Enquisa HostaleríaDigna

Folga Xeral - Preguntas Frecuentes

O TEXTO CONTIDO NESTA PÁXINA É UNHA GUÍA BÁSICA

 

0. CANDO SE INICIA E FINALIZA A FOLGA?

1. DEBO AVISAR Á EMPRESA SE VOU FACER FOLGA?

2. PODE A EMPRESA TOMAR REPRESALIAS POLO EXERCICIO DO DEREITO DE FOLGA?

3. QUE PASA SE A EMPRESA INCUMPRE A LEI E TOMA REPRESALIAS?

4. SE ME DESPIDEN OU SANCIONAN, QUE DEBO FACER?

5. PODE A EMPRESA SUBSTITUÍRME NAS MIÑAS FUNCIÓNS?

6. QUE CONSECUENCIAS TEN O EXERCICIO DO DEREITO DE FOLGA NA COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL E NA MIÑA RETRIBUCIÓN SALARIAL?

7. DEBO CUMPRIR OS SERVIZOS MÍNIMOS?

8. PODO FACER FOLGA EN PERÍODO DE PROBA?

9. TEÑO DEREITO Á FOLGA DE SON AUTÓNOMA OU ECONÓMICAMENTE DEPENDENTE?

10. TEÑO DEREITO Á FOLGA SE SON FALSA AUTÓNOMA?

11. TEÑO DEREITO Á FOLGA SE SON SOCIA TRABALLADORA DUNHA COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO?

12. TEÑO DEREITO Á FOLGA SE SON EMPREGADA DO FOGAR?

13. ESTOU PROTEXIDA FRONTE A REPRESALIAS SE SON EMPREGADA DO FOGAR NA MESMA MEDIDA QUE O RESTO DAS TRABALLADORAS?

14. TEÑO DEREITO A FOLGA SE SON BECARIA?

15. ESTOU CONVOCADO Á FOLGA SE SON HOME?

16. É LEGAL A FOLGA DE 24 HORAS CONVOCADA POLA CNT?

17. NA MIÑA EMPRESA NON HAI COMITÉ DE EMPRESA NIN NINGÚN SINDICATO. IMPÍDEME ISTO QUE PODA FACER FOLGA?

18. PODO FACER FOLGA DE 24 HORAS SE O MEU SINDICATO CONVOCOU PAROS PARCIAIS?

19. PODO FACER FOLGA PESE A NON ESTAR AFILIADA/O A NINGÚN SINDICATO?

 

 

 

 

0. CANDO SE INICIA E FINALIZA A FOLGA?

→ A folga comeza o día 8 de marzo de 2019 ás 00:00 horas e finaliza ás 24:00 horas. En caso de réxime por quendas, comezará ao inicio da primeira quenda que inclúa o día 8, aínda que comece o día 7, e rematará ao final da última quenda que comece o día 8, aínda que finalice o 9.

 

 

1. DEBO AVISAR Á EMPRESA SE VOU FACER FOLGA?

→ Non, en ningún caso. A pregunta da empresa sobre se vas facer folga non ten que ser respostada. En determinados supostos a pregunta pode ser vulneradora do dereito de folga, para o que haberá que estar ao caso concreto (supostos en que se poida entender que o feito de preguntar supón unha coacción, que interfira na vontade de facer folga, etc.). Pero ti nunca estás obrigada a respostar.

 

 

2. PODE A EMPRESA TOMAR REPRESALIAS POLO EXERCICIO DO DEREITO DE FOLGA?

→ Non. Calquera represalia suporía a nulidade da sanción ou despedimento, ao tratarse do exercicio dun dereito fundamental. Ademais, supón a imposición de sancións administrativas e, en determinados casos, penais.

 

 

3. QUE PASA SE A EMPRESA INCUMPRE A LEI E TOMA REPRESALIAS?

→ Como en todos os ámbitos laborais, que a empresa teña prohibida a realización de represalias non significa que non as tome. Se toma represalias, especialmente en caso de despedimento, debes acudir ao sindicato. O despedimento será nulo, pero para acreditalo haberá que probar a motivación do mesmo no exercicio do dereito de folga, é dicir, que fuches despedida por ter ido á folga. A empresa intentará utilizar unha causa diferente como pantalla.

 

 

4. SE ME DESPIDEN OU SANCIONAN, QUE DEBO FACER?

→ NON ASINAR NADA. Asinar un finiquito implica renuncia a accións. Acude inmediatamente ao sindicato porque os prazos son breves.

 

 

5. PODE A EMPRESA SUBSTITUÍRME NAS MIÑAS FUNCIÓNS?

→ Non. Son ilegais tanto a esquirolaxe externa (empregar traballadoras externas ao centro), interna (suplir ás folguistas mediante cambio de funcións ou de posto de traballo doutras traballadoras) e tecnolóxica (substitución por medios automáticos).

 

 

6. QUE CONSECUENCIAS TEN O EXERCICIO DO DEREITO DE FOLGA NA COTIZACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL E NA MIÑA RETRIBUCIÓN SALARIAL?

→ Durante a folga non se cotiza á Seguridade Social, polo que se che descontarán das retribucións o día de folga e a parte proporcional das gratificacións extraordinarias. Non se desconta a parte proporcional de vacacións, nin festivos, nin descanso semanal nin plus de asistencia e puntualidade (este último pode ser modulado nos convenios colectivos).

 

 

7. DEBO CUMPRIR OS SERVIZOS MÍNIMOS?

→ Si. Debes ser escrupulosa no cumprimento de servizos mínimos se es unha das designadas pola empresa para eles. É a empresa a que te informará de tal afectación e do desenvolvemento de tales servizos.

 

 

8. PODO FACER FOLGA EN PERÍODO DE PROBA?

→ Si. Durante o período de proba tes os mesmos dereitos laborais salvo o libre desestimento. Pero tal desestimento libre ten límites e non pode vulnerar dereitos fundamentais, de modo que o desestimento motivado polo exercicio do dereito de folga é nulo e a empresa tería que readmitirte.

 

 

9. TEÑO DEREITO Á FOLGA DE SON AUTÓNOMA OU ECONÓMICAMENTE DEPENDENTE?

→ Non. A folga convócase para as traballadoras asalariadas. Iso non significa que non poidas parar, xa que como autónoma tes esa liberdade, pero a relación coas clientas e as súas consecuencias non se ve protexida polo dereito de folga. Terás que analizar a túa situación e o teu contrato.

É certo que existe debate sobre esta cuestión desde o ano 2007, especialmente en relación a autónomas economicamente dependentes, pero, sen descoñecer ese debate, en principio a resposta é negativa.

 

 

10. TEÑO DEREITO Á FOLGA SE SON FALSA AUTÓNOMA?

→ Si e non.

Si, porque a túa situación como traballadora ven determinada pola subordinación realmente existente e non por un contrato realizado en fraude de lei.

Non, porque en tanto ese contrato non se impugne, es autónoma a todos os efectos, polo que estarías na situación da pregunta anterior, coa particularidade de que a falsidade desta situación impide o exercicio do paro (que non folga) como propio da liberdade da traballadora autónoma, xa que no teu caso tal liberdade non existe na práctica.

Se es falsa autónoma, e decides facer folga e a empresa toma represalias, terás que demostrar nun xuízo, previamente, que realmente es unha falsa autónoma.

 


11. TEÑO DEREITO Á FOLGA SE SON SOCIA TRABALLADORA DUNHA COOPERATIVA DE TRABALLO ASOCIADO?

→ Non, porque España incumpre o Convenio da OIT.

 

 

12. TEÑO DEREITO Á FOLGA SE SON EMPREGADA DO FOGAR?

→ Si, porque o di a OIT. Si, porque se vulnerarían os teus dereitos fundamentais. Si, porque o Real Decreto que regula a relación laboral de carácter especial no seu artigo 7 di: “El trabajador tendrá los derechos y deberes laborales establecidos en el presente real decreto y en los artículos 4 y 5 del Estatuto de los Trabajadores. E o artigo 4.1 ET di: 1. Los trabajadores tienen como derechos básicos, con el contenido y alcance que para cada uno de los mismos disponga su específica normativa, los de: ... e) Huelga”.

 

 

13. ESTOU PROTEXIDA FRONTE A REPRESALIAS SE SON EMPREGADA DO FOGAR NA MESMA MEDIDA QUE O RESTO DAS TRABALLADORAS?

→ SI E NON. SI SEGUNDO A LEI. NON SEGUNDO A INTERPRETACIÓN QUE FAN DA LEI AS/OS XUÍZAS/ES.

Así, hai sentenzas que recoñecen que a nulidade do despedimento da traballadora do fogar supón a readmisión con salarios de tramitación: Sentenza núm. 178/2008 de 16 abril (Xulgado 31 de Madrid).

Pero outras sentenzas idearon unha solución para non obrigar ás empregadoras a readmitir a unha muller que non é da súa confianza e que despediu, por exemplo, por estar embarazada: transformar as consecuencias do despedimento nulo en improcedente con salarios de tramitación, a maioría sen recoñecemento de indemnización adicional por vulneración de dereitos fundamentais: Sentenza núm. 493/2010 de 7 setembro (STSX Burgos), entre outras moitas.

Debe terse en conta que a doutrina maioritaria é a segunda e, ademais, a de maior incidencia por ter sido ditada por un Tribunal Superior de Xustiza e non por un xulgado de primeira instancia. Aínda que hai certa seguridade de que isto poida cambiar, tamén sería posible chegar até o Tribunal Constitucional e Estrasburgo en caso dun despedimento neste sector. Pero a día de hoxe esta é a realidade, polo que non se pode deixar de advertir.

En fin, tes dereito pero non protección real, porque España non asinou o Convenio 189 da OIT, porque para España non es unha traballadora e aínda que recoñece o teu dereito á folga non regula o teu dereito a exercelo, porque incluso recoñecido o dereito á folga o ordenamento xurídico non te protexe fronte a un despidedimento, porque España non contempla os teus servizos de coidado como os servizos esenciais para a comunidade que realmente son, porque os sindicatos de concertación seguen pensando que a túa situación non é o suficientemente discriminatoria para convocar unha folga xeral que sexa o primeiro paso para cambiala xa que non tes delegadas unitarias e non aportas subvencións aos sindicatos do modelo representativo.

 

 

14. TEÑO DEREITO A FOLGA SE SON BECARIA?

→ Non. É certo que hai becas que realmente non son tal, senon un traballo real encuberto. Pero se é un fraude, primeiro ten que determinalo un Xulgado. Unha persoa becaria é estudante. A súa “inasistencia” non está cuberta polo dereito de folga. Terá que ver as condicións da beca para saber qué consecuencias pode ter a súa inasistencia.

 

 

15. ESTOU CONVOCADO Á FOLGA SE SON HOME?

→ Si. A CNT convoca a todas as actividades realizadas polos traballadores e traballadoras de empresas privadas e polos empregados e empregadas do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral, así coma ás empregadas e empregados do servizo do fogar familiar. Ademáis, ese día os homes están chamados a realizar as labores de coidados e domésticas.

 

 

16. É LEGAL A FOLGA DE 24 HORAS CONVOCADA POLA CNT?

→ Si, a folga convocada por CNT é totalmente lexítima. O requisito que ten que cumplir un sindicato para poder convocar folga é ter implantación no territorio no que a folga de realiza (neste caso, estatal). Non existe ningún outro requisito, nin sequera de afiliación. Se así fora, nin sequera os sindicatos máis representativos poderían convocar folga xeral. Polo tanto, volvémolo a repetir: o dereito a convocar folga non é único e exclusivo dos sindicatos máis representativos. Vésaxe a STC de 8 de abril de 1981 e o art. 2.2 da Ley Orgánica de Liberdade Sindical.

 

 

17. NA MIÑA EMPRESA NON HAI COMITÉ DE EMPRESA NIN NINGÚN SINDICATO. IMPÍDEME ISTO QUE PODA FACER FOLGA?

→ A inexistencia de sindicato ou comité de empresa no teu centro de traballo ou unidad productiva non limita o exercicio do dereito a folga. Non ven establecido así en ningún texto legal e, no caso de que a empresa afirme o contrario, estaría mentindo. O único requisito para ir á folga xeral é que fose convocada por un sindicato con implantación no territorio e que éste cumpla cos requisitos procedimentales establecidos (preaviso, contido mínimo da convocatoria, etc.).

 

18. PODO FACER FOLGA DE 24 HORAS SE O MEU SINDICATO CONVOCOU PAROS PARCIAIS?

→ Calquera persoa traballadora pode adherirse á convocatoria de folga de 24 horas sen que poda ser restrinxido do uso de tal dereito pola súa afiliación sindical. Polo tanto, podes facer folga de 24 horas sen importar o sindicato ao que estés afiliada/o.

 


19. PODO FACER FOLGA PESE A NON ESTAR AFILIADA/O A NINGÚN SINDICATO?

→ Efectivamente, calquera traballadora ou traballador pode facer folga pese a non estar afiliado a ningún sindicato, debido a que TODAS as persoas traballadoras teñen dereito ao exercicio do dereito de folga. Limitar o exercicio do dereito de folga á afiliación sindical sería unha limitación do dereito constitucional de folga totalmente carente de xustificación.