e Ortegal. A data escolleita para este dia de loita obreira foi o 12 de xuño e afectara a todos os sectores productivos das tres comarcas.

CHARLA - DEBATE do SOV CNT FERROL

19/05/2013 18:00

CHARLA – DEBATE

O próximo domingo 19 de Maio de 2013, as 18:00h. terá lugar unha
charla - debate a cargo de José Luis Velasco Sanz , Economista e

Crónica da concentración o día da Muller Traballadora en Vilagarcía

8marzoO 8 de marzo, no día da Muller Traballadora, a CNT Arousa fixo unha concentración en Vilagarcía baixo o lema “Iguais na crise, iguais na loita”. Foi o único acto de istas características celebrado na cidade con motivo desta importante data, o que doulle unha importancia maior. A concentración transcurreu dende ás 20:30 ata máis das 21:30, tempo durante o que berrouse contra o capitalismo, o Estado e pola loita das mulleres, ademáis de facerse chamamentos a folga xeral que foron secundados pola mocidade que transitaba pola praza.

8 de marzo: concentración en Vilagarcía o día da Muller Traballadora

08/03/2013 20:30

8marzoO vindeiro 8 de marzo celebrarase o Día da Muller Traballadora e a CNT fará unha concentración en Vilagarcía de Arousa ás 20:30 na praza de Galicia. Esta data persegue a concienciación polos dereitos de igualdade da muller con respecto ao home e a eliminación da opresión que aínda hoxe en día se continúa a exercer.

Non hai nadal para o anarcosindicalismo ferrolan.

Nestas ultimas semans, datas de falsa e hipocrita felicidade, ademais do incomprensible discurso do Borbon, tanto polo que di, como polo xeito en que o di, a realidade da clase traballadora dista moito de ser un remanso de paz. Non hai un só dia en que non teñamos pelexar por que non nos arrinquen os poucos dereitos que aínda temos despois dos ultimos anos de alternancia no goberno, tanto polo PP, como polo PSOE. Na comarca de Ferrol cambiamos os villancicos por consígnas, o gorro de papanuel polas parcartas, e as zanbombas polas bandeiras vermellas e negras, e é que non nos queda mais remedio que o da confrontacion, con quen para facerse aínda mais ricos pretenden destruír as nosas vidas.