O persoal do SPIF denuncia o incumprimento da Xunta en materia de PRL

A situación é alarmante en canto ao alcance e variedade dos incumprimentos da Xunta de Galicia, e fálase dunhas condicións moi precarias en canto á prevención de riscos.
A Sección Sindical da CNT no SPIF mantivo unha reunión coa Xefatura Provincial da Coruña de Seguridade e Saúde Laboral para tratar a abordaxe dos incumprimentos nesta maneira por parte da Xunta de Galicia.

Seguir lendo O persoal do SPIF denuncia o incumprimento da Xunta en materia de PRL

O Tribunal Supremo anuncia que non aplicará a sentenza do TXUE sobre o persoal indefinido non fixo

O Pleno da Sala Cuarta do Tribunal Supremo, en sesión non xurisdiccional, considera que non sabe como aplicar a STXUE de 22 de febreiro de 2024 sobre personal indefinido non fixo aos múltiples recursos pendentes de resolución, e acorda formular unha cuestión prexudicial ante o propio TXUE para que lle indique como facelo.

Seguir lendo O Tribunal Supremo anuncia que non aplicará a sentenza do TXUE sobre o persoal indefinido non fixo

O TXUE pronuncíase contra o abuso do persoal público temporal no Estado Español

A CNT esixe ás administracións públicas a conversión a fixo do persoal temporal en fraude

  • Sentenza do TXUE pronúnciase claramente contra o abuso do persoal público temporal no estado español

CNT GALIZA solidarízase coas traballadoras do servizo de cociña do CHUAC

As traballadoras e traballadores do servizo de cociña do Complexo Hospitalario Universitario de A Coruña (CHUAC) comezaron este martes 23 de xaneiro unha serie de concentracións en contra da imposición unilateral por parte da xerencia de hostalaría e RRHH dun novo horario, que afecta negativamente ós seus dereitos laborais, especialmente de conciliación.

Seguir lendo CNT GALIZA solidarízase coas traballadoras do servizo de cociña do CHUAC

Máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais rexeitan a Axenda Mineira da Xunta

Máis de 100 entidades ecoloxistas, veciñais, sindicais, agrarias e do mar veñen de denunciar publicamente a “Axenda de Impulso da Minaría Sostible de Galicia 2030” que lanzou este mes a Xunta de Galicia. Censuran a visión totalmente tendenciosa do documento que criminaliza os colectivos que veñen sacando á luz as ilegalidades do sector mineiro.

Seguir lendo Máis dun cento de entidades ecoloxistas e sociais rexeitan a Axenda Mineira da Xunta
Call Now ButtonChámanos