Enquisa HostaleríaDigna

CNT pide reunión coa Dirección de AMTEGA

  • Representación de CNT pedindo reunión con AMTEGA por rexistroTéntase solucionar o conflito colectivo polo “plus de equiparación” no persoal laboral temporal informático que se xulgará o vindeiro decembro
  • Na axenda proposta para a reunión inclúese: a politíca de teletraballo e cuestións relativas á sede da AMTEGA na Cidade da Cultura

CNT presentou hoxe petición de reunión coa Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que agrupa a gran parte do persoal público informático da Xunta de Galicia.

O obxectivo principal é tratar de solucionar o conflito colectivo recentemente presentado por CNT por mor da NON percepción do denominado “plus de equiparación” por parte do persoal laboral temporal informático. Este conflito pretende rematar coa histórica discriminación que sofren decenas de informáticas/os que ven reducida ata un 25% a súa nómina. Trátase da última oportunidade para o dialogo antes de que o vindeiro 13 de decembro se xulgue esta cuestión no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Na axenda da reunión, CNT inclúe outros temas de actualidade na AMTEGA.

Así, CNT solicitará tamén a revisión da política “de día único” de teletraballo que se impón na AMTEGA. Na actualidade a AMTEGA concede un só día semana de teletraballo, en lugar do máximo de 3 xornadas que permite a lexislación e que encaixan perfectamente na maioría do traballo do persoal informático. Para maior abundamento, non se están renovando as solicitudes de teletraballo do persoal.

Lembramos que xa hai sentenzas xudiciais favorables á concesión dos 3 días de teletraballo ao persoal informático (http://www.cnt.gal/?q=node/2055 + http://www.cnt.gal/?q=node/2127) que fan que, na actualidade moito persoal esté tramitando as súas denuncias co sindicato para evitar que se lesionen os seus dereitos de conciliación.

Por último, CNT instará a AMTEGA a que se cumpran na súa propia sede, no centro de traballo da Cidade da Cultura, cuestións básicas e xa solicitadas fai meses pola sección de CNT como: a instalación de taboleiros sindicais, a instalación de fontes/dispensadores de auga potable accesibles e gratuítos para os traballadores/as (que na actualidade se teñen que costear os propios traballadores/as!! Anexo V.1 RD 486/1997!!), e a posta disposición da sección da información de prevención de riscos relativa ás instalacións.

Segundo se reitera desde CNT trátase “dunha nova oportunidade para comezar a cambiar as políticas respecto do persoal propio na AMTEGA” á vez que “anima a unirse” a todo o persoal informático.

 

Sección Sindical CNT

AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia. Xunta de Galicia)

sindicato-cnt@xunta.gal // galiza@cnt.gal

www.cnt.gal/?q=xunta