Enquisa HostaleríaDigna

Galiza

II Xornada de loita estatal contra as listas de espera na sanidade

CONCENTRACIÓNS XOVES 24 MAIO

  • OURENSE 12h30 | Hospital Nª Sª de Cristal - Ramón Puga Nogerol 54
  • COMPOSTELA 11h30 | Hospital Clínico Universitario - Travesa da Choupana s/n.

Máis de 600.000 persoas esperan unha intervención cirúrxica en todo o estado (unha de cada cinco, máis de seis meses), mentres que en 2008 eran 364.000 persoas, o que indica que nestes anos de recortes o número case se duplicou. Respecto da lista de espera diagnóstica, case 2 millóns de persoas están á espera da primeira consulta co especialista, cun tempo medio de espera de case 60 días.

Nestes últimos anos o “colo de botella” pasou do quirófano ao diagnóstico (primeira cita co especialista), atrasándose aínda máis a atención dos enfermos, ocorrendo que haxa persoas que falecen antes de ser diagnosticadas ou recibir tratamento.

 

Pórtico de Comunicaciones cede a acepta a totalidade das reclamacións da CNT


  • O acordo implica a retirada do ERTE presentado en 2016
  • A empresa admite tamén o fraude na contratación dun traballador que chegou a encadear 93 contratos temporais

Tras a sentenza de marzo de 2018 que obrigaba a Pórtico de Comunicaciones a retirar o ERTE presentado en 2017, despois de ter sido demostrada por parte dos servizos xurídicos da CNT a ilegalidade e falta de fundamento deste ERTE, a empresa finalmente viuse obrigada a aceptar tamén as pretensións da CNT sobre o ERTE presentado o ano anterior, 2016. A empresa admite “o carácter inxustificado do ERTE” e comprométese a “regularizar a situación laboral do traballador” afiliado á CNT, tendo polo tanto que readmitilo no seu antigo posto de traballo e aboarlle os correspondentes salarios de tramitación.

MESÓN O NOSO condenado por despedimento improcedente

 

  • A sentenza xudicial recoñece a totalidade das demandas prantexadas pola CNT
  • A CNT mantén activas varias demandas de cantidades contra a mesma empresa

Tras o peche inxustificado da empresa e o despedimento de todos os seus traballadores, a CNT presentou unha serie de demandas opoñéndose aos despedimentos dos afiliados ao sindicato e reclamando o total das débedas que a empresa mantén con eles por horas extraordinarias e diferencias de categoría.

A CNT demanda ao GASTROBAR MARTINGALA por despedimento improcedente

 

  • O despedimento prodúcese despois de que o traballador entrase en situación de baixa médica
  • A CNT presenta tamén unha demanda de cantidades por outras débedas económicas

Unha vez máis a hostalería compostelá fornece os peores exemplos de explotación laboral. Neste caso, un traballador foi despedido do Gastrobar Martingala, rexentado polo empresario José Senín Sampaio, ao verse na obriga de acollerse a unha baixa laboral tras sufrir un accidente doméstico. Segundo o sindicato, o empresario despediuno no mesmo momento no que o traballador lle comunicou a baixa, sen o preceptivo preaviso de quince días, sen xustificar de ningunha maneira o despedimento, e sen pagarlle a indemnización que lle correspondería.

CNT Compostela abre as XXVI Xornadas Libertarias cun acto paródico sobre o turismo

  • CNT Compostela realiza un acto na Praza de Cervantes en contra do turismo masivo.

A CNT de Compostela realizou hoxe, domingo 14 de maio, un acto reivindicativo na Praza de Cervantes da vila. O acto, que foi publicitado coma o "Día del Turista" e do que se fixeron eco diversos medios, contou cunha performance completamente paródica ao son do "Americanos, os recibimos con alegría", ante o estupor da poboación que se achegou á praza.

CNT demanda a Pórtico de Comunicaciones por fraude na contratación temporal

  • A persoa afectada encadeou ata 93 contratos temporais.
  • A empresa non recoñece a antigüidade real do traballador.

 Tras a sentenza que declara ilegal o ERTE presentado en 2017 por Pórtico de Comunicaciones dictada no mes de marzo, a CNT volve a comezar un conflito por fraude na contratación contra a mesma empresa, neste caso a favor dunha persoa afiliada que durante a súa relación laboral coa empresa encadeou ata noventa e tres contratos temporais.

A CNT demanda ao Concello de Pontevedra

 

  • O sindicato ven de interpoñer unha demanda contra o Concello de Pontevedra por adebedarlle a un bombeiro miles de euros.

 Coma ven sendo habitual, a situación das persoas que traballan na prevención e extinción de incendios en Galiza sofren as consecuencias dunha administración deficiente e que trata de mercantilizar ao máximo aos planteis que defenden a nosa terra. Por outra parte, non hai que esquecer que o lume é un negocio e que canto máis se abaraten os costes dos recursos humanos, mellor para as empresas que forman parte do sector.

O Tribunal Supremo anula a sentenza do TSX de Galicia pola cláusula de obxectivos mínimos das/os captadoras/es de Médicos Sin Fronteras

 

  • O tribunal galego dictou en novembro de 2016 que a causa non correspondía ao eido xurídico.
  • A CNT recurriu ao Supremo e logrou a nulidade de dita sentenza.

 No ano 2015, a CNT constituiu sección sindical na multinacional Médicos Sin Fronteras, que recurre a persoas traballadoras para acadar socias/os que financien a súa labor humanitaria con condicións abusivas e que, na cláusula denunciada, significa que se non se acada certo número de socias/os e de financiación media, a/o captadora incurre nunha falta disciplinaria que conleva un despedimento sen indemnización nin preaviso.

 Ao longo dos anos, miles de persoas foron despedidas por MSF por esta causa, plantexando a CNT a abusividade da cláusula coma un método para despedir de balde a aquelas persoas que se iban queimando por un traballo á intemperie e ocupado habitualmente por xente xove e de baixos coñecementos do dereito laboral.

XXVI Xornadas Libertarias da CNT Compostela

A CNT Compostela presenta as súas XXVI Xornadas Libertarias que terán lugar na Casa do Matadoiro entre o 21 e o 26 de maio.

Nesta data especial, 50º aniversario do Maio do 68, contaremos coa presenza de cinco ilustres palestrates. Amais, durante todo o mes exporemos unha composición gráfica de fotografías e cartaces relacionados co Maio do 68 na Casa do Matadoiro.

Podes acceder ao programa completo premendo en "Ler mais".

Burguer King recoñece a improcedencia do despedimento dun afiliado á CNT

A multinacional Burguer King chega a un acordo cun afiliado da CNT ao recoñecer que o seu contrato temporal era fraudulento e que o seu despedimento foi improcedente por ese motivo.

A persoa afiliada comezou a traballar para Burguer King o pasado 15 de xuño a través dunha empresa de contratación temporal, sendo incorporado ao plantel de Burguer King tres meses despois cun contrato temporal por circunstancias da producción.

O 8 de marzo, comunicouselle que o seu contrato remataba, poñendo á súa disposición unha indemnización ínfima e sen recoñecer a antigüidade real desde xuño do ano anterior.

O traballador púxose en contacto co sindicato, desde onde se interpuso unha papeleta de conciliación contra a empresa reclamándolle a improcedencia do despedimento ao existir un claro fraude de lei na contratación. Como moitas empresas, Burguer King aproveitase do descoñecemento da lexislación laboral de gran parte da poboación para realizar contratos temporais en situacións onde o contrato debe ser indefinido. Sendo un caso tan claro, Burguer King optou por recoñecer a improcedencia do despedimento e aboar unha indemnización superior ao afiliado.