Presente xurídico do persoal público temporal

 

CNT pon a disposición audio da charla “Presente xurídico do persoal público temporal” do pasado 9 de maio de 2019 que contou coa participación de Rita Giraldez do Gabinete Xurídico de CNT.

Achegamos tamén un resumo onde indicamos as nosas recomendacións de actuación para o persoal temporal de calquera administración pública. Por último, achegamos información complementaria sobre os procesos que afectan ao persoal temporal e o contacto para consultas e afiliación.

 

* AUDIO

Presente xurídico do persoal público temporal: https://www.ivoox.com/presente-xuridico-do-persoal-publico-temporal-audios-mp3_rf_35868995_1.html

 

* RESUMO e RECOMENDACIÓNS

 

— Persoal interino funcionario

Denunciaríase a irregularidade na cobertura tanto dunha vacante como dunha non vacante que non sexa tal. Reclamaríase a conversión da relación administrativa en “persoal público estable” conforme a denominación das cuestións prexudiciais prantexadas polo contencioso-administrativo 8 e 14 de Madrid.

Esta reclamación intentará conseguir a fixeza por ter superado un proceso selectivo, entendendo as listas como concurso de méritos. Non existe xurisprudencia que considere tales listas como hábiles para adquirir a condición de funcionario de carreira ou personal público estable no sentido da cuestión prexudicial prantexada polos xulgados do contencioso 8 e 14 de Madrid. A lexislación ordinaria tampouco o entende así. Intentarase non obstante a “fixeza” na medida en que debe coordinarse os elementos constitucionais (diferentes aos de legalidade ordinaria) de igualdade, mérito e capacidade no acceso á función pública cos mecanismos de sanción do abuso do TXUE. Debe terse en conta que a Directiva non contempla regulación algunha sobre o acceso á función pública, polo que con independencia de que o TXUE considere (con toda probabilidade) que a lexislación española non cumpre os obxectivos da Directiva, non vai a establecer cal será a sanción. Serán os tribunais españois o que o fagan, e para decidir cal (indemnización ou fixeza) terán que aterse as normas internas, especialmente constitucionais, polo que é relevante facer fincapé no carácter de proceso selectivo das listas polas que se cubre unha praza vacante en situación de abuso.

RECOMÉNDAMOS para o persoal interino funcionario en situación irregular (tanto vacante como non vacante) denunciar canto antes dita situación irregular.

 

— Persoal laboral

Para todo o persoal que accedera ao seu posto de traballo actual mediante un proceso selectivo que de conformidade coa normativa vixente pode dar acceso á condición de persoal laboral fixo, con independencia de que se califique de temporal nas bases. Existe xurisprudencia para este caso (sentenza GES de A Guarda) que xa se está aplicando noutras sentenzas. 

En caso de ter xa a condición de indefinido non fixo por listas de contratación ou algún outro medio que NON da lugar conforme a regulación ordinaria á condición de fixos, solicitarase a fixeza en relación aos principios constitucionais polo mesmos motivos que no caso de interinos funcionarios e, subsidiariamente a indefinición. Non existe xurisprudencia respecto deste caso pero téntase reclamar a través dos principios constitucionais nunha situación de absoluta excepcionalidade no abuso da contratación temporal. Trátase de cohonestar a lexislación europea (Directiva 99/70/CE) que regula a necesidade de sanción en caso de abuso coa situación no Estado de abuso manifesto. As posibilidades neste caso dependerán de cuestións constitucionais máis que de lexislación europea, xa que a diferenza do persoal interino funcionario, si hai sanción ao abuso no caso dos laborais. A cuestión é se esta sanción é adecuada se durante anos se ocupa o posto por ter acreditado mérito e capacidade nun procedemento aberto (listas de contratación) en relación ao principio de igualdade.

Se non existe ningún tipo de proceso selectivo (o que ocorre as veces no caso do persoal laboral) non é posible pedir a fixexa a día de hoxe, xa que nin a lexislación comunitaria, nin a interna (constitucional ou ordinaria) o permiten. 

RECOMENDAMOS denunciar canto antes para reclamar a condición de fixo no caso de ter accedido por un proceso selectivo. En todo caso, denunciar a irregularidade da actual relación administrativa para quen aínda non sexa persoal indefinido non fixo.

 

ACLARAMOS que as cuestións prexudiciais europeas non afectan aos procesos do persoal laboral. Insistimos na necesidade en todos os casos de acreditar un proceso selectivo, xa que a cuestión prexudicial nin pode nin dirá cal debe ser a sanción, senón só se España incumpre e que ante tal incumprimento ten que establecer unha sanción, pero non cal. Polo tanto, se se pretende a fixeza é moi importante aportar argumentos conforme a lexislación interna, xa que a Directiva non se refire ao modo de acceso á función pública, polo que non é competente o TXUE para decidir se unha persoa que non superou os procesos selectivos para aquel acceso pode ou non ser persoal inamovible, polo que unha vez declarada a non conformidade coa Directiva da lexislación interna “devoltará” o asunto ao Xulgado remitente para que decida cal é a sanción apropiada. 

 

* CONSULTAS e AFILIACIÓN

Preguntas frecuentes do persoal temporal: http://www.cnt.gal/?q=node/2172

– Se tes máis dúbidas podes achegar consultas en: compostela@cnt.gal

– AFÍLIATE: Instruccións e condicións en: http://www.cnt.gal/?q=afiliate

 

Call Now ButtonChámanos