Enquisa HostaleríaDigna

Galiza

CNT concéntrase contra Casal Cotón

 

 

  • Nas últimas semanas, a CNT realizou denuncias públicas sobre as condicións de traballo en Casal Cotón tras o despedimento dunha persoa afiliada.
  • O sindicato reclama a nulidade do despedimento e o cumprimento da lexislación por parte da empresa.

A CNT percorreu a rúa do Franco compostelana visitando os varios establecementos que Casal Cotón utiliza para a venda de productos tradicionais coma a súa torta de améndoas. Unha vez máis, o sindicato prantexou públicamente as súas demandas a pesares do intento de amedrentamento realizado por persoas afíns á empresa.

Durante o percorrido, repartíronse case mil octavillas informativas ás persoas que paseaban pola rúa e que non dubidaban en amosar as súas simpatías pola acción directa da Confederación Nacional do Traballo.

Desde a CNT saliéntase que se realizarán tantos actos coma sexan necesarios para continuar denunciando «os contratos fraudulentos para non facer ás súas traballadoras indefinidas, a fraude á Seguridade Social, a obriga de facer horas extras ilegais e non remuneradas, a realización de xornadas interminábeis sen descanso semanal e o pago de salarios por debaixo do sinalado non convenio colectivo de aplicación».

Visto para sentenza o conflito colectivo da CNT pola consolidación

concentración CNT no TSXG

  • Concentración previa do persoal afectado ás portas do TSXG
  • Vergoñento silencio cómplice de CCOO, UXT e CIG

Este xoves 22 celebrouse no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) en A Coruña a vista correspondente ao conflito colectivo pola consolidación que presentou CNT contra a Xunta de Galicia polos dereitos do persoal laboral temporal con antigüidade comprendida entre 1-7-1998 e 1-1-2005. Nesta reclamación colectiva reclámase que todo o persoal afectado polo proceso de consolidación comparta os mesmos dereitos independentemente da súa antigüidade.

Ao xuízo acudiu unha mostra do persoal afectado que realizou, de maneira previa, unha concentración ás portas do propio Tribunal baixo o lema "Polos dereitos do persoal temporal da Xunta de Galicia", para a continuación asistir como público á vista.

A CNT denuncia as condicións de traballo en CASAL COTÓN

  • A empresa incumpre o convenio colectivo en practicamente todos os seus artigos

  • A CNT denuncia tamén o despedimento dunha traballadora

A CNT interpón unha demanda por despedimento nulo contra a coñecida marca de elaboración de venda de produtos tradicionais motivada pola acción represiva da empresa ante a reclamación dunha traballadora da obrigatoriedade da empresa de converter o seu contrato de traballo en indefinido.

A CNT demanda a BARTI SERVICIOS 2009 por despedimento nulo

• A empresa despide a unha traballadora como represalia por coller unha baixa médica de previsíbel longa duración

• A empresa adebeda ademáis milleiros de euros en concepto de horas extraordinarios, festividades e nocturnidades sen pagar

A CNT interpón unha demanda por despedimento nulo contra a empresa BARTI SERVICIOS 2009, dedicada á axuda á domicilio. A demanda está motivada pola acción represiva da empresa ante a necesidade dunha traballadora desta empresa de acceder a unha baixa médica despois dun accidente laboral. A empresa despide a traballadora alegando a finalización do seu contrato temporal, realizado en fraude de lei.

CNT pide reunión coa Dirección de AMTEGA

  • Representación de CNT pedindo reunión con AMTEGA por rexistroTéntase solucionar o conflito colectivo polo “plus de equiparación” no persoal laboral temporal informático que se xulgará o vindeiro decembro
  • Na axenda proposta para a reunión inclúese: a politíca de teletraballo e cuestións relativas á sede da AMTEGA na Cidade da Cultura

CNT presentou hoxe petición de reunión coa Dirección da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que agrupa a gran parte do persoal público informático da Xunta de Galicia.

O obxectivo principal é tratar de solucionar o conflito colectivo recentemente presentado por CNT por mor da NON percepción do denominado “plus de equiparación” por parte do persoal laboral temporal informático. Este conflito pretende rematar coa histórica discriminación que sofren decenas de informáticas/os que ven reducida ata un 25% a súa nómina. Trátase da última oportunidade para o dialogo antes de que o vindeiro 13 de decembro se xulgue esta cuestión no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Na axenda da reunión, CNT inclúe outros temas de actualidade na AMTEGA.

CNT presenta conflito colectivo na AMTEGA

Amtega

  • O obxectivo é rematar coa discriminación na estrutura salarial do persoal laboral temporal informático
  • O plus supón diferencias salariais de ata 750€/mes para o persoal de grupo A
  • O resultado será tamén importante para o persoal informático non integrado na AMTEGA

 

CNT ven de presentar conflito colectivo contra a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), que agrupa a gran parte do persoal público informático da Xunta de Galicia.

O obxectivo do conflito é poñer fin á situación de discriminación que se produce a parte do persoal laboral informático por mor da NON percepción do denominado “plus de equiparación”.

CNT celebra a decisión do movemento feminista de convocar greve xeral de 24 horas o 8 de marzo de 2019

 

Desde a CNT seguimos traballando nas reivindicacións que nos levaron a convocar a greve xeral feminista de 2018 e, como sempre, nos poñemos á disposición do Movemento Feminista para este vindeiro 8 de marzo, xa que as esixencias que prantexamos o ano pasado siguen vixentes.

Xuntas somos máis fortes

Preguntas frecuentes do persoal público temporal

Para tentar aclarar as moitas dúbidas que existen a respecto dos dereitos do persoal público temporal, CNT achega a seguinte información no formato preguntas e respostas que amplía o documento informativo de CNT sobre os procesos de Consolidación e Estabilización distribuído o pasado marzo.

Recompilaronse cuestións moi preguntadas a respecto dos procesos de estabilización e consolidación (a quen afecta?, como comprobar se estou incluída?, que facer nun despido?, a quen afecta o conflito colectivo de CNT polo tramo?,....) e das reclamacións de indefinición (por qué denunciar?, pódese reclamar a condición de fixo/a?,...). 

IMPORTANTE: DANSE RESPOSTAS XENÉRICAS A PREGUNTAS XENÉRICAS. AS SITUACIÓNS PARTICULARES PODEN SER VARIADAS E NON ENCAIXAR NA RESPOSTA ESTÁNDAR.

 

** PROCESOS DE CONSOLIDACIÓN E ESTABILIZACIÓN

 

Que é o proceso de consolidación e a quen afecta?

O proceso de Consolidación, recollido no Convenio colectivo e regulado no Acordo para a ordenación e mellora do emprego público no ámbito da Administración da Xunta de Galicia do 21 de abril de 2008 está dirixido ao persoal laboral temporal (por obra) e indefinido con antigüidade anterior a 1-1-2005 pertencente á XUNTA de GALICIA. Está dividido en 2 tramos:

  • Tramo 1: antigüidade anterior ao 1-7-1998. O proceso consistirá en un concurso de méritos. O persoal atópase na actualidade equiparado a persoal fixo de convenio.
  • Tramo 2: antigüidade entre 1-7-1998 e 1-1-2005. O proceso consiste en un concurso-oposición aberto. Sendo o temario do exame adaptado ao posto de traballo ocupado.

 

Como sei se teño o dereito á consolidación?

CNT presenta conflito colectivo contra a Xunta polo dereito de consolidación

Xunta

  • A reclamación colectiva afecta á todo o persoal laboral laboral temporal con antigüidade comprendida entre 1-7-1998 e 1-1-2005
  • Reclámase que os dereitos do persoal encadrado no tramo 1 sexan de aplicación para o persoal do tramo 2 de consolidación

 

CNT vén de presentar conflito colectivo contra á Xunta de Galicia polos dereitos do persoal laboral temporal con antigüidade comprendida entre 1-7-1998 e 1-1-2005. Nesta reclamación colectiva reclámase que todo o persoal afectado polo proceso de consolidación comparta os mesmos dereitos independentemente da súa antigüidade.

O proceso de Consolidación, recollido no Convenio colectivo para o persoal laboral da Xunta de Galicia e regulado no Acordo para a ordenación e mellora do emprego público no ámbito da Administración da Xunta de Galicia do 21 de abril de 2008 está dirixido ao persoal laboral temporal (por obra) e indefinido con antigüidade anterior a 1-1-2005. Está dividido en 2 tramos:

CNT celebra a súa II Asemblea Xeral este sábado día 6

 

 

A CNT de Compostela celebra no comezo do outono a súa Asemblea Xeral con toda a afiliación do Sindicato. Neste importante comicio pretendemos valorar a actividade desenvolvida ata o momento e elaborar planos de traballo para o futuro.

A data escollida para a súa celebración será o sábado 6 de outubro, comezando pola mañá as 10:00h e rematando ás 14:00h, facendo unha interrupción para xantarmos todas xuntas no local, o xantar será de balde e estará composto de petiscos vexetarianos, tortillas e empanadas principalmente. Coméntanos sen problema calquera cuestión alimentaria (alerxias, intolerancia...). Reanudaremos a Asemblea pola tarde a partir das 16:00h.

Trátase dun evento importante para o noso Sindicato, pois nel valoraremos a xestión do Comité elixido na anterior Asemblea Xeral, e marcaremos entre todas e todos o camiño que seguiremos de aquí en diante. É por iso que necesitamos contar con unha grande asistencia.