Enquisa HostaleríaDigna

CNT gaña xuízo á Xunta polo horario de verán

Xunta

Demandarse á Xunta por mor da non aplicación do horario de verán a un traballador
A sentenza recoñece a modificación substancial das condicións de traballo
  • Demandárase á Xunta por mor da non aplicación do horario de verán de 2018 a un traballador
  • A sentenza recoñece a modificación substancial das condicións de traballo

 

A CNT ven de recoller un novo éxito na defensa dos dereitos do persoal da Xunta, esta vez ao demostrar a modificación substancial das condicións de traballo dun traballador da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio que foi privado en 2018 da redución horaria que implica a aplicación da xornada de verán.

Os feitos denunciados remóntanse ao pasado xuño cando de maneira sorpresiva a Xunta, a través dos seus sindicatos, difundiu unha nota aclaratoria sobre a aplicación do horario de verán. A nota indicaba que o persoal con xornada reducida non desfrutaría da xornada de verán, incluíndo ao persoal suxeito a horarios especiais, persoal con redución de xornada e persoal a quendas.

Para CNT, tal como denunciara no seu día, a medida adoptada pola Xunta confírmase como unha “modificación substancial da xornada de traballo inxustificada, ilícita e discriminatoria” e agárdanse “máis sentenzas nesta liña”.

 

Afíliate! http://www.cnt.gal/?q=afiliate

 

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia

sindicato-cnt@xunta.gal // galiza@cnt.gal

www.cnt.gal/?q=xunta