Enquisa HostaleríaDigna

CNT presenta conflito colectivo contra a Xunta polo dereito de consolidación

Xunta

  • A reclamación colectiva afecta á todo o persoal laboral laboral temporal con antigüidade comprendida entre 1-7-1998 e 1-1-2005
  • Reclámase que os dereitos do persoal encadrado no tramo 1 sexan de aplicación para o persoal do tramo 2 de consolidación

 

CNT vén de presentar conflito colectivo contra á Xunta de Galicia polos dereitos do persoal laboral temporal con antigüidade comprendida entre 1-7-1998 e 1-1-2005. Nesta reclamación colectiva reclámase que todo o persoal afectado polo proceso de consolidación comparta os mesmos dereitos independentemente da súa antigüidade.

O proceso de Consolidación, recollido no Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia e regulado no Acordo para a ordenación e mellora do emprego público no ámbito da Administración da Xunta de Galicia do 21 de abril de 2008 está dirixido ao persoal laboral temporal (por obra) e indefinido con antigüidade anterior a 1-1-2005. Está dividido en 2 tramos:

  • Tramo 1: antigüidade anterior ao 1-7-1998. O proceso consistirá en un concurso de méritos. O persoal atópase na actualidade equiparado a persoal fixo de convenio. Non existe convocatoria.
  • Tramo 2: antigüidade entre 1-7-1998 e 1-1-2005. O proceso consiste en un concurso-oposición aberto. Foi convocado na OPE 2017 (DOG 12-12-17).

 

Desde CNT enténdese que o sentido do acordo foi o de favorecer ao persoal con suficiente antigüidade encadrándoo no tramo 1. Enténdese tamén que o paso dos anos sen que a Xunta aplicase o acordado fixo que o persoal de tramo 2 teña tamén esa antigüidade suficiente.

CNT deu inicio o pasado xullo ao trámite do confilto colectivo presentando a reclamación na comisión paritaria. Tras a falta de acordo na comisión paritaria CNT presenta agora no xulgado a correspondente demanda colectiva para reclamar que no proceso de consolidación os dereitos do persoal de tramo 1 sexan de aplicación para o persoal do tramo 2.

O resultado desta reclamación colectiva, sería de aplicación para todo o persoal afectado no ámbito do conflito (persoal laboral laboral temporal comprendido entre 1-7-1998 e 1-1-2005).

 

Afíliate! http://www.cnt.gal/?q=afiliate

 

Sección Sindical de CNT na Xunta de Galicia

sindicato-cnt@xunta.gal // galiza@cnt.gal

www.cnt.gal/?q=xunta