Enquisa HostaleríaDigna

Compostela

CNT Galiza reúnese con En Marea

Con motivo da folga xeral feminista que a CNT convoca o próximo 8 de marzo, o sindicato solicitou reunións para facer chegar as reivindicacións da folga aos axentes políticos e á patronal. Así, o 7 de febreiro tiña lugar a primeira reunión entre as representantes do sindicato e o grupo parlamentario En Marea.

Paula Quinteiro, en representación do seu partido político, escoitou de primeira man as reivindicacións do movemento feminista e mostrouse aberta a levalas ao parlamento, así como a seguir mantendo reunións despois da folga de 24 horas convocada.

O sindicato salienta e «agradece a rápida resposta de Paula Quinteiro» ante a solicitude de reunión.

Novo revés para o Colexio Santa Apolonia

 

  • Santa Apolonia volverá a indemnizar ao delegado da sección sindical tras o fallo do Tribunal Superior de Xustiza.
  • Maria del Rosario Medina Gómez e Armando Jorge Barbazan Leis, administradores do colexio privado, responderán polos danos e perxuizos derivados da vulneración de dereitos fundamentais.

Non pasaron nin tres meses desde que o Santa Apolonia recibiu a sentenza que o condenaba a abonar 6250€ por danos morais, cando a CNT recibe de novo unha sentenza favorable: terán que repoñer ao delegado na xornada laboral anteriormente desempeñada -e que fora cambiada para perxudicalo- e ademáis indemnizalo polo dano causado con 10.000 euros.

Outra victoria da Confederación.

7 Febreiro: Unha visión libertaria acerca do procés català

 

 

O próximo mércores 7 de febreiro, a CNT organiza unha palestra titulada "Unha visión libertaria acerca do procés català". O acto terá lugar na Casa do Matadoiro, en Santiago de Compostela ás 20 horas.

A palestra ven dada pola convulsa situación política e social en Catalunya e contará con Jordi Vega, redactor do programa revolucionario que adoptou a CNT de Catalunya con este asunto.

Unha visión libertaria acerca do procés català.
7 de febreiro ás 20:00.
Casa do Matadoiro (Compostela)

Incluimos unha recopilación de textos sobre o procés català que podes descargar en PDF.

Xornada de loita estatal contra as listas de espera. 25 DE XANEIRO DE 2018

 

 

O proceso planificado de privatización e deterioro do sistema sanitario, posto en marcha desde hai anos, está dando desgraciadamente os seus froitos: interminables listas de espera (que además se desplazaron do quirófano ao diagnóstico); incremento dos seguros sanitarios privados; aumento das diferenzas entre territorios; e sobre todo moita dor e sufrimento para a poboación traballadora e/ou excluída.

Fronte a esta gravísima situación, colectivos de diversos puntos do estado chamamos a relizar movilizacións, o próximo 25 de xaneiro, ante os centros sanitarios. Contra as listas de espera e a mercantilización do sistema sanitario. Por unha atención sanitaria digna. Porque hai solucións, ainda que os políticos non queiran velas.

A CNT concentrarase nos seguintes puntos o vindeiro 25 de xaneiro:

  • OURENSE: Na porta principal do Hospital Nuestra Señora de Cristal, ás 12:00.
  • COMPOSTELA: Na porta principal do Hospital Clínico Universitario, ás 20:00.

Aquí podes ver a octavilla e o díptico.

Finalizado o conflito con Cevichería La Sarita

 

  • O restaurante adebedaba unha importante cantidade de cartos a unha traballadora.
  • A CNT volve a por de manifesto a utilidade da acción directa.

A CNT de Compostela ven de lograr unha nova victoria no plano laboral fronte ao restaurante Cevichería La Sarita, que adebedaba unha importante cantidade a unha traballadora.

Santa Apolonia volve a perder no Tribunal Superior

 

  • O Tribunal Superior de Galiza estima o recurso presentado pola central sindical na sentenza do ERTE de verán de 2016.
  • O sindicato recurriu a sentenza de primeira instancia, na que a pesar de declararse ilegal o ERTE, non se recoñecía a vulneración de dereitos fundamentais.

A CNT volve a estar de noraboa ao lograr unha vez máis unha sentenza favorable contra o colexio privado Santa Apolonia. O colexio que se publicita como un espazo que «favorece a solidariedade, a integración e a cooperación» volve a ver castigadas as súas pretensións de vulnerar os dereitos fundamentais do plantel.

CNT concéntrase diante de Time Road

 

 

  • Time Road recoñece que unha afiliada á CNT está contratada nunha categoría inferior á correspondente e que realiza horas complementarias. 

O pasado venres, a CNT concentrouse diante dunha das tendas que a cadea Time Road ten no estado, concretamente na do Centro Comercial As Cancelas. Ante o estupor das veciñas e veciños que pasaban a tarde no complexo, o sindicato desplegou unha pancarta esixindo á empresa que salde a súa débeda para con unha afiliada.

A CNT sostén que «a dignidade da clase obreira non comprende soamente o colectivo, senón que hai que defendela en todos e cada un dos postos de traballo». Por iso, o sindicato non desestima a posibilidade de «extender este conflito a outras poboacións do estado onde Time Road teña presenza».

Durante a concentración repartíronse preto de mil octavillas informativas sobre o conflito que esta central sindical mantén coa empresa.

Time Road explota e non paga

 

Time Road explota e non paga

A CNT inicia conflito coa cadea de xoiería e reloxería Time Road tras a demanda dunha afiliada ao sindicato. O sindicato reclama o recoñecemento da categoría laboral de dependenta en lugar de auxiliar, co consecuente aumento de salario. Este recoñecemento implica un aumento salarial que tamén se lle reclama á empresa demandada.

A CNT demanda á empresa pública SEAGA por fraude na contratación

CNT demanda SEAGA

  • A empresa SEAGA ten por obxecto, entre outras materias, a actuación en emerxencias, especialmente as relacionadas coa prevención e loita contra os incendios forestais.

O sindicato CNT ven de demandar a Servizos Agrarios Galegos, S.A., mellor coñecida como SEAGA, tras constatar o fraude na contratación do persoal na empresa pública.

O SEAGA adoita a contratar temporalmente aos seus planteis, evitando así que acumulen antigüidade pero constituíndo un fraude de lei na contratación. Fontes sindicais indican que «non se aprecia a máis mínima causa para a temporalidade do servizo». O sindicato salienta que, tal como indica a xurisprudencia, a condición das persoas contratadas debe ser de fixas discontinuas posto que «existe unha necesidade intermitente e cíclica que incide no obxecto social da empresa».

Esta demanda únese as anteriores interpostas pola diferencia salarial existente ante a inaplicación da empresa do convenio da Xunta de Galicia.

CNT organiza a presentación do libro colectivo "Se vende sanidad pública"

 

 

  • CNT organiza a presentación do libro "Se vende sanidad pública" en tres núcleos galegos, Allariz, Ourense e Santiago de Compostela.
  • Juan Antonio Gómez Liébana, coordinador da obra colectiva, é tamén membro da Coordinadora Anti-Privatización da Sanidade, fundada en 2004 para axuntar esforzos e loitar por un sistema sanitario de calidade.

Todo o que deberías saber sobre a privatización pero ninguén te quere contar.

Desde o sistema de citas médicas ata as bolsas de sangue poden ser un negocio. E vai máis aló, porque co sistema de xestión clínica responsabilízase aos propios profesionais médicos da redución do gasto, e mesmo chegaron a percibir incentivos de 40.000 euros anuais. As consecuencias, dramáticas, son ben perceptibles en materia de incrementos na mortalidade e na presenza de determinadas enfermidades, de desnutrición, de suicidios ou de abandono dos anciáns, lembra Carlos Taibo no prólogo desta obra.