Enquisa HostaleríaDigna

Aluvión de denuncias de CNT contra a Xunta

  • Decenas de laborais temporais reclaman a inclusión no proceso de Consolidación
  • CNT anuncia recurso no contencioso administrativo contra a OPE 2018
  • O persoal interino funcionario reclama a indefinición

CNT está a presentar ducias de demandas individuais contra a Xunta polo incumprimento do dereito a participar no proceso de Consolidación segundo o disposto na disposición transitoria décima do convenio.

As demandas correspóndense co persoal laboral temporal anterior a 2005 que, cumprindo o requisito de antigüidade, non ven recoñecido o dereito de consolidación por parte da administración da Xunta.

Segundo afirma CNT, «na maioría dos casos existentes o dereito está xa recoñecido por sentenza e doutrina xudicial» pero a Xunta de Galicia négase a acatar a xurisprudencia, o que "obriga" a presentar a correspondente demanda individual por cada unha das persoas afectadas.

CNT comeza a recibir sentenzas favorables en canto ao recoñecemento do dereito para a consolidación, evitando o desvío da praza a outros procesos de regulación do persoal temporal como o de estabilización ou incluso a cobertura ou amortización da praza.

 

Demanda contra a OPE 2018

Na liña de que se respecten as garantías do proceso de Consolidación segundo o establecido na disposición transitoria décima, CNT vén de anunciar recurso contencioso administrativo contra a OPE 2018 que afecta ao persoal temporal anterior a 2005.

 

Denuncias do persoal interino

CNT continúa demandando xudicialmente o carácter indefinido do persoal interino funcionario.

Esta reclamacións individuais denuncian a fraude na contratación temporal na Xunta e pretenden a súa indefinición. A indefinición é unha situación máis vantaxosa e incluso moi relevante para a determinación da inclusión nos procesos que regulan ao persoal temporal. Tamén pode ser importante en caso de despedimento.